Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29138

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 321/2018 MBL).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 321/2018 MBL

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 299/2015 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Antonio Rodríguez Fernández

Avogado: Álvaro Hinrichs Álvarez

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

Recorridos: Fogasa, Finur Alvarado, S.L., Herederos de Raúl Alvarado, S.L., Hermanos Alvarado Sampayo, S.L., De La Torre Logística, S.L., Álvaro Frío Distribuciones, S.L., Peixenor CYB, S.L., Clara de La Torre Buján

Avogados: letrado de Fogasa e Miguel Ángel Estévez Rosende

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 321/2018 desta sección, seguido por instancia de Antonio Rodríguez Fernández contra Fogasa, Finur Alvarado, S.L., Herederos de Raúl Alvarado, S.L., Hermanos Alvarado Sampayo, S.L., De La Torre Logística, S.L., Álvaro Frío Distribuciones, S.L., Peixenor CYB, S.L., Clara de La Torre Buján, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto polo letrado Álvaro Hinrichs Álvarez, en nome e representación de Antonio Rodríguez Fernández, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 9 de marzo de 2017 en autos número 299/2015, que revogamos, acollemos a súa demanda contra De La Torre Logística, S.L., Peyxenor CYB, S.L., Herederos de Raúl Alvarado, S.L., Hermanos Alvarado Sampayo, S.L., Alvarado Frío Distribuciones, S.L., Finur Alvarado, S.A. e Clara de La Torre Buján, declaramos o seu dereito a percibir trinta e cinco mil euros (35.000 €) en concepto de mellora voluntaria de Seguridade Social prevista no convenio colectivo aplicable, por ser declarado en situación de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo, condenamos as codemandadas a respectar esta declaración e as empresas citadas a aboarlle, solidariamente, o importe referido, máis os xuros legais dos artigos 1101 e 1108 do Código civil devindicados desde o día 7 de abril de 2015, con absolución de Clara de La Torre Buján.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Clara de La Torre Buján, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza