Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19698

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e se clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) nº 853/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, establece no punto 1 da epígrafe A do capítulo II que só se poderán recoller moluscos bivalvos vivos en zonas de produción con localización e límites fixos, clasificados pola autoridade competente, como pertencentes á clase A, B ou C consonte o Regulamento (CE) nº 854/2004, do Parlamento e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen as normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

O Regulamento (CE) nº 854/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece na epígrafe A do capítulo II do anexo II as condicións para a clasificación das zonas de produción e reinstalación de moluscos bivalvos vivos.

A localización e os límites das zonas de produción e de reinstalación clasificadas correspóndelle á Consellería do Mar.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia foi modificada pola Orde do 19 de xullo de 2010 como consecuencia dunha profunda revisión dos resultados das análises e controis efectuados nas diferentes zonas de produción e, posteriormente, polas ordes do 14 de marzo de 2011, do 6 de xullo de 2011, do 28 de xullo de 2011, do 23 de novembro de 2011, do 8 de marzo de 2012, do 5 de outubro de 2012, do 24 de abril de 2013, do 24 de xullo de 2015, do 28 de outubro de 2015 e do 24 de novembro de 2016. Os controis para garantir a idoneidade dos produtos extraídos delas son realizados pola Consellería do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O artigo 6 da Orde do 8 de setembro de 2006 establece que, cando as análises e os controis efectuados nas zonas de produción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de todos os parámetros exixidos durante os períodos establecidos, a Consellería do Mar procederá a revisar a clasificación da devandita zona. Igualmente, poderá establecer novas zonas ou subzonas de produción, se comproba que as medidas de mellora establecidas provocan a redución da contaminación ou ben que novos impactos provoquen un aumento desta, e as análises realizadas en distintas áreas desa zona de produción presentan niveis de Escherichia coli que permitan establecer novas clasificacións dentro da zona de produción.

Nos resultados dos controis realizados nas distintas zonas de produción detectouse que hai niveis de E. coli que ofrecen resultados diferentes dos que determinaron a clasificación e a delimitación das zonas establecidas no anexo I e representadas nos mapas do anexo II da Orde do 8 de setembro de 2006 e posteriores ordes de modificacións, no que respecta aos GAL 03 e GAL 07.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificar a Orde do 8 de setembro de 2006, pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, tal como segue:

Un. O anexo I (moluscos bivalvos), no que se refire aos límites e á clasificación da zona de produción GAL 03/08-1 As Pías externa, GAL 03/08-2 As Pías interna (agás A Gándara) e GAL 07/04 Parte interna da ría de Corcubión, queda redactado do seguinte xeito:

Área de produción

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 03/08-1

As Pías externa

Zona delimitada entre a liña imaxinaria que une o peirao da praia de Caranza co peirao de Astano e a liña que une a punta do Montón coa punta das Pías.

(564785, 4814340)

(565366, 4814083)

(565530, 4814867)

(566044, 4814305)

C

Provisional

GAL 03/08-2

As Pías interna (agás A Gándara)

Zona delimitada entre a liña imaxinaria que une a punta do Montón coa punta das Pías e a liña de costa, agás A Gándara.

(565530, 4814867)

(566044, 4814305)

B

Estable

GAL 03/08-3

A Gándara

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Comida co punto de conexión a terra do dique da ponte das Pías, no extremo oeste e a liña de costa.

(566723, 4816250)

(565315, 4815278)

C

Provisional

GAL 07/04-1

Parte interna da ría de Corcubión (agás as praias de Cee e de Corcubión)

Zona delimitada pola liña imaxinaria que une o extremo sur do peirao de Corcubión coa punta da Barra de Brens e a liña de costa, agás as praias de Cee e de Corcubión.

(484660, 4754823)

(485922, 4754607)

B

Estable

GAL 07/04-2

Praia Cee

Zona delimitada pola liña imaxinaria que une o extremo leste do paseo peonil da praia de Cee e a punta do Pino e a liña de costa.

(484797, 4755631)

(484477, 4755302)

C

Estable

GAL 07/04-3

Praia Corcubión

Zona delimitada pola liña imaxinaria que une o extremo norte do peirao de Corcubión coa punta do Pino e a liña de costa.

(484641, 4754943)

(484477, 4755302)

C

Estable

Dous. O anexo II, no que se refire aos mapas para as zonas de produción GAL 03/08-1, GAL 03/08-2, GAL 03/08-3, GAL 07/04-1, GAL 07/04-2 e GAL 07/04-3, queda tal e como se indica nos mapas que se xuntan a esta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO

missing image file