Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33733

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xullo de 2018 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2017).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 5 de xullo de 2018, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

EI.301.00.000.15770.030

Xefatura de Servizo de Ordenación e Coordinación

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.501.00.000.15770.080

Xefatura de Servizo de Verificación de Fondos

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.501.00.000.15770.090

Xefatura de Servizo de Igualdade

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.502.00.901.15770.001

Director/a (Centro de Novas Tecnoloxías)

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.C99.20.000.15350.001

Director/a centro integrado formación profesional (Ferrol)

• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares.

Responsable de centro de formación profesional integrado de titularidade pública.

EI.C99.20.903.15770.001

Director/a centro integrado formación profesional (Santiago de Compostela)

• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares.

Responsable de centro de formación profesional integrado de titularidade pública.

EI.C99.20.000.27001.001

Director/a centro integrado formación profesional (Lugo)

• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares.

Responsable de centro de formación profesional integrado de titularidade pública.

EI.C99.20.000.32001.001

Director/a centro integrado formación profesional (Ourense)

• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares.

Responsable de centro de formación profesional integrado de titularidade pública.

EI.C99.20.905.36560.001

Director/a centro integrado formación profesional (Vigo)

• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares.

Responsable de centro de formación profesional integrado de titularidade pública.

EI.C99.20.901.15001.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (A Coruña- Monelos)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

EI.C99.20.902.15350.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (Ferrol-Esteiro)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

EI.C99.20.902.15770.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (Santiago Norte)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

EI.C99.20.902.27001.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (Lugo-Sur)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

EI.C99.20.901.32001.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (Ourense-Centro)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

EI.C99.20.901.36001.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (Pontevedra-Concello)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

EI.C99.20.903.36560.001

Director/a O.E. e coordinador/a emprego e formación (Vigo-Calvario)

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade.

A coordinación no eido do emprego, dos seus recursos humanos, así como a colaboración con outras administracións públicas.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. Publícase o «Acordo polo que se establecen as condicións laborais do persoal de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego na Consellería de Economía Emprego e Industria» e o «Plan de ordenación de recursos humanos das oficinas de emprego e centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria» como anexos á relación de postos de traballo por ser complementarios desta.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de xullo de 2018, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf
RPTEconomiag.pdf

ANEXO II

Acordo polo que se establecen as condicións laborais do persoal
de supervisión e seguimento da formación profesional para o
emprego na Consellería de Economía, Emprego e Industria

A formación en xeral e a formación profesional, en particular, constitúen un dos piares básicos a ter en conta nas estratexias de crecemento dun país.

En España, a formación profesional está integrada por dous sistemas:

– Sistema de formación profesional regrada ou inicial, que depende do Ministerio de Educación e Formación Profesional e das comunidades autónomas.

– Sistema de Formación para o emprego, vinculado ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e ás comunidades autónomas.

O Sistema de formación para o emprego ten a misión de formar e capacitar as persoas para o emprego e actualizar as súas competencias e os seus coñecementos ao longo da vida profesional.

Así, a propia Lei 30/2015, do 9 de setembro, establece como obxectivos estratéxicos favorecer a creación de emprego estable e de calidade, contribuír á competitividade empresarial, garantir o dereito á formación laboral e ofrecer garantías de empregabilidade e promoción profesional dos empregados e das empregadas.

Recentemente, en desenvolvemento da citada lei, publicouse o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que ten por obxecto a regulación das iniciativas e programas de formación profesional para o emprego, os requisitos e límites das accións formativas, os seus destinatarios e a forma de acreditación das competencias adquiridas polos traballadores e traballadoras, así como os instrumentos do sistema integrado de información e o réxime de funcionamento do sistema de formación profesional para o emprego.

Neste ámbito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, competente na materia, ten en marcha a denominada Axenda 20 para o emprego co fin de impulsar o emprego estable e de calidade. Esta ferramenta do Goberno galego foi elaborada cunha visión global, centrándose en tres retos:

a) Fomentar o emprego de calidade, estimulando o emprego indefinido.

b) Reforzar a formación e especialización ao longo da vida laboral.

c) Mellorar e orientar os servizos públicos na atención ás persoas demandantes e empresas.

A planificación trienal das accións formativas, baixo a responsabilidade do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social en colaboración coas comunidades autónomas, elabórase tendo en conta as características do paro e as necesidades formativas, sectoriais e territoriais.

Ademais, tanto as comunidades autónomas, no ámbito das súas competencias territoriais e funcionais como o Servizo Público de Emprego Estatal, anualmente, elaboran a programación dos cursos en función dos obxectivos da planificación. Así mesmo, esta programación anual poderá ser complementada con programacións extraordinarias, cando a evolución do mercado laboral así o requira.

Dada a importancia que ten a formación profesional para o emprego, consideramos imprescindible un acordo, obxectivo e rigoroso, de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego, programadas desde a Administración autonómica, a fin de lograr unha maior eficacia, eficiencia e transparencia na xestión dos recursos públicos destinados á formación para o emprego.

Non obstante, a natureza das distintas accións formativas e as peculiaridades dos seus destinatarios fai que, nalgúns casos, o horario de visita aos mesmos sexa incompatible co horario habitual de traballo do persoal empregado público que ten encomendadas tales funcións.

En consecuencia, logo da negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos, e cos informes da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Dirección Xeral da Función Pública, e por proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria, apróbase o acordo polo que se establecen as condicións laborais do persoal que realice visitas de supervisión e seguimento da formación profesional para emprego que se desenvolverá conforme as seguintes

CLÁUSULAS:

Primeira. Obxecto

O presente acordo ten por obxecto establecer as condicións laborais do persoal de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego na Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Segunda. Ámbito de aplicación

Este acordo será de aplicación ao persoal empregado público que na relación de postos de traballo (RPT) das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria figuren coa denominación «técnico/instrutor de Formación Ocupacional», «titulado superior de Formación Ocupacional» ou «titulado medio de Formación Ocupacional», e inclúa en observacións o texto «Acordo supervisión e seguimento da FP para o Emprego. Horario especial».

Con carácter xeral, o persoal que realice visitas de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego será o persoal funcionario que ocupe os postos de «técnico/instrutor de Formación Ocupacional», subgrupos A2, nivel 24. Transitoriamente, tamén se adhiren a este acordo o persoal laboral dos grupos I e II, tanto fixo como indefinido non fixo, que xa veñen desenvolvendo estas funcións ata o de agora. Neste sentido, a disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, di no seu punto 1:

«O persoal laboral fixo das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estea a realizar funcións ou desempeñe postos de traballo de persoal funcionario, ou pase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, poderá seguir a realizalas ou a desempeñalas».

Para estes únicos efectos de visitas de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego na Consellería de Economía, Emprego e Industria, o persoal laboral fixo e o persoal laboral indefinido non fixo recollido na disposición transitoria décima do Convenio colectivo único manterán os mesmos dereitos que a normativa de función pública establece para o persoal laboral fixo.

Terceira. Aceptación

O obxecto da aceptación é posibilitar que o persoal que ocupa postos os cales resultan modificados polas novas condicións laborais de visitas de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego, decida voluntariamente adherirse ou non a este acordo segundo as especificacións que nel se detallan.

Pola necesidade de salvagardar o cumprimento do servizo prestado por este persoal, a aceptación do acordo, segundo o modelo que se achega como anexo, vincula desde o momento da súa sinatura e non se poderá deixar sen efecto posteriormente; excepto por circunstancias sobrevidas, ou aquelas relacionadas coa conciliación da vida familiar e laboral que puidesen xurdir.

O persoal funcionario que ocupe prazas de «técnico/instrutor de Formación Ocupacional» e opten por non adherirse a este acordo, de seren necesarias, serán encadradas nel cando sexan vacantes.

Cuarta. Xornada e horario especial

A xornada laboral para os postos de persoal de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego será a ordinaria de 37 horas e 30 minutos semanais.

Non obstante, atendendo á natureza do servizo prestado, polas necesidades derivadas das distintas programacións destas accións formativas, os postos terán un horario especial variable, que se desenvolverá habitualmente entre as 7.30 horas e as 20.00 horas de luns a venres, consonte a planificación que se realice nas respectivas unidades.

Excepcionalmente, e de acordo coas anteditas necesidades, o horario destes efectivos poderán estenderse ata as 21.00 horas de luns a venres e, inclusive, os sábados en horario das 10.00 ás 14.00 horas, e realizarase de idéntico modo nas catro xefaturas territoriais.

En ningún caso se superarán as 250 horas anuais prestadas por cada efectivo fóra do horario laboral establecido con carácter xeral de luns a venres entre as 7.45 e as 15.15 horas.

A determinación de horarios excepcionais atenderá á repartición equitativa entre os efectivos, en función das accións formativas asignadas.

Quinta. Características das actuacións

As actividades básicas que debe realizar o persoal empregado público que realice visitas de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego estarán constituídas polas reguladas no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro (BOE do 31 de xaneiro), e demais normativa de desenvolvemento ou normas que as substitúan. Concretamente:

– Planificar e participar na elaboración do plan anual de supervisión e seguimento baixo a dirección, coordinación e supervisión das persoas responsables da xefatura territorial e da xefatura de servizo.

– Desenvolver accións de supervisión, seguimento, control e xestión de centros e cursos de formación profesional para o emprego, establecidos no plan anual.

– Garantir a calidade dos procesos de ensino/aprendizaxe, acreditando o persoal docente das accións formativas, así como garantindo o cumprimento normativo dos plans de formación profesional para o emprego.

–Avaliar os procesos e resultados das accións formativas, mediante a elaboración de informes de cada acción formativa encomendada, que terán en conta as enquisas sobre o grao de satisfacción do alumnado e o cumprimento dos parámetros establecidos na norma que regule as accións formativas.

– Xestionar a información horizontal e verticalmente.

Sexta. Complementos retributivos

O persoal empregado público, tanto funcionario como laboral, de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria disporá dun complemento retributivo. No caso do persoal funcionario, consistirá nun específico diferencial de 100 € mensuais (1.400,00 €/ano), e para o persoal laboral será de 155 €/mes (1.860,00 € anuais) como «complemento salarial de singularidade por responsabilidade (B12)».

Sétima. Comisión de seguimento

Constituirase unha comisión de seguimento que asegure o bo fin e cumprimento do obxecto deste acordo, así como as competencias básicas que desenvolverá o persoal de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego.

A comisión, presidida pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou persoa en quen delegue, estará formada polas persoas titulares das catro xefaturas territoriais da consellería, ou persoas en quen deleguen, e catro representantes nomeados polas organizacións sindicais asinantes do acordo.

Esta comisión obrigatoriamente terá dúas reunións anuais en que se avaliará o cumprimento dos obxectivos establecidos no plan anual. Así mesmo, analizará e proporá, en función dos obxectivos acadados, a revisión dos conceptos económicos establecidos no acordo, sempre tendo como referencia o límite de gasto da Administración autonómica.

Oitava. Entrada en vigor

O presente acordo polo que se establecen as condicións laborais do persoal que realice visitas de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego na Consellería de Economía, Emprego e Industria entrará en vigor coa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de postos de traballo (RPT) da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

Aceptación voluntaria para adherirse ao acordo polo que se establecen as condicións laborais do persoal de supervisión e seguimento da formación profesional para o emprego na Consellería de Economía, Emprego e Industria

DATOS PERSOAIS:

APELIDOS E NOME

DNI

ENDEREZO

LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL

CORREO ELECTRÓNICO

TELÉFONO FIXO

TELÉFONO MÓBIL

DATOS DO POSTO DE TRABALLO:

XEFATURA TERRITORIAL

LOCALIDADE

DENOMINACIÓN DO POSTO

CÓDIGO DO POSTO

Conforme o recollido no acordo polo que se establecen as condicións laborais do persoal que realice visitas de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego, acepto voluntariamente acollerme desde esta data ás condicións recollidas no dito plan.

………………………………………, ……… de ............ de 2018

Asinado:

ANEXO III

Plan de ordenación de recursos humanos das oficinas de emprego
e centros integrados de formación profesional dependentes
da Consellería de Economía, Emprego e Industria

I. Para a consecución da eficacia na prestación dos servizos do emprego e formación no ámbito da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da eficiencia na utilización dos recursos económicos de que dispón, resulta necesario que se dote dos instrumentos básicos que permitan a planificación eficiente das necesidades de recursos humanos nas oficinas de emprego e centros integrados de formación profesional, e a súa axeitada distribución con base nas novas funcións que deben asumir.

Nesta liña, o artigo 45 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece que a planificación dos recursos humanos no ámbito do emprego público ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles, mediante a determinación dos efectivos precisos e a mellora da súa distribución, formación, promoción profesional e mobilidade.

Son instrumentos de planificación do emprego público, entre outros, os plans de ordenación de recursos humanos que incluirán o ámbito de aplicación, os obxectivos, as medidas de ordenación previstas e o cronograma detallado da súa implantación e aplicación, xunto co informe económico-financeiro correspondente.

II. O Boletín Oficial del Estado núm. 235 e o Diario Oficial de Galicia núm. 189, ambos os dous do 1 de outubro de 1997, publicaron o Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do emprego e da formación.

O traspaso a que se refire o citado real decreto tivo efectividade a partir do 1 de xaneiro de 1998, momento en que a Xunta de Galicia, a través do departamento competente en materia de emprego, e dentro do seu ámbito territorial, asume as funcións e servizos correspondentes á xestión en materia de emprego e formación, que ata ese momento viña realizando o Inem.

Con este traspaso de competencias a Comunidade Autónoma asume os centros integrados de formación profesional e a rede de oficinas de emprego existentes en Galicia, as cales tiñan como función principal, e case exclusiva, a atención a aquelas persoas demandantes de emprego (ben de primeiro emprego ou de mellora del), así como as ofertas de emprego que as empresas puidesen requirir na busca de persoal traballador.

Actualmente, esta rede de oficinas de emprego constitúe o denominado Servizo Público de Emprego de Galicia, orientado a prestar servizos relacionados co emprego no ámbito das políticas activas de emprego, tanto a persoas demandantes como a persoas ou organizacións ofertantes, desde diversas perspectivas.

Os centros integrados de formación profesional e as oficinas de emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria desenvolven un servizo complementario e imprescindible aos programas de emprego e formación no proceso de orientación e promoción laboral mediante a realización de accións formativas concretas e programas específicos de orientación a persoas desempregadas e tamén empregadas, segundo a situación particular de cada persoa atendida nestes centros.

III. Na Comunidade Autónoma de Galicia existen 7 centros integrados de formación profesional e 53 oficinas de emprego, a través dos cales se pretende unha activación das políticas activas de emprego; entendendo por estas o conxunto de actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia nos ámbitos:

– Da orientación laboral.

– Da mellora da capacitación das persoas demandantes e traballadoras proporcionándolles formación e experiencia profesional.

– Da intermediación entre ofertas e demandas.

O desenvolvemento e reforzo destas actuacións constitúen os piares que permitan mellorar as posibilidades de acceder ao emprego por parte das persoas desempregadas, ou adaptar e actualizar os coñecementos e habilidades das persoas traballadoras que desexen mellorar o seu emprego.

En liña co anterior, e nesa idea de mellora continua, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, está a implementar a Axenda 20 para o Emprego na idea de impulsar o emprego estable e de calidade para o novo modelo produtivo de Galicia, baseado no crecemento e no coñecemento. Esta ferramenta do Goberno galego está deseñada desde unha visión global e co gran obxectivo de reducir o desemprego, centrándonos en tres puntos clave:

a) Fomentar o emprego de calidade.

b) Reforzar a formación e a especialización ao longo da vida laboral.

c) Mellorar e orientar os servizos públicos na atención e orientación ás persoas demandantes e ás empresas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da rede de oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, ofrece atención individualizada ás persoas empregadas ou en busca de emprego para a intermediación na mellora e calidade da súa inserción laboral, ofrecéndolle un abano de ofertas formativas, particularmente a través dos centros integrados de formación profesional da propia consellería.

IV. Neste contexto, é necesario, a través do presente plan, unha reordenación dos recursos humanos das oficinas de emprego e centros integrados de formación profesional da Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa adopción das medidas e previsións necesarias para axustar as situacións destes postos de traballo ás novas funcións e responsabilidades que se lle exixen, conforme os seguintes obxectivos:

– Optimizar a xestión e utilización dos recursos humanos.

– Adaptar as directrices das políticas de emprego e formación ás necesidades detectadas na súa área xeográfica de influencia.

– Potenciar a taxa de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia como medida de estímulo ao crecemento económico.

Neste marco, a Administración autonómica velará para que o persoal funcionario titular dos postos obxecto de modificación ou reordenación, con base neste plan, permaneza nel mesmo ata que se proceda á súa cobertura nos termos establecidos no anexo de RPT.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, e por proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria, apróbase o Plan de ordenación de recursos humanos das oficinas de emprego e dos centros integrados de formación profesional desta consellería, que determina as seguintes accións:

1. Obxecto.

O presente plan de ordenación de recursos humanos ten por obxecto, con base no establecido no artigo 45 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a adecuacion dos postos de traballo das oficinas de emprego e dos centros integrados de formación profesional da Consellería de Economía, Emprego e Industria para dar cumprimento ás novas funcións que se lle atribúen na actualidade, e o maior nivel de responsabilidade.

2. Necesidades de adecuación dos postos de director/a dos centros integrados de formación profesional da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

2.1. Na Comunidade Autónoma de Galicia contamos con 7 centros integrados de formación profesional, dependentes da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que ata agora teñen as seguintes características e localización:

Cidade

Denominación

Nivel

Forma provis.

Subgrupo

Corpo/escala

Santiago

Director/a de CIFP

25

LD

A1-A2-C1

Xeral/especial

Ferrol

Director/a de CIFP

25

C

A1-A2-C1

Xeral/especial

Vigo

Director/a de CIFP

25

LD

A1-A2-C1

Xeral/especial

Bueu

Director/a de CIFP

25

C

A1-A2-C1

Xeral/especial

Ourense

Director/a de CIFP

25

LD

A1-A2-C1

Xeral/especial

Lugo

Director/a de CIFP

25

C

A1-A2-C1

Xeral/especial

Viveiro

Director/a de CIFP

25

C

A1-A2-C1

Xeral/especial

2.2. Os postos indicados no cadro anterior modifican as súas características segundo se detalla a continuación, tendo en conta a área de influencia que abrangue cada un destes centros e o número de accións formativas que neles se realizan:

Cidade

Denominación

Nivel

Forma provis.

Subgrupo

Corpo/escala

Santiago

Director/a de CIFP

26

LD

A1-A2

I-II

Xeral/especial

Ferrol

Director/a de CIFP

26

LD

A1-A2

I-II

Xeral/especial

Vigo

Director/a de CIFP

26

LD

A1-A2

I-II

Xeral/especial

Ourense

Director/a de CIFP

26

LD

A1-A2

I-II

Xeral/especial

Lugo

Director/a de CIFP

26

LD

A1-A2

I-II

Xeral/especial

Bueu

Director/a de CIFP

25

C

A1-A2-C1

Xeral/especial

Viveiro

Director/a de CIFP

25

C

A1-A2-C1

Xeral/especial

2.2.1. O persoal funcionario titular do posto de director/a dos centros integrados de formación profesional permanecerá nel ata que sexa vacante e se proceda á súa cobertura nos termos establecidos no anexo de RPT.

2.2.2. Cando se dea a circunstancia de que o posto de director/a dun centro integrado de formación profesional sexa ocupado por persoal laboral fixo dos grupos I ou II, estes contarán cun complemento de singularidade similar ao dun funcionario con nivel 26, do subgrupo A1 ou A2, segundo fose o caso, co límite establecido no V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

2.2.3. A forma de provisión por libre designación é unha das excepcionalidades recollida na Resolución do 25 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación da relación de postos de traballo e a determinación de criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (criterio 6.3.).

3. Necesidades de adecuación dos postos de traballo das oficinas de emprego.

O Servizo Público de Emprego en Galicia dispón de 53 oficinas de emprego distribuídas por toda a Comunidade Autónoma de Galicia, moi diferentes entre si, tanto pola súa dimensión e actividade como pola súa localización e raio de influencia. A saber:

– 2 oficinas con director/a N-26, subgrupos A1-A2.

– 35 oficinas con director/a N-25, subgrupos A1-A2-C1.

– 16 oficinas con director/a N-20, subgrupos A2-C1-C2.

Unha axeitada planificación estratéxica dos recursos humanos debe orientarse á consecución dos obxectivos da unidade e, en consecuencia, é preciso incluír neste plan de ordenación de recursos humanos das oficinas de emprego unha nova dimensión e reordenación destas, adecuándose a novas funcións, tales como:

a) A tramitación das diferentes axudas ás persoas demandantes de emprego que realizan cursos de formación (axudas de transporte, de itinerario, de conciliación, de aloxamento, etc).

b) A tramitación na xestión e selección do persoal dos obradoiros de emprego desde o inicio ao fin.

c) A coordinación dos programas específicos que se desenvolvan en cada momento e do persoal contratado para o efecto.

d) A coordinación do emprego e formación, é esta unha nova función que asumen só os/as directores/as das oficinas de emprego englobadas no grupo A e localizadas nas sete grandes cidades de Galicia, sempre en colaboración coas restantes oficinas de emprego da súa área de influencia.

No marco do exposto anteriormente, e co fin de lograr unha clasificación das oficinas de emprego o máis homoxéneas posible entre si, partindo do coñecemento da área de influencia, da poboación da zona e da carga de traballo, fíxase un indicador diferenciador, medible e cuantificable, «número de persoas atendidas», a partir do cal se establecen catro grupos de oficinas de emprego:

3.1. Grupo A: abrangue un total de 7 oficinas de emprego, localizadas nas sete grandes cidades de Galicia e teñen o maior número de persoas atendidas na súa cidade de localización, e sempre por enriba das 6.001, xeograficamente distribuídas do xeito seguinte:

– Provincia da Coruña: A Coruña Monelos (abrangue tamén a coordinación de emprego e formación da área xeográfica das oficinas A Coruña Centro, A Coruña Tornos, Carballo e Cee); Ferrol Esteiro (correspóndelle tamén a coordinación de emprego e formación nas áreas xeográficas das oficinas de Ferrol Centro, As Pontes e Betanzos); Santiago Norte (asumirá a función de coordinar o emprego e a formación para as áreas xeográficas de Santiago Centro, Boiro, Melide e Ordes).

– Provincia de Lugo: Lugo Sur (que asume a coordinación de emprego e formación tamén de toda a provincia).

– Provincia de Ourense: Ourense Centro (tamén terá a función de coordinación de emprego e formación de toda a provincia).

– Provincia de Pontevedra: Pontevedra Concello (asume a coordinación do emprego e da formación tamén para as áreas das oficinas de Pontevedra Bisbarra, Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Redondela e Vilagarcía de Arousa); Vigo Calvario (correspóndelle coordinar o emprego e a formación tamén nas áreas xeográficas das oficinas de Vigo López Mora, Vigo Navia, Vigo Sanxurxo Badía, Baiona, Cangas, A Cañiza, A Guarda, O Porriño, Ponteareas e Tui).

3.1.1. As características do posto de director/a das oficinas do grupo A son:

Denominación: director/a de O.E. e coordinador/a de Emprego e Formación.

Nivel: 28 B.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo: xeral.

Forma de provisión: libre designación (especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares), criterio 6 da Resolución do 25 de febreiro, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 44, do 4 de marzo de 2016).

3.1.1.1. O persoal funcionario titular do posto de director/a destas oficinas de emprego permanecerá nel ata que sexa vacante e se proceda á súa cobertura polo sistema de provisión establecido e demais características do posto, tal e como se reflicte no anexo de RPT.

3.1.2. Cada unha destas oficinas do grupo A contará cun posto de xefe/a de Unidade para o Emprego e Formación, responsable de coordinar a orientación laboral e formativa na área de influencia da súa propia oficina, e coas seguintes características:

Denominación: xefe/a de Unidade de Orientación para o Emprego e a Formación.

Nivel: 22.

Subgrupo: A1-A2-C1.

Corpo: xeral.

Forma de provisión: concurso xeral.

3.1.3. O restante persoal funcionario e laboral que preste servizos nestas oficinas de emprego seguirá desempeñando as mesmas funcións que viña realizando, e coas mesmas características da praza.

3.2. Grupo B: abrangue aquelas oficinas de emprego que acadan un total anual de 6.001 ou máis persoas atendidas, e que suman un total de 14, distribuídas por provincias do xeito seguinte:

– Provincia da Coruña: A Coruña Centro, A Coruña Tornos, Ferrol Centro, Santiago Centro, Boiro e Carballo.

– Provincia de Lugo: Lugo Norte.

– Provincia de Ourense: Ourense A Ponte.

– Provincia de Pontevedra: Pontevedra Bisbarra, Vigo López Mora, Vigo Navia, Vigo Sanxurxo Badía, Cangas e Vilagarcía de Arousa.

3.2.1. As características do posto de director/a das oficinas do grupo B, son:

Denominación: director/a de O.E.

Nivel: 26.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo: xeral.

Forma de provisión: concurso específico.

3.2.1.1. O persoal funcionario titular do posto de director/a destas oficinas de emprego permanecerá nel ata que sexa vacante e se proceda á súa cobertura nos termos establecidos no anexo de RPT.

3.2.2. Cada unha destas oficinas do grupo B contará cun posto de coordinador/a Área de Orientación, responsable de coordinar a orientación laboral e formativa na área de influencia da súa propia oficina, coas seguintes características:

Denominación: coordinador/a Área de Orientación.

Nivel: 20.

Subgrupo: A2-C1-C2.

Corpo: Xeral.

Forma de provisión: concurso xeral.

3.2.3. O restante persoal funcionario e laboral que preste servizos nestas oficinas de emprego seguirá desempeñando as mesmas funcións que viña realizando, e coas mesmas características da praza.

3.3. Grupo C: neste grupo inclúense as 18 oficinas de emprego cuxo indicador oscila entre as 2.501 e as 6.000 persoas atendidas cada ano, as cales xeográficamente están repartidas así:

– Provincia da Coruña: Betanzos e Cee.

– Provincia de Lugo: Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria e Vilalba.

– Provincia de Ourense: O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín e Xinzo da Limia.

– Provincia de Pontevedra: A Estrada, Baiona, Cambados, Lalín, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Tui.

3.3.1. As características do posto de director/a das oficinas do grupo C son:

Denominación: director/a de O.E.

Nivel: 25.

Subgrupo: A1-A2-C1.

Corpo: xeral.

Forma de provisión: concurso xeral.

3.3.1.1. O persoal funcionario titular do posto de director/a destas oficinas de emprego permanecerá nel, ata que sexa vacante e se proceda á súa cobertura nos termos establecidos no anexo de RPT.

3.3.2. O restante persoal funcionario e laboral que preste servizos nestas oficinas de emprego seguirá desempeñando as mesmas funcións que viña realizando, e coas mesmas características da praza.

3.4. Grupo D: abrangue as 14 oficinas de emprego cuxa media de persoas atendidas anualmente non supera a cifra de 2.500, e son as seguintes:

– Provincia da Coruña: As Pontes, Melide e Ordes.

– Provincia de Lugo: Becerreá, Burela, Chantada, Mondoñedo e Viveiro.

– Provincia de Ourense: Celanova, Ribadavia, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.

– Provincia de Pontevedra: A Cañiza e Caldas de Reis.

3.4.1. As características do posto de director/a das oficinas do grupo D son:

Denominación: director/a de O.E.

Nivel: 22.

Subgrupo: A1-A2-C1.

Corpo: xeral.

Forma de provisión: concurso xeral.

3.4.1.1. O persoal funcionario titular do posto de director/a destas oficinas de emprego permanecerá nel, ata que sexa vacante e se proceda á súa cobertura nos termos establecidos no anexo de RPT.

3.4.2. O restante persoal funcionario e laboral que preste servizos nestas oficinas de emprego seguirá desempeñando as mesmas funcións que viña realizando, e coas mesmas características da praza.

Entrada en vigor.

O presente plan de ordenación de recursos humanos das oficinas de emprego e centros integrados de formación profesional entrará en vigor coa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de postos de traballo (RPT) da Consellería de Economía, Emprego e Industria.