Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29136

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 279/2018 IG).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 279/2018 IG

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 164/2015 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Recorridos: Daniel García Dios, Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., administración concursal Diconsa Diseño y Construcción (Jesús Ángel Alonso Álvarez)

Avogados: María Sol Romero Salgado, (…), (…), Jesús Ángel Alonso Álvarez

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 279/2018 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Daniel García Dios, Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., administración concursal Diconsa Diseño y Construcción (Jesús Ángel Alonso Álvarez) sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

1º. Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo Fogasa fronte á sentenza do 16 de outubro de 2017 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, ditada nos autos número 164/2015 seguidos por instancia de Daniel García Dios. Todo iso confirmando a sentenza de instancia.

2º. Con condena en custas ao Fogasa en canto ao recurso presentado por este. Tales custas comprenderán os honorarios do avogado ou do graduado social colexiado da parte contraria que actuase no recurso en defensa ou en representación técnica da parte no importe de 601 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás entidades Diconsa Diseño y Construcción, S.A. e Retaibo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza