Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 29 de decembro de 2017 polo que se fai pública a resolución da concesión do premio Manuel Colmeiro na súa vixésima edición.

Mediante a Orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 20.7.2017 (publicada no DOG núm. 148, do 4 de agosto) aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XX edición do premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. O dito premio foi dotado cun importe de 3.500 €, segundo o establecido na base terceira da convocatoria.

En cumprimento do establecido na base décima da dita Orde do 20 de xullo de 2017 «a adxudicación do premio realizarase mediante resolución da directora da EGAP, de acordo coa proposta do xurado, que será publicada posteriormente no enderezo web da Escola e no Diario Oficial de Galicia, e producirá os efectos da notificación, de conformidade co disposto no artigos 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 29 de decembro de 2017 da concesión do premio Manuel Colmeiro na súa vixésima edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 20 de xullo de 2017, e que literalmente di:

«RESOLVO:

Adxudicar o premio Manuel Colmeiro na súa vixésima edición a Rodrigo Pousa Diéguez, NIF 44466417B, polo traballo titulado La Administración local en tres señoríos del Antiguo Régimen: Corcubión, Muros y Noia.

Esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Asemade, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no devandito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a), 14 e 46.4, respectivamente».

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública