Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53072

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 22 de novembro de 2018 das axudas convocadas pola Orde do 25 de maio de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019.

Mediante a Orde do 25 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), publicáronse as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais e convocáronse en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019.

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que deberá resolver no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta.

Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 22 de novembro de 2018, ditada no procedemento BS403D, de concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 22 de novembro de 2018 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 22 de novembro de 2018 ditada no procedemento BS403D de concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 13 da Orde do 25 de maio de 2018, pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a todas as entidades que presentaron solicitude e se relacionan no anexo I as axudas reguladas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.781.0.

Esta liña de axudas está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 10. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1. Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b. Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052. Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 25 de maio de 2018.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da Orde do 25 de maio de 2018.

Segundo. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018. A conselleira de Política Social. P.D. artigo 16 da Orde do 25.5.2018. DOG núm. 106, do 5.6.2018. A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Mª Amparo González Méndez.

ANEXO I

Axudas concedidas

expediente

Entidade solicitante

NIF

Axuda solicitada

Axuda

concedida

Anualidade 2018

Anualidade 2019

BS403D-2017/1

Entidade urbanística de conservación A Granxa

G36381929

447.000

200.000 €

0,00 €

200.000 €

BS403D-2017/3

Entidade urbanística de conservación do polígono industrial da Tomada

G15741796

200.000

200.000 €

150.000 €

50.000 €