BDNS (Identif.): 338244.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Entidades beneficiarias
Grupo I. Xeotermia.
Entidades beneficiarias |
Administración local |
Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións |
Axudas a persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro |
Grupo II. Aerotermia.
Entidades beneficiarias |
Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións |
Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro |
Grupo III. Solar térmica.
Entidades beneficiarias |
Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións |
Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro |
Grupo IV. Aerotermia e solar térmica (Administración).
Entidades beneficiarias |
Administración pública autonómica e local |
Segundo. Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións destinadas ás zonas rurais, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2017, que se xuntan a esta resolución como anexo I.
2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2017 que se xuntan a esta resolución como anexos II a VI.
3. Convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais para proxectos de enerxías renovables.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.
Cuarto. Contía
1. A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 1.380.000 €, que se distribuirá do seguinte xeito:
MEDIDA 7.2 Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético |
Anualidade 2017 |
Aplicación orzamentaria |
Xeotermia: |
780.000 € |
|
Axudas a concellos |
100.000 |
09.A2.733A.760.2 |
Axudas a empresas |
280.000 |
09.A2.733A.770.2 |
Axudas a persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro |
400.000 |
09.A2.733A.782.0 |
Aerotermia e solar térmica: |
600.000 € |
|
Axudas á Administración xeral da Comunidade Autónoma |
50.000 |
09.A2.733A.714.1 |
Axudas a concellos |
100.000 |
09.A2.733A.760.3 |
Axudas a empresas |
250.000 |
09.A2.733A.770.3 |
Axudas a persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro |
200.000 |
09.A2.733A.782.1 |
Total |
1.380.000 € |
2. Este crédito está financiado con fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que ascende a 1.380.000 €, dos cales o 75 % procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da medida 7, Actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación de poboación nas zonas rurais, e da submedida 2, Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético, o 7,50 % procede dos orzamentos xerais do Estado e o 17,50 %, dos orzamentos da Comunidade Autónoma.
4. O crédito máximo, segundo o tipo de beneficiario e tecnoloxía, será o seguinte:
Grupo I: Xeotermia.
Entidades beneficiarias |
Orzamento |
Administración local |
100.000 € |
Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións |
280.000 € |
Axudas a persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro |
400.000 € |
Total |
780.000 € |
Grupo II. Aerotermia.
Entidades beneficiarias |
Orzamento |
Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións |
175.000 € |
Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro |
150.000 € |
Total |
325.000 € |
Grupo III. Solar térmica.
Entidades beneficiarias |
Orzamento |
Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións |
75.000 € |
Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro |
50.000 € |
Total |
125.000 € |
Grupo IV. Aerotermia e solar térmica (Administración).
Entidades beneficiarias |
Orzamento |
Administración pública autonómica e local |
150.000 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia