Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17373

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 33/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

De acordo co disposto no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, no presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

As administracións públicas que no exercicio anterior cumprisen os obxectivos de estabilidade orzamentaria, débeda pública e a regra de gasto terán unha taxa de reposición do 100 %. Adicionalmente, poderán dispoñer dunha taxa do 8 % destinada a aqueles ámbitos ou sectores que requiran un reforzo de efectivos, sempre dentro do marco da estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Esta porcentaxe adicional utilizarase preferentemente cando se dea, entre outras, algunha das seguintes circunstancias: establecemento de novos servizos públicos, incremento de actividade estacional pola actividade turística ou alto volume de xubilacións esperadas.

Así mesmo, e segundo dispón o artigo 19.6 da Lei de orzamentos 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, a taxa de reposición dun ou varios sectores ou colectivos prioritarios poderase acumular noutros sectores ou colectivos prioritarios. Igualmente, a taxa de reposición dos sectores non prioritarios poderá acumularse nos sectores prioritarios, sendo o sector sanitario un sector prioritario enumerado como tal no artigo 19, número un.3 do mesmo texto legal.

No ámbito da función pública galega, a taxa de reposición é do 100 % e o número de prazas que se poden convocar na oferta de emprego público do ano 2019 é de 543.

O 8 % destas 543 prazas elévase a 43 prazas que se ceden para seren convocadas no sector sanitario por ser este un sector prioritario e ter unha carencia importante de efectivos que deberán ser repostos canto antes.

Para o cálculo da taxa de reposición acudiuse ao disposto na devandita lei no seu artigo 19.un.7 para efectos de aplicar a porcentaxe máxima, sen se computaren as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e procesos de consolidación para o persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Ademais, no número 9 recóllese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Neste sentido merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

No decreto de oferta para o ano 2019 recóllese unha promoción interna separada para o persoal funcionario dos corpos xerais, da escala superior de finanzas e da escala de inspectoras e inspectores de consumo con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se prevén prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2018.

Nesta oferta recóllese unha consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, de conformidade co previsto na disposición transitoria cuarta do Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que continúa en vigor de acordo coa disposición derrogatoria primeira da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como aos acordos sobre o desenvolvemento da estabilidade no emprego dos servizos públicos e, en concreto, ao Acordo de concertación social do emprego público de Galicia, publicado mediante a Orde do 15 de xaneiro de 2019, inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal incorporando prazas dos servizos de administración e servizos xerais que respondan a necesidades estruturais, estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. As ofertas que articulen estes procesos de estabilización deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2018 a 2020.

Tamén se inclúen nesta oferta prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais. Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan nas relacións de postos de traballo aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para dar cumprimento ao establecido no artigo 28 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, e no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos de consolidación e estabilización que se convoquen faranse polo sistema de concurso-oposición a través dos correspondentes procesos selectivos, que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de acceso libre resérvase unha porcentaxe do 10,30 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 10,30 % indicado realizarase de xeito que o 3,49 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 6,81 % das prazas ofertadas sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco, e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre aprobar a oferta de emprego público para o ano 2019 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas de administración xeral, especial e categorías de persoal laboral e establecer os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto nos parágrafos un, dous tres e cinco do artigo 12 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, así como o artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de marzo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobar a oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como nos parágrafos un, dous, tres e cinco do artigo 12 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2019, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo ao 100 % da taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2019.

2. No anexo II recóllense as prazas que se ofertan relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal de conformidade co previsto no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018. Neste anexo tamén se inclúen as prazas que se ofertan para a consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

3. No anexo III figuran as prazas que se ofertan de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, e no artigo 19.un.7 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

4. No anexo IV inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

5. No anexo V inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que van ser obxecto dun proceso de funcionarización nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

As prazas que figuran nos anexos II e III cubriranse polo sistema de concurso-oposición mediante os correspondentes procesos selectivos, que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Ao persoal que supere estes procesos selectivos adxudicaráselle destino en postos correspondentes a corpos, escalas e categorías de natureza estrutural que se atopen desempeñados por persoal con vinculación temporal.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, convocaranse as prazas que se detallan no anexo IV do presente decreto, para persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición. Estes procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso, e para o persoal funcionario será de aplicación o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Para os corpos de Administración xeral, realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario da Administración xeral, excluídas as escalas, poida promocionarse ao grupo inmediato superior sempre e cando posúan a titulación necesaria, teñan prestados servizos efectivos, durante polo menos dous anos como funcionario/a no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior de administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral, da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

4. Para os funcionarios do corpo de xestión da administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, realizarase unha promoción interna separada para permitir que este persoal funcionario poida promocionarse ao corpo superior da administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como funcionario/a de carreira no corpo de xestión da administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

5. Para os funcionarios do corpo administrativo da administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, realizarase unha promoción interna separada para permitir que este persoal funcionario poida promocionarse ao corpo de xestión da administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo, sempre e cando posúan a titulación necesaria, teñan prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como funcionario/a de carreira no corpo administrativo da administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, reúnan os requisitos exixidos na convocatoria e superen as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

6. Ás persoas aspirantes dos corpos de administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral, e quedan excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, ofertarase na elección de destino unha vacante aberta ao grupo de titulación a que accedeu por promoción interna, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do grupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

7. Aos aspirantes da escala técnica de finanzas que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que poida ser ocupado por un funcionario/a da escala superior de finanzas de acordo coa relación de postos de traballo.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto á escala superior de finanzas, ofertarase na elección de destino unha praza vacante aberta a esa escala.

8. Aos aspirantes da escala de axentes de inspección de consumo que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que poida ser ocupado por un funcionario/a da escala de inspectoras e inspectores de consumo de acordo coa relación de postos de traballo.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto á escala de inspectoras e inspectores de consumo, ofertarase na elección de destino unha praza vacante aberta a esa escala.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cuxa praza vai a ser obxecto dun proceso de funcionarización poderá participar no proceso selectivo de promoción interna, para as prazas que figuran no anexo V do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, sempre que posúan a titulación necesaria e reúnan os restantes requisitos exixidos, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Ao persoal laboral fixo que, en consecuencia deste proceso, adquira a condición de funcionario de carreira, adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo.

Artigo 5. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– A simplificación dos procesos selectivos unificando, cando corresponda, as prazas correspondentes aos anexos I, II e III.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas, faranse públicos os cadros de respostas, na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica), ademais de nos lugares que se estipulen na convocatoria.

E) O funcionamento e actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verifica a infrarepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existiren méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 6. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao 7 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. A reserva do 7 % realizarase de maneira que, polo menos o 2 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

3. Para dar cumprimento ao establecido no número anterior, nesta oferta para acceso libre resérvase unha porcentaxe do 10,30 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 3,49 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 6,81 % para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Nos anexos I, II, III e IV do presente decreto figura a reserva de prazas nos corpos, escalas ou categorías en que as actividades ou funcións son compatibles en maior medida, coa posible existencia dunha discapacidade. O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases das convocatorias.

4. As prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes á dos procesos libres, garantindo, en todo caso, o carácter individual dos procesos. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual realizarase en convocatoria independente.

5. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

6. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

7. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentasen pola cota de reserva supere os exercicios e non obteña praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida polos outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

8. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que quedasen desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos anteriores

Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e ás categorías de persoal laboral relacionadas nos anexos da presente oferta, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2016, 2017 e 2018 que aínda están pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas aplicarase a normativa correspondente á oferta do 2019.

Todas as prazas publicadas, tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta oferta, que aínda están sen convocar de categorías de persoal laboral e que, polo disposto na Lei de emprego público, teñen unha equivalencia nos corpos e escalas de carácter funcionarial, convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que corresponda de persoal funcionario.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de marzo de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijoo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Prazas funcionarios (acceso libre)

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

39

3

42

Escala de letrados (subgrupo A1)

7

1

8

Escala superior de finanzas (subgrupo A1)

1

1

Corpo de xestión (subgrupo A2)

27

2

29

Escala técnica de finanzas (subgrupo A2)

7

1

8

Corpo administrativo (subgrupo C1)

50

5

55

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

90

5

5

100

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

68

5

14

87

Total

289

22

19

330

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría agronómica

10

10

Especialidade de enxeñaría de minas

4

4

Escala de arqueólogos (subgrupo A1)

1

1

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

3

3

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

10

2

12

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade arquivos

2

2

Especialidade bibliotecas

2

2

Escala facultativa servizos sociais (subgrupo A1)

Especialidade pedagoxía

9

9

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade enxeñaría técnica de obras públicas

4

4

Especialidade enxeñaría técnica agrícola

16

4

20

Especialidade enxeñaría técnica minas

1

1

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2)

Especialidade bibliotecas

5

5

Especialidade museos

3

3

Escala de técnicos facultativos servizos sociais (subgrupo A2)

Especialidade traballo social

15

5

20

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala axentes técnicos facultativos servizos sociais (grupo B)

Especialidade animación sociocultural

10

10

Especialidade xardín de infancia

10

10

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliares de clínica (subgrupo C2)

26

4

30

Total

131

15

146

Prazas laborais (*)

Grupo IV. Categoría 35. Auxiliar de arquivos e bibliotecas

8

8

Grupo IV. Categoría 004. Auxiliar coidador/a

40

40

Grupo III. Categoría 063. Oficial/a 1ª condutor/a

19

19

Total

67

67

Total libre

487

37

19

543

(*) Convocaranse polos corpos e escalas de carácter funcionarial que se creen.

ANEXO II

Proceso de estabilización prazas funcionarios (acceso libre)

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

14

2

16

Escala superior de finanzas (subgrupo A1)

3

3

Corpo de xestión (subgrupo A2)

4

4

Escala técnica de finanzas (subgrupo A2)

7

1

8

Corpo administrativo (subgrupo C1)

3

1

4

Escala de axentes de inspección (subgrupo C1)

Especialidade consumo

3

3

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

20

5

25

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

20

5

25

Total xeral

74

14

88

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

6

6

Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

2

2

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade arquivos

2

2

Especialidade bibliotecas

1

1

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros (subgrupo A1)

Especialidade de inglés marítimo

1

1

Escala facultativa servizos sociais (subgrupo A1)

Especialidade pedagoxía

3

3

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade enxeñaría técnica de obras públicas

1

1

Especialidade enxeñaría técnica de minas

2

2

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2)

Especialidade arquivos

1

1

Especialidade bibliotecas

2

2

Especialidade museos

1

1

Escala axentes técnicos facultativos servizos sociais (grupo B)

Especialidade animación sociocultural

1

1

Especialidade xardín de infancia

48

5

53

Proceso de estabilización prazas laboral (acceso libre)

Prazas laboral (*)

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Grupo III. Categoría 004. Gobernante/a servizos domésticos

11

11

Grupo III. Categoría 065. Oficial 1ª cociña

10

10

Grupo III. Categoría 063. Oficial 1ª condutor

19

19

Grupo III. Categoría 069. Oficial servizos técnicos

9

9

Grupo III. Categoría 104. Intérprete linguaxe de signos

29

2

31

Grupo IV. Categoría 005. Oficial 2ª cociña

88

9

97

Grupo IV. Categoría 035. Auxiliar arquivos e bibliotecas

26

1

27

Grupo IV. Categoría 004. Auxiliar coidador/a

260

23

283

Grupo V. Categoría 001. Camareiro/a-limpador/a

140

11

151

Grupo V. Categoría 011. Limpador/a-fregador/a

170

11

181

Total estabilización

907

76

983

(*) Convocaranse polos corpos e escalas de carácter funcionarial que se crean.

ANEXO III

Proceso de consolidación de persoal indefinido non fixo (acceso libre)

Prazas funcionarios

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

1

1

Corpo de xestión (subgrupo A2)

2

2

Corpo administrativo (subgrupo C1)

1

1

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

2

2

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade arquivos

1

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade enxeñaría técnica forestal

1

1

Especialidade enxeñaría técnica agrícola

4

4

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Bombeiro/a forestal condutor de motobomba

1

1

Emisorista de defensa contra incendios forestais

1

1

Total

14

14

Prazas laborais

Grupo III. Categoría 065. Oficial/a 1º cociña

1

1

Grupo IV. Categoría 011. Auxiliar de laboratorio

2

2

Total laborais

3

3

Total prazas consolidación

17

17

ANEXO IV

Promoción interna separada persoal funcionario

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

23

3

26

Escala superior de finanzas (subgrupo A1)

4

1

5

Corpo xestión (subgrupo A2)

62

5

67

Escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2)

2

2

Corpo administrativo (subgrupo C1)

92

8

100

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

25

2

27

Total persoal funcionario

208

19

227

ANEXO V

Promoción interna persoal laboral fixo (p. funcionarización)

Funcionarios

Administración xeral

Quenda xeral

Total prazas

Corpo de xestión (subgrupo A2)

1

1

Corpo administrativo (subgrupo C1)

3

3

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

6

6

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

1

1

Administración especial

Quenda xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala facultativa servizos sociais (subgrupo A1)

Especialidade medicina

20

20

Especialidade pedagoxía

11

11

Especialidade psicoloxía

61

61

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos servizos sociais (subgrupo A2)

Especialidade educadores

106

106

Especialidade enfermaría

86

86

Especialidade fisioterapia

16

16

Especialidade terapia ocupacional

4

4

Especialidade traballo social

87

87

Corpo de técnicos de carácter facultativo

Escala axentes técnicos facultativos servizos sociais (grupo B)

Especialidade xardín de infancia

82

82

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliares de clínica (subgrupo C2)

Especialidade auxiliar de clínica

363

363

Total p. funcionarización

847

847

Total prazas anexos I, II e III

1.543

Total prazas anexos IV e V

1.074

Total prazas OEP 2019

2.617