Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53066

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 29 de outubro de 2018 das axudas convocadas na Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020).

Mediante a Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 132, do 11 de xullo), publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e a convocatoria para o ano 2018.

De conformidade co artigo 13 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que deberá resolver no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta.

Así mesmo, o artigo 14 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 29 de outubro de 2018, ditada no procedemento BS403F, de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 29 de outubro de 2018 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 29 de outubro de 2018 ditada no procedemento BS403F de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Orde do 27 de xuño de 2018, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.781.1.

Esta axuda pública, está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10: Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1. Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b. Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052. Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 27 de xuño de 2018.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 18 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 19 da Orde do 27 de xuño de 2018.

Segundo. Denegar ás entidades relacionadas no anexo II as axudas solicitadas polas causas que se detallan.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018. A conselleira de Política Social. P.D. artigo 13 da Orde do 27.6.2018. DOG núm. 132, do 11.7.2018. A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Mª Amparo González Méndez.

ANEXO I

Axudas concedidas

Número

expediente

Entidade

Escola

infantil

Investimento solicitado

Achega entidade

%

Achega entidade a xustificar

Importe

subvencionable

Total axuda concedida

BS403F-1

Sagrado Corazón de Celanova SCG

María Ana

5.280,00 €

0,00 €

0,00

0,00

4.500,00

4.500,00

BS403F-3

Asociación Educativa San Nicolás

San Nicolás

14.825,03 €

0,00 €

0,00

0,00

14.825,03

14.825,03

BS403F-4

Colexio Ludy SCG

Ludy

4.722,86 €

0,00 €

0,00

0,00

4.722,86

4.722,86

BS403F-5

Asociación Educativa Ángel de la Guarda

Ángel de la Guarda

17.750,76 €

0,00 €

0,00

0,00

13.432,33

13.432,33

BS403F-6

APA Colexio Atalaya Cantabria

Atalaya Cantabria

2.891,48 €

290,00 €

10,03

269,95

2.691,59

2.421,64

BS403F-7

Fundación María Seoane Colmeiro

María Inmaculada

24.780,00 €

0,00 €

0,00

0,00

15.220,19

15.220,19

BS403F-8

ABC SCG

Abc

25.051,57 €

51,57 €

0,21

43,87

20.891,66

20.847,79

BS403F-9

Cª Hijas de la Caridad San Vicente Pul

1_Nª Sª de Fátima 2_Sonrisas y Lágrimas 3_Nª Sª del Carmen

21.943,78 €

4.488,76 €

20,46

3.408,88

16.661,18

13.252,30

BS403F-10

Asociación Iniciativa Social Abrente

Abrente

23.429,58 €

0,00 €

0,00

0,00

13.998,41

13.998,41

BS403F-11

APA XI Raiola

Xardín Infancia Raiola

17.460,08 €

4.364,93 €

25,00

4.364,93

17.460,08

13.095,15

BS403F-12

Escola Infantil San Fermín PP Somascos

San Fermín

25.480,30 €

9.151,60 €

35,92

9.151,60

25.480,30

16.328,70

BS403F-13

Os Meniños Sociedade Cooperativa Galega

Os Meniños

6.875,37 €

0,00 €

0,00

0,00

6.875,37

6.875,37

BS403F-14

Colexio Jorge Juan Perlío SCG

Joge Juan

4.620,51 €

0,00 €

0,00

0,00

4.487,35

4.487,35

BS403F-15

Asociación Educativa Aloha

Aloha

21.804,38 €

0,00 €

0,00

0,00

14.320,16

14.320,16

BS403F-16

Asociación Educativa Monte Saíñas

Saíñas

27.000,01 €

2.000,01 €

7,41

1.465,97

19.783,62

18.317,65

BS403F-17

Asociación G. Laboral Pipo

Pipo

21.317,28 €

0,00 €

0,00

0,00

18.561,40

18.561,40

BS403F-18

Fundación Raiola

Niño Jesús

24.570,59 €

0,00 €

0,00

0,00

22.977,02

22.977,02

BS403F-19

Asociación Educativa Antares

Rubido Romero

2.935,54 €

0,00 €

0,00

0,00

2.403,41

2.403,41

BS403F-20

Asociación Educativa Pasiño a Pasiño

Pasiño a Pasiño

17.207,83 €

0,00 €

0,00

0,00

15.636,54

15.636,54

BS403F-21

Asociación Educativo Social Pumuky

Pumuky

24.770,42 €

0,00 €

0,00

0,00

23.943,94

23.943,94

BS403F-22

Asociación Socio-Educativa O Parque

O Parque

25.000,00 €

0,00 €

0,00

0,00

25.000,00

25.000,00

BS403F-23

Asociación Educativa Santiago Apóstol

Santiago Apóstol

22.969,15 €

0,00 €

0,00

0,00

18.810,86

18.810,86

BS403F-24

Asociación Educativa Cativos

1_Cativos Santiago 2_San Rosendo

27.935,32 €

4.190,31 €

15,00

2.949,27

19.661,76

19.661,76

BS403F-25

Congregación Siervas de la Pasión

Santa Isabel

15.744,72 €

0,00 €

0,00

0,00

5.938,85

5.938,85

BS403F-26

Dimafa Sociedade Cooperativa Galega

Fany

3.994,82 €

0,00 €

0,00

0,00

3.674,82

3.674,82

BS403F-27

Escola Infantil Chip Chop SCG

Chip Chop

16.733,59 €

0,00 €

0,00

0,00

15.935,39

15.935,39

BS403F-28

APA XI Santa Marta

Santa Marta

15.837,62 €

0,00 €

0,00

0,00

15.666,83

15.666,83

BS403F-29

Pia Unión Patronato do Neno

Casa do Neno

4.777,52 €

0,00 €

0,00

0,00

3.130,61

3.130,61

BS403F-30

Asociación Educativa Elfos

Elfos

16.420,56 €

0,00 €

0,00

0,00

16.420,56

16.420,56

BS403F-32

Asociación Educativa Dalila

1_Fragata 2_Ponteporto1 3_Reibón

27.070,38 €

2.070,57 €

7,65

1.867,50

16.867,50

15.000,00

ANEXO II

Solicitudes denegadas/inadmitidas

Número

expediente

Centro

Entidade

NIF

Causa

BS403F-31

Escuelas Populares Gratuitas

Fundación Escuelas Populares Gratuitas

G15043771

O mobiliario solicitado considérase equipamento básico.

O material didáctico xa foi subvencionado no exercicio 2017.

BS403F-33

Bugs Bunny

Asociación Psicopedagóxica Bugs Bunny

G27251545

Solicitude presentada fóra de prazo.

BS403F-2

Santa Margarida

Fundación Hogar Sta. Margarita

G15028194

A tarifa de prezos non se axusta ao Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro.