Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39942

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora de infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social e se convocan para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (procedemento BS403F).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2018, a través da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 132, do 11 de xullo) axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 7 de Orde do 27 de xuño, e no artigo 8 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Una vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 7 da Orde do 27 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá á entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, considerarase que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 14 da Orde do 27 de xuño, pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Orde do 27 de xuño de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de conciliación familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403F/2018-1

Sagrado Corazón de Celanova SCG

F32022824

Memoria xustificativa da necesidade das actuacións propostas, en que deberá quedar acreditado que non se trata de mantemento xeral nin de substitución de materiais deteriorados polo uso. Tamén deberá recoller como se atende o aspecto mencionado no artigo 4.2 da Orde do 27 de xuño.

BS403F/2018-3

Asociación Educativa San Nicolás

G36822567

Ampliación da memoria xustificativa en que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017.

BS403F/2018-5

Asociación Educativa Ángel de la Guarda

G36771459

Ampliación da memoria xustificativa en que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017.

BS403F/2018-7

Fundación María Seoane Colmeiro

G36261899

Ampliación da memoria xustificativa en que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017.

BS403F/2018-15

Asociación Educativa Aloha

G15867153

Ampliación da memoria xustificativa da actuación proposta onde se describa de xeito detallado o mobiliario a adquirir e o seu destino.

BS403F/2018-16

Asociación Educativa Monte Saíñas

G36595247

Certificación da contía establecida nos orzamentos da entidade da contía específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, dado que o custe das actuacións supera o importe máximo subvencionable.

BS403F/2018-17

Asociación G Laboral Pipo

G36213718

Ampliación da memoria xustificativa na que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías e da aula multisensorial para os que se solicita a axuda, así como dos xa adquiridos e subvencionados no ano 2017.

BS403F/2018-23

Asociación Educativa Santiago Apóstol

G94062486

Ampliación da memoria xustificativa na que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017.

BS403F/2018-24

Asociación Educativa Cativos

G70458393

Ampliación da memoria xustificativa coa descrición das obras a realizar na escola infantil San Rosendo, así como das xa realizadas e subvencionadas no ano 2017.

BS403F/2018-26

Dimafa Sociedad Cooperativa Galega

F70281365

Ampliación da memoria xustificativa con indicación da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e aos nenos.

BS403F/2018-31

Fundación Escolas Populares Gratuítas

G15043771

Tarifa de prezos axustada ao réxime de prezos públicos vixentes regulados polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

BS403F/2018-32

Asociación Educativa Dalila

G36349363

Certificación única da contía establecida nos orzamentos da entidade da cantidade específica destinada ás actuacións propostas e asinada.