Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36034

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 24 de xullo de 2018 pola que se amplía o crédito da Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2018, tramitado como expediente anticipado de gasto.

A Orde do 19 de decembro de 2017 (DOG nº 28, do 8 de febreiro de 2018) estableceu, para o ano 2018, a convocatoria de axudas para propietarios de buques e entre a súas finalidades estaban realizar investimentos que:

• Melloren a hixiene, saúde, seguranza e condicións de traballo en buques pesqueiros (procedemento PE120B).

• Aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas (procedemento PE120E).

A devandita orde establece no seu artigo 4 que o crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Tendo en conta que este ano, polo número e contía deste tipo de axudas non chegou o crédito orzamentario para atender as solicitudes que cumpren cos requisitos é polo que procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas para as liñas de investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguranza e condicións de traballo en buques pesqueiros e investimentos que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2017 en:

• 427.617,24 euros, con cargo á aplicación 14.02.723A.770.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

• 39.551 euros, con cargo á aplicación 14.02.723A.770.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Esta modificación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar