Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15449

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3903/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3903/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 435/2016. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Julián Mauricio Oviedo Toro

Avogado: Antonio Grandal Pita

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Coyote Martiz, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Dvgrela Disolución, S.L., Tdarmas Disolución, S.L., Empanes Culleredo, S.L., La Reserva Narón, S.L.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, Javier Balo Couto

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3903/2017 desta sección, seguido por instancia de Julián Mauricio Oviedo Toro contra Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Instituto Nacional da Seguridade Social, Dvgrela Disolución, S.L. (antiga En Panes Grela, S.L.), Tdarmas Disolución, S.L. (antiga En Panes Natural, S.L.), Coyote Martiz, S.L., La Casa de los Sabores, S.L. (antiga En Panes Culleredo, S.L.), La Reserva Narón, S.L., sobre incapacidade temporal, ditouse sentenza o 9 de novembro de 2017, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Antonio Grandal Pita, en nome e presentación de Julián Mauricio Oviedo Toro, contra a sentenza do 3 de xaneiro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, no procedemento número 435/16, seguido contra a Mutua Asepeyo e outros, sobre diferenzas subsidio de IT, revogamos en parte a expresada resolución e, estimando a demanda reitora, declaramos o dereito do demandante a percibir a cantidade de 3.752,26 euros, confirmando os restantes pronunciamentos.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tdarmas Disolucion, S.L. (antiga Panes Natural, S.L.) e Dvgrela Disolución, S.L. (antiga Panes Grela, S.L.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza