Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27762

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de maio de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado Tomás Barros, do concello da Coruña.

A titularidade do centro privado Tomás Barros, da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Animación Sociocultural e Turística e de catro unidades do CS Educación infantil, e autorización para impartir o CS Promoción de Igualdade de Xénero.

Conforme a Orde do 29 de novembro de 2013 (DOG do 13 de decembro), o centro conta con autorización para impartir o CM (ciclo formativo de grao medio) Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades), o CS Educación Infantil (6 unidades), o CS Animación Sociocultural e Turística (2 unidades) e o CS Integración Social (2 unidades).

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a implantación do CS Promoción de Igualdade de Xénero e a supresión do CS Animación Sociocultural e Turística e de 4 unidades do CS Educación Infantil. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Tomás Barros.

Código do centro: 15032169.

Domicilio: r/ Ramón Mª Aller, 12, entresollado.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Araceli Barros Cao, S.L.

Composición resultante:

• 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Promoción de Igualdade de Xénero (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria