Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 768.17).

DOI despedimento obxectivo individual 768/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Leoarnaldo Pimentel Linares

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L, Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 768/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leoarnaldo Pimentel Linares contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3

Santiago de Compostela

Sentenza: 5/2018

DOI despedimento obxectivo individual 768/2017

Procedemento orixe: /

Sobre: despedimento

Demandante: Leoarnaldo Pimentel Linares

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Sentenza nº 5/2018.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimento obxectivo individual DOI (en materia de acción de despedimento improcedente máis acción de reclamación de cantidades) baixo o número 768/2017, nas cales é parte demandante Leoarnaldo Pimentel Linares, asistido polo letrado Sr. de Acosta González, e son partes codemandadas a mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do Rei, pronuncio a presente sentenza con base nos seguintes [...].

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Leoarnaldo Pimentel Linares, asistido polo letrado Sr. De Acosta González, contra a mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes:

– Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de Leoarnaldo Pimentel Linares, con data de efectos do día 12 de setembro de 2017, e condeno a empresa agora demandada a optar, no prazo de 5 días hábiles contados desde a notificación da presente sentenza, entre:

a) ou ben a readmisión do traballador Leoarnaldo Pimentel Linares coas mesmas condicións laborais que tiña no momento de se producir o despedimento, xunto co aboamento dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 12.9.2017) até a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 43,85 euros diarios;

b) ou ben a aboar a favor do Sr. Pimentel Linares a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 6.248.62 euros (co correspondente cálculo “por tramos”).

Debe entender a parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito, procederá a readmisión do Sr. Pimentel Linares e, por tanto, con obriga de aboar a esta os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 43,85 euros diarios, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente.

– Que debo condenar e condeno a empresa agora demandada, Aparcamientos Labacolla, S.L. a aboar ao traballador agora demandante, Leoarnaldo Pimentel Linares, a cantidade de 1.360,18 euros máis a cantidade que procede calcular en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal por demora no pagamento do salario (ao 10 % anual), de acordo co disposto no artigo 29.3 do ET en consonancia co artigo 26 do mesmo texto legal (sendo, neste suposto, cantidades de natureza salarial o total das que reúne o principal de condena).

Todo o anterior é sen prexuízo da responsabilidade que corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación desta sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, precedendo a consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado e respectando as consideracións e requisitos previstos no artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais. María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza