Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29134

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4556/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4556/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 329/2017 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: María Concepción Fernández Arias

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Remodelaciones Modulares, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4556/2017, seguido por instancia de María Concepción Fernández Arias contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Remodelaciones Modulares, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de María Concepción Fernández Arias, contra a sentenza de data 5 de xullo de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en autos seguidos por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridad Social fronte á recorrente, sobre procedemento de oficio de reintegro de prestacións indebidamente percibidas, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, desestimamos parcialmente a demanda e declaramos prescrita a acción para reclamar as cantidades percibidas, en concepto de pensión de xubilación anticipada, no período comprendido entre o 20 de xuño de 2012 e o 28 de abril de 2013; deberán descontarse do importe total sinalado de 43.516,16 euros, mantendo o resto dos pronunciamentos contidos na sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Remodelaciones Modulares, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Progreso, 113, baixo, Ourense, e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG, e advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza