Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41187

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de agosto de 2017 pola que se autorizan as ensinanzas profesionais de música moderna no centro Presto Vivace, do concello da Coruña.

A titularidade do centro Presto Vivace, do concello da Coruña, solicita autorización para impartir as ensinanzas profesionais de música moderna, nas especialidades de guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión, canto e piano, para 30 postos escolares.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Así mesmo, o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995 regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas.

Por isto, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar as ensinanzas artísticas profesionais de música moderna, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de música.

Denominación específica: CEMU Profesional Presto Vivace.

Código do centro: 15033125.

Enderezo: rúa Posse, 37 bis.

Código postal: 15009.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Cristina Goás Casal.

Ensinanzas que se autorizan:

Ensinanzas artísticas profesionais de música moderna para 30 postos escolares, nas especialidades de:

– Guitarra eléctrica.

– Baixo eléctrico.

– Percusión.

– Canto.

– Piano.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria