Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39102

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 101/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

O artigo 149.1.23 da Constitución española atribúe competencia exclusiva ao Estado para aprobar a lexislación básica sobre protección do ambiente, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección. Así mesmo, o seu artigo 148.1.9 dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección do ambiente.

O artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia para aprobar normas adicionais sobre a protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, sinala no seu artigo 31: «Os parques son áreas naturais que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou da súa diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos cuxa conservación merece unha atención preferente».

Na Comunidade Autónoma de Galicia aprobouse a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que ten entre os seus obxectivos a protección, restauración e mellora dos recursos naturais e a adecuada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre. Nesta lei tamén aparece a figura de parque natural entre as categorías de espazos naturais protexidos.

Este espazo declarouse como parque natural mediante o Decreto 157/2002, do 4 de abril.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra dispón dun plan de ordenación dos recursos naturais aprobado polo Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, que recolle no seu articulado a necesidade de que o Plan reitor de uso e xestión o desenvolva mediante programas básicos de actuación sectorial e que se elaborará segundo o disposto da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 4/1989, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre (norma derrogada pola Lei 42/2007, do 13 de decembro).

Pola súa banda, o artigo 31 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, enumera os distintos instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos e establece que nos parques a xestión se levará a cabo mediante plans reitores de uso e xestión. En consecuencia e mediante esta disposición, procede aprobar o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, como instrumento específico de xestión do parque natural.

En canto ao procedemento de elaboración deste decreto por medio do anuncio do 14 de marzo de 2018, foi sometido á participación do público conforme o establecido no artigo 16 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso ao ambiente.

Conforme o establecido no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, previamente á aprobación do Plan reitor de uso e xestión, o día 26 de setembro de 2018 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 184 o Anuncio do 19 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de patrimonio natural, polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

Con posterioridade ao trámite de información pública solicitáronse os informes sectoriais preceptivos nos termos establecidos nos artigos 41 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Igualmente incorporáronse ao expediente os informes emitidos pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e pola Xunta Consultiva do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

Polo exposto e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xullo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra

1. Dáse nova redacción ao número 5. «Zonificación» do anexo I do Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra, que queda redactado nos seguinte termos:

«5. Zonificación.

En función do estado de conservación dos recursos naturais e da presenza e fraxilidade de elementos físicos e bióticos singulares, os terreos incluídos no ámbito do plan clasifícanse en catro categorías: zona de reserva, zona de uso limitado, zona de uso compatible e zona de uso xeral, segundo se recolle no plano que figura como anexo II.

5.1. Zona de reserva: son aquelas áreas que requieren un alto grao de protección por albergaren os maiores valores naturales, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

5.2. Zona de uso limitado: está constituída por áreas que presentan un elevado grao de naturalidade e que poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental e á contemplación da natureza de forma controlada. Garantirase a conservación íntegra dos seus recursos e valores ao mesmo tempo que se permitirán determinados aproveitamentos primarios.

5.3. Zona de uso compatible: esta categoría inclúe os terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportaron un maior grao de humanización, ou ben presentan boa capacidade para soportaren un uso público máis intenso. Nestas zonas permitirase a práctica de usos agropecuarios e aproveitamentos tradicionais.

5.4. Zona de uso xeral: son aquelas áreas que presentan menor calidade dentro do espazo natural protexido. Podrán utilizarse para a localización de instalacións de uso público».

2. Todas as referencias contidas no Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, relativas á «zona de uso restrinxido» e á «zona de uso moderado», entenderanse referidas á «zona de uso limitado» e á «zona de uso compatible», respectivamente.

Artigo 2. Aprobación do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

1. Apróbase o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

2. No anexo I deste decreto recóllese o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

3. No anexo II deste decreto recóllese a cartografía correspondente ao Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

4. A consellería con competencias en materia de conservación da natureza deberá garantir o acceso permanente na súa web á información contida no plan, incluída a cartografía, e manter actualizada a dita información cando se produzan modificacións ou revisións.

Artigo 3. Réxime de infraccións e sancións

O réxime sancionador aplicable será o recollido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade e, con carácter complementario, o establecido no título III das infraccións e sancións da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Habilítase a persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza para aprobar mediante orde, no ámbito das súas competencias, as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

As ditas ordes respectarán o establecido no título III da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

Disposición derradeira segunda. Vixencia

As presentes medidas de conservación e xestión previstas no Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra terán unha vixencia de seis anos, sen prexuízo da posible actualización conforme o estado da ciencia e da técnica, e sen prexuízo da aplicación das medidas de seguimento que correspondan.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Índice

1. Memoria.

2. Obxectivos operativos e de xestión.

3. Zonificación.

4. Medidas de xestión.

5. Plan de xestión de emerxencias.

6. Programa de actuacións.

7. Estimación económica.

8. Sistema de seguimento e avaliación.

9. Organización administrativa.

10. Avaliación ambiental do Plan reitor de uso e xestión.

11. Efectos e alcance do plan.

1. Memoria.

1.1. Exposición de motivos.

O artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia (BOE núm. 101, do 28 de abril) faculta a Xunta de Galicia para levar a cabo aquelas accións que considere necesarias para a protección, conservación e mellora dos espazos naturais e das especies e elementos singulares de fauna e flora de Galicia que polo seu valor e interese científico, paisaxístico, cultural ou histórico requiran dunha especial atención.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu título I, define con carácter xeral os espazos naturais que deben ser considerados dignos dunha protección especial e regula o seu procedemento de declaración dispoñendo un réxime xeral de protección e previndo a posibilidade de establecer réximes de protección preventiva. Entre as oito categorías de espazos naturais protexidos que establece a Lei 9/2001, do 21 de agosto, inclúese a figura de parque natural.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, establece no seu artigo 31 que os plans reitores de uso e xestión (PRUX) se configuran como instrumentos de xestión dos parques naturais da Rede galega de espazos protexidos, e que de acordo co artigo 33 o seu contido deberá desenvolver as directrices emanadas do plan de ordenación dos recursos naturais, o cal no caso do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra se aprobaba mediante o Decreto 77/2002, do 28 de febreiro (DOG núm. 55, do 18 de marzo).

As serras de Rubiá foron declaradas espazo natural en réxime de protección xeral pola Orde do 9 de novembro de 1998.

O Decreto 157/2002, do 4 de abril, de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (DOG núm. 85, do 3 de maio), establece un réxime xurídico especial para o espazo denominado Serra da Enciña da Lastra mediante a súa declaración como parque natural, de acordo co establecido nos artigos 12 e concordantes da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

O territorio delimitado polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra intégrase dentro do lugar de importancia comunitaria denominado Serra da Enciña da Lastra (Decisión 2006/613/CE da Comisión, do 19 de xullo de 2006, pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea, DOUE L 259, do 21 de setembro de 2006), da zona de especial protección dos valores naturais Serra da Enciña da Lastra e da zona de especial protección para as aves (ambas no Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG núm. 69, do 12 de abril).

En consecuencia, o presente PRUX elabórase cumprindo os requisitos establecidos pola normativa autonómica (Lei 9/2001) e a normativa estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015). Os efectos do presente plan terán o alcance que establezan as súas propias normas de aplicación e será obrigatorio e executivo nas materias que aparezan reguladas na Lei 9/2001, do 21 de agosto, e as súas disposicións prevalecerán sobre o plan urbanístico e ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarana de oficio.

Así mesmo, debido á inclusión na Rede Natura 2000, a redacción do PRUX articúlase en coherencia co Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014) co fin de evitar que se produzan alteracións ou deterioracións significativas sobre a integridade do lugar e dos espazos protexidos Natura 2000 e manter nun estado de conservación favorable os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna establecidas nos anexos II, IV e V da DC 92/43/CEE e no anexo I da DC 2009/147/CEE.

A articulación das medidas de xestión require, de acordo coa DC 92/43/CEE, a realización dun plan de xestión específico (Plan elaborado para toda a Rede Natura 2000 no ano 2014; Plan director da Rede Natura 2000) para os lugares da Rede Natura 2000, así como o establecemento de medidas regulamentarias e administrativas acordes coas exixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats e especies de interese para a conservación e, especialmente, as establecidas nos anexos da DC 92/43/CEE e da DC 2009/147/CEE.

1.2. Situación xeográfica.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra está incluído integramente no Concello de Rubiá e situado no partido xudicial do Barco de Valdeorras. Localízase no nordés da provincia de Ourense, Comunidade Autónoma de Galicia, en posición limítrofe co Bierzo, Comunidade Autónoma de Castillal y León (plano 1: Localización, anexo II).

O parque comprende, de acordo coa limitación establecida no Decreto 157/2002, do 4 de abril, unha superficie de 3.151,67 ha.

Os seus límites son os que figuran no Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra:

– Norte: desde a intersección da estrada OU-622 co límite da provincia de León, seguindo polo límite provincial, ata a intersección coa vía do ferrocarril na ponte do Estreito.

– Leste: desde a intersección do límite provincial coa vía do ferrocarril na ponte do Estreito, seguindo polo límite coa provincia de León, ata o punto en que cruza a liña perpendicular que parte desde a boca sur do túnel polo que discorre a pista pola que se accede á presa de Penarrubia.

– Sur: desde este punto segue en liña recta ata a boca do túnel, seguindo pola pista en dirección sur ata a intersección co primeiro regacho que discorre de dereita a esquerda, polo que sobe ata a estrada que dá acceso a Pardollán e Vilardesilva. Continúa pola estrada ata o punto en que cruza a curva de nivel de 510 m, desde onde segue en dirección norte cruzando o regacho Pardollán ata o punto de intersección da estrada coa curva de nivel de 540 m, seguindo por esta última en dirección oeste ata o primeiro regacho que a cruza, polo que sobe ata a cota 695 m. Desde este punto segue pola pista forestal que discorre en dirección oeste ata o segundo regacho que a cruza; polo que sobe ata o alto de cota 803,65 m. Desde este alto, segue descendendo pola ladeira en liña recta en dirección oeste ata alcanzar a cota 775 m na valgada, de onde parte unha pista forestal con dirección oeste pola que segue ata que dobra cara ao sur para subir por un regacho ata alcanzar unha devasa. Desde este punto segue cara ao oeste por esa devasa ata o alto de Poleares, para continuar pola devasa que descende na dirección noroeste ata que esta finaliza, seguindo en liña recta ata alcanzar a estrada que vai ao Castelo. Segue por esta estrada en dirección ao Castelo ata alcanzar unha pista que parte á dereita, pola que segue subindo unha valgada ata alcanzar o alto de cota 603,62 m. Desde este alto, segue cara ao suroeste baixando pola divisoria ata o río Galir. Continúa ascendendo polo curso do río Galir a unha distancia de 5 m da marxe dereita do río ata a confluencia pola marxe esquerda cun regacho pouco antes de cruzar a estrada OU-621 nos arredores de Oulego.

– Oeste: desde o punto en que conflúen ambos os cursos fluviais segue o mencionado regacho ata onde nace nas proximidades da estrada OU-622, para seguir por esta ata o límite coa provincia de León.

Mediante a Orde do 9 de novembro de 1998 (DOG núm. 224, do 18 de novembro), declárase provisionalmente ás serras de Rubiá como espazo natural en réxime de protección xeral, en virtude do Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural en réxime de protección xeral.

Posteriormente, o Decreto 157/2001, do 4 de abril, de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (DOG núm. 85, do 3 de maio de 2002), establece un réxime xurídico especial de protección, mediante a súa declaración como parque natural.

En data do 11 de marzo do ano 1999 o Consello da Xunta de Galicia aprobou unha relación de lugares como de importancia comunitaria e propúxoos para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, de acordo co disposto do Real decreto 1997/1995. A dita proposta aparece recollida na Orde da Consellería de Medio Ambiente do 28 de outubro de 1999 (DOG núm. 216, do 9 de novembro), no cal figuran, como espazo de interese para a súa conservación, as serras de Rubiá. A Xunta de Galicia outorgou en 1999 temporalmente a estes lugares a condición de espazo natural en réxime de protección xeral, ENRPX (DOG núm. 216, do 9 de novembro de 1999, e corrección de erros incluída no DOG núm. 242, do 17 de decembro).

Tras varias propostas no ano 2004, a Xunta de Galicia efectúa unha última modificación dos lugares de importancia comunitaria (LIC), que adquiren definitivamente o estatus de protección mediante o Decreto autonómico 72/2004 (DOG núm. 69, do 12 de abril), onde se constitúen como espazos naturais protexidos, e en coherencia co disposto na Lei 9/2001, na categoría de zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN). Mediante a Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG núm. 95, do 19 de maio), publícanse os límites dos diversos espazos considerados como ZEPVN, entre os cales figuran os espazos naturais protexidos LIC Serra da Enciña da Lastra (ES1130009) e ZEPA Serra da Enciña da Lastra (ES1130009). Finalmente, ao abeiro da DC 92/43/CEE, os LIC pasan a ter consideración de zonas de especial conservación (ZEC) mediante a aprobación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia mediante o Decreto 37/2014, do 27 de marzo (DOG núm. 62, do 31 de marzo de 2014) (plano 2: Figuras de protección, anexo II).

Cabe destacar, ademais, que os espazos integrantes da Rede Natura 2000 teñen a condición de espazo protexido Natura 2000 ao abeiro da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

Mediante decreto da Xunta de Galicia e por proposta do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, aplicaranse os obxectivos, directrices e normativas ás áreas que resulten da ampliación do espazo. O devandito procedemento incluirá a identificación e a xeorreferenciación dos compoñentes do patrimonio natural, biodiversidade e xeodiversidade da ampliación, así como o establecemento dunha zonificación acorde coas categorías establecidas no presente plan. De ser necesario, poderá elaborarse unha normativa de carácter específico para as referidas áreas de ampliación do espazo protexido.

1.3. Ámbito de aplicación do PRUX.

O presente plan desenvolve as directrices emanadas polo Plan de ordenación dos recursos naturais de Serra da Enciña da Lastra (Decreto 77/2002), establecendo para o devandito ámbito as previsións de actuación do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

1.4. Alcance e efectos.

O presente plan prevalecerá sobre a planificación urbanística e a ordenación do territorio. Se as súas determinacións foren incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, esta será revisada de oficio polos órganos competentes.

Os obxectivos, directrices e normativas do presente plan aplicaranse ao Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, cuxos límites físicos se recollen na cartografía achegada no presente plan, e que foron establecidos no Decreto 77/2002, polo que se declara o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

1.5. Diagnose. Prognóstico e potencialidades.

Coa recompilación de información da primeira etapa e a análise minuciosa de todos os datos establecerase un diagnóstico ou situación actual do parque, identificando as fortalezas e oportunidades pero tamén as debilidades e ameazas. O diagnóstico basearase no realizado no Plan de ordenación de recursos naturais do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, pero, dado o amplo lapso temporal desde a súa aprobación, é necesaria a súa actualización.

1.5.1. Clima.

Segundo os datos proporcionados polo servizo meteorolóxico da Xunta de Galicia Meteogalicia, dentro dos límites do parque natural non existe estación meteorolóxica; utilízanse para o estudo da climatoloxía os datos da estación das Petarelas, situada no mesmo concello. Instalada no ano 2005, ten un rexistro de máis de 10 anos (período preciso para unha correcta caracterización climática dun territorio segundo Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, 2007).

A partir dos datos proporcionados pola devandita estación pódese destacar que as temperaturas medias anuais no parque natural se sitúan ao redor dos 12 ºC, con xaneiro como o mes máis frío e os meses estivais (xullo e agosto) os máis cálidos. Mostran claramente unha distribución típica das temperaturas na rexión, sen alcanzar grandes temperaturas e cunha importante variación estacional. Rexístranse unha media de 33 días de xeada ao ano, que, salvo os meses correspondentes ao período estival (de xuño a setembro), é habitual que se produzan.

A media da precipitación total anual rolda os 750 mm e chove unha media de 138 días ao ano. De forma xeral, o máximo pluviométrico prodúcese no inverno, con xaneiro e febreiro como os meses máis chuviosos; mentres que as precipitacións mínimas teñen lugar nos meses de xullo e agosto. Este descenso da choiva no verán é o responsable de que teña lugar un período de seca estival, con ETP superior á dispoñibilidade hídrica, o que vén confirmar que nos meses de verán existe escasa dispoñibilidade de auga. Este episodio de seca acábase traducindo nun factor limitador para a fisiografía de numerosas especies vexetais, proceso que se pode complicar por efecto da exposición, posición topográfica e factores edafolóxicos. Pola súa banda, o número medio de horas de sol ao ano é elevado (2.420 horas).

Estación meteorolóxica das Petarelas

 

 

 

Ano

 

2005

Tipo de estación

 

Automática

Altitude

 

577 m

Latitude

 

670.351

Lonxitude

 

4.703.493

 

 

 

Tª media

 

12,84 ºC

Tª máx. media

 

19,64 ºC

Tª min. media

 

7,24 ºC

Tª máx. absoluta

 

37,93 ºC

Tª min. absoluta

 

-5,37 ºC

Días xeada

 

33 días

Humidade relativa

 

67,81 %

Precipitación

 

742 mm

Días de choiva

 

138 días

Horas de sol

 

2.420 horas

[Ano]: ano de instalación da estación. [Altitude]: altitude da estación (metros). [Latitude]: latitude en coordenadas UTM (29 T ED-50) da estación. [Lonxitude]: lonxitude en coordenadas UTM (29 T ED-50) da estación. [Tª media]: media das temperaturas medias anuais (ºC). [Tª máx. media]: media das temperaturas máximas medias anuais (ºC). [Tª mín. media]: media das temperaturas mínimas medias anuais (ºC). [Tª máx. absoluta]: media das temperaturas máximas absolutas anuais (ºC). [Tª mín. absoluta]: media das temperaturas mínimas absolutas anuais (ºC). [Días de xeada]: media dos días de xeada anuais. [Humidade relativa]: media da humidade relativa media anual ( %). [Precipitación]: media da precipitación total anual (mm). [Días de choiva]: media do acumulado anual de días de de choiva maior ou igual a 0,1 mm. [Horas de sol]: media das horas de sol anuais.

Táboa 1. Resumo climático anual da estación meteorolóxica en terreos próximos ao parque natural; elaborado a partir do cálculo das medias dos datos proporcionados en www.meteogalicia.es.

Seguindo a cartografía bioclimática elaborada por Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, (2007), resultante da aplicación da clasificación bioclimática mundial de Rivas-Martínez, o territorio do parque natural forma parte do macrobioclima temperado, variante submediterránea, caracterizado por un curto período de seca estival, inferior á do macroclima mediterráneo pero superior ao temperado característico de boa parte de Galicia.

O microclima deste territorio correspóndese segundo os mencionados autores cun bioclima oceánico euoceánico debido a que a Galicia interior presenta unha menor influencia das masas mariñas no clima, dado que os invernos son algo máis rigorosos e os veráns tenden a ser máis calorosos que na costa, ampliándose notablemente a amplitude térmica conforme nos trasladamos cara ao extremo SE da comunidade.

O termotipo ou piso bioclimático (intervalo altitudinal, caracterizado por uns valores termométricos determinados, a que se asocian un ou varios tipos de vexetación característicos) do territorio correspóndese cun termotipo mesomediterráneo (Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, 2007). Dentro das áreas de macrobioclima mediterráneo existentes en Galicia considérase unicamente representado este termotipo, que se estende ao longo da maior parte do tramo galego do río Sil e da súa rede de tributarios ata as proximidades do encoro de Santo Estevo. A situación afastada do mar destes territorios favorece a existencia de fenómenos de inversión térmica durante o inverno nos principais vales, co consecuente incremento do período probable de xeadas con relación ás áreas de carácter temperado máis próximas. Con todo, este fenómeno non alcanza a suficiente intensidade e duración ao longo do ano como para limitar a presenza de especies, tanto silvestres como cultivadas, de temperamento termófilo. A elevada termicidade estival que caracteriza estes territorios, xunto á baixa achega pluviométrica que se rexistra entre maio e setembro, favorece a presenza de plantas adaptadas a estas condicións, entre as cales se poden destacar a aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota), o érbedo (Arbutus unedo), os adernos (Phillyrea angustifolia, P. latifolia) ou o escornacabras (Pistacia terebinthus), entre outras moitas especies.

En canto ao ombrotipo, unhas zonas do territorio correspóndense cun ombrotipo límite temperado-mediterráneo mentres que outras presentan un ombrotipo hiperhúmido (Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, 2007).

1.5.2. Xeoloxía e xeomorfoloxía.

A xeomorfoloxía de toda rexión depende dunha serie de factores, encargados de modelar a paisaxe e as súas formas. A natureza (litoloxía e estrutura) dos materiais rochosos que compoñen unha zona supón a base sobre a que actuaren o clima e os seus axentes para perfilar o terreo.

1.5.2.1. Estrutura e litoloxía.

A serra da Enciña da Lastra atópase situada xeolóxicamente na zona astur-occidental leonesa, unha das zonas que compoñen o macizo hercínico (Lozte, 1961) máis concretamente dentro do dominio do Courel, no flanco norte e peche periclinal do antiforme tombado que leva o mesmo nome. A estrutura destes terreos de idade paleozoica (ordovícica) formouse durante a oroxénese hercínica, que conta con tres fases de deformación de todo o macizo. A fase I orixinou dobraduras tombadas, como o antiforme do Courel, durante a fase II desenvolvéronse cabalgamentos e na última fase (fase III) o conxunto foi repregado.

En etapas posteriores, os relevos hercínicos cambiaron o seu aspecto. A tectónica distensiva tardihercínica xerou uns desgarres sinistros que fracturaron o macizo e a oroxénese alpina, no Terciario, reactivou as vellas fracturas, producindo o levantamento duns bloques e o afundimento doutros. O clima, por outra banda, continúa ao longo de toda a historia xeolóxica perfilando os relevos. Os cambios climáticos (do ambiente tropical no Terciario ao glaciarismo do Cuaternario) repercuten por tanto nas formas do terreo.

1.5.2.2. Unidades xeomorfolóxicas.

A serra da Enciña da Lastra é unha aliñación montañosa de dirección ONO-ESE que termina no profundo val do Sil. O río penetra en Galicia cortando ese sistema montañoso que enlaza a cordilleira Cantábrica e os Montes de León, e xera vertentes, que inclúen cortados calcarios de máis de 200 m de altura, entre os cales destacan Pena Falcueira e o Estreito de Covas.

A cota superior da serra da Enciña da Lastra atópase en Pena Tara, a 1.112 m. Todo o alto da serra supera os 800 m, ata a súa brusca e abrupta caída contra o curso do Sil no encoro de Penarrubia, a 400 m. Os altos máis importantes son os Penedos de Oulego (960-1.037 m), Pena Tara, Arengo (924 m), Pena Falcueira (905 m), O Páramo (849 m) e A Oliva (763 m).

Os cumes e altos da serra están formados polas calcarias de Aquiana, mentres que as partes baixas das ladeiras están compostas por materiais de lousa ordovícicos. Das serras baixan distintos regachos de carácter estacional que acaban por verter as súas augas ao río Galir e ao río Sil. No conxunto pódense diferenciar tres unidades xeomorfolóxicas, delimitadas pola dinámica dos axentes externos ao actuaren sobre os distintos relevos:

– Unidade superior: correspóndese a un pequeno macizo calcario, elevado durante a oroxénese hercínica e modelado polos movementos tectónicos posteriores e as variacións climáticas. Presenta fortes pendentes nas marxes, máis acentuadas na zona leste, onde o Sil se encaixa na calcaria, formando o Estreito de Covas, que se suavizan nos cumes. A morfoloxía dos relevos está marcada polos procesos kársticos (disolución do substrato calcario por auga de choiva). O macizo calcario esténdese con dirección ONO-ESE desde a valgada de Pena Tallada, no límite do parque natural ata o encoro de Penarrubia, onde aumenta a súa extensión, por coincidir co peche periclinal do antiforme do Courel. Volve ascender ata os altos do Páramo, límite do parque natural, penetrando en territorio berciano.

– Vertentes: compostas por ladeiras de natureza calcaria e de lousa que unen os cumes do macizo co fondo de val; e o propio fondo de val, onde predominan os procesos de deposición e erosión causados pola propia dinámica fluvial, marcada polo río Sil e os seus afluentes Esta unidade localízase naquelas zonas próximas ao río Sil, onde as pendentes son máis acentuadas.

– Unidade inferior: ocupa o fondo do val, onde predomina a dinámica fluvial, marcada polo río Sil e os seus afluentes. Son característicos os procesos de deposición dos materiais transportados polas correntes de auga e os procesos erosivos que ao mesmo tempo xera o paso do río. Os elementos xeomorfolóxicos máis importantes localízanse preto do leito actual do río Sil.

1.5.2.3. Elementos xeomorfolóxicos.

Dentro de cada unha das unidades anteriormente mencionadas pódense diferenciar unha serie de elementos característicos da dinámica que modela o relevo:

– Unidade superior: os principais elementos son as numerosas covas que se atopan preto dos termos de Biobra e Covas. Posúen un tamaño variable e algunha das cavidades, por estar localizadas preto do río, atópase parcialmente asolagada. En parte das covas están presentes estalactitas e estalagmitas pero o seu estado actual de conservación é bastante malo.

– Vertentes: os elementos máis importantes son os conos de dexección e os depósitos detríticos. Os conos de dexección son depósitos que se atopan ao pé dunha parede escarpada e que se prolongan por un ou varios corredores ou canles presentes nun macizo rochoso. Existen na zona estudada dous conos, de dimensións importantes: o primeiro deles esténdese desde unha altitude de 900 m ata as proximidades do río Sil en Covas e o segundo atópase en fronte do primeiro, da outra beira do río, e ten dimensións un pouco máis reducidas. Tapizando outras zonas deprimidas, nas proximidades do Sil, atópase outra serie de depósitos formados pola súa vez por materiais disgregados no desmantelamento das formacións litolóxicas existentes. Son acumulacións de fragmentos de lousas, cuarcitas e calcarias que forman solos autóctonos. Localízanse preto de Covas, á beira do Sil.

– Unidade inferior: dentro desta unidade destacan 3 elementos: as terrazas fluviais, os depósitos aluviais e o encaixe do leito. As terrazas fluviais son depósitos cuaternarios detríticos fluviais, formados en épocas de crecida dos ríos; o Sil presenta dúas terrazas. Esta terraza está en contacto co leito actual do río, a uns 3-6 m por cima del. Está formada por gravas redondeadas alternantes con horizontes arxilosos. Os depósitos aluviais aparecen naquelas partes do río nas cales a corrente de auga perde forza e, por tanto, poder de transporte, isto é, son máis abundantes na zona que segue ao encoro. O encaixamento do leito: nas zonas nas que o río Sil atravesa materiais calcarios prodúcese un encaixamento que non é patente cando circula por materiais de lousa. As fracturas do terreo e a disolución da calcaria por parte das augas fluviais acentúan este proceso. O principal exemplo é o Estreito de Covas.

1.5.2.4. Valoración xeolóxica.

Os terreos calcarios son escasos en Galicia e cobren un 153 km² de superficie, o que representa o 0,52 % do territorio da Comunidade Autónoma Galega. As serras de Rubiá engloban un representativo sector destes terreos calcarios, acompañados ademais de elementos xeomorfolóxicos relevantes, tal é o caso dos cortados e cantís (que proporcionan un hábitat adecuado para a cría de moitas aves rupícolas), os conos de dexección ou os depósitos detríticos. Esta singularidade propicia que o seu valor científico, didáctico e paisaxístico poida considerarse moi alto.

Paralelamente, a Serra da Enciña da Lastra representa o mellor exemplo de morfoloxía kárstica de Galicia. O parque natural acolle a máis importante e profusa rede de simas e covas da comunidade autónoma, moi pobre nestas formacións, e que constitúe o principal refuxio de numerosos quirópteros, o que achega un alto interese científico, educativo e turístico.

A elevada singularidade do espazo natural foi tida en conta polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España ao incluír parte da área no punto de interese xeolóxico Minas de Pintura (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o Estreito de Covas e o macizo calcario leonés de Penarrubia.

1.5.3. Edafoloxía.

A erosión diferencial no transcurso de millóns de anos desembocou no que vemos hoxe en día, uns resaltes de materiais duros (rocas calcarias) mentres que nas súas abas e pé de monte quedan tapados por coluvións de xistos e lousas, procedentes das montañas. Estes coluvións de materiais ácidos tamén se mesturan con arxilas e produtos da erosión da calcaria, de aí a variabilidade dos solos que serven de soporte á vexetación.

Os solos calcarios teñen unha elevada porosidade e facilidade de disolución preferente a través das fisuras, o seu espesor é escaso e só nas fisuras se atopan solos relativamente espesos. A riqueza en calcio e a velocidade de disolución mantén un pH elevado (ao redor da neutralidade) e un complexo de cambio saturado que favorece a formación de horizontes móllicos e dun complexo de cambio rico en calcio e pobre en aluminio. A evolución dos solos sobre calcarias pasa de leptosois réndzicos e leptosois líticos a phaeozems (Macías Vázquez, F. & Calvo de Anta, R.; 2001), segundo o grao de descarbonatación e a presenza ou ausencia dun horizonte móllico.

Cando o lavado de carbonato do solo é intenso, pode producirse a dispersión das arxilas e a súa mobilización na auga de drenaxe, podéndose formar en profundidade un Bt de acumulación. Así se orixinan os solos de tipo luvisol crómico, que se conservan fundamentalmente como recheo nas fisuras das calcarias. Cando hai mestura de materiais de lousa a iluviación das arxilas pode non ser suficiente e o solo evoluciona cara aos cambisois calcarios, que presentan un alto contido en carbonatos (máis dun 2 % de carbonato cálcico) entre os 20 e 50 cm de superficie.

Nas zonas de pendentes suaves e maior estabilidade con solos sobre lousas e filitas predominan os umbrisois cámbicos. Son solos de moderadamente profundos a profundos, con textura mediana e maior acidez (pH 5-6), permeables, ben drenados e cun perfil de tipo AC e un horizonte B ocasional.

Na planicie aluvial e fondos de val do río Sil aparecen fluvisois calcarios; foron formados pola erosión e posterior acumulación de solos e dos produtos de meteorización das rochas situados en posicións topográficas máis elevadas, polo que herdaron moitas das súas características e propiedades. Estes fluvisois están caracterizados por un contido en carbonato cálcico moi variable, que adoita oscilar entre o 20 % e o 50 % debido a que recibiron achegas continuas dos produtos de alteración das rochas carbonatadas.

1.5.4. Pendente e orientación.

1.5.4.1. Pendente.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra presenta, como se explicou con anterioridade, un relevo de serra que percorre lonxitudinalmente o límite norte do parque, desde o noroeste, no Penouco Grande a 1.037 m de altitude, ata Pena Falcueira a 891 m de altitude, onde descenden as ladeiras cara ás poboacións de Biobra e Covas e ao encoro de Penarrubia.

As pendentes máis elevadas atópanse ao oeste, formando ladeiras que descenden ata Valdesobreira dando paso ao río Galir e ao nordés, en Seito Fundeiro, formándose un estreito entre montañas por onde descende o río Sil. Mentres que na zona sur e centro as pendentes suavízanse no límite do parque co río Galir, ata as poboacións do Porto e O Real.

1.5.4.2. Orientacións.

O parque natural ten a orientación predominante sur e suroeste da Serra da Enciña da Lastra ata o río Galir e a poboación do Porto e O Real. Ao sur, no Rañadoiro, fórmanse ladeiras con orientación norte ata a estrada nacional N-120. Por outra banda, o río Sil, que descende de norte a sur, forma no seu percorrido ladeiras con orientacións leste e oeste, ata o encoro de Penarrubia.

1.5.5. Hidroloxía.

A serie estratigráfica presente na zona e a estrutura dos solos condiciona a rede de drenaxe. A impermeabilidade das lousas e cuarcitas predominantes en toda a zona non permite a filtración e orixinan un importante escorremento. Por tanto, as rochas calcarias, de natureza permeable, son as únicas que filtran a auga da precipitación atmosférica. Como consecuencia da escaseza desta litoloxía na superficie que ocupa o parque, existe unha clara correspondencia entre os períodos de choivas intensas e as crecidas dos cursos de auga.

A zona de estudo enmárcase dentro dos sistemas acuíferos da demarcación hidroxeográfica do Miño-Sil e os únicos cursos permanentes son o río Sil e o río Galir.

O río Sil ten regulado o seu caudal pola presa de Penarrubia e os seus aproximadamente 4 km de leito incluídos dentro dos límites do parque están baixo a súa influencia; o seu réxime presenta un período de augas altas de decembro ata abril. O río Galir, afluente do primeiro, nace na serra da Enciña da Lastra e percorre o parque natural pola súa vertente NO cara ao S e SO.

Os cursos de auga que descenden dos altos da serra son de carácter estacional, favorecido pola permeabilidade do substrato calcario e as escasas precipitacións rexistradas, destacando entre todos eles o regacho de Pereda situado na marxe N do val do río Sil e o regacho do Muíño na marxe esquerda do río Galir (ambos con augas permanentes a partir do seu curso medio).

1.5.6. Flora e vexetación.

Desde un punto de vista corolóxico e seguindo as propostas de sistematización bioxeográfica perfiladas nos traballos de Rivas-Martínez (1982, 1985 e 1987), Rivas-Martínez et al. (1990) e a proposta de sectorización bioxeográfica para Galicia de Rodríguez Guitián & Ramil Rego (2008) a totalidade da área de estudo intégrase no subsector berciano, sector berciano-valdeorrés, subprovincia cántabro-atlántica, provincia atlántica europea na rexión eurosiberiana.

O subsector berciano é a unidade fitoxeográfica de menor extensión representada no territorio galego, pois limítase ás áreas montañosas a través das cales se establece o límite administrativo entre o concello de Rubiá (Ourense) e a comarca leonesa do Bierzo, área a través da cal se estende ata os niveis inferiores (700-800 m) das montañas que rodean a Foxa do Bierzo (serras do Courel, Ancares, Gistredo e Cabrera e Montes de León e Aquilianos). Desde o punto de vista xeomorfolóxico destacan os potentes estratos calcarios que conforman a serra da Enciña da Lastra, sector de relevo marcadamente abrupto no que abundan os afloramentos e paredes rochosas.

A pesar da súa reducida extensión, esta unidade é unha área de elevada orixinalidade botánica, xa que nela se atopa un gran número de taxons vexetais que están ausentes do resto do territorio galego, ben por tratarse de plantas calcícolas ben polas súas preferencias bioclimáticas termófilas. Tal é o caso, entre outras, de Aegilops triuncialis, Aethieonema saxatile subsp. ovalifolium, Armeria rothmaleri, Bifora testiculata, Biserrula pelecinus, Buglossoides purpureocaerulea, etc., ata contabilizar máis de 50 (Giménez de Azcárate & Amigo Vázquez 1996). A personalidade bioxeográfica desta unidade susténtase, ademais, na presenza dalgúns taxons rupícolas endémicos, como Petrocoptis grandiflora ou P. glaucifolia, esta última exclusiva da parte leonesa deste subsector.

1.5.6.1. Comunidades vexetais.

Aínda que non existe unha análise corolóxica da flora nin un catálogo completo dela, calcúlase que o compoñente de flora mediterránea é o maioritario no parque natural, e nunha proporción como non hai en ningunha outra área da comunidade galega. En total están catalogados un mínimo de 512 taxons e descritas polo menos 16 comunidades ou asociacións vexetais distintas (Giménez, 1993; Giménez & Amigo, 1996; Arcea 2007) entre as cales destacan:

1.5.6.1.1. Aciñeirais.

A primeira comunidade vexetal que considerar no parque natural é o aciñeiral pertencente ao Genisto hystricis-Quercetum rotundifoliae que recobre as cristas da serra e as ladeiras máis ou menos abruptas que baixan dela, de calquera orientación, pendente e profundidade do solo.

É a unidade correspondente á vexetación potencial da gran maioría do territorio, que sobreviviu á deforestación secular grazas á súa capacidade de resistir en densa formación sobre o solo pedregoso derivado das calcarias, terreos, que por este carácter, non foron desarborizados e utilizados para o cultivo. Tamén polo factor limitador do solo escaso, con frecuencia o aciñeiral é unha formación de porte arbustivo (< 5 m) máis que arbóreo.

Ademais da presenza de aciñeiras e Genista hystris típica da asociación, hai arbustos como o érbedo (Arbutus unedo), sendo menos abundante o escornacabras (Pistacia terebinthus) e o aderno de folla estreita (Phillyrea angustifolia). Presentan todas follas esclerófilas, típica adaptación ás condicións de escasa pluviometría. Nos claros atópanse xaras (Cistus salvifolium, C. psilosepalus, C. ladanifer e C. populifolius) e lavanda (Lavandula stoechas). Existen varios tipos de plantas gabeadoras, sendo típicas a rubia peregrina, madresilva mediterránea (Lonicera etrusca) e a hedreira (Hedera helix). Están presentes tamén o cambroeiro (Crataegus monogyna) e a xesta negra (Cytisus scoparius) entre os arbustos, e a xibarda (Ruscus aculeatus), Teucrium scorodonia, Melilitis melissophyllum e Asplenium trichomanes no estrato herbáceo.

Estes bosques mediterráneos ocupan grandes extensións no parque e constitúen as formacións deste tipo máis extensas e importantes de Galicia. Destacan no parque as formacións localizadas no monte do Páramo e vertente leste do Estreito de Covas, as do Arengo-Pena Falcueira-vertente oeste do Estreito, as do regueiro de Pereda ata o Reboral e tamén as dos Penedos de Oulego.

Distinguimos tres tipos de bosques de aciñeiras, en función da orientación e profundidade do substrato:

– Bosques de aciñeiras caracterizados pola presenza de herba chaveira (Helleborus foetidus), maioritarios e correspondentes á subasociación Helleboretosum foetidi, con especies diferenciais calcícolas, caso de Lithodora diffusa, Rhamnus alaternus e Asparagus acutifolius.

– Bosques de aciñeiras sombríos e a certa altura (>750 m), caracterizados pola presenza do trobisco da montaña (Daphne laureola), acompañado de especies diferenciadoras mesófilas como a abeleira (Corylus avellana), Primula vulgaris ou Sorbus aria. Corresponden á subasociación Daphnetosum laureolae.

– Bosques de aciñeiras e sobreiras (Quercus suber) en terras profundas con rouñas, situados no fondo de valgadas, de maior porte que os anteriores e correspondentes á subasociación Quercetosum suberis.

1.5.6.1.2. Espiñeirais.

Entre as comunidades arbustivas a primeira en destacar é a denominada espiñeiral, moi relacionada co aciñeiral por canto constitúe unha etapa de substitución deste, ou unha etapa preparatoria para el se interpretamos o dinamismo construtivo da vexetación.

Na denominación de espiñeiral incluímos formacións de arbustos dominadas por especies xeralmente caducifolias pero espiñentas e lacerantes, cunha estrutura compacta e enmarañada, e altura de ata 5 m.

Desde o punto de vista fitosociolóxico intégranse nunha grande asociación Rubo ulmifolii-Rosetum corymbiferae. Participan nela numerosas especies arbustivas de vistosa floración como o estripeiro (Crataegus monogyna) e o abruñeiro (Prunus spinosa) e as roseiras bravas (Rosa micrantha, R. canina, R. corymbifera, etc.); ademais dalgunhas especies de moi escasa presenza en Galicia como o xasmín silvestre (Jasminum fruticans) ou a lantana (Viburnum lantana).

Outra das peculiaridades dos espiñeirais é que constitúen unha excepcional concentración de especies que producen froitos carnosos, o cal, sumado ao efecto defensor das espiñas, fai destas matogueiras un recurso de enorme valor para a avifauna de paseriformes.

Hai boas mostras de espiñeirais nas ladeiras entre as aldeas de Covas e Vilardesilva e o río Sil, especialmente en antigas leiras cultivadas e abandonadas, nas cales a rexeneración da vexetación natural sobre o solo profundo favorece as formacións de arbustos espiñentos.

1.5.6.1.3. Queirogais e xarais.

Os queirogais e xarais constitúen formacións arbustivas importantes. Trátase de comunidades netamente acidófilas (asentadas sobre solos de reacción ácida, é dicir, os desenvolvidos sobre xistos e rouñas xistosas). Por esa preferencia edáfica son tipos de vexetación moito máis frecuente nos montes que rodean o parque natural, nos cales xa non están presentes as calcarias.

Os queirogais do territorio, pertencentes á asociación Pterosparto-Ericetum aragonensis, son matogueiras presididas pola uz vermella (Erica australis subsp. aragonensis) acompañada invariablemente pola carqueixa (Pterospartum tridentatum) e outras matas leñosas de baixo porte como algunhas carpazas (Halimium lasianthum subsp. alyssoides, Cistus salvifolius, Erica cinerea). Existen boas extensións de queirogal á beira da estrada que discorre en dirección a Oulego e os Penedos.

Pola súa banda, o xaral é unha formación de matogueira tipicamente mediterránea e acidófila, composta por unha especie de cistácea claramente aromática: a esteva (Cistus ladanifer) e acompañada habitualmente neste territorio por unha xesta punzante (Genista hystrix), polo cantroxo (Lavandula stoechas subsp. sampaionana) e por especies de queirogal, co que se pode mesturar. Adscritas á comunidade Cisto-Genistetum hystricis. Extensións apreciables de esteva obsérvanse desde a N-120, polas ladeiras que baixan de Biobra cara ao río.

1.5.6.1.4. Vexetación ribeirega.

Esta vexetación, aínda que de moi pouca extensión no parque natural, tamén presentan peculiaridades de interese. Nas beiras de Sil, no breve tramo non afectado polo encoro de Penarrubia, atópase unha comunidade de ribeira pertencente á asociación Salicetum angustifolio-salvifoliae. O máis destacado desta comunidade é que está constituída por unha serie de salgueiros de óptimo mediterráneo como Salix salvifolia, Salix elaeagnos subsp. angustifolia ou Salix trianda subsp. discolor, os dous últimos enormemente escasos en toda Galicia, aínda que son moi frecuentes na provincia de León e boa parte de Castela.

Aínda que un dos efectos da represa é evitar as enchentes e crecidas descontroladas do río Sil, unha das consecuencias diso foi que os ditos salgueirais se viron invadidos de árbores de maior porte, como o amieiro (Alnus glutinosa) e os chopos (Populus nigra), polo que a fisionomía de salgueiro non parece tal.

1.5.6.1.5. Tomiñares.

Os tomiñares da asociación Ononido pusillae-Thymetum zygidis representan un tipo de vexetación climácica natural e espontánea que en Galicia se atopa só neste parque polas especiais condicións bioclimáticas e o seu substrato calcario. O seu peculiar aroma e riqueza cromática dá mostra da súa identidade mediterránea. Trátase dun mosaico de matogueira e pasteiro, de baixo porte e cobertura media do 75 %, característico de zonas secas e con presenza de taxons especializados na colonización de solos pedregosos pouco evolucionados, entre os cales destacan o tomiño Thymus zygis subsp zygis, Hippocrepis commutata e Ononis pusilla, ademais das endémicas Armeria rothmaleri, Dianthus laricifolius merinoi e Arenaria erinacea. Bos exemplos de tomiñar localízanse nas ladeiras que caen cara ao río Sil entre Covas e o Estreito e na vertente norte dos Penedos de Oulego.

Os pasteiros descontinuos con leñosas, de carácter natural, espontáneo, xerófilo e calcícola, están adscritos á comunidade Koelerio vallesiana-Erodietum glandulosi, onde se alteran plantas herbáceas (Koeleria vallesiana, Erodium glansulosum e o endemismo ibérico Arenaria erinacea) con leñosas de baixo porte como é o caso do tomiño (Thymus zygis) e con superficies pedregosas. A presenza do tomiño diferenza a variante presente nas serras de Rubiá (cristas e ladeiras abruptas dos Penedos de Oulego) da comunidade típica de distribución eurosiberiana nas calcarias do Courel e Pedrafita.

1.5.6.1.6. Pasteiros.

Diferéncianse 4 tipos principais de pasteiros:

– Os pastos rasos mediterráneos da asociación Poo bulbosae-Trifolietum subterranei, de aparición puntual en posicións supramediterráneas, na contorna dos Penedos de Oulego. Están relacionados co pastoreo de gando menor. Especies características son Poa bulbosa var. vivipara, Rannunculus ollisiponensis e Trifolium subterraneum.

– As pradarías seminaturais densas con cobertura total de plantas herbáceas, agrupadas na orde Arrhenatheretalia elatioris, na actualidade ameazadas polo abandono de pastoreo e outros usos tradicionais.

– Os pastos pioneiros non nitrófilos agrupados dentro da comunidade Saxifrago tridactylites-Hornungietum petraeae, que ocupan repisas e cubetas con terras calcarias de moi escaso espesor. Tapizan pequenas superficies e teñen carácter descontinuo. Están constituídas exclusivamente por herbas anuais efémeras de moi baixo porte.

– Os pastos vivaces mesoeutrofos da comunidade Helianthemum cantabrici-Brometum erecti. A pesar de teren o seu óptimo no piso montano da rexión eurosiberiana, aparecen puntualmente en zonas altas orientadas ao norte nos Penedos de Oulego, dominando especies herbáceas como Sanguisorba minor e Anthyllis vulneraria, e algunha leñosa, caso do Thymus praecox.

1.5.6.1.7. Vexetación rupícola calcícola.

Fixándonos nas relacións rocha-vexetación chegamos ás comunidades vexetais máis especializadas de todas: as rupícolas ou vexetación das paredes. Nas rochas calcarias aparecen varias comunidades de pouca cobertura e grande interese, moi especializadas, e dependentes da natureza calcaria do substrato, con gran número de endemismos. As principais zonas de rochas calcarias do parque atópanse no Estreito de Covas, Pena Falcueira, Penedos de Oulego, altos do Páramo e val de Pereda.

No parque natural pódense ver dúas asociacións, moi próximas entre si e que poden contactar nunha mesma parede. Por unha banda Saxifragetum trifurcatae é a asociación máis diversa e con máis especies participantes (Saxifraga trifurcata, Campanula adsurgens, Leontodon farinosus, etc.) e que se atopa nas paredes verticais. Doutra banda a Petrocoptidentum grandiflorae é a comunidade presidida practicamente por Petrocoptis grandiflora que se especializa nos ocos e tramos badantes das paredes, é dicir, cando a rocha supera os 90º de inclinación.

Neste colectivo reúnense as especies vexetais máis fráxiles e de maior interese desde o punto de vista de conservación de todo o parque natural.

1.5.6.2. Valoración da vexetación e da flora.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra sustenta a mellor representación da vexetación mediterránea de toda Galicia.

Este espazo natural conta coas principais formacións de Genisto hystricis-Quercetum rotundifoliae de Galicia, as únicas de carácter calcario, o que favorece a entrada de especies de fauna e flora descoñecidas no resto da comunidade autónoma. Tamén están presentes as mellores representacións de xarais mediterráneos Rubo ulmifolii-Rosetum corymbiferae, mentres que os bosques ribeiregos, pertencentes á asociación Salicetumangustifolio-salvifoliae, presentan unha distribución moi limitada en Galicia.

Os tomiñares da asociación Ononido pusillae-Thymetum zygidis, moi ben representados en solos pouco desenvoltos sobre calcarias, son endémicos do subsector berciano e constitúen as únicas representacións desta interesante comunidade en Galicia, con especies de flora exclusivas para o conxunto de territorio galego.

A zona dos Penedos de Oulego mantén representacións de tres tipos de pastos de grande interese: pastos descontinuos con leñosas da comunidade Koelerio vallesiana-Erodietum glandulosi, distribuída polas calcarias eurosiberianas galegas, e que presentan unha variación exclusiva da zona de estudo, caracterizada pola presenza do tomiño (Thymus zygis); os pasteiros raros mediterráneos da asociación Poo bulbosae-Trifolietum subterranei, que en Galicia só aparecen nesta área e en depósitos sedimentarios da comarca de Lemos; e pasteiros vivaces mesoeutrofos Helianthemum cantabrici-Brometum erecti, de distribución calcícola orocantábrica. Ademais, as densas pradarías seminaturais da orde Arrhenatheretalia elatioris, de ámbito eurosiberiano, aparecen na serra da Enciña da Lastra cunha rica flora de particularidades calcícolas e mediterráneas. Un último tipo de pasteiro pertencente á comunidade Saxifrago tridactylites-Hornungietum petraeae, e que ocupan pequenas cubetas calcarias con solos raquíticos, teñen a súa área de distribución en Galicia limitada ao piso mesomediterráneo do subsector berciano, territorios veciños supramediterráneos e colinos superiores orocantábricos.

Por último entre as diferentes comunidades casmofíticas calcícolas, varias delas exclusivas para Galicia na serra da Enciña da Lastra, destacan as asociacións endémicas de área restrinxida Saxifragetum trifurcatae e Petrocoptidentum grandiflorae, que posúen unha elevada concentración de flora endémica.

No tocante á flora, dos 512 taxons (Arcea, 2008) coñecidos ata o momento na serra da Enciña da Lastra, 62 deles son exclusivos de Galicia por estaren presentes unicamente sobre calcarias do subsector berciano e un total de 40 especies e subespecies son endemismos ibéricos, dúas delas (Petrocoptis grandiflora e Armeria rothmaleri) exclusivas das calcarias bercianas, ademais doutros endemismos de distribución restrinxida Aethionema saxatile subsp. ovalifolium, Centaurea ornata, Isatis platyloba, Dianthus laricifolius subsp. merinoi, Campanula arbatica subsp. adsurgens, Leontodon farinosus, Rhamnus legionensis e Silene legionensis.

Ademais, neste espazo protexido atopamos o maior número de especies de orquídeas de toda Galicia, entre as cales destacan especies do xénero Ophrys, que simulan o corpo dunha abella (Ophrys scolopax, O. sphegodes, O. apifera, etc.), Cephalantera longifolia, Cephalantera rubra, Orchis mascula, Orchis itálica, Himantoglossum hircinum, Serapias lingua, Spiranthes spiralis, Neotinea maculata, Aceras anthoropophorum, Limodorum abortivum ou a excepcional Anacamptis pyramidalis.

1.5.7. Fauna.

A diversidade de hábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies faunísticas, algunhas de rara presenza en Galicia, sendo a fauna de vertebrados unha das máis ricas da comunidade galega, con numerosas especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O grao de coñecemento da fauna dos diferentes grupos no parque natural é variable e nalgúns casos escasa. En termos xerais, e a semellanza do que sucede en todo o contexto europeo, os datos sobre distribución e ecoloxía da fauna de vertebrados continentais superan amplamente aqueles de que se dispón para o conxunto dos invertebrados.

Toda a bibliografía sobre fauna do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra fai referencia, como é lóxico, a territorios do parque e ás áreas estremeiras. As principais especies que están presentes no parque, de forma permanente e/ou estacional, así como nas zonas adxacentes, son as seguintes:

1.5.7.1. Invertebrados.

En xeral o grupo de invertebrados é o menos coñecido e estudado dada a complexidade de abordar traballos neste amplo grupo. Están catalogados catro endemismos ibéricos: un exclusivo dos aciñeirais galegos, a miñoca Allolobophora morenoe, e tres do noroeste, as lesmas Geomalacus grandis e Furcopenis circularis, e o caracol Portugala inchoata. Destacan os coleópteros Lucanus cervus e Cerambyx cerdo, os odonatos Oxygastra curtisii e Coenagrion mercuriale e a lesma Geomalacus maculosus. Oito especies son exclusivas de aciñeirais e afloramentos calcarios (tres miñocas e cinco lepidópteros). Entre estes últimos destacan Eilema uniola e Arctia hebe, citadas en Galicia unicamente na serra da Enciña da Lastra. Tamén, ligado ao ecosistema do río Galir, temos o crustáceo Austrapotamobius pallipes ou cangrexo de río autóctono.

Realizouse un inventario de 298 especies de coleópteros do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Novoa F. et al, 2014), 16 das cales son novas para Galicia. Entre elas destacan os Carabidae Dixus capito e Acinopuspicipes, os Buprestidae Acmaeoderella cyanipennis, Capnodis tenebrionis e Anthaxia godeti, así como o Chrysomelidae Hypocassida subferruginea. Os endemismos ibéricos son bastante abundantes (20,4 %), o cal está relacionado tanto coa altitude, aparecendo numerosas especies típicas de áreas montañosas, como co grao de conservación desta zona.

1.5.7.2. Vertebrados.

1.5.7.2.1. Peixes.

Están presentes oito especies de peixes (Arcea, 2008; Hervella & Caballero, 1999); seis delas autóctonas: a anguía (Anguilla anguilla), a troita (Salmo trutta), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), o espiñento (Gasterosteus aculeatus), o peixe (Chondrostoma arcasii) e o bordallo (Leuciscus carolitertii), e dúas introducidas e alleas á fauna galega: a carpa (Cyprinus carpio) e a perca americana (Micropterus salmoides), todas elas presentes nas augas do río Sil, ademais de troitas no río Galir e os seus principais afluentes.

1.5.7.2.2. Anfibios.

Un mínimo de 10 especies constitúen a comunidade de anfibios do parque natural (Arcea, 2008). Case todas elas son habituais do resto de Galicia; as máis comúns son as especies adaptadas a ambientes máis secos, como a píntega común (Salamandra salamandra), o sapo común (Bufo bufo), o sapo corredor (Bufo calamita) e o sapo parteiro común (Alytes obstetricans), e tamén as propias de grandes superficies de auga como a ra verde (Rana perezi).

1.5.7.2.3. Réptiles.

Coñécese a presenza de 13 especies (Arcea, 2008), das cales dúas son endemismos ibéricos: Lacerta schreiberi (lagarto das silvas) e Podarcis bocagei (lagarta galega).

Son características e frecuentes aquelas especies de carácter mediterráneo ligadas a ambientes secos e pedregosos: a lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), o lagarto arnal (Lacerta lepida), a cobra de escada (Elaphe scalaris) e a cobra rateira (Malpolon monspessulanus). Outro grupo de especies son de distribución máis ampla, caso do escáncer (Anguis fragilis), o esgonzo común (Chalcides striatus) e as cobras de auga (Natrix e Natrix maura).

Destaca tamén a víbora de Seoane (Vipera latastei), de distribución restrinxida a moi poucos puntos da provincia de Ourense e a lagarta cincenta (Psammodromus hispanicus) moi escasa en Galicia.

1.5.7.2.4. Mamíferos.

Está confirmada a presenza de polo menos 40 especies no parque natural (Arcea, 2008) e 11 de presenza posible (entre elas varios morcegos, como Myotis emarginatus e Nyctalus noctula). A presenza de oso, confirmada, pode considerarse accidental na actualidade. As especies son, por unha banda, de distribución ampla e xeneralista, e ocupan unha gran diversidade de hábitats indistintamente no mundo eurosiberiano e atlántico, caso do raposo, o ourizo común, os ratos ou o esquío vermello; e, doutra banda, existe un bo número de especies de distribución principalmente mediterránea, caso do morcego rabudo e o rato mouro.

Ten un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos cales están presentes polo menos 10 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galicia, como o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego de cova (Miniopterus schreibersii) ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis).

Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris), lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), furón bravo (Mustela putorius) e garduña (Martes foina). Os grandes mamíferos presentes no parque son o corzo (Capreolus capreolus) e o xabaril (Sus scrofa), que alcanzan boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais.

1.5.7.2.5. Aves.

No parque natural están catalogadas un mínimo 140 especies de aves (Rego Sanz, 2009; Arcea 2008), delas 84 nidificantes seguras e 17 nidificantes posibles (Rego Sanz, 2009). Ademais, outras especies foron mencionadas nos últimos 30 anos por diferentes autores como nidificantes seguras ou probables. Algunhas das nidificantes posibles puideron corresponder a exemplares xuvenís en dispersión posxenerativa, invernantes tardíos ou migrantes sedentarios, con moi escasas posibilidades de reproducirse neste territorio. Foron os casos do corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), a garza real (Ardea cinerea), o voitre (Gyps fulvus) ou o tordo rubio (Turdus iliacus).

A avifauna nidificante no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra caracterízase pola presenza de elementos rupícolas de especial relevancia e singularidade no ámbito galego. É o caso de especies como o aguia real (Aquila chrysaetos), o voitre blanco (Neophron percnopterus), o falcón peregrino (Falco peregrinus), o bufo real (Bubo bubo) ou o andoriñón real (Thachymarptis melba), que atopan nos seus cantís rochosos e cortados fluviais o hábitat adecuado para a súa reprodución.

As particulares condicións climáticas e a súa posición bioxeográfica determinan a presenza de especies de marcado carácter mediterráneo, como o abellaruco (Merops apiaster), o aguia cobreira (Circaetus gallicus), a papuxa tomiñeira (Sylvia conspicillata) ou a papuxa carrasqueira (Sylvia cantinalis), achegando unha maior riqueza específica ademais dun importante compoñente diferenciador á súa avifauna local. Destacan, pola súa escasa representatividade no territorio galego, especies como o pardal das rochas (Petronia petronia), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), o papamoscas cincento (Muscicapa striata), o picanzo cabecirrubio (Lanius senator) ou a escribenta das hortas (Emberiza hortulana), o que lle confire á zona unha singularidade excepcional.

A maior riqueza específica de aves en período reprodutor está asociada a zonas de cultivos tradicionais alternadas con sebes, bosque caducifolio e cantís calcarios. Neste sentido, desde o punto de vista da conservación resulta importante o mantemento de prácticas de agricultura tradicional, favorecedoras de diversidade paisaxística e persistencia da súa ornitofauna asociada, así como unha adecuada xestión dos cantís, que impida as prácticas de lecer perturbadoras da avifauna nidificante.

1.5.8. Recursos culturais.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra conta cun importante valor cultural catalogado en catro grandes grupos (Amado Rolán, 2008) que son as evidencias históricas deixadas pola forma de apropiación simbólica, imaxinaria e material do territorio.

1.5.8.1. Patrimonio etnográfico.

O conxunto do patrimonio etnográfico está constituído por unha serie de construcións que nos legan o importante valor da resolución da adaptación histórica ou mellor interrelación, co medio natural, para a explotación dos recursos agropecuarios: abrigos e covas usadas como curro, alvarizas, caleiros, capelas, casas tradicionais, currais, fontes, fornos, muíños, ouriceiras, pombais, sequeiros de castañas. Destacan o muíño da Campa e o forno comunal do Robledo da Lastra, entre outros.

1.5.8.2. Patrimonio arqueolóxico.

O conxunto do patrimonio arqueolóxico está composto por 25 xacementos arqueolóxicos que abarcan as épocas cronoculturais desde o Neolítico ata a Idade Media. Os xacementos arqueolóxicos son recursos patrimoniais non renovables e, por tanto, únicos, que pola súa antigüidade serven para explicar e interpretar a historia diacrónica dun territorio, as formas de vida dos seus habitantes en canto á apropiación simbólica, explotación económica e poboamento. Destacan os xacementos de época romana que atenden a dous tipos de apropiación e explotación do territorio: as vías de comunicación coa importante Vía XVIII do Itinerario de Antonino ou Vía Nova e as explotacións auríferas das terrazas terciarias do río Sil.

1.5.8.3. Patrimonio histórico.

O conxunto do patrimonio histórico da Serra da Lastra está formado por sete igrexas e unha casa grande. A maioría das igrexas que se atopan dentro do parque natural ou nos seus arredores non teñen grande interese artístico, polo menos no exterior. Si teñen interese histórico pola súa vinculación de séculos a distintas colexiatas e mosteiros leoneses e algunha ten retablos e imaxes de interese no seu interior. Todas, menos as do Porto-O Real (S. XVI-XVII) e a románica de Pardollán (S. XI-XII), teñen unha arquitectura pobre en materiais, polo que a súa arquitectura é unha suma de engadidos a través do tempo que chegan ata a actualidade, con engadidos de cemento, ladrillo, etc., que desvirtúan os edificios. Dentro do patrimonio artístico do parque natural, a igrexa románica de Pardollán constitúe o elemento máis importante, tanto polo seu valor artístico e histórico, como polo enclave paisaxístico e natural en que se encontra; destacan tamén a casa grande de Biobra e a igrexa de San Cristovo do Real.

1.5.8.4. Patrimonio industrial.

O conxunto do patrimonio industrial está constituído por 14 elementos, que reflicten un determinado proceso de produción e un sistema tecnolóxico concreto referido á explotación do subsolo; todos están relacionados coa minaría. Un patrimonio singular, apenas coñecido e valorado, que permite reconstruír e entender o pasado industrial desta zona. O sinal mineiro-industrial no territorio empeza a adquirir unha imaxe positiva desde un punto de vista de identidade cultural, onde a paisaxe pode interpretarse como un código de símbolos dinámico que nos fala da cultura, do seu pasado, do seu presente e, quizais, do seu futuro, no cal o patrimonio industrial en desuso, adecuadamente aproveitado, se converte nun recurso útil para iniciar a reactivación e valoración paisaxística que reverta tamén nun beneficio socioeconómico xeral. Destacan dentro deste patrimonio pola súa singularidade as caleiras de produción de cal, as minas de pintura e as pontes e infraestruturas do ferrocarril, construído a finais do século XIX, totalmente activas, entre as cales destacamos a ponte do Estreito de Covas.

1.5.9. Recursos de uso público.

1.5.9.1. Servizos básicos de acceso e recepción no parque natural.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra dispón dun centro de visitantes que serve para que o visitante acceda ao parque e inicie a súa visita:

Oficina-Centro de visitantes

Localización: Praza dos Bolos, s/n. Biobra. 3200 Rubiá

T: 988 32 43 19

E: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal

Entrada libre, con zonas de acceso restrinxido

1.5.9.2. Servizos para o goce e coñecemento do parque natural.

1.5.9.2.1. Áreas de descanso-miradoiros.

Estes «altos no camiño» aproximan dunha maneira moi gráfica os fenómenos naturais ao visitante e proporciónanlle os elementos necesarios para facilitar a súa identificación. Existen no territorio do parque 9 áreas de descanso-miradoiros (plano 3: Recursos uso público, anexo II).

1.5.9.2.2. Rede de carreiros.

Dentro do parque natural pódense percorrer un total de 10 rutas de sendeirismo de maior ou menor desnivel e/ou dificultade, todas elas acondicionadas e sinalizadas, cun alto interese botánico, faunístico, cultural e xeomorfológico (plano 3: Recursos uso público, anexo II). Na ruta Val do Sil pódense interpretar todos os valores naturais que levaron a declarar este espazo protexido como parque natural e ver os cortados calcarios.

Rutas

Dificultade

Tempo

Distancia (km)

Tipo

Ruta Val do Sil

Baixa

1,3 horas

5

Lineal

Ruta Tras os Penedos

Baixa

25 minutos

0,5

Circular

Ruta Soutos baixo Pena Falcueira

Media/alta

1,45 horas

3,9

Circular

Ruta do Caleiro

Baixa/alta

3 horas

6

Lineal

Ruta do Real de Oulego

Media/alta

2,3 horas

4

Lineal

Ruta da Vía Romana

Media

3,3 horas

8,6

Circular

Ruta da Ermida de Santo Estevo

Media

3 horas

6

Circular

Rutas das Galegas

Media

3 horas

6,8

Lineal

Ruta das Dúas Vertentes

Media

1,3 horas

4

Circular

Ruta Baixo de Páramo

Media

4 horas

2

Circular

Táboa 2. Rutas de sendeirismo acondicionadas e sinalizadas do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

1.5.10. Recursos de interese xeolóxico.

Un punto de interese xeolóxico (PIX) mostra unha ou varias das características consideradas de importancia dentro da historia xeolóxica dunha rexión natural. A seguir enuméranse os PIX que se definiron no parque natural:

– Minas de Pintura de Pardollán.

– Cortados calcarios de Pena Falcueira e Penedos de Oulego.

– Covas naturais de orixe kárstica: covas «secas» como Pala de Xilberte en Biobra e Pala do Pombo, Pala de Trapala, Pala da Raposa e Pala de Trasmonte en Covas, e covas preto do río parcialmente alagadas como Pala Cubelas, Pala K-1 e Pala dos Compañeiros en Covas.

– Lousas de silúrico (Silúrico de Salas de la Ribera) de Vilardesilva.

– Conos de dexección desde unha altitude de 900 m ata as inmediacións do río Sil.

– Depósitos detríticos preto de Covas, na beira do río Sil.

– Terraza fluvial no río Sil.

– Encaixamento do leito en zonas onde o río Sil atravesa materiais calcarios como o Estreito de Covas.

– Xacemento de caolín de Vilardesilva.

– Mina de Melgotos, tamén chamada Melgotillos de Ouro na ladeira SO de Aira de Arriba, parroquia de Pardollán.

1.5.11. Recursos de interese botánico.

Con gran valor ecolóxico e patrimonial atópanse as asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais presentes no parque natural, entre as cales destacan aciñeirais de carácter calcario (caracterizados pola aciñeira e o érbedo), espiñeirais que aparecen nas orlas dos aciñeirais integrados por numerosos arbustos espiñentos e plantas gabeadoras, salgueirais ribeiregos, soutos de castiñeiros que contan cunha notable extensión e se atopan ben implantados nos arredores de aldeas, como en Oulego, Covas, Biobra ou Pardollán, conservando exemplares centenarios, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros.

Na poboación de Covas (Rubiá) xunto ao cemiterio atópase unha aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) recoñecida como árbore singular pola Xunta de Galicia co nome de Aciñeira de Covas. Esta aciñeira ten unha altura de case 17 m e de 24 m de diámetro de copa, cunha idade estimada de entre 250-500 anos.

1.5.12. Cavidades kársticas.

No documento Inventario de cavidades cársticas e a súa fauna asociada no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Schmalenberger, 2008) preséntase unha listaxe de covas ou «palas» e a súa localización sobre o terreo, confeccionándose unha base de datos coa fauna atopada dentro de cada unha. O número total de palas, pozos e simas localizadas, segundo as diferentes fontes, ascende a 43. O lugar de localización divídese en seis zonas principais: Cornatel, Falcueira-Estreito de Covas, Monte da Oliva, Pardollán, Pena Belido e Penedos de Oulego-Alto da Tara.

Durante as visitas realizadas foron detectados, ademais, unha serie de animais de diversos grupos: varias especies de quirópteros (entre eles Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus euryale), lepidópteros, arácnidos, quilópodos, varios mamíferos (Vulpes, Genetta e Meles meles) e unha ave (Hirundo daurica). Os resultados obtidos demostran a importancia destas cavidades para diversos grupos de fauna, que as empregan para as distintas fases do seu ciclo vital. Así mesmo, débese indicar que algunhas destas especies empregan estas cavidades de modo ocasional ou anecdótico.

1.5.13. Infraestruturas.

As redes de infraestruturas do concello veñen condicionadas por ser o val do Sil un espazo de conexión entre Galicia e a meseta norte. O parque natural é atravesado por dúas importantes vías de comunicación: o ferrocarril e a estrada nacional N-120. Ambas cruzan o espazo natural por medio de frecuentes túneles, pontes e viadutos. A facilidade de acceso desde as grandes poboacións galegas é, por tanto, elevada. Existe unha estación apeadeiro de ferrocarril nas proximidades da aldea de Covas, con varias construcións abandonadas ou en desuso.

1.5.13.1. Rede viaria.

A rede viaria local e provincial existente no parque natural (plano 4: Rede viaria, anexo II), inclúe as seguintes estradas asfaltadas:

– Estrada N-120.

– Acceso á aldea de Covas desde a N-120.

– Acceso á aldea de Vilardesilva y Pardollán desde a N-120.

– Acceso á aldea de Biobra desde a N-120.

– Estrada autonómica OUR-622 de Oulego a Santo Tirso.

– O acceso e a estrada desde a OU-622 cruzando a zona do Vao ata as entradas á N-120 (Dirección O Barco de Valdeorras e Ponferrada).

Outras pistas con posibilidade de acceso de vehículos son:

– Baixada de Vilardesilva ao Reboral, na ribeira do río Sil.

– Baixada desde a N-120 ata Covas polo val de Pereda, ata a ribeira do Sil, a estación de Covas e a aldea de Covas.

– Camiño vello de Covas a Biobra pola Escrita (e rede de pistas de acceso a soutos da zona).

– Pista que sobe desde A Escrita cara a Pena Falcueira, descendendo á aldea de Biobra.

– Subida desde Biobra ata o límite provincial, nos altos da Serra da Enciña da Lastra.

– Pista que parte do acceso á central de Cornatel e chega á canteira situada na boca do Estreito de Covas, atravesando a ladeira do monte do Páramo.

1.5.13.2. Infraestruturas eléctricas.

Debido aos aproveitamentos hidroeléctricos existente na comarca, a Serra da Enciña da Lastra é atravesada por varias liñas de subministración eléctrica de alta tensión.

– Unha liña chega ata a estación de ferrocarril de Covas, sobe ao alto da Oliva e continúa por Pardollán.

– Outra cruza o val do Sil ao leste de Vilardesilva, ascendendo pola ladeira do Páramo.

– Pola parte central do parque sobe unha liña desde Biobra ao sur do alto do Arengo.

– Pola parte central do parque outra liña cruza por baixo da presa de Penarrubia ata a central de Cornatel.

– Desde a central de Cornatel parte unha liña que cruza o Sil e ascende polo rego de Pereda ata atravesar os límites do parque en sentido E-O, entre outras liñas de subministración de menos potencia.

1.5.14. Medio socioeconómico.

1.5.14.1. Características demográficas.

No interior do parque natural existen varios núcleos de poboación: Covas, Biobra, Vilardesilva, O Robledo da Lastra, A Veiga de Cascallá e Pardollán; mentres que seis parroquias do concello de Rubiá manteñen os seus límites dentro dos límites do espazo: Covas, Biobra, Oulego, O Porto, O Barrio de Cascallá e O Castelo.

Rubiá é o único concello da comarca valdeorresa que desafía a tendencia xeral da comunidade galega no último ano, marcada por un importante descenso demográfico. Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, correspondentes ao 1 de xaneiro de 2017, o concello de Rubiá contabiliza un total de 1.462 persoas, 14 máis que os rexistrados o ano anterior e formando parte así do escaso e privilexiado 15 % dos concellos galegos que gañan poboación. A pesar deste esperanzador dato, a poboación do concello sufriu un marcado e sostido retroceso, véndose reducida en case un 10 % nos últimos 10 anos.

missing image file

Figura 1. Datos de poboación do concello de Rubiá proporcionados polo Instituto Galego de Estatística
para o período 2007-2017.

Ademais, no tocante á estrutura de idade, constátase un elevado envellecemento da poboación, cunha tendencia en forte aumento. Está acusada senectude reflíctese na figura 2, onde aproximadamente un 40 % da poboación está incluída no grupo de máis de 64 anos. Pola contra, só un 6 % da poboación ten menos de 16 anos o que indica que a taxa de natalidade no concello nas últimas décadas sufriu un descenso continuo.

missing image file

Figura 2. Datos de poboación segundo sexo e grandes grupos de poboación do concello de Rubiá proporcionados
polo Instituto Galego de Estatística para o ano 2017.

1.5.14.2. Actividades económicas.

Actualmente a economía familiar baséase no traballo asalariado; analizando as actividades económicas do concello nas cales o parque e a súa xestión pode ter influencia directa ou indirecta, xa que os parques deben ser tamén dinamizadores da economía e a poboación da zona, especialmente no rural, atopamos que dos 336 afiliados á Seguridade Social no concello, a maior parte traballa no sector servizos, seguido da industria.

missing image file

Figura 3. Datos de afiliación en alta laboral por sectores no concello de Rubiá para marzo de 2018
proporcionados polo Instituto Galego de Estatística.

Rubiá é unha poboación tipicamente rural. A agricultura practicada dentro dos límites do parque natural e a súa contorna pódese considerar de autoconsumo, cunha reducida comercialización, estando baseada en cultivos forraxeiros, viña, centeo, pataca e hortalizas, cunha elevada superficie ocupada por prados e pastos. A produción das viñas, cultivo maioritario dentro dos límites do espazo, está englobada na denominación de Valdeorras e está destinada basicamente á elaboración de viño para autoconsumo.

A tendencia reflectida nas estatísticas agrarias do concello indica un acelerado proceso de abandono das actividades gandeiras. Actualmente o número de explotacións de vacún é moi reducido, de carácter familiar e de escasa entidade. O número actual de cabezas de gando é moi inferior ao de mediados do século pasado, cando existían rabaños de ovellas e cabras en todas as parroquias e a maior parte dos núcleos familiares mantiñan vacas.

O sector forestal dentro do parque baséase principalmente no cultivo de castiñeiros para froito e nas cortas de madeira para a actividade agrícola e uso doméstico. Ademais rexístranse cultivos forestais de piñeiro e chopos en parcelas particulares e montes veciñais. Os montes veciñais incluídos nos límites do espazo natural están conveniados coa Administración forestal da Xunta de Galicia.

O sector servizos no concello sufriu un notable incremento nos últimos anos e na actualidade existen 32 empresas dedicadas á devandita actividade, mentres que o sector da industria e da construción contan con 18 e 17 empresas respectivamente, dedicadas a tal fin.

1.5.15. Identificación de riscos e ameazas.

No presente punto realízase unha revisión global dos riscos e ameazas que se poden producir no parque natural.

1.5.15.1. Abandono das actividades agrogandeiras tradicionais.

As prácticas agrogandeiras tradicionais veñen modelando o territorio desde tempo inmemorial. Perfectamente integradas nos diferentes ecosistemas, lograron un equilibrio entre a explotación dos recursos e o mantemento das características naturais. A sociedade moderna, coa imposición de novos hábitos e modos de vida, induciu e segue inducindo cambios no medio rural. As prácticas agrícolas de carácter intensivo levaron a unha perda da diversidade estrutural dos ambientes, principal condicionante da diversidade de formas biolóxicas dunha área, mentres que ao mesmo tempo se abandonaron prácticas e sistemas agrarios tradicionais. Como consecuencia destas accións, multitude de especies de flora e fauna están a ter graves problemas de conservación ao longo de todo o territorio europeo (Tucker & Heath, 1994).

O parque natural Serra da Enciña da Lastra non é alleo a estes feitos. Como exemplo, polo menos dúas especies de aves de interese vense negativamente afectadas: a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax) pola desaparición case total do pastoreo extensivo considerado como un factor indispensable para o mantemento das súas poboacións (Bignal, 1994); e a perdiz (Alectoris rufa) xa que o abandono agrario leva a unha rexeneración da matogueira, o cal gaña en altura e cobertura se non se ve sometido á acción do pastoreo, conformándose así un hábitat que non é favorable para a especie e que restrinxe a súa distribución e abundancia.

A nivel de comunidades vexetais, pódese citar que o pastoreo resulta necesario para o mantemento dos pastos raros mediterráneos da asociación Poo bulbosae-Trifolietum subterranei e de pastos nanoterofíticos da asociación Saxifrago tridactylites-Hornungietum petraea (Giménez de Azcaráte et al, 1990), ambos os hábitats de conservación prioritaria na Unión Europea.

1.5.15.2. Actividades de lecer.

Tendo en conta o grande interese que suscita entre a poboación a realización de actividades turísticas, deportivas e de lecer na natureza, e o seu previsible aumento dentro dos límites do parque natural, é necesario que se sometan a regulación debido ao risco de degradación que poden provocar sobre os valores naturais do espazo.

1.5.15.2.1. Espeleoloxía.

As actividades de espeleoloxía ou a simple presenza humana nos refuxios utilizados polos morcegos, tanto de cría como de invernada, pode chegar a causar molestias irreparables, xa que interfiren na cría e espertan os morcegos durante a hibernación, o que implicaría un malgaste de reservas imprescindible para que poidan sobrevivir ata a seguinte primavera. A maioría de datos sobre evolución de poboacións de morcegos alude case exclusivamente a problemas relacionados con refuxios cavernícolas (Carol et al, 1983; Paz et al, 1990).

Nas serras de Rubiá a visita ás covas é unha actividade que se mantén con certa frecuencia por parte de arqueólogos, espeleólogos, simples excursionistas ou curiosos. Este feito podería causar un dano importante, e nalgúns casos irreparable, non só na comunidade de quirópteros da que se ten constancia, senón tamén sobre a pouco coñecida fauna de invertebrados de cavidades naturais. Ademais as deterioracións e desfeitas provocadas por parte dalgúns visitantes nas formacións xeolóxicas son evidentes e nalgún caso graves.

1.5.15.2.2. Escalada.

A escalada podería chegar a provocar danos en comunidades vexetais casmofíticas e comunidades rupícolas calcarias (as dúas representan hábitats de conservación prioritaria en Europa). Ademais, a maior parte das plantas endémicas máis interesantes deste espazo viven nestes medios: Petrocoptis grandiflora, Rhammus legionensis, Leontodon farinosus, Campanula arbatica subsp. adsurgens ou Saxifraga trifurcata. De igual maneira podería supoñer un impacto sobre a fauna, especialmente sobre as aves rupícolas que nidifican sobre as paredes, xa que vulnera a barreira da verticalidade que proporciona un límite de seguridade moi importante para as aves. As vías de escalada que pasan preto das zonas de cría poden provocar o abandono do niño e das crías e o fracaso reprodutivo, co consecuente impacto negativo na evolución das poboacións.

1.5.15.2.3. Actividades náuticas.

As actividades náuticas no encoro de Penarrubia poderían provocar alteracións sobre a fauna e flora. Considerando a relación do cangrexo de río autóctono (Austrapotamobius pallipes) con masas de auga pouca profundas, as actividades de lecer nas beiras poderían chegar a ter un efecto negativo sobre a especie (Rosas et al, 1992).

As dúas especies de odonatos de maior interese, Coenagrion mercuriale e Oxigastra curtisii están tamén ligados ás beiras do encoro de Penarrubia. A alteración da vexetación palustre por unha excesiva presión humana nos bordos consideraríase como a maior ameaza potencial para a conservación das dúas especies, xunto cunha degradación da calidade da auga e do medio acuático en xeral.

1.5.15.2.4. Sendeirismo e excursionismo.

Unha afluencia excesiva e incontrolada de excursionistas ou a canalización mal orientada de futuros visitantes do parque natural poderían poñer en risco os seus valores naturais, tanto polas molestias directas sobre a flora por efecto do tripamento ou pola recolección de exemplares de plantas, como sobre a fauna, especialmente sobre o grupo de aves rapaces.

1.5.15.3. Clima.

O trazo definitorio é a mediterraneidade. Esencialmente, destacan as escasas precipitacións, sendo estas de marcada estacionalidade, e un período de seca coincidente coa época estival. Isto tradúcese nun factor hídrico limitador e baixa humidade da vexetación, o que acentúa o risco de incendio.

1.5.15.4. Cambio climático.

O cambio climático é posiblemente a maior ameaza para os espazos protexidos. Unha pequena variación no conxunto de condicións climáticas pode xerar un grande impacto nas condicións de vida e conservación de especies e hábitats. Identificar posibles riscos e elaborar medidas preventivas será esencial en todo plan de xestión.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia é o órgano competente sobre as cuestións relativas ao cambio climático na Comunidade Autónoma de Galicia.

En España, as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) experimentaron un crecemento desde o ano 1990 ata o ano 2007; a partir dese ano, as emisións comezan a diminuír ata chegar, no 2015, a situarse en 335.662 (kt eq Co2). No caso de Galicia, a evolución das emisións GEI seguiu tamén unha tendencia crecente durante a década dos 90 e primeiros anos da década do 2000, diminuíndo en 2015 a 28.810 (kt eq Co2).

Dentro do ámbito do parque natural pódense poñer en marcha acciones sustentables que axuden a frear o cambio climático, como aforrar enerxía dentro das instalacións do parque, reducir emisións fomentando o uso de transporte sustentable, como o transporte público e reducindo o uso de vehículos dentro do parque natural, diminuír o consumo de auga (usar só a auga necesaria e reparar as posibles fugas que se produzan) e xestión de residuos (reciclaxe de residuos, envases, etc.).

1.5.15.5. Alteración da cobertoira vexetal autóctona.

A alteración da cobertoira vexetal autóctona a través de repoboacións forestais con piñeiros, e chopos en menor medida, ou a través da intensificación de cortas pode chegar a comprometer a importante biodiversidade do parque e derivar nun impacto negativo para a conservación tanto da singularidade e naturalidade da paisaxe vexetal como da súa peculiar composición faunística e florística.

1.5.15.6. Tendidos eléctricos.

Os tendidos eléctricos adoitan ter uns custos ambientais e uns impactos potenciais de carácter visual, contaminación atmosférica, fragmentación do hábitat e interaccións coa fauna silvestre (Negro, 1999).

A relación das aves cos tendidos eléctricos en ocasións é positiva posto que os postes poden ser utilizados como lugares de nidificación ou pousadoiros (Ferrer e Negro, 1992), pero na maioría das ocasións esta relación é negativa, debido a que poden producir dous tipos de accidentes fundamentalmente, electrocución ou colisión cos cables (Ponce et al, 2010).

Outra característica que determina o perigo dun tendido é o deseño do apoio, sendo os máis perigosos para a electrocución os postes de ancoraxe con illadores de amarre e pontes frouxas por baixo do traveseiro (Lorenzo, 1995; Garrido, 2009). Debido a todo isto, as aves máis afectadas por electrocucións son as de mediana e grande envergadura que utilizan os postes como pousadoiros, sobre todo nos momentos de aterraxe e engalaxe, e adoitan ser sobre todo aves de presa (Hass, 2006; Garrido, 2009; Ferrer, 2012). En ocasións a electrocución non mata ao instante a ave, senón que esta morre debido á caída desde grande altura que se produce ao recibir o choque eléctrico (Ferrer, 2012).

As especies de aves máis propensas a sufrir colisións con tendidos son aquelas con hábitos crepusculares e gregarios e aquelas que adoitan fuxir en bandadas dos depredadores. A retirada ou sinalización dos cables de corrente diminúe a probabilidade de colisión con tendidos das aves ata nun 50 % (Bevanger & Broseth, 2001).

As aves migratorias tamén presentan unha problemática especial, posto que as que realizan a súa primeira viaxe migratoria son máis propensas a morrer por colisións ou electrocucións en tendidos eléctricos debido á súa inexperiencia.

Por tanto, a cantidade de aves mortas nestas circunstancias varía ao longo do ano, sendo os períodos posnupcial e migratorio aqueles en que máis cadáveres se atopan (Drewitt & Langston, 2008).

1.5.15.7. Vías de comunicación.

O feito de que o parque natural se vexa atravesado por dúas importantes vías de comunicación entre Galicia e a Meseta, a estrada N-120 e o ferrocarril, supón unha notable perda do valor paisaxístico e da naturalidade da zona. Ademais de constituír unha continua fonte de perturbacións sonoras, especialmente no Estreito de Covas.

1.5.15.8. Encoro de Penarrubia.

A construción do encoro tivo como consecuencias a desaparición dunha superficie importante de hábitat ribeirego. A presenza de beiras de elevada pendente unida ás oscilacións do nivel da auga, impiden na actualidade un correcto desenvolvemento da vexetación de ribeira, ben desenvolvida augas abaixo da presa.

1.5.15.9. Incendios.

O elevado risco de incendios, de momento de reducida incidencia no parque, constitúe unha seria ameaza para a conservación do espazo. Dada as peculiares características do ecosistema mediterráneo representado neste espazo, con varios meses de seca estival, e xunto co gran desenvolvemento da matogueira, favorecen a propagación dos incendios máis que en calquera outra parte de Galicia.

Débese manter o operativo e a infraestrutura, en todo caso algunha medida puntual en parroquias con maior frecuencia incendiaria. Debe elaborarse un plan de prevención do parque en coordinación co Plan de prevención municipal e co Plan de prevención do Servizo de Montes e respectar faixas de biomasa de forma compatible coa xestión ambiental dos diferentes hábitats.

1.5.15.10. Recolección de plantas e animais.

A recolección a pequena escala de plantas con fins medicinais, cosméticos ou de alimentación ten lugar en Rubiá. A gran potencialidade de explotación que encerra o parque natural pon de manifesto o risco dunha situación de recolección intensiva que sobreexplote os recursos. A mesma situación pode ocorrer coa recolección de animais para alimentación (caracol, etc.). Débense tomar medidas para unha correcta conciliación entre os intereses de conservación e os intereses privados.

1.5.15.11. Minaría.

É o maior impacto visual e ecolóxico do parque e o maior risco. Segundo os intereses de conservación, debería eliminarse esta actividade.

Os intentos de apertura de novas canteiras de calcaria ao descuberto dentro do límite do parque natural ou nas súas proximidades constitúen unha ameaza constante e incompatible coa conservación dos valores naturais. Ao tratarse dunha das poucas zonas calcarias en Galicia, concéntrase nela moitos intereses particulares de explotación. Nunha explotación deste tipo, a cobertoira vexetal da superficie explotada é eliminada por completo e probablemente afectará comunidades de importancia, algunhas delas hábitats de interese comunitario e cuxa conservación é prioritaria e que constitúen o soporte de varias especies de flora endémica, rara ou ameazada en Galicia. Contribúe de igual modo á fragmentación de hábitats de gran valor ecolóxico.

Os ruídos inherentes á extracción e picado de pedra, xunto coa apertura de novas pistas de acceso e a trasfega humana en zonas antes tranquilas, afectan de maneira negativa á fauna en xeral e á nidificación da aves rapaces en particular, especialmente sensibles ás molestias nas áreas de nidificación.

Ademais, é importante o impacto paisaxístico que provocan, motivado pola presenza da explotación en si, pola apertura de pistas e por seren zonas de difícil revexetación.

1.6. Hábitats de interese para a conservación.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra alberga un total de 18 tipos de hábitats tipificados como de interese comunitario no anexo I da Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, dos cales 5 son considerados como prioritarios: prados secos semi-naturais e facies de matogueira sobre substratos calcarios (Festuco-Brometalia) (*paraxes con notables orquídeas) (Nat-2000 6210*), zonas subestépicas de gramíneas e anuais de Thero-Brachypodietea (Nat-2000 6220*), mananciais petrificantes con formación de «tuf» (Cratoneurion) (Nat-2000 7220*), pavimentos calcarios (Nat 2000 8240*) e bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (Nat-2000 91E0*). Dos tipos de hábitat de interese comunitario os grupos máis representados son os relacionados coas formacións herbosas naturais e seminaturais e cos hábitats rochosos e covas, inventariándose en cada un deles un total de 6 tipos diferentes. Cabe resaltar a magnitude do grupo de bosques, que conta con 3 representacións.

Tipos de hábitats de interese comunitario

 

 

 

 

Nat-2000

 

Hábitat do anexo I da DC 92/43/CEE

 

 

 

 

3260

 

 

Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachión

 

 

 

 

4030

 

 

Queirogais secos europeos

 

 

 

 

6170

 

 

Prados alpinos e subalpinos calcarios

6210

*

 

Prados secos semi-naturais e facies de matogueira sobre substratos calcarios (Festuco-Brometalia) (* paraxes con notables orquídeas)

6220

*

 

Zonas subestépicas de gramíneas e anuais de Thero-Brachypodietea

6410

 

 

Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilo-limónicos (Mollinion caerulae)

6430

 

 

Megaforbios eutrofos *higrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510

 

 

Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

 

 

 

 

7220

*

 

Mananciais petrificantes con formación de «tuf» (Cratoneurion)

 

 

 

 

8130

 

 

Desprendementos mediterráneos, occidentais e termófilos

8210

 

 

Encostas rochosas calcícolas con vexetación casmofítica

8220

 

 

Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230

 

 

Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8240

*

 

Pavimentos calcarios

8310

 

 

Covas non explotadas polo turismo

 

 

 

 

91E0

*

 

Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9260

 

 

Soutos

9340

 

 

Aciñeirais

Táboa 3. Tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE presentes no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

1.7. Especies de interese para a conservación.

Como especies de interese para a conservación considéranse aquelas incluídas nos anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE, as aves do anexo I da DC 2009/147/CE xunto ás recollidas no Real decreto 139/2011 (desenvolvemento da Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas) e no Catálogo galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007).

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra alberga 21 taxons incluídos no anexo II e 27 incluídos no anexo IV da DC 92/43/CEE. No grupo das aves 21 taxons están incluídos no anexo I da DC 2009/147/CE. Por outra banda, no parque atópase unha especie considerada en perigo de extinción no Catálogo nacional e 5 especies consideradas en perigo no catálogo galego.

missing image file

Táboa 4. Número de especies silvestres do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra segundo o seu status de protección de acordo coa normativa comunitaria, estatal e galega.

Entre os taxons de flora presentes no espazo natural considerados de interese para a conservación destacan Petrocoptis grandiflora e Santolina semidentata, ambas incluídas no anexo II da DC 92/43/CEE, sendo a primeira unha especie en perigo de extinción no Catálogo galego xunto con Rhamnus pumila subsp. legionensis. Destacan outros 5 taxons considerados como vulnerables no catálogo galego: Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Isatis platyloba, Leontodon farinosus e a xa mencionada Santolina semidentata.

Dentro da fauna, o grupo con maior contribución de especies de interese correspóndese co grupo das aves. Destaca a presenza da aguia real (Aquila chrysaetos) considerada en perigo de extinción no Catálogo galego, ademais doutras 5 especies catalogadas como vulnerables: o bufo real (Bubo bubo), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus), o voitre branco (Neophron percnopterus) e o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus).

Entre a herpetofauna (anfibios e réptiles) presente no parque destacan 2 taxons que aparecen incluídos no anexo II da DC 92/43/CEE: o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e o sapo raxado (Discoglossus galganoi). Outras 2 especies, a rela común (Hyla arborea) e a ra patilonga (Rana iberica), están consideradas como especies vulnerables no catálogo galego.

Dous peixes de interese para a conservación, a boga do Douro (Chondrostoma duriense) e o peixe (Chondrostoma arcasii), están incluídos no anexo II da DC 92/43/CEE.

Dentro do grupo dos mamíferos destacan como especies de interese o rato de almiscre (Galemys pyrenaicus) e un total de 5 especies de quirópteros, Miniopterus schreibersii Myotis, Rhinolophus euryale, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros, ao seren consideradas como vulnerables no catálogo galego, todas elas, ademais, incluídas no anexo II da DC 92/43/CEE xunto coa lontra (Lutra lutra).

Por último, no grupo dos invertebrados dúas especies están consideradas en perigo de extinción (Macromia splendens e Austropotamobius pallipes) e tres vulnerables (Cerambyx cerdo, Oxygastra curtisii e Geomalacus maculosus) segundo o catalogo galego. No CEEA unha especie está catalogada como en perigo de extinción, Macromia splendens, e dúas como vulnerables, Austropotamobius pallipes e Oxygastra curtisii.

missing image file

Táboa 5. Especies de peixes de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 6. Especies de mamíferos e invertebrados de interese para a conservación do Parque Natural
Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 7. Especies de anfibios e réptiles de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 8. Especies de flora de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 9. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 10. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 11. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 12. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

missing image file

Táboa 13. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

1.8. Especies invasoras.

1.8.1. Contido legal.

O artigo 8, punto 1 do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, establece que as comunidades autónomas e a Administración xeral do Estado, no marco das súas competencias, realizarán un seguimento xeral das especies exóticas con potencial invasor. Así mesmo, o artigo 10 establece que as administracións competentes adoptarán, se for o caso, as medidas de xestión, control e posible erradicación das especies incluídas no catálogo e as autoridades competentes poderán requirir aos titulares dos terreos que faciliten información e acceso aos seus representantes co fin de verificar a presenza de especies invasoras e, se for o caso, tomar medidas idóneas para o seu control. O artigo 16 establece o contido das estratexias de xestión e control e posible erradicación, que terán, polo menos, o seguinte contido:

i. Definición da especie ou especies obxectivo e diagnóstico da súa problemática.

ii. Análise de riscos.

iii. Análise de vías de entrada.

iv. Medidas de actuación e definición da estratexia para seguir: xestión, control e posible erradicación.

v. Distribución e abundancia.

vi. Actuacións de coordinación entre as diferentes administracións públicas.

vii. Actuacións de seguimento da eficacia de aplicación da estratexia.

viii. Actuacións de sensibilización e educación ambiental sobre a problemática das especies exóticas invasoras.

ix. Análise económica dos custos da aplicación da estratexia sobre terceiros ou instalacións afectadas de forma involuntaria pola presenza de especies exóticas invasoras.

1.8.2. Especies exóticas presentes no parque natural.

Dentro da flora presente no parque natural hai que prestar especial atención ás especies Acacia dealbata, Ailanthus altissima e Robinia pseudoacacia, polo risco potencial de desprazamento que supón sobre elementos florísticos de comunidades vexetais autóctonas, as dúas primeiras incluídas no Catálogo español de especies exóticas invasoras, así como á presenza nos soutos de castiñeiro e zonas agrícolas de especies invasoras como Conyza albida, Paspalum dilatatum e Ptytolacca americana.

Dentro da fauna que habita no espazo están presentes dúas especies de peixes introducidas, incluídas tamén no Catálogo español de especies exóticas invasoras, a carpa (Cyprinus carpio) e a perca americana (Micropterus salmoides).

1.8.3. Proposta de actuación para especies exóticas invasoras.

1.8.3.1. Obxectivos de conservación.

i. Erradicar ou controlar a presenza de especies exóticas invasoras no parque natural, con especial atención a aquelas incluídas no Catálogo español de especies exóticas invasoras. Considéranse obxectivos específicos do presente PRUX:

a. Reducir nun mínimo dun 75 % a presenza de EEI na zona I: zona de reserva e zona II: zona de uso limitado.

b. Reducir nun mínimo dun 25 % a presenza de EEI no resto do parque.

ii. A restauración dos hábitats e as especies de interese afectadas pola presenza de especies exóticas invasoras.

1.8.3.2. Directrices.

i. A execución dos traballos de eliminación de EEI debe ter en conta os posibles efectos sobre os hábitats en que se desenvolven e as especies autóctonas que os conforman.

ii. É preciso fomentar o coñecemento da Rede de alerta temperá de Galicia, que establece un protocolo para informar respecto da aparición e detección de novas especies exóticas que ocorran no noso territorio á Rede nacional para a vixilancia de especies exóticas invasoras.

iii. As novas informacións sobre a presenza de EEI deben ser avaliadas canto antes co obxectivo de establecer as actuacións precisas.

iv. Das actuacións de eliminación de EEI farase unha avaliación que incluirá como mínimo:

a. Especie sobre a cal se actúa.

b. Hábitat sobre o cal se actúa.

c. Métodos empregados.

d. Número de exemplares e superficie retirados.

e. Se a eliminación da poboación é total ou parcial e, neste último caso, estimar as porcentaxes.

1.8.3.3. Metodoloxía.

Unha vez determinados aspectos das especies invasoras identificadas no parque natural, como a súa distribución e abundancia, e os efectos que causan sobre a biodiversidade, débese poñer en marcha un programa para deseñar e desenvolver protocolos e estratexias de actuación para o control e erradicación de especies exóticas invasoras.

1.9. Paisaxe.

O Convenio europeo da paisaxe (CEP) aprobado o 19 de xullo do 2000 en Florencia, foi ratificado por España o 30 de novembro de 2007 e entrou en vigor o 1 de marzo de 2008. A Comunidade Autónoma de Galicia procedeu a regular en materia de paisaxe conforme o seu ámbito de competencia, establecido nos artigos 27.3 e 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia, referentes ás competencias exclusivas da comunidade galega en materia de ordenación do territorio, urbanismo e vivenda e ás normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución española. O resultado foi a Lei 7/2008, de protección da paisaxe de Galicia.

Esta proporciona ao tratamento da paisaxe un punto de partida política e xuridicamente consistente, insta os estados europeos a desenvolveren políticas paisaxísticas e permite superar a situación dominante en moitos ordenamentos en que a paisaxe segue sendo un elemento xuridicamente indeterminado. O CEP defende o patrimonio cultural e natural de Europa e a paisaxe como parte dese patrimonio. Considera a paisaxe na súa totalidade e non pola súa singularidade. No artigo 1 define paisaxe como: «calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos». Os obxectivos xerais da lei son:

– A protección da paisaxe entendida como todas as accións que teñan como fin a preservación e conservación dos elementos máis significativos e característicos dunha paisaxe, xustificados polo seu valor patrimonial como resultante da súa configuración natural ou intervención humana sobre o medio.

– A xestión da paisaxe, entendendo como tal aquelas accións que desde unha perspectiva de uso sustentable do territorio garantan o mantemento regular da paisaxe, co fin de guiar as transformacións inducidas polos procesos sociais, económicos e ambientais.

– A ordenación da paisaxe, que serán todas as accións que presenten un carácter prospectivo particularmente acentuado con vistas a mellorar, restaurar ou rexenerar paisaxes.

1.9.1. Caracterización paisaxística.

Enténdese por caracterización da paisaxe á descrición, clasificación e delimitación cartográfica das unidades de paisaxe dun territorio determinado e dos recursos paisaxísticos que as singularizan.

As unidades de paisaxe pódense definir como unha parte do territorio caracterizada por unha combinación específica de compoñentes paisaxísticos (de natureza ambiental, cultural e estética) e das dinámicas claramente recoñecibles que lle confiren unha idiosincrasia diferenciada do resto do territorio. As unidades de paisaxe defínense, por tanto, a partir da consideración dos elementos e factores naturais e/ou humanos que lle proporcionan unha imaxe e fano identificable ou único.

As unidades de paisaxe (UP) responden á integración das características físico-naturais do medio cos tipos de ocupación que soporta, sendo preciso destacar a notable coincidencia ou identificación, lóxica por outra banda, dos distintos usos do solo coas zonas con carácteres físicos homoxéneos.

A caracterización das unidades de paisaxe ten por obxecto:

– A definición, descrición e delimitación das características paisaxísticas no ámbito de estudo.

– A análise das súas características, dinámicas e presións que as modifican.

– Identificar os recursos paisaxísticos que singularizan positivamente o seu valor e os conflitos paisaxísticos que as degradan negativamente.

Así, a delimitación das unidades de paisaxe basearase tanto nos elementos que estruturan o territorio (montañas, río, rede de camiños…) como na súa organización (solo agrícola, forestal, ou urbano), considerando ao mesmo tempo as dinámicas que contribuíron e contribúen a dar forma á imaxe actual.

O carácter da unidade dependerá, por tanto, das formas do relevo (montañas, vales), dos usos do solo (cultivos, zonas urbanizadas), da organización do espazo, da dimensión histórica (estruturas paisaxísticas), da percepción (textura, cores, formas), das transformacións inmediatas ou das relacións que se establecen entre a poboación e a súa paisaxe.

A paisaxe desta unidade está principalmente condicionado polo aspecto agreste que proporcionan os afloramentos calcarios, xunto á persistencia de extensas áreas de aciñeirais, erbedais e matogueiras de cistáceas. A irregularidade do terreo leva a aproveitar tan só depresións kársticas para a produción agrícola, sendo tamén destacable a parte do territorio dedicada ao cultivo do castiñeiro.

1.9.2. Unidades de paisaxe para o ámbito do parque natural.

As unidades de paisaxe que se delimitan son as establecidas no Catálogo de paisaxes de Galicia e corresponden á delimitación de zonas do territorio homoxéneas en canto ao tipo de paisaxe. Os tipos de paisaxe son o resultado de combinar tres factores: xeomorfoloxía, bioclima e patrón espacial de uso do solo.

Dos tres factores considerados na delimitación das unidades de paisaxe, o uso do solo é o que presenta unha maior variabilidade, tanto espacial como en número de clases, sendo, como consecuencia, o que dá lugar a un maior número de unidades de paisaxe. Por outra banda, é o único destes tres factores que presenta unha variabilidade temporal elevada. Por todos estes motivos, estas unidades de paisaxe están estreitamente vinculadas ao uso e cobertura do solo e a súa actualización debe ter en conta a evolución do uso do solo.

Segundo este Catálogo de paisaxes de Galicia, a zona do ámbito de estudo atópase dentro da clasificación de grandes áreas paisaxísticas como «ribeiras encaixadas do Miño e do Sil», dentro da comarca de Valdeorras.

O ámbito de estudo presenta dous tipos de paisaxe xeomorfolóxico, un vinculado a unidades morfolóxicas de serra e outro a vales interiores, que corresponden con paisaxes climáticas mesotemperado inferior e mesomediterráneo respectivamente.

Desde o punto de vista da cobertoira, no ámbito pódense diferenciar dous tipos principais de paisaxe, as paisaxes naturais e as paisaxes antropizados.

As paisaxes naturais correspóndense cos elementos de relevo e a vexetación que os recobre, principalmente bosque, matogueira e rochedo. Nese sentido é destacable que as principais comunidades vexetais leñosas cumpran co perfil da vexetación mediterránea: presentan unha rápida e efectiva rexeneración postincendio. Esta calidade é aplicable tanto ao aciñeiral como ao espiñeiral, queirogais e xarais.

Como elementos antrópicos da paisaxe, é dicir, os debidos á acción constante e reiterada do home modificando o medio natural, diferéncianse os que corresponden cos usos tradicionais (aldeas, hortas, prados de rega, viña, etc.) e os que corresponden con infraestruturas e grandes explotacións de recursos (a N-120, a vía férrea, a presa de Penarrubia e a central hidroeléctrica de Cornatel e a canteira de explotación de pedra calcaria de Vilardesilva).

1.10. Corredores ecolóxicos.

O artigo 3 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015), define un corredor ecolóxico como o «territorio de extensión e configuración variables que, debido á súa disposición e ao seu estado de conservación, conecta funcionalmente espazos naturais de singular relevancia para a flora ou a fauna silvestres separados entre si, permitindo, entre outros procesos ecolóxicos, o intercambio xenético entre poboacións de especies silvestres ou a migración de espécimes desas especies».

Un territorio onde os espazos de valor natural estean conectados e se permita o movemento de fauna e flora, o intercambio de xenes e, nun sentido máis amplo, o funcionamento de procesos ecolóxicos, é clave para conservar a biodiversidade e os recursos naturais e para afrontar con maiores garantías os efectos indesexables do cambio climático.

No interior do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra existen na actualidade varias barreiras aos fluxos bióticos e abióticos como son as infraestruturas de transporte, o encoro de Penarrubia, os tendidos eléctricos e varios núcleos de poboación, polo que se lles debe prestar especial atención para que non supoñan unha barreira ao movemento de especies como anfibios, réptiles ou aves nin para que interrompan o fluxo de auga ou nutrientes.

O parque é percorrido por dous cursos de auga permanente, o río Sil e o río Galir, así como por cursos de carácter estacional que discorren desde o alto das serras (entre os cales destaca o regueiro de Pereda e o regueiro do Muíño), estes actúan como corredores ecolóxicos, xa que son traxectos lineais que permiten o fluxo das especies e a conexión de hábitats distanciados. O mantemento da calidade da auga e das franxas de vexetación nas beiras de ríos e regatos facilita a súa funcionalidade como corredor ecolóxico e permite fomentar a interconexión entre diferentes ecosistemas. Con todo, a construción no río Sil do encoro de Penarrubia coa presenza de beiras de elevada pendente, unida ás oscilacións do nivel da auga, impiden na actualidade un correcto desenvolvemento da vexetación de ribeira, ben desenvolvida augas abaixo da presa.

Entre as especies de interese para a conservación presentes no espazo natural destaca a avifauna nidificante; débense tomar medidas para atenuar a afección que provocan sobre ela os tendidos eléctricos, detectando as zonas de maior risco de electrocución e mellorando o illamento dos postes eléctricos.

O parque natural é atravesado por dúas importantes vías de comunicación entre Galicia e a Meseta, a estrada N-120 e o ferrocarril, o que supón unha notable perda da naturalidade da zona e unha barreira para algunhas especies de fauna, para evitar e emendar este efecto sería conveniente limitar a velocidade no interior do parque e detectar e corrixir os puntos negros de atropelamento de fauna, sobre todo nas proximidades de zonas húmidas e arborizadas.

No tocante aos núcleos de poboación, poderíase corrixir o efecto barreira da contaminación luminosa e acústica adoptando boas prácticas respecto diso; tamén se pode fomentar a naturalización dos espazos urbanos, apostando por modelos de xestión menos intensivos e desnaturalizantes nas parcelas, peches permeables e que ofrezan refuxio, etc.

1.11. Usos e aproveitamentos: actuais e previstos.

Os territorios en que se atopa o parque natural foron poboados desde a antigüidade debido á riqueza dos recursos naturais e a fertilidade das súas terras. Das épocas paleolítica, neolítica e da Idade do Bronce téñense recollido achados en varias covas das serras de Rubiá (Fernández Rodríguez et al, 1993). Existen vestixios de asentamentos castrexos no Robledo da Lastra, Biobra, Covas e Pardollán (Amado Rolán, 2008). Na época romana toda a rexión viviu unha forte actividade, coa proximidade das minas de ouro das Médulas e o trazado da vía XVIII que unía Astorga con Braga pasando por Oulego e Pena Tallada dentro dos límites do espazo natural. O século XX viuse marcado polo éxodo rural, sendo o concello de Rubiá, de eminente carácter rural, un dos máis castigados pola emigración e que subsistía coa agricultura e a gandaría de autoconsumo, predominando sempre o cultivo de viño e de castiñeiros para a produción de froitos. A mediados dos anos setenta empezou o retorno porque se produciu un gran cambio na estrutura económica, comezaron as explotacións de lousa e con ela chegou o traballo. Hoxe en día, unha parte da poboación traballa nas canteiras e as empresas transformadoras de lousa.

1.11.1. Usos e aproveitamentos actuais.

O devir histórico conduciu na actualidade a distintas configuracións dos usos do territorio rexistrado no territorio que ocupa o parque natural.

O número de unidades ambientais delimitadas no territorio do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra ascende a un total de 25 (plano 5: Unidades ambientais, anexo II); sendo as máis abundantes as relacionadas cos ambientes antrópicos (UA500, UA600 e UA700), áreas urbanas e industriais (UA800) e viarias e liñas de abastecemento (UA900). Con todo, estas unidades non alcanzan máis do 25 % da superficie do espazo natural, polo que non son moi significativas.

UNIDADES AMBIENTAIS

COD_UA

Designación de unidade ambiental

Sup. (ha)

% Sup.

UA200 Zonas húmidas continentais

 

 

UA220

Augas correntes

10,5

0,3

UA260

Bosques húmidos

3,7

0,1

UA281

Herbais húmidos de mediano porte

0,2

< 0,1

UA300 Matogueiras e medios rochosos

 

 

UA310

Grandes superficies de queirogais

260,6

8,3

UA312

Grandes superficies de matogueiras subesclerófilas

292,2

9,3

UA320

Matogueiras e medios rochosos silíceos

312,9

9,9

UA322

Matogueiras e medios rochosos calcarios

312,1

9,9

UA400 Bosques naturais e seminaturais

 

 

UA411

Grandes superficies de bosques antigos

843,6

26,8

UA424

Bosques de aciñeiras

31,0

1,0

UA425

Bosques seminaturais de Castanea sativa

322,5

10,2

UA500 Paisaxe rural tradicional

 

 

UA530

Mosaico rural con campos sen sebes

373,4

11,9

UA531

Mosaico rural con campos rodeados de sebes arbustivas

86,4

2,7

UA532

Mosaico rural con campos rodeados de sebes arbóreas

25,5

0,8

UA600 Paisaxe rural transformada

 

 

UA620

Grandes superficies agrícolas intensivas sen rega

0,6

< 0,1

UA630

Piñeirais

77,8

2,5

UA634

Plantacións forestais de anxiospermas alóctonas

24,1

0,8

UA700 Zonas húmidas artificiais

 

 

UA710

Grandes encoros

94,8

3,0

UA800 Áreas urbanas e industriais

 

 

UA810

Núcleos de poboación

14,3

0,5

UA820

Construcións de uso agrícola, forestal e de acuicultura

0,2

< 0,1

UA850

Áreas de uso deportivo, recreativo ou dotacional

1,2

< 0,1

UA860

Explotacións mineiras

9,2

0,3

UA870

Construcións, explotacións e dependencias abandonadas

0,7

< 0,1

UA900 Vías e liñas de abastecemento

 

 

UA910

Vías terrestres de comunicación

52,0

1,7

UA920

Liñas de abastecemento de enerxía

1,7

0,1

UA930

Infraestruturas de abastecemento e xestión de auga

0,3

< 0,1

Táboa 14. Listaxe, superficies ocupadas e porcentaxe das unidades ambientais presentes
no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

As máis importantes en canto a superficie son as unidades ambientais de bosques naturais e seminaturais (UA400), un 38,0 % do parque, entre as cales destacan a superficie ocupada por bosques antigos e bosques de castiñeiro (os cales alcanzan, respectivamente, uns valores superficiais de 843,6 ha e 322,5 ha) e en menor medida os aciñeirais, que constitúen unha das manchas continuas máis extensas de Galicia. Seguidas das unidades ambientais de matogueira e medios rochosos (UA300), xa que cobren o 37,4 % da superficie, repartidos equitativamente entre as matogueiras e medios rochosos silíceos, as matogueiras e medios rochosos calcarios, grandes superficies de queirogais e grandes superficies de matogueiras subesclerófilas.

As restantes unidades ambientais apenas superan o 12 % da superficie, a excepción do mosaico rural con campos sen sebes (UA530) que case chegan a ocupar 374 ha do parque. É destacable a presenza no límite do espazo natural de tramos encorados de río (UA710), que supoñen unha única unidade cartográfica de 94,3 ha.

1.11.2. Previsións de usos e aproveitamentos.

A previsión de usos e aproveitamentos para o período de vixencia do plan prevé o mantemento das formacións vexetais máis representativas do espazo natural, daquelas que presentan un maior risco de degradación irreversible, así como das comunidades ou especies de especial interese polo seu carácter endémico e/ou a súa situación ameazada. Propicia, paralelamente, a conservación e recuperación das representacións de hábitats de carácter natural e seminatural e os hábitats que albergan as especies de flora e fauna de interese para a conservación, como é o caso dos bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior en desfavorable estado de conservación, especialmente por mor da extensión e xeneralización de cultivos de chopos.

Por outra banda, é previsible unha redución da superficie ocupada por repoboacións forestais con piñeiro e outras especies alóctonas, evitando novas plantacións, especialmente nas zonas con bosque mediterráneo e tamén en zonas de queirogais, onde se deberá promover a sucesión natural cara á rexeneración dos aciñeirais, así como a eliminación das especies invasoras exóticas. De igual modo, trátase de evitar a repoboación con piñeiros, eucaliptos e outras especies exóticas, incentivando no seu lugar cultivos agrícolas alternativos ou a plantación de castiñeiros e árbores froiteiras.

Recóllese tamén unha ordenación da extracción da leña e outros usos permitidos nos bosques mediterráneos, de maneira que se preserven integramente as formacións mellor conservadas e non se interrompa o proceso de rexeneración natural de fragmentos dispersos de bosque, especialmente en ladeiras de substrato silíceo, xa que na actualidade apenas existe representación nestas zonas. Fomentarase a agricultura ecolóxica e o código de boas prácticas agrarias.

Polo que respecta ás actividades deportivas e de lecer que se practican no interior do parque natural, prohíbense ou regúlanse aquelas que poidan supoñer unha deterioración para o medio ou un perigo para os visitantes do espazo.

2. Obxectivos operativos e de xestión.

O presente plan ten como obxectivo global o mantemento ou, se for o caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as exixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais. Para conseguilo, o plan fixa os seguintes obxectivos derivados das normativas que rexen a xestión dos espazos naturais e a biodiversidade, a nivel comunitario (DC 92/43/CEE e DC 2009/147/CEE), nacional (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómico (Lei 9/2001, Decreto 77/2002).

a) A conservación da biodiversidade a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo a preservación das paisaxes, os medios ecolóxicos e os hábitats, así como a conexión das poboacións de fauna e flora silvestres e preservando a diversidade xenética.

b) Contribuír e garantir a biodiversidade mediante o establecemento de medidas de xestión para o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos tipos de hábitats naturais destacados no anexo I da DC 92/43/CEE e das poboacións e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, xunto coas especies de aves e, de forma concreta, as destacadas no anexo I da DC 2009/147/CEE, e as especies de aves migratorias. Así como os núcleos de poboación e os hábitats das especies incluídas no Catálogo nacional de especies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas.

c) Establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais e das augas subterráneas, así como dos ecosistemas acuáticos e zonas húmidas, que favoreza a súa conservación e o seu uso sustentable.

d) A regulación de actividades, proxectos e plans susceptibles de afectar a integridade dos espazos ou dos seus compoñentes (hábitats e especies), en coherencia co artigo 6 da DC 92/43/CEE, co artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015) e acorde coa lexislación vixente.

e) Propiciar o desenvolvemento sustentable, favorecendo os usos e aproveitamentos respectuosos co medio. Este uso debe ser compatible co mantemento dos ecosistemas e non reducir a viabilidade dos outros recursos nin minguar as posibilidades de goce destes ás xeracións próximas.

f) Fomentar o uso de actividades compatibles coa conservación da biodiversidade.

g) Promover a difusión dos valores do patrimonio natural e cultural, regulando de forma compatible coa súa conservación tanto a actividade investigadora como a educativa.

h) Consolidar a protección do parque mediante unha xestión adecuada de acordo co réxime xurídico establecido.

3. Zonificación.

A zonificación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra queda fixada no Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN) aprobado polo Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, pola Xunta de Galicia. Procédese durante a elaboración do presente PRUX á modificación da denominación das unidades de zonificación, para buscar unha unidade en toda a rede de parques naturais de Galicia, de maneira que se facilite a interpretación da zonificación dunha maneira rápida e intuitiva.

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

 

Zona I

 

Zona de reserva

Son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergar os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

Zona II

 

Zona de uso limitado

A zona de uso limitado está constituída por aquelas áreas que requiren dunha maior protección por presentaren unha ou varias das seguintes características:

1. Albergan valores naturais de excepcional rareza.

2. Albergan valores naturais de especial interese pola súa escaseza e/ou diversidade.

3. Albergan valores naturais de especial fraxilidade.

Estas áreas inclúen na súa maior parte hábitats prioritarios ou de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), pero tamén áreas prioritarias para a conservación de especies de interese comunitario (anexo II da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Está constituída polas áreas que presentan un elevado grao de naturalidade e que poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental e á contemplación da natureza de forma controlada. Garántese a conservación íntegra dos seus recursos e os valores á vez que se permiten determinados aproveitamentos tradicionais.

Zona III

 

Zona de uso compatible

A zona de uso compatible está formada por áreas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou hábitats de especies de interese para a conservación (especies dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, especies de aves migratorias e aves do anexo I da DC 2009/147/CE, especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas) que:

1. Forman parte dunha matriz que inclúe elementos da paisaxe agraria tradicional e cultivos forestais.

2. Sitúanse en espazos moi demandados polo uso público.

Esta categoría inclúe os terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportan un maior grao de humanización ou ben presentan boa capacidade para soportar un uso público máis intenso. Nestas zonas permítese a práctica de usos agropecuarios e aproveitamentos tradicionais.

Zona IV

 

Zona de uso xeral

Son aquelas áreas que presentan menor calidade dentro o espazo natural protexido; poderanse utilizar para a localización das instalacións de uso público.

Táboa 15. Zonificación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra segundo o PRUX e o PORN do Parque Natural
Serra da Enciña da Lastra (Decreto 77/2002, DOG núm. 55, do 18 de marzo).

ZONIFICACIÓN PORN

ZONIFICACIÓN PRUX

Zona de reserva

Zona de reserva

Zona de uso público restrinxido

Zona de uso limitado

Zona de uso moderado

Zona de uso compatible

Zona de uso xeral

Zona de uso xeral

Táboa 16. Equivalencia entre as unidades de zonificación segundo o Decreto 77/2002 (DOG núm. 55, do 18 de marzo) e as empregadas no PRUX.

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

 

 

 

 

 

Zonas

Zona I

Zona II

Zona III

Zona IV

 

Zona de reserva

Zona de uso limitado

Zona de uso compatible

Zona de uso xeral

 

Superficie (ha)

 

119,5

1.155,2

1.805,1

71,8

Porcentaxe

 

3,8

36,6

57,3

2,3

Táboa 17. Zonificación e superficie ocupada por cada zona do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

A zonificación establecida no Plan director da Rede Natura 2000 (Decreto 37/2014) adopta un sistema xerarquizado de zonas como ferramenta básica para a planificación e xestión dos compoñentes da biodiversidade co fin de asegurar os obxectivos de conservación e uso sustentable dos recursos naturais en cada espazo protexido e no conxunto da Rede Natura 2000.

A zonificación establecida no correspondente instrumento de planificación para ámbito territorial do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (plano 6: Zonificación, anexo II), garda unha correspondencia directa coas unidades de zonificación establecidas no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Esta correspondencia débese ao disposto no artigo 51.2 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), no cal se establece que, para efectos de homologación e do cumprimento dos compromisos internacionais, as categorías establecidas nos espazos do territorio nacional deberán asignarse con base nas establecidas internacionalmente.

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

 

 

 

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

 

Plan director Rede Natura 2000 de Galicia

 

 

 

Zona I

 

Zona de reserva

 

Zona 1

 

Área de protección

Zona II

 

Zona de uso limitado

 

Zona 1

 

Área de protección

Zona III

 

Zona de uso compatible

 

Zona 2

 

Área de conservación

Zona IV

 

Zona de uso xeral

 

Zona 3

 

Área de uso xeral

Táboa 18. Equivalencia entre as unidades de zonificación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra segundo o PRUX e as empregadas no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014).

Esta zonificación considérase complementaria naqueles espazos naturais protexidos que posúan instrumentos específicos de planificación e xestión de acordo coa Lei 9/2001 e coa Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), os cales conten xa cunha zonificación establecida.

4. Medidas de xestión.

O Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia, BOE núm. 101, do 28 de abril), confire á Comunidade Autónoma de Galicia, entre outras, as competencias en materia de conservación do ambiente e da paisaxe, acordes co artigo 149.1.23 da Constitución española (BOE núm. 311, do 29 de decembro de 1978).

Os decretos 146/2016, do 13 de novembro (DOG núm. 217, do 14 de novembro) e 177/2016, do 15 de decembro (DOG núm. 239, do 16 de decembro) estableceron a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e fixaron a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia. Con posterioridade, o Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 185, do 27 de setembro), cambia a denominación da consellería competente en materia de ambiente pola de «Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda», e o Decreto 106/2018, do 4 de outubro (DOG núm. 191, do 5 de outubro), modifica parcialmente o Decreto 177/2016.

O Decreto 42/2019, do 29 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 79, do 25 de abril), dispón no seu artigo primeiro que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma a que corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, e conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

4.1. Medidas y normativa xeral.

4.1.1. Introdución.

De acordo cos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000, e unha vez identificados os principais compoñentes e valores do espazo natural, así como as principais afeccións e ameazas, procédese a definir os obxectivos e directrices que se adoptarán na ordenación dos usos e das actividades para desenvolver no espazo natural obxecto do presente plan. A orientación principal da ordenación será o mantemento nun estado de conservación favorable da biodiversidade de cada espazo e, en especial, dos tipos de hábitats e das especies de maior significación existentes neste. As necesidades de conservación e restauración deberán compatibilizarse cos aproveitamentos tradicionais, cuxo mantemento é fundamental para garantir o desenvolvemento das comunidades que viven neste territorio.

Para a súa consecución, o presente plan apóiase nos seguintes instrumentos:

– Unha zonificación de territorio comprendido polo espazo natural, de carácter homoxéneo para o conxunto da rede de espazos, a partir do cal se definen as diferentes categorías de protección que condicionan os usos, aproveitamentos e actuacións de cada unha delas.

– Unha regulación de usos e actividades, a fin de garantir os obxectivos de conservación da Rede Natura 2000, propostos pola DC 92/43/CEE e a DC 2009/147/CE, así como na normativa de ámbito estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015) e autonómica (Lei 9/2001), regulación que se establece de forma xenérica para todo o ámbito do espazo natural ou ben de forma específica para as diferentes unidades territoriais fixadas na zonificación do espazo (zonas).

O presente plan articula as directrices e normativas de xestión en tres niveis.

– O primeiro nivel corresponde coas «Medidas xerais de xestión», que marca o desenvolvemento das actuacións no parque natural, así como das políticas sectoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores, que derivan das normativas de ámbito europeo (DC 2009/147/CE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómico (Lei 9/2001, Decreto 77/2002).

– Nun segundo nivel desenvólvese a «Normativa por compoñentes e actividades» que conforman o parque natural e defínense, en consecuencia, obxectivos, directrices e normas de aplicación das principais actividades e proxectos. A normativa por compoñentes inclúe obxectivos, directrices e normas elaboradas a partir da lexislación sectorial vixente.

– O terceiro nivel vén marcado pola normativa zonal, de modo que para cada unha das unidades de zonificación establecidas no plan e delimitadas no parque natural en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, proponse un réxime de ordenación e xestión específico, que responde, en consecuencia, ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais.

Cabe destacar que a todo este proceso foi incorporada a normativa recollida nas disposicións de aprobación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002, do 4 de abril, DOG núm. 85, do 3 de maio), así como o instrumento de planificación correspondente: Decreto 77/2002, do 28 de febreiro (DOG núm. 55, do 18 de marzo), polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra.

A formulación das normativas de ordenación e xestión, en relación con plans, proxectos e actividades que, sen teren relación directa coas necesidades de xestión, poderían provocar unha afección significativa sobre a integridade do espazo ou dos seus compoñentes, realízase en conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE (Directiva Hábitats), así como pola propia normativa de impacto ambiental. Isto permite incrementar a seguridade xurídica de certas actividades e, en concreto, daquelas de carácter tradicional, vinculadas ao sector primario (agricultura, gandería, montes, etc.), promovendo aquelas de carácter sustentable.

4.1.2. Medidas xerais de xestión.

O primeiro nivel das medidas de xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra correspóndese cunha normativa xeral de ordenación, que marca o desenvolvemento das actuacións no espazo protexido, así como das políticas territoriais que inciden sobre este e sobre os seus valores. Este punto integra as medidas e a normativa xeral, definindo a seguir o alcance e ámbito de aplicación do Plan reitor de uso e xestión (PRUX), a exclusión e promoción de diferentes actividades socioeconómicas, así como da difusión do propio parque e os seus valores.

4.1.2.1. Medidas e normativa xeral.

A normativa xeral de ordenación e xestión regula o desenvolvemento das actuacións no espazo, así como das políticas territoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores. As normas xerais elabóranse a partir dos obxectivos e criterios orientadores derivados da normativa comunitaria (DC 2009/147/CE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómica (Lei 9/2001), así como dos derivados dos instrumentos de planificación existentes para o ámbito territorial do parque natural (Decreto 77/2002), e xunto con criterios propios relativos á exclusión ou, se for o caso, a regulación, de determinadas actividades.

4.1.2.1.1. Principal normativa sobre a cal se estrutura o PRUX.

4.1.2.1.1.1. Normativa da Unión Europea.

– Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente.

– Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e flora silvestre (DOUE 206/7, 22.7.1992).

– Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001 relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente (DOUE 197, 21.7.2001).

– Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de acceso público á información ambiental. Modifica as directivas de AIA e IPPC, para axustar o dereito comunitario ao Convenio de Aarhus. Establece a imposición dun procedemento ao respecto na elaboración dos plans e programas previstos nas directivas relativas a residuos, pilas e acumuladores, residuos perigosos, envases e os seus residuos, calidade do aire, vertedura de residuos «nitratos».

– Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres (DOUE núm. 20/7, do 26.1.2010).

– Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente (DOUE núm. 26, do 28.1.2012).

– Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, pola que se modifica a Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente (DOUE núm. 124, do 25.4.2014).

4.1.2.1.1.2. Normativa estatal.

a) Ordenación do territorio.

– Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana.

– Lei 45/2007, de desenvolvemento sustentable do medio rural.

b) Avaliación ambiental.

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

– Lei 6/2010, do 24 de marzo, de modificación do texto refundido da Lei de avaliación ambiental de proxectos, aprobada polo Real decreto 1/2008, do 11 de xaneiro.

c) Paisaxe.

– Ratificación do Convenio europeo da paisaxe por parte do Estado español, do 26 de novembro de 2007. Entrada en vigor o 1 de marzo de 2008.

d) Conservación da natureza.

– Lei 33/2015, do 21 de setembro, pola que se modifica a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 7/2018, do 20 de xullo, de modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes (BOE do 22 de novembro).

– Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais da flora e fauna silvestre (traspón a Directiva 79/409/CEE, 92/43/CEE e 97/62/CE sobre Rede Natura 2000).

– Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas; e as súas modificacións: Orde AAA/75/2012, do 12 de xaneiro; Orde AAA/1771/2015, do 31 de agosto e Orde AAA/1351/2016, do 29 de xullo.

e) patrimonio cultural.

– Lei 16/1985, do 25 de xuño, de patrimonio histórico español.

– Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985.

– Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os «hórreos» ou «cabazos» antigos existentes en Galicia e Asturias.

– Decreto 798/1971, do 3 de abril, polo que se dispón que nas obras e nos monumentos e conxuntos histórico-artísticos se empreguen no posible materiais e técnicas tradicionais.

– Decreto 571/1963, do 14 de marzo, sobre protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico.

f) Urbanismo.

– Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.

– Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación (modificada pola Lei 8/2013).

– Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento (RPU/1978).

– Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística (RGU/1978) en todo o que non se opoña ao disposto pola L 8/2007, L 9/2002 e RDL 1/1992, na parte non derrogada.

g) Accesibilidade.

– Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

– Real decreto 505/2007, de condicións básicas de accesibilidade en espazos públicos urbanizados e edificacións.

h) Augas.

– Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

– Real decreto 1514/2009, do 2 de outubro, polo que se regula a protección das augas subterráneas contra a contaminación e a deterioración.

– Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o regulamento do dominio público hidráulico, modificado polo Real decreto 606/2003, do 23 maio, e polo Real decreto 9/2008, do 11 xaneiro.

i) Mobilidade.

– Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas (BOE do 30 de setembro).

– Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31 de xullo), desenvolvida por Regulamento aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE do 8 de setembro).

– Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas (e as súas modificacións).

j) Ruído.

– Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

– Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.

k) Atmosfera e cambio climático.

– Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.

– Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

l) Residuos.

– Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

– Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envase.

– Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

– Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

– Real decreto 9/2005, 14 xaneiro, que establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

– Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

– Real decreto 1383/2002, 20 decembro, sobre xestión de vehículos ao final da súa vida útil.

m) Outras.

– Orde PRE/1841/2005, do 10 de xuño, pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de xaneiro de 1993, do Ministerio de Relacións coas Cortes e a Secretaria do Goberno, sobre zonas prohibidas e restrinxidas ao voo.

– Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro).

– Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

– Real decreto lexislativo 1/2001 polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas (BOE núm. 76, do 24 de xullo).

– Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 36, do 31 de decembro).

– Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

4.1.2.1.1.3. Normativa de Galicia.

a) Ordenación do territorio.

– Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (modifica aspectos referidos a diferentes leis e decretos, como a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia).

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

– Lei 4/2015, do 27 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

– Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (coas modificacións introducidas pola Lei 9/2002, de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia, e a Lei 2/2010, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia). Vixente ata o 19 de marzo de 2016.

– Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio (DOT).

– Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

– Decreto 330/1999, do 9 de decembro, polo que se establecen as unidades mínimas de cultivo para Galicia.

– Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

b) avaliación ambiental.

– Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Lei 2/1995, do 31 de marzo, pola que se dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

– Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

– Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro).

c) Paisaxe.

– Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

– Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia (DOG núm. 160, do 25 de agosto).

d) Montes.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, texto consolidado.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, texto consolidado.

– Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

– Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

– Lei 13/1989, 10 de outubro, montes veciñais en man común (DOG do 20 de outubro).

– Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

– Orde do 20 de abril de 2018 pola que se modifican os anexos II, III e VI do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, e regúlanse os procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros.

– Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia.

e) conservación da natureza.

– Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

– Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG do 4 de setembro).

– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (modificado no número 3 do artigo 60 do anexo II, ordinal 1º da letra c), por Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (DOG núm. 245, do 28 de decembro).

– Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e créase o Inventario de humidais de Galicia (DOG do 25 de xuño) (corrección de erros do 30 de xuño).

– Decreto 72/2004, do 2 de abril, de declaración de espazos como zonas de especial protección dos valores naturais.

– Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos.

– Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

– Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, e se actualiza o devandito catálogo.

– Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (modifica o Decreto 37/2014, do 27 de marzo).

f) Patrimonio cultural.

– Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

– Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

– Decreto 199/1997, do 10 xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica de Galicia (DOG do 6 de agosto).

– Decreto 430/1991, do 30 decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural e créase o Rexistro de bens de interese cultural de Galicia.

– Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

g) Urbanismo.

– Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Publicas e Vivenda do 20 de febreiro de 2006 sobre o Plan de inspección urbanística autonómica.

h) Accesibilidade.

– Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

– Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

i) Augas.

– Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

– Lei 5/2006, do 30 de xuño, de protección, conservación e mellora dos ríos galegos.

– Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación de augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas.

– Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o inventario de humidais de Galicia.

j) Mobilidade.

– Lei 8/2013, de estradas de Galicia.

– Decreto 308/2003, do 26 de xuño, de relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 21 de xullo).

k) Ruído.

– Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

l) Atmosfera e cambio climática.

– Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia (DOG do 31 de decembro de 2002, BOE do 21 de xaneiro de 2003).

m) Residuos.

– Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia (BOE do 6 de decembro).

– Decreto 174/2005, 9 de xuño, que regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o rexistro xeral de produtoras e xestores de residuos de Galicia.

– Orde do 20 xullo 2009, de construción e xestión dos vertedoiros en Galicia.

– Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020 aprobado polo Consello da Xunta o 13 de xaneiro de 2011.

n) Minaría.

– Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

– Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

o) Outros.

– Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia e se aproba o Manual de sinalización turística de Galicia.

– Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia con data do 27 de maio de 2004.

– Plan sectorial eólico de Galicia e as súas modificacións.

– Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

– Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

p) Planeamento vixente de carácter territorial.

– Plan xeral de ordenación municipal e ordenanzas municipais.

4.1.2.1.1.4. Normativa do parque natural.

– Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais de Serra da Enciña da Lastra (DOG núm. 55, do 18 de marzo).

– Decreto 157/2002, do 4 de abril, de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (DOG núm. 85, do 3 de maio).

– Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG núm. 69, do 12 de abril).

4.1.2.1.2. Medidas e normativa xeral.

4.1.2.1.2.1. Directrices xerais.

i. Os obxectivos de conservación primarán sobre calquera outra actividade que se planifique ou se desenvolva no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. En toda actuación primará o principio de cautela, de mínima intervención e menor agresividade para os compoñentes da biodiversidade do parque natural.

ii. Fomentarase a utilización dos compoñentes naturais do espazo dun modo e a un ritmo que non ocasione a diminución a longo prazo da biodiversidade, de modo que se aseguren as posibilidades de satisfacer as necesidades e as aspiracións das xeracións actuais e futuras.

iii. Velarase polo mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos ecosistemas.

iv. Velarase pola preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe, evitando ou, se for o caso, minimizando a degradación destes por elementos ou construcións que supoñan un elevado impacto visual, derivado da súa localización, materiais empregados ou das relacións de texturas e cores utilizadas.

v. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e restauración dos hábitats naturais e seminaturais, facendo especial fincapé naqueles considerados como prioritarios ou de interese comunitario e aqueles con reducida representatividade ou elevada fraxilidade, no ámbito do parque natural.

vi. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e recuperación das especies silvestres de flora e fauna, facendo especial fincapé naquelas consideradas como protexidas por normativas internacionais, comunitarias, nacionais ou galegas.

vii. Concederase prioridade ás especies de interese para a conservación, ás especies endémicas ou que posúan unha área de distribución limitada, así como ás especies de fauna migratoria.

viii. Darase preferencia á conservación da diversidade xenética das poboacións silvestres de flora e fauna, así como ao mantemento ou, se for o caso, á recuperación de razas, variedades e cultivares tradicionais que formen parte dos agrosistemas tradicionais.

ix. Evitarase a introdución e controlarase ou mitigarase a difusión e expansión de especies, subespecies ou razas xeográficas distintas ás autóctonas, na medida en que poidan competir con estas, alterar a súa pureza xenética ou provocar desequilibrios ecolóxicos sobre os hábitats naturais e seminaturais, así como sobre as poboacións das especies de flora e fauna.

x. As actividades e actuacións que se desenvolvan no parque natural buscarán o mantemento dos reservatorios naturais de carbono existentes no parque natural, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, así como unha maior eficiencia no gasto dos recursos renovables e no control integral dos residuos e produtos contaminantes.

xi. Evitarase a realización de calquera tipo de actividade que poida supoñer un risco de contaminación das augas continentais, tanto superficiais como subterráneas.

xii. Manteranse as actividades e usos que sexan compatibles coa conservación da biodiversidade e o uso sustentable dos recursos naturais.

xiii. Mellorarase a calidade de vida dos habitantes do parque natural mediante a adopción de medidas de dinamización e desenvolvemento económico, dirixidas especialmente ás actividades relacionadas co uso público, o turismo e o aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

xiv. Elaborarase un programa de seguimento da realidade económica, sociolóxica e natural do parque natural co fin de poder avaliar adecuadamente a repercusión de programas e proxectos sobre as características naturais do espazo.

xv. Farase promoción do coñecemento dos valores naturais e culturais do parque natural a través da coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.

4.1.2.1.2.2. Obxectivos específicos do parque natural.

i. Garantir o mantemento ou, se for o caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos tipos de hábitats de interese comunitario e dos hábitats das especies protexidas.

ii. Garantir o mantemento ou, se for o caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable, das especies de interese comunitario, así como das especies catalogadas, presentes no parque natural, con especial atención ás especies de flora endémicas de área restrinxida e endémicas exclusivas das calcarias bercianas.

iii. Conservación da biodiversidade, das paisaxes e da xea.

iv. Restaurar os sistemas naturais vexetais degradados.

v. Protexer e recuperar, sempre que sexa posible, o réxime de funcionamento natural de ríos, regatos e acuíferos e evitar ou corrixir calquera actuación que poida ser causa de degradación da calidade da auga.

vi. Propiciar e fomentar a conservación de todas as especies de aves silvestres que viven normalmente en estado salvaxe no territorio, de forma que se garanta a protección, a administración e a regulación das devanditas especies. O mantemento ou adaptación das devanditas especies levarase a cabo nun nivel que corresponda ás exixencias ecolóxicas, científicas e culturais, tendo en conta as exixencias económicas e recreativas.

vii. Establecer medidas de conservación con respecto ás especies de aves migratorias a chegada das cales sexa regular, tendo en conta as necesidades de protección na zona terrestre no relativo ás súas áreas de reprodución, de muda e de invernada e ás zonas de descanso nas súas áreas de migración.

viii. Evitar a contaminación ou a deterioración dos hábitats, así como as perturbacións que afecten as aves incluídas no anexo I da DC 2009/147/CE.

ix. Compaxinar o aproveitamento forestal coa regulación e conservación dos valores naturais do parque natural.

x. Promover e apoiar no interior do parque as actividades tradicionais compatibles coa protección do medio natural.

xi. Asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos seus valores ambientais e do seu patrimonio natural e cultural, regulando de forma compatible coa súa conservación tanto a actividade investigadora como a educativa.

xii. Contribuír á mitigación do cambio climático global mediante o secuestro do dióxido de carbono atmosférico e o seu almacenamento nas biocenoses e nos solos.

xiii. Contribuír ao desenvolvemento sustentable social, económico e cultural no interior do parque natural.

xiv. Garantir que as actividades de uso público (deportivo, recreativo) se desenvolvan acordes cos obxectivos de conservación do parque natural.

xv. Garantir o cumprimento dos obxectivos de conservación establecidos nas distintas figuras de áreas protexidas que inciden no ámbito territorial do parque natural (Rede Natura 2000).

xvi. Asegurar a prestación de servizos públicos de puntos de información, centros de visitantes e rede de itinerarios, de acordo coa demanda existente e a súa evolución previsible.

xvii. Reforzar as relacións entre a Administración do parque e o resto das administracións con competencias no territorio, potenciando a coordinación, colaboración e intercambio de información.

4.1.2.1.2.3. Normativa xeral.

i. As autorizacións outorgadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural formularanse de acordo co artigo 6 da DC 92/43/CEE (trasposto ao ordenamento xurídico español na Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e en coherencia cos obxectivos e directrices recollidos no presente plan.

ii. Cando, de acordo coa lexislación sectorial vixente, as actividades descritas como de uso permitido ou autorizable no presente plan se deban someter a autorización de calquera organismo da Administración, enténdese que, aínda que estas entidades son as competentes para a expedición da autorización, esta deberá supeditarse ás condicións establecidas para cada tipo de actividade no ámbito do presente plan. Deberán comunicar ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural a solicitude e, se así o especifica a normativa do presente plan, solicitar o informe preceptivo do devandito organismo.

iii. Ademais das normas xerais contidas na declaración do parque natural, das establecidas no PORN e das que se especifican no presente documento, os visitantes e a poboación local deberán atender, durante a súa visita ao parque natural, todas aquelas recomendacións publicitadas por medio de carteis, folletos e outros recursos de información do parque. Procurarase que todos estes elementos de sinalización, información e divulgación respecten a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada das mulleres e dos homes, así como o emprego dunha linguaxe inclusiva.

iv. Calquera actividade, plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do parque ou sen ser necesario para ela, poida afectar de forma apreciable o citado espazo, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, se someterá a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do parque, así como os criterios establecidos na Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e na Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

v. Se, a pesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o espazo e a falla de solucións alternativas, debe realizarse un plan ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural tomará cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global da Rede Natura 2000 quede protexida, informando a Comisión das medidas compensatorias adoptadas. No caso de que o lugar considerado albergue un hábitat natural e/ou especies prioritarias, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio, ou ben outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde, de conformidade co establecido na Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

vi. A Dirección Xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de patrimonio natural é o órgano encargado da planificación, xestión e conservación do parque. De acordo co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 79, do 25 de abril), corresponden ao xefe de Servizo de Parques Naturais (artigo 11) o exercicio de funcións relativas á dirección e xestión executiva ordinaria do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, o seguimento das actuacións da xunta consultiva do devandito espazo protexido e a elaboración de instrucións para a formulación das propostas dos orzamentos e dos programas de xestión do espazo natural, así como para a execución e desenvolvemento do Plan reitor de uso e xestión.

vii. Segundo o artigo 6 do Decreto 157/2002, do 4 de abril, polo que se declara o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, créase a Xunta Consultiva do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, órgano colexiado, de carácter asesor e adscrito á Consellería de Medio Ambiente, coa cal colaborará na xestión do espazo natural e que canalizará a participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados.

viii. Con carácter xeral e por resultaren incompatibles cos fins do espazo protexido, son usos prohibidos en todo o parque natural, a excepción da zona de uso xeral, as novas obras, instalacións ou actividades coincidentes coas relacionadas na lexislación vixente en materia de avaliación de impacto ambiental (Directiva 2001/42/CE, Directiva 2011/92/UE, Directiva 2014/52/UE, Lei 21/2013, de avaliación ambiental), considerando do mesmo modo as ampliacións das preexistentes.

ix. Todas aquelas actuacións que produzan unha alteración física ou unha perda dos valores naturais, culturais, científicos ou educativos da área de aplicación do presente plan someteranse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental de acordo cos criterios e especificacións recollidos no presente plan.

4.1.2.1.2.4. Usos permitidos.

i. Con carácter xeral considéranse usos ou actividades permitidos aqueles de carácter tradicional que sexan compatibles coa protección do espazo natural e de todos aqueles non incluídos nos grupos de actividades prohibidas ou suxeitas a autorización nin recollidos na normativa específica contida neste plan.

ii. Ten a consideración de actividade permitida o obxecto do presente plan reitor de uso e xestión, polo que, segundo a disposición adicional sétima da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, non será necesario someter o plan, programa ou proxecto a avaliación ambiental.

4.1.2.1.2.5. Usos autorizables.

i. Todas aquelas actividades directamente relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública ou por outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde, ou ben que poidan ser obxectivamente consideradas como accións positivas de primordial importancia para o ambiente, sempre que cumpran co disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE.

ii. Considéranse usos autorizables aqueles usos que, baixo determinadas condicións e tras a obtención das correspondentes autorizacións dos organismos ou administracións competentes, así como a autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, poden ser executados ao ser considerados compatibles cos obxectivos de conservación do espazo e das compoñentes clave da biodiversidade, ao non levar consigo unha deterioración significativa, a curto ou medio prazo, dos seus valores.

iii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural avaliará o grao de significación da actividade e poderá autorizala tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión, e proporá, se for o caso, medidas preventivas e compensatorias, co fin de asegurar que a mencionada actividade non alcance os límites establecidos no número 6.3 da DC 92/43/CEE.

iv. Dentro da categoría de uso autorizable inclúense tamén os programas, plans e proxectos que, sen teren unha relación directa coa xestión do parque natural ou sen ser necesario para esta, poidan afectar de forma significativa o citado lugar, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos. Estas actividades, de acordo co artigo 6.3 da DC 92/43/CEE, someteranse a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os seus obxectivos. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no número 6.4 da mencionada directiva, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural só se declarará de acordo co devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública.

v. Se, a pesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falta de solucións alternativas, debe realizarse un plan ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica, as administracións públicas competentes en materia do patrimonio natural, de acordo co artigo 6.4 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global da Rede Natura 2000 quede protexida.

4.1.2.1.2.6. Usos prohibidos.

i. Considérase uso prohibido aquel contrario aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 e do parque natural e que, por conseguinte, leva consigo unha afección significativa sobre a integridade do parque natural ou sobre o estado de conservación das compoñentes clave para a biodiversidade (hábitats e especies protexidas) e da xea.

ii. Toda actuación considerada como prohibida na normativa referente á biodiversidade (Lei 9/2001, de conservación da natureza), así como no referente á declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002, de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra), os seus instrumentos de ordenación (Decreto 77/2002, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais de Serra da Enciña da Lastra), e os referentes aos espazos naturais (Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia) ou dos compoñentes da biodiversidade recoñecidos dentro do ámbito do parque natural.

4.1.2.2. Exclusión de actividades.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra posúe uns valores naturais que deben ser respectados, de maneira que se manteñan os valores que motivaron a designación deste territorio como parque natural, así como do resto das figuras de áreas protexidas con que conta o seu ámbito territorial: espazo protexido da Rede Natura 2000 e espazo natural protexido da Rede galega de espazos protexidos. Por tanto, para que se poida preservar o labor previo, sustentable e respectuoso, considérase que os terreos incluídos no parque natural quedan excluídos de albergar as seguintes actividades:

i. O territorio delimitado polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades extractivas ao descuberto.

Realizaranse as xestións para que todas as actividades extractivas dispoñan dos plans de restauración pertinente, velando polo seu cumprimento.

ii. O territorio delimitado polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar a creación de infraestruturas e equipamentos e a actividade extractiva de recursos e mineira, industrial ou calquera outra de singular incidencia na zona que non cumpra as regulacións do PORN e dos seus instrumentos de desenvolvemento e execución.

iii. O territorio delimitado polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas instalacións industriais de enerxía eólica. Quedan excluídas desta consideración as instalacións para uso doméstico ou as necesarias para a xestión das instalacións do parque natural.

iv. O territorio delimitado polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar instalacións e centrais de enerxía hidroeléctrica, con excepción dos proxectos de modernización, modificación, reparación ou substitución dos aproveitamentos hidráulicos existentes.

v. O territorio delimitado polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar aproveitamentos industriais de enerxía fotovoltaica.

vi. O territorio delimitado polo parque natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar actividades industriais, incompatibles cos obxectivos de conservación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014) e da Rede galega de espazos protexidos (Lei 9/2001, de conservación da natureza).

4.1.2.3. Fomento das actividades económicas.

Coa finalidade de atinxir os obxectivos expostos no número anterior, na área de influencia socioeconómica do parque natural poderán promoverse certas actividades socioeconómicas, de acordo coa lexislación vixente.

No territorio delimitado pola área de influencia socioeconómica do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra considerarase como área preferente para o desenvolvemento daquelas actividades socioeconómicas de carácter tradicional, coherentes e respectuosas cos obxectivos de conservación:

a. Actividades de uso público.

b. Actividades vinculadas co uso racional e sustentable dos recursos naturais:

– Agricultura.

– Gandaría.

– Silvicultura.

– Pesca-acuicultura.

– Pequenas industrias, non contaminantes, de transformación dos produtos naturais.

– Pequenas actividades, non contaminantes, directamente relacionadas coas actividades dos núcleos rurais tradicionais.

c. Actividades de carácter turístico.

d. Mellora dos asentamentos rurais e tradicionais e mellora da calidade de vida dos habitantes.

4.1.2.4.. Promoción e difusión do parque natural.

i. Fomentarase a promoción e difusión dos valores e actividades do parque natural no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como noutras áreas limítrofes. Así mesmo, procurarase a dita difusión e comunicación aos propios visitantes e residentes do parque natural.

ii. Promoverase o intercambio de experiencias e coñecementos, así como a colaboración con proxectos de conservación en relación con outros espazos que formen parte da Rede Natura 2000, así como doutras redes de áreas protexidas ou de seguimento dos compoñentes do ambiente e da biodiversidade.

iii. Colaborarase con programas e institucións implicados no seguimento a medio e longo prazo de ecosistemas e dos seus compoñentes, na conservación da biodiversidade ou a mitigación e adaptación fronte ao cambio climático.

4.2. Medidas y normativa por compoñentes e actividades.

As medidas e normativa nos espazos protexidos da Rede Natura 2000 articúlanse a partir dos obxectivos, directrices e normas xerais que na actualidade veñen establecidos nas seguintes disposicións legais:

– Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, de conservación das aves silvestres.

– Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

– Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

– Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

– Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

– Lei 40/2010, do 29 de decembro, de almacenamento xeolóxico de dióxido de carbono.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 23/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de solo de Galicia.

– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

– Así mesmo, tamén foron implementadas as disposicións normativas contidas no instrumento de planificación existente para o ámbito territorial do parque natural (Decreto 77/2002) e na declaración do parque natural (Decreto 157/2002).

No Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, as medidas de xestión de carácter sectoriais estrutúranse en tres niveis: medio físico, compoñentes da biodiversidade e recursos, usos e actividades.

4.2.1. Medidas de xestión sectoriais: medio físico.

4.2.1.1. Atmosfera.

a) Obxectivos.

i. Procurar manter a calidade do aire, limitando no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra a emisión de substancias contaminantes en concentracións tales que modifiquen a calidade do aire por cima dos niveis autorizados.

ii. Vixiar o cumprimento da normativa de carácter comunitario, estatal e autonómica relativa ás emisións atmosféricas de po, cheiros e ruído producidos polas distintas actividades que se desenvolven no ámbito do parque natural.

b) Directrices.

i. Promoveranse as medidas correctoras para minimizar ou, se for o caso, eliminar as fontes de emisión de cheiros desagradables, contaminantes ou ruídos molestos.

ii. Promoveranse as medidas necesarias para minimizar os efectos da contaminación lumínica.

iii. Tomaranse as medidas necesarias para limitar a contaminación lumínica. Nas novas instalacións ou infraestruturas evitarase a emisión de luz directa cara ao ceo e evitaranse excesos nos niveis de iluminación.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, e en materia de contaminación atmosférica, seguirase o disposto na lexislación vixente respecto á protección do ambiente atmosférico, así como ás diferentes disposicións sectoriais.

ii. Non se permite a emisión de niveis de ruído inxustificados, contrarios ás disposicións vixentes e aos obxectivos do presente plan, que perturben de modo significativo a tranquilidade das poboacións e das especies animais de interese para a conservación no ámbito do espazo natural.

iii. Os proxectos de novas instalacións ou infraestruturas deberán incorporar un estudo sobre as posibles afeccións da iluminación na fauna silvestre, especialmente na orde Chiroptera e outras especies nocturnas, e adaptarse ás propostas existentes para minimizar a contaminación lumínica.

4.2.1.2. Xea.

a) Obxectivos.

i. Conservar os recursos da xea e promover o seu aproveitamento ou uso sustentable.

ii. Establecer medidas preventivas para impedir a progresiva perda de solo.

iii. Os usos e aproveitamentos do solo velarán por manter ou aumentar a capacidade de secuestro de carbono, dada a súa importancia na mitigación dos efectos derivados do cambio climático global.

b) Directrices.

i. Velarase por manter as características químicas, biolóxicas, estruturais e de textura dos solos, das cales depende en boa medida a súa vexetación, e para evitar a aparición de fenómenos erosivos por causas antrópicas.

ii. Tratarase de evitar o tránsito de vehículos fóra das estradas e camiños das zonas de maior valor natural do parque.

iii. Tenderanse a conservar aquelas superficies con pendente superior ao 50 % sobre as cales se desenvolvan hábitats naturais ou, se for o caso, plantacións forestais.

iv. A utilización do solo con fins agrícolas, forestais e gandeiros deberá realizarse de forma sustentable, para asegurar o mantemento do seu potencial biolóxico e da súa capacidade produtiva.

v. Non se permitirán as novas actividades extractivas ao descuberto, xa que estas explotacións producen un impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do parque natural e, por outra banda, con mínimas posibilidades de restauración.

vi. Realizaranse xestións para que todas as actividades extractivas existentes dispoñan dos plans de restauración pertinentes e velarase polo seu cumprimento.

vii. Os plans de restauración mineira terán como obxectivos preferentes a recuperación paisaxística, así como a recuperación dos hábitats de interese comunitario e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

viii. Velarase polo adecuado mantemento e protección das covas e palas existentes no parque natural.

ix. Realizarase un inventario e diagnóstico dos recursos xeolóxicos e xeomorfolóxicos, adoptando as medidas que resulten precisas para a súa protección e conservación.

x. Nas autorizacións e nos procedementos de avaliación ambiental teranse en consideración as singularidades xeolóxicas e xeomorfolóxicas do territorio, tanto en función do seu valor intrínseco (xeodiversidade) como ao constituíren unha parte esencial de diversos tipos de hábitats de interese comunitario e prioritario (biodiversidade), promovendo a súa conservación ou, se for o caso, establecendo medidas compensatorias co fin de reducir o impacto sobre estes.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, permítese a modificación da configuración, estrutura e propiedades do solo relacionada con actividades tradicionais de carácter agrícola ou vinculada con actividades construtivas, cando se realicen de acordo coas regulacións contidas no presente plan, así como conforme as normativas sectoriais.

ii. Son usos autorizables os aproveitamentos mineiros con concesión existentes con anterioridade á aprobación do presente plan, que deben realizar a súa actividade conforme as normativas sectoriais e de acordo cos criterios establecidos no presente plan.

iii. Son usos prohibidos a extracción de rochas, minerais ou fósiles, salvo a recolección de pequenas cantidades de rochas, minerais ou fósiles para coleccionismo, fins científicos ou educativos, que deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iv. Excepcionalmente poderá considerarse uso autorizable a extracción de pedra solta realizada polos propietarios dos predios para a restauración de muros e outros elementos da paisaxe agraria tradicional que contribúen á conservación da biodiversidade, cun máximo de 5 m3, e sempre e cando a súa extracción non supoña unha afección sobre os valores e compoñentes do espazo natural.

v. A realización de actuacións que poidan supor a modificación do estado actual do solo ou o inicio de estados erosivos, tales como movementos de terra por medios mecánicos ou manuais, apertura de catas, prospeccións, sondaxes, etc., deberán contar coa autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

vi. Prohíbese a vertedura, almacenamento, depósito, enterramento, transformación ou incineración de lixo, entullo ou calquera tipo de residuos, así como de substancias tóxicas e perigosas, excluíndo o tratamento dos materiais xerados no desenvolvemento das actividades de xestión e procesamento de residuos nas instalacións actualmente en funcionamento e que teñan a correspondente autorización, así como o depósito temporal previo á eliminación ou degradación dos restos dos aproveitamentos forestais, agrícolas ou gandeiros sobre o solo, nas condicións de seguridade que determine a normativa sectorial ou as respectivas autorizacións de aproveitamento.

vii. Prohíbese a acumulación, depósito ou almacenamento de residuos radioactivos, tóxicos, perigosos ou calquera outro tipo de substancias altamente contaminantes fóra das áreas que poidan ser autorizadas para ese efecto.

4.2.1.3. Medios subterráneos.

a) Obxectivos.

i. Conservar e, se for o caso, restaurar os compoñentes biolóxicos, xeolóxicos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, paleontolóxicos e arqueolóxicos dos ecosistemas subterráneos terrestres do parque natural.

ii. Ordenar e promover o seu aproveitamento ou uso sustentable.

b) Directrices.

i. Velarase por identificar as actuacións prioritarias e desenvolver os instrumentos precisos para asegurar o mantemento do estado e funcionalidade dos ecosistemas subterráneos.

ii. Darase prioridade á protección dos hábitats e ás poboacións de especies cavernícolas sobre calquera outra actividade que poida desenvolverse nos ecosistemas subterráneos.

iii. Velarase polo adecuado mantemento e protección das covas e palas existentes no espazo natural.

iv. Protexerase o patrimonio arqueolóxico e paleontolóxico albergado nos ecosistemas subterráneos.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión dos recursos dos ecosistemas subterráneos, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e do artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015), así como as normas de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002) e do instrumento de planificación e xestión derivado da figura do espazo natural (Decreto 77/2002), o disposto na normativa sectorial europea, estatal e galega vixente no seu momento.

ii. A práctica da espeleoloxía precisará de autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural en todo o ámbito do territorio, salvo na zona de reserva (zona I), onde está prohibida.

iii. Son usos prohibidos a extracción de rochas, minerais ou fósiles, salvo a recolección de pequenas cantidades de rochas, minerais ou fósiles para coleccionismo, fins científicos ou educativos, que deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

4.2.1.4. Augas continentais.

a) Obxectivos.

i. Establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais e as augas subterráneas que:

ii. Preveña toda deterioración adicional e protexa e mellore o estado dos ecosistemas acuáticos, e con respecto ás súas necesidades de auga, dos ecosistemas terrestres e zonas húmidas directamente dependentes dos ecosistemas acuáticos.

iii. Promova un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles.

iv. Teña por obxecto unha maior protección e mellora do medio acuático, entre outras formas mediante medidas específicas de redución progresiva das verteduras, as emisións e as perdas de substancias prioritarias, e mediante a interrupción ou a supresión gradual das verteduras, as emisións e as perdas de substancias prioritarias.

v. Garanta a redución progresiva da contaminación da auga subterránea e evite novas contaminacións e contribúa a paliar os efectos das inundacións e secas.

vi. Contribúa a reducir de forma considerable a contaminación das augas superficiais.

b) Directrices.

i. Preservarase a calidade da auga, tanto superficial como subterránea, e aseguraranse os caudais mínimos ecolóxicos.

ii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural velará pola conservación dos hábitats das marxes, leitos e ribeiras dos cursos de auga así definidos pola lexislación de augas. A este respecto minimizaranse os impactos que puider producir a realización de obras que supoñan a modificación da estrutura ou vexetación característica de estes elementos.

iii. Restauraranse aquelas zonas que sufrisen alteracións importantes por actuacións ou usos inadecuados.

iv. Procurarase conseguir, no menor prazo posible, o idóneo tratamento de depuración para as verteduras, xa sexan industriais, urbanas, agrícolas ou gandeiras, e velarase en todo momento por manter a calidade e o estado ecolóxico das augas.

v. Estableceranse mecanismos de coordinación cos organismos de bacía para asegurar a eficacia das medidas de protección e actuación.

vi. No tratamento das augas residuais tenderanse a cumprir os obxectivos de calidade máis estritos, desde o punto de vista ambiental, de entre as normativas técnicas existentes.

vii. Para os efectos de conservación e planificación das pequenas canles e das zonas húmidas, consideraranse como límites territoriais os establecidos pola normativa vixente en relación coa zona de policía estipulada nas marxes ou, se for o caso, á porción das marxes que alberga representacións de hábitats do anexo I característicos de medios hidrófilos e higrófilos.

viii. Velarase para que as autorizacións de captacións e aproveitamentos de augas subterráneas non supoñan unha afección significativa sobre os recursos hídricos e sobre o mantemento dos ecosistemas e das comunidades de flora e fauna.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión das augas continentais, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e do artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015), así como as normas de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002) e do instrumento de planificación e xestión derivado da figura do espazo natural (Decreto 77/2002), o disposto na normativa sectorial europea, estatal e galega vixente no seu momento.

ii. As novas captacións de augas, así como a realización de sondaxes, deberán contar coa autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural, sen prexuízo das competencias do organismo de bacía ou outros organismos competentes nos diferentes ámbitos sectoriais.

iii. Toda actuación, construción ou instalación susceptible de provocar contaminación das augas do espazo natural deberá posuír os sistemas de depuración conforme a normativa sectorial vixente, que deberán ser autorizados polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iv. Prohíbese a realización de calquera tipo de vertedura, así como a utilización de calquera tipo de substancia química que poida afectar de modo significativo a calidade das augas nacentes ou circulantes ou o ciclo hidrolóxico do espazo natural, cando se realicen fóra dos lugares habilitados para tal efecto ou sexan contrarias ás condicións establecidas na lexislación vixente ou no presente plan.

v. Prohíbese todo tipo de actividades das cales poida derivar contaminación das augas nacentes ou circulantes polo espazo natural, así como o baño fóra das zonas destinadas a tal fin.

vi. Prohíbese a alteración dos cursos, leitos e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas, sen a autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

vii. Prohíbese o desecamento ou sangrado de pozas e lagoas ou calquera outro tipo de zona húmida continental sen a autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

viii. Prohíbense as acumulacións de materiais en pendentes ou leitos que poidan supoñer un obstáculo ao libre paso das augas ou ben poidan ser orixe de procesos erosivos intensos ou que entrañen unha modificación das condicións hidráulicas e hidrolóxicas naturais.

ix. Prohíbese a vertedura de entullos ou calquera outro material nos pozos tradicionais, así como o seu recheo sen a autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

x. Prohíbese o lavado de vehículos e calquera tipo de obxecto en ríos, regatos ou zonas húmidas, botar obxectos nas ditas zonas, así como a incorporación directa ás augas de deterxentes, xabóns, lixivias ou outros tipos de substancias que poidan afectar de forma significativa o estado ecolóxico dos ecosistemas acuáticos.

4.2.1.5. Paisaxe.

a) Obxectivos.

i. O recoñecemento, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe co fin de preservar todos os elementos que a configuran nun marco de desenvolvemento sustentable, entendendo que a paisaxe exerce unha función principal de interese xeral nos campos ambientais, culturais, sociais e económicos.

ii. Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes existentes no parque natural, así como os costumes tradicionais existentes e os compoñentes naturais e elementos construtivos destes.

iii. Mitigar os elementos artificiais que a nivel estrutural e funcional actúan como barreiras, así como fortalecer a conservación daqueles de carácter natural ou seminatural que constitúen corredores ecolóxicos que resultan esenciais para a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies silvestres.

iv. Nas actuacións susceptibles de alterar ou modificar a paisaxe natural do parque natural teranse especialmente en conta as súas repercusións sobre a calidade paisaxística e adoptaranse cantas medidas sexan necesarias con obxecto de minimizar as consecuencias. En tal sentido, os proxectos que teñan por obxecto este tipo de actuacións e especial incidencia sobre a paisaxe supervisaranse co obxecto de garantir o cumprimento do expresado neste artigo.

b) Directrices.

i. Establecerase un programa de recuperación daquelas áreas que conteñan elementos da paisaxe degradados, dando prioridade ás áreas de maior accesibilidade visual.

ii. Restaurarase a calidade paisaxística alí onde fose deteriorada por accións humanas, como movementos de terra, actividades extractivas, apertura de pistas e camiños ou de calquera outro tipo.

iii. Procurarase evitar a introdución no medio natural de calquera elemento artificial que limite o campo visual ou rompa a harmonía da paisaxe. Con todo, poderanse establecer as infraestruturas que sexan imprescindibles, de acordo coas prescricións do presente plan, procurando minimizar o seu impacto sobre o medio.

iv. Velarase polo mantemento do territorio do parque natural libre de lixos, residuos e verteduras, apoiando a aplicación da normativa vixente na materia. Eliminaranse os vertedoiros e vertedoiros incontrolados.

v. O impacto paisaxístico deberá ser especialmente tido en conta nos proxectos de infraestruturas lineais e nas actuacións realizadas en áreas de alta visibilidade.

vi. Teranse en conta criterios paisaxísticos na planificación das repoboacións forestais e a ordenación das masas arborizadas preexistentes.

vii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá determinar aquelas singularidades da paisaxe, tanto elementos naturais como culturais, que deban ser preservados, delimitando o seu ámbito de protección e tendo en conta a súa bacía visual.

viii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural promoverá que as repoboacións forestais e os tratamentos silvícolas non supoñan unha deterioración paisaxística do espazo natural e propoñerá, se for o caso, as medidas correctoras necesarias.

ix. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural promoverá que a introdución de calquera elemento estrutural de carácter artificial non altere de maneira significativa a paisaxe natural ou desfigure as súas formas e perspectiva e modifique o seu valor estético.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión da paisaxe, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015), así como as normas de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002) e do instrumento de planificación e xestión derivado da figura do espazo natural (Decreto 77/2002), o disposto na normativa sectorial europea, estatal e galega vixente no seu momento.

ii. A instalación de carteis, inscricións ou elementos de calquera natureza con fin publicitario fóra dos núcleos de poboación ou fóra das áreas autorizadas para tal fin deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iii. Prohíbese a realización de inscricións, sinais, signos ou debuxos na pedra, árbores ou en calquera outro elemento do medio natural, así como sobre paneis informativos, elementos de valor histórico-cultural ou en calquera tipo de ben moble ou inmoble, en xeral, e a deterioración ou destrución da infraestrutura propia do espazo natural, salvo aqueles debidamente autorizados que sexan necesarios para mellorar e completar as redes de camiños e sendeiros.

iv. Prohíbese tirar lixo fóra dos contedores establecidos para tal fin, así como o abandono de ferralla ou o abandono ao aire libre de maquinaria, vehículos ou calquera tipo de material alleo ao medio natural.

4.2.2. Medidas de xestión sectoriais: compoñentes da biodiversidade.

4.2.2.1. Hábitats.

a) Obxectivos.

i. Manter nun estado de conservación favorable os hábitats prioritarios e de interese comunitario establecidos no anexo I da DC 92/43/CEE.

ii. Regular o uso sustentable e fomentar a protección dos hábitats naturais e seminaturais e, de maneira especial, daqueles que posúen unha área de distribución reducida no parque natural, así como no conxunto da Rede Natura 2000.

iii. Manter a integridade e conservar a funcionalidade de pozas e lagoas que proporciona o medio acuático para o desenvolvemento dun elevado conxunto de especies de diversos grupos taxonómicos (flora, invertebrados, anfibios, aves, etc.).

b) Directrices.

i. Os criterios de xestión de hábitats e especies rexeranse, en ausencia de especificacións concretas, polo establecido no artigo 6 da DC 92/43/CEE.

ii. Estableceranse medidas específicas de xestión para os hábitats de maior fraxilidade ecolóxica ou para aqueles que posúen unha escasa representación territorial no ámbito do parque natural ou do conxunto da Rede Natura 2000 en Galicia.

iii. Darase prioridade, alí onde se presenten os hábitats incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE, á conservación e rexeneración natural destes fronte a calquera outro tipo de actuación.

iv. Darase prioridade á conservación dos hábitats que alberguen áreas prioritarias de especies de flora ou fauna silvestre de interese para a conservación.

v. Darase prioridade á protección e conservación dos hábitats de especies de especial interese polo seu carácter endémico, a súa situación de ameaza ou por atoparse no límite da súa área de distribución.

vi. Desenvolverase un conxunto de indicadores que permitan analizar e avaliar o estado de conservación dos hábitats para tomar, se é o caso, as medidas de protección, conservación e restauración que se consideren necesarias.

vii. Para os efectos da xestión do parque natural, e cando non exista unha delimitación territorial concreta dos corredores fluviais e das zonas húmidas, considérase como área mínima os límites do dominio público máis a zona de servidume e policía, definidas na normativa básica sobre augas continentais, ou ben a área delimitada pola existencia de hábitats e especies características dos ecosistemas acuáticos e das zonas húmidas.

viii. Promover un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles no parque natural.

ix. Fomentar unha maior protección e mellora do medio acuático, entre outras formas mediante medidas específicas de redución progresiva das verteduras e mediante a interrupción ou supresión gradual das verteduras.

x. Garantir a redución progresiva da contaminación das augas subterráneas que evite novas contaminacións.

c) Normativa xeral.

i. O organismo competente en patrimonio natural promoverá:

a. Un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles no parque natural, a redución progresiva da contaminación das augas subterráneas que evite novas contaminacións e a protección e mellora do medio acuático.

b. As medidas de conservación e recuperación dos hábitats dos corredores fluviais (Nat-2000 3260 e Nat-2000 91E0*), especialmente encamiñadas a reducir ou frear a fragmentación destes mediante o aumento da conectividade e da permeabilidade.

c. A conservación e uso sustentable dos hábitats cavernícolas e das poboacións residentes neles sobre calquera outra actividade que se poida desenvolver nos ecosistemas subterráneos.

d. A conservación e, se for o caso, restauración dos compoñentes biolóxicos, xeolóxicos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, paleontolóxicos e arqueolóxicos dos ecosistemas subterráneos.

e. As medidas de conservación e recuperación dos hábitats herbáceos e arbustivos (Nat-2000 4030, 6170, 6210* e 6220*), así como dos rochosos e subterráneos (Nat-2000 7220*, 8130, 8210, 8220, 8230, 8240* e 8310), especialmente encamiñadas a aumentar a conectividade e a permeabilidade cos hábitats adxacentes.

f. A conservación dos hábitats boscosos naturais e das especies de interese para a conservación presentes neles, de acordo cos obxectivos de conservación do parque natural e do presente plan.

g. O aproveitamento racional dos recursos dos hábitats seminaturais boscosos para garantir o seu mantemento.

h. A substitución das formacións arborizadas de piñeiro por tipos de hábitats de interese comunitario acordes coas características bioxeográficas e a dinámica natural da paisaxe do parque natural.

i. O fomento dos procesos ecolóxicos de rexeneración natural dos bosques baseados na súa relación coa fauna silvestre que actúa como vector de polinización e de dispersión das sementes (invertebrados, aves, mamíferos).

j. Conservar a variedade de hábitats boscosos presente, prestando especial atención a aqueles exemplos de reducida distribución e cuxa presenza está ligada a factores de pequena escala.

k. Aumentar a conectividade e permeabilidade dos hábitats boscosos entre masas arborizadas, así como cos hábitats estremeiros mediante a redución da súa fragmentación.

l. Conservación, restauración e, se for o caso, mellora dos agrosistemas tradicionais polos valores de biodiversidade e sustentabilidade albergados neles.

m. Fomentar a conservación dos recursos dos hábitats seminaturais agrícolas para garantir a súa conservación e mantemento.

n. Mantemento dos sistemas tradicionais de deslindamento (sebes, muros, etc.) que resultan esenciais para a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies de interese para a conservación.

o. Medidas de conservación e recuperación da superficie, a estrutura e a funcionalidade dos hábitats de interese comunitario albergados polos agrosistemas tradicionais, encamiñadas especialmente a aumentar a conectividade, a permeabilidade e as condicións ecotónicas cos hábitats estremeiros.

p. Mantemento dos hábitats dos prados de sega (Nat-2000 6510) mediante a fertilización anual preferentemente con esterco (en substitución do xurro de vacún), así como a realización como mínimo dunha sega e un máximo de dous pastoreos anuais.

q. Eliminación e control de especies exóticas invasoras que afecten de modo significativo a estrutura, composición e funcionalidade dos hábitats dos agrosistemas tradicionais.

ii. O organismo competente en patrimonio natural establecerá medidas de control e erradicación de especies invasoras presentes no espazo natural.

iii. Son actuacións que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario e, por tanto permitidas, sen prexuízo das autorizacións dos organismos substantivos e, se for o caso, do informe do organismo competente en materia de patrimonio natural:

a. As pesca de carácter deportivo, desenvolvida de acordo coa normativa sectorial vixente, así como as regulacións que poida establecer o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural de acordo co artigo 6 da DC 92/43/CEE e o artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

b. As actividades tradicionais de pastoreo nas matogueiras (Nat-2000 4030) existentes antes da entrada en vigor do presente plan que posúan unha carga gandeira adecuada para que non supoñan un alteración significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos ecosistemas naturais e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, así como as futuras actividades que se desenvolvan baixo as mesmas condicións que as anteriores.

c. Os usos e aproveitamentos dos queirogais secos (Nat-2000 4030), desenvolvidos ao amparo da normativa de usos forestais presentes neste plan.

d. A recollida de follaxe, castañas, cogomelos, landras e doutros pequenos froitos (excluíndo o aproveitamento das especies silvestres de interese para a conservación), por parte dos propietarios dos montes para o seu propio aproveitamento, a condición de que non afecte a persistencia dos exemplares ou delas derive unha perda do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarias de interese para a conservación.

e. As actividades e aproveitamentos tradicionais dos soutos por parte dos propietarios, tendo en conta as características intrínsecas destes e a súa condición de hábitat de interese comunitario (Nat-2000 9260), actividades entre as cales se atopan rozas manuais do sotobosque, plantación e enxertía de novos individuos de Castanea sativa, tratamentos fitosanitarios, todas elas necesarias para asegurar o mantemento temporal do devandito hábitat.

f. As actividades tradicionais de carácter agrícola e gandeiro que non supoñan unha alteración significativa da estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos ecosistemas naturais de interese comunitario e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

g. As explotacións tradicionais de gandaría extensiva sometidas a un control adecuado que evite incrementos da presión incompatibles co mantemento dos hábitats sometidos a aproveitamento directo e, en xeral, as que non supoñan unha alteración significativa da estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos ecosistemas de interese comunitario e das áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

h. A circulación e o uso de maquinaria sobre os agrosistemas tradicionais sen afectar os hábitats naturais fóra das áreas de aproveitamento agrícola.

iv. Son usos autorizables que necesitan informe preceptivo e determinante do organismo competente en materia de patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

a. As cortas por afuroamento nos corredores fluviais e bosques húmidos (Nat-2000 91E0*), que serán autorizables a condición de que non superen as 0,1 ha da superficie (<2 % da superficie do hábitat no parque natural) e non se repitan nunha quenda inferior aos 15 anos, non supoñan unha descontinuidade do bosque húmido ou un incremento da fragmentación xa existente, non provoquen unha diminución significativa da superficie cuberta polas copas sobre o leito fluvial e aseguren o mantemento da súa estrutura horizontal e dos hábitats.

b. Os aproveitamentos das leñas nas masas arborizadas por parte dos propietarios, destinados ao autoconsumo e uso doméstico, a condición de que non afecte a persistencia dos exemplares ou destas derive unha perda do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarios de interese para a conservación.

c. Cortas dos tipos de bosques do anexo I da DC 92/43/CEE vinculadas estritamente ás necesidades de xestión, restauración e sanidade vexetal, conformes cos obxectivos do presente plan, cando sexan necesarias para garantir a seguridade das persoas, infraestruturas ou propiedades.

d. Cortas de rexeneración e mantemento, no caso de mouteiras sen rexeneración natural, cando sexan estritamente necesarias para asegurar a súa preservación.

e. As cortas selectivas nas formacións forestais de carácter autóctono, tras unha adecuada avaliación das súas repercusións, de maneira que se realice garantindo a conservación dos solos e dos compoñentes naturais e que non leven unha alteración significativa da estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos ecosistemas naturais boscosos nin das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, e se realicen en conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

f. Os cambios de usos que afecten de modo significativo a estrutura, funcionamento e composición taxonómica de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

g. A creación de novos pastos ou terreos de labor, cando supoñan unha destrución da superficie ocupada por hábitats protexidos de matogueiras e medios rochosos ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

h. A eliminación de sebes e bosquetes nas áreas ocupadas por matogueiras de aproveitamento gandeiro.

i. A fumigación con equipamentos aéreos, que necesitará unha adecuada avaliación das súas repercusións sobre os hábitats naturais e sobre as especies de interese para a conservación.

v. Son usos prohibidos no ámbito do espazo natural:

a. As verteduras directas de calquera tipo, incluídas as agrícolas ou forestais, sobre as augas continentais e os hábitats de interese comunitario, así como a utilización de calquera tipo de substancia química que poida afectar de modo significativo a calidade das augas nacentes ou circulantes do parque natural, cando se realicen fóra dos lugares habilitados para ese efecto ou sexan contrarias ás condicións establecidas na lexislación vixente ou no presente plan.

b. A alteración dos cursos, leitos e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas.

c. As acumulacións de material nas pendentes, barrancos ou leitos que poidan supoñer un obstáculo ao libre paso das augas, ou ben poidan ser orixe de procesos erosivos intensos ou que entrañen unha modificación das condicións hidráulicas e hidrolóxicas naturais.

d. O lavado de vehículos e calquera tipo de obxecto en ríos e regatos, botar obxectos nestes, así como a incorporación directa ás augas de deterxentes, xabóns, lixivias ou outros tipos de substancias que poidan afectar de maneira significativa o estado ecolóxico e químico dos ecosistemas acuáticos.

e. A destrución, subsolaxe, sangradura, rozas mecánicas que poidan levar consigo unha afección significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición dos corredores fluviais (Nat-2000 91E0* e Nat-2000 3260).

f. A circulación e o uso de vehículos ou maquinaria sobre os hábitats de corredores fluviais do anexo I da DC 92/43/CEE ou áreas prioritarias de especies de interese para a conservación, fóra das pistas e vías autorizadas polo organismo competente en materia de patrimonio natural.

g. O depósito de materiais sobrantes de cortas ou outros aproveitamentos agrícolas ou forestais sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

h. A introdución de espécimes alóctonos de carácter invasor que poidan provocar unha alteración significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, incluíndo especialmente a repoboación ou plantación de espécimes alóctonos.

i. A liberación indiscriminada no medio natural de organismos modificados xeneticamente, cando poidan afectar o acervo xenético das especies de interese comunitario, ou ben poidan exercer fronte a estas unha maior competencia polo aproveitamento dos recursos naturais.

j. As rozas e outros labores mecánicos, así como o uso do lume nos hábitats arbustivos, que causen unha modificación da estrutura, funcionamento e composición, e que en consecuencia afecten de modo significativo o seu estado de conservación, así como as poboacións das especies de interese para a conservación presentes nos hábitats arbustivos.

k. As rozas ou labores mecánicos, así como as subsolaxes en liña de máxima pendente, que poidan provocar un incremento significativo da erosión do solo.

l. O uso non adecuado de vehículos e/ou maquinaria que provoque compactidade, erosión e perda da estrutura do solo, dos hábitats e dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

m. As cortas a feito sobre formacións arborizadas naturais e, especialmente, sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da DC 92/43/CEE ou que alberguen áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

n. A eliminación de sebes e bosquetes nas áreas de aproveitamento agrícola ou gandeiro.

o. Os cerramentos e valados que non se atopen conformados por especies vexetais autóctonas nin por muros de pedra que manteñan os tipos tradicionais da zona, así como aqueles que impiden a circulación da fauna silvestre ou que supoñan un incremento da fragmentación ou a impermeabilidade dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou un incremento no nivel de illamento das especies de interese para a conservación.

p. A recolección non autorizada de vexetais e fungos con fins comerciais.

q. A creación de novos pastos ou terreos de labor cando supoñan a destrución ou redución significativa da superficie ocupada polos hábitats agrícolas protexidos ou ben das áreas das especies de interese para a conservación.

4.2.2.2. Especies de interese para a conservación.

a) Obxectivos.

Manter ou, se for o caso, restaurar o estado de conservación das especies de flora e fauna e, en especial, das especies de interese para a conservación.

Regular o uso sustentable e fomentar a conservación das especies de flora e fauna silvestre e garantir que os aproveitamentos que se realicen sobre especies de interese para a conservación non leven consigo unha afección significativa sobre o seu estado de conservación.

Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos ou alóctonos no parque natural e, explicitamente, daqueles de carácter invasor.

b) Directrices.

i. Velarase pola conservación das especies de fauna e flora silvestre do parque natural.

ii. Evitarase a desaparición de calquera especie autóctona e asegurarase a persistencia dos seus hábitats.

iii. Aplicaranse, se for preciso, medidas de conservación e xestión das especies endémicas, ameazadas ou relictas presentes no parque natural.

iv. Para as especies catalogadas elaboraranse e executaranse os correspondentes plans de recuperación ou xestión de acordo coas categorías establecidas na Lei 9/2001, de conservación da natureza.

v. Velarase pola pureza das poboacións e evitarase introducir subespecies ou razas xeográficas distintas ás propias do parque natural.

vi. Tenderase á eliminación gradual das especies alóctonas existentes no parque natural. Evitarase a introdución e propagación de especies alóctonas.

vii. Desenvolverase un conxunto de indicadores que permitan vixiar e controlar o estado de conservación das poboacións de flora e fauna para tomar, se é o caso, as medidas de protección, conservación e restauración que se consideren necesarias.

viii. A conservación das especies de flora e fauna silvestre presentes no parque natural orientarase cara a aqueles elementos considerados como «protexidos» ou «catalogados» pola normativa comunitaria, estatal e autonómica, xunto aos elementos endémicos e raros a nivel bioxeográfico presentes no territorio.

ix. A xestión das especies con aproveitamento cinexético ou piscícola adaptarase aos obxectivos de conservación do parque natural, a través dos correspondentes plans técnicos de xestión.

c) Normativa xeral.

i. As actuacións non vinculadas coas necesidades de conservación e xestión dos compoñentes da biodiversidade ou non previstas nos supostos de actividades permitidas ou autorizadas establecidas no presente plan, que poidan afectar de forma apreciable, individualmente ou en combinación con outras actuacións, as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación deberán contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. A mencionada autorización será outorgada tras unha adecuada avaliación das súas repercusións de acordo co establecido no artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

ii. Con carácter xeral, queda prohibido dar morte, danar, molestar ou inquietar intencionadamente os animais silvestres, sexa cal for o método empregado ou a fase do seu ciclo biolóxico.

a. Esta prohibición inclúe a súa retención e captura en vivo, a destrución, dano, recolección e retención dos seus niños, das súas crías ou dos seus ovos, estes últimos mesmo estando baleiros, así como a posesión, transporte, tráfico e comercio de exemplares vivos ou mortos ou dos seus restos, incluíndo o comercio exterior.

b. Para os animais non comprendidos nalgunha das categorías definidas na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015), no Catálogo nacional de especies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas, estas prohibicións non se aplicarán nos supostos con regulación específica.

c. Prohíbese a cría para reintrodución ou repoboación no medio natural de especies silvestres sen a autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural ou cando se realice fóra dos lugares e das condicións establecidas na dita autorización.

iii. Con carácter xeral, queda prohibida a destrución ou deterioración significativa das formacións vexetais conformadas por especies silvestres que caracterizan os tipos de hábitats de interese comunitario.

iv. Para as especies silvestres de flora e fauna consideradas como de interese para a conservación, especies que figuran como protexidas nos anexos das directivas hábitats (DC 92/43/CEE) e aves (DC 2009/147/CE) e nos convenios internacionais ratificados por España, así como as especies consideradas como en perigo de extinción ou vulnerables no Catálogo nacional de especies ameazadas (CNEA) ou no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA), establécense as seguintes prohibicións xenéricas:

a. Tratándose de plantas, fungos ou algas, a de recollelas, cortalas, mutilalas, arrincalas ou destruílas intencionadamente na natureza.

b. Tratándose de animais, incluídas as súas larvas, crías ou ovos, a de calquera actuación feita co propósito de darlles morte, capturalos, perseguilos ou molestalos, así como a destrución ou deterioración dos seus niños, vivares e áreas de reprodución, invernada ou repouso.

c. En ambos os dous casos, a de posuír, naturalizar, transportar, vender, comerciar ou intercambiar, ofertar con fins de venda ou intercambio, importar ou exportar exemplares vivos ou mortos, así como os seus propágulos ou restos, salvo nos casos que regulamentariamente se determinen.

d. Estas prohibicións aplicaranse a todas as fases do ciclo biolóxico destas especies, subespecies ou poboacións.

e. As prohibicións establecidas neste punto poderán quedar sen efecto, logo da autorización de organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, se non houber outra solución satisfactoria e sen que iso supoña prexudicar o mantemento nun estado de conservación favorable das poboacións de que se trate, na súa área de distribución natural, cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

f. Se da súa aplicación derivaren efectos prexudiciais para a saúde e seguridade das persoas.

g. Para previr prexuízos importantes aos cultivos, ao gando, aos bosques, á pesca e á calidade das augas.

h. Cando sexa necesario por razóns de investigación, educación, repoboación ou reintrodución ou cando se precise para a cría en catividade orientada aos devanditos fins.

i. No caso das aves, para previr accidentes en relación coa seguridade aérea.

j. Para protexer a flora e a fauna silvestres e os hábitats naturais.

k. Para permitir, en condicións estritamente controladas e mediante métodos selectivos, a captura, retención ou calquera outra explotación prudente de determinadas especies en pequenas cantidades e coas limitacións precisas para garantir a súa conservación, así como o cumprimento da lexislación vixente.

v. Prohíbese a introdución de especies, subespecies ou razas xeográficas alóctonas de carácter invasor que poidan ser susceptibles de competir coas especies silvestres autóctonas, alterar a súa pureza xenética, afectar de forma apreciable o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou causar desequilibrios sobre os ecosistemas do espazo natural, sen contar coa autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural ou cando esta se realice fóra dos lugares e das condicións establecidas para a súa explotación.

vi. Non poderá autorizarse a liberación no medio natural de organismos modificados de modo xenético baixo condicións que poidan alterar a pureza e diversidade xenética das poboacións naturais das especies autóctonas ou poñer en risco calquera outro valor natural do espazo natural. En todo caso, establecerase un control específico para os organismos transxénicos.

vii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá establecer medidas específicas para que o emprego de biocidas, así como de residuos urbanos, industriais, emendas ou calquera substancia química, se realice no espazo natural sen riscos para as poboacións de flora e fauna silvestre. Poderá limitar ou, se for o caso, prohibir aqueles usos que supoñan unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de flora e fauna silvestres de interese para a conservación.

viii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá desenvolver ou autorizar actuacións de control sobre aquelas poboacións de especies que poidan afectar negativamente o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das especies de interese para a conservación.

ix. A reintrodución de especies actualmente non presentes no espazo natural deberá contar co correspondente plan técnico, que constará, como mínimo, dunha exposición de obxectivos, unha avaliación ambiental da incidencia da reintrodución e un plan de seguimento e control desa especie, e deberá ser aprobado polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. Non se aprobará ningunha reintrodución cando se considere que poida afectar negativamente o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das especies de interese para a conservación.

x. No referido ao aproveitamento de fungos, unicamente se permitirán os aproveitamentos para consumo propio por parte dos propietarios dos terreos e por parte de aquelas persoas autorizadas polos propietarios, na zona III-Uso compatible e zona IV-Uso xeral, e conforme o disposto no capítulo VI do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

xi. Establécese a seguir, a partir das directrices establecidas pola Unión Europea, o Goberno de España e a Xunta de Galicia, a formulación das normativas de ordenación e xestión específicas para cada un dos grupos de especies de interese para a conservación presentes no parque natural. En cada un deles faise unha breve descrición do grupo de especies, así como a relación dos hábitats a que se vinculan os taxons do grupo e as categorías de protección en que se atopan estes, establecendo a seguir os obxectivos de conservación específicos para o grupo de especies.

4.2.2.2.1. Directrices e propostas específicas para os distintos grupos.

4.2.2.2.1.1. Flora.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Asegurar a conservación da diversidade de especies vexetais que alberga o parque natural, especialmente no que á presenza de endemismos se refire.

ii. Fomentar o mantemento dun estado de conservación favorable dos hábitats naturais e seminaturais que albergan especies de flora de interese para a conservación.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor.

iv. Apoiar as actividades agrícolas e gandeiras tradicionais que non supoñan unha diminución significativa no estado de conservación das áreas prioritarias das especies de flora de interese para a conservación nin dos seus hábitats.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. O control, mitigación e, se for o caso, erradicación de especies invasoras, dando prioridade ás que afecten a dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de flora de interese para a conservación.

ii. A posta en marcha de bancos de xermoplasma que aseguren a conservación ex situ, de forma que se posúa na medida do posible unha mostra adecuada da variabilidade xenética da poboación da flora de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas e gandeiras tradicionais de baixa intensidade compatibles co mantemento da dinámica, da distribución e dos hábitats das poboacións das especies de flora de interese para a conservación.

ii. O desenvolvemento de actividades de uso público de acordo coas disposicións establecidas no presente plan, respectando os hábitats das especies para a conservación, así como as áreas prioritarias das súas poboacións.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. A redución, fragmentación, degradación ou destrución dos hábitats das áreas prioritarias das especies de flora de interese para a conservación.

ii. A recolección, corta, mutilación, arranque, destrución ou calquera outra acción directa na natureza sobre os individuos completos ou parte deles, así como a recolla das súas sementes, pole ou esporas, das especies de flora de interese para a conservación.

iii. O sobrepastoreo, a artificialidade dos terreos ou calquera outra acción que cause unha diminución significativa na dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de flora de interese para a conservación.

iv. A herborización incontrolada e sen autorización de especies de flora de interese para a conservación.

v. Calquera modificación (rozas e outras labranzas mecánicas, uso do lume, etc.) da estrutura, composición ou funcionamento dos hábitats arbustivos e herbáceos, naturais e seminaturais, que afecte de modo significativo a dinámica e distribución das poboacións das especies de interese para a conservación presentes.

vi. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de flora de interese para a conservación.

4.2.2.2.1.2. Invertebrados.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Fomento da conservación da diversidade de especies de invertebrados terrestres e acuáticos que alberga o parque natural.

ii. Mantemento ou, se for o caso, restauración, do estado de conservación dos hábitats que albergan poboacións de especies de invertebrados de interese para a conservación.

iii. Reducir o grao de fragmentación dos hábitats das especies de invertebrados de interese para a conservación mediante o aumento da conectividade e a permeabilidade dos medios terrestres e húmidos.

iv. Promover o control, mitigación e, se for o caso, erradicación de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade aos que poidan afectar de modo significativo o estado de conservación das poboacións das especies de invertebrados de interese para a conservación.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. O mantemento da diversidade de ambientes e medios dos distintos tipos de ecosistemas, evitando a homoxeinización do territorio con biocenoses artificiais de reducida estrutura e cunha baixa riqueza de especies autóctonas.

ii. A erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade ás que afecten de modo significativo a dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de invertebrados de interese para a conservación.

iii. O mantemento e conservación de árbores vellas nos bosques, xa que constitúen un importante refuxio para certas especies de invertebrados de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades de pesca, debidamente autorizadas, que se desenvolvan de acordo coa normativa do presente plan e da lexislación vixente en materia de pesca, respectando os hábitats e as áreas prioritarias das especies de invertebrados de interese para a conservación.

ii. O desenvolvemento de actividades de uso público de acordo coas disposicións establecidas no presente plan, respectando os hábitats das especies para a conservación, así como as áreas prioritarias das súas poboacións.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Desenvolvemento de actividades que afecten a configuración, estrutura e composición taxonómica dos hábitats naturais e seminaturais e, especialmente, dos hábitats de interese comunitario das especies de invertebrados de interese para a conservación.

ii. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de invertebrados de interese para a conservación co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente, incluíndo as súas larvas e ovos, nos seus tobos ou áreas de muda, repouso e alimentación.

iii. A captura incontrolada de exemplares de invertebrados para seren empregados como reclamos.

iv. A recolla incontrolada para o coleccionismo e sen autorización de especies de invertebrados de interese para a conservación.

v. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pestes.

4.2.2.2.1.3. Peixes.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da diversidade de especies de peixes que alberga o territorio.

ii. Fomento do estado de conservación dos hábitats que albergan especies de peixes de interese para a conservación.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade aos que poidan afectar o estado de conservación das poboacións das peixes de interese para a conservación.

iv. Regular e fomentar un exercicio da pesca deportiva fluvial que permita manter un estado de conservación favorable das poboacións de peixes de interese para a conservación, así como do seu hábitat.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. A erradicación e control de especies invasoras piscívoras, dando prioridade ás que afecten de modo significativo a dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de peixes de interese para a conservación.

ii. O control da contaminación, depuración das verteduras, eliminación de obstáculos e barreiras nas canles fluviais, restauración do bosque ripario, así como calquera outra actuación sobre os corredores fluviais que permita restaurar ou manter a dinámica, a distribución e os hábitats das poboacións fluviais de peixes de interese para a conservación.

iii. A construción de ascensores e pasos nas grandes presas fluviais para permitir os pasos migratorios das especies de peixes de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

As actividades de pesca, debidamente autorizadas, que se desenvolvan de acordo coa normativa do presente plan, e da sectorial de pesca, respectando os hábitats e as áreas prioritarias das especies de peixes de interese para a conservación.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As verteduras directas de calquera clase (agrícolas, urbanas e industriais) sobre as augas fluviais.

ii. Calquera actuación que provoque a fragmentación dos corredores fluviais e afectando a súa conectividade e permeabilidade.

iii. As canalizacións e dragaxes que provoquen unha diminución significativa no estado ecolóxico e químico das augas fluviais.

iv. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pestes.

4.2.2.2.1.4. Herpetofauna.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da elevada diversidade de especies de herpetofauna que alberga o espazo natural protexido.

ii. Fomento do estado de conservación dos hábitats que albergan poboacións de anfibios e réptiles protexidos.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade aos que poidan afectar o estado de conservación das poboacións das especies de herpetofauna de interese para a conservación.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación ou a súa recuperación.

i. A erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade ás que afecten de modo significativo a dinámica, distribución e os hábitats das poboacións das especies de herpetofauna de interese para a conservación.

ii. O control da contaminación, reparación de canles laterais tradicionais, eliminación de obstáculos e barreiras nas canles fluviais, restauración do bosque ripario, así como calquera outra actuación sobre os corredores fluviais que permita restaurar ou manter a dinámica, a distribución e os hábitats das poboacións fluviais de peixes de interese para a conservación.

iii. O mantemento nun estado ecolóxico favorable das zonas húmidas, especialmente de charcas, pozas temporais e pequenas reservas artificiais.

iv. A conservación e restauración de charcas, pozas temporais e pequenas reservas artificiais de auga que poidan ser colonizados polas especies de herpetofauna de interese para a conservación, asegurando a existencia dun mosaico de medios acuáticos e higrófilos, así como distintos contactos coas biocenoses non húmidas.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas e gandeiras, desenvolvidas de acordo co establecido no presente plan, de baixa intensidade e compatibles co mantemento da dinámica e da área de distribución naturais das poboacións das especies de herpetofauna de interese para a conservación e dos hábitats delas.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Calquera uso ou actuación que cause unha afección significativa sobre a superficie, estrutura, composición ou función dos hábitats que albergan especies de anfibios e réptiles de interese para a conservación.

ii. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de herpetofauna de interese para a conservación co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente, incluíndo ás súas larvas e ovos, nos seus tobos ou áreas de reprodución, invernada, muda, repouso e alimentación.

iii. Os cambios de uso que afecten de modo significativo a estrutura, composición taxonómica e funcionalidade dos hábitats de interese comunitario dos bosques e agrosistemas tradicionais que constitúen áreas prioritarias para diversas especies de herpetofauna de interese para a conservación.

iv. O desenvolvemento de actividades intensivas de agricultura, gandaría e silvicultura, que causen unha deterioración ou diminución significativa da dinámica e distribución naturais das poboacións de especies de herpetofauna de interese para a conservación, así como dos hábitats delas.

v. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de anfibios e réptiles de interese para a conservación.

vi. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pestes.

4.2.2.2.1.5. Aves.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da diversidade de aves que viven normalmente en estado silvestre no parque natural.

ii. Garantir a protección das especies de aves de interese para a conservación.

iii. Establecer medidas de conservación con respecto ás especies migratorias de aves con chegada regular, tendo en conta as necesidades de protección na zona xeográfica terrestre no relativo ás súas áreas de reprodución, de muda e de invernada e ás zonas de descanso nas súas áreas de migración, prestando especial importancia ás zonas húmidas.

iv. Evitar a contaminación ou a deterioración dos hábitats, así como as perturbacións que afecten as aves.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. O desenvolvemento de actuacións que permitan restaurar ou manter a composición, estrutura e función e, en definitiva, o estado de conservación dos hábitats naturais e seminaturais e, en especial, dos considerados de interese comunitario, das poboacións de aves de interese para a conservación.

ii. A erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade ás que afecten negativamente a estrutura, composición taxonómica e funcionalidade dos hábitats das poboacións das especies de aves de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas e gandeiras tradicionais de baixa intensidade e compatibles co mantemento da dinámica natural e da área de distribución das poboacións das especies de aves de interese para a conservación e dos hábitats delas.

ii. Os peches e valados conformados por especies vexetais autóctonas, ou por muros de pedra que manteñan os tipos tradicionais da zona, que constitúen importantes zonas de refuxio de aves de interese para a conservación e que permiten a conectividade e a permeabilidade das poboacións de aves.

iii. O establecemento de medidas alternativas ao emprego de biocidas para o control de pestes, a condición de que non causen unha afección sobre a dinámica, a distribución e os hábitats das especies de aves de interese para a conservación.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de aves de interese para a conservación co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente.

ii. A destrución ou redución das áreas de cría, reprodución, invernada, repouso ou alimentación.

iii. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás aves, incluíndo as súas crías e ovos, nos seus niños ou áreas de cría, reprodución, invernada, repouso e alimentación.

iv. O establecemento de liñas eléctricas, telefónicas ou calquera outro tipo de infraestrutura que non cumpra as condicións establecidas no presente plan.

v. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pestes.

4.2.2.2.1.6. Mamíferos.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da elevada diversidade de especies de mamíferos que alberga o parque natural.

ii. Fomento do estado de conservación dos hábitats que albergan especies de mamíferos de interese para a conservación, promovendo a redución da súa fragmentación mediante o aumento da súa conectividade e permeabilidade.

iii. Conservación dos hábitats cavernícolas que serven de refuxio a importantes poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

iv. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade aos que poidan afectar o estado de conservación das poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

v. Regular e fomentar o exercicio da caza desde un punto de vista sustentable que permita manter nun estado de conservación favorable das poboacións de especies de mamíferos de interese para a conservación, así como dos seus hábitats.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación ou a súa recuperación.

i. As actuacións de conservación e recuperación dos hábitats boscosos encamiñadas especialmente a aumentar a conectividade e a permeabilidade entre masas arborizadas, matogueiras e os hábitats adxacentes que sirvan de corredores para as especies de mamíferos de interese para a conservación.

ii. A erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade ás que afecten de modo significativo a estrutura, composición taxonómica e funcionalidade dos hábitats das poboacións das especies de mamíferos de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas tradicionais de baixa intensidade e compatibles co mantemento da distribución e dinámica das poboacións das especies de mamíferos de interese para a conservación e dos hábitats delas.

ii. Os peches e valados conformados por especies vexetais autóctonas ou por muros de pedra que manteñan os tipos tradicionais da zona, que permiten a conectividade e a permeabilidade das poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Os cambios de uso do territorio que provocan a degradación ou eliminación dos agrosistemas tradicionais.

ii. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de mamíferos de interese para a conservación, incluíndo ás súas crías, co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente.

iii. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

iv. Calquera actividade que cause a destrución ou deterioración significativa das toupeiras, áreas de cría, reprodución, invernada, repouso ou alimentación dos mamíferos de interese para a conservación.

v. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pestes.

4.2.3. Medidas de xestión sectoriais: recursos, usos e actividades.

4.2.3.1. Usos agropecuarios.

a) Obxectivos.

i. A estrutura e explotación das terras e montes que ocupa o parque natural foi desde sempre a agricultura e gandaría tradicionais de montaña.

ii. As actividades agrícolas ou gandeiras que se desenvolvan no parque natural deberán minimizar, cando non evitar, as afeccións significativas sobre os compoñentes clave do patrimonio natural e da biodiversidade: tipos de paisaxes, medios ecolóxicos, hábitats protexidos, núcleos de poboación de especies.

b) Directrices.

i. O parque natural poderá empregar ou promover o uso de técnicas agrícolas e gandeiras na xestión, recuperación ou restauración de áreas que formaron parte de agrosistemas tradicionais (aproveitamentos tradicionais e extensivos de matogueiras, mantemento dos prados de sega, cultivos tradicionais de cereais, etc.). Nestes predios a xestión realizarase seguindo prácticas tradicionais e sustentables e evitando calquera afección significativa sobre os compoñentes da xeodiversidade e da biodiversidade.

ii. Fomentarase o mantemento da agricultura tradicional dos titulares dos terreos que se comprometan á aplicación de medidas agroambientais compatibles coa conservación dos hábitats de interese comunitario e/ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iii. Promoveranse as producións agrícolas ás cales se poidan outorgar denominación de orixe, etiquetas de calidade ou outras cualificacións que as identifiquen co parque natural.

iv. Velarase e promoverase a aplicación de códigos de boas prácticas.

v. As explotacións incluídas no ámbito do espazo natural consideraranse como prioritarias para a concesión de axudas á práctica de métodos agroambientais compatibles coa conservación das especies de interese para a conservación.

vi. Nos terreos agrícolas e gandeiros procurarase respectar a vexetación autóctona de carácter natural ou seminatural establecida nos lindeiros das explotacións, así como as sebes arbustivas e arbóreas, as liñas de arboredo, os pequenos bosquetes e cantos elementos naturais poidan ser significativos para a conservación da biodiversidade e, en especial, da flora e fauna silvestres. Velarase, especialmente, polo mantemento daqueles elementos que:

a. Sirvan de hábitat secundario, refuxio, cría ou alimentación de especies protexidas.

b. Constitúan os últimos lugares de refuxio, cría ou alimentación para os elementos silvestres de flora e fauna, por perduraren en paisaxes agrarias ou gandeiras fortemente degradadas.

c. Establezan corredores biolóxicos entre áreas de maior naturalidade que eviten o illamento xenético das poboacións.

vii. Velarase por evitar a expansión de especies alóctonas, en especial das que se verifique o seu carácter invasor.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, considéranse usos permitidos aqueles de carácter tradicional vinculados coas explotacións agrícolas e gandeiras existentes con anterioridade á declaración do parque natural que non supoñan unha diminución significativa sobre o estado de conservación dos ecosistemas, dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, e que cumpran coa normativa sectorial vixente e coas disposicións do presente plan, incluíndo entre elas:

a. O cultivo ou a cría dentro das explotacións agropecuarias de especies, subespecies, variedades ou razas representativas dos sistemas tradicionais de explotación agrícola ou gandeira existentes en Galicia.

b. O uso de fertilizantes e biocidas nos terreos de labor e nos pasteiros de carácter artificial, a condición de que a súa aplicación non afecte negativamente os hábitats de interese comunitario existentes no seu ámbito, así como as poboacións de especies de interese para a conservación, e sempre que se apliquen de maneira racional, de acordo coas normativas vixentes e co Código galego de boas prácticas agrarias.

c. A corta de exemplares de árbores froiteiras e de ornamento existentes en pequenos hortos ou en xardíns e áreas de uso público existentes dentro do parque natural. Exclúense desta autorización os exemplares incluídos no Catálogo galego de árbores singulares (Decreto 67/2007).

d. A creación de novos pastos ou terreos de labor cando se realicen sobre espazos non conformados por hábitats de interese comunitario (campos de cultivo abandonados, formacións forestais de especies alóctonas) ou sobre áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

ii. Coa finalidade de asegurar un uso sustentable dos recursos naturais e o propio mantemento das explotacións agropecuarias tradicionais, considéranse actuacións suxeitas á autorización por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural as seguintes:

a. Os cambios de usos que supoñan a desaparición ou diminución significativa do estado de conservación (diminución da superficie, modificación da estrutura, cambios nas funcións ecolóxicas) dos tipos de hábitats de interese comunitario ou dos hábitats das especies de interese para a conservación.

b. A eliminación de sebes e bosquetes nas áreas de aproveitamento agrícola ou gandeiro.

c. A fumigación con equipamentos aéreos, que necesitará unha adecuada avaliación das súas repercusións sobre os hábitats naturais e sobre as especies de interese para a conservación.

d. A liberación no medio natural de organismos modificados xeneticamente.

iii. As concentracións parcelarias ou proxectos similares que leven a unha drástica modificación da paisaxe rural do parque natural ou que afecten de modo significativo o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario e as especies de interese para a conservación deberán someterse obrigatoriamente a avaliación de impacto ambiental, que se formulará seguindo os criterios establecidos no artigo 6 da DC 92/43/CEE, tendo en conta os obxectivos de conservación establecidos na Rede Natura 2000 e no presente plan, e de acordo coa normativa sectorial vixente.

4.2.3.2. Usos forestais.

a) Obxectivos.

i. A xestión forestal do parque natural estará orientada á conservación, restauración e xestión de ecosistemas naturais e seminaturais. No desenvolvemento das actividades forestais deberán primar os aproveitamentos e usos sustentables, de modo que se minimicen ou se eviten as afeccións sobre os compoñentes máis importantes do parque: tipos de paisaxe, hábitats protexidos, núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

ii. A xestión forestal no parque natural realizarase mediante técnicas tradicionais, de carácter sustentable, empregando unicamente especies e cultivares autóctonos, característicos dos diferentes tipos de hábitats de interese comunitario presentes no ámbito territorial do parque natural.

iii. As masas forestais deberán conservar o principio de funcionalidade e de persistencia da masa e serán consideradas como elementos clave na loita contra os efectos do cambio climático, tanto no seu papel de mitigación, ao seren considerados reservatorios a longo prazo de carbono, como de substitución, ao forneceren produtos renovables e alternativos aos combustibles fósiles.

b) Directrices.

i. Promoveranse as políticas forestais que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos núcleos de poboación e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación e daranse prioridade a aqueles compoñentes cuxa persistencia se atopa ligada ao mantemento dos sistemas de explotación tradicional de carácter forestal (aciñeirais, corredores fluviais, matogueiras, etc.).

ii. Fomentarase o mantemento das explotacións forestais tradicionais das comunidades de montes e dos titulares de terreos que se comprometan á aplicación de medidas ambientais compatibles coa conservación dos hábitats de interese comunitario e/ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iii. Os criterios e medidas ambientais recollidas nos contratos globais de explotación e as medidas ambientais que promova o organismo autonómico competente en materia forestal e de medio rural definiranse coa colaboración do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iv. A xestión forestal do parque natural estará orientada a asegurar a conservación ou, se for o caso, a restauración, dos ecosistemas terrestres, tendo en conta a distribución espacial, a composición biótica, a estrutura e o funcionamento dos distintos tipos de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE) presentes no ámbito territorial do parque natural que aparecen identificados no presente plan.

v. A xestión forestal deberá desenvolverse mediante proxectos de ordenación de montes e plans técnicos de xestión redactados conforme a Lei de montes de Galicia 7/2012. Para a súa aprobación terase en conta a diversidade e as necesidades de conservación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario, así como dos hábitats das especies de interese para a conservación. Os usos e aproveitamentos que se mencionen nestes documentos non poderán supoñer en ningún caso unha redución significativa do estado de conservación destes hábitats, sobre todo aqueles considerados como prioritarios ou que presenten unha reducida cobertura ou elevada fraxilidade no parque natural.

vi. Non se autorizarán plantacións con especies que non sexan propias do parque natural, procurando garantir a procedencia xenética das sementes e plántulas empregadas na reforestación con especies autóctonas.

vii. As autorizacións dos aproveitamentos forestais en montes situados dentro do ámbito do parque natural que non conten cun plan de ordenación ou instrumento de planificación equivalente aprobado levarán a cabo polo procedemento regulado pola Administración competente en materia forestal e o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

viii. Os aproveitamentos deberán realizarse con técnicas tradicionais e respectuosas en todo momento coa integridade do ambiente, garantindo o mantemento da masa, os solos e os biotopos e ecotonos que esta albergue, así como o restablecemento das condicións preexistentes ou, se for o caso, a súa substitución por formacións de carácter natural.

ix. Os aproveitamentos forestais das formacións boscosas naturais realizaranse mediante cortas selectivas, evitando a realización de cortas a feito.

x. A construción de vías de saca, así como das infraestruturas de defensa contra incendios, deberán evitar impactos paisaxísticos negativos. Estas vías deberán contar con pasos de auga nos desaugadoiros naturais do terreo, tanto permanentes como estacionais, e os seus entroncamentos con camiños ou vías deberán ser realizados tras a consulta ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, co fin de determinar a forma idónea da súa construción. O depósito dos materiais sobrantes na construción e reparación de pistas será controlado con rigor.

xi. Evitarase que a circulación e o uso de maquinaria forestal causen compactación, erosión e perda das estrutura dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

xii. Os traballos de control de pestes deberán ter en conta as seguintes consideracións:

a. Permitirase o control biolóxico ou natural unha vez acadado o aval do organismo competente en patrimonio natural e, asegurando, en todo caso, a mínima afección das especies e os hábitats.

b. O uso de biocidas será efectuado ao amparo do disposto na lexislación sectorial vixente no presente plan.

c. Con carácter preferente, en labores de prevención e loita potenciarase o emprego de plantas cebo, loita biolóxica con uso de trampas de feromonas e, principalmente, a estabilización de insectívoros mediante caixas de nidificación, así como a protección dos dormitorios de quirópteros.

xiii. Na extinción de incendios empregaranse preferentemente as accións que xeren menor impacto no medio e a restauración de áreas afectadas terá carácter prioritario.

xiv. Favorecerase, como medida preventiva contra incendios, a creación de faixas auxiliares sobre as marxes de pistas e camiños, ao redor dos hábitats prioritarios e no perímetro dos montes lindeiros con alto risco incendiario, logo de informe do organismo competente en materia de patrimonio natural e sempre que non afecten a superficie dos hábitats prioritarios nin as especies de interese para a conservación.

xv. As superficies forestais ocupadas por especies alóctonas, como acacias (Acacia spp.), e especialmente daquelas especies que mostran no ámbito do parque natural un comportamento característico dunha especie exótica invasora deberán ser controladas e substituídas por representativas dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE) que aparecen identificados no presente plan.

c) Normativa xeral.

i. Como norma xeral, considéranse usos permitidos aquelas actividades de carácter tradicional vinculadas coas explotacións forestais existentes no parque natural que non supoñan unha afección significativa no estado de conservación dos ecosistemas, dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, conforme o disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

ii. Conforme o anterior, considéranse usos permitidos:

a. Aqueles recollidos nos proxectos de ordenación de montes e plans técnicos de xestión aprobados conforme a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que obtiveron informe favorable do organismo competente en materia de patrimonio natural. Estas actuacións só precisarán unha declaración responsable ante o órgano de xestión do parque natural.

b. A recolla de follaxe, froitos ou cogomelos por parte dos propietarios dos montes para consumo propio, na zona de uso xeral e na zona de uso compatible, a condición de que non afecte a persistencia do exemplar/es ou que desta derive unha perda do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación. No referido á recolla de cogomelos, entenderase como aproveitamento para consumo propio o especificado no artigo 44 do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, e o aproveitamento realizarase respectando en todo momento o contido dos artigos 42 e 43 do mesmo decreto.

c. A recolla de piñas e leña nas masas arborizadas, dentro das zonas de uso xeral e de uso compatible, por parte dos propietarios dos montes destinados ao autoconsumo e ao uso doméstico, que non sexan obxecto de comercialización sen exceder os límites de volume anual de acordo coa normativa sectorial vixente, sempre que non afecten a persistencia das masas ou destas derive unha perda do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario e/ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

d. Tendo en conta as características intrínsecas dos soutos e a súa condición de hábitat seminatural de interese comunitario (Nat-2000 9260), as actividades e aproveitamentos tradicionais deles. Actividades entre as cales se atopan rozas manuais de sotobosque, plantación e enxertía de novos individuos de Castanea sativa, tratamentos fitosanitarios, etc., todas elas necesarias para asegurar o mantemento temporal do devandito hábitat.

e. As tarefas de xestión da biomasa nas faixas primarias e secundarias, segundo o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tendo en conta a modificación introducida pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia.

iii. En cumprimento do artigo 6 da DC 92/43/CEE e do artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015) e coa finalidade de asegurar o uso sustentable dos recursos naturais e o propio mantemento das explotacións forestais, considéranse actividades suxeitas a avaliación, autorización preceptiva, ou informe se for ocaso, por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, as seguintes:

a. As reforestacións, que deban ser levadas a cabo seguindo os criterios e obxectivos descritos nas normativa do presente plan e que serán realizadas baixo os principios de cautela ambiental do artigo 6 da DC 92/43/CEE e do artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015). Estas reforestacións deberán realizarse de forma que se restaure a cobertoira arbórea, especialmente no tocante ás primeiras reforestacións sobre terreos degradados ou que proveñan de incendios ou xerados polo abandono da actividade agraria e gandeira, sen causar afeccións significativas sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE nin sobre as especies de interese para a conservación.

b. As cortas dos tipos de bosques do anexo I da DC 92/43/CEE vinculadas estritamente ás necesidades de mantemento, xestión, restauración, rexeneración e sanidade vexetal, ao abeiro do disposto en artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 45 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), cando sexan necesarias para garantir a seguridade das persoas, infraestruturas, propiedades ou para asegurar a preservación dos devanditos hábitats cando non sexa posible a rexeneración natural e conforme os obxectivos do presente plan.

c. A realización de queimas controladas, sempre que non leven consigo unha afección sobre o estado de conservación dos hábitats e as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación e se realicen conforme a normativa vixente.

d. O uso de calquera tipo de biocida ou herbicida sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as especies de interese para a conservación.

e. A fumigación con equipamentos aéreos cando non supoñan unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats e as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación e se realicen conforme a normativa vixente.

iv. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural fomentará as medidas necesarias para efectuar a transformación de formacións de especies alóctonas, especialmente de piñeiros (Pinus spp.) e acacias (Acacia spp.), en formacións naturais co fin de recuperar a naturalidade dos hábitats de interese comunitario.

v. Arbitraranse as medidas necesarias para efectuar a recuperación das áreas ocupadas por plantacións de especies alóctonas establecidas con anterioridade á declaración do parque natural, así como o control e erradicación de formacións de especies alóctonas e invasoras (plantas de uso ornamental, especies empregadas para céspedes de uso recreativo ou en actuacións de restauración, etc.) que lograron establecerse e expandirse no ámbito do parque natural, a través de distintos vectores e procesos, seguindo as seguintes determinacións:

a. O proceso de substitución das formacións alóctonas e de especies invasoras deberá ser desenvolvido sen causar unha afección significativa sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación (núcleos de poboación, zonas de cría e reprodución, áreas de colonización, etc.).

b. As actuacións de control das formacións alóctonas e de especies invasoras deberán establecer as medidas precisas que aseguren o respecto do arboredo e a vexetación autóctona desenvolvida baixo a masa, así como o mantemento da diversidade de biótopos (afloramentos rochosos, regatos, zonas húmidas).

c. As actuacións deberán realizarse con técnicas tradicionais e respectuosas en todo momento coa integridade do ambiente, co fin de garantir o mantemento da masa, os solos e os biótopos e ecotonos que esta albergue, así como o restablecemento das condicións preexistentes ou, se for o caso, a súa substitución por formacións de carácter natural.

d. As actuacións de control das especies alóctonas ou invasoras non deberán ser realizadas en grandes superficies, senón que deberían ser practicadas en pequenos bosquetes, en pequenas mouteiras ou mesmo pé a pé, dependendo das características do lugar e das dimensións dos pés que forman a masa, primando as zonas menos sensibles, cunha menor pendente e maior profundidade de solo.

e. Nas actuacións de erradicación de especies alóctonas ou invasoras primarase a non afección aos hábitats de interese comunitario.

f. En todo caso, será preciso un control e seguimento das parcelas onde se realicen accións de erradicación e control de especies alóctonas ou invasoras que permitan comprobar o establecemento de rexenerado das especies autóctonas e controlar a aparición de rexenerado das especies exóticas.

g. Cando non sexa posible a rexeneración natural tras as actuacións de eliminación de especies alóctonas ou invasoras, realizaranse accións de restauración, para o cal se empregarán as especies predominantes nos tipos de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE) presentes no ámbito territorial do parque natural que aparecen identificados no presente plan.

h. No control e eliminación de especies alóctonas e invasoras empregaranse preferentemente métodos manuais e mecánicos. O emprego de métodos químicos só se poderá realizar mediante aplicacións manuais controladas sobre pequenas superficies ou selectivamente e de forma manual sobre determinados individuos.

vi. Serán sometidos a avaliación de impacto ambiental:

a. As primeiras repoboacións forestais de máis de 50 hectáreas cando entrañen riscos de graves transformacións ecolóxicas de carácter negativo.

b. As novas plantacións que poidan xerar unha afección significativa sobre a integridade do parque natural, os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

vii. Considéranse usos prohibidos no ámbito do parque natural.

a. As cortas indiscriminadas e a feito sobre formacións arbóreas naturais e especialmente sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da DC 92/43/CEE.

b. A subsolaxe, sangradura e rozas mecanizadas que poidan levar consigo unha afección significativa sobre o estado de conservación dos corredores fluviais (Nat-2000 3260 e Nat-2000 91E0*).

c. O depósito de materiais sobrantes de cortas ou outros aproveitamentos forestais sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

d. As novas plantacións de especies forestais alóctonas.

e. A plantación das especies consideradas como invasoras no Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

f. A introdución, plantación ou sementeira de especies exóticas.

g. A fumigación con equipamentos aéreos en tratamentos continuos e masivos que supoñan unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats e as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación e se realicen conforme a normativa vixente.

h. A vertedura de zurros e residuos agrícolas ou industriais.

4.2.3.3. Usos cinexéticos e piscícolas.

a) Obxectivos.

i. A xestión e o manexo responsable dos espazos cinexéticos e piscícolas, os seus aproveitamentos e os seus usos sustentables, a través dos correspondentes plans técnicos, de modo que se minimicen, cando non se eviten, as afeccións sobre compoñentes clave da biodiversidade: hábitats protexidos e enclaves de poboación de especies de interese para a conservación.

ii. Fomentar a participación e a colaboración activa dos cazadores e pescadores no parque natural para a aplicación das medidas contidas neste plan, considerando as necesidades económicas, sociais e culturais como elementos fundamentais para lograr os obxectivos de conservación que se perseguen.

b) Directrices.

i. Considerar as prácticas cinexética e piscícola compatibles, con carácter xeral, no parque natural, entendéndoas como actividades económicas, ambiental e socialmente sustentables, aínda que deben estar suxeitas a plans técnicos competentes que ordenen o seu aproveitamento.

ii. Manter os recursos cinexéticos e piscícolas seguindo os criterios establecidos na xestión sustentable e nos obxectivos do parque natural, co obxectivo de cubrir as necesidades económicas, sociais e culturais dos residentes das zonas rurais e as súas xeracións futuras.

iii. Promover as políticas cinexéticas e piscícolas que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos hábitats e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iv. Conciliar as prácticas de caza e pesca fluvial co debido respecto dos períodos sensibles da bioloxía das especies, das áreas de patrimonio cultural fráxil, da paisaxe, a salvagardar a cantidade e calidade dos recursos cinexéticos e piscícolas, así como para asegurar, mellorar e aumentar a diversidade dos seus bens e servizos a longo prazo.

v. Evitar que o exercicio da caza interfira co uso público establecendo, se for necesario, medidas para compatibilizar na medida do posible ambas as actividades.

vi. Potenciar nos instrumentos de planificación e ordenación cinexética ou piscícola seguimentos periódicos e avaliacións posteriores da xestión realizada sobre os devanditos recursos, utilizando os seus resultados no propio proceso de planificación posterior.

vii. Promover a divulgación, coñecemento e comprensión do parque natural e do presente plan, así como dos hábitats naturais e das especies de interese para a conservación, mediante a información, programas de formación e de concienciación apropiados aos responsables dos Tecor, entidades xestoras dos recursos cinexéticos e das sociedades colaboradoras de pescadores.

c) Normativa xeral.

i. Considéranse como permitidas as seguintes actividades:

a. Con carácter xeral, as actividades de caza e pesca fluvial reguladas polas normativas sectoriais vixentes e que non causen un afección significativa sobre o estado de conservación dos ecosistemas, os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación. Estas actividades realizaranse de acordo coas regulacións establecidas pola lexislación sectorial, a normativa zonal do presente plan ou as que poida establecer o organismos autonómico competente en materia de patrimonio natural, conforme o disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

b. O adestramento de cans de caza, ao abeiro das normativas sectoriais vixentes, a condición de que non causen unha afección significativa sobre o estado de conservación dos compoñentes clave da biodiversidade.

c. As accións de estimulación de restauración de terras agrícolas abandonadas e de terreos degradados para a súa conversión en zonas de alimentación ou refuxio para a fauna cinexética.

ii. Considéranse como actividades sometidas a autorización as que se relacionan a seguir:

a. Medidas cinexéticas ou piscícolas complementarias non incluídas nas anteriores nin nas directrices descritas nin que fosen aprobadas nos correspondentes plans de ordenación cinexética e piscícola, e que estean vinculadas ás necesidades de mantemento e mellora dunha xestión sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas.

b. O establecemento de zonas de caza ou pesca intensiva, logo de sometemento ao procedemento de avaliación ambiental.

iii. Considéranse prohibidos todos aqueles usos que xa se atopen prohibidos polas respectivas normativas de caza e pesca fluvial.

4.2.3.4. Urbanismo e ordenación territorial.

a) Obxectivos.

i. Contribuír á ordenación e protección do medio rural, dos núcleos rurais que se sitúen no espazo natural e do patrimonio rural.

ii. Garantir que os proxectos de actividades e obras, tanto de promoción pública como privada, inclúan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, se for o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos os elementos serán valorados á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

b) Directrices.

i. O presente plan, xunto coas disposicións do Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, prevalece sobre o ordenamento urbanístico e a ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán estas de oficio.

ii. A clasificación do solo dentro do parque natural adaptarase, coa excepción do especificado no presente plan, á normativa estatal e autonómica vixente, a cal rexerá a actividade construtiva no solo urbano e nos núcleos rurais, regulando, pola súa vez, o posible desenvolvemento destes, co fin de asegurar a protección e conservación da paisaxe e dos compoñentes clave do parque natural.

iii. As áreas delimitadas como zona de reserva, zona de uso limitado e zona de uso moderado deberán ser asignadas no correspondente planeamento urbanístico aos usos e aproveitamentos propios de solos non urbanizables de especial protección.

iv. Promoverase a elaboración de estudos ou catálogos sobre arquitectura tradicional do parque natural e fomentaranse liñas de axuda para a adecuación das vivendas rurais á esta tipoloxía, fomentando que na rehabilitación, mellora e nova construción de vivendas rurais se manteña a fisionomía tradicional dos núcleos rurais.

v. Na recuperación, mantemento ou, se for o caso, na construción de novas edificacións, deberase garantir a integración paisaxística das edificacións e o mantemento do estilo tradicional do parque natural, prestando especial atención á tipoloxía e volumes, así como aos materiais de cubertas e fachadas.

vi. Fomentarase a rehabilitación de edificios fronte á construción doutros novos.

vii. Nas edificacións promoverase especialmente a substitución de elementos construtivos distorcedores por outros máis acordes cos tipos tradicionais do parque natural.

viii. Fomentarase o uso de enerxías renovables para o servizo das instalacións existentes.

ix. Os instrumentos de desenvolvemento urbanístico procurarán fixar, con carácter de mínimos, as condicións necesarias para evitar a formación de pantallas arquitectónicas e garantir a integración paisaxística das vivendas e a súa harmonía co contorno.

x. Toda actuación que se vaia realizar en edificacións xa existentes adaptarase ás normas urbanísticas correspondentes.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión urbanística, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2005), así como coas normas de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002) e co instrumento de planificación e xestión derivado da figura do espazo natural (Decreto 77/2002), o disposto na normativa sectorial europea, estatal e galega vixente no seu momento.

ii. Como criterio xeral, considéranse autorizables dentro da zona de uso xeral os usos e as actividades urbanísticas que se realicen conforme as normativas estatais e autonómicas e que, por conseguinte, estean amparados nun instrumento ou plan urbanístico adaptado ao devandito marco normativo, ou no plan especial de dotacións, sempre e cando se desenvolvan de xeito respectuoso cos obxectivos de conservación do espazo natural e non provoquen unha afección significativa sobre a súa integridade, a calidade da paisaxe e o funcionamento dos ecosistemas, e non supoñan unha redución do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iii. Permitirase a construción de novas edificacións exclusivamente nos núcleos rurais consolidados e urbanos e dentro da zona de uso xeral. As condicións mínimas para a edificación nesta parte serán as dispostas pola normativa urbanística que afecte os concellos.

iv. Os terreos que non se atopen en solo urbano (figuras de solo urbano consolidado e solo de núcleo rural tradicional establecidas pola Lei 15/2004) utilizaranse de conformidade coa súa natureza. Dedicaranse, dentro dos límites que dispoñan as leis e a ordenación territorial e urbanística, ao uso agrícola, gandeiro, forestal ou calquera outro vinculado á utilización racional dos recursos naturais.

v. Con carácter excepcional, de acordo co procedemento establecido e coas condicións previstas na lexislación de ordenación territorial e urbanístico, poderán lexitimarse actos e usos específicos que sexan de interese público ou social pola súa contribución á ordenación e ao desenvolvemento rural ou porque se sitúen no medio rural. De calquera modo, as ditas autorizacións terán que realizarse en cumprimento do artigo 6 da DC 92/43/CEE e a través dun procedemento de avaliación de impacto ambiental, cando afecten de forma significativa hábitats prioritarios ou as áreas prioritarias de conservación das especies catalogadas a nivel estatal, ou as especies do anexo II da DC 92/43/CEE.

vi. Nos terreos non considerados como solos urbanos (figuras de solo urbano consolidado e solo de núcleo rural tradicional establecidas pola Lei 15/2004), están prohibidas os parcelamentos urbanísticos, salvo os que fosen incluídos no ámbito dunha actuación de urbanización na forma que determine a lexislación de ordenación territorial e urbanística e se realicen de conformidade coas especificacións do presente plan.

vii. No entanto, a utilización dos terreos con valores ambientais, culturais, históricos, arqueolóxicos, científicos e paisaxísticos que sexan obxecto de protección pola lexislación aplicable quedará sempre sometida á preservación dos devanditos valores e comprenderá unicamente os actos de alteración do estado natural dos terreos que aquela lexislación expresamente autorice.

viii. Os organismos autonómicos competentes en materia de patrimonio natural e en materia de urbanismo e ordenación do territorio poderán establecer criterios específicos coa fin de asegurar os obxectivos de conservación do espazo natural, a sustentabilidade e a protección do territorio e dos propios núcleos rurais.

ix. Para o desenvolvemento das actuacións urbanísticas dentro do parque natural será necesaria a autorización do organismo autonómico competente en materia patrimonio natural, que se desenvolverá de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE, independentemente do resto das autorización por parte doutros organismos competentes.

x. Os peches das leiras en solo urbano e núcleos rurais consolidados realizaranse respectando os materiais e tipoloxía tradicionais.

xi. Fóra dos solos urbanos e dos núcleos rurais consolidados, os peches deberán realizarse con sebes de especies autoctónas, pedra seca ou filas de arames sen picos e non se autoriza o uso de materiais prefabricados.

4.2.3.5. Infraestruturas e obras.

a) Obxectivos.

i. Procurar minimizar o impacto sobre o medio natural no desenvolvemento de infraestruturas (vías, transporte de enerxía e datos, estacións radioeléctricas, etc.) cando estas se realicen fóra dos núcleos urbanos.

ii. Protexer o medio natural e cultural do parque natural realizando as medidas de restauración necesarias para minimizar o impacto paisaxístico das infraestruturas e obras existentes que así o requiran.

iii. Garantir que os proxectos de actividades e obras inclúan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, se for o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos estes elementos serán valorados de forma prioritaria á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

iv. Procurar, en coordinación coa Administración estatal e autonómica, a conservación e ordenación dos recursos naturais existentes no dominio público.

b) Directrices.

i. Os proxectos definirán e incorporarán de forma precisa as medidas de control da erosión e a restauración e integración paisaxística da obra. Estas medidas referiranse non só aos elementos principais da obra senón tamén aos accesos provisionais e definitivos, conducións, plataformas de traballo, vertedoiros e a cantas superficies viren alterada a súa cobertoira vexetal ou modificadas as súas condicións de equilibrio.

ii. No deseño e execución das obras deberán minimizarse os efectos erosivos e a alteración hidrolóxica sobre os hábitats naturais e seminaturais, e especialmente sobre os hábitats prioritarios.

iii. Evitarase a localización de instalacións ou infraestruturas nos cumes de maior altitude do parque natural, así como naqueles picos que posúan unha gran singularidade cultural, paisaxística ou ambiental.

iv. Como criterio para a apertura de novos desmontes, gabias ou vías tomarase aquel que supoña, en primeiro lugar, un menor impacto ambiental sobre os elementos da paisaxe, os hábitats e as especies protexidas.

v. Os materiais sobrantes das obras de mantemento, restauración, modificación ou desmantelamento deberán ser retirados e xestionados de acordo coa lexislación vixente.

vi. No deseño e mantemento de infraestruturas teranse en conta as necesidades de paso da fauna silvestre, habilitando as medidas necesarias que permitan e favorezan este fluxo.

vii. Prohíbese a apertura de novas estradas e pistas na zona de reserva e de uso limitado.

viii. A mellora do firme ou restauración de pistas das zonas de reserva e uso restrinxido requirirá de autorización por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. De realizarse, farase do modo que cause menos impacto e co mesmo material xeolóxico existente no trazado.

ix. A apertura de novas estradas ou pistas e a mellora ou o asfaltado das existentes na zona de uso compatible requirirán de autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

x. Controlaranse e eliminaranse as especies exóticas e invasoras dass vías e das áreas afectadas polas obras.

xi. En caso de ser necesaria a introdución de material vexetal (plantas, gromos, sementes) para a restauración de noiros e áreas alteradas, empregaranse só especies autóctonas, elixindo aquelas propias dos hábitats circundantes da zona de obra.

xii. Co fin de evitar as afeccións sobre hábitats de interese comunitario ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación da fauna e flora silvestre na planificación das novas vías, así como nos labores de mantemento das existentes, establécense as seguintes directrices:

a. Na execución de obras procuraranse aplicar técnicas de enxeñaría branda ou bioenxeñaría.

b. Evitarase a vertedura directa, ou con certa intensidade, sobre materiais disgregables ou en áreas de importantes pendentes, así como nos medios acuáticos naturais ou seminaturais e, especialmente, sobre os regatos.

c. Nos puntos de evacuación da auga instalaranse dispositivos co fin de reducir a súa capacidade erosiva. No deseño e mantemento destes puntos empregaranse técnicas brandas ou de bioenxeñaría.

xiii. Nas obras de restauración ou de rexeneración ambiental seguiranse, ademais, os seguintes criterios:

a. Evitarase a colocación de mobiliario urbano sobre hábitats naturais.

b. Evitarase o uso de materiais alleos ao medio (formigón, aceiro inoxidable, materiais plásticos) no acabamento e exteriores.

c. Na construción, mantemento ou modificación de paseos evitarase a modificación dos hábitats de interese comunitario e dos hábitats das especies de interese para a conservación e, especialmente, daqueles considerados como prioritarios.

d. O mantemento ou modificación das construcións existentes deberá dirixirse cara á restauración das condicións ecolóxicas, substituíndo no posible os muros verticais, diques ou noiros de pedra.

e. Na vexetación de noiros e áreas alteradas utilizaranse só especies autóctonas propias da zona do parque natural onde se realiza a obra.

c) Normativa xeral.

i. Para a instalación de calquera tipo de infraestrutura ou para a execución de calquera tipo de obra no ámbito do parque natural será necesario dispoñer da correspondente autorización emitida polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ii. Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión de infraestruturas e obras, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2005), así como coas normas de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002) e co instrumento de planificación e xestión derivado da figura do espazo natural (Decreto 77/2002), o disposto na normativa sectorial europea, estatal e galega vixente no seu momento.

iii. Coa fin de limitar os efectos prexudiciais para a saúde humana derivados da exposición a curto e longo prazo a substancias e preparados perigosos, prohíbese o emprego de madeira tratada con creosota ou outros derivados do hexacloroetano (Directiva 90/2001/CE, Orde PRE/2666/2002, do 25 de outubro, pola que se modifica o anexo I do Real decreto 1406/1989, do 10 de novembro, BOE núm. 261, do 31 de outubro de 2002), na construción de áreas de uso público (pasarelas, instalacións recreativas e de lecer ao aire libre), así como en calquera tipo de construción en que exista risco de contacto frecuente coa pel.

iv. Nos labores de mantemento das infraestruturas lineais existentes no espazo natural empregaranse as técnicas e métodos que aseguren una mínima afección sobre os recursos naturais e, de forma especial, sobre as augas, os solos, os tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou sobre os núcleos de poboación de especies de interese para a conservación a través dos cales discorre a traza.

v. Na xestión das medianas e áreas de servidume das infraestruturas lineais que discorren polo espazo natural, estableceranse medidas de control a fin de evitar o establecemento ou expansión de especies invasoras que poidan afectar o estado de conservación dos hábitats ou dos núcleos de poboación de especies de interese para a conservación existentes no espazo natural.

vi. Prohíbese o tendido de novas liñas de alta tensión no espazo natural. As liñas existentes de alta e media tensión deberán incorporar medidas para evitar a colisión de aves con cables. En todo o parque natural os novos tendidos de liñas de transporte de enerxía eléctrica, de lonxitude superior a 3 quilómetros deberán someterse a avaliación de impacto ambiental. Para o resto das liñas que se pretenda tender fóra dos núcleos urbanos ou rurais requirirase autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

vii. Ás liñas eléctricas aéreas de alta tensión con condutores nus situadas en zonas de protección, que sexan de nova construción ou que non conten cun proxecto de execución aprobado antes da entrada en vigor do Real decreto 1432/2008, así como ás ampliacións ou modificacións de liñas eléctricas aéreas de alta tensión xa existentes, seranlles aplicadas as medidas de protección contra a electrocución e as medidas de protección contra a colisión recollidas no referido Real decreto 1432/2008.

a. Ás liñas eléctricas aéreas de alta tensión con condutores nus existentes con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1432/2008, situadas en zonas de protección, seranlles aplicadas, de forma obrigatoria, as medidas de protección contra a electrocución e, de forma voluntaria, as medidas de protección contra a colisión.

b. Para os efectos de aplicación das medidas de protección establecidas no Real decreto 1432/2008, son zonas de protección:

• Os territorios designados como zonas de especial protección para as aves (ZEPA) de acordo cos artigos 43 e 44 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

• Os ámbitos de aplicación dos plans de recuperación e conservación elaborados polas comunidades autónomas para as especies de aves incluídas no Catálogo español de especies ameazadas ou nos catálogos autonómicos.

• As áreas prioritarias de reprodución, alimentación, dispersión e concentración local daquelas especies de aves incluídas no Catálogo español de especies ameazadas, ou nos catálogos autonómicos, cando as ditas áreas non estean xa comprendidas nos dous puntos anteriores.

viii. Considérase actividade permitida as obras de mantemento e conservación executadas por particulares en edificacións existentes, que cumpran coa legalidade vixente. En calquera caso, o desenvolvemento destas obras deberá axustarse á normativa sectorial vixente establecida pola Xunta de Galicia e no PXOM do concello.

ix. Someterase a procedemento de avaliación de impacto ambiental a construción de calquera nova infraestrutura de servizo ou edificación capaz de provocar un efecto significativo sobre a paisaxe ou a modificación doutras preexistentes coa mesma capacidade.

x. Prohíbese a instalación de parques eólicos e minicentrais hidroeléctricas.

xi. O cumprimento dos labores de conservación, seguimento e xestión no parque natural necesita o establecemento dun conxunto básico de dotacións e infraestruturas cuxa execución e xestión cumprirá os seguintes criterios:

a. Considérase actividade permitida as obras de mantemento e conservación promovidas ou executadas polo parque natural en vivendas e edificacións existentes no ámbito do parque natural.

b. As novas infraestruturas e instalacións vinculadas coa xestión do uso público do parque proxectaranse e executaranse minimizando calquera tipo de alteración sobre os compoñentes do patrimonio natural e cultural.

c. As novas infraestruturas e instalacións vinculadas directamente coas necesidades de xestión de hábitats e núcleos de poboación de especies protexidas proxectaranse e executaranse minimizando calquera tipo de alteración sobre os compoñentes do patrimonio natural e cultural.

d. A apertura de vías temporais vinculadas con labores de xestión, conservación ou restauración dos compoñentes da biodiversidade ou das infraestruturas existentes estarán suxeitas a autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. En ningún caso estas vías poderán xerar unha afección significativa sobre os hábitats de interese comunitario ou os compoñentes da biodiversidade; pola contra, aplicaranse as regulacións expostas para as vías de carácter permanente.

xii. O organismo competente en materia de patrimonio natural poderá regular e, se for o caso, prohibir o tránsito de persoas ou vehículos polas vías temporais ou permanentes existentes no parque atendendo a razóns de seguridade ou para asegurar a conservación dos compoñentes do patrimonio natural ou cultural.

4.2.3.6. Uso público e actividades deportivas.

a) Obxectivos.

i. Compatibilizar o uso público e as actividades recreativas e deportivas cos obxectivos de conservación do parque natural e co desenvolvemento do medio rural.

ii. Impulsar o uso público como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia do parque natural.

iii. Ordenar e facilitar o goce do visitante baseado nos valores do parque natural, de modo compatible coa súa conservación. Darase prioridade e fomentaranse as actividades de paseo e contemplación. Neste sentido, prestarase especial atención aos valores culturais, estéticos, educativos e científicos, e daráselles prioridade sobre os de carácter unicamente turístico, deportivo ou recreativo.

iv. Achegar a poboación a un ámbito natural, co fin de aumentar o seu coñecemento sobre este medio, así como lograr unha maior sensibilización, sobre todo no caso das poboacións urbanas, respecto á necesidade da súa conservación.

b) Directrices.

i. Adecuar a intensidade de uso do espazo á súa capacidade de acollida.

ii. Promover coa Administración estatal, autonómica e provincial, así como cos concellos integrados na zona de influencia socioeconómica, o uso público, turístico e recreativo de carácter sustentable no parque natural.

iii. Impulsarase o uso público como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia socioeconómica do parque natural.

iv. Estableceranse as medidas necesarias para loitar eficazmente contra as actividades pesqueira e cinexética furtivas e facer cumprir a normativa vixente.

v. Realizarase un adecuado seguimento e avaliación das actividades de uso público e recreativo dentro do parque natural que atenderá, especialmente, para os efectos sobre o medio natural e a calidade da visita, aplicando, cando sexa adecuado, as oportunas medidas correctoras.

vi. Fomentaranse aquelas actividades que permitan un mellor coñecemento e divulgación dos valores naturais e culturais do espazo, sempre que non supoñan impacto significativo sobre estes.

vii. Facilitarase o desenvolvemento de visitas educativas e culturais organizadas e previamente concertadas, en especial de centros escolares.

viii. Dispoñerase dos medios persoais e materiais necesarios para facilitar aos visitantes o coñecemento e a interpretación dos valores naturais e culturais do espazo obxecto de ordenación.

ix. Realizarase un seguimento dos usos educativos e culturais dentro do espazo protexido, en especial da súa incidencia sobre as actitudes dos visitantes.

x. Favoreceranse os intercambios de material e experiencias de carácter educativo con outros centros e institucións dedicadas á educación ambiental, principalmente con aqueles situados dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

xi. Establecerase unha regulación das actividades recreativas e de uso público que sexa coherente coa capacidade de carga máxima do parque natural. Neste sentido, promoverase o establecemento de programas de seguimento desta actividade para realizar unha vixilancia dos seus efectos e da posibilidade de modificar co tempo a devandita capacidade de carga máxima.

xii. O parque natural deberá de dispoñer dunha oferta integrada de servizos de atención aos visitantes, deseñada e xestionada de acordo cos obxectivos de conservación do espazo natural e que teña en conta a accesibilidade universal, con independencia das súas características individuais como idade ou discapacidade, adaptándose á normativa vixente. Para tal efecto, non só se procurará a creación de espazos para a lactación materna e a hixiene dos bebés, tanto nos aseos de homes como de mulleres, senón tamén que os aseos para homes e mulleres se distribúan nunha proporción tal que o tempo de espera sexa similar.

xiii. Promoveranse as accións de voluntariado directamente relacionadas cos obxectivos operativos e de xestión do parque natural.

c) Normativa xeral.

i. Na normativa sectorial e zonal recóllense distintas regulacións para as actividades deportivas e de uso público. Para aquelas non incluídas nestes puntos, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural deberá realizar unha análise das actividades deportivas e de uso público non recollidas no presente plan co obxecto de avaliar a súa compatibilidade e a súa repercusión ambiental. En ningún caso se poderán autorizar as que resulten incompatibles coa conservación dos hábitats e das especies. Considerarase actividade extraordinaria calquera actividade de uso público ou deportiva non especificamente regulada no presente PRUX e para a súa execución requirirase autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural autorizará soamente aquelas actividades recreativas e culturais que se desenvolvan de forma que a intensidade, áreas e períodos de presenza de visitantes non altere o estado de conservación dos hábitats naturais e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, conforme os estudos de capacidade de carga dispoñibles para o parque natural.

iii. Non se poderá autorizar ningunha actividade extraordinaria se contradí as normas, obxectivos ou funcionamento do parque natural ou é incongruente cos establecidos no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

iv. Tampouco se poderán autorizar aquelas actividades extraordinarias que poidan ser susceptibles de provocar unha afección sobre os valores da xea, da biodiversidade ou do patrimonio natural, ou sexan susceptibles de xerar danos ás persoas ou ás propiedades ou que teñan unha incidencia negativa sobre as actividades que se realizan habitualmente no parque natural.

v. En todo caso, considéranse incompatibles as probas e as competicións en que se empregue a propulsión a motor.

vi. Para a autorización de toda actividade extraordinaria exixirase o depósito dunha fianza ou a contratación dun seguro por parte do promotor. A Administración poderá establecer tarifas que, polo menos, terán por obxectivo o reembolso dos gastos xerados pola concesión da autorización e polo seguimento das actividades autorizadas.

vii. Considérase actividade permitida o tránsito a pé polo parque natural (salvo na zona de reserva, onde está prohibido), a condición de que se realice de forma racional, respectando a propiedade privada e as actividades e aproveitamentos existentes, así como a normativa sectorial, a do presente plan e as regulacións que poida establecer o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

viii. As vías existentes no espazo natural clasifícanse en relación co uso público da seguinte maneira:

a. Libre tránsito: vías en que se permite o uso de vehículos, cabalos ou tránsito peonil, de acordo coa normativa e disposicións sectoriais en materia de circulación e seguridade viaria. Inclúense dentro desta categoría as autovías e estradas de titularidade estatal, autonómica ou provincial, así como as súas vías de servizo, xunto coa rede de camiños e rúas existentes nos núcleos habitados incluídos no parque natural, e as pistas agrícolas ou forestais, así como as vinculadas co mantemento de infraestruturas que non estean suxeitas a limitacións específicas ou particulares por partes dos titulares ou dos organismos competentes.

b. Tránsito restrinxido: aquelas vías en que o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural establece unha restrición do tráfico de forma temporal ou permanentemente por necesidades de conservación dos recursos naturais ou ben para garantir os aproveitamentos tradicionais existentes ou para racionalizar as propias actividades de uso público. Inclúense polo menos dentro desta categoría as vías de uso estritamente peonil (carreiros e sendas peonís), nos cales se prohibe o uso de vehículos de motor e de cabalarías; aquelas vías ou áreas restrinxidas ao uso público e delimitados para garantir a conservación dos hábitats e das especies silvestres.

c. Das limitacións establecidas neste punto quedan exceptuados os vehículos de vixilancia, emerxencias e todos aqueles que conten coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ix. A circulación e aparcamento de vehículos no desenvolvemento de actividades de uso público (turístico, recreativo, deportivo, lecer, etc.) realizarase exclusivamente nas vías e áreas habilitadas para ese efecto. Prohíbese a circulación e aparcamento sobre hábitats de interese comunitario ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación.

x. O tránsito de calquera tipo de embarcación no encoro de Penarrubia deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

xi. Prohíbese:

a. A acampada libre fóra dos lugares sinalados para ese efecto.

b. Facer calquera tipo de lume ou fogueira fóra das instalacións destinadas a tal uso.

c. A circulación con vehículos motorizados fóra das vías de libre tránsito, salvo as expresamente autorizadas polo organismo competente en materia de patrimonio natural.

d. Aquelas accións que provoquen danos á sinalización e ás infraestruturas do espazo natural.

e. O emprego de megáfonos, así como doutros aparellos de son que perturben a tranquilidade e a calma da fauna e do propio espazo natural.

f. E, en xeral, calquera actividade que atente contra os valores naturais do espazo protexido.

xii. O exercicio da caza e da pesca deportiva considéranse actividades permitidas con carácter xeral en todo o parque natural, fóra da zona de reserva, onde está prohibida salvo por motivos de xestión ou por fins científicos e con autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

xiii. A actividade fotográfica, de filmación e gravación, cando sexan de carácter comercial ou científico, deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

xiv. O uso con fins comerciais da imaxe, marca ou sinais de identidade gráfica do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

xv. Permítense as actividades de voluntariado directamente relacionadas cos obxectivos operativos e de xestión do parque natural.

4.2.3.7. Recursos culturais.

a) Obxectivos.

i. Preservar o patrimonio cultural (etnográfico, arqueolóxico, histórico e industrial) existente no parque natural, favorecendo a súa investigación e posta en valor.

ii. Difundir e divulgar os valores educativos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico do parque natural para o enriquecemento cultural da sociedade no seu conxunto.

iii. Promover o estudo, recuperación e emprego dos coñecementos tradicionais que sexan relevantes para a conservación e o uso sustentable da biodiversidade e xeodiversidade.

b) Directrices.

i. De acordo coas normas, resolucións e principios do Convenio sobre a diversidade biolóxica e da Organización Mundial da Propiedade Intelectual, así como coa Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015):

a. Preservaranse, manteranse e fomentaranse os coñecementos e as prácticas de utilización consuetudinaria que sexan de interese para a conservación e o uso sustentable do patrimonio natural e da biodiversidade.

b. Promoverase que os beneficios derivados da utilización destes coñecementos e prácticas se compartan equitativamente.

c. Promoverase a realización de inventarios dos coñecementos tradicionais relevantes para a conservación e o uso sustentable da biodiversidade e xeodiversidade, con especial atención aos etnobotánicos e etnozoolóxicos.

ii. Velarase polo correcto estado de conservación dos bens integrantes do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico.

iii. Regularase e controlarase o acceso dos investigadores aos elementos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico e etnobiológico, co fin de proceder ao seu estudo.

iv. Posibilitarase o acceso do público, na medida en que iso non afecte negativamente a súa conservación, os elementos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico, e integraranse, cando sexa posible, na rede de rutas e áreas recreativas.

v. Elaborarase a infraestrutura informativa e educativa precisa (sinalizacións, paneis explicativos, folletos, etc.) para a necesaria posta en coñecemento do público dos valores do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico do parque natural.

vi. Realizaranse estudos descritivos das tipoloxías arquitectónicas tradicionais co obxecto de facilitar a súa rehabilitación e coñecemento e promoverase a protección e conservación das edificacións máis valiosas.

vii. Promoverase o fomento das accións de revalorización, conservación e rehabilitación do patrimonio cultural do parque natural, incluídas as festas populares e manifestacións folclóricas, en harmonía coa preservación dos recursos naturais.

c) Normativa xeral.

i. Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión dos recursos culturais, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2005), así como coas normas de declaración do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Decreto 157/2002) e co instrumento de planificación e xestión derivado da figura do espazo natural (Decreto 77/2002), o disposto na normativa sectorial europea, estatal e galega vixentes no seu momento.

ii. Os indicadores de acceso que conduzan aos compoñentes do patrimonio cultural e etnográfico e ao mobiliario informativo que se coloque neles deberán ser coherentes co patrón formal e compositivo da sinalización do espazo protexido.

iii. Non obstante, considerase prohibida toda sinalización publicitaria que non conte coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iv. As restauracións e recuperacións do patrimonio cultural realizaranse de acordo cos obxectivos de conservación da paisaxe, a biodiversidade e a xeodiversidade, e deberán contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

4.2.3.8. Actividades científicas e de vixilancia.

a) Obxectivos.

i. Fomentar o coñecemento sobre a dinámica ou evolución dos compoñentes e dos procesos naturais no parque natural.

ii. Regular as actividades científicas e de monitoraxe do patrimonio natural e da biodiversidade no parque natural co fin de evitar a afección dos seus compoñentes.

b) Directrices.

i. Favorecerase a realización de traballos de investigación relacionados coa biodiversidade e o patrimonio natural do parque natural e as súas peculiaridades e fomentarase a investigación naqueles temas de interese para a xestión e conservación destes.

ii. Todos os traballos científicos ou de investigación que se vaian realizar no ámbito do parque natural utilizarán as técnicas e métodos que causen o menor impacto posible para o medio natural.

iii. Limitarase a recolección de espécimes e mostras biolóxicas ou de rochas, minerais e fósiles aos casos estritamente necesarios e estableceranse as condicións de captura ou recollida en que se indiquen as cantidades, lugares, épocas e modo de realizalas.

iv. Crearase un depósito bibliográfico con copias dos estudos e traballos realizados no parque natural.

c) Normativa xeral.

i. As actividades de investigación que se desenvolvan no parque natural deberán contar coas autorizacións dos distintos órganos da Administración que poidan ser competentes, así como da autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ii. A autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural emitirase tendo en conta devanditos informes, que avaliará a compatibilidade da actividade de investigación exposta, cos obxectivos de conservación e as necesidades de xestión do parque natural.

iii. Non se autorizará ningunha actividade de investigación que poida ser susceptible de provocar a destrución ou alteración dos compoñentes da biodiversidade e da xeodiversidade.

iv. No caso de que as actividades de investigación se realicen sobre hábitats prioritarios ou sobre núcleos de poboación de especies de interese para a conservación ou dos seus hábitats, asegurarase que estas non sexan susceptibles de xerar unha afección significativa sobre o seu estado de conservación.

v. As investigacións serán efectuadas por persoal cualificado tras a avaliación dunha proposta técnica que conterá a información necesaria para avaliar a incidencia da actividade sobre o ambiente (paisaxe, medios ecolóxicos, hábitats protexidos, especies de interese para a conservación).

vi. Nas solicitudes para desenvolver actividades de investigación deberá establecerse o lugar e condicións do depósito dos materiais recollidos (museos, herbarios, universidades, etc.), que poidan ser susceptibles de formar parte de coleccións científicas, de modo que se garanta o acceso a eles doutros investigadores.

vii. As solicitudes de actividades de investigación na zona de reserva deberán xustificar a necesidade de recoller o material biolóxico, xeolóxico ou cultural, de acordo con metodoloxías e protocolos científicos, que minimicen calquera tipo de impacto sobre o medio natural.

viii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá pedir, tras a súa solicitude ou durante o transcurso da actividade, información detallada sobre os labores de investigación e establecer medidas preventivas ou limitacións sobre a recolla, captura e extracción, ou sobre os métodos de estudo, co fin de asegurar o mantemento do estado de conservación dos hábitats ou das especies obxecto da investigación.

ix. Para a realización de actividades científicas ou de investigación o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá outorgar autorizacións especiais para o transporte de material e persoas polas vías de tránsito restrinxido. Igualmente, poderase autorizar a instalación dos campamentos e infraestruturas necesarias en áreas non habilitadas para tal fin, con carácter temporal e con impacto visual e ecolóxico mínimo.

x. O responsable das actividades de investigacións realizadas no parque natural deberá proceder aos traballos necesarios para a restauración das condicións naturais que houbese con anterioridade.

xi. As actividades de investigación ou monitoraxe non poderán deixar pegadas permanentes que vaian en detrimento dos valores naturais e culturais do parque natural.

xii. As actividades de investigación non poderán, en ningún caso, introducir especies ou subespecies, así como xenotipos diferentes aos existentes no parque natural.

4.3. Normativa zonal.

O terceiro nivel vén marcado pola normativa zonal, de modo que para cada unha das unidades de zonificación recollidas no presente plan, delimitadas a partir do Decreto 77/2002, en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, se propón un réxime de ordenación e xestión específico, que responde, en consecuencia, ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais do parque natural.

4.3.1. Zona de reserva (zona I).

a) Definición.

i. Son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergaren os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

ii. Os territorios do parque natural incluídos na zona de reserva posúen un valor de conservación moi alto, constituídos por unha porción significativa de hábitats prioritarios ou, se for o caso, de hábitats de interese comunitario, considerados moi raros, fráxiles ou de gran singularidade no conxunto do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Integran igualmente áreas prioritarias de conservación de especies de interese comunitario (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou das especies catalogadas como en perigo de extinción ou vulnerables a través dos seus correspondentes plans de recuperación ou conservación.

iii. Na zona I (zona de reserva) non se permitirá, con carácter xeral, o acceso dos visitantes, e estará destinada exclusivamente a actuacións e usos directamente vinculados coa xestión, investigación, seguimento e recuperación dos compoñentes da biodiversidade e do patrimonio natural.

iv. Debido ao seu valor ecolóxico, calquera uso ou actividade que non se considere dunha forma específica na normativa zonal serán considerados como prohibidos.

v. A zona I (zona de reserva) abarca no parque natural unha superficie total de 119,5 hectáreas, o que representa o 3,8 % do total.

vi. Pertencen a este ámbito os cortados calcarios dos Penedos de Oulego, Pena Falcueira, Estreito de Covas, altos do Páramo, val de Pereda, Pardollán e Vilardesilva, así como a maioría das cavidades kársticas do espazo natural. Estes enclaves albergan os elementos naturais máis valiosos do parque, entre os cales se atopa o endemismo berciano Petrocoptis grandiflora, o endemismo de distribución restrinxida caureliano-berciano Rhamnus pumila subsp. legionensis e os lugares de nidificación de aguia real, falcón peregrino, voitre branco, pomba das rochas, andoriñon real ou choia. As covas e palas albergan unha interesante comunidade de quirópteros, con especies como Miniopterus schreibersii, Myotis myotis, Rhinolophus euryale, R. ferrumequinum e R. hipposideros.

b) Obxectivos.

i. Asegurar a conservación ou, se for o caso, restauración dos hábitats e poboacións de especies silvestres de fauna e flora para lograr os obxectivos de conservación da Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000, evitando ou anulando a interferencia humana negativa sobre a dinámica do ecosistemas.

c) Directrices.

i. Garantir a conservación dos compoñentes da xeodiversidade e da biodiversidade sobre os cales se sustenta a declaración do parque natural e das distintas figuras de protección que este engloba.

ii. Garantir a dinámica natural dos ecosistemas e dos hábitats naturais eliminando ou minimizando as perturbacións de carácter antrópico que poidan afectar negativamente a súa composición biolóxica, estrutura ou funcionamento ecolóxico.

iii. Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes e de hábitats naturais e seminaturais.

iv. Manter nun estado de conservación favorable as especies endémicas, raras, ameazadas e catalogadas de flora e fauna, favorecendo a súa diversidade taxonómica e xenética.

v. Na zona de reserva unicamente poderán executarse actividades de conservación e restauración vinculadas cos compoñentes da xeodiversidade e biodiversidade do parque natural e, especialmente, as vinculadas coa loita contra a contaminación e a erosión, incendios forestais e eliminación de especies exóticas, minimizando ou, se for o caso, evitando calquera afección significativa sobre os compoñentes ambientais en que se sustenta a delimitación da zona de reserva.

d) Normativa zonal.

i. Non está permitido o aproveitamento madeireiro nin de leña.

ii. Non están permitidos as rozas e a apertura de novas devasas.

iii. Non está permitido calquera tipo de edificación de nova planta.

iv. Non está permitida a apertura de novas estradas e pistas.

v. Non están permitidas as actividades deportivas e de uso público.

vi. Non está permitida a caza.

vii. O arranxo das pistas e estradas precisará de autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

viii. Non está permitida a recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos ou culturais, salvo en actividades de investigación ou que teñan relación coa xestión do parque natural.

ix. As actividades de investigación que se desenvolvan nesta zona deberán contar coas autorizacións do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, que avaliará a súa adecuación ás necesidades de conservación e xestión do parque natural e autorizará só aquelas actividades que non sexan susceptibles de provocar unha afección significativa sobre os compoñentes da biodiversidade e da xeodiversidade.

4.3.2. Zona de uso limitado (zona II).

a) Definición.

i. A zona de uso limitado está constituída por aquelas áreas que requiren dunha maior protección por presentaren unha ou varias das seguintes características:

– Albergan valores naturais de excepcional rareza.

– Albergan valores naturais de especial interese pola súa escaseza e/ou diversidade.

– Albergan valores naturais de especial fraxilidade.

ii. Estas áreas inclúen na súa maior parte hábitats prioritarios ou de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), pero tamén áreas prioritarias para a conservación de especies de interese comunitario (anexo II da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

iii. Está constituída polas áreas que, aínda presentando un elevado grao de naturalidade, poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental e á contemplación da natureza de forma controlada. Garántese a conservación íntegra dos seus recursos e os valores, á vez que se permiten determinados aproveitamentos tradicionais.

iv. A zona II (zona de uso limitado), onde o acceso e desprazamentos dos visitantes estarán permitidos, aínda que sometidos a certas limitacións, e poderán desenvolverse usos tradicionais con restricións específicas. Abarca no parque natural unha superficie total de 1.155,2 hectáreas, o que representa o 36,6 % do total.

v. Inclúense nesta área as ladeiras cubertas por aciñeirais, as tomiñeiras e pastos naturais, o río Sil, o río Galir e os regachos e ribeiras fluviais.

b) Obxectivos.

i. Manter ou, se for o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado de conservación favorable.

ii. Mantemento dos usos sustentables, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

iii. Ordenación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non se produza deterioración significativa de hábitats e especies.

c) Directrices.

i. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de forma significativa a integridade da zona ou sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

ii. Fomentar a conservación e a restauración dos compoñentes das paisaxes culturais vinculadas con valores históricos e cos sistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

iii. Os labores de conservación das áreas incluídas nesta zona, así como as actividades de aproveitamento tradicional que se realizan nalgún destes tipos de hábitats sobre os recursos biolóxicos, deberán garantir a conservación da biodiversidade e a recuperación dos medios que se atopen degradados ou nun estado de conservación desfavorable.

iv. Velar para que os aproveitamentos e labores de carácter tradicional que se realicen sobre os recursos naturais empreguen técnicas que minimicen os impactos e sexan de carácter sustentable.

v. As actividades de xestión e conservación que se desenvolvan sobre os ecosistemas e superficies vexetadas presentes nesta zona estarán orientadas a:

a. Fomentar a conservación e recuperación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

b. Ordenar a extracción de leña e outros usos primarios permitidos nos bosques mediterráneos (Nat-2000 9340), de maneira que se preserven integramente as formacións mellor conservadas e non se interrompa o proceso de rexeneración natural de fragmentos dispersos de bosque, especialmente nas ladeiras de substrato silíceo.

c. Planificar a efectiva protección e restauración dos bosques aluviais (Nat-2000 91E0*), hábitat prioritario, en desfavorable estado de conservación, especialmente pola extensión e xeneralización de cultivos de chopos.

vi. Propiciar un uso público racional e sustentable no parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e da biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e goce do ambiente tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

d) Normativa zonal.

i. Non está permitido calquera tipo de edificación de nova planta.

ii. Non está permitida a apertura de novas estradas e pistas.

iii. O aproveitamento madeireiro e de leña precisará de autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

iv. O arranxo das pistas e estradas precisará de autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

v. A escalada e a espeleoloxía precisarán de autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

vi. Está permitida a caza, que poderá ser limitada temporalmente polo organismo competente en materia de patrimonio natural por motivos de xestión.

4.3.3. Zona de uso compatible (zona III).

a) Definición.

i. A zona de uso compatible está formada por áreas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou hábitats de especies de interese para a conservación (especies dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, especies de aves migratorias e aves do anexo I da DC 2009/147/CE, especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas) que:

– Forman parte dunha matriz que inclúe elementos da paisaxe agraria tradicional e cultivos forestais.

– Se sitúan en espazos moi demandados polo uso público.

ii. Está constituída polos terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportan un maior grao de humanización ou ben presentan boa capacidade para soportar un uso público máis intenso.

iii. Nestas zonas permítese a práctica de usos agropecuarios e aproveitamentos tradicionais.

iv. Na zona de uso compatible zona III o mantemento das actividades tradicionais e o desenvolvemento do uso público son compatibles coa conservación dos valores ambientais existentes nela. Ocupa unha superficie de 1.805,1 ha, o que representa o 57,3 % do parque natural.

v. Quedan incluídos nesta zona os soutos de castiñeiro, as repoboacións forestais, as áreas cubertas por matogueira e os cultivos agrícolas.

b) Obxectivos.

i. Manter ou, se for o caso, restaurar, as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado de conservación favorable.

ii. Mantemento dos usos tradicionais que sexan de carácter sustentable por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

iii. Ordenación e regulación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

c) Directrices.

i. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de forma significativa a integridade da zona ou sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

ii. Fomentar a conservación e restauración dos compoñentes das paisaxes culturais vinculadas con valores históricos e cos sistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

iii. Os labores de conservación das áreas terrestres incluídas nesta zona, así como as actividades de aproveitamento tradicional que se realizan nalgún destes tipos de hábitats sobre os recursos biolóxicos, deberán garantir a conservación da biodiversidade e a recuperación dos medios que se atopen degradados ou nun estado de conservación desfavorable.

iv. Velar para que os aproveitamentos e labores de carácter tradicional que se realicen sobre os recursos naturais empreguen técnicas que minimicen os impactos e sexan de carácter sustentable.

v. As actividades de xestión e conservación que se desenvolvan sobre os ecosistemas e superficies vexetadas presentes nesta zona estarán orientadas a:

a. Fomentar a conservación e recuperación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

b. Evitar a repoboación con piñeiros ou outras especies exóticas sobre terras de cultivo agrícola incentivando no seu lugar cultivos agrícolas alternativos ou plantacións de castiñeiros e árbores froiteiras.

c. Fomentar as actividades e aproveitamentos tradicionais dos soutos por parte dos propietarios, tendo en conta as características intrínsecas deles e a súa condición de hábitat de interese comunitario (Nat-2000 9260).

vi. Propiciar un uso público racional e sustentable do parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e da biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e goce do ambiente tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

d) Normativa zonal.

i. Está permitido o aproveitamento de fungos conforme o disposto no capítulo VI do Decreto 50/2014.

ii. Está permitida a caza.

iii. A escalada e a espeleoloxía precisarán de autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

iv. Só se poderán autorizar as edificacións de nova planta asociadas ás explotacións forestais, agrarias ou destinadas á xestión do parque natural, que precisarán, en todo caso, do informe favorable do organismo competente en materia de patrimonio natural.

v. O arranxo das pistas e estradas precisará de autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

4.3.4. Zona de uso xeral (zona IV).

a) Definición.

i. Correspóndese cos territorios do parque natural cunha valor medio ou baixo de conservación, nos cales predominan os medios naturais cunha reducida naturalidade e medios sinantrópicos desnaturalizados. Inclúense nesta zona as áreas cun importante nivel de urbanización, así como as grandes áreas destinadas a uso público.

ii. Clasificarase como zona de uso xeral todo o solo incluído baixo o réxime de solo urbano, solo urbanizable e solo apto para urbanizar.

iii. Inclúe as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade estatal, autonómica, provincial ou local, así como todas as infraestruturas construídas con anterioridade á declaración do parque natural.

iv. Ocupa unha superficie de 71,8 ha, o que representa o 2,3 % do parque natural. Inclúense nesta zona todos os núcleos rurais do espazo natural, a canteira situada na cabeceira do rego de Pereda, a central eléctrica de Cornatel, a presa de Penarrubia e as vías asfaltadas.

b) Obxectivos.

i. Propiciar a integración paisaxística das contornas habitadas minimizando os impactos e fomentando a restauración das contornas degradadas.

ii. Mantemento dos usos tradicionais por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

iii. Ordenación e regulación racional e sustentable das actividades de uso público de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

c) Directrices.

i. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de maneira significativa a integridade da zona ou o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

ii. Arbitraranse medidas de carácter económico especiais para os asentamentos tradicionais existentes nesta zona mediante subvencións ou beneficios fiscais para o desenvolvemento dos diferentes sectores produtivos e a mellora na súa calidade de vida.

iii. Fomentar a aplicación e implementación de códigos de boas prácticas como criterios orientadores da xestión sustentable dos recursos naturais.

iv. Propiciar un uso público racional e sustentable do parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e da biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e goce do medio ambiente tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

d) Normativa zonal.

g. Está permitida a localización de instalacións de uso público.

h. Con carácter xeral están permitidas aquelas actividades que sexan compatibles coa protección deste espazo natural, así como todas aquelas non incluídas nos grupos de actividades prohibidas ou suxeitas a autorización nin recollidas na normativa específica deste plan reitor.

5. Plan de xestión de emerxencias.

5.1. Obxecto.

Os plans de emerxencias pretenden coa súa implantación optimizar a utilidade dos recursos técnicos e humanos dispoñibles, co obxectivo de controlar de forma rápida a evolución da emerxencia e minimizar as consecuencias.

Os conceptos de accidente e emerxencia están moi relacionados entre si e poden definirse como sucesos inesperados ou non desexados que interrompen o desenvolvemento normal dunha actividade. Nalgúns casos comportarán consecuencias económicas e noutros produciranse lesións a persoas.

As medidas contra accidentes-emerxencias son a prevención, a protección e a reparación: a prevención, como medidas dirixidas a que non se produza a situación non desexada; a protección como conxunto de medidas que tenten neutralizar a emerxencia producida; e a reparación como conxuntos de medidas dirixidas a reparar o dano provocado polo accidente ocorrido.

5.2. Introdución.

5.2.1. Plans de protección civil en Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias en materia de protección civil, elabora o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga). Este é un instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo como emerxencia para estes efectos aquela emerxencia non ordinaria, é dicir, aquela que supera a capacidade de resposta dos dispositivos habituais de atención a emerxencias e que non necesita, por tanto, das medidas adicionais e extraordinarias que supoñen a activación do plan.

Dentro do territorio galego atópanse desenvolvidos os plans especiais:

– Mercadorías perigosas: Enquisa TMP 2013 (transporte de mercadorías perigosas).

– Inundacións.

– Incendios forestais.

– SISMIGAL (Sísmico en Galicia).

Estes plans supoñen a planificación das respostas fronte ás diferentes situacións de emerxencia, a intervención para anular as causas, corrixir e minimizar os efectos das catástrofes e as calamidades públicas, restablecer os servizos esenciais, preparar as persoas que pertencen a grupos de intervención, informar e formar as persoas e colectivos implicados.

O Peifoga é o plan de protección civil e emerxencias por incendios forestais de Galicia e prevé a redacción de plans de actuación municipal con obxecto de establecer a organización e o procedemento de actuación dos recursos e servizos.

5.2.2. Zonas de alto risco de incendios (ZAR).

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra queda incluído no Peifoga dentro das áreas xeográficas de alto risco de incendio forestal. Pertence ao distrito forestal XIII Valdeorras-Trives.

Estas áreas xeográficas presentan un alto nivel de risco para as persoas, infraestruturas e bens inmobles ou ben son zonas que polo seu valor ecolóxico merecen unha atención especial, cun índice de perigo local alto.

missing image fileFigura 4. Plan especial de protección civil ante emerxencias de incendios (Peifoga).

5.3. Medio físico.

As características do territorio, ámbito xeográfico e rede de infraestruturas quedan descritas ao longo do desenvolvemento do presente PRUX.

5.4. Identificación dos riscos.

Segundo o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) defínense os riscos como os posibles fenómenos ou sucesos de orixe natural, xerados pola actividade humana ou a interacción de ambos, que poden dar lugar a danos para as persoas, bens e/ou o medio ambiente.

Xenericamente pódense definir tres tipos principais de riscos:

5.4.1. Riscos naturais.

Inclúense aqueles riscos debidos a factores xeográficos e climáticos. En ocasións son riscos predicibles en función da situación atmosférica e xeográfica das zonas. Adoitan manterse nun nivel constante ao longo do tempo. En xeral, obrigan a unha planificación sobre as consecuencias.

Dentro do ámbito de estudo pódense establecer os seguintes:

– Nevadas: producen o illamento de poboación e danos en bens.

– Xeadas: producen accidentes de tráfico e afectan o tránsito normal de persoas. Poden afectar tamén servizos.

– Inundacións: producen illamentos de poboación, grandes perdas de bens e de materiais e chegan en ocasións á perda de vidas humanas.

– Temporais (ventos, furacáns, tornados): provocan illamentos de poboación debido aos danos que se producen no medio.

– Choivas intensas (persistentes, continuas): poden describirse do mesmo xeito que o grupo anterior.

– Sismos: de efectos practicamente instantáneos. A planificación realizarase sobre as consecuencias do evento e non sobre a súa prevención.

– Derrubamentos, aludes e corrementos de terreos ou terras (incluídos os karst).

5.4.2. Riscos tecnolóxicos.

Débense á existencia de actividades de carácter tecnolóxico e de estruturas fixas ou móbiles, deseñadas e construídas polo home. Os seus efectos son facilmente predicibles, pero non se pode definir a priori en que momento se van producir. O factor de prevención é moi importante e o risco pódese reducir de modo drástico.

5.4.3. Riscos antrópicos.

Son aqueles provocados ou derivados das accións ou actividades humanas que se foron desenvolvendo ao longo do tempo. Están directamente relacionados coa actividade e comportamento do home.

– Asociados ao tráfico e transporte público: fan referencia a accidentes de vehículos.

– Incendios forestais:

– Actividades deportivas.

– Asociados ao risco doméstico: electricidade, auga, etc.

Estes riscos quedan definidos especificamente en maior medida no desenvolvemento do presente PRUX.

5.5. Medidas de protección.

Considéranse como medidas de protección as accións encamiñadas a impedir ou diminuír os danos a persoas e bens materiais, naturais ou culturais que poidan producirse ou que se producen en calquera tipo de emerxencia.

As medidas de protección refírense a:

5.5.1. Medidas de protección á poboación.

Considéranse como mínimo as seguintes:

– Avisos á poboación afectada.

– Confinamento en lugares seguros.

– Evacuación e asistencia social.

– Seguridade cidadá.

– Control de accesos.

5.5.2. Medidas de socorro.

Considéranse as situacións que representan unha ameaza para a vida e a saúde das persoas:

– Procura, rescate e salvamento.

– Primeiros auxilios.

– Transporte sanitario.

– Clasificación, control e evacuación de afectados con fins de asistencia sanitaria e social.

– Asistencia sanitaria.

– Albergue de emerxencia.

– Abastecemento (referido aos equipamentos e subministracións necesarios para atender a poboación afectada).

5.5.3. Medidas de protección dos bens.

Considerando:

– A súa protección propiamente dita.

– Evitar riscos asociados.

5.5.4. Medidas reparadoras referidas á rehabilitación dos servizos públicos esenciais.

Cando a súa carencia constitúa unha situación de emerxencia ou perturbe o desenvolvemento das operacións:

– Para garantir estas actuacións pode ser necesario, ademais, realizar outras medidas tales como:

• Regulación do tráfico.

• Condución dos medios á zona de intervención.

• Apoio loxístico aos intervenientes.

• Establecemento de redes de transmisións.

• Abastecemento.

5.6. Plan de xestión de emerxencias do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

5.6.1. Clasificación de emerxencias.

As emerxencias clasifícanse, no momento e época do ano en que se producen, segundo o tipo de risco, da gravidade ou consecuencias que poidan ter e da dispoñibilidade de recursos humanos.

As emerxencias por incendios forestais recóllense no punto específico 5.6.2, conforme o establecido no Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), polo que se regula a organización, os procedementos de actuación e a utilización e a coordinación e mobilización dos medios e dos recursos nas situacións de emerxencia por incendios forestais.

5.6.1.1. Segundo o tipo de risco.

Segundo as situacións de risco que poden derivar nunha emerxencia, clasifícanse as emerxencias en:

– Emerxencia por nevadas.

– Emerxencia por tormentas ou enchentes.

– Emerxencia por desprendementos.

– Emerxencia médica ou perda de persoas.

– Emerxencia por accidente de tráfico interno.

5.6.1.2. Segundo a gravidade.

5.6.1.2.1. Fase de alerta.

Defínese fase de alerta como aquelas situacións de risco por fenómenos naturais en que se prevé o aumento do risco para a actividade no parque natural.

Son situacións en que non se iniciou ningún tipo de emerxencia, pero nas cales o persoal do parque natural e corpo de axentes forestais e ambientais do parque se ven obrigados a aumentar a vixilancia e aplicar nalgúns casos medidas preventivas.

Serán situacións deste tipo:

– A previsión de risco de fortes nevadas.

– A previsión de tormentas intensas e inundacións.

5.6.1.2.2. Nivel 1: incidente ou conato de emerxencia.

Definimos incidente como aquelas situacións de risco que poden ser controladas de forma rápida e eficaz polo persoal e os medios propios do parque natural e o corpo de axentes forestais e ambientais destinados ao parque.

Serán situacións que afecten unha persoa, grupo de persoas ou que se dean en zonas puntuais, onde non se prevexa a posible evolución a situacións máis graves e non sexa necesaria a intervención de servizos de salvamento externos ao parque natural.

Segundo os tipos de risco do punto anterior, son situacións deste tipo:

– Pequenos accidentes ou enfermidades sufridas por algún visitante ou traballador que non requiran tratamento médico especializado.

– Tormentas con previsións de curta duración onde sexa necesario refuxiar temporalmente os visitantes.

– Caída de árbores e outros obstáculos que afecten a actividade normal do parque.

5.6.1.2.3. Nivel 2: emerxencia parcial.

Definimos emerxencia parcial como aquelas situacións de risco en que é necesaria a intervención do corpo de bombeiros. Afectarán só unha persoa, un grupo de persoas ou daranse puntualmente nunha determinada zona e non será necesaria a protección ou evacuación xeral de todo o persoal do parque.

Estas situacións son as máis frecuentes, sobre todo en períodos de máxima afluencia. Para a súa resolución establecerase un mando conxunto entre os grupos de rescate e/ou extinción de bombeiros e axentes forestais e ambientais, estes últimos con funcións asesoras e de colaboración, baixo a dirección dos servizos especializados. Requirirase a axuda necesaria do resto de persoal do parque. En caso de rescate por vía terrestre, será imprescindible manter as vías libres de calquera obstáculo para facilitar o acceso aos servizos especializados.

Segundo a tipoloxía de risco descrita, son exemplos de emerxencia parcial:

– Accidentes de montaña e sucesos de orixe natural que pola súa gravidade ou difícil acceso requiren a intervención de bombeiros ou policía local.

– Accidentes por fortes nevadas.

– Desprendementos de rocha que afecten o paso por pistas e camiños e zonas de maior afluencia que supoñan perigo para o visitante e persoal do parque ou produzan accidentados ou vítimas.

– Accidentes en deportes de risco e en zonas de difícil acceso.

– Emerxencias e urxencias médicas.

– Perda de persoas.

– Accidentes derivados do tráfico interior do parque.

5.6.1.2.4. Nivel 3: emerxencia xeral.

Defínense como emerxencia xeral aquelas situacións de risco que pola súa gravidade e dimensión requiren a intervención coordinada de bombeiros, axentes forestais e ambientais e todo o persoal do parque e é necesario confinar e/ou evacuar os visitantes nalgunha zona ou na totalidade do parque.

Afectan extensións grandes de territorio e en épocas de máxima afluencia poden derivar en situacións catastróficas. Para a súa resolución será necesaria a intervención conxunta e coordinada de servizos especializados, asesorados por axentes forestais do territorio e a colaboración de todo o persoal do parque e outros externos locais en caso necesario.

Se a emerxencia afecta de forma xeral todos os municipios ou comarcas, actuarase segundo os plans territoriais, plans de actuación municipal e/ou plans especiais que sexan de aplicación.

Segundo a tipoloxía do risco descrita, son exemplos de emerxencia xeral:

– Grandes nevadas.

– Grandes inundacións.

TIPO DE EMERXENCIA

ALERTA

NIVEL 1

NIVEL 2

NIVEL 3

Nevadas

1. Previsión de risco de nivel 3.

 

1. Persoa atrapada por nevadas.

2. Tormentas de neve fóra de tempada.

1. Illamento de gran número de persoas.

2. Gran número de vítimas.

Tormentas/enchentes

1. Previsión de tormentas intensas e posibles inundacións.

1. Tormentas de curta duración.

2. Previsión de crecidas xerais en cursos de auga.

1. Caída de lóstregos sobre persoas.

2. Accidentes por crecidas localizadas en ríos ou barrancos.

1. Rotura de presas hidroeléctricas.

2. Crecida de barrancos e ríos.

Desprendementos

 

1. Caída de árbores, rochas ou obstrución de vías que afecten a actividade.

1. Desprendementos que supoñan perigo para o visitante e persoal.

2. Visitantes illados ou atrapados por desprendemento.

3. Vítimas por desprendemento de rochas.

1. Illamento de gran número de persoas.

E. médica/perda persoas

 

1. Dores de cabeza.

2. Insolacións.

3. Bochas.

4. Picaduras de insectos.

5. Queimaduras.

6. Cortes pouco importantes.

7. Outros.

1. Accidentes de escalada en rocha ou xeo.

2. Accidentes de montaña.

3. Hipotermia.

4. Conxelación.

5. Hemorraxia.

6. Traumatismo.

7. Fracturas e escordaduras, torceduras.

8. Diarreas.

9. Vómitos.

10. Picaduras de víbora.

11. Perda de persoas.

12. Ataque ao corazón.

13. Shock.

 

Accidente tráfico

 

1. Vehículos en cunetas.

2. Vehículos atrancados en neve.

1. Accidentes de tráfico.

 

Táboa 19. Cadro de clasificación de emerxencias.

5.6.2. Emerxencias por incendios forestais.

As emerxencias por incendios forestais serán xestionadas de acordo cos procedementos operativos establecidos no Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) para as situacións 0 e 1, así como no Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga) para a situación 2.

O índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) determina para cada día o risco de ocorrencia dun lume forestal, é de acceso público, pode ser consultado na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.gal e divúlgase cunha periodicidade diaria cando o nivel do índice de risco é alto, moi alto ou extremo. Deste xeito poderase empregar o IRDI co fin de determinar en que épocas do ano convén incrementar a vixilancia no parque natural ou adoptar medidas preventivas extraordinarias.

5.6.2.1. Detección de incendios forestais e verificación do lume.

O paso previo á activación do Peifoga por unha emerxencia por incendios forestais é a detección e o aviso da existencia dun lume forestal. Os pasos que se seguirán tras a detección dun lume forestal, independentemente de quen o detecte, son os establecidos no punto 8.8.1. do Pladiga e os destinatarios finais do aviso son o centro de coordinación de distrito (CCD) ou o centro de coordinación provincial (CCP).

No caso de que sexa o persoal do parque natural o que detecte un lume forestal, comunicaráselle inmediatamente a alarma ao respectivo CCD ou CCP, realizando unha primeira avaliación da importancia do lume.

Tras ter coñecemento dun lume seguirase o procedemento establecido no punto 8.8.2. do Pladiga. Deste xeito o CCD asignará medios e persoal ao lume, que se aproximarán de acordo co procedemento establecido no punto 8.8.3 do Pladiga.

5.6.2.2. Extinción.

Unha vez que se confirme que se trata dunha emerxencia por lume forestal e en función da avaliación que realice o director/a técnico/a de extinción, determinarase a situación operativa que corresponde en función do índice de gravidade potencial do lume, sendo as posibles situacións de activación do Peifoga as que se expoñen a seguir:

– Situación 0: o plan atópase activado en situación 0 a partir do momento en que se detecta un incendio forestal. É a situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar só bens de natureza forestal e poidan ser controlados cos medios e recursos do propio plan local ou da comunidade autónoma, incluídos os medios do Estado, a condición de que estes últimos actúen dentro da súa zona de actuación preferente. A situación 0 corresponderá con carácter xeral a incendios con IGP0.

– Situación 1: situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente bens forestais e, se é o caso, levemente a poboación e os bens de natureza non forestal e que poidan ser controlados cos medios e recursos do plan da Comunidade Autónoma, ou para cuxa extinción poida ser necesario que, por solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma e tras a valoración da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior ou da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segundo corresponda, sexan incorporados medios extraordinarios. O plan activarase en situación 1 para incendios IGP0 cando sexa necesaria a incorporación de medios extraordinarios, ou ben para incendios IGP1, declarados así porque o dano esperado é considerable, pola extensión do incendio ou polas características da masa afectada, pero nos cales non é necesario poñer en práctica medidas de protección dirixidas á poboación allea ao dispositivo de extinción.

– Situación 2: situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente a poboación e os bens de natureza non forestal, e que exixen a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. Pode ser necesario que, por solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma, sexan incorporados medios extraordinarios ou que poden comportar situacións que deriven cara ao interese nacional. O plan activarase en situación 2 para incendios IGP1 ou superiores cando a cualificación veña motivada pola afección á poboación e aos bens de natureza non forestal (vías principais de comunicación e redes principais de subministración) e sexa necesario adoptar medidas de protección dirixidas á poboación, tales como evacuación e/ou albergue. A cualificación da situación operativa do plan será establecida polo director/a do plan a través do centro de coordinación central do SPDCIF para as situacións 0 e 1, e polo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia que estea afectada polo lume, para a situación 2, por proposta do centro de coordinación central do SPDCIF. Esta cualificación poderá variar de acordo coa evolución do incendio. Así mesmo, a situación operativa 1 será comunicada ao organismo competente en materia de protección civil, a través do CAE112.

– Situación 3: situación de emerxencia correspondente e consecutiva á declaración de emerxencia de interese nacional polo Ministerio do Interior. Efectuarase por propia iniciativa ou por instancia do conselleiro competente en materia de protección civil ou do delegado do Goberno en Galicia.

Se o persoal do parque natural dispón de formación en extinción de incendios forestais, de equipamentos de protección individual e de ferramentas de extinción, poderase realizar un primeiro ataque, co fin de intentar controlar o lume.

5.6.3. Inventario de medios humanos e materiais no interior do parque natural.

5.6.3.1. Persoal.

O persoal do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra será o establecido na relación de postos de traballo da consellería competente en materia de patrimonio natural.

Para acceder á oficina-centro de visitantes do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra é necesario contactar antes nos teléfonos 988 38 63 76 e 988 38 60 29 (Ourense).

5.6.3.2. Medios materiais.

Considéranse medios materiais do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra para ter en conta en caso de emerxencia todos aqueles vehículos e ferramentas dispoñibles no territorio do parque. Isto supón os medios á disposición de axentes, gardas, peóns e vixilante.

O parque natural dispón dun vehículo todoterreo.

5.6.3.3. Materiais de primeiros auxilios.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra dispón de caixas de primeiros auxilios con material para curas, desinfectantes e antisépticos, analxésicos, antiácidos, antiinflamatorios e pomadas para queimaduras e golpes.

Disponse de caixas de primeiros auxilios na oficina-centro de visitantes do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e no vehículo.

5.6.4. Infraestruturas.

5.6.4.1. Vías principais de acceso ao parque.

Para identificar as posibilidades de acceso ao parque definimos como vías principais de acceso aquelas estradas nacionais, comarcais e locais que dan acceso ao parque desde os núcleos de poboación máis próximos onde se concentran os medios externos ao parque.

A rede viaria local e provincial existente no espazo natural inclúe as seguintes estradas asfaltadas:

– Estrada N-120.

– Acceso á aldea de Oulego desde a OU-622.

– Acceso á aldea do Castelo desde a N-120.

– Acceso á aldea de Covas desde a N-120.

– Acceso ás aldeas de Vilardesilva e Pardollán desde a N-120.

– Acceso á aldea de Biobra desde a N-120.

– Estrada autonómica OU-622 de Oulego a Santo Tirso.

5.6.4.2. Vías de evacuación.

Defínense como vía principal de evacuación todas aquelas pistas forestais primarias con largura suficiente para permitir a circulación cruzada de dous vehículos 4x4 ou 2 BRL (bomba rural lixeira) a través das cales se accede ás estradas locais e comarcais descritas no punto anterior.

Estas pistas forestais primarias comunican coa N-120 desde Ponferrada ou desde o Barco de Valdeorras e a estrada autonómica OU-622.

5.6.4.3. Puntos de reunión.

Defínense como puntos de reunión aqueles onde se unen os itinerarios turísticos coas vías principais de evacuación definidas no punto anterior, que son de fácil acceso aos vehículos de rescate e que a partir deles permiten o traslado rápido cara ao exterior do parque natural. Son puntos de reunión sempre que calquera factor natural non supoña un risco para o visitante.

Considéranse puntos de reunión os que dispoñen dalgunha destas características:

– Proximidade a unha pista transitable.

– Ocupada por persoal do parque.

– Con emisora ou posibilidade de comunicación.

Punto

Persoal

Teléfono/emisora

Acceso vehículos

Centro de visitantes do parque (Biobra)

Axente forestal

Si

Vía transitable

Intersección entre a N-120 e a OU-662

Non

Non

Vía transitable

Táboa 20. Puntos de reunión.

5.6.5. Telecomunicacións.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra integrouse dentro da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de seguridade e emerxencias de Galicia (Resgal) baseada na tecnoloxía TETRA, que garante a interconexión segura e fiable e altos niveis de dispoñibilidade das comunicacións, mesmo en situacións extremas ou de saturación (doutras redes).

Resgal permite integrar por primeira vez nun mesmo sistema todos os colectivos que participan na resolución de emerxencias (AXEGA/112, UPA, 061 e o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), o que facilita unha intervención máis efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplifica as tarefas de coordinación entre eles. Ademais, posibilita a xeolocalización vía GPS en tempo real da posición de todos os dispositivos de emerxencia.

O teléfono 112, único no ámbito europeo e con resposta inmediata as 24 horas do día, centraliza as chamadas de urxencia, co obxecto de que os cidadáns poidan solicitar os servizos públicos de urxencias sanitarias, de extinción de incendios, salvamento, seguridade cidadá e de protección civil cando estean ante unha situación de emerxencia. A persoa que chame a este teléfono deberá informar do seu nome, enderezo, municipio, teléfono e tipo de sinistro. Segundo o artigo 18 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, corresponde á Axencia Galega de Emerxencias (Axega) xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 de Galicia e prestar materialmente a asistencia requirida polos cidadáns e polas cidadás a través del, ou dar o traslado, segundo se estableza regularmente, daquelas que lle corresponde atender a outros organismos competentes na materia.

O 085, teléfono da Central de Defensa Contra Incendios permite dar conta da aparición de calquera incendio forestal que, independentemente das súas dimensións, debe ser inmediatamente coñecido e atacado con todos os medios posibles.

O 061 é o teléfono de Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias a que pode chamar calquera persoa da Comunidade Autónoma Galega que se atope ante un problema médico urxente. Desde unha única central de coordinación situada en Santiago de Compostela, centralízase a atención a todas as chamadas procedentes de calquera cidadán que se atope na comunidade; é aquí onde se reciben as chamadas, se analiza a información obtida e, se a urxencia o require, é de aquí de onde parten as ordes para a mobilización dos recursos móbiles con que conta na actualidade a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

5.6.6. Outras medidas preventivas e medios de protección.

Para facilitar os traballos de prevención e extinción de incendios, detállase a relación de infraestruturas e medios, tanto internos como externos, dispoñibles no parque para este fin.

– Existen puntos de auga operativos no parque adecuados para a carga de motobombas.

– O encoro de Penarrubia, dentro do parque, permite a carga de auga para helicópteros e avións anfibios.

– Base de helicópteros do Barco, concello do Barco de Valdeorras, a 19 km do parque.

– Sede do distrito forestal XIII, situado no Barco de Valdeorras, a 19 km do parque.

– Teléfono da Garda Civil do Barco de Valdeorras: 988 32 03 81.

5.6.6.1. Medidas de protección do visitante.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra adopta as seguintes medidas de protección do visitante:

– Sinalización de itinerarios e paneis informativos.

– Instalación de valos de protección.

– Construción de pontes e pasarelas sobre ríos.

Ademais, aqueles visitantes que accedan ao parque natural e se dispoñan a percorrer algunha das pistas de sendeirismo sinalizadas para tal fin deberán adoptar as súas propias medidas preventivas:

– Dispoñer de roupa e protección contra o frío, choiva, neve e sol.

– Levar un teléfono móbil co cal poder poñerse en contacto co persoal do parque ou Servizo de Emerxencia en caso de accidente ou incidente.

– Consultar as previsións meteorolóxicas.

5.6.6.2. Extintores.

As instalacións do parque natural están adaptadas ás actuais normativas de riscos laborais e, por tanto, aquelas que realizan algunha actividade con risco de desencadear unha ignición dispoñen de extintores.

Os extintores dispoñeranse a unha altura sobre o nivel do chan de 1,70 metros, tal como dispón o Regulamento de instalacións de protección contra incendios, Real decreto 1942/1993, do 5 de novembro.

Igualmente, todos os vehículos do parque dispoñen de extintores.

5.7. Accións que se realizarán en caso de incidente e emerxencia.

Os diferentes incidentes e emerxencias requirirán a intervención de persoas e medios para garantir en todo momento:

Alerta: ao recibir calquera aviso de previsión do risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (nevadas, choivas intensas ou inundacións e risco alto de incendio), transmitirase a alerta ao persoal do parque, axentes forestais e ambientais, visitantes e colectivos autorizados para realizaren actividades no interior do parque e adoptaranse as medidas preventivas que se crean necesarias.

Aviso-detección: calquera persoa que detecte un incidente ou emerxencia debe poder transmitir por emisora, teléfono ou persoalmente a alerta a un lugar permanentemente ocupado (central, teléfono móbil). Esta, da forma máis rápida posible, poñerá en acción o resto do persoal do parque e comunicarao aos servizos exteriores do parque natural, en caso de ser necesario.

Alarma: informarase da actuación máis conveniente e da aplicación doutras medidas de protección e paralizarase o tráfico para permitir o acceso aos servizos especializados, se for necesario.

Confinar: realizarase o confinamento ante unha situación perigosa que se atenúa rapidamente.

Evacuar: a evacuación é unha medida definitiva que se xustifica unicamente se o perigo a que se expoñen os visitantes é suficientemente grande. A orde de evacuación daraa o mando dos bombeiros. Constaría das seguintes etapas:

– Aviso de evacuación.

– Preparación: as persoas concentraranse nos puntos de reunión indicados e prepararanse os medios de transporte.

– Traslado: realizarase o traslado cos medios previstos.

Intervención: para o control dos incidentes. Esta realízase cos medios do parque natural e debe ser rápida e precisa para obter a máxima eficacia.

Axudas externas: recepción e información aos servizos de axuda exterior ao parque natural, asesoramento e colaboración.

5.8. Equipos do parque natural.

A creación dos equipos do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra comporta unha xerarquización e asignación das funcións que realizará o persoal en caso de incidente e emerxencia.

Estes equipos estarán organizados para actuaren segundo os esquemas operativos en caso de incidente e emerxencia.

De forma xeral todos eles:

– Coñecerán a existencia do Plan de emerxencias.

– Coñecerán as situacións de risco posibles no ámbito do parque.

– Coñecerán os medios materiais de que dispón o parque natural e a súa localización.

– Serán capaces de identificar unha situación de risco e transmitir a alarma segundo as secuencias de actuación do Plan de emerxencias.

– Serán capaces de realizar unha primeira actuación nos casos de incidente.

5.8.1. Centro de Recepción de Alarmas (CRA).

É o centro onde se reciben as alarmas do ámbito do parque natural e punto neurálxico de todo incidente interno, xa que todas as actuacións se coordinan desde aquí.

Dado que é o lugar onde se coordinan os incidentes, debe cumprir os requisitos mínimos e necesarios propios para a realización do seu fin. Estes requisitos engloban o lugar (seguridade), os medios (comunicacións normais e as asignadas en caso de incidente, inventario de recursos, directorios, planos, etc.) e a accesibilidade. Normalmente o Centro de Recepción de Alarmas considérase o lugar de traballo ocupado pola central telefónica.

A persoa responsable da central do centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra será quen transmitirá todas as ordes facilitadas polo responsable de emerxencias, con quen sempre permanecerá en contacto.

Cando se reciba o aviso de incidente ou emerxencia, realizarase o seguinte:

– Avisará sen demora o responsable de emerxencias.

– Activará os equipos de primeira intervención do parque en que se dea o incidente.

– Transmitirá ao interior todos os avisos aos diferentes equipos de intervención establecidos ou que o responsable de emerxencias determine.

– Transmitirá ao exterior as solicitudes de axuda do responsable de emerxencias.

– Atenderá e establecerá as comunicacións co exterior, organismos oficiais, etc.

– Transmitirá todas as instrucións e ordes en todos os sentidos, tanto a equipos de intervención do parque como ao resto do persoal e visitantes.

– Anotará o desenvolvemento e cronoloxía das accións tomadas durante o incidente ou emerxencia.

– Encargarase da actualización do directorio de teléfonos.

5.8.2. Responsable de emerxencias (RE).

É a máxima autoridade do parque natural en caso de emerxencia ata que cheguen as axudas externas ao parque natural. O responsable de emerxencias debe ser capaz de avaliar a situación e decidir en cada caso a actuación máis conveniente.

Dado que os axentes forestais e ambientais teñen o perfil máis adecuado e dadas as súas funcións noutros plans de emerxencia de nivel superior (de avaliación da emerxencia, asesoramento técnico e intervención) ademais do coñecemento do territorio, o responsable de emerxencias e os seus substitutos deben formar parte do corpo de axentes forestais e ambientais destinados ao parque natural. No caso de que nalgunha quenda non haxa ningún axente forestal e ambiental, o persoal do parque de maior rango asumirá o labor de responsable de emerxencias.

As súas funcións serán:

– En caso de incidente, ao recibir a alarma directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas, trasladarase ao lugar do incidente ou enviará ao equipo de intervención do parque máis próximo, manténdose en contacto.

– En caso de calquera incidente informará o Centro de Recepción de Alarmas da evolución ata que quede resolto.

– Avaliará a gravidade do incidente e decidirá a actuación máis conveniente, dando as ordes de actuación a cada equipo do parque natural.

– En caso que considere que o incidente pasa a niveis de maior gravidade, notificará a emerxencia ao Centro de Recepción de Alarmas e avisará a través deste o Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias112.

– Unha vez resolto o incidente, dará a orde de final de incidente.

– Unha vez valorada a emerxencia como parcial ou xeral e dado o aviso, trasladarase ao acceso onde se produciu a emerxencia para recibir ás axudas externas ao parque natural.

– En caso de emerxencia parcial e xeral dará a orde aos equipos de alarma e evacuación de manter libres as vías de acceso para os medios externos.

– Unha vez chegadas as axudas externas, unirase ao mando de bombeiros, informarao, asesorarao e conducirao ao lugar da emerxencia.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, xunto co mando dos servizos de rescate decidirá a reorganización dos equipos do parque.

– En caso de emerxencia xeral, debe prever xuntamente co mando dos servizos de rescate os posibles confinamentos ou evacuacións e os medios do parque que serán necesarios.

– Investigará as causas do incidente e redactará un informe.

5.8.3. Equipos de primeira intervención do parque (EPIP).

Os equipos de primeira intervención do parque estarán formados polo persoal de mantemento e axentes forestais e ambientais de todo o territorio do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

Será o equipo encargado de resolver de forma rápida e eficaz as situacións de nivel 1 de gravidade, por tanto, deben ser capaces de localizar correctamente o lugar do incidente, manter a calma e utilizar as ferramentas e equipos de intervención.

As súas funcións serán:

– Observar, asesorar e guiar os visitantes, como medida preventiva contra calquera situación de risco.

– Dar o aviso ao Centro de Recepción de Alarmas de calquera situación de incidente ou emerxencia que se detecte, informando de quen fala, que sucede e onde sucede.

– Resolverán de forma rápida e eficaz calquera dos incidentes de nivel 1 de gravidade ou pedirán axuda a través do RE e/ou CRA aos equipos de primeira intervención do parque ou de primeiros auxilios máis próximos.

– Despois de que que a emerxencia sexa valorada polo responsable de emerxencias como de emerxencia parcial ou xeral, serán os encargados de realizar unha primeira actuación ata a chegada das axudas especializadas externas ao parque.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, poñeranse á disposición das axudas externas especializadas segundo as directrices do mando de bombeiros e responsable de emerxencias do parque.

– Actuarán como reforzo de vixilancia das zonas de emerxencia xa controladas.

5.8.4. Equipos de primeiros auxilios (EPA).

Os equipos de primeiros auxilios formaraos todo o persoal do centro de visitantes e guías interpretadores, que dispoñen como mínimo dunha caixa de primeiros auxilios con material básico e teñan formación en primeiros auxilios. Ante calquera accidentado, as funcións deste equipo serán:

– Asegurarse de que o accidentado ou enfermo e o membro do equipo de primeiros auxilios estean en lugar seguro.

– En caso de calquera incidente, comunicarán ao Centro de Recepción de Alarmas a situación, informando de quen fala, que sucede e onde sucede.

– Realizarán as curas necesarias á persoa ou persoas accidentadas ou enfermas nos casos de nivel1 de gravidade.

– Se a situación necesita de asistencia médica especializada, informarán directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas ao responsable de emerxencias do parque. Manteranse xunto ao accidentado ou enfermo e actuarán segundo a formación adquirida, ata a chegada dos servizos especializados externos ao parque.

– En caso de emerxencia parcial ou xeral, colaborarán nas tarefas que lles asigne o mando dos servizos especializados e o responsable de emerxencias do parque.

– En caso de emerxencia xeral de longa duración, ocuparanse ou colaboran no aprovisionamento dos equipos de intervención do parque e de salvamento especializados.

– Encargaranse da revisión e reposición do material das caixas de primeiros auxilios.

5.8.5. Equipos de alarma e evacuación (EAE).

Os equipos de alarma e evacuación estarán formados por persoal do centro de visitantes. Ante calquera situación que requira un confinamento ou evacuación, as súas funcións serán:

– Ao recibir o aviso do responsable de emerxencias ou do Centro de Recepción de Alarmas, dirixirán os visitantes en perigo cara aos puntos de reunión establecidos polo mando de bombeiros e o RE e esperarán nova orde; efectuarán o reconto de persoas asegurándose de que non falte ninguén.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, ao recibir a orde do responsable de intervención, paralizarán o tráfico interno e manterán libres as vías por onde deban acceder os medios de rescate externos ao parque.

– Ao recibir a orde de evacuación, realizarana sempre baixo as directrices conxuntas do mando de bombeiros e o responsable de emerxencias, mobilizando os vehículos necesarios.

– Aseguraranse de que se evacuou totalmente a zona.

5.9. Esquemas operacionais en caso de incidente ou emerxencia.

5.9.1. En caso de alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos.

Ao recibir calquera previsión de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (nevadas, choivas intensas ou inundacións e risco alto de incendio):

– O Centro de Recepción de Alarmas, por teléfono, emisora ou persoalmente transmitirá a alerta ao persoal do parque, axentes forestais e ambientais, visitantes e colectivos autorizados con actividade no interior do parque.

– O parque natural propoñerá as medidas preventivas, ás administracións locais con competencia nos accesos.

5.9.2. En caso de incidente.

– Darase o aviso ao Centro de Recepción de Alarmas, por teléfono, emisora ou persoalmente.

– En caso de non ser posible, avisarase ao Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– O Centro de Recepción de Alarmas ou o Centro de Emerxencias 112 avisará o responsable de emerxencias.

– O Centro de Recepción de Alarmas ou responsable de emerxencias mobilizará os equipos de primeira intervención do parque natural e os equipos de primeiros auxilios necesarios, segundo as características do incidente.

– A persoa que descubra o incidente despois do aviso tentará solucionalo.

– En caso de non ser capaz, situará a persoa ou persoas en lugar seguro e esperarán e informarán o CRA e/ou RE.

– Chegados o RE e/ou os EPIP ou EPA ao lugar do incidente, tentarán solucionalo.

– En caso de non poderse solucionar cos medios e coñecementos dos equipos do parque natural, o RE analizará a situación e, se o cre conveniente, dará orde de paso a emerxencia parcial ou xeral.

5.9.3. En caso de emerxencia parcial.

– O RE informará ao CRA do paso ou inicio de emerxencia parcial.

– O Centro de Recepción de Alarma avisará os servizos especializados a través do teléfono de emerxencia 112 e mobilizará os equipos de alarma e evacuación do parque.

– Os equipos de alarma e evacuación encargaranse de manter as vías libres para facilitar o acceso aos medios de salvamento exteriores ao parque.

– O RE recepcionará as axudas externas, informaraas da evolución, conduciraas ao lugar da emerxencia e poñerase á súa disposición.

– O RE conxuntamente co mando de bombeiros reorganizará os equipos de primeira intervención do parque e equipos de primeiros auxilios para a colaboración na actuación dos servizos especializados.

– En caso de accidentados, o corpo de bombeiros encargarase do traslado ao centro sanitario.

En período nocturno:

– A persoa que descubra a emerxencia avisará directamente o Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– O Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112 dá o aviso ao control central de bombeiros e este avisará en caso necesario ao control central de axentes forestais e ambientais que localizará o RE.

– En caso necesario o RE recibirá e asesorará os equipos de salvamento especializados.

– O corpo de bombeiros realizará a intervención e encargarase do traslado ao centro sanitario, se hai accidentados.

5.9.4. En caso de emerxencia xeral do parque.

– O RE informará o Centro de Recepción de Alarmas do paso ou inicio de emerxencia xeral.

– O Centro de Recepción de Alarmas avisará os servizos especiais a través do teléfono de emerxencia 112 e mobilizará os equipos de alarma e evacuación.

– Os equipos de alarma e evacuación encargaranse de manter as vías libres, co obxecto de permitir o acceso aos medios exteriores de salvamento.

– O RE recepcionará as axudas externas, informaraas da evolución, conduciraas ao lugar da emerxencia e poñerase á súa disposición.

– O RE conxuntamente co mando dos servizos especializados reorganizará os equipos de primeira intervención do parque e equipos de primeiros auxilios e equipos de alarma e evacuación para a colaboración na intervención, confinamento e evacuación.

– En caso de accidentados, o corpo de bombeiros encargarase do traslado ao centro sanitario.

– Executarase a evacuación segundo as directrices do mando de bombeiros e o RE do parque natural.

En período nocturno:

– A persoa que descubra a emerxencia dará o aviso directamente ao Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– O Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112 dá o aviso ao control central de bombeiros e este avisará en caso necesario o control central de axentes forestais e ambientais que localizará ao RE.

– Se é necesario, o RE recibirá e asesorará os equipos de salvamento especializados.

– O corpo de bombeiros realizará a intervención e/ou evacuación e encargarase do traslado ao centro sanitario, en caso de accidentados.

ÉPOCA

Nevadas

Tormenta-enchente

Desprendementos

Médica-perda de persoas

Accidente de tráfico

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Inverno

Día

(*)

(*)

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

(*)

E.O. 1

E.O. 2

(*)

Noite

E.O. N.

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(*)

(NON)

(NON)

(NON)

Verán

Día

(NON)

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

(*)

E.O. 1

E.O. 2

(*)

Noite

(NON)

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(*)

(NON)

(NON)

(NON)

(E.O.1) Esquema operacional 1-Plan de emerxencias.

(E.O.2) Esquema operacional 2-Plan de emerxencias con aviso aos servizos externos especializados.

(E.O.3) Esquema operacional 3-Plan de emerxencias con aviso a servizos externos especializados e evacuación.

(E.O.N.) Esquema operacional fóra dos horarios do CRA-Aviso a servizos externos especializados.

(NON) Non se prevé ningunha emerxencia.

(*) Os incidentes ou emerxencias non adoitan ter este nivel.

Táboa 21. Esquemas operacionais.

missing image file

Figura 5. Esquema xeral de actuación para calquera persoa.

missing image file

Figura 6. Esquema operacional 1-Incidente.

missing image file.

Figura 7. Esquema operacional 2-Diúrno (xornada laboral).

missing image file

Figura 8. Esquema operacional 2-Diúrno (xornada laboral).

missing image file

Figura 9. Esquema operacional fóra dos horarios do CRA.

5.10. Protocolos de actuación no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

A seguir definiranse de forma máis concreta os protocolos que se seguirán polos medios e sistemas de actuación con que conta o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

5.10.1. Centro de recepción.

Actuará como Centro de Recepción de Alarmas.

Centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

Localización: Praza dos Bolos, s/n. Biobra 32004 Rubiá.

Coordenadas xeográficas: 42°28’55.1’’N 6°51’46.0’’W.

T: 988 32 43 19.

E: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.es

5.10.1.1. Alerta.

Ao recibir a previsión de risco de nevadas, alto risco de incendio e risco de inundación, transmitirán a alerta a:

– Persoal de mantemento, pola frecuencia do parque.

– Guías que estean a realizar itinerarios, pola frecuencia do parque.

– Axentes forestais e ambientais, pola frecuencia do parque.

– Visitantes, mediante paneis informativos de risco.

5.10.1.2. Aviso-detección.

En caso de detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– Axentes forestais nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque.

– Central de Emerxencias 112 nos casos de nivel 2 e 3, por teléfono. En caso de emerxencia e urxencia médica utilizarán os índices de avaliación de vítimas e os factores potencialmente agravantes que utilizan os bombeiros.

– Concello, en caso de enchentes, e desprendementos de nivel 2 e 3, que afecten a estradas e camiños locais. Información municipal: Rubiá 988 32 41 46.

5.10.1.3. Alarma.

En todos os casos de nivel 1, 2 e 3 activarán os EPIP e/ou EPA na zona que indique o responsable de emerxencias.

Nos casos de nivel 2 e 3 activará os EAE que o responsable de emerxencias indique.

5.10.2. Centro de visitantes.

Actuará como EPA e EAE do parque.

Centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

Localización: Praza dos Bolos, s/n. Biobra 32004 Rubiá

Coordenadas xeográficas: 42°28’55.1’’N 6°51’46.0’’W

5.10.2.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco alto de fortes nevadas e inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a orde de peche do parque a todos os visitantes nos puntos de acceso e aqueles que estean ao seu alcance no interior do parque.

– Pecharán as instalacións do centro de visitantes e trasladaranse ao exterior do parque.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco alto de incendio forestal e tormentas fortes:

– Informarase do risco os visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque.

5.10.2.2. Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– Centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o centro de recepción.

5.10.2.3. Alarma.

En calquera caso, informarase os visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

En casos de nivel 2 e 3 que indique o responsable de emerxencias, paralizarán o tráfico das vías necesarias para o acceso dos servizos de rescate.

5.10.2.4. Intervención.

En caso de incendio de nivel 1, manterán o visitante lonxe do incendio e tentarán sufocalo cos medios dispoñibles ata a chegada dos EPIP

En caso de incidente médico, actuarán como EPA segundo as consignas establecidas e, en caso de emerxencia e urxencia médica, atenderán o accidentado segundo os seus coñecementos ata a chegada da asistencia médica externa ao parque e colaborarán se é necesario.

5.10.2.5. Confinamiento-evacuación.

En caso de tormentas de curta duración, darán refuxio aos visitantes.

En caso de incendio, tormentas, enchentes e desprendementos de nivel 2 e 3 realizarán o confinamento dos visitantes afectados pola situación de emerxencia, nos puntos que establezan o mando de bombeiros e responsable de emerxencias do parque.

5.10.3. Persoal de mantemento.

Actuarán como EPIP do parque.

5.10.3.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco forte de nevadas e inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a alerta a todos os visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque.

5.10.3.2. Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia darán aviso a:

– Centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o centro de recepción.

5.10.3.3. Alarma.

En calquera caso, informarán os visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

5.10.3.4. Intervención.

En caso de conato de incendio e incendio forestal de nivel 1, 2 e 3, recollerán o máximo de información do Centro de Recepción de Alarmas, collerán os equipamentos de que dispoñen e dirixiranse ao incendio, actuando como EPIP segundo as consignas establecidas.

En caso de caída de árbores e outros obstáculos, actuarán como EPIP segundo consignas establecidas.

En caso de perda de persoas, colaboran na procura, en caso que o mando de bombeiros e responsable de emerxencias do parque o consideren necesario.

En todos os demais casos de nivel 2 e 3 (nevadas, desprendementos, enchentes, accidentes, atropelamentos e accidentes de tráfico), segundo as ordes do responsable de emerxencias, desprazaranse ao lugar da emerxencia e poñeranse á disposición dos servizos de salvamento especializados.

5.10.4. Guías interpretadores do parque natural.

Os guías interpretadores do parque natural dispoñen do seu propio protocolo de prevención de riscos laborais, coa relación de roupa e equipamentos que deben levar nos itinerarios da natureza e as recomendacións e instrucións sobre as actuacións antes, durante e despois da saída. Segundo este protocolo, os pasos que seguen en caso de emerxencia son:

5.10.4.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco forte de nevadas e inundacións:

– Cancelarán os itinerarios previstos ata que melloren as condicións de risco.

5.10.4.2. Aviso.

En caso de detectar un incidente ou emerxencia avisarán a:

– Centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o centro de recepción.

5.10.4.3. Intervención.

En caso de accidente grave, non se tocará o accidentado. Taparase cunha manta térmica e non se deixará nunca só.

5.10.4.4. Confinamento-evacuación.

Se se atopan en situacións de emerxencia de nivel 2 e 3 (incendios, nevadas, enchentes e desprendementos) colaboran no confinamento do seu grupo, segundo as instrucións do mando de bombeiros e o responsable de emerxencias do parque.

5.10.5. Axentes forestais e medioambientais.

Actuarán como responsable de emerxencias e EPIP do parque.

5.10.5.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco de fortes nevadas e inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a alerta a todos os visitantes ao seu alcance no interior do parque.

– Sinalizarán o peche de accesos.

5.10.5.2. Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia, avisarán a:

– Centro de recepción do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural. En caso de emerxencia e urxencia médica, utilizarán os índices de avaliación de vítimas e os factores potencialmente agravantes que utilizan os bombeiros.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o centro de recepción.

5.10.5.3. Alarma.

O responsable de emerxencias valorará a situación e decidirá o esquema operacional que se seguirá.

O responsable de emerxencias, nos casos de incidente, dará as ordes de intervención dos EPIP e EPA directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas.

Nos casos de emerxencia parcial e xeral, o responsable de emerxencias recibirá o mando de bombeiros, informarao e asesorarao.

En calquera caso, informarán os visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

5.10.5.4. Intervención.

En caso de incendio de nivel 1, actuarán como EPIP segundo consignas establecidas.

En caso de saída de vehículos a cunetas ou vehículos atrancados na neve, os axentes forestais e ambientais actuarán como EPIP para retornar o vehículo á vía.

En caso de emerxencia parcial e xeral por incendio forestal, actuarán como EPIP ata a chegada dos bombeiros, momento en que se poñerán á súa disposición.

En todos os demais casos de nivel 2 e 3 (nevadas, desprendementos, enchentes, atropelamentos e accidentes de tráfico), desprazaranse ao lugar da emerxencia con obxecto de poñer orde e evitar sobreaccidentes ata a chegada dos servizos especializados, momento en os lles informarán, asesorarán e poñeranse á súa disposición.

5.10.5.5. Confinamento-evacuación.

Nos casos de emerxencia de nivel 2 e 3 (incendio, nevadas, desprendementos, enchentes), o responsable de emerxencias do parque, conxuntamente co mando dos bombeiros, establecerán os puntos de confinamento definitivos ou provisionais para a posterior evacuación.

5.11. Implantación.

Despois da confección técnica do Plan de emerxencias do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, a organización e actividade deste debe ser capaz de realizar as tarefas previstas no plan.

Non só formarán parte do incidente ou emerxencia o persoal do parque natural e o corpo de axentes forestais e ambientais, senón que os visitantes que accidentalmente se atopen ante un incidente ou emerxencia deben dispoñer da información necesaria para poder integrarse ao Plan de emerxencias.

A implantación ten como obxecto a planificación da información, formación e adestramento, de forma que todas as persoas saiban que facer, como e cando actuar en caso de incidente ou emerxencia.

No desenvolvemento do programa realízase:

– A selección das persoas que compoñen os equipos.

– A redacción de consignas de actuación nos incidentes e emerxencias.

– A planificación da información, formación e adestramento do persoal.

– A planificación e programación de simulacros.

– A análise e investigación de sinistros.

5.11.1. Selección de equipos do parque natural.

Todo o persoal e axentes forestais e ambientais que opera no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra forman parte dos equipos do parque natural.

Ao existir no Plan de emerxencias unhas funcións ou misións moi concretas que realizar, débese enmarcar o persoal, segundo os seus coñecementos ou aptitudes, nos correspondentes equipos do parque natural.

Para realizar a distribución de persoas-equipos, utilizarase a seguinte ficha:

FICHA DE SELECCIÓN DE EQUIPOS

 

RESPONSABLE DE EMERXENCIAS

TELÉFONO

 

Titular …………………………………………............………....................……..

…………………

 

Suplente ……………………………………..............…………..................…….

…………………

 

 

 

    EQUIPO DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN DO PARQUE 

 

Responsables

 

 

…………………………………………………………….....................…………..

…………………

 

…………………………………………………………….....................…………..

…………………

 

…………………………………………………………….....................…………..

…………………

 

…………………………………………………………….....................…………..

…………………

 

 

 

    EQUIPO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

Responsables

 

 

………………………………………………………….....................……………..

…………………

 

…………………………………………………………………….....................…..

…………………

 

…………………………………………………………………….....................…..

…………………

 

………………………………………………………………....................………..

…………………

 

 

 

     EQUIPO DE ALARMA E EVACUACIÓN 

 

Responsables

 

 

………………………………………………………………….....................……..

…………………

 

………………………………………………………………….....................……..

…………………

 

…………………………………………………………………….....................…..

…………………

 

…………………………………………………………………….....................…..

…………………

Táboa 22. Ficha de selección de equipos.

5.11.2. Redacción de consignas.

O desenvolvemento do Plan de emerxencias require o coñecemento por parte de todas as persoas que operan no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra das operacións ou consignas que se realizarán se se produce un incidente ou emerxencia.

As consignas xerais asignadas ao persoal que opera no parque estarán relacionadas coa súa misión no equipo do parque en que fosen asignados. Estas consignas poden ser modificadas, reducidas ou ampliadas segundo se crea conveniente.

Achégase unha proposta de consignas para entregar aos compoñentes dos equipos e persoas que intervirán no incidente ou emerxencia.

missing image file

Táboa 23. Consignas para o visitante.

missing image file

Táboa 24. Consignas Centro de Recepción de Alarmas.

missing image file

Táboa 25. Consignas para o responsable de emerxencias.

missing image file

Táboa 26. Consignas para equipos de primeira intervención do parque.

missing image file

Táboa 27. Consignas para equipos de primeiros auxilios.

missing image file

Táboa 28. Consignas para equipos de alarma e evacuación.

5.11.3. Información, formación e adestramento.

Como se dixo anteriormente, o Plan de emerxencias deseñado deben coñecelo todas as persoas que intervirán no control dos incidentes e emerxencias, é dicir, persoal do parque, axentes forestais e ambientais do parque natural, colectivos que operan no territorio e visitantes.

Segundo as funcións que realizar, nalgúns casos será suficiente a información e noutros será necesaria a formación ou adestramento.

5.11.3.1. Información.

En cada unha das instalacións do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e en todos os trípticos informativos do parque expoñeranse seccións informativas indicando os puntos de reunión e vías de evacuación e incluiranse recomendacións:

– Que facer ao detectar un incidente ou emerxencia.

– Que facer en caso de alarma por emerxencia.

Consellos sobre o que facer e non facer en caso de evacuación. Esta información estará dirixida ao visitante.

5.11.3.2. Formación e adestramento.

Reunirase por grupos todo o persoal do parque natural, axentes forestais e ambientais e colectivos que operan no territorio para explicar o Plan de emerxencias.

Posteriormente, reuniranse os equipos do parque natural eentregaranse a cada un consignas de actuación en caso de incidente ou emerxencia.

Para o persoal dos equipos de primeira intervención do parque e de primeiros auxilios programaranse cursos de formación e adestramento adecuados ante un incidente ou emerxencia e manexarán ben os equipamentos que deban utilizar.

Igualmente, terase en conta nesta formación e adestramento a implementación das medidas necesarias para previr e, se for o caso, atender posibles casos de agresións sexuais ou de acoso que poidan producirse nas distintas actividades que desenvolva o parque.

A programación da formación e o adestramento debe incluír o programa inicial dos cursos e o mantemento anual dos coñecementos a través da concertación cos centros homologados. Proponse que a formación se basee en:

A. Formación básica.

Todo o persoal do parque natural e axentes forestais e ambientais, deben formarse en:

– Definición de alerta, incidente e emerxencia.

– Descrición de toda a cadea de actuacións en caso de incidente e emerxencia.

– Formas de dar o aviso.

– Mensaxes tipo.

– Exercicios prácticos.

B. Formación para o responsable de emerxencias.

Preténdese que teñan formación en:

– Primeiros auxilios, entendendo como tal o dominio das pautas de actuación ante un accidente, de forma que, sen coñecementos específicos en medicina, saiban que facer e non facer ante unha situación de emerxencia e urxencia médica.

– Coñecemento dos episodios meteorolóxicos que poden comportar máis perigo de incendio e coñecemento do comportamento do lume na alta montaña.

– Coñecementos na utilización de ferramentas e equipamentos de extinción de incendios.

C. Formación dos equipos de primeira intervención do parque.

Preténdese que teñan formación en:

– Utilización de ferramentas e equipos de extinción de incendios.

D. Formación en equipos de primeiros auxilios.

Formar parte do equipo de primeiros auxilios e recibir a formación adecuada, que debe ser sempre de forma voluntaria por parte do traballador. Preténdese que teñan formación en:

– Primeiros auxilios, entendendo como tal o dominio das pautas de actuación ante un accidente de forma que, sen coñecementos específicos en medicina, saiban que facer e non facer ante unha situación de emerxencia e urxencia médica.

5.11.3.3. Simulacros.

A efectividade do Plan de emerxencias conséguese mediante a realización de prácticas periódicas que manteñan o adestramento do persoal nas misións que se vaian realizar. Isto conséguese con simulacros e prácticas.

Os simulacros deben programarse e planificarase todo o seu desenvolvemento tal como se fose unha emerxencia real.

A planificación realizarase a partir dun suposto de inicio de incidente ou emerxencia e secuenciaranse temporalmente as diferentes accións que realizar, como e quen as efectuará, así como un equipo de control que recolla as incidencias e tempos utilizados en cada acción para efectuar posteriormente un informe de resultados e conclusións do simulacro.

A programación do simulacro realizarase segundo a ficha adxunta:

missing image file

Táboa 29. Ficha de simulacros.

5.11.3.4. Investigación de sinistros.

Terase previsto poder efectuar a investigación dos incidentes e emerxencias que se poden materializar co fin de analizar as causas da súa orixe e consecuencias que se produciron, para poder emendar as deficiencias existentes no Plan de emerxencias mediante a implantación das medidas correctoras oportunas.

Achégase un modelo de investigación de sinistros:

missing image file

Táboa 30. Ficha de investigación de sinistros.

5.11.4. Directorio.

DIRECTORIO

TELÉFONO

EMERXENCIAS

112

SEPRONA

62

BOMBEIROS

85

GARDA CIVIL DO BARCO DE VALDEORRAS

988 32 03 81

PARQUE NATURAL

 

Oficina de Ourense (Xunta)

988 38 63 76 - 988 38 60 29

Centro de recepción

988 32 43 19

INFORMACIÓN MUNICIPAL

 

Rubiá

988 32 41 46

URXENCIAS MÉDICAS

Centro de Saúde Rubiá

Centro de Saúde do Barco de Valdeorras

Hospital Comarcal de Valdeorras

988 32 41 89

988 32 57 94

988 33 90 00

Táboa 31. Directorio.

5.12. Mantemento do plan.

5.12.1. Obxecto.

– Mantemento adecuado das zonas perigosas susceptibles de provocar unha emerxencia.

– Mantemento periódico dos medios de protección e evacuación.

– Mantemento periódico da formación.

– Revisións periódicas do Plan de emerxencias.

5.12.2. Creación do consello de autoprotección.

Función: a súa misión consistirá en coordinar e asesorar sobre a implantación e seguimento do Plan de emerxencias.

Composición:

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Parques Naturais.

– Unha persoa representante da unidade de medio natural do equipo de xestión do parque.

– Unha persoa representante do corpo de axentes forestais e medioambientais.

– Unha persoa representante do corpo de bombeiros.

– Outras persoas representantes que se crean oportunos.

A composición do consello de autoprotección procurará unha composición equilibrada de mulleres e homes.

Periodicidade: recoméndase que o consello de autoprotección se reúna como mínimo unha vez ao ano.

5.12.3. Mantemento do plan.

O consello de autoprotección establecerá un programa de mantemento periódico dos medios e da formación de equipos, e elaborará unha guía dos simulacros.

Aconséllase:

– O mantemento mínimo anual das caixas de primeiros auxilios, emisoras e materiais de intervención.

– O mantemento da formación dos equipos como mínimo cada 2 anos.

– A realización de simulacros periódicos, que se poderán espazar cada vez máis ata a un mínimo de 1 simulacro ao ano.

– A revisión do Plan de emerxencias e todo o que del deriva, como mínimo cada 3 anos. A seguir móstranse uns exemplos de fichas para o mantemento de material e vehículos:

A continuación móstranse uns exemplos de fichas para o mantemento de material e vehículos:

REVISIÓN CAIXA DE
PRIMEIROS AUXILIOS

DATA: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

CONTIDO

BEN

REPOSICIÓN

OBSERVACIÓNS

Gasas estériles

 

 

 

Algodón hidrófilo

 

 

 

Vendas

 

 

 

Esparadrapo

 

 

 

Apósitos adhesivos

 

 

 

Tesoiras

 

 

 

Pinzas

 

 

 

Luvas dun só uso

 

 

 

Alcohol

 

 

 

Auga oxixenada

 

 

 

Tópico

 

 

 

Aspirina

 

 

 

Gelocatil

 

 

 

Termalgin

 

 

 

Almax = Bemolan

 

 

 

Voltaren

 

 

 

Voltaren xel

 

 

 

Algiasdin = Neobrufen

 

 

 

Silvederma

 

 

 

Táboa 32. Fichas para o mantemento da caixa de primeiros auxilios.

REVISIÓN MATERIAL

DATA: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

CONTIDO

BEN

REPOSICIÓN

OBSERVACIÓNS

Motoserras

 

 

 

Rozadoiras

 

 

 

Compresores

 

 

 

Motobombas

 

 

 

Xeradores eléctricos

 

 

 

Mangueiras

 

 

 

Mangotes aspiración

 

 

 

Alcachofas aspiración

 

 

 

Mochilas de auga

 

 

 

Lanzas incendios

 

 

 

Máscaras antifume

 

 

 

Filtros

 

 

 

Cordas de cánabo

 

 

 

Extintores

 

 

 

Bombas apagalumes

 

 

 

Outros…….

 

 

 

Táboa 33. Fichas para mantemento de material.

REVISIÓN VEHÍCULOS

DATA: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

CONTIDO

Matrícula

Data revisión

Reparacións

Vehículo 4x4

 

 

 

Táboa 34. Fichas para o mantemento de vehículos.

6. Programa de actuacións.

Considerando os obxectivos establecidos para o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos, o presente plan desenvolverase a través dunha serie de programas básicos de actuación sobre aquelas materias en que é competente o presente documento. Estes programas básicos de actuación agrúpanse por unidades temáticas relativas ao seu contido básico nos seguintes epígrafes:

– Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

– Programa de investigación, seguimento e avaliación.

– Programa de uso público.

– Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

6.1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Tendo en conta dos obxectivos de conservación establecidos na lexislación propia do parque natural (Decreto 77/2002, Decreto 157/2002), así como das derivadas da normativa europea (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015), Lei 21/2013, RDL 1/2001, RDL 1/2006) e autonómica (Lei 9/2001, Lei 7/2008, Decreto 72/2004, Decreto 19/2011, Decreto 37/2014, Decreto 119/2016), durante o período de vixencia do presente PRUX establecerase a posta en funcionamento e articulación dun programa de conservación da biodiversidade e da paisaxe no cal se garantan os devanditos obxectivos de conservación do patrimonio natural e da biodiversidade e no cal serán desenvolvidas as seguintes actividades:

i. Desenvolvemento, polo menos para os principais valores (hábitats e especies), de documentos de avaliación sobre o nivel de coñecemento do estado de conservación e dos factores de ameaza.

ii. Deseño e desenvolvemento de protocolos e estratexias de actuación para o control e erradicación de especies exóticas invasoras, entre as cales se priorizarán as seguintes: Acacia dealbata, Ailanthus altissima e Robinia pseudoacacia.

iii. Deseño e desenvolvemento de medidas de conservación dos hábitats de interese comunitario, con especial atención aos hábitats prioritarios. Neste sentido, prestarase unha especial atención ás formacións herbosas (Nat-2000 6210* e 6220*, aos pavimentos calcarios (Nat 8240*) e mananciais petrificantes con formación de «tuf» (Cratoneurion) (Nat-2000 7220*).

iv. Ordenación da extracción de leña e outros usos permitidos nos bosques mediterráneos (Nat-2000 9340) de maneira que se manteñan as formacións mellor conservadas e non se interrompa o proceso de rexeneración natural de fragmentos dispersos de bosque.

v. Desenvolvemento de medidas para a eliminación das repoboacións de piñeiro xa existentes, en especial nas zonas de bosque mediterráneo (Nat-9340) e nas zonas de queirogais (Nat-2000 4030), onde se deberá promover a sucesión natural para a rexeneración dos aciñeirais.

vi. Deseño e desenvolvemento de medidas correctoras de zonas húmidas e leitos fluviais, con especial atención aos bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Nat-2000 91E0*) en desfavorable estado de conservación. Para iso levase a cabo:

a. Limpeza dos leitos:

– Desenvolverase un inventario das verteduras líquidas, cascallos, zona de depósito de lodos e calquera obxecto estraño á dinámica fluvial.

– Elaboraranse propostas para a retirada de todos os elementos estraños detectados mediante técnicas manuais e o seu traslado a vertedoiros autorizados.

b. Avaliación do estado da vexetación de ribeira, detectando aquelas zonas onde se atope degradada, ocupada por cultivos de chopo (Populus spp.) ou non exista.

c. Repoboación das zonas carentes de vexetación mediante técnicas brandas de bioenxeñaría.

d. Revisión das marxes dos ríos coa finalidade de garantir a servidume de policía estipulada na Lei de augas, con propostas para a eliminación dos obstáculos existentes.

vii. Estudar e potenciar o papel socioeconómico e de conservación da natureza que xogan os bosques de castiñeiro (Nat-2000 9260), favorecendo prácticas culturais acordes co devandito obxectivo e cos principios da agricultura ecolóxica.

viii. Como medida relacionada coa conservación da avifauna, procurarase a adecuación ecolóxica dos tendidos eléctricos existentes, tanto en leiras públicas como privadas que así o requiran.

ix. Desenvolvemento de medidas necesarias para a protección das especies de quirópteros naquelas covas onde se teña constancia de colonias de cría, por exemplo, impedir a entrada de persoas mediante a instalación de cerramentos adecuados. Ademais, realizarase unha limpeza periódica da vexetación da entrada das covas, co fin de evitar que se obstaculice o acceso dos morcegos a elas.

x. Desenvolver un plan de recuperación do patrimonio cultural, como importante recurso sociocultural.

xi. Levar a cabo a edición dunha guía cultural cos contido da memoria técnica de Catalogación e investigación do patrimonio cultural do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, primando a parte gráfica e sintetizando as descricións e outros contidos.

xii. Conceder a máxima prioridade de visita e interpretación aos elementos arqueolóxicos, etnográficos e industriais relacionados coa minaría romana do ouro e coa produción tradicional de cal.

xiii. Merecen especial atención as dúas minas de pintura nos arredores de Pardollán, pola súa espectacularidade de cores e pola importancia como recurso didáctico para a experimentación in situ coas cores dos nenos escolarizados.

6.2. Programa de investigación, seguimento e avaliación.

Unha das funcións básicas do parque natural é a promoción da investigación no seu territorio a través do desenvolvemento, en coordinación con centros e organismos de investigación, dos correspondentes proxectos e plans, así como do seguimento e avaliación da compoñentes clave que motivaron a súa declaración. Desta forma, o presente PRUX inclúe no seu programa de investigación e seguimento as seguintes medidas:

i. Elaboración dun documento base en que se recollan as directrices xerais para a regulación da actividade investigadora e a estratexia de apoio a esta no parque natural.

ii. Desenvolvemento de traballos de investigación que melloren o coñecemento dos ecosistemas, hábitats e especies do parque natural e das dinámicas que os caracterizan, así como as ameazas e problemas de conservación que os afectan.

iii. Deseño de estratexias de xestión dos ecosistemas, hábitats e especies do parque natural necesarias para levalos e mantelos nun estado de conservación favorable.

iv. Crear canles de acceso ás fontes documentais de utilidade para a xestión do parque natural.

v. Comunicar os resultados das investigacións levadas a cabo no parque natural a través da creación de contidos específicos para a súa web e a organización de xornadas públicas de divulgación.

vi. No tocante ao seguimento e avaliación dos compoñentes clave que motivaron a declaración do parque natural, estableceranse as seguintes liñas de monitoraxe:

a. Poñer en práctica os protocolos de monitoraxe do cambio climático para cumprir cos compromisos do programa LTER (Long Term Ecological Research).

b. Determinación dunha serie de indicadores que permitan realizar un seguimento adecuado dos espazos da Rede Natura 2000, de acordo co establecido no artigo 17 da DC 92/43/CEE e no artigo 47 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

c. Seguimento do estado forestal e fitosanitario das formacións forestais.

d. Deseño e posta en práctica de procedementos de inventario e seguimento da flora e fauna de interese para a conservación, así como dos tipos de hábitats naturais, integrándoos nun sistema de información xeográfica (SIX).

e. Integración das actuacións de seguimento previstas nos plans de conservación e recuperación elaborados pola Dirección Xeral do Patrimonio Natural das especies presentes no parque natural.

6.3. Programa de uso público.

O desenvolvemento do uso público é a actividade que supón os maiores retos no tocante á súa harmonización coa función de conservación do parque natural, debido aos elevados valores dos recursos naturais que alberga. En consecuencia, exponse o desenvolvemento dun programa de uso público que garanta o goce do parque natural por parte dos visitantes dunha maneira que garanta a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade albergados nel.

6.3.1. Relacionadas coa información e divulgación:

i. Acometer accións para unha maior difusión dos valores naturais e culturais do parque natural en todos os medios posibles, así como para fomentar a presenza do parque na sociedade. Respecto diso, impulsarase a utilización das novas tecnoloxías e as redes sociais.

ii. Impulsar a edición e distribución de folletos e outros materiais divulgativos sobre o parque natural, tomando as medidas necesarias para que estean dispoñibles nos distintos puntos de información da contorna e das vilas e cidades próximos ao parque.

iii. Actualizar de maneira periódica os contidos da web oficial do parque natural.

iv. Informar da normativa vixente no parque natural e das opcións de visita no centro de recepción de visitantes, preferentemente utilizando a sinalización.

6.3.2. Relacionadas coa educación ambiental:

i. Impulsar o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental que inclúan distintos colectivos, entre eles os escolares. Ademais de incluír actividades específicas no centro de visitantes e no campo, estas actuacións deberán incluír mecanismos de apoio ao labor do profesorado, con especial atención nas poboacións da contorna do parque, co obxectivo de integrar os valores naturais e culturais do parque natural e a importancia da súa conservación nos contidos de distintas materias que se impartan.

6.3.3. Relacionadas coa sinalización:

i. Realizar a sinalización informativa do parque natural en lugares de interese para o visitante, como son accesos, miradoiros, pistas, áreas de uso público, itinerarios a pé, aparcadoiros e todo aquel elemento do patrimonio etnográfico e industrial que sexa necesario poñer en valor; así como a relativa á normativa existente, utilizando o criterio da mínima intrusión nas paisaxes e tendo en conta as cuestións relativas á seguridade dos visitantes. Respecto diso, sinalizarase o acceso, o inicio e o percorrido das rutas e do resto das instalacións de uso público, así como os límites do parque natural. En caso de existir, comprobaraseo seu estado de conservación e se está danado ou deteriorado procederase á súa reposición.

ii. De maneira coordinada coas administracións competentes en materia de estradas, sinalizaranse os accesos ao parque natural desde as principais cidades, poboacións e estradas próximas ao parque.

6.3.4. En materia de seguridade:

i. Identificar os perigos e riscos relacionados coa práctica das actividades de uso público e facilitar a información oportuna sobre os posibles riscos nas devanditas actividades. Igualmente, terase en conta a implementación das medidas necesarias para previr e, se for o caso, atender posibles casos de agresións sexuais ou de acoso que poidan producirse nas distintas actividades que desenvolva o parque.

6.4. Programa de mellora das infraestruturas e equipamentos.

Establecerase tamén un programa de mellora das infraestruturas e equipamentos existentes no parque natural, que abarcará a posta en marcha de diversas actuacións:

i. Conservación e mellora da rede viaria.

ii. Mantemento e limpeza de devasas e puntos de auga.

iii. Mantemento de vehículos e maquinaria do parque natural.

7. Estimación económica.

Considerando os obxectivos establecidos no presente plan, e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos e os orzamentos establecidos para a conservación do parque, elabórase o programa económico-financeiro do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra para un período de vixencia de seis anos.

 

 

Ano 1

Ano 2

Ano 3

Ano 4

Ano 5

Ano 6

 

 

 

 

 

1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural

Conservación biodiversidade, patrimonio cultural e da paisaxe.

50.000

55.000

55.000

55.000

55.000

55.000

Total

50.000

55.000

55.000

55.000

55.000

55.000

 

2. Programa de investigación, seguimento e avaliación

Estudos de fauna, flora, hábitats e outros estudos. Seguimento e avaliación.

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

Total

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

 

3. Programa de uso público

Relacionados coa información, divulgación e sinalización.

6.000

6.000

6.000

6.000

6.000

6.000

Relacionados coa educación ambiental.

20.000

25.000

25.000

25.000

25.000

25.000

Implementación do Plan de xestión de emerxencias.

10.870

Total

36.870

31.000

31.000

31.000

31.000

31.000

 

4. Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos

Conservación e mellora da rede viaria, conservación de instalacións. Mantemento e limpeza de devasa e puntos de auga. Mantemento de infraestruturas sociais, de vehículos e de maquinaria.

20.000

20.000

20.000

20.000

20.000

20.000

Total

20.000

20.000

20.000

20.000

20.000

20.000

 

TOTAIS ANUAIS

118.870

118.000

118.000

118.000

118.000

118.000

Táboa 35. Programa económico-financeiro.

8. Sistema de seguimento e avaliación.

O seguimento e avaliación do PRUX é fundamental para constatar se as accións expostas e a normativa establecida están a ofrecer os resultados esperados e medir o seu grao de eficacia. Esta información será de grande utilidade tanto para a formulación do seguinte PRUX como para poder realizar unha xestión adaptable que permita dar resposta a imprevistos non incluídos no presente documento, así como, con base no seguimento e avaliación periódica, reconducir, deter e/ou buscar alternativas para aquelas accións que non estean a ofrecer os resultados esperados.

8.1. Seguimento.

Estableceranse protocolos de seguimento que permitan obter información dos diferentes aspectos e accións que teñen lugar no parque, cos seguintes obxectivos:

a. Rexistrar os cambios que se producen nos usos e nos hábitats naturais do parque, establecendo as súas causas.

b. Previr e dar a alerta temperá ante cambios puntuais ou situacións de risco para os valores naturais do parque ou para as persoas.

c. Mellorar o coñecemento sobre os hábitats e especies presentes no parque.

d. Previr e minimizar conflitos sociais derivados da aplicación do PRUX.

e. Determinar o grao de cumprimento dos obxectivos do PRUX.

f. Determinar os efectos producidos polos usos e as accións recollidas no PRUX e outras que puideren desenvolverse sobre o medio natural e detección de efectos non desexados.

g. Mellorar a implementación do PRUX mediante unha xestión adaptativa do parque.

O seguimento será de dous tipos:

a. Un seguimento diario do funcionamento, condicións e procesos naturais do parque.

b. Un seguimento específico das accións que se desenvolven no parque.

Prestarase especial atención aos seguintes aspectos:

a. Augas: cantidade e calidade.

b. Solos: signos de erosión, arrastres e outros tipos de perda ou degradación dos solos.

c. Hábitats: estado de conservación, cambios na súa extensión, afeccións.

d. Flora: dinámica das comunidades, estado de conservación, rexeneración espontánea ou artificial, afeccións.

e. Fauna: dinámicas de poboación das especies ameazadas, afeccións.

f. Sistemas agropecuarios: cambios de uso, manexo.

g. Efecto do uso público sobre os hábitats e especies.

h. Percepción social e implicación de habitantes e visitantes na xestión do parque.

8.2. Indicadores.

Para realizar un seguimento eficaz é preciso desenvolver unha listaxe de indicadores que sirvan para medir o grao de consecución das accións que se realizan no parque e a eficacia das medidas propostas e das metodoloxías empregadas. En relación co anterior, procurarase recoller os datos desagregados por sexos, incorporando indicadores por razóns de xénero, para así poder establecer medidas específicas que promovan a integración efectiva da perspectiva de xénero neste ámbito.

O Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia propón diversas fontes de indicadores básicos de biodiversidade e indicadores de sustentabilidade nos puntos 7.3.3. punto 3 do anexo VII. Tamén en Atauri et al (2005) se atopan fontes e listas de indicadores básicos que poden servir de referencia para construír unha listaxe propia e adaptada á realidade e ás actividades que se desenvolvan no parque.

A seguir preséntase unha listaxe de indicadores de referencia específicos para o seguimento dalgúns dos puntos incluídos no presente documento:

8.2.1. Indicadores para os hábitats.

– Avaliación cada seis anos da extensión e estado de conservación dos seguintes hábitats prioritarios presentes no parque:

a) 6210* Prados secos semi-naturais e facies de matogueira sobre substratos calcarios (Festuco-Brometalia) (*paraxes con notables orquídeas).

b) 6220* Zonas subestépicas de gramíneas e anuais de Thero-Brachypodietea.

c) 7220* Mananciais petrificantes con formación de «tuf» (Cratoneurion).

d) 91E0 *Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

e) 8240* Pavimentos calcarios.

– Avaliación cada seis anos da extensión e estado de conservación, en termos de diversidade da flora e grao de naturalidade, dos seguintes hábitats:

a) 9340 Aciñeirais de Quercus ilex e Quercus rotundifolia.

b) 9260 Bosques de Castanea sativa.

c) 4030 Queirogais secos europeos.

8.2.2. Indicadores para a flora.

– Censo e área de ocupación cada 6 anos das seguintes especies de flora catalogadas: Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis, Santolina semidentata e Narcissus triandrus.

8.2.3. Indicadores para os invertebrados.

– Censo e área de ocupación cada seis anos das seguintes especies catalogadas: Austropotamobius pallipes e Macromia splendens.

8.2.4. Indicadores para os peixes.

– Censo e área de ocupación cada seis anos das seguintes especies catalogadas: Chondrostoma duriense e Chondrostoma arcasii.

8.2.5. Indicadores para os vertebrados.

– Censo e área de ocupación cada seis anos das especies catalogadas no parque.

– Número de colonias de morcegos cada tres anos.

– Número de exemplares adultos por colonia cada tres anos.

8.2.6. Indicadores para as especies exóticas invasoras.

– Número de especies invasoras rexistradas cada ano na superficie dese hábitat.

– Extensión das especies invasoras en conxunto en cada hábitat.

– Número de exemplares e/ou superficie de cada especie de especies exóticas invasoras eliminados.

8.2.7. Indicadores do uso público.

– Número de persoas visitantes/ano, desagregado por sexo:

A recolla de datos desagregados por sexo permitirá coñecer que porcentaxe de homes e de mulleres participaron nas actividades de uso público, se son homes ou mulleres os que mais visitan o parque e que grao de satisfacción ten cada colectivo respecto da súa experiencia e dos servizos que atopou no parque. Todo isto permitirá dispor de datos e estatísticas que reporten información de grande utilidade para establecer a necesidade de realizar futuras actuacións dentro do parque como, por exemplo, novas dotacións de aseos públicos noutras zonas do parque o establecemento de programas e visitas guiadas adecuadas ás necesidades e os gustos dos diferentes colectivos, etc.

– Número de vehículos/ano.

9. Organización administrativa.

9.1. Xestión xeral e xunta consultiva.

A xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a quen lle corresponderá a xestión do espazo natural protexido e, en particular, a elaboración de orzamentos e programas de execución e a execución e desenvolvemento do presente plan.

Para colaborar na xestión do parque natural e canalizar a participación das persoas propietarias e os intereses sociais e económicos afectados, constitúese a xunta consultiva, creada segundo o Decreto 157/2002, do 4 de abril polo que se declara o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (DOG núm. 85, do 3 de maio), modificado polo Decreto 265/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica a composición das xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro de 2008), que estará integrada polos membros que se recollen nas ditas dispocións.

Por outra banda, de acordo co artigo 43 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG núm. 171, do 4 de setembro), corresponde a esta xunta consultiva a colaboración na xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra a través da súa función asesora e consultiva mediante:

i. A aprobación e modificación do seu regulamento de réxime interior.

ii. A emisión daqueles informes que lle sexan solicitados.

iii. A proposta de actuacións e iniciativas tendentes á consecución dos fins do espazo natural protexido, incluíndo os de difusión e información dos seus valores, así como os programas de formación e educación ambiental.

iv. A colaboración na promoción e proxección exterior do espazo natural protexido e os seus valores.

v. En xeral, a promoción e realización de cantas xestións considere oportunas en beneficio do espazo natural protexido.

Así mesmo, esta xunta consultiva deberá ser oída para a adopción das seguintes decisións:

i. A aprobación, modificación e revisión da normativa relativa ao espazo natural protexido e dos seus instrumentos de planificación.

ii. A aprobación do orzamento de xestión do espazo natural protexido.

9.2. Procedemento administrativo.

As autorizacións que se outorguen no parque natural serán emitidas pola Xefatura Territorial de Ourense ou, se for o caso, o órgano competente en materia de patrimonio natural, logo de informe preceptivo do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense ou, se for o caso, do propio órgano con competencia en materia de patrimonio natural. Estas autorizacións deberán obterse con anterioridade ás esixidas pola lexislación sectorial pertinente e a súa obtención non exime do cumprimento da normativa sectorial de aplicación nin de cantas outras autorizacións permisos ou licenzas sexan requiridos por esta.

10. Avaliación ambiental do Plan reitor de uso e xestión.

O presente plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, ten relación directa coa xestión e é necesario para o seu xestión, tal e como establecen os artigos 33 e 34 da Lei 9/2001, de conservación da natureza.

Por iso e segundo a disposición adicional sétima da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, non será necesario someter o plan, programa ou proxecto a avaliación ambiental.

11. Efectos e alcance do plan.

O presente PRUX será obrigatorio e executivo en todo o que afecte a conservación, protección ou mellora da flora, a fauna, a xea, os ecosistemas, a paisaxe, os hábitats e os recursos naturais.

O presente PRUX prevalecerá sobre calquera outro instrumento de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán esta de oficio, territorial ou física, constituíndo as súas disposicións un límite para estes, cuxas determinacións non poderán alterar ou modificar aquelas e aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre os instrumentos de ordenación preexistentes.

ANEXO II

Cartografía

Plano 1: Localización.

Plano 2: Figuras de protección.

Plano 3: Recursos uso público.

Plano 4: Rede viaria.

Plano 5: Unidades ambientais.

Plano 6: Zonificación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file