Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11235

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3825/2017 MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3825/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 555/2013 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrentes: David Fernández Grande, S.L., María del Carmen Lorenzo Calzado, Aurelio Expósito Lorenzo, Gustavo Expósito Lorenzo, Iván Expósito Lorenzo

Avogado/a: Alfredo Briales de Porcioles, Roxelio Fernández Portela, Roxelio Fernández Portela, Roxelio Fernández Portela, Roxelio Fernández Portela

Recorridos: Fogasa, La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros, Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Civis Global, S.L., AIG Europe Limited, María Pilar González de Francisco, María Carmen González de Francisco, Granitos Excavaciones y Construcciones, S.L.L., Canteiras Larouco, S.L., Cordex, S.L., Porfirio González Gradín, Celia Gimeno Carbajal, Alejandro González Gimeno, Marta González Gimeno, Granitos Porrisal, S.L., Groupama Seguros, S.A., Gravas de Atios, S.A., Cortés, Derribos y Excavaciones, S.A.

Avogado/a: letrado de Fogasa, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Balbino Irisarri Castro, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Fidel Díez Udias, Ramón José Pena Fraga, Ramiro Nicolás Lorenzo Cuervo, Gabriel Gómez Pumar, Jorge Juan Vidal Fernández, Jorge Juan Vidal Fernández, Marcos Huidobro Vega, José Luis Díaz López, Pablo Luis Estévez Rodríguez, José Manuel Amoedo Villar

Procurador/a: José Antonio Castro Bugallo, Ricardo García-Piccoli Atanes, José Manuel Lado Fernández, José Fernández Gonzalez, Purificación Rodríguez González

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3825/2017 desta sección, seguidos por instancia de David Fernández Grande, S.L., María del Carmen Lorenzo Calzado, Aurelio Expósito Lorenzo, Gustavo Expósito Lorenzo e Iván Expósito Lorenzo, contra Fondo de Garantía Salarial, La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros, Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Civis Global, S.L., AIG Europe Limited, María Pilar González de Francisco, María Carmen González de Francisco, Granitos Excavaciones y Construcciones, S.L.L., Canteiras Larouco, S.L., Cordex, S.L., Porfirio González Gradín, Celia Gimeno Carbajal, Alejandro González Gimeno, Marta González Gimeno, Granitos Porrisal, S.L., Groupama Seguros, S.A., Gravas de Atios, S.A. e Cortés Derribos y Excavaciones, S.A., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Fallamos: que estimando o recurso de suplicación interposto pola empresa David Fernández Grande S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada en xuízo instado por María del Carmen Lorenzo Calzado, Aurelio Expósito Lorenzo, Gustavo Expósito Lorenzo e Iván Expósito Lorenzo (comunidade hereditaria de Manuel Expósito Martínez) contra Fondo de Garantía Salarial, La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros, David Fernández Grande, S.L., Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Civis Global, S.L., AIG Europe Limited, María Pilar González de Francisco, María Carmen González de Francisco, Granitos Excavaciones y Construcciones, S.L.L., Canteras Larouco, S.L., Cordex, S.L., Porfirio González Gradín, Celia Gimeno Carbajal, Alejandro González Gimeno, Marta González Gimeno, Granitos Porrisal, S.L., Groupama Seguros, S.A., Gravas de Atios, S.A. e Cortés, Derribos y Excavaciones, S.A., a sala revógaa no relativo a esta empresa, á que absolve da demanda, e estimando en parte o recurso de suplicación interposto polos citados demandantes, a sala estima parcialmente a súa pretensión condenando solidariamente as empresas incluídas no fallo a aboar aos actores a cantidade de 52.000 euros en concepto de indemnización por danos e perdas, mantendo o resto de pronunciamentos da sentenza, debendo reintegrar á empresa recorrente a consignación e depósito unha vez sexa firme esta sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cordex, S.L., Porfirio González Gradín, Celia Gimeno Carbajal, Alejandro González Gimeno, Marta González Gimeno, Gravas de Atios, S.A. e Cortés, Derribos y Excavaciones, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza