Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15451

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (758/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 758/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandra Seoane García contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 2/2018.

DOI despido obxectivo individual 758/2017

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: Alejandra Seoane García

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L. e Fogasa

Avogado/a: letrado de Fogasa

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimento obxectivo individual DOI (en materia de acción de despedimento improcedente + acción de reclamación de cantidades) baixo o número 758/2017, en que é parte demandante Alejandra Seoane García, asistida polo letrado Sr. de Acosta González, e son partes co-demandadas a mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei veño a ditar este edicto con base nos seguintes

Decisión:

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por Alejandra Seoane García, asistida polo letrado Sr. de Acosta González, fronte á mercantil Aparcamientos Labacolla, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes:

– Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de Alejandra Seoane García, con data de efectos do día 12 de setembro de 2017, condenando á empresa agora demandada a optar, no prazo de 5 días hábiles contado desde a notificación da presentes sentenza, entre:

a) Ou ben a readmisión da traballadora Alejandra Seoane García coas mesmas condicións laborais que ostentaba ao momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a esta dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 12.9.2017) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 41,40 euros diarios.

b) Ou ben a aboar á traballadora Alejandra Seoane García a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 2.163,15 euros (co correspondente cálculo por tramos).

Debendo entenderse por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito procederá a readmisión da traballadora Sra. Seoane García e, por ende, con obriga de aboar a esta os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 41,40 euros diarios, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente.

– Que debo condenar e condeno a empresa agora demandada demanda, Aparcamientos Labacolla, S.L., a aboar á traballadora agora demandante, Alejandra Seoane García, a cantidade de 1.470,48 euros + a cantidade que procede calcular en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal por mora no pagamento do salario (ao 10 % anual), de acordo co disposto no artigo 29.3 do ET en consonancia co artigo 26 do mesmo texto legal (sendo, neste suposto, cantidades de natureza salarial o total das que reúne o principal de condena).

Todo iso, sen prexuízo da responsabilidade que corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao de notificación deste edicto, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, previa consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos no artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mando e asino.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza