Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29140

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (XVA 535/2014).

Eu, Virginia González Benedidt, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, polo presente anuncia que no presente procedemento seguido por instancia de Adrián Ramallo Fernández fronte a Rosa María Fernández Durán se ditou sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 45/2016.

Vilagarcía de Arousa, 18 de abril de 2016.

Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade viu os autos de xuízo verbal de alimentos tramitados por este xulgado con nº 535/2014, por instancia de Adrián Ramallo Fernández, representado polo procurador Sr. Abalo Villaverde, e asistido polo letrado Sr. Trillo Rodríguez, contra Rosa María Fernández Durán.

Resolvo:

Debo estimar e estimo a demanda formulada polo procurador Sr. Abalo Villaverde, en nome e representación de Adrián Ramallo Fernández, contra Rosa María Fernández Durán, e, en consecuencia, condeno a demandada:

I. A aboar ao seu fillo Adrián Ramallo Fernández unha pensión de alimentos de 200 euros mensuais, desde a data da interposición da demanda, 10 de outubro de 2014, que deberá ser aboada por mensualidades anticipadas na conta bancaria do fillo aberta na entidade a Caixa nº IBAN ES88 2100 1785 4001 0065 9646, e que se actualizará anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que publique o INE ou organismo oficial que o substitúa.

II. A reintegrar ao demandante a cantidade de 3.600 euros, en concepto de mensualidades de pensión de alimentos establecida por sentenza a favor do fillo, a cargo do pai, ingresadas na conta bancaria da nai ata abril de 2016.

Impóñense as costas á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra esta poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición deste recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPJ, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial».

E encontrándose a devandita demandada, Rosa María Fernández Durán, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vilagarcía de Arousa, 25 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza