Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20158

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4138/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU Recurso de suplicación 4138 /2017-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 218/2016 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Balbino Ramírez González

Avogada: Patricia Mariño Rodríguez

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Budiño, S.L., Francisco Lemos Romero, S.L., Granitos do Alba, S.L., Minera de Rocas, S.L., David Fernández Grande Madrid, S.L., Previsora General, Mutualidad de Previsión Social, Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Mapfre España Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., José Luis Fernández Contreras, Granitos Vilafría Couto, S.A., Extracciones Aceval, S.L., Roberto Rodríguez Domínguez, Granitos Santa Fe, S.L.

Avogados: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, Carlos Alberto González-Novo Martínez, Paulo Pena Arca, Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, Gema García Gómez, Alfredo Briales de Porcioles, Javier Álvarez-Blázquez Fernández, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Ramón José Pena Fraga, Manuel Zorrilla Riveiro, Gema García Gómez, María Josefa Fernández Fernández.

Procuradores: Carolina Moreno Vázquez, María Tamara Ucha Groba, María Victoria Soñora Álvarez, Carolina Moreno Vázquez, Beatriz Castro Álvarez, José Antonio Castro Bugallo, Ricardo Estévez Cernadas, Xulio Xabier López Valcárcel, María Ángeles Fernández Rodríguez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4138/2017-CON desta sección, seguido por instancia de Balbino Ramírez González contra Lemos Romero, S.L., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Budiño, S.L., Francisco Lemos Romero, S.L., Granitos do Alba, S.L., Minera de Rocas, S.L., David Fernández Grande Madrid, S.L., Previsora General, Mutualidade de Previsión Social, Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Mapfre España Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., José Luis Fernández Contreras, Granitos Vilafría Couto, S.A., Extracciones Aceval, S.L., Roberto Rodríguez Domínguez, Granitos Santa Fe, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Balbino Ramírez González contra a sentenza de data 21.6.2017 ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo no procedemento nº 218-2016 sobre indemnización derivada de convenio colectivo, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza recorrida.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de justicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Budiño, Granitos Vilafría Couto, S.A., e Extracciones Aceval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial do Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza