Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18463

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019 pola que se establece un prazo adicional para a comunicación das prazas correspondentes a escala básica, categoría de policía dos corpos da policía local dos concellos que asinaron convenio coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en materia para a asunción dos procesos selectivos desa categoría.

De acordo co establecido na disposición adicional segunda do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, modificado polo Decreto 20/2019, do 28 de febreiro, e tendo en conta as particularidades propias do proceso de selección na categoría de policía, xunto cos requisitos que as entidades locais teñen que cumprir para poderen delegar a convocatoria das ditas prazas, e ademais a publicación e entrada en vigor do Real decreto 1449/2018, do 14 de decembro, polo que se establece o coeficiente redutor da idade de xubilación a favor dos policías locais que integran a Administración local, fixo que nesta data chegasen peticións de varios concellos en que se solicitaba a adhesión ao convenio e/ou a delegación de prazas para a inclusión na convocatoria deste ano, e tendo en conta o establecido na dita disposición adicional segunda do Decreto 115/2017, considerando que existen causas suficientes e xustificadas e que, ademais, a convocatoria aínda non foi publicada,

En uso das facultades que teño atribuídas

DISPOÑO:

Conceder un prazo adicional, ata o día 17 de abril de 2019, para comunicar as prazas correspondentes a escala básica, categoría de policía dos corpos da policía local dos concellos galegos que asinaron convenio da asunción e desenvolvemento dos procesos selectivos desta categoría.

A Estrada, 5 de abril de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública