Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39194

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación económica da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro).

Mediante a Orde do 30 de decembro de 2016 establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro de 2017).

Esta orde tramitouse como expediente anticipado de gasto de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do 2 de decembro de 2016, na que se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

No seu artigo 2, a orde prevé a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De conformidade con isto, mediante a Orde do 4 de maio de 2017 (DOG núm. 86, do 5 de maio) a dotación orzamentaria inicial da orde ampliouse en 400.000,00 euros, quedando establecida en 1.400.000,00 € a contía máxima das subvencións que se concederon.

Ao terse producido unha transferencia de crédito á aplicación que financia esta liña de subvencións e considerando o elevado número de solicitudes presentadas, preténdese o incremento da dotación orzamentaria de referencia a través do suposto previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, recollido expresamente no artigo 2 da Orde do 30 de decembro de 2016.

En consecuencia co exposto, de acordo co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións, e co disposto na Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro de 2017), modificada pola Orde do 4 de maio de 2017,

Dispoño:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, modificada pola Orde do 4 de maio de 2017.

2. O incremento da dotación será de 1.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.781.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, e queda establecido en 2.400.000,00 € o importe total máximo das subvencións.

3. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 4 da Orde do 30 de decembro de 2016 para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza