Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8448

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 12 de xaneiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 1720, no artigo 5.1.b.1º), onde di: «Roza de penetración, en masas de frondosas, previa á realización de podas (roza a media altura en liña de planta para poder chegar á árbore e realizar a poda), ou roza mecanizada en rúas», debe dicir: «Roza».

Na páxina 1721, o artigo 5.4 queda redactado como segue: «Non serán elixibles as actuacións realizadas en superficies sobre as cales se concedeu subvención nos 5 anos anteriores á presente convocatoria, excepto no caso de traballos de control selectivo do combustible (MR651A), que se limitará aos 3 anos anteriores».

Na páxina 1721, no artigo 6, onde di: «en couto redondo en que a súa continuidade superficial non se interrompa pola existencia de barreras naturais ou artificiais.», debe dicir: «en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.».

Na páxina 1722, no artigo 6, punto 2 b), onde di: «a superficie mínima de cada couto redondo sexa de 3 hectáreas», debe dicir: «a superficie mínima de cada couto redondo sexa de 1 hectárea».

Na páxina 1723, no artigo 7, punto 4, elimínase o seguinte texto: «Malia o anterior, no caso de montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo, deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación ou plan de xestión en que se considere a realización dos traballos solicitados ao abeiro da presente orde. O dito plan técnico, proxecto de ordenación ou plan de xestión deberá ter sido presentado con anterioridade á finalización do prazo de solicitude da axuda e aprobado con anterioridade ao inicio dos investimentos forestais».

Na páxina 1730, no artigo 12, punto 1.a.5), onde di: «en papel e en formato pdf», debe dicir: «en papel, no caso de non presentación telemática, e en formato pdf».

Na páxina 1734, no artigo 15, punto 6, onde di: «artigo 10.5», debe dicir: «10.4».

Na páxina 1741, no artigo 18, punto 6, onde di: «Está ampliación deberá solicitarse, como máximo, …», debe dicir: «Está ampliación deberá solicitarse, como mínimo, …».

Na páxina 1743, o artigo 19, punto 3.c), queda redactado como segue: «Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no artigo 8.2.f).».

Na páxina 1743, o artigo 19, punto 3.e), queda redactado como segue: «Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados».

Na páxina 1772, na táboa nº 3, código M11, debe dicir: «Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, acandando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha».