Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16395

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, co voto a favor das organizacións sindicais CC.OO. e UGT na Comisión Superior de Persoal do 25 de marzo de 2019, sinatura que tivo lugar coas organizacións sindicais o 27 de marzo de 2019.

Por proposta desta consellería, o acordo foi expresa e formalmente aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de marzo de 2019, polo que procede, neste momento, a súa publicación.

De conformidade co que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único

Publícase, para xeral coñecemento e efectividade, o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, asinado con data do 27 de marzo de 2019, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día 28 de marzo, negociado na Mesa Xeral de Empregados Públicos e aprobado na Comisión Superior de Persoal da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

O presente acordo ten por finalidade posibilitar a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O sistema de acceso extraordinario ao grao I da carreira profesional será de aplicación ao persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico; persoal funcionario de carreira suxeito á Lei 17/1989, e persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único.

As partes asinantes deste acordo queren facer constar que, con posterioridade á publicación deste acordo, procederase a negociar e aprobar as bases xerais do sistema de carreira profesional, así como o procedemento para o acceso ordinario ao grao inicial e ao grao I do sistema de carreira profesional, sistema ao que poderán acceder o persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario interino.

Este acordo divídese en tres seccións, consta de oito artigos, tres cláusulas adicionais e unha disposición derradeira.

A sección primeira, baixo a rúbrica de disposicións xerais, consta de dous artigos, o artigo 1, que regula o obxecto, e o artigo 2, que regula os criterios xerais de avaliación.

A sección segunda regula o procedemento para o persoal funcionario de carreira, dado que este persoal ten acceso ao Portax, o procedemento farase a través deste sistema. O artigo 3 regula os requisitos para o acceso. O artigo 4 regula o procedemento, diferenciado segundo se trate de persoal que, segundo os datos existentes no seu expediente persoal, cumpra algún dos criterios de avaliación, e persoal que non cumpre ningún dos criterios de avaliación, regulándose a forma de acreditación dos méritos. Finalmente, o artigo 5 regula a resolución, dado que figura información de carácter persoal, a resolución realizarase mediante anuncio indicativo do lugar de exposición e destaca que se recolle a posibilidade de resolver con carácter mensual as solicitudes, a medida que se vaian presentando. Lémbrase tamén que as solicitudes estimadas terán efectos económicos do 1 de xaneiro de 2019.

Cómpre facer constar que a exixencia de achegar a documentación acreditativa do cumprimento dalgún dos criterios de avaliación, por non constar no expediente electrónico persoal, obedece a razóns de carácter técnico, dado que se trata de información moi antiga, de difícil localización, e estes son motivos que obrigan á dita presentación.

A sección terceira regula o procedemento para o persoal laboral, diferenciándose segundo sexa persoal con acceso ao Portax ou non. Se ten acceso ao Portax, o procedemento é similar ao previsto para o persoal funcionario de carreira, ben que o modelo de solicitude será distinto, dado que este persoal debe cubrir a epígrafe para comprometerse a participar no proceso de funcionarización que se convoque. Para o persoal que non teña acceso ao Portax establécese unha solicitude que lle permitirá acceder ao seu expediente persoal, unha vez que ten este acceso, diferénciase en función de que cumpra ou non algún dos criterios de avaliación.

Cómpre facer constar que a exixencia de achegar a documentación acreditativa do cumprimento dalgún dos criterios de avaliación, por non constar no expediente electrónico persoal, obedece a razóns de carácter técnico, dado que se trata de información moi antiga, de difícil localización, sendo estes motivos que obrigan a dita presentación.

A cláusula adicional primeira establece as peculiaridades para o persoal da Lei 17/1989, do 23 de outubro, por ser persoal xestionado polo Servizo Galego de Saúde.

A cláusula adicional segunda establece a comisión de seguimento do acordo.

A cláusula adicional terceira recolle unha disposición en materia de protección de datos.

A disposición derradeira regula a entrada en vigor do presente acordo.

Por todo iso, en virtude do disposto no artigo 38 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e do disposto no artigo 154 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, as partes

ACORDAN:

Sección primeira. Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este acordo ten por obxecto regular o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional como retribución segundo o grupo ou subgrupo profesional de pertenza prevista na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e distinta do complemento de destino actualmente vixente ao cal substituirá no momento en que se produza o desenvolvemento regulamentario que fixa a disposición transitoria oitava da dita lei.

Artigo 2. Criterios xerais de avaliación

1. Para este réxime extraordinario de acceso ao grao I do complemento de carreira profesional establécense os seguintes criterios de avaliación, dos cales soamente será necesario acreditar un para este recoñecemento:

a) Formación.

– Recibida: asistencia e, de ser o caso, superación de cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, a Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), a Academia Galega de Seguridade Pública, as escolas oficiais de formación do Estado e das restantes comunidades autónomas, cursos impartidos polo Servizo Público de Emprego Estatal e cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap) e cursos impartidos por algunha consellería da Xunta de Galicia. A suma de todos os cursos debe consistir nun mínimo de 4 créditos/40 horas. Para estes efectos, tamén serán considerados os cursos da lingua galega (iniciación, perfeccionamento, medio ou superior de linguaxe administrativa galega ou o ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas) homologados polo órgano competente en materia de política lingüística, sempre que sexan dun nivel superior ao requirido para o desempeño do posto de traballo no correspondente corpo, escala ou categoría profesional.

Non se valorará a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica. Tampouco se valoran módulos separados dun determinado curso.

– Impartida: para os/as empregados/as públicos/as que impartisen os cursos anteditos: 10 horas.

b) Realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA)/título de doutor/máster universitario oficial, máster universitario-título propio, experto universitario, especialista universitario.

c) Publicación de traballos científicos e de investigación relacionados coa Administración pública.

d) Dous anos de funcións de dirección, subdirección ou xefatura de servizo ou xefatura de sección ou postos de nivel equivalente.

e) Dous anos en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares ou nunha situación en que o/a empregado/a público/a, estando exento/a de desempeñar as funcións inherentes ao seu nomeamento, desenvolva actividades ou funcións de interese xeral ou público ou de carácter representativo: programas de cooperación internacional, membro do goberno ou órganos de goberno das comunidades autónomas, membro das institucións da Unión Europea ou das organizacións internacionais, cargos electivos de representación política, postos ou cargos directivos en organismos ou entidades instrumentais do sector público, dispensas para a realización de funcións sindicais, participación nos órganos constitucionais ou órganos estatutarios das comunidades autónomas e, en xeral, calquera outra situación similar ás anteriores.

f) Nomeamento e participación na totalidade do proceso como membro dalgún tribunal cualificador de procesos selectivos ou de provisión de postos.

g) Dous anos de servizos prestados en postos de traballo que, polas súas especiais características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación, amosen dificultades para a realización de actividades formativas.

2. O grao extraordinario adquírese no grupo, especialidade ou corpo que se estea a desempeñar desde o día 31 de decembro de 2018. Polo tanto, o tempo de servizos prestado con anterioridade a esa data, sexa cal for o vínculo xurídico do/da empregado/a, computarase para os efectos de adquirir o grao no corpo que efectivamente se estea prestando servizos desde o día 31 de decembro de 2018.

Sección segunda. Procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do grao I da carreira profesional para o persoal funcionario de carreira

Artigo 3. Requisitos e ámbito de aplicación

1. Poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal funcionario de carreira que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de servizo activo no correspondente corpo ou escala, ou desempeñando postos ou cargos no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como atoparse na situación de liberado sindical.

b) Ter a condición de funcionario/a de carreira nesta Administración e cunha antigüidade de polos menos cinco anos o día 31 de decembro de 2018.

c) Cumprir un dos criterios de avaliación establecidos no artigo 2 deste acordo.

2. Tamén poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal funcionario de carreira da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da escala de saúde pública e administración sanitaria, así como da subescala de atención especializada, clase de ATS/DUE básicos que cumpra os requisitos establecidos na epígrafe primeira deste artigo. O recoñecemento do grao I da carreira profesional corresponderá á Consellería de Sanidade.

3. Así mesmo, poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Xunta de Galicia que se atope en situación de servizos noutras administracións públicas ou se atope desempeñando postos nos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma previstos na disposición adicional primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Nestes supostos, o recoñecemento do grao I do complemento de carreira profesional soamente terá efectos administrativos.

4. Poderán acceder a este réxime extraordinario as funcionarias de carreira que se atopen de permiso por parto, o persoal funcionario de carreira que se atope de permiso por adopción ou acollemento, e o persoal funcionario de carreira que se atope de permiso do outro proxenitor por nacemento, adopción ou acollemento dun fillo, nestes supostos o recoñecemento do grao I do complemento de carreira profesional soamente terá efectos administrativos e unha vez que se reincorporen ao servizo activo, producirá efectos económicos.

5. Poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal funcionario de carreira que se atope en situación de incapacidade temporal, neste suposto, o recoñecemento extraordinario do grao I do complemento de carreira só terá efectos administrativos.

6. Así mesmo, poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal funcionario que se atope en excedencia por coidado de familiares prevista no artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste suposto, o recoñecemento extraordinario do grao I do complemento de carreira só terá efectos administrativos.

7. Queda excluído do acceso a este réxime extraordinario o persoal pertencente ás escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros por resultarlles de aplicación o réxime retributivo establecido para o persoal funcionario dos corpos de profesores de ensino secundaria e de profesores técnicos dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Artigo 4. Procedemento

A Dirección Xeral da Función Pública porá á disposición do persoal funcionario de carreira a través do Portax, https://portax.xunta.es, un enlace para consultar os datos que figuran no seu expediente no Rexistro Central de Persoal, e indicará se cumpre ou non os criterios xerais de avaliación, para os efectos de acadar o complemento do grao I da carreira profesional. Para o dito acceso deberá dispor de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do Servizo Galego de Saúde, do certificado dixital ou da tarxeta acreditativa do persoal ao servizo do sector público autonómico regulada mediante a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 25 de maio de 2011 (DOG núm. 102, do 27 de maio).

E para o dito acceso deberá empregarse o NIF e a chave da súa conta de correo ou ben a chave do seu certificado dixital.

Se cumpre algún dos criterios de avaliación, deberá solicitar o recoñecemento extraordinario do grao I empregando o modelo de solicitude que se habilitará a través do Portax, https://portax.xunta.es. Deberá cubrir todos os datos que aparezan, validalos, confirmalos e presentar a solicitude asinada electronicamente no Portax. Dispondrá dun prazo de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo.

As persoas que, cumprindo xa algún dos criterios, desexen completar a información que figura no seu expediente persoal, deberán facelo con posterioridade a este procedemento extraordinario, polos trámites ordinarios da actualización da información do expediente persoal.

Se non cumpre ningún dos criterios de avaliación e desexa incorporar novos méritos ao seu expediente para poder acceder ao recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa, a persoa interesada deberá formalizar o impreso de emenda que atopará no Portax, https://portax.xunta.es, e deberá achegar o impreso de emenda e a documentación acreditativa dos méritos que pretenda facer valer. A documentación anterior deberá dirixirse en función do destino da persoa funcionaria:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

A dita documentación deberá presentarse nun prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, nos rexistros xerais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, poderán presentar a devandita documentación electronicamente empregando o procedemento xenérico PR004A desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A.

A forma de acreditación dos criterios de avaliación será a seguinte:

Formación recibida: acreditarase mediante copia auténtica do certificado de asistencia ao curso, no cal deberá constar o organismo ou entidade que o convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, o contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderase requirir á persoa solicitante a achega do programa formativo.

Serán válidos, ademais, aqueles diplomas asinados dixitalmente por certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable.

Noutro suposto, deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa coas datas de realización, o contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica. Tampouco se valoran módulos separados dun determinado curso.

Formación impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante, na cal deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

Formación universitaria de posgrao: acreditarase mediante copia auténtica do título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia do mérito invocado pola persoa solicitante. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que a persoa solicitante realizou todos os cursos de doutoramento.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase, xunto coa copia auténtica do título, unha tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

Publicación de traballos científicos e de investigación relacionados coa Administración pública:

Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivo de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia auténtica das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal criterio de avaliación mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto, non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

Dous anos de funcións de dirección, subdirección ou xefatura de servizo ou xefatura de sección ou postos de nivel equivalente: acreditarase este criterio mediante certificación dos servizos prestados en que conste a data de inicio e de fin da prestación dos servizos e as funcións realizadas.

Dous anos en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares: acreditarase mediante certificación en que conste a data de inicio e data final desta situación.

Dous anos nunha situación en que o/a empregado/a público/a, estando exento/a de desempeñar as funcións inherentes ao seu nomeamento, desenvolva actividades ou funcións de interese xeral ou público ou de carácter representativo: programas de cooperación internacional, membro do goberno ou órganos de goberno das comunidades autónomas, membro das institucións da Unión Europea ou das organizacións internacionais, cargos electivos de representación política, postos ou cargos directivos en organismos ou entidades instrumentais do sector público, dispensas para a realización de funcións sindicais, participación nos órganos constitucionais ou órganos estatutarios das comunidades autónomas e, en xeral, calquera outra situación similar ás anteriores:

Acreditarase mediante certificación expedida polo órgano, organismo u organización en que conste o período de duración e as funcións desenvolvidas.

Nomeamento e participación na totalidade do proceso como membro dalgún tribunal cualificador de procesos selectivos ou de provisión de postos: acreditarase mediante certificación expedida polo órgano convocante do correspondente proceso de selección ou provisión.

Dous anos de servizos prestados en postos de traballo que, polas súas especiais características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación, amosen dificultades para a realización de actividades formativas: acreditarase mediante certificación expedida polo órgano/unidade competente en materia de persoal de que dependa o devandito posto, no cal deberá constar a circunstancia ou circunstancias que determinan este suposto.

Unha vez validado/s o/os mérito/s e xerada a certificación de méritos validados, as unidades administrativas que a seguir se enumeran remitirán, electronicamente, dentro do prazo dos catro (4) meses contado desde a publicación deste acordo, á Dirección Xeral da Función Pública, a certificación asinada electronicamente e a documentación acreditativa do mérito ou méritos.

A validación e certificación dos méritos alegados para a superación dos criterios de avaliación corresponderá aos seguintes órganos ou unidades en función do destino da persoa funcionaria:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

Artigo 5. Resolución

1. Persoal que cumpre algún dos criterios de avaliación:

Mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública anunciarase no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias de recoñecemento extraordinario do complemento de carreira administrativa do grao I.

Dado que nestas resolucións figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o coñecemento íntegro do acto cada persoa solicitante deberá acceder ao seu expediente a través do Portax, https://portax.xunta.es.

As resolucións estimatorias de recoñecemento extraordinario do grao I terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 2019.

Con carácter mensual, a Dirección Xeral da Función Pública poderá ditar resolución para anunciar no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias a medida que se vaian presentando e resolvendo.

O prazo máximo para a resolución das solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa será de tres (3) meses contados desde a presentación da solicitude. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada.

2. Persoal que non cumpre ningún dos criterios de avaliación:

Calquera solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I que sexa desestimada entenderase, para todos os efectos, como unha solicitude de encadramento no grao inicial do complemento de carreira administrativa, agás no suposto de solicitudes de recoñecemento de persoal non incluído no ámbito de aplicación, que serán desestimatorias.

A resolución desestimatoria do recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa notificarase a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal.

O prazo máximo para a resolución das solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa será de tres (3) meses contados desde a recepción da certificación acreditativa dos méritos. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada.

3. Contra a resolución estimatoria ou desestimatoria do recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sección terceira. Procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do grao I
da carreira profesional para o persoal laboral fixo do convenio colectivo único
da Xunta de Galicia

Artigo 6. Requisitos e ámbito de aplicación

1. Poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal laboral fixo integrado no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de servizo activo no correspondente grupo ou categoría profesional ou desempeñando postos ou cargos no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como atoparse na situación de liberado sindical.

b) Ter a condición de persoal laboral fixo nesta Administración e cunha antigüidade de, polo menos, cinco anos o día 31 de decembro de 2018.

c) Optar de maneira expresa e individualizada por acollerse ao proceso de funcionarización.

d) Cumprir un dos criterios de avaliación establecidos no artigo 2 deste acordo.

2. O persoal que se atope en excedencia forzosa, en excedencia voluntaria por incompatibilidade ou en situación de suspensión do contrato de traballo ou desempeñando un posto nos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma previstos na disposición adicional primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderá acceder a este réxime extraordinario. Nestes supostos, o recoñecemento do grao I do complemento de carreira soamente terá efectos administrativos, agás no suposto da letra a) do punto anterior.

3. O que se atope en excedencia por coidado de familiares prevista no artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, neste suposto o recoñecemento do grao I do complemento de carreira só terá efectos administrativos.

4. Poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal laboral fixo que se atope de permiso por parto; que se atope de permiso por adopción ou acollemento e que se atope de permiso por do outro proxenitor por nacemento, adopción ou acollemento dun fillo, nestes supostos o recoñecemento do grao I do complemento de carreira profesional só terá efectos administrativos.

5. O persoal laboral fixo que, pola descontinuidade dos seus servizos ou a natureza das súas funcións, non resulte posible a súa funcionarización e cumpra algún dos criterios de avaliación, o complemento de carreira substituirase por un complemento equivalente.

Artigo 7. Procedemento

Solicitudes de recoñecemento do grao I do complemento de carreira do persoal laboral fixo.

Deben diferenciarse dous supostos:

a) Persoal laboral con acceso ao Portax, https://portax.xunta.es.

Se cumpre algún dos criterios de avaliación deberá solicitar o recoñecemento extraordinario do grao I, para o que empregará o modelo de solicitude que se habilitará a través do Portax, https://portax.xunta.es. Deberá cubrir todos os datos que aparezan, validalos, confirmalos e presentar a solicitude asinada electronicamente no Portax. Dispoñerá dun prazo de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo.

As persoas que, cumprindo xa algún dos criterios, desexen completar a información que figura no seu expediente persoal, deberán facelo con posterioridade a este procedemento extraordinario, polos trámites ordinarios da actualización da información do expediente persoal.

Se non cumpre ningún dos criterios de avaliación e desexa incorporar novos méritos ao seu expediente para poder acceder ao recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa, a persoa interesada deberá formalizar o impreso de emenda que atopará no Portax, https://portax.xunta.es, e deberá achegar o impreso de emenda e a documentación acreditativa dos méritos que pretenda facer valer. A documentación anterior deberá dirixirse en función do destino da persoa funcionaria:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

A dita documentación deberá presentarse nun prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, nos rexistros xerais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, poderán presentar a devandita documentación electronicamente empregando o procedemento xenérico PR004A desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A.

En canto á forma de acreditación dalgún dos criterios de avaliación observarase o disposto no artigo 4.

Unha vez validado/s o/os mérito/s e xerada a certificación de méritos validados, as unidades administrativas que a seguir se enumeran remitirán electronicamente, dentro do prazo dos catro (4) meses contados desde a publicación deste acordo, á Dirección Xeral da Función Pública, a certificación asinada electronicamente e a documentación acreditativa do mérito ou méritos.

A validación e certificación dos méritos alegados para a superación dos criterios de avaliación corresponderá aos seguintes órganos ou unidades en función do destino da persoa solicitante:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

b) Persoal laboral sen acceso ao Portax https://portax.xunta.es.

O persoal que non teña acceso ao Portax poderá dirixir a súa solicitude ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda. O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen acceder ao recoñecemento extraordinario do grao I do complemento de carreira administrativa na páxina web da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional. Despois de premer sobre a solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos.

A dita solicitude deberá presentarse nun prazo de catro (4) meses a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, nos rexistros xerais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 16, relativos a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou vía telemática a través do portal web corporativo da Xunta de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública remitiralles aos/ás solicitantes un PIN e unha ligazón a unha determinada páxina web. Este envío efectuarase ao teléfono móbil ou correo electrónico sinalado polo/a interesado/a na solicitude.

Mediante o emprego do seu NIF e o PIN recibido, a/o solicitante entrará na páxina web indicada e creará o seu contrasinal. Co seu NIF e o contrasinal creado poderá acceder ao expediente electrónico persoal. Unha vez que acceda ao seu expediente poderá comprobar se reúne ou non algún dos criterios de avaliación, segundo a información que consta no seu expediente electrónico persoal.

Se transcorrido un mes (1) mes desde a presentación da solicitude algún/algunha interesado/a non recibiu o PIN, poderá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública, mediante fax, e solicitar o seu envío con indicación do número do teléfono móbil ou enderezo de correo electrónico. Deberá achegar copia da solicitude en que conste a presentación desta en calquera dos lugares consignados anteriormente.

Se non cumpre ningún dos criterios de avaliación e desexa incorporar novos méritos ao seu expediente para poder acceder ao recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa, deberá formalizar o impreso de emenda que atopará en https://mathrix.xunta.es/neo/; a persoa interesada deberá achegar o impreso de emenda e a documentación acreditativa dos méritos que pretenda facer valer. A documentación anterior deberá dirixirse en función do destino da persoa solicitante:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

A dita documentación deberá presentarse nun prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, nos rexistros xerais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou vía telemática a través do portal web corporativo da Xunta de Galicia.

Así mesmo, poderán presentar a devandita documentación electronicamente empregando o procedemento xenérico PR004A desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A.

En canto á forma de acreditación dalgún dos criterios de avaliación, observarase o disposto no artigo 4.

Unha vez validado/s o/os mérito/s e xerada a certificación de méritos validados, as unidades administrativas que a seguir se enumeran, remitirán electronicamente, dentro do prazo dos catro (4) meses contado desde a publicación deste acordo, á Dirección Xeral da Función Pública a certificación asinada electronicamente e a documentación acreditativa do mérito ou méritos.

A validación e certificación dos méritos alegados para a superación dos criterios de avaliación corresponderá aos seguintes órganos ou unidades en función do destino da persoa solicitante:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

Artigo 8. Resolución

1. Persoal que cumpre algún dos criterios de avaliación:

Mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública anunciarase no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias de recoñecemento extraordinario do complemento de carreira administrativa do grao I.

Dado que nestas resolucións figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o coñecemento íntegro do acto cada persoa solicitante deberá acceder ao seu expediente a través do Portax, https://portax.xunta.es ou https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional.

As resolucións estimatorias de recoñecemento extraordinario do grao I terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 2019.

Con carácter mensual, a Dirección Xeral da Función Pública poderá ditar resolución para anunciar no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias a medida que se vaian presentando e resolvendo.

O prazo máximo para a resolución das solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa será de tres (3) meses contado a presentación da solicitude. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada.

A non presentación da solicitude de participación no correspondente proceso de funcionarización que se convoque ou a non presentación ou a non superación do correspondente proceso de funcionarización implicará o decaemento do encadramento no grao I con todos os seus efectos.

2. Persoal que non cumpre ningún dos criterios de avaliación:

Calquera solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I que sexa desestimada entenderase, para todos os efectos, como unha solicitude de encadramento no grao inicial do complemento de carreira administrativa, agás no suposto de solicitudes de recoñecemento de persoal non incluído no ámbito de aplicación, que serán desestimatorias.

A resolución desestimatoria do recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa notificarase a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal.

O prazo máximo para a resolución das solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa será de tres (3) meses contados desde a recepción da certificación acreditativa dos méritos. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada.

3. Contra a resolución estimatoria ou desestimatoria do recoñecemento extraordinario do grao I da carreira administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cláusula adicional primeira

En relación co persoal incluído na epígrafe segunda do artigo terceiro, as referencias á Dirección Xeral da Función Pública e, se é o caso, á persoa titular da Consellería de Facenda, deberán entenderse como referidas ao órgano competente en materia de persoal da Consellería de Sanidade por corresponderlle a esta consellería o recoñecemento e pagamento do complemento de carreira do dito persoal.

Cláusula adicional segunda

Constitúese unha comisión de seguimento coas funcións de vixilancia, interpretación e control do presente acordo, que estará composta por un membro de cada unha das organizacións sindicais asinantes ou adheridas a este, e un número igual de persoas por parte da Administración. Presidirá a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública ou persoa en que este delegue e será secretario/a un/unha funcionario/a público/a con rango de subdirector/a xeral ou xefe/a de servizo, que actuará con voz pero sen voto.

Cláusula adicional terceira

Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas; esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

O presente acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.