Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñais en man común dos montes Casal e outros a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Budiño, do concello do Porriño (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar con data 26 de marzo de 2019, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes denominados Casal e outros, solicitada a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Budiño, na parroquia de San Salvador de Budiño, do concello do Porriño (Pontevedra), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data de entrada do 29.7.2014, José Luis Martínez Rodríguez, en condición de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de San Salvador de Budiño, pertencente ao concello do Porriño, presenta unha solicitude de iniciación de clasificación dos montes Casal e outros, cun total de 13 parcelas, xunto con informe pericial.

O 18.8.2014 o Servizo de Montes indica á secretaria do Xurado de Montes que a planimetría presentada é suficiente e que algunhas parcelas solicitadas afectan outras parcelas catastrais. Sobre a clasificación anterior infórmase que, segundo o esbozo da carpeta ficha, as parcelas A Lagoa e Tomadiñas están incluídas na parcela Gándaras de Prado xa clasificada, a parcela Pozo Negro ten clasificado o 40 % da superficie na citada parcela Gándaras de Prado e a parcela Trapa ten incluído o 40 % da superficie na parcela Trapa xa clasificada. As demais parcelas non están clasificadas.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, na súa sesión do 30.6.2015, incoar o correspondente expediente de clasificación dos montes Casal e outros solicitados pola Comunidade de Montes de Budiño.

O 3.2.2016 o Servizo de Montes remite o informe preceptivo, onde indica que a maioría das parcelas teñen un uso social ou recreativo para uso dos veciños e co mantemento realizado pola Comunidade de Montes.

O 23.1.2017 emite nota informativa o Rexistro da Propiedade de Tui, na cal se fai constar que non figura inscrita ningunha das parcelas coa descrición achegada.

O 14.2.2017 solicítase ao rexistrador da Propiedade de Tui a inscrición preventiva das parcelas obxecto do expediente, cumpríndose o requirido con data do 10 de marzo.

O Diario Oficial de Galicia do 28.2.2017 publica o anuncio do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra que notifica o inicio da tramitación do expediente e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Segundo. Durante o trámite de audiencia, o Concello do Porriño remite notificación da alcaldesa de ter sido realizada a exposición pública do edicto de incoación do expediente de clasificación das ditas parcelas sen que se teña producido ningunha alegación.

Terceiro. Á vista da documentación achegada pola Comunidade de Montes de Budiño e do informe do Servizo de Montes, as parcelas obxecto do presente expediente teñen a seguinte descrición:

Concello: O Porriño.

Parroquia: San Salvador de Budiño.

1. Nome do monte: Casal.

Cabida: 11.174,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Rocas Europea de Construcción, S.A. e Estrellas Romero Caballero.

Sur: Centro Tecnológico de Automoción de Galicia.

Leste: María Luisa Pérez Páramos, Estrellas Romero Caballero e estrada.

Oeste: zona deportiva do Polígono Industrial da Granxa.

2. Nome do monte: A Lagoa.

Cabida: 13.907,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Xial, S.A.

Sur: José Besada González, Aníbal Represas Castro, Bárbara Oliveira Besada, Carmen González Rodríguez e Feliciano Besada González.

Leste: camiño público, Severino Guisande González e Hortensio Guisande López.

Oeste: camiño.

3. Nome do monte: Pozo Negro ou Gándaras de Prado.

Cabida: 10.168,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada, M. Josefa Fernández Fernández e Jesusa Alonso Pereiro.

Sur: José Pérez González e outros.

Leste: camiño.

Oeste: estrada, M. Josefa Fernández Fernández.

4. Nome do monte: Picouzo.

Cabida: 1.025,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: estrada.

Leste: estrada.

Oeste: Cristina Correa Sanjuán, Sonia Correa Sanjuán.

5. Nome do monte: Trapa.

Cabida: 21.384,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Casilda Estévez Pérez e outros.

Sur: estrada.

Leste: Manuel Alonso Domínguez e outros.

Oeste: Ignacio Cabaleiro Fernández e estrada.

6. Nome do monte: Cerquido ou Torreiro do Cerquido.

Cabida: 5.135,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño e Antonio Toucedo Gómez.

Sur: Baldomero Fernández Castiñeira.

Leste: Manuel Estévez Besada e outros, e camiño.

Oeste: camiño público.

7. Nome do monte: Cruz.

Cabida: 1.134,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: estrada.

Leste: camiño.

Oeste: Hermosinda Alonso Vila e outros.

8. Nome do monte: Gándaras de Prado ou Reloas.

Cabida: 11.685,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: Grupimar, S.A.

Leste: camiño público.

Oeste: estrada.

9. Nome do monte: Muíño do Vento ou Moreiras.

Cabida: 10.309,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: camiño.

Leste: Amador Fernández Pérez e outros.

Oeste: Concepción Pérez Besada e outros.

10. Nome do monte: Picouzo.

Cabida: 724,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: estrada.

Leste: Ángel Vila Lemos.

Oeste: estrada.

11. Nome do monte: Coto de Labradelas ou Fonteiriñas.

Cabida: 1.490,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: José Domínguez Amil e outros.

Sur: estrada.

Leste: José Domínguez Amil.

Oeste: estrada.

12. Nome do monte: Tomadiñas ou Gándaras de Prado.

Cabida: 1.267,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: Primitivo Guisande Alonso.

Leste: estrada.

Oeste: estrada.

13. Nome do monte: A Brava ou Trapa.

Cabida: 13.983,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: descoñecido.

Sur: José Pérez Alonso e outros.

Leste: liña do termo municipal entre Porriño e Salceda de Caselas.

Oeste: camiño.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segunda. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro: «Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de maneira consuetudinaria en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, na vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

A isto debe engadirse, como ben sinala para casos análogos o Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en sentenza do 29 de xuño de 2009:

«A función do Xurado Provincial é a de comprobar a existencia ou non dun aproveitamento consuetudinario comunal nos termos indicados no artigo 1 da Lei 13/1989, o cal exclúe do seu exame cuestións de propiedade, reservadas á xurisdición ordinaria e que non obstan á clasificación do monte veciñal en man común.

Tampouco é obstáculo para tal fin que o monte figure incluído, a nome doutras persoas ou entidades, en catálogos, inventarios ou rexistros públicos, salvo que a dita inclusión sexa consecuencia dunha sentenza ditada en xuízo declarativo (Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 8 de maio de 2008), onde se reproduce con claridade a doutrina do Tribunal Supremo que define como única razón válida para a clasificación a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes por parte dos veciños de maneira mancomunada, sen que fronte a este estado posesorio dos aproveitamentos do monte, non necesariamente forestais, poidan prevalecer os actos de disposición deles sequera tivesen acceso ao Rexistro da Propiedade...».

Sobre os tipos de aproveitamento, este debe entenderse en sentido amplo no referido aos usos posibles, que poden ser varios e distintos en cada momento e parcela. A xurisprudencia establecida así o aclara. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da Sala do Contencioso-Administrativo, en sentenza número 1239/2002, establece que:

«...a Lei 13/89 di que os montes veciñais o son con independencia das súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria. Por iso, o feito de que o uso actual principal da parcela litixiosa non sexa agrícola, forestal ou gandeiro, senón recreativo, non é obstáculo para a súa clasificación como monte veciñal...».

E a doutrina emanada do Tribunal Supremo a través da súa Sala do Contencioso-Administrativo é clara cando xa en Sentenza do 22 de febreiro de 1988 establece que «a Abogacía do Estado presenta, como primeira causa de oposición, o de aplicar o concepto de monte aos terreos que se reclaman como veciñais, cuestión esta que non pode resolverse ante os conceptos que se explican nas disposicións legais, por canto se observa que tanto a Lei de montes como o seu regulamento, ou as leis de montes veciñais en man común de 1968 ou a vixente de 1980 atenden no sentido primordial ao aproveitamento forestal, respondendo a unha política anexa de protección do monte e ao cultivador desde o punto de vista da repoboación forestal, criterio este que, en relación co ámbito específico do monte veciñal en man común, característico de Galicia, se superou pola xurisprudencia en atención ás súas características consuetudinarias, no sentido de estimar que o monte non só podería ter unha finalidade forestal...; dedúcese diso que ese criterio xurisprudencial o aplicaron os xurados provinciais cun sentido amplo, atendendo á explotación e ao aproveitamento polo común dos veciños e interpretando a lei conforme indica o Código civil no seu artigo 3, en atención ás circunstancias de tempo e lugar».

Terceira. Sobre o uso actual, a Comunidade de Montes de Budiño presentou un informe pericial cunha reportaxe fotográfica na cal se aprecia que a maioría das parcelas teñen uso social, cultural e/ou deportivo: parques con mesas, zonas de lecer, campos deportivos, centros sociais, etc. A construción destes equipamentos realizouna a comunidade de montes, que tamén realiza o mantemento actual deles. O informe preceptivo do Servizo de Montes ratifica esta situación con expresións como que «...a roza e o mantemento do predio corre a cargo da comunidade de montes...», ou que «...o mantemento da parcela e as súas instalacións o realiza a comunidade de montes...».

O Concello do Porriño non presentou alegacións á clasificación das parcelas, malia ter solicitado e recibido copia do expediente, o que supón implicitamente o recoñecemento do carácter veciñal por parte do concello dos terreos obxecto do expediente.

Polo exposto, dedúcese que nos terreos que se pretenden clasificar existe unha utilización periódica veciñal nos termos aplicables do artigo 1 da Lei 13/1989 por parte da CMVMC de San Salvador de Budiño.

Cuarta. As parcelas números 2 (A Lagoa) e 12 (Tomadiñas ou Gándaras de Prado) deben ser excluídas do expediente por estar xa clasificadas, ao formar parte do monte xa clasificado coa denominación de Gándaras de Prado. As parcelas números 3 (Pozo Negro) e 5 (Trapa) teñen un 40 % da súa superficie xa clasificada por estar incluídas nas parcelas xa clasificadas de Gándaras de Prado e Trapa, respectivamente, pero dadas as imprecisións observadas nos esbozos das carpetas ficha, a prudencia aconsella clasificalas na súa totalidade sen menoscabo de que un deslindamento posterior destas parcelas estableza a súa configuración final. A parcela número 5 (Trapa) debe ser clasificada en dúas parcelas para excluír unha vía asfaltada que a atravesa.

Finalmente, e dado que xa hai clasificados a favor da Comunidade de Montes de San Salvador de Budiño uns montes denominados Gándara de Prado e Trapa, para evitar a confusión de parcelas co mesmo nome, considérase necesario renomear as parcelas 3 (Pozo Negro ou Gándaras de Prado), 5 (Trapa), 8 (Gándaras de Prado ou Reloas) e 13 (A Brava ou Trapa) como Pozo Negro, Trapa 2, Reloas e A Brava, respectivamente. Do mesmo xeito e dado que as parcelas 4 e 10 reciben o mesmo nome (Picouzo), renoméanse como Picouzo 1 e 2, respectivamente.

En consecuencia, vistos os feitos mencionados, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros

ACORDA:

Clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas Casal, Pozo Negro, Picouzo 1, Trapa 2, Cerquido ou Torreiro do Cerquido, Cruz, Reloas, Muíño do Vento ou Moreiras, Picouzo 2, Coto de Labradelas ou Fonteiriñas e A Brava, a favor dos veciños da CMVMC de San Salvador de Budiño, do Concello do Porriño (Pontevedra), de acordo coa descrición reflectida no feito terceiro e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes que forma parte inseparable da presente resolución, e non clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas A Lagoa e Tomadiñas por estar xa clasificadas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de abril de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra