Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38688

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de agosto de 2019 pola que se acorda a aprobación inicial e se somete a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

Mediante Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 20 de maio de 2013, publicada no DOG nº 114, do 17 de xuño, faise pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, aprobado mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 11.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a citada resolución do Consello da Xunta no punto dous da parte dispositiva declara «a utilidade pública e interese social para efectos expropiatorios do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas para Retegal».

De conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.

Actúa como Administración expropiante a Consellería de Facenda e Retegal como beneficiario da expropiación por Resolución do 11 de maio de 2018, da Consellería de Facenda, coas consecuencia legais derivadas destas posicións xurídicas.

Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 7/2015, do 30 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Tratándose dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase, polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co disposto no artigo 118 e concordantes da Lei do solo de Galicia.

Tratándose dunha expropiación forzosa sobre terreos pertencentes a montes veciñais en man común, a Consellería do Medio Rural, o 8 de abril de 2019, emitiu informe favorable sobre a declaración de prevalencia da utilidade pública en terreos de Cacharrequille, no concello de Xunqueira de Espadanedo e Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras, no concello de Montederramo (Ourense), sobre unha superficie de 6.603 m2, dos que 2.110 m2 pertencen á CMVMC de Cacharrequille, propietaria do monte de Cacharrequille, no concello de Xunqueira de Espadanedo e 4.493 m2 á CMVMC Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras, titular do monte Cabeza de Meda, Pedroso, Cabezo, Devesa e Outeiro de Ratoeiras, no concello de Montederramo, para as obras do proxecto de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal en Cabeza de Meda.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento aos propietarios afectados e ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2015, artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 291 a 293 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. De conformidade co anterior,

RESOLVO:

1. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo, Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

2. De conformidade co previsto no artigo 118 e concordantes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de 1 mes o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a adquisición de terreos necesarios para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo, Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A. para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación na provincia e na páxina web da Consellería de Facenda http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/expropiacions.

3. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente aos que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular as alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

4. Durante o prazo previsto no punto segundo o expediente estará exposto á disposición dos interesados nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo (Ourense) e na Subdirección Xeral de Patrimonio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda en Santiago de Compostela (sita na rúa Pastoriza, 8, 2º). Durante este prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, mediante escrito dirixido á Subdirección Xeral de Patrimonio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda en Santiago de Compostela e presentado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou nos lugares establecidos no artigo 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Nº de

predio

Nº catastro

Titular

DNI/NIF

Superficie afectada

(m2)

Afección

Pol.

Parc.

1

1

559

CMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

-

3.746,00

Expropiación

2

40

4

CMVMC de Cacharrequille

***2507*

2.110,00

Expropiación

(*) 3

1

559

CMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

-

469,00

Servidume de paso

4

1

559

CMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

-

278,00

Servidume de paso

(*) Figura erroneamente, parte do predio, no termo municipal de Xunqueira de Espadanedo.