Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 5 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 12516, artigo 4, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles, a partir do 6 de febreiro incluído, desde as 9.00 horas, e para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I)», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles, a partir do 6 de marzo incluído, desde as 9.00 horas, e para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I)».