A Orde do 18 de decembro de 2017 (publicada no DOG do 12 de xaneiro de 2018), establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convoca as do exercicio orzamentario de 2018.
No seu artigo 26, «Financiamento», relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria utilizada, así como o importe económico previsto para cada un dos exercicios orzamentarios establecidos. Neste artigo sinálase, ademais, que os importes indicados se poderán incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A existencia de remanentes doutras convocatorias permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos e é, ademais, necesaria esta ampliación á vista das solicitudes de axuda presentadas.
En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único
Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2018, nos seguintes importes:
Concepto orzamentario |
Código de proxecto |
Anualidade 2018 (€) |
Anualidade 2019 (€) |
Anualidade 2020 (€) |
13.03.741A.770.0 |
201600195 |
2.200.000,00 |
0,00 |
1.000.000,00 |
Conforme iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:
Concepto orzamentario |
Código de proxecto |
Anualidade 2018 (€) |
Anualidade 2019 (€) |
Anualidade 2020 (€) |
13.03.741A.770.0 |
201600195 |
13.806.000,00 |
14.501.000,00 |
4.000.000,00 |
Disposición adicional única
Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na dita Orde do 18 de decembro de 2017.
Disposición derradeira primeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira segunda
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados partir do día seguinte ao da súa publicación.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural