Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39333

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 102/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro.

O artigo 149.1.23 da Constitución española atribúe competencia exclusiva ao Estado para aprobar a lexislación básica sobre protección do ambiente, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de establecer normas adicionais de protección. Así mesmo, o seu artigo 148.1.9 dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección do ambiente.

O artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia para aprobar normas adicionais sobre a protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e biodiversidade, sinala no seu artigo 31: «Os parques son áreas naturais que, en razón da beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou da súa diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos cuxa conservación merece unha atención preferente».

Na Comunidade Autónoma de Galicia aprobouse a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que ten entre os seus obxectivos a protección, restauración e mellora dos recursos naturais e a adecuada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres. Nesta lei tamén aparece a figura do parque natural entre as categorías de espazos naturais protexidos.

Este espazo declarouse como parque natural mediante o Decreto 155/1997, do 5 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 123, do 27 de xuño.

O Parque Natural do Invernadeiro dispón dun Plan de ordenación dos recursos naturais aprobado polo Decreto 166/1999, do 27 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), que recolle no seu articulado a necesidade de que o Plan reitor de uso e xestión se desenvolva mediante programas básicos de actuación sectorial e que se elaborará segundo o disposto da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 4/1989, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre (norma derrogada pola Lei 42/2007, do 13 de decembro).

Pola súa banda, o artigo 31 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, enumera os distintos instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos e establece que nos parques a xestión se levará a cabo mediante plans reitores de uso e xestión. En consecuencia e mediante esta disposición, procede aprobar o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro, como instrumento específico de xestión do parque natural.

En canto ao procedemento de elaboración deste decreto, por medio do Anuncio do 7 de marzo de 2018 foi sometido á participación do público conforme o establecido no artigo 16 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso ao ambiente.

Conforme o establecido no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, previo á aprobación do Plan reitor de uso e xestión, o día 26 de setembro de 2018 publícase no Diario Oficial de Galicia nº 184 o Anuncio do 19 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro.

Con posterioridade ao trámite de información pública solicitáronse os informes sectoriais preceptivos nos termos establecidos nos artigos 41 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Igualmente, incorporáronse ao expediente os informes emitidos pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e pola Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadeiro.

Polo exposto, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de once de xullo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro.

1. O punto 2 do artigo 2 queda redactado nos seguintes termos:

«2. Para facer compatible no parque natural a conservación dos recursos naturais coas distintas actividades que se desenvolven nel, clasifícase o territorio en tres categorías:

– Zona de reserva.

– Zona de uso limitado.

– Zona de uso compatible.

Os límites xeográficos que abrangue cada categoría zonal, así como a regulación das actividades e usos de cada unha, descríbense nos anexos II e III, respectivamente, deste decreto.».

2. Todas as referencias contidas no Decreto 166/1999, do 27 de maio, relativas á zona de reserva integral, á zona de protección especial e á zona de uso público restrinxido entenderanse referidas á zona de reserva, á zona de uso limitado e á zona de uso compatible.

Artigo 2. Aprobación

1. Apróbase o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro.

2. No anexo I deste decreto recóllese o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro.

3. No anexo II deste decreto recóllese a cartografía correspondente ao Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro.

4. A consellería con competencias en materia de conservación da natureza deberá garantir o acceso permanente na súa web á información contida no plan, incluída a cartografía, e manter actualizada a dita información cando se produzan modificacións ou revisións.

Artigo 3. Réxime de infraccións e sancións

O réxime sancionador aplicable será o recollido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade e, con carácter complementario, o establecido no título III das infraccións e sancións da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Habilítase a persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza para aprobar mediante orde, no ámbito das súas competencias, as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

As ditas ordes respectarán o establecido no título III da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

Disposición derradeira segunda. Vixencia

As presentes medidas de conservación e xestión do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro terán unha vixencia de seis anos, sen prexuízo da aplicación das medidas de seguimento que correspondan.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Índice

1. Memoria.

2. Obxectivos operativos e de xestión.

3. Zonificación.

4. Medidas de xestión.

5. Plan de xestión de emerxencias.

6. Programa de actuacións.

7. Estimación económica.

8. Sistema de seguimento e avaliación.

9. Organización administrativa.

10. Avaliación ambiental do Plan reitor de uso e xestión.

11. Efectos e alcance do plan.

1. Memoria.

1.1. Exposición de motivos.

O artigo 27.30º do Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, BOE nº 101, do 28 de abril) faculta a Xunta de Galicia para levar a cabo aquelas accións que considere necesarias para a protección, conservación e mellora dos espazos naturais de Galicia que, polo seu valor e interese científico, paisaxístico, cultural ou histórico, requiran unha especial atención. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu título I, define con carácter xeral os espazos naturais que deben ser considerados dignos dunha protección especial, regulando o seu procedemento de declaración, dispoñendo un réxime xeral de protección e previndo a posibilidade de establecer réximes de protección preventiva. Entre as oito categorías de espazos naturais protexidos que establece a Lei 9/2001, do 21 de agosto, inclúese a figura de parque natural.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, establece no seu artigo 31 que os plans reitores de uso e xestión (PRUX) se configuran como instrumentos de xestión dos parques naturais da Rede galega de espazos protexidos, e que de acordo co artigo 33 o seu contido deberá desenvolver as directrices emanadas do plan de ordenación dos recursos naturais, o cal no caso do Parque Natural do Invernadeiro se aprobaba mediante o Decreto 166/1999, do 27 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O Invernadeiro foi declarado refuxio de fauna polo Decreto 74/1985, do 21 de marzo, e posteriormente mediante a Orde do 15 de novembro de 1989 declárase espazo natural en réxime de protección xeral, e establécense unhas normas de funcionamento para as actividades de uso público mediante a Orde do 8 de xaneiro de 1990. O Decreto 155/1997, do 5 de xuño, de declaración do Parque Natural do Invernadeiro (DOG nº 123, do 27 de xuño), establece un réxime xurídico especial de protección para o espazo denominado O Invernadeiro mediante a súa declaración como parque natural, de acordo co establecido nos artigos 13 e concordantes da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais, e da flora e fauna silvestres.

O territorio delimitado polo Parque Natural do Invernadeiro intégrase xunto con outras serras centrais (Serra da Queixa) dentro do lugar de importancia comunitaria denominado Macizo Central (Decisión 2008/23/CE da Comisión, do 12 de novembro de 2007, pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, unha primeira lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica (DOUE L 12, do 15 de xaneiro de 2008), e da zona de especial protección dos valores naturais formando parte do Macizo Central (Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, do 12 de abril).

En consecuencia, o presente PRUX elabórase cumprindo os requisitos establecidos pola normativa autonómica (Lei 9/2001) e a normativa estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015)). Os efectos do presente plan terán o alcance que establezan as súas propias normas de aplicación e será obrigatorio e executivo nas materias que aparezan reguladas na Lei 9/2001, do 21 de agosto, e as súas disposicións prevalecerán sobre o plan urbanístico e ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarana de oficio.

Así mesmo, debido á inclusión na Rede Natura 2000, a redacción do PRUX articularase co Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014) co fin de evitar que se produzan alteracións significativas sobre a integridade do lugar e manter nun estado de conservación favorable os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna establecidas nos anexos II, IV, V da DC 92/43/CEE e no anexo I da DC 2009/147/CEE.

A articulación das medidas de xestión require, de acordo coa DC 92/43/CEE, a realización dun plan de xestión específico para os lugares da Rede Natura 2000, así como o establecemento de medidas regulamentarias e administrativas, acordes coas exixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats e especies de interese para a conservación e, especialmente, as recollidas nos anexos da DC 92/43/CEE e da DC 2009/147/CEE.

1.2. Situación xeográfica.

O Parque Natural do Invernadeiro está situado integramente no concello de Vilariño de Conso e situado no partido xudicial da Pobra de Trives. Está localizado no sueste da provincia de Ourense, Comunidade Autónoma de Galicia, no Macizo Central Ourensán; (plano 1: Localización, anexo II).

Os montes do Invernadeiro foron adquiridos no ano 1949 por Papelera Española, S.A., que repoboou con piñeiro gran parte do territorio. No ano 1979 un gran incendio afectou a práctica totalidade do monte, o que levou á Xunta de Galicia a adquirir os terreos en 1984. O seu réxime de propiedade, nunha soa leira que comprende de acordo coa limitación establecida no Decreto 155/1997, do 27 de xuño, 5.722 ha, e que pertence por tanto a un único propietario, a Xunta de Galicia, así como o feito da inexistencia no seu interior de núcleos humanos habitados, poden facilitar enormemente a súa xestión.

Os seus límites son os que figuran no anexo I do Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Invernadeiro:

– Norte: monte comunal de Camba (termo municipal de Laza), Serra Mixta de Queixa (termo municipal de Chandrexa de Queixa) e montes veciñais de Vilariño de Conso.

– Leste: divisoria das bacías dos ríos Ribeira Grande e Conso (termo municipal de Vilariño de Conso).

– Sur: encoro das Portas e monte comunal de Campobecerros (termo municipal de Castrelo do Val).

– Oeste: monte comunal de Camba (termo municipal de Laza).

Mediante a Orde do 15 de novembro de 1989 decláranse provisionalmente os montes do Invernadeiro como espazo natural en réxime de protección xeral, en virtude do Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural en réxime de protección xeral.

Posteriormente, o Decreto 155/1997, do 5 de xuño, de declaración do Parque Natural do Invernadeiro (DOG nº 123, do 27 de xuño), establece un réxime xurídico especial de protección para o espazo mediante a súa declaración como parque natural.

En data 11 de marzo do ano 1999 o Consello da Xunta de Galicia aprobou unha relación de lugares como de importancia comunitaria e propúxoos para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, de acordo co disposto do Real decreto 1997/1995. A dita proposta aparece recollida na Orde da Consellería de Medio Ambiente do 28 de outubro de 1999 (DOG nº 216, do 9 de novembro), na cal figura como espazo natural o LIC Macizo Central de que forma parte o Parque Natural do Invernadeiro. A Xunta de Galicia outorgou en 1999 temporalmente a estes lugares a condición de espazo natural en réxime de protección xeral, ENRPX (DOG nº 216, do 9 de novembro de 1999 e corrección de erros incluída no DOG nº 242, do 17 de decembro de 1999).

Tras varias propostas no ano 2004, a Xunta de Galicia efectúa unha última modificación dos lugares de importancia comunitaria (LIC), que adquiren definitivamente o status de protección mediante o Decreto autonómico 72/2004 (DOG nº 69, do 12 de abril), onde se constitúen como espazos naturais protexidos, e en coherencia co disposto na Lei 9/2001 na categoría de zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN). Mediante a Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG nº 95, do 19 de maio), publícanse os límites dos diversos espazos considerados como ZEPVN, entre os cales figura o espazo natural protexido LIC Macizo Central (ES1130002). Finalmente, ao abeiro da DC 92/43/CEE, os LIC pasaron a ter consideración de zonas de especial conservación (ZEC) mediante a aprobación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia mediante o Decreto 37/2014, do 27 de marzo (DOG nº 62, do 31 de marzo). (Plano 2: Figuras de protección, anexo II).

Cabe destacar, ademais, que os espazos integrantes da Rede Natura 2000 teñen a condición de espazo protexido Natura 2000 ao abeiro da Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

Mediante decreto da Xunta de Galicia e por proposta do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural e conservación da natureza aplicaranse os obxectivos, directrices e normativas ás áreas que resulten da ampliación do espazo. O dito procedemento incluirá a identificación e xeorreferenciación dos compoñentes do patrimonio natural, biodiversidade e xeodiversidade da ampliación, así como o establecemento dunha zonificación acorde coas categorías establecidas no presente plan. De ser necesario, poderá elaborarse unha normativa de carácter específico para as referidas áreas de ampliación do espazo protexido.

1.3. Ámbito de aplicación do PRUX.

O presente plan desenvolve as directrices emanadas polo Plan de ordenación dos recursos naturais do Invernadeiro (Decreto 166/1999) establecendo para o dito ámbito as previsións de actuación do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

1.4. Alcance e efectos.

O presente plan prevalecerá sobre a planificación urbanística e a ordenación do territorio. Se as súas determinacións fosen incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, esta será revisada de oficio polos órganos competentes.

Os obxectivos, directrices e normativas do presente plan aplicaranse ao Parque Natural do Invernadeiro, cuxos límites físicos se recollen na cartografía achegada no presente plan e que foron establecidos no Decreto 155/1997 polo que se declara o Parque Natural do Invernadeiro.

1.5. Diagnose. Prognóstico e potencialidades.

Coa recompilación de información da primeira etapa e a análise minuciosa de todos os datos establecerase un diagnóstico ou situación actual do parque, identificando as fortalezas e oportunidades, pero tamén as debilidades e ameazas. O diagnóstico basearase no realizado no Plan de ordenación de recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro, pero dado o amplo lapso temporal desde a súa aprobación é necesaria a súa actualización.

1.5.1. Clima.

Segundo os datos proporcionados polo servizo meteorolóxico da Xunta de Galicia Meteogalicia, dentro dos límites do parque natural localízase a estación meteorolóxica do Invernadeiro. En funcionamento desde o ano 2000, ten un rexistro de máis de 10 anos (período preciso para unha correcta caracterización climática dun territorio segundo Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, 2007).

A partir dos datos proporcionados pola dita estación pódese destacar que as temperaturas medias anuais nas zonas baixas do parque se sitúan ao redor dos 10 ºC, e decembro e xaneiro son os meses máis fríos e os meses estivais (xullo e agosto) os máis cálidos. Mostran claramente unha distribución típica das temperaturas na rexión, sen alcanzar grandes temperaturas e cunha importante variación estacional. Rexístrase unha media de 72 días de xeada ao ano, que salvo os meses correspondentes ao período estival (de xuño a setembro) é habitual que se produzan.

A media da precipitación total anual rolda os 1.600 mm, xa que chove unha media de 158 días ao ano. De forma xeral o máximo pluviométrico prodúcese nos meses de outono e inverno, mentres que as precipitacións mínimas teñen lugar nos meses estivais. Este descenso da choiva no verán é o responsable de que durante estes meses exista escasa dispoñibilidade de auga. Pola súa banda, o número medio de horas de sol ao ano é elevado (2.260 horas).

Táboa 1. Resumo climático anual da estación meteorolóxica situada nos terreos do parque natural; elaborado a partir do cálculo das medias dos datos proporcionados en www.meteogalicia.es para o período de funcionamento da estación.

Seguindo a cartografía bioclimática elaborada por Rodríguez Guitián & Ramil-Rego (2007), resultante da aplicación da «Clasificación bioclimática mundial» de Rivas-Martínez, o territorio do parque natural forma parte do macrobioclima temperado, caracterizado pola ausencia ou escasa incidencia de seca estival.

O microclima deste territorio correspóndese, segundo os mencionados autores cun bioclima oceánico euoceánico e o oceánico semihiperoceánico, debido a que a Galicia interior presenta unha menor influencia das masas mariñas no clima dado que os invernos son algo máis rigorosos e os veráns tenden a ser máis calorosos que na costa. Amplíase notablemente a amplitude térmica conforme nos trasladamos cara ao extremo SE da Comunidade.

O termotipo ou piso bioclimático (intervalo altitudinal, caracterizado por uns valores termométricos determinados, aos cal se asocian un ou varios tipos de vexetación característicos) do territorio correspóndese co termotipo supratemperado (Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, 2007). Os territorios supratemperados galegos acadan unha reducida extensión en comparación con outras áreas setentrionais da Península Ibérica, limitándose ás cotas máis elevadas dos sistemas montañosos que conforman a denominada Dorsal Galega e as serras setentrionais, orientais e meridionais. Na parte central de Galicia o límite inferior deste piso bioclimático adoita atoparse ao redor dos 750-800 m de altitude. Como no caso do piso mesotemperado, pódense diferenciar dous horizontes, un inferior que contacta co mesotemperado superior e que se estende aproximadamente ata os 1.200-1.350 m e outro (supratemperado superior) desde esta cota ata os 1.650-1.700 m. Aínda que este piso bioclimático está representado en case todos os sistemas montañosos de Galicia, é nas montañas orientais e nas meridionais ourensás onde cobre unha maior extensión.

O período libre de xeadas neste piso bioclimático é moi reducido, sobre todo no horizonte superior, o que limitou tradicionalmente a existencia de asentamentos humanos neste termotipo ás áreas de clima máis benigno situadas dentro do horizonte inferior. Consecuentemente, os aproveitamentos tradicionais destes territorios limitáronse ao pastoreo estacional con gando vacún, cabalar, ovino e caprino e o abastecemento de leñas para combustible e madeira con finalidade construtiva. Diversas especies vexetais atopan en Galicia o óptimo ambiental para o seu desenvolvemento nas condicións bioclimáticas características deste termotipo. Entre elas pódense destacar Aconitum vulparia subsp. neapolitanum, Actaea spicata, Corydalis cava, Daphne laureola, Fagus sylvatica, Galium odoratum, G. rotundifolium, Paris quadrifolia, Quercus petraea, Ranunculus platanifolius, Trollius europaues, Salix caprea, Sorbus aria, Sorbus aucuparia ou Taxus baccata.

En canto ao ombrotipo, a maior parte do territorio correspóndense cun ombrotipo hiperhúmido inferior (Rodríguez Guitián & Ramil-Rego, 2007).

1.5.2. Xeoloxía e litoloxía.

Desde o punto de vista paleoxeográfico, os Montes do Invernadeiro forman parte do Macizo Hespérico e inclúense dentro da «zona galaico-castelá» de Lotze (1945) ou zona IV de Matte (1968), denominada «Galicia Media-Tras-Os-Montes».

A xeoloxía do Parque Natural do Invernadeiro é en case a súa totalidade paleozoica, máis concretamente ordovícica. Está representada polo ordovícico inferior na marxe esquerda da Ribeira Grande e polo ordovícico medio no resto (Ribeira Pequena e marxe dereita da Ribeira Grande); con excepción do extremo SO, que é silúrico-devónico (plano 3: Unidades xeolóxicas, anexo II).

O ordovícico inferior correspóndese coa substitución máis abrupta dos Montes do Invernadeiro; trátase dunha franxa que discorre en dirección noroeste a sueste con frecuentes afloramentos de rocha e barrancos de paredes case verticais. Litoloxicamente caracterízase pola alternancia de cuarcitas, arenitas e lousas. A base constitúena arenitas de cor parda clara con alternancias de lousas grises azuladas; a medida que se sobe na serie a potencia destas últimas diminúe e as arenitas vanse facendo máis cuarcíticas, terminando a serie bancos de cuarcita parda-clara con pequenas intercalacións de lousas grises e mesmo xistos negros.

A litoloxía do ordovícico medio caracterízase polas lousas grises e azuladas. Unida a la anterior, en contacto normal, e seguindo a súa aliñación, atópase unha potente sucesión composta principalmente por filitas negras a grises, satinadas e homoxéneas. Polas súas características litolóxicas e posición na serie, estes materiais corresponden á formación lousas de Luarca. A formación constitúe o núcleo central dos Montes do Invernadeiro e esténdese como unha gran franxa, en dirección NO-SE, entre o Arroio Ribeira Grande e a Cabeceira do Arroio Ribeira Pequena.

E finalmente o silúrico-devónico, onde o conxunto de materiais englobados dentro desta serie (filitas, grauvacas, metaconglomerados e ampelitas), xace discordante sobre os materiais anteriores. A bacía silúrico-devónica ten unha grande heteroxeneidade litolóxica con frecuentes cambios laterais de facies, distinguíndose dentro da área os seguintes termos: serie verde (liditas, ampelitas, metaconglomerado, lousas areosas, grauvacas e cuarzo-filitas), debido á cor imperante, que comprende unha serie de materiais pelíticos, predominantes, con intercalacións de detríticos de regular extensión; ampelitas e liditas, ambas as litoloxías aparecen alternando, debéndose a presenza de liditas ao vulcanismo acedo existente durante o depósito, por precipitación de sílice nun medio euxínico; e metaconglomerados de cor azul, gris ou verde, con numerosos cantos de diversos tamaños, de natureza silícea, ben cuarzosa, cuarcítica ou de chert. Son de escasa representación na zona.

1.5.3. Xeomorfoloxía.

O parque natural atópase situado no Macizo Central Ourensán dentro do Macizo Hespérico Setentrional. A Serra do Invernadeiro forma no seu conxunto tres aliñacións montañosas que parten das cabeceiras dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena e que discorren en sentido NO-SE. Destas tres formacións, a central, onde se atopa o pico de Veiga de Meda, é a de menor altitude e atópase ao abrigo das outras dúas formacións montañosas máis elevadas. Na paisaxe da Serra destacan as lousas aliñadas en forma de cristas que dan lugar a paredóns verticais que ofrecen dificultades para o tránsito. As zonas de cumes teñen aspectos redondeados e neles instálanse os típicos prados de altura. No encoro das Portas sitúase a 882 metros o punto de menor cota, e pola contra o punto máis alto atópase a 1.616 metros na contorna de Castrelo Grande.

No espazo natural pódense distinguir tres unidades xeomorfolóxicas diferentes:

– Superficie superior de 1.500 metros: correspóndese cunha penechaira de formas suaves delimitada pola altitude de 1.500 metros sobre a cal quedan restos de relevos residuais. Estas zonas están localizadas no límite nordés desde A Cruz do Marco ata Cabeza de Cernado; no seu límite oeste adquire forma de «dedos» que penetran en ambas as ribeiras (Castrelo Grande e Fial das Corzas). No límite suroeste atópase en Penedo da Biduela, Alto da Cernada, Cabeza da Fonte de Fuso do Can e Cabeza de Lombo Grande.

– Zona de vertentes: correspóndese coas vertentes que xera a incisión fluvial nas bacías de Ribeira Grande e Ribeira Pequena, que seguen as directrices xeolóxico-estruturais dun intenso pregamento de dirección NO-SE. Esta unidade é a que fai de conexión entre a Superficie superior a 1.500 metros e os fondos de val. Nos Montes do Invernadeiro a morfoxénese glaciar adquire gran relevancia, destaca a presenza de zonas de acumulación de xeo que dá lugar a circos glaciares con paredes escarpadas e fondo plano, que incidiron no socavamento e erosión da superficie inicial. Por baixo deles, en todos os vales e nas vertentes que estes xeran, aínda que preferentemente nas situadas na vertente norte, vanse poñer en marcha fenómenos periglaciares que orixinaron frecuentemente «coluvións de vertentes», «pedreiras», etc. Estes matizan o relevo, facéndoo máis suave nas súas liñas mestras e en conxunto vales disimétricos claros. A súa localización vén determinada pola rede fluvial presente na área e organizada polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena.

– Fondo de val: dado o carácter torrencial dos arroios desta rede de drenaxe, a representación desta unidade está moi limitada; trátase da área máis próxima ao río Ribeira Grande dado que o seu val sofre un lixeiro ensanche. Dado o seu carácter meandriforme, o seu poder de transporte diminúe producindo a deposición de materiais aluviais e xerando unha chaira de inundación no seu tramo baixo. Localízase ao longo da canle principal da Ribeira Grande, entre a súa desembocadura no encoro das Portas e O Rocín.

1.5.4. Edafoloxía.

No Parque Natural do Invernadeiro están presentes solos sobre lousas e filitas constituídos por rochas de diferente composición nas cales predominan minerais de pequeno tamaño e escasa alterabilidade. Trátase de solos de escaso espesor en superficies erosionadas con frecuentes afloramentos; o baixo grao de evolución é debido á baixa alterabilidade química do seu propio material litolóxico e a súa tendencia a fragmentarse en pequenas laxas proclives ao escorregamento e aos procesos de erosión fluvio-glaciar, o que orixina relevos abruptos cunha cobertura vexetal de escaso porte.

Os solos sobre lousas e filitas caracterízanse por unha elevada acidez (pH 4,5-5), elevada saturación por aluminio complexo de cambio e fixación de potasio, sendo a fixación de fosfatos algo menos intensa.

Nas zonas de maior altitude e en posicións topográficas favorables á inestabilidade dos materiais, como son as zonas de cima ou rebordo das ladeiras de fortes pendentes, están presentes leptosois (Macías Vázquez, F. & Calvo de Anta, R.; 2001); trátase de solos novos, moi superficiais e extremadamente grixosos e/ou pedregosos. O perfil do solo apenas atesoura trazos de horizonación, deste xeito, un horizonte A delgado subxace directamente sobre o material parental ou rocha nai, ou no mellor dos casos xorde entre o primeiro e o segundo un incipiente horizonte B. Poden diferenciarse leptosois líticos, cunha profundidade menor a 10 cm, e leptosois úmbricos, con espesores que oscilan entre 10 e 30 cm, rodean os primeiros e esténdense polas ladeiras adxacentes.

Nas ladeiras de pendente suave, posicións de valgada e zonas de maior estabilidade están presentes umbrisois cámbicos, constitúen solos nos cales se acumulou materia orgánica dentro do solo superficial mineral con baixa saturación con bases. Son solos de moderadamente profundos a profundos, medianamente texturados, permeables, ben drenados e cun perfil de tipo AC e un horizonte B ocasional.

En xeral, a textura franca é a máis frecuente, polo que a permeabilidade non é excesiva, o que xustifica a existencia dunha certa tendencia á hidromorfía en períodos húmidos, tendo lugar a inclusión de pequenas extensións con solos de tipo gleysol úmbrico. Trátase dun solo asolagado durante poucas épocas do ano, pero case sempre saturado de auga ou moi humedecido; a súa formación ten lugar naquelas zonas con nivel de auga oscilante. Localízanse no terzo norte, de maneira puntual, na transición entre cumes e barrancos de forte pendente que permiten as condicións de asolagamento descritas anteriormente.

1.5.5. Hidroloxía.

O desenvolvemento hidrolóxico do parque está determinado pola xeoloxía (rochas metamórficas, lousas e cuarcitas de baixa permeabilidade, aínda que esta aumenta pola diáclase destes) e pola climatoloxía (que determina a dispoñibilidade hídrica). A combinación de ambos os factores xera un predominio de circulación de auga en forma de escorremento superficial, que se organiza nunha extensa rede hidrográfica dentro de dúas bacías principais denominadas Ribeira Grande e Ribeira Pequena (aínda que parte da primeira queda fóra do parque). Ambos os ríos de réxime permanente son afluentes do río Camba e desembocan no encoro das Portas. Ademais dos ríos principais, o parque conta cun gran número de pequenos cursos de auga aos cales se incorporan numerosos regatos; todos estes leitos discorren encaixados, para caeren frecuentemente en fervenzas (como a dos Arcos), froito da acción erosiva fluvial. Durante a primavera, todas as valgadas que sucan as ladeiras están ocupadas por un regato máis ou menos caudaloso, pero ao chegar o verán, durante os meses de xullo e agosto, só os máis importantes continúan con auga corrente (Castroviejo, 1977).

Os dous vales nos cales se encaixan os ríos son de diferente aspecto, así o de Ribeira Pequena é encaixado e de ladeiras escarpadas, e máis húmido que o de Ribeira Grande, que posúe unha sección en U, máis seco é máis caudaloso e dá lugar a unha vexetación de ribeira máis característica.

Por Acordo do Consello de Ministros do 20 de novembro de 2015 declaráronse 82 reservas naturais fluviais, que se corresponden coas identificadas nos distintos plans hidrolóxicos de bacía intercomunitarios que se atopan en moi bo estado ecolóxico, de acordo co establecido no artigo 22.3 do Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da planificación hidrolóxica. As reservas naturais fluviais son ríos, ou tramos deles, que contan cunha elevada naturalidade e unha escasa ou nula intervención humana. Nelas atópanse hábitats naturais e da fauna e flora silvestre de elevado interese. No territorio que ocupa o Parque Natural do Invernadeiro atópase a reserva natural fluvial Rego da Ribeira Grande. O tramo ten unha lonxitude total de 8,96 km.

Coord. X

Coord. Y

Punto de inicio da reserva fluvial

636.234

4.669.196

Punto final da reserva fluvial

641.140

4.664.497

Táboa 2. Coordenadas UTM (ETRS 89 29N) da reserva natural fluvial.

O rego da Ribeira Grande é representativo dos ríos de montaña húmida silícea, a súa canle de dominio público hidráulico non presenta presións antrópicas significativas, salvo as derivadas do centro ictioxénico. O réxime hidrolóxico é pluvial-oceánico, de carácter permanente. A continuidade lonxitudinal é moi alta e a vexetación de ribeira está constituída principalmente por amieirais continuos e densos. Para preservar a súa riqueza natural e o seu bo estado ecolóxico limítanse as actividades autorizadas que poidan afectar as súas condicións naturais modificando o fluxo das augas ou a morfoloxía das canles, a través da normativa do Plan hidrolóxico de Galicia-Costa 2015-2021. Tampouco poden concederse novas concesións e autorizacións de uso da auga, con excepción do uso de abastecemento en situacións debidamente xustificadas, e sempre que sexa compatible co moi bo estado ecolóxico do tramo.

1.5.6. Flora e vexetación.

Desde un punto de vista corolóxico e seguindo as propostas de sistematización biográfica perfiladas nos traballos de Rivas-Martínez (1982, 1985 e 1987), Rivas-Martínez et al. (1990) e a proposta de sectorización bioxeográfica para Galicia de Rodríguez Guitián & Ramil Rego (2008), a totalidade da área de estudo intégrase no subsector queixense, sector galaico-duriense, subprovincia orocantábrica, provincia atlántica europea na rexión eurosiberiana. Comprende as serras e vales que conforman o denominado Macizo de Queixa ou Manzaneda, tamén coñecido como Macizo Central Ourensán, que se estenden entre os 700 e os 1.781 m de altitude, así como as terras altas situadas entre A Mezquita, o Val de Verín e o límite con Portugal.

A localización bioxeográfica e as migracións da flora cos cambios climáticos axudan a explicar as características das especies vexetais que viven no parque. Os accidentes xeográficos causantes do illamento actual do Macizo Central Ourensán non significan máis que unha barreira entre territorios veciños. Estas barreiras non existiron sempre ou puideron ser superadas, en especial durante o transcurso dos períodos glaciares e interglaciares do cuaternario. As influencias tanto da flora procedente da Cordilleira Cantábrica como do macizos berciano-sanabrenses son moi notables. Sirva como exemplo o caso da carqueixa común (Pterospartum tridentatum), con dúas subespecies no parque. A subespecie cantabricum procede, como o seu nome indica, da Cordilleira Cantábrica. Suponse expandida ata O Invernadeiro e máis ao sur, incluídas as serras galaicoportuguesas. Atópase no Invernadeiro principalmente nos cordais de cume, mentres que a outra subespecie, subsp. lasianthum, de distribución mediterránea, encóntrase no parque preferentemente en ladeiras fóra dos cumes. Algo semellante ocorre en serras próximas.

A este importante conxunto florístico hai que engadir un grupo de especies que forman parte da flora característica da fachada atlántica. Preto xa do Invernadeiro atópase o límite entre a chamadas rexión Eurosiberiana e rexión Mediterránea. Pertencendo ao primeiro, especies típicas da costa atlántica languidecen, ou desaparecen por completo, para seren substituídas por outras especies que forman comunidades vexetais distintas, propias do mundo de transición ou xa decididamente mediterráneas. Non chegan os toxos, protagonistas da vexetación característica da Galicia atlántica tépeda e húmida, ao Invernadeiro, aínda que si o fan en territorios contiguos. O tromentelo (Thymus caespititius), cumpridamente representado nas provincias de Pontevedra e occidente de Ourense, dá as súas últimas rabexadas ascendendo polas terras de Laza e Camba ata a Serra do Fial das Corzas.

Na actualidade a paisaxe vexetal do parque está dominada por etapas seriais dos bosques que nalgún tempo poboaron estas serras. A extensión que estes ocupan no Parque Natural do Invernadeiro é mínima en comparación coa superficie que deberon ocupar en tempos pretéritos. Con todo, aínda quedan restos de gran valor ecolóxico e patrimonial. Son bosques de folla caduca e crecemento lento, máis lento aínda por atoparse baixo os rigores climáticos da montaña. A especie dominante é o carballo Quercus robur, ou máis ben codominante xunto co cerquiño (Quercus pyrenaica). Os incendios acaecidos causaron a erosión dos horizontes superficiais do solo e imposibilitaron a instalación de carballeiras por un factor edafolóxico. Nesta situación Quercus pyrenaica, especie que se rexenera mediante multiplicación vexetativa, vía estolóns que sobreviven ao paso dos incendios, está moi favorecida fronte a Quercus robur e os bosques presididos polo cerquiño conforman a vexetación potencial de gran parte da superficie do parque, en especial situacións topográficas de solaina. Son comúns outros arbustos como o capudre (Sorbus aucuparia), o sanguiño (Frangula alnus), a pereira brava (Pyrus cordata). Non faltan lianas gabeadoras (Lonicera peryclimenum, Hedera hibernica) e un bo número de herbáceas que salpican o sotobosque, algunhas endémicas da área xeográfica de influencia.

Estas carballeiras de montaña refúxianse na actualidade en zonas de avesío e valgada, menos castigadas polo lume. Alcanzan altitudes superiores aos 1.400 m a partir dos cales as matogueiras e os rochedos se fan hexemónicos. Son de destacar, pola súa extensión, as carballeiras do barranco de Guasenza e da corga do río Casarello, ambos na zona de reserva, que son posiblemente os hábitats menos alterados do parque. Tamén destaca a carballeira das Casas da Ribeira Grande, que ten unha forte influencia ripícola, con presenza de Acer pseudoplatanus, Alnus glutinosa, Salix caprea e Salix atrocinerea.

Destaca a presenza de acivro (Ilex aquifolium), que ocupa os lugares de máximo avesío e cabeceiras de ríos; a mellor representación nos montes do Invernadeiro atópase na vertente NE que verte augas sobre a corga de Aguacenza, entre 1.200 e 1.400 metros de altitude, onde forma unha mouteira case monoespecífica no seu estrato leñoso.

Os bosques diversifícanse na proximidade das liñas de auga permanente, incorporando freixos comúns (Fraxinus excelsior), abeleiras (Corylus avellana) e pradairos comúns (Acer pseudoplatanus). Nas propias liñas de auga os bidueiros (Betula celtiberica) e salgueiros dominan na práctica totalidade de valgadas encaixadas con pendente pronunciada e auga que flúe de modo estacional. Só un tramo do río da Ribeira Grande leva amieiral (Alnus glutinosa), que decae rapidamente ao ascender en altitude.

A vexetación serial correspondente a estes bosques ocupa unha gran superficie dentro do espazo natural. Zonas de valgada ou de ladeira con solo apropiado, no que aínda non crece o arboredo, é ocupado por piorneiros cuxo compoñente principal é Genista florida subsp. polygaliphylla, acompañado en ocasións pola xesta negra (Cytisus scoparius). É durante o mes de xuño cando se poden observar estas comunidades vexetais en plena floración. En zonas basais do parque, en especial sobre terreos decapitados, a xesta branca (Cytisus multiflorus) chega a formar xesteiras como compoñente maioritario.

Son, con todo, outras comunidades vexetais de substitución as que imprimen a personalidade característica da alta montaña ourensá. Trátase do dominio do queirogal, de espectacular floración entre os meses de marzo a maio e máis tarde aínda nos cumes. A especie dominante é a uz vermella, Erica australis subsp. aragonensis, uz de altura elevada, máis de metro e medio se as circunstancias o permiten. Ábrense paso outros arbustos, en especial a carqueixa (Pterospartum tridentatum), con gran capacidade para rebrotar. Este queirogal é sumamente importante para a fixación do solo e a formación dun horizonte húmico que permitirá posteriormente a incorporación doutras especies máis exixentes.

Os rochedos ofrecen un espazo a outro tipo de vexetación. Este hábitat é só adecuado a plantas de pequeno tamaño adaptadas á seca. Son xeralmente plantas vivaces, herbáceas ou pequenos arbustos de porte anano e frecuentemente rastreiro, moi resistentes, pero que pola súa pequena altura non poden competir con arbustos de maior tamaño ou co arboredo. O seu lugar de residencia é moi fiel aos rochedos. O illamento entre estes, ás veces a grandes distancias separadas por espazos cubertos de vexetación de maior altura, condicionou que estes lugares se comportasen durante longos períodos de tempo como auténticas illas. Nelas a formación de novas especies tivo máis posibilidades, como se reflicte na alta porcentaxe de endemismos do noroeste ibérico neste tipo de medios (Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus).

En zonas chairas de cume, en especial na contorna do Alto do Seixo, existen pastos seminaturais aproveitados polo gando e polos herbívoros silvestres. A queima periódica ten moito que ver no mantemento destes pasteiros. A herba das brañas (Nardus stricta) dá nome a estas comunidades de plantas herbáceas, as brañas, que diversifican a paisaxe e incorporan plantas endémicas do NO da península. Existen outras zonas de pasto en zonas baixas, como na Ribeira Pequena, que ademais das súas especies características suman outras de carácter nitrófilo, en gran medida ligadas ao home e ás súas actividades.

Tamén é de destacar a flora dependente de solos asolagados. Desde as especies que residen entre o leito de rochas dos ríos e regachos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana) ata matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), segundo o tempo que permanezan asolagados, modifican a composición de especies e chegan en último termo á formación de turbeiras.

Nos anos 50-60, sendo xa propiedade da Unión Papeleira Española, repoboouse O Invernadeiro con Pinus sylvestris na maior parte da superficie rasa (matogueiras), con excepción do extremo norte pola excesiva pendente do terreo e os fondos de val, poboados por carballeiras e bosque ribeirego. Con posterioridade, sucesivos incendios forestais arrasaron coa maior parte da superficie de piñeiro, polo que se volveu á situación inicial de formacións seriais de matogueira. Os piñeirais presentes na actualidade poden diferenciarse en función da súa idade en dous grupos. O primeiro, o sobrevivente da primeira campaña de repoboacións e que, por tanto, ten unha idade media superior aos 50 anos, localízase no bordo sur do parque, marxe dereita do río Ribeira Pequena e no cuadrante sueste, no tramo baixo da marxe esquerda da Ribeira Grande. Son piñeirais densos, en estado de bastío-fustal, na fase de exclusión de fustes, pois presentan unha continuidade do dosel arborizado que no momento actual rompeu a dinámica da matogueira, dominándoa e provocando a súa seca pola falta de luz, atopándose preto do inicio da fase de recuperación do sotobosque, con presenza escasa de acivro (Ilex aquifolium), capudre (Sorbus aucuparia), así como rexeneración, aínda incipiente, de carballo (Quercus robur). O segundo grupo de piñeiral é o resultante das repoboacións realizadas a partir da compra pola Xunta de Galicia (1984), posteriores ao incendio que arrasou gran parte do parque. Localízanse nos bordos suroeste e este do parque, dando continuidade cara ao norte aos piñeirais do primeiro grupo. Son piñeirais claros, en estado de monte bravo a bastío, aínda que hai mouteiras máis novas. No momento actual xa superaron a competencia coa matogueira, que foi rozado como tratamento previo á plantación, pero que agora forma un estrato inferior denso, continuo. Cando o piñeiral entre en fase de tanxencia de copas, estado actual dos piñeirais do primeiro grupo, a presenza de matogueira verase paulatinamente reducida.

1.5.7. Fauna.

Respecto da fauna que se pode atopar no parque é de destacar a riqueza de especies animais con presenza de endemismos do territorio. Con todo, e a pesar do abrupto relevo dos Montes do Invernadeiro, non é unha unidade totalmente pechada, son constantes as interaccións con outras zonas adxacentes. En consecuencia, ao tratar a fauna do parque considérase tamén a das áreas de afección máis próximas. A caracterización da fauna baseouse na información obtida a partir de referencias bibliográficas e prospeccións faunísticas realizadas durante a elaboración do PORN do Parque Natural do Invernadeiro.

1.5.7.1. Invertebrados.

Das especies con presenza no parque natural destacan dúas, Geomalacus maculosus e Lucanus cervus, que se atopan protexidas ao estaren incluídas nalgún dos anexos da Directiva Hábitat e/ou nalgún dos catálogos de especies ameazadas (español e galego). En xeral, o grupo de invertebrados é o menos coñecido e estudado dada a complexidade de abordar traballos neste amplo grupo, ao existiren unicamente inventarios para o grupo dos coleópteros e dos tricópteros. Realizouse unha listaxe de 91 especies de coleópteros dos Montes de Invernadeiro (Novoa, F. et al, 1996), dos cales 30 son especies endémicas ibéricas. De igual modo, identificáronse 61 especies de tricópteros no Invernadeiro (Martín, L. et al, 2014), unha cifra sen dúbida provisional e aínda bastante inferior á rexistrada nas outras montañas galegas estudadas, que historicamente foron mostrexadas con maior intensidade. Algunhas das especies deste inventario merecen ser comentadas, en primeiro lugar, Limnephilus bipunctatus, especie que na Península Ibérica tan só fora citada do norte de Portugal e do centro de España (González et al., 1992), polo que a súa captura no Invernadeiro representa a primeira cita para a fauna de Galicia e tamén para todo o norte de España. Tamén é interesante o achado de Rhyacophila terrai, pois é a segunda captura da especie en España tras a súa descrición (González & Martínez, 2010). Ademais, outras dez especies achadas no Invernadeiro son, xunto coas precedentes, novidades para a provincia de Ourense.

1.5.7.2. Vertebrados.

1.5.7.2.1. Peixes.

Na ictiofauna presente nos cursos fluviais do parque natural, dúas especies da familia dos ciprínidos atópanse protexidas ao estaren incluídas nalgún dos anexos do Directiva Hábitat; trátase da boga do Douro (Chondrostoma duriense) e da vemelliña (Chondrostoma arcasii). Ademais, aparecen outras catro especies: a anguía (Anguilla anguilla), a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Squalius carolitertii) e a introducida perca americana ou black-bass (Micropterus salmoides).

A troita resulta común no río de Ribeira Grande e no de Ribeira Pequena, mentres que a boga do Douro forma unha asociación característica coa vermelliña. A perca americana e a anguía están presentes nas augas do encoro das Portas. No caso das anguías, trátase dunha poboación relicta constituída por individuos de gran tamaño e sen posibilidade de renovación a causa do efecto barreira provocado polos diversos encoros do sistema Miño-Sil-Bibei-Camba, polo que se comunicaban de forma natural co océano. A presenza do escalo tanto en Ribeira Grande como en Ribeira Pequena limítase aos meses estivais, e permanece nas augas do encoro o resto do ano.

1.5.7.2.2. Herpetofauna.

A presenza de anfibios no parque natural está ligada aos ambientes acuáticos e húmidos xa que dependen deles para desenvolver, cando menos, algunha das etapas do seu ciclo biolóxico, mentres que a presenza dos réptiles está ligada a medios asollados e secos. Na área de estudo rexistrouse a presenza de polo menos 11 especies de anfibios e de 15 especies de réptiles.

Dentro do conxunto da herpetofauna presenta 7 especies de anfibios e 3 de réptiles encóntranse protexidas ao estar incluídas nalgún dos anexos do Directiva Hábitat e/ou nalgún dos Catálogos de especies ameazadas (español e galego). Entre os anfibios protexidos destaca a ra patilonga (Rana iberica), a ra vermella (Rana temporaria) e a rela común (Hyla arborea), asociadas aos cursos de auga, solos mollados ou moi húmidos e prados húmidos; e entre os réptiles a lagarta da serra (Iberolacerta monticola), que ocupa zonas rochosas e moi asolladas a máis de 1.400 m.s.n.m., e o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), endemismo do noroeste ibérico, propio de bordos de bosques e sebes con elevada humidade ambiental.

Son frecuentes a píntega común (Salamandra salamandra) e o sapo común (Bufo bufo), o lagarto arnal (Lacerta lepida), a lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), a lagarta galega (P. bocagei), a cobra viperina (Natrix maura), a cobra de colar (N. natrix), a cobra lagarteira común (Coronella austriaca). A víbora de Seoane (Vipera seoanei) e a víbora fociñuda (Vipera latastei) están citadas no Atlas de vertebrados de Galicia (Balado et al., 1995) na zona dos Montes do Invernadeiro.

1.5.7.2.3. Mamíferos.

As especies presentes son, como cabería supoñer, por unha banda de distribución ampla e xeneralista, ocupando unha gran diversidade de hábitats ou sendo indiferentes ás condicións ecolóxicas do mundo mediterráneo ou do atlántico. Doutra banda, existe un bo número de especies de distribución principalmente mediterránea e outras de cantábrico-europea. No Parque Natural do Invernadeiro están presentes un mínimo de 54 especies de mamíferos, cunha especial importancia do grupo dos quirópteros, dos cales se rexistraron na zona con seguridade 11 especies (Parvadilla et al., 2017). Da totalidade que habita o espazo natural 19 delas atópanse protexidas ao estar incluídas nalgún dos anexos da Directiva hábitat e/ou nalgún dos Catálogos de especies ameazadas (español e galego). Destaca o grupo de morcegos, asociados a cavidades naturais, fisuras, cortizas exfoliadas e cavidades creadas por outras especies escavadoras ou polo efecto doutros procesos naturais de putrefacción de troncos e ramas, a lontra (Lutra lutra), detectada tanto nos ríos da Ribeira Grande como da Ribeira Pequena, e o rato de almiscre (Galemys pyrenaicus), que habita as proximidades de regatos e torrentes.

Está constatada a presenza de marta (Martes martes) (Rosellini, Barja & Piñeiro, 2007) e parece ser moi común en piorneiras, piñeirais, bosques climácicos e tamén en zonas de queirogal, mentres que a xeneta común (Genetta genetta) non debe ser moi abundante, cunha observación da gardaría en piñeiral de Ribeira Pequena. O raposo (Vulpes vulpes), considérase especie común (Barja, De Miguel & Bárcena, 2001). O mesmo ocorre co gato bravo (Felis sylvestris), que foi obxecto de estudos (Barja & Bárcena, 2005), e resulta unha especie frecuente.

O lobo (Canis lupus) é o superpredador por excelencia destas serras, e aparece en todo o parque. Ao parecer, a área de estudo é utilizada por dous núcleos de lobos. O lobo aliméntase fundamentalmente de cérvidos, tanto cervo (Cervus elaphus) como corzo (Capreolus capreolus). O xabaril (Sus scrofa) e o corzo resultan moi abundantes a xulgar polos indicios de presenza, como rastros, pegadas, excrementos e fozaduras en practicamente calquera lugar da serra.

Dúas especies foron reintroducidas, o cervo (Cervus elaphus) e a cabra montesa (Capra pyrenaica), dado que existen referencias da súa presenza en épocas pasadas. O gamo (Dama dama) e o rebezo (Rupicapra rupicapra) están presentes no parque exclusivamente no interior de cercados.

1.5.7.2.4. Aves.

As aves representan o grupo máis numeroso da fauna vertebrada no Parque Natural do Invernadeiro. En total, está confirmada a presenza de 82 especies, das cales entre 60 e 67 son reprodutoras na zona e tres son ocasionais. O número de especies pouco comúns, esporádicas e ocasionais podería chegar a ser moito máis numeroso, sobre todo no referente ao paso de aves migratorias, de manter un seguimento faunístico máis constante na zona. Outras 23 especies poderían estar presentes con diferente status e certa regularidade na área de estudo.

Da totalidade de aves presentes no espazo natural 31 delas atópanse protexidas ao estaren incluídas nalgún dos anexos do Directiva Hábitat e/ou nalgún dos Catálogos de especies ameazadas (español e galego), entre as cales cabe destacar o aguia real (Aquila chrysaetos), o bufo real (Bubo bubo), o gatafornela (Circus cyaneus), o tartaraña cincenta (Circus pygargus), o aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), o papoazul (Luscinia svecica), o voitre branco (Neophron percnopterus), a charrela (Perdix perdix subsp. hispaniensis), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus) e a arcea, (Scolapax rusticola).

As comunidades de maior interese son o grupo das rapaces e a comunidade dos pastos e queirogais de altura. Entre as aves rapaces destaca a presenza durante todo o ano de aguia real (Aquila chrysaetos), común nos Montes do Invernadeiro desde hai anos (R. Romeu, com. pers.), aínda que non citada a finais dos anos setenta (Guitián Ojea, 1979), polo que se pode estar ante unha leve recuperación ou ben ante unha mellor prospección das serras. O gatafornela (Circus cyaneus) está tamén presente todo o ano, aínda que escasea no inverno, aniña en baixa densidade en matogueiras dentro ou fóra dos límites do parque. Entre as rapaces nocturnas, o bufo real (Bubo bubo) atopa na área de estudo zonas moi favorables para criar; obsérvase no Val do Figueiro e noutras ladeiras de Ribeira Grande, polo que a súa nidificación parece máis que probable. Nos piñeirais de Ribeira Pequena detectouse avelaiona (Strix aluco), que debe ser máis frecuente nas zonas ocupadas por bosques naturais.

A comunidade de paseriformes semialpina, que ocupa os pasteiros de montaña e zonas de matogueira baixa, destaca pola frecuencia de pica alpina (Anthus spinoletta), que no inverno desaparece case totalmente destes hábitats para pasar a ocupar prados húmidos nos vales (como no caso de Ribeira Pequena), onde se alimenta de invertebrados. Moi interesante é a presenza de merlo rubio (Monticola saxatilis) como nidificante, localizado nos rochedos do Fial das Corzas, a 1.350-1.550 m.s.n.m. Estas especies ven acompañadas por laverca (Alauda arvensis) e pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Outros paseriformes alpinos ou rupícolas presentes no Invernadeiro son rabirrubio (Phoenicurus ochruros) e andoriña dos roquedos (Ptyonoprogne rupestris).

Mención especial merece a charrela (Perdix perdix hispaniensis), unha das especies máis escasas e interesantes presentes no Parque Natural do Invernadeiro. Utiliza os altos das serras en zonas de matogueira baixa alternados con pastos de montaña. Está presente, cando menos, en Fial das Corzas e no Alto das Pozas. Resulta interesante anotar que a súa presenza é limítrofe, ocupando indistintamente áreas próximas exteriores do parque natural.

As aves acuáticas atopan o seu único hábitat propicio na área de estudo na cola do encoro das Portas, que penetra nos límites do parque natural. Garza real (Ardea cinerea) e corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) non son nidificantes; ascende a primeira polos cursos dos ríos, en especial Ribeira Grande. O lavanco (Anas platyrhynchos) debe nidificar entre a matogueira das beiras, e, por último, bilurico bailón (Actitis hypoleucos) foi citado como nidificante nas beiras do encoro das Portas, aínda que posiblemente fóra da área de estudo.

Con estreita dependencia dos cursos de auga máis rápidos detectouse a presenza doutras tres especies: lavandeira real (Motacilla cinerea), lavandeira branca (M. alba) e merlo rieiro (Cinclus cinclus).

Os tordos teñen, grazas á produción de froitos dos acivros e doutros arbustos (capudre de cazadores, roseira, pereira brava, etc.), un hábitat adecuado, e chegan a invernar nas zonas de bosque tales como o acivral de Aguacenza. O tordo galego (Turdus philomelos) forma grupos frecuentes mentres que o tordo charlo (T. viscivorus) aparece en época de cría.

1.5.8. Recursos culturais.

O Parque Natural do Invernadeiro conta cun importante valor cultural catalogado en dous grandes grupos (Amado Rolán, 2007), que son as evidencias históricas deixadas pola forma de apropiación simbólica, imaxinaria e material do territorio.

1.5.8.1. Patrimonio etnográfico.

O conxunto do patrimonio etnográfico está constituído por unha serie de construcións relacionadas co pastoreo, tanto para vivenda estacional dos pastores (cabanas), como da estabulación dos animais (curros). As cabanas son construcións sinxelas que aproveitan elementos naturais para a súa construción, están localizadas nas partes baixas dos vales ou nas malladas, próximas a zonas de pastos con auga e adoitan estar agrupadas. Os curros, aínda que de maior tamaño, seguen as mesmas características construtivas das cabanas. Relacionados cos caseiros instalados no predio na primeira metade do século XX, existen dous conxuntos tradicionais con todas as dependencias e infraestruturas necesarias para a actividade agropecuaria. Un destes conxuntos está situado na Ribeira Pequena e outro no Rocín. Debido aos conflitos entre a Papeleira e os caseiros polas formas de explotación tradicional, as casas e dependencias anexas destes últimos foron destruídas ata os cimentos. A pesar disto conserváronse varios elementos tradicionais, na Ribeira Pequena queda o muíño, a presa e canles correspondentes, os cercados das hortas ao redor do muíño, un cercado de pedra para animais que estaba na parte traseira das casas e o uso tradicional da veiga, dedicada a pradaría. No Rocín queda a palleira dos caseiros, os cercados para hortas e os socalcamentos contiguos para o cultivo de centeo. Relacionados co tránsito tradicional pola serra existen no Invernadeiro varios marcos que denominamos de situación, que son elementos que tenden a unha forma piramidal e están construídos por acumulación de pedras sen ningún tipo de argamasa. Están situados nos puntos estratéxicos altos ou en cimas de baixa altitude, pero con moita visibilidade e servían para a situación e tránsito pola serra en días de néboa ou neve. Existe outro grupo de construcións nas cales, que aínda que cronoloxicamente pertencen á paisaxe industrial do século XX, as súas técnicas construtivas son de tipo tradicional, feitas por persoas que traballaron por conta propia e sen vinculación contractual coa Papeleira Española. É o caso do interesante conxunto de campamentos de carboeiros e das casetas ao bordo das pistas, feitas polos encargados para traballos menores. Por último, outro conxunto de restos tecnoeconómicos tradicionais son as bacías de explotación das veas de ferro na Ribeira Grande. Segundo unha fonte oral, estas explotacións comezaban na confluencia dos ríos e estendíanse durante un quilómetro augas arriba en pequenas bacías de explotación que ían mordendo a ladeira desde a parte baixa do val. Localizáronse tres, a maior situada á beira do centro ictiolóxico.

1.5.8.2. Patrimonio industrial.

O conxunto do patrimonio industrial está constituído polos elementos necesarios de explotación do proceso de produción dun monocultivo forestal: a repoboación do monte con piñeiros para a súa transformación industrial. Papelera Española planificou e executou no territorio do Invernadeiro un proceso tecnolóxico, cun forte impacto no medio natural. O resultado constitúe unha paisaxe máis arquitecturizada, máis transformada e artificial, en definitiva, máis agresiva co medio ecolóxico primixenio. As evidencias materiais son: a rede de infraestruturas viarias, a rede de devasa, as casas forestais para enxeñeiros e oficinas, as casas dos gardas, os barracóns para obreiros, o economato e a cantina, os departamentos para forxa, carpintaría e ferramentas, as fontes construídas, as 8 casetas de vixilancia das cimas, os viveiros forestais, as pequenas centrais hidroeléctricas coas súas canalizacións e presas, os cercados para introdución de fauna, os dispositivos pluviométricos instalados nas cimas, o sistema de marcos de delimitación, os socalcamentos nas ladeiras para repoboación, e, por último, a substitución da variada flora autóctona polas monótonas ladeiras de piñeiros. Deste completo conxunto industrial consérvanse todos os elementos, excepto o monocultivo de piñeiros. Un grande incendio, que arrasou 4.000 ha de traballo realizado durante 30 anos, fixo que se abandonase o proxecto e se vendese a leira. A vexetación autóctona de matogueira recuperou as ladeiras queimadas pero quedaron como manchas residuais algunhas zonas de repoboación.

1.5.9. Recursos de uso público.

1.5.9.1. Servizos básicos de acceso e recepción no parque natural.

Na actualidade para entrar ao parque natural o visitante debe contar cun permiso, que lle estenderá por escrito o Servizo de Conservación da Natureza de Ourense e que se concede a un máximo de 30 persoas en días laborables e 50 en festivos e fins de semana, para efectuar percorridos a pé por diversas rutas.

O acceso realízase a través da estrada procedente de Campobecerros ao sur do parque natural. Unha vez chegados ao parque a estrada conduce ata o Centro de Recepción.

1.5.9.2. Servizos para o gozo e coñecemento do parque natural.

1.5.9.2.1. Centro de Recepción e Información.

Localizado nas casas da Ribeira Pequena, está destinado á recepción do visitante. Actualmente está aberto para visitas autorizadas, das 9.00 ás 11.30 horas. Conta, ademais, cunha exposición de carácter permanente.

1.5.9.2.2. Aula da Natureza.

Está localizada en Ribeira Grande. Destinada á realización de actividades coordinadas por monitores a grupos de escolares (mínimo 15 e máximo 58 participantes). A estadía máxima é de 4 días, ampliables excepcionalmente a 7. Conta con 2 dormitorios individuais e 2 colectivos (28 liteiras cada un) destinados a investigadores e estudantes, sala de xogos, laboratorio-biblioteca, aula de proxeccións, enfermaría, comedor e cociña industrial.

1.5.9.2.3. Rede de sendeiros.

Dentro do parque natural pódese percorrer un total de 6 rutas de sendeirismo de maior ou menor desnivel e/ou dificultade, todas elas acondicionadas e sinalizadas, cun alto interese botánico, fáunico, cultural e xeomorfolóxico. Dúas das rutas parten das casas da Ribeira Pequena, preto da entrada ao parque, e os 4 restantes parten da Aula da Natureza de Ribeira Grande (plano 4: Recursos uso público, anexo II).

Nome

Lonxitude (km)

Cota máxima

Cota mínima

Dificultade

Ruta de Valdeirexa ou dos Cercados

3

1.200

990

Media/Alta

Ruta da Aceveda

8

1.300

990

Media

Ruta das Troitas

3,5

940

900

Baixa

Ruta da Auga

4

930

890

Baixa

Ruta da Corga

2

1.050

930

Alta

Ruta da Ortiga

22

1.496

930

Alta

Táboa 3. Rutas de sendeirismo acondicionadas e sinalizadas do Parque Natural do Invernadeiro.

1.5.9.2.4. Miradoiros panorámicos.

Estes «altos no camiño» aproximan dunha maneira moi gráfica os fenómenos naturais ao visitante e proporciónanlle os elementos necesarios para facilitar a súa identificación. Existen no territorio do parque oito áreas de miradoiros.

1.5.10. Recursos de interese xeolóxico.

Un punto de interese xeolóxico (PIX) mostra unha ou varias das características consideradas de importancia dentro da historia xeolóxica dunha rexión natural. A continuación enuméranse os PIX que se definiron no parque natural:

– Circos glaciares na cabeceira de Corga de Aguacenza.

– Circo glaciar de Morrón dos Salgueiros.

– Circos glaciares do Fial das Corzas.

– Pedreiras de Aguacenza.

– Pregamento en confluencia de Corga Cenzoá e Ribeira Grande.

– Fervenza e Cristas de Corgo da Buraquiña.

– Cristas do Foio, As Cembas e A Ortiga.

– Coluvións de vertente en Corgo das Cembas-Ribeira Grande.

– Pregamentos Corgo de Sangubiñedas.

– Socalcamento de aluviais de Ribeira Grande.

– Pregamento en cabeceira de Corga da Ortiga.

– Fósiles na Ortiga.

– Fósiles en Altos do Cernado.

– Fósiles no Cernado.

– Pregamento en Corgo do Cernadiño.

– Encaixamento do tramo final de Ribeira Pequena.

– Pregamento e mineralizacións de pirita en camiño a Casas da Ribeira Grande.

1.5.11. Recursos de interese botánico.

Con gran valor ecolóxico e patrimonial atópanse bosques de folla caduca e crecemento lento como o carballo Quercus robur, ou máis ben codominante xunto co cerquiño (Quercus pyrenaica). Son comúns outros arbustos como o acivro (Ilex aquifolium), o cancereixo (Sorbus aucuparia), o sanguiño (Frangula alnus) e pereira brava (Pyrus cordata). Non faltan lianas gabeadoras (Lonicera peryclimenum, Hedera hibernica) e un bo número de herbáceas que salpican o sotobosque, algunhas endémicas da área xeográfica de influencia. Estas carballeiras de montaña refúxianse na actualidade en zonas de avesía e valgada, menos castigadas polo lume. Os bosques diversifícanse na proximidade das liñas de auga permanente, incorporando freixos comúns (Fraxinus excelsior), abeleiras (Corylus avellana) e pradairos (Acer pseudoplatanus). Nas propias liñas de auga os bidueiros (Betula celtiberica) e salgueiros dominan na práctica totalidade de valgadas encaixadas con pendente pronunciada e auga que flúe de modo estacional. Só un tramo do río da Ribeira Grande leva amieiral (Alnus glutinosa), que decae rapidamente ao ascender en altitude.

Destacan tamén os queirogais, de espectacular floración entre os meses de marzo a maio e máis tarde aínda nos cumes. A especie dominante é a uz vermella, Erica australis subsp. aragonensis, breixo de altura elevada, máis de metro e medio se as circunstancias o permiten.

1.5.12. Infraestruturas.

1.5.12.1. Rede viaria.

A principal vía de comunicación atópase ao sur do parque e é a autovía A-52 ou a estrada N-525 ata Verín. Unha vez alí tómase a estrada comarcal en dirección a Laza (OU-114), desviándose ata Campobecerros (concello de Castrelo do Val). Desde este lugar accédese por unha pista forestal asfaltada ao parque natural, que se atopa a uns 8 km ao norte.

A infraestrutura viaria do interior deste espazo articúlase, principalmente, mediante carreiros, camiños e pistas forestais (plano 5: Rede viaria, anexo II).

A lonxitude total de pistas forestais, camiños e sendas que dan servizo ao monte é de 113,52 km, cunha densidade media, con respecto á cabida total do monte, de 19,84 m/ha. Pódese circular en vehículo desde a Ribeira Pequena ata a Ribeira Grande por unha pista forestal.

1.5.12.2. Infraestruturas de defensa e prevención contra incendios.

O Parque Natural do Invernadeiro dispón dunha serie de infraestruturas para a prevención e defensa contra incendios; (plano 6: Infraestruturas de defensa e prevención contra incendios, anexo II). Entre elas: unha rede de devasa que cobre a case totalidade do seu perímetro e tamén parte do seu interior, cunha superficie de 136,25 ha, na actualidade en bo estado pero que requiren dun mantemento periódico e seis puntos de auga operativos no monte, adecuados para a carga de motobombas.

1.5.12.3. Cercados de fauna.

Como un uso especial que se lle deu a parte do espazo natural e que ocupa unha superficie de 308,96 ha, o que supón case un 6 % do territorio, hai que mencionar os cercados de fauna; (plano 7: Cercados, anexo II). Na actualidade existen catro cercados: o de Ribeira Grande, que alberga gamo (Dama dama) e ocupa unha extensión de 34 ha; o de Valdeirexa, que alberga cervo (Cervus elaphus) nunha superficie de 137,41 ha; o de Val das Cabras, de 62 ha, que alberga cabra montesa (Capra pyrenaica victoriae); e por último o dos rebezos (Rupicapra rupicapra), que ocupa unha superficie de 80,83 ha.

1.5.13. Medio socioeconómico.

1.5.13.1. Características demográficas.

No interior do Parque Natural do Invernadeiro non existen núcleos de poboación, e a superficie do espazo natural englóbase en dúas parroquias do concello de Vilariño de Conso: Pradoalbar e San Mamede de Hedrada. Analizásense con todo non só os datos deste concello, senón de todos aqueles con que limita o parque (Laza, Castrelo do Val e Chandrexa de Queixa) os cales, a pesar de non atoparse dentro del, poden desempeñar un papel importante no seu futuro. A título orientador poderiamos citar a necesidade de man de obra, a creación e o mantemento dunha infraestrutura turística, a conservación do patrimonio artístico e cultural da zona, etc.

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística relativos ao padrón municipal, correspondentes ao 1 de xaneiro de 2017, os catro concellos sufriron un acusado e sostido retroceso da poboación, formando parte así do numeroso 85 % dos concellos galegos que perden habitantes. O municipio máis poboado é Laza, que conta cunha ampla extensión de terreo e unhas condicións de vida no val do río Támega algo máis favorables. Outro detalle que chama a atención é a escasa poboación de Chandrexa e Vilariño, onde, a pesar da súa considerable superficie, o número de habitantes non supera os 600; iso manifesta a dificultade de establecerse e sobrevivir na abrupta orografía que domina en ambos. En resumo, achámonos ante unha poboación en clara regresión motivada por un proceso histórico de emigración e pola dureza do relevo e do clima das montañas do macizo central ourensán.

missing image file

Figura 1. Datos de poboación dos concellos de Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Laza e Castrelo do Val
proporcionados polo Instituto Galego de Estatística para o período 2007-2017.

Ademais, no tocante á estrutura de idade constátase un elevado envellecemento da poboación, cunha tendencia en forte aumento, roldando a media de idade dos 4 concellos os 55-60 anos. Esta acusada senectude reflíctese na figura 2, onde aproximadamente entre o 35-45 % da poboación está incluída no grupo de máis de 60 anos. Pola contra, menos do 8 % da poboación ten menos de 16 anos, o que indica que a taxa de natalidade nos concellos nas últimas décadas sufriu un descenso continuo. Segundo datos de INE no ano 2016, os catro municipios teñen un saldo vexetativo negativo, é dicir, rexistráronse máis defuncións que nacementos. Destaca Vilariño de Conso, onde ese ano non se produciu ningún nacemento. Pódese concluír que os municipios están nunha situación delicada, que se está agravando a un ritmo considerable debido ao sobreenvellecemento que padece.

missing image file

Figura 2. Datos de poboación segundo grandes grupos de idade dos concellos de Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Laza e Castrelo do Val proporcionados polo Instituto Galego de Estatística para o ano 2017.

Como síntese do estudo da poboación realizado, pode concluírse que tanto a situación actual como as perspectivas demográficas na contorna do espazo natural non son nada alentadoras. O despoboamento é un feito e aumenta a un ritmo moi intenso debido á reducida natalidade. Así mesmo, a estrutura da poboación atópase desequilibrada debido ao excesivo envellecemento da poboación e á escaseza de xente nova. Ademais, a existencia de poucos núcleos de poboación, pequenos e mal comunicados nos límites do parque natural dificulta en múltiples ocasións unha eficaz cobertura de servizos, equipamentos e infraestruturas.

1.5.13.2. Actividades económicas.

Actualmente a economía familiar baséase no traballo asalariado; analizando as actividades económicas dos municipios en que o parque e a súa xestión poden ter influencia directa ou indirecta, xa que os Parques deben ser tamén dinamizadores da economía e da poboación da zona, especialmente no rural, atopamos que dos afiliados á Seguridade Social a maior parte traballa no sector servizos, seguido da agricultura.

A poboación activa (aquela que ten máis de 16 anos e que traballa ou está no paro) nos municipios estudados divídese en dous grupos; en primeiro lugar están Castrelo do Val e Laza, cunhas taxas xerais do 31 % e 28 %, respectivamente, que son bastante baixas. Isto é debido a que nestes dous municipios a muller adoita pertencer máis a miúdo á poboación inactiva e existe un maior número de xubilados e retirados; e en segundo lugar Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa, cunha taxa xeral arredor do 40 %.

missing image file

Figura 3. Datos de afiliación en alta laboral por sectores nos concellos de Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Laza e Castrelo do Val para marzo de 2018 proporcionados polo Instituto Galego de Estatística.

Nos catro municipios, o sector terciario desempeña un papel importante no mantemento da economía, sen ir máis lonxe, as porcentaxes de poboación ligada ao devandito sector van desde o 74 % e o 67 % de Castrelo de Val e Laza, respectivamente, ata o 45 % de Chandrexa de Queixa. Este sector sufriu un notable incremento nos últimos anos, existindo na actualidade un elevado número de empresas dedicadas á devandita actividade, en detrimento do sector primario que outrora era o principal motor da economía das devanditas zonas. Exceptúase de Chandrexa de Queixa, onde o sector primario acada aínda un 35 %, xa que é un municipio eminentemente agrario que contaba no ano 2017 cun total de 66 explotacións de gando bovino.

1.5.14. Identificación de degradacións e ameazas.

No presente apartado realízase unha revisión global dos riscos e ameazas que se poden producir no parque natural.

1.5.14.1. Deforestación.

A deforestación é sen dúbida a principal degradación ambiental dos Montes do Invernadeiro. A ausencia de extensas formacións arbóreas autóctonas xa non é só unha característica deste enclave montañoso, senón que é unha realidade que abrangue a todo o Macizo Central Ourensán.

A ausencia da vexetación climática ten a súa orixe no uso tradicional que secularmente predominou neste territorio. A gandaría extensiva, que foi un dos principais aproveitamentos do monte, levaba a necesidade de dispoñer de pastos suficientes, de aí que estes lugares presentasen unha estreita relación entre o pastoreo e o lume. Esta relación modelou ao longo dos anos a paisaxe neste macizo montañoso. O uso do lume de forma incontrolada e repetida conduciu a unha situación da vexetación na cal de forma permanente predominan as etapas seriais de matogueira, en detrimento das formacións arbóreas constituíntes das etapas climáticas máis estables e complexas, e que con esta práctica tiveron poucas posibilidades de recuperación.

A información achegada polas visitas de naturalistas aos Montes do Invernadeiro a principios de século (Merino, 1902; Iglesias, 1929) xa reflicte unha paisaxe degradada cuberta na súa maior parte por matogueira, limitándose as formacións arbóreas a ocupar os fondos das gargantas e bordos de arroios sen estenderse máis arriba de media ladeira. Durante o verán de 1979 prodúcese o último gran incendio que afectou gran parte do enclave e cuxos efectos son patentes aínda na actualidade.

1.5.14.2. Efectos dos incendios.

Limitando a súa análise ao marco ecolóxico, resulta un proceso profundamente desorganizador que non só destrúe a vexetación, senón que elimina gran parte da estrutura da biocenose, mobiliza os depósitos de materia orgánica e nutrientes e permite unha maior incidencia de procesos como erosión, radiación incidente e choiva a nivel do solo (Casal et al., 1984).

Coa alteración da estrutura do solo pérdese porosidade e, por tanto, absórbese e retense menos auga. Acrecéntase a hidrofobia do solo, sobre todo daqueles máis orgánicos, xa de seu moi repelentes da auga cando están excesivamente secos, o que impide a súa penetración e a súa rehumectación. O fluxo de auga sobre o terreo aumenta considerablemente como consecuencia da menor cobertura vexetal e do aumento da hidrofobia do solo. Este fluxo de auga é laminar nas partes máis elevadas das ladeiras, pero convértese nun fluxo canalizado que dá lugar a cárcavas de erosión nas zonas máis baixas. A perda de solo por procesos erosivos deste calibre pode chegar a ser importante, sobre todo nas ladeiras con maior pendente.

1.5.14.3. Repoboación forestal.

As repoboacións forestais realizadas con fins produtivos por Papelera Española, S.A. baseáronse en Pinus sylvestris. A principal degradación ambiental non se produce exclusivamente polo uso desta especie, que nalgúns casos con solos xerófilos e pendentes considerables pode desempeñar unha función de masa protectora, senón que deriva do criterio produtivo á hora da súa implantación.

A maior parte do piñeiral de repoboación de Pinus sylvestris presente no Invernadeiro mostra unha elevada densidade de árbores (Castro et al., 1997), o que lle confire unha característica propia. Estes niveis de densidade impiden a presenza dun sotobosque ben estruturado e a aparición de brotes de especies arbóreas autóctonas. Unha menor densidade destas formacións artificiais de coníferas permitiría que se comportasen como unha etapa intermedia de fronte ao establecemento do bosque autóctono.

O piñeiral de Pinus sylvestris ocupa, ademais de ladeiras con fortes pendentes, zonas de solos profundos e a miúdo invade o medio ribeirego, ocupando terreo que con facilidade estaría cuberto por arboredo autóctono. Aínda que os piñeirais de repoboación poden acoller boas densidades de ungulados salvaxes, como corzo (Capreolus capreolus) e xabaril (Sus scrofa), que os utilizan como refuxio, non é menos certo que as plantacións monoespecíficas de idade e cobertura homoxénea albergan pobres comunidades fáunicas. Supón unha grave deterioración da riqueza e diversidade avifáunica e ecolóxica en xeral, con perda da calidade e orixinalidade zoolóxica (Purroy et al., 1990).

1.5.14.4. Devasa e pistas forestais.

A indubidable existencia dun elevado risco de incendio, así como o aproveitamento forestal, conduciron a unha profusión de devasa e pistas forestais que nalgúns casos, se deseñaron sen adoptar adecuados criterios de funcionalidade. Tanto as pistas como as devasas destrúen o perfil orixinal do solo, constitúense en barreiras artificiais para os fluxos naturais dos ecosistemas e inciden negativamente na calidade visual da paisaxe. Nalgúns casos a súa incorrecta construción crea noiros que facilitan os procesos erosivos do solo.

1.5.14.5. Encoro.

A construción do Encoro das Portas supuxo a destrución dunha importante superficie de hábitat ribeirego nos ríos de Ribeira Pequena e Ribeira Grande. Á perda da ripisilva orixinal hai que engadir a imposibilidade da rexeneración natural da vexetación e o asentamento regular de fauna debido ás bruscas oscilacións do nivel das augas.

1.5.14.6. Incendios.

Dada a elevada incidencia de incendios acaecidos nas inmediacións do parque natural como consecuencia do tradicional uso do lume que imperaba para crear pastos e o elevado grao de inflamabilidade e combustibilidade que presenta o queirogal de Erica australis (Vélez, 1990), vexetación predominante no Invernadeiro, o risco de incendio é moi alto e, por tanto, considérase como a principal ameaza que sofre o ámbito do plan.

Débese manter o operativo e a infraestrutura, en todo caso realizar algunha medida puntual en parroquias con maior frecuencia incendiaria. Debe elaborarse un Plan de prevención do parque en coordinación co Plan de prevención municipal e respectar faixas de biomasa de forma compatible coa xestión ambiental dos diferentes hábitats.

1.5.14.7. Densidade de ungulados.

A densidade de ungulados en determinadas zonas do parque podería provocar unha deterioración notable nos brotes dun bo número de especies vexetais, entre as cales se inclúen os brotes de especies arbóreas autóctonas e especies endémicas.

1.5.14.8. Cambio climático.

O cambio climático é posiblemente a maior ameaza para os espazos protexidos. Unha pequena variación no conxunto de condicións climáticas pode xerar un grande impacto nas condicións de vida e conservación de especies e hábitats. Identificar posibles riscos e elaborar medidas preventivas será esencial en todo plan.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia é o órgano competente sobre as cuestións relativas ao cambio climático na Comunidade Autónoma de Galicia.

En España, as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) experimentaron un crecemento desde o ano 1990 ata o ano 2007. A partir dese ano, as emisións comezan a diminuír ata chegar no ano 2015 a situarse en 335.662 (kt eq Co2). No caso de Galicia, a evolución das emisións GEI seguiu tamén unha tendencia crecente durante a década dos 90 e primeiros anos da década do 2000, diminuíndo en 2015 a 28.810 (kt eq Co2).

1.5.14.9. Riscos bióticos e abióticos.

Segundo o último Plan de xestión forestal elaborado no parque, a incidencia de enfermidades e pragas forestais é insignificante, de forma que non se realizou ningún tratamento curativo ou preventivo. Detectáronse focos puntuais de perforadores así como defoliadores (Thaumetopoea pytiocampa) en piñeiros de máis idade. Outros danos para considerar no monte son os causados polos derrubamentos, debidos fundamentalmente a vento e neve, aínda que estes non son frecuentes.

1.6. Hábitats de interese para a conservación.

O Parque Natural do Invernadeiro alberga un total de 16 tipos de hábitats tipificados como de interese comunitario no anexo I da Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, dos cales 3 son considerados como prioritarios: zonas subestépicas de gramíneas e anuais de Thero-Brachypodietea (Nat-2000 6220*), formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas e de zonas submontañosas da Europa continental (Nat-2000 6230*) e Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (Nat-2000 91E0*). Dos tipos de hábitat de interese comunitario, os grupos máis representados en canto á diversidade son os relacionados coas formacións herbosas naturais e seminaturais, e inventarianse un total de 6 tipos diferentes (2 deles prioritarios). Destacan tamén os hábitats relacionados coas matogueiras, queirogais e medios rochosos debido a que caracterizan a maior parte da paisaxe do espazo natural.

Tipos de hábitats de interese comunitario

Nat-2000

 

Habitat do anexo I da DC 92/43/CEE

 

3260

 

 

Ríos de pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachión

 

 

 

 

4030

 

 

Queirogais secos europeos

4090

 

 

Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos

 

 

 

 

6160

 

 

Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta

6220

*

 

Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6230

*

 

Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

6410

 

 

Prados con sedios sobre substratos calcarios, turboso ou arxilo-limónicos (Mollinion caerulae)

6430

 

 

Megaforbios eutrofos higrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6520

 

 

Prados de sega de montaña

8130

 

 

Desprendementos mediterráneos, occidentais e termófilos

8220

 

 

Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230

 

 

Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310

 

 

Covas non explotadas polo turismo

91E0

*

 

Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230

 

 

Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica

9380

 

 

Bosques de Ilex aquifolium

 

O símbolo "*" indica os tipos de hábitats prioritarios

Táboa 4. Tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE presentes no Parque Natural do Invernadeiro.

1.7. Especies de interese para a conservación.

Como especies de interese para a conservación considéranse aquelas incluídas nos anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE, as aves do anexo I da DC 2009/147/CE xunto ás recollidas no Real decreto 139/2011 (desenvolvemento da Listaxe de especies silvestres en réxime protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas) e no Catálogo galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007).

O Parque Natural do Invernadeiro alberga 15 taxons incluídos no anexo II e 28 incluídos no anexo IV da DC 92/43/CEE. No grupo das aves 24 taxons están incluídos no anexo I da DC 2009/147/CE. Por outra banda, no parque atópase unha especie considerada en perigo de extinción no Catálogo nacional e 4 consideradas en perigo no Catálogo galego.

Táboa 5. Número de especies silvestres do Parque Natural do Invernadeiro segundo o seu status de protección
de acordo á normativa comunitaria, estatal e galega.

Entre os taxons de flora presentes no espazo natural considerados de interese para a conservación destacan Festuca summilusitanica, Narcissus asturiensis, Narcissus pseudonarcissus subp. nobilis e Veronica micrantha, todas incluídas no anexo II da DC 92/43/CEE. Dúas especies: Eryngium duriaei subsp. juresianum e Serratula legionensis están consideradas en perigo de extinción no Catálogo galego, mentres que outras 4 son vulnerables no territorio galego.

Táboa 6. Especies de flora de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

Dentro do grupo dos mamíferos destacan como especies de interese o rato de almiscre (Galemys pyrenaicus) e tres especies de quirópteros, Myotis emarginatus, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros, ao seren consideradas como vulnerables no Catálogo galego. Todas elas, ademais, están incluídas no anexo II da DC 92/43/CEE xunto coa lontra (Lutra lutra).

Dous peixes de interese para a conservación, a boga do Douro (Chondrostoma duriense) e a vermelliña (Chondrostoma arcasii), están incluídos no anexo II da DC 92/43/CEE.

Das especies de invertebrados consideradas de interese para a conservación, dúas atópanse no anexo II da DC 92/43/CEE, Geomalacus maculosus e Lucanus cervus; ademais a primeira delas inclúese na categoría de vulnerable no CGEA.

Táboa 7. Especies de mamíferos, peixes e invertebrados de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

Entre a herpetofauna (anfibios e réptiles) presente no parque destacan 2 taxons que aparecen incluídos no anexo II da DC 92/43/CEE: o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e a lagarta da serra (Iberolacerta monticola). Esta última considerada como especie vulnerable no Catálogo galego xunto coa rela común (Hyla arborea), a ra vermella (Rana temporaria subsp. parvipalmata) e a ra patilonga (Rana iberica).

Táboa 8. Especies de anfibios e réptiles de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

Dentro da fauna, o grupo con maior contribución de especies de interese correspóndese co grupo das aves. Destaca a presenza da aguia real (Aquila chrysaetos), considerada en perigo de extinción no Catálogo galego, ademais doutras 8 especies catalogadas como vulnerables: o bufo real (Bubo bubo), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), o papoazul (Luscinia svecica), o voitre branco (Neophron percnopterus), a charrela (Perdix perdix subsp. hispaniensis), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus) e a arcea (Scolapax rusticola).

Táboa 9. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

Táboa 10. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

Táboa 11. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

Táboa 12. Especies de aves de interese para a conservación do Parque Natural do Invernadeiro.

1.8. Especies invasoras.

Non se detectou no Parque Natural do Invernadeiro a presenza de especies exóticas invasoras de flora. Dentro da fauna que habita no espazo unicamente está presente unha especie invasora, a perca americana ou black-bass (Micropterus salmoides). Débese reforzar o grao de vixilancia e control para esta especie, co fin de evitar novas liberacións intencionadas, así como movementos a outras áreas e débese vixiar que non se introduzan novas especies de fauna nin de flora, debido ao risco potencial de desprazamento que podería supoñer sobre os elementos das comunidades vexetais e animais autóctonos.

1.9. Paisaxe.

O Convenio europeo da paisaxe (CEP) aprobado o 19 de xullo de 2000 en Florencia, foi ratificado por España o 30 de novembro de 2007 e entrou en vigor o 1 de marzo de 2008. A Comunidade Autónoma de Galicia procedeu a regular en materia de paisaxe conforme o seu ámbito de competencia, establecido nos artigos 27.3 e 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia, referentes ás competencias exclusivas da Comunidade galega en materia de ordenación do territorio, urbanismo e vivenda e ás normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución española. O resultado foi a Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia.

Esta proporciona ao tratamento da paisaxe un punto de partida política e xuridicamente consistente, insta os estados europeos a desenvolver políticas paisaxísticas e permite superar a situación dominante en moitos ordenamentos en que a paisaxe segue sendo un elemento xuridicamente indeterminado. O CEP defende o patrimonio cultural e natural de Europa e a paisaxe como parte dese patrimonio. Considera a paisaxe na súa totalidade e non pola súa singularidade. No artigo 1 define paisaxe como: «calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos». Os obxectivos xerais da lei son:

– A protección da paisaxe entendida como todas as accións que teñan como fin a preservación e conservación dos elementos máis significativos e característicos dunha paisaxe, xustificados polo seu valor patrimonial como resultante da súa configuración natural ou intervención humana sobre o medio.

– A xestión da paisaxe, entendendo como tal aquelas accións que desde unha perspectiva de uso sustentable do territorio garantan o mantemento regular da paisaxe, co fin de guiar as transformacións inducidas polos procesos sociais, económicos e ambientais.

– A ordenación da paisaxe, que serán todas as accións que presenten un carácter prospectivo particularmente acentuado con vistas a mellorar, restaurar ou rexenerar paisaxes.

Por tanto, é de gran importancia a realización dun adecuado estudo paisaxístico.

1.9.1. Caracterización paisaxística.

Enténdese por caracterización da paisaxe a descrición, clasificación e delimitación cartográfica das unidades de paisaxe dun territorio determinado e dos recursos paisaxísticos que as singularizan.

As unidades de paisaxe pódense definir como unha parte do territorio caracterizada por unha combinación específica de compoñentes paisaxísticos (de natureza ambiental, cultural e estética) e das dinámicas claramente recoñecibles que lle confiren unha idiosincrasia diferenciada do resto do territorio. As unidades de paisaxe defínense, por tanto, a partir da consideración dos elementos e factores naturais e/ou humanos, que lle proporcionarán unha imaxe e que o fan identificable ou único.

As unidades de paisaxe (UP) responden á integración das características físico-naturais do medio cos tipos de ocupación que soporta. É preciso destacar a notable coincidencia ou identificación, lóxica por outra banda, dos distintos usos do solo coas zonas con caracteres físicos homoxéneos.

A caracterización das unidades de paisaxe ten por obxecto:

– A definición, descrición e delimitación das características paisaxísticas no ámbito de estudo.

– A análise das súas características, dinámicas e presións que as modifican.

– Identificar os recursos paisaxísticos que singularizan positivamente o seu valor e os conflitos paisaxísticos que as degradan negativamente.

Así, a delimitación das unidades de paisaxe basearase tanto nos elementos que estruturan o territorio (montañas, río, rede de camiños, etc.) como na súa organización (solo agrícola, forestal ou urbano), considerando ao mesmo tempo as dinámicas que contribuíron e contribúen a dar forma á imaxe actual.

O carácter da unidade dependerá, por tanto, das formas do relevo (montañas, vales), dos usos do solo (cultivos, zonas urbanizadas), da organización do espazo, da dimensión histórica (estruturas paisaxísticas), da percepción (textura, cores, formas), das transformacións inmediatas ou das relacións que se establecen entre a poboación e a súa paisaxe.

1.9.2. Unidades de paisaxe para o ámbito do parque natural.

As unidades de paisaxe que se delimitan son as establecidas no Catálogo de paisaxes de Galicia e corresponden á delimitación de zonas do territorio homoxéneas en canto ao tipo de paisaxe. Os tipos de paisaxe son o resultado de combinar tres factores: xeomorfoloxía, bioclima e patrón espacial de uso do solo. Dos tres factores considerados na delimitación das unidades de paisaxe, o uso do solo é o que presenta unha maior variabilidade, tanto espacial como en número de clases. É, como consecuencia, o que dá lugar a un maior número de unidades de paisaxe. Por outra banda, é o único destes tres factores que presenta unha variabilidade temporal elevada. Por todos estes motivos, estas unidades de paisaxe están estreitamente vinculadas ao uso e cobertura do solo e a súa actualización debe ter en conta a evolución do uso do solo.

Segundo este Catálogo de paisaxes de Galicia, a zona ámbito de estudo atópase dentro da clasificación de Grandes áreas paisaxísticas como «Serras Surorientais».

O ámbito de estudo presenta un dominio total dos tipos de paisaxe vinculados ás unidades morfolóxicas de serra, asociadas habitualmente á matogueira e rochedo e agrosistema intensivo, e sempre acompañadas por termotipos intermedios ou fríos (mesotemperado superior e supra e orotemperado).

1.10. Corredores ecolóxicos.

O artigo 3 da Lei 42/2007 de patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015) define un corredor ecolóxico como o «territorio de extensión e configuración variables que, debido á súa disposición e ao seu estado de conservación, conecta funcionalmente espazos naturais de singular relevancia para a flora ou a fauna silvestres separados entre si, permitindo, entre outros procesos ecolóxicos, o intercambio xenético entre poboacións de especies silvestres ou a migración de espécimes desas especies».

Un territorio onde os espazos de valor natural estean conectados e se permita o movemento de fauna e flora, o intercambio de xenes e, nun sentido máis amplo, o funcionamento de procesos ecolóxicos é clave para conservar a biodiversidade e os recursos naturais e para afrontar con maiores garantías os efectos indesexables do cambio climático.

Na actualidade, no interior do Parque Natural do Invernadeiro existen algunhas barreiras aos fluxos bióticos e abióticos como unha profusión de devasa e pistas forestais, que nalgúns casos se deseñaron sen adoptar adecuados criterios de funcionalidade, e o encoro das Portas, polo que se debe prestar especial atención a eles para que non supoñan unha barreira ao movemento de especies como anfibios, réptiles nin para que interrompan o fluxo de auga ou nutrientes. Con todo, o illamento con relación ás vías de comunicación e núcleos de poboación e a inexistencia de núcleos de poboación habitados no seu interior contribúen de maneira moi positiva ao mantemento da conectividade e ao funcionamento de procesos ecolóxicos.

O parque é percorrido por dous cursos de auga permanente, o río Ribeira Grande e o río Ribeira Pequena, ambos afluentes do río Camba e que desembocan no encoro das Portas; conta ademais cun gran número de pequenos cursos de auga aos cales se incorporan numerosos regatos. Estes actúan como corredores ecolóxicos, xa que son traxectos lineais que permiten o fluxo das especies e a conexión de hábitats distanciados. Con todo, a construción do encoro dificulta a rexeneración natural da vexetación e o asentamento regular de fauna debido ás bruscas oscilacións do nivel das augas. O mantemento da calidade da auga e das franxas de vexetación nos bordos de ríos e arroios facilita a súa funcionalidade como corredor ecolóxico e permite fomentar a interconexión entre diferentes ecosistemas.

1.11. Usos e aproveitamentos: actuais e previstos.

O Parque Natural do Invernadeiro atópase englobado no Macizo Central, ocupando o seu sector meridional. A pesar de representar unha subunidade dentro dun espazo natural de maior entidade, mostra unha característica singular que o diferencia do resto do Macizo e que radica no feito de que leva desde hai máis de medio século sen ser obxecto de usos agrícolas nin silvopastorais relevantes.

A característica principal desta serra foi a explotación económica dos seus numerosos recursos por parte do home. Hai referencias da explotación aurífera por parte dos romanos, da explotación cinexética ata o século XX, da explotación gandeira, de pastos, de madeira, de plantas aromáticas e medicinais, forestal, e sobre todo a interesante explotación da raíz do breixo para elaborar carbón ata mediados do século XX (Amado Rolán, 2007).

O intenso uso antrópico a que se viu sometido o Macizo Central, especialmente gandeiro, configurou unha paisaxe característica modelada pola relación entre o lume e o pastoreo. Estes efectos, que deberon de incidir secularmente nos Montes do Invernadeiro, reflíctense na importante deforestación que presentan e no dominio de etapas de regresión. A ausencia de poboación no ámbito de parque natural, así como de usos humanos tradicionais, unido ao seu mantemento como propiedade privada e sen sufrir divisións territoriais desde a Idade Media, marcan de forma positiva a evolución do medio natural cara ao estado climácico natural.

A maior parte do territorio do Parque Natural do Invernadeiro, máis do 80 %, non ten un uso asignado, simplemente está dedicada á conservación do medio natural. O 16 % da superficie está ocupada por piñeirais de repoboación de Pinus sylvestris, aínda que non foron sometidos a aproveitamento forestal. Existen pequenas extensións de cultivo que cumpran diversas funcións na xestión do espazo natural, así como un pequeno viveiro forestal, pero deben ser consideradas como actividades restrinxidas e non como usos estritamente falando.

Como un uso especial que se lle deu ao parque hai que mencionar os catro cercados de fauna que existen na actualidade e que albergan diversas especies (gamo, cervo, cabra montesa e rebezo).

Como instalacións fixas, hai que sinalar a existencia dunha pequena estación de desova de troita en Ribeira Grande, en desuso na actualidade, dunha aula da natureza, así como das antigas casas dos gardas empregadas como casa forestal, casa dos gardas, centro de recepción de visitantes, cortes e diversos almacéns.

O uso público do parque natural está destinado á visita daquelas persoas que de forma temporal queren visitar o espazo, de carácter diario e suxeito a un horario de entrada e saída do parque, así como a unha autorización previa da Consellería de Medio Ambiente. Tamén teñen lugar visitas de carácter didáctico por parte de escolares, que poden permanecer na Aula da Natureza ata un máximo de 4 días.

1.11.1. Usos e aproveitamentos actuais.

O devir histórico conduciu na actualidade a distintas configuracións dos usos do territorio rexistrado no territorio que ocupa o Parque Natural do Invernadeiro.

O número de unidades ambientais delimitadas neste espazo ascende a un total de 8, e constitúe un dos parques máis homoxéneos da Comunidade galega; (plano 8: Unidades ambientais, anexo II).

missing image file

Táboa 13. Unidades ambientais presentes no Parque Natural do Invernadeiro.

As máis importantes en canto a superficie son as unidades ambientais relacionadas con matogueiras e medios rochosos (UA400), máis do 70 % do parque, entre as que destaca de maneira considerable a unidade ocupada por grandes superficies de queirogais (a cal alcanza un valor superficial de 2.924,86 ha, máis da metade do territorio), seguida da ocupada por matogueiras e medios rochosos silíceos (que cobre case o 20 % da superficie). Pola contra, tres das oito unidades (zonas húmidas continentais (UA200), paisaxe rural tradicional (UA500) e zonas húmidas artificiais (UA700)), non chegan entre todas ao 1,5 % da superficie do espazo protexido.

O resto do territorio repártese entre bosques naturais e seminaturais (UA400) e paisaxe rural transformada (UA600), cuxa extensión representa o 12 % e o 16 %, respectivamente.

1.11.2. Previsións de usos e aproveitamentos.

A previsión de usos e aproveitamentos, para o período de vixencia do plan, prevé o mantemento e recuperación dos procesos ecolóxicos, a preservación da biodiversidade dos ecosistemas e da singularidade da paisaxe e a restauración dos recursos naturais degradados.

Nas áreas onde o grao de naturalidade sexa suficiente, a conservación da natureza deberase enfocar baixo un criterio de non intervención e de restauración pasiva, co fin de permitir o desenvolvemento natural dos procesos ecolóxicos. Nas áreas de baixa naturalidade ou onde a degradación existente así o aconselle, aplicarase un criterio de restauración ecolóxica activa. Aplicaranse métodos de repoboación de pouco impacto, mantendo a composición arbórea potencial propia do lugar e utilizando os recursos xenéticos locais.

As masas de coníferas presentes no parque manexaranse de forma que se facilite a rexeneración da vexetación arbórea autóctona, principalmente naquelas zonas con solos profundos e onde invadan o medio ribeirego. Naquelas zonas onde o risco de erosión do solo o aconselle manteranse as formacións de Pinus sylvestris como masa protectora. Ademais, promoverase a rexeneración de masas arborizadas sobre as superficies actualmente poboadas por queirogais sempre e cando non se trate de hábitats de interese prioritario ou que alberguen especies para a protección.

Por outra banda, é previsible a planificación da eliminación progresiva dos cercados con presenza de rebezo (Rupicapra rupicapra), cervo (Cervus elaphus) e cabra montesa (Capra pyrenaica), dado os elevados custos de mantemento dos ditos cercados e os efectos negativos que algunhas das especies, como a cabra, exercen sobre especies de flora de interese e hábitats prioritarios. Ademais, actualmente alcanzouse un nivel de abundancia aceptable de cervo e cabra montesa no parque natural e mesmo no Macizo Central. En calquera caso, eliminarase a presenza nos cercados de especies non autóctonas, como é o caso do gamo (Dama dama).

De igual modo é tamén previsible a eliminación da estación de desova de Ribeira Grande debido ao seu actual desuso, mal estado e o seu custo de mantemento e a posterior restauración da zona coa inclusión de paneis informativos.

Polo que respecta ao uso público, regularanse aquelas actividades que poidan supoñer unha deterioración para o medio ou un perigo para os visitantes do espazo e, ademais, tratarase de facilitar o acceso ao espazo natural, de maneira que a solicitude se poida realizar de maneira telemática.

2. Obxectivos operativos e de xestión.

O presente plan ten como obxectivo global o mantemento ou, de ser o caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as exixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais. Para conseguilo, o plan fíxase os seguintes obxectivos derivados das normativas que rexen a xestión dos espazos naturais e a biodiversidade, no ámbito comunitario (DC 92/43/CEE e DC 2009/147/CEE), nacional (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015)) e autonómico (Lei 9/2001, Decreto166/1999 e Decreto 155/1997).

a) A conservación da biodiversidade a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo a preservación das paisaxes, os medios ecolóxicos e os hábitats, así como a conexión das poboacións de fauna e flora silvestres e preservando a diversidade xenética.

b) Contribuír e garantir a biodiversidade mediante o establecemento de medidas de xestión para o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos tipos de hábitats naturais destacados no anexo I da DC 92/43/CEE e das poboacións e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, xunto coas especies de aves e, de forma concreta, as destacadas no anexo I da DC 2009/147/CEE, e as especies de aves migratorias. Así como, os núcleos de poboación e os hábitats das especies incluídas no Catálogo nacional de especies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas.

c) Establecer un marco de protección das augas superficiais continentais e as augas subterráneas, así como dos ecosistemas acuáticos, que favoreza a súa conservación e o seu uso sustentable.

d) A regulación de actividades, proxectos e plans susceptibles de afectar a integridade dos espazos ou dos seus compoñentes (hábitats e especies), en coherencia co artigo 6 da DC 92/43/CEE e acorde coa lexislación vixente.

e) Propiciar o desenvolvemento sustentable, favorecendo os usos e aproveitamentos respectuosos co medio. Este uso debe ser compatible co mantemento dos ecosistemas e non reducir a viabilidade dos outros recursos nin minguar as posibilidades de gozo destes ás xeracións próximas.

f) Integrar os obxectivos concretos de conservación coas exixencias económicas, sociais e culturais, así como coas particularidades do parque natural e da súa área de influencia socioeconómica.

g) Consolidar a protección do parque mediante unha xestión adecuada de acordo co réxime xurídico establecido.

3. Zonificación.

A zonificación do Parque Natural do Invernadeiro queda fixada no Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN), aprobado polo Decreto 166/1999, do 27 de maio, da Xunta de Galicia. Procédese durante a elaboración do presente PRUX á modificación da denominación das unidades de zonificación, para buscar unha unidade en toda a Rede de Parques Naturais de Galicia, de maneira que se facilite a interpretación da zonificación dunha maneira rápida e intuitiva.

Zonificación PORN

Zonificación PRUX

Zona de reserva integral

Zona de reserva

Zona de protección especial

Zona de uso limitado

Zona de uso público restrinxido

Zona de uso compatible

Táboa 14. Equivalencia entre as unidades de zonificación segundo o
Decreto 166/1999 (DOG nº 106, do 4 de xuño) e as empregadas no PRUX.

Parque Natural do Invernadeiro

ZONA I - Zona de reserva

Son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergar os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

ZONA II - Zona de uso limitado

Está constituída por aquelas áreas que requiren dunha maior protección por presentar unha ou varias das seguintes características:

1- Albergan valores naturais de excepcional rareza.

2- Albergan valores naturais de especial interese pola súa escaseza e/ou diversidade.

3- Albergan valores naturais de especial fraxilidade.

Estas áreas inclúen na súa meirande parte hábitats prioritarios ou de interese comunitario (anexo I do DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), pero tamén áreas prioritarias para a conservación de especies de interese comunitario (anexo II da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Está constituída polas áreas que presentan un elevado grao de naturalidade e que poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental. Garántese a conservación íntegra dos seus recursos e os valores ao mesmo tempo que se permiten determinados aproveitamentos con criterios para masas protectoras tendentes á restauración do bosque autóctono, do bosque mixto e, en último caso, á persistencia das masas arbóreas existentes

ZONA III - Zona de uso compatible

Está formada por áreas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou hábitats de especies de interese para a conservación (especies dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, especies de aves migratorias e aves do anexo I da DC 2009/147/CE, especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas) que:

1- Forman parte dunha matriz que inclúe elementos da paisaxe agraria tradicional e cultivos forestais.

2- Sitúanse en espazos moi demandados polo uso público.

Esta categoría inclúe os terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportan un maior grao de humanización, ou ben presentan boa capacidade para soportar un uso público máis intenso. Nestas zonas permítese a práctica de aproveitamentos con criterios para masas protectoras tendentes á restauración do bosque autóctono, do bosque mixto e, en último caso, á persistencia das masas arbóreas existentes.

Táboa 15. Zonificación do Parque Natural do Invernadeiro.

Parque Natural do Invernadeiro

Zonas

ZONA I

ZONA II

ZONA III

Zona de reserva

Zona de uso limitado

Zona de uso compatible

Superf. (ha)

1.275,20

1.480,89

2.942,63

Porcentaxe

22,38

25,98

51,64

Táboa 16. Zonificación e superficie ocupada por cada zona do Parque Natural do Invernadeiro.

A zonificación establecida no Plan director da Rede Natura 2000 (Decreto 37/2014) adopta un sistema xerarquizado de zonas, como ferramenta básica para a planificación e xestión dos compoñentes da biodiversidade co fin de asegurar os obxectivos de conservación e uso sustentable dos recursos naturais en cada espazo protexido e no conxunto da Rede Natura 2000.

A zonificación establecida no correspondente instrumento de planificación para o ámbito territorial do Parque Natural do Invernadeiro (plano 9: Zonificación, anexo II) garda unha correspondencia directa coas unidades de zonificación establecidas no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Esta correspondencia atense ao disposto no artigo 51.2 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), na que se establece que para os efectos de homologación e do cumprimento dos compromisos internacionais as categorías establecidas nos espazos do territorio nacional deberán asignarse con base nas establecidas internacionalmente.

Parque Natural do Invernadeiro

Parque Natural do Invernadeiro

Rede Natura 2000 de Galicia

Zona I

Zona de reserva

Zona 1

Área de protección

Zona II

Zona de uso limitado

Zona 1

Área de protección

Zona III

Zona de uso compatible

Zona 2

Área de conservación

Táboa 17. Equivalencia entre as unidades de zonificación do Parque Natural do Invernadeiro segundo o PRUX e as empregadas no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014).

Esta zonificación considérase complementaria naqueles espazos naturais protexidos que posúan instrumentos específicos de planificación e xestión de acordo coa Lei 9/2001 e coa Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), os cales conten xa cunha zonificación establecida.

4. Medidas de xestión.

O Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril)), confírelle á Comunidade Autónoma de Galicia, entre outras, as competencias en materia de conservación do ambiente e da paisaxe, acordes co artigo 149.1.23 da Constitución española (BOE nº 311, do 29.12.1978).

Os decretos 146/2016, do 13 de novembro (DOG nº 217, do 14 de novembro) e 177/2016, do 15 de decembro (DOG nº 239, do 16 de decembro), estableceron a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e fixaron a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia. Con posterioridade, o Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 185, do 27 de setembro), cambia a denominación da consellería competente en materia de ambiente pola de «Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda», e o Decreto 106/2018, do 4 de outubro (DOG nº 191, do 5 de outubro), modifica parcialmente o Decreto 177/2016.

O Decreto 42/2019, do 29 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG nº 79, do 25 de abril), dispón no seu artigo primeiro que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma a que corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, e conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española, e que se exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

4.1. Medidas e normativa xeral.

4.1.1. Introdución.

De acordo cos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000, e unha vez identificados os principais compoñentes e valores do espazo natural, así como as principais afeccións e ameazas, defínense os obxectivos e directrices que se adoptarán na ordenación dos usos e das actividades para desenvolver no espazo natural obxecto do presente plan. A orientación principal da ordenación será o mantemento nun estado de conservación favorable da biodiversidade de cada espazo e, en especial, dos tipos de hábitats e das especies de maior significación existentes neste.

Para a súa consecución, o presente plan apóiase nos seguintes instrumentos:

– Unha zonificación de territorio comprendido polo espazo natural, de carácter homoxéneo para o conxunto da rede de espazos, a partir do cal se definen as diferentes categorías de protección que condicionan os usos, aproveitamentos e actuacións de cada unha delas.

– Unha regulación de usos e actividades, co fin de garantir os obxectivos de conservación da Rede Natura 2000, propostos pola DC 92/43/CEE e a DC 2009/147/CE, así como na normativa de ámbito estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015)) e autonómica (Lei 9/2001), regulación que se establece de forma xenérica para todo o ámbito do espazo natural ou ben de forma específica para as diferentes unidades territoriais fixadas na zonificación do espazo (zonas).

O presente plan articula as directrices e normativas de xestión en tres niveis.

– O primeiro nivel corresponde coas «Medidas xerais de xestión», que marca o desenvolvemento das actuacións no parque natural, así como das políticas sectoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores, que derivan das normativas de ámbito europeo (DC 2009/147/CE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015)) e autonómica (Lei 9/2001, Decreto 77/2002).

– Nun segundo nivel desenvólvese a «Normativa por compoñentes e actividades» que conforman o parque natural e defínense, en consecuencia, obxectivos, directivas e normas de aplicación das principais actividades e proxectos. A normativa por compoñentes inclúe obxectivos, directrices e normas elaboradas a partir da lexislación sectorial vixente.

– O terceiro nivel vén marcado pola «Normativa zonal», de modo que para cada unha das unidades de zonificación recollidas no plan, e delimitadas no parque natural en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, se propón un réxime de ordenación e xestión específico, que responde en consecuencia ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais.

Cabe destacar que a todo este proceso foi incorporada a normativa recollida nas disposicións de aprobación do Parque Natural do Invernadeiro (Decreto 155/1997, do 5 de xuño, DOG nº 123, do 27 de xuño), así como os instrumentos de planificación correspondentes: Decreto 166/1999, do 27 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Invernadeiro.

A formulación das normativas de ordenación e xestión, en relación con plans, proxectos e actividades que, sen ter relación directa coas necesidades de xestión, puidesen provocar unha afección significativa sobre a integridade do espazo ou dos seus compoñentes, realízase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE (Directiva Hábitats), así como pola propia normativa de impacto ambiental. Isto permite incrementar a seguridade xurídica de certas actividades e, en concreto, daquelas de carácter tradicional, vinculadas ao sector primario (agricultura, gandaría, montes, etc.), promovéndose aquelas de carácter sustentable.

4.1.2. Medidas xerais de xestión.

O primeiro nivel das medidas de xestión do Parque Natural do Invernadeiro correspóndese cunha normativa xeral de ordenación, que marca o desenvolvemento das actuacións no espazo protexido, así como das políticas territoriais que inciden sobre este e sobre os seus valores. Esta epígrafe integra as medidas e normativa xeral, definindo a continuación o alcance e ámbito de aplicación do Plan reitor de uso e xestión (PRUX), a exclusión e promoción de diferentes actividades socioeconómicas, así como da difusión do propio parque e dos seus valores.

4.1.2.1. Medidas e normativa xeral.

A normativa xeral de ordenación e xestión regula o desenvolvemento das actuacións no espazo, así como das políticas territoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores. As normas xerais elabóranse a partir dos obxectivos e criterios orientadores derivados da normativa comunitaria (DC 2009/147/CE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015)) e autonómica (Lei 9/2001), así como dos derivados dos instrumentos de planificación existentes para o ámbito territorial do parque natural (Decreto 166/1999), e xunto con criterios propios relativos á exclusión ou, de ser o caso, a regulación de determinadas actividades.

4.1.2.1.1. Principal normativa sobre a cal se estrutura o PRUX.

4.1.2.1.1.1. Normativa da Unión Europea.

– Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e flora silvestre (DOUE nº 206/7, do 22.7.1992).

– Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente (DOUE nº 197, do 21.7.2001).

– Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres (DOUE nº 20/7, do 26.1.2010).

– Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente (DOUE nº 26, do 28.1.2012).

– Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, pola que se modifica a Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente (DOUE nº 124, do 25.4.2014).

4.1.2.1.1.2. Normativa estatal.

a) Ordenación do territorio.

– Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana.

– Lei 45/2007 de desenvolvemento sustentable do medio rural.

b) Avaliación ambiental.

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

– Lei 6/2010, do 24 de marzo, de modificación do texto refundido da Lei de avaliación ambiental de proxectos, aprobada polo Real decreto 1/2008, do 11 de xaneiro.

c) Paisaxe.

– Ratificación do Convenio europeo da paisaxe por parte do Estado español, do 26 de novembro de 2007. Entrada en vigor o 1 de marzo de 2008.

d) Conservación da natureza.

– Lei 33/2015, do 21 de setembro, pola que se modifica a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 7/2018, do 20 de xullo, de modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes (BOE do 22 de novembro).

– Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais da flora e fauna silvestre (traspón a Directiva 79/409/CEE, 92/43/CEE e 97/62/CE sobre Rede Natura 2000).

– Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas; e as súas modificacións: Orde AAA/75/2012, do 12 de xaneiro; Orde AAA/1771/2015, do 31 de agosto, e Orde AAA/1351/2016, do 29 de xullo.

e) Patrimonio cultural.

– Lei 16/1985, do 25 de xuño, de patrimonio histórico español.

– Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985.

– Decreto 798/1971, do 3 de abril, polo que se dispón que nas obras e nos monumentos e conxuntos histórico-artísticos se empreguen no posible materiais e técnicas tradicionais.

– Decreto 571/1963, do 14 de marzo, sobre protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, pelouriños de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico.

f) Urbanismo.

– Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.

– Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación (modificada pola Lei 8/2013).

– Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de plan (RPU/1978).

– Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU/1978) en todo o que non se opoña ao disposto pola L 8/2007, L 9/2002 e RDL 1/1992, na parte non derrogada.

g) Accesibilidade.

– Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

– Real decreto 505/2007 de condicións básicas de accesibilidade en espazos públicos urbanizados e edificacións.

h) Augas.

– Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

– Real decreto 1514/2009, do 2 de outubro, polo que se regula a protección das augas subterráneas contra a contaminación e a deterioración.

– Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e modificado polo Real decreto 606/2003, do 23 maio, e polo Real decreto 9/2008, do 11 xaneiro.

i) Mobilidade.

– Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas (BOE do 30 de setembro).

– Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31 de xullo), desenvolvida polo Regulamento aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE do 8 de setembro).

– Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento xeral e estradas (e as súas modificacións).

j) Ruído.

– Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

– Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.

k) Atmosfera e cambio climático.

– Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.

– Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

l) Residuos.

– Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

– Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envase.

– Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

– Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

– Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, que establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

– Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

– Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ao final da súa vida útil.

m) Outras.

– Orde PRE/1841/2005, do 10 de xuño, pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de xaneiro de 1993, do Ministerio de Relacións coas Cortes e a Secretaría do Goberno, sobre zonas prohibidas e restrinxidas ao voo.

– Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro).

– Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

– Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade (BOE nº 299, do 14.12.2007).

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11.12.2013).

– Lei 33/2015, do 21 de setembro, pola que se modifica a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade (BOE nº 227, do 22.12.2015).

– Real decreto lexislativo 1/2001 polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas (BOE nº 76, do 24.7.2001).

– Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 36, do 31.12.2016).

4.1.2.1.1.3. Normativa de Galicia.

a) Ordenación do territorio.

– Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (modifica aspectos referidos a diferentes leis e decretos, como a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia).

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

– Lei 4/2015, do 27 de xuño, de mellora de estrutura territorial agraria de Galicia.

– Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (coas modificacións introducidas pola Lei 9/2002, de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia, e a Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia). Vixente ata o 19 de marzo de 2016.

– Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio (DOT).

– Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidente supramunicipal.

– Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

b) Avaliación ambiental.

– Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Lei 2/1995, do 31 de marzo, pola que se dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

– Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

– Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro).

c) Paisaxe.

– Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

– Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia (DOG nº 160, do 25.8.2016).

d) Montes.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, texto consolidado.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, texto consolidado.

– Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

– Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

– Orde do 20 de abril de 2018 pola que se modifican os anexos II, III e VI do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, e se regulan os procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros.

– Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia.

e) Conservación da natureza.

– Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

– Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG do 4 de setembro).

– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (modificado no número 3 do artigo 60 do anexo II, ordinal 1º da letra c), pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (DOG nº 245, do 28 de decembro).

– Decreto 127/2008, do 25 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia (DOG do 25.6.2008), (corrección de erros do 30.6.2008).

– Decreto 72/2004, do 2 de abril, de declaración de espazos como zonas de especial protección dos valores naturais.

– Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos.

– Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

– Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, e se actualiza o devandito catálogo.

– Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (modifica o Decreto 37/2014, do 27 de marzo).

f) Patrimonio cultural.

– Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

– Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

– Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica de Galicia (DOG do 6.8.1997).

– Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

– Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

g) Urbanismo.

– Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Publicas e Vivenda do 20 de febreiro de 2006 sobre o Plan de inspección urbanística autonómica.

h) Accesibilidade.

– Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

– Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

i) Augas.

– Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

– Lei 5/2006, do 30 de xuño, de protección, conservación e mellora dos ríos galegos.

– Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación de augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas.

– Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos zonas húmidas protexidas e se se crea o Inventario de zonas húmidas de Galicia.

j) Mobilidade.

– Lei 8/2013 de estradas de Galicia.

– Decreto 308/2003, do 26 de xuño, de relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 21.7.2003).

k) Ruído.

– Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

l) Atmosfera e cambio climático.

– Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia (DOG do 31.12.2002, BOE do 21.1.2003).

m) Residuos.

– Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia (BOE do 6.12.2008).

– Decreto 174/2005, do 9 de xuño, que regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia.

– Orde do 20 de xullo de 2009, de construción e xestión dos vertedoiros en Galicia.

– Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020, aprobado polo Consello da Xunta o 13 de xaneiro de 2011.

n) Minaría.

– Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

– Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

o) Outros.

– Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia e se aproba o Manual de sinalización turística de Galicia.

– Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia con data 27 de maio de 2004.

– Plan sectorial eólico de Galicia e as súas modificacións.

– Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

– Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

p) Plan vixente de carácter territorial.

– Plan xeral de ordenación municipal e ordenanzas municipais.

4.1.2.1.1.4. Normativa do parque natural.

– Decreto 155/1997, do 5 de xuño, de declaración do Parque Natural do Invernadeiro (DOG nº 123, do 27 de xuño).

– Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Invernadeiro (DOG nº 106, do 4 de xuño).

– Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril).

4.1.2.1.2. Medidas e normativa xeral.

4.1.2.1.2.1. Directrices xerais.

i. Os obxectivos de conservación primarán sobre calquera outra actividade que se planifique ou se desenvolva no Parque Natural do Invernadeiro. En toda actuación primará o principio de cautela, de mínima intervención e menor agresividade para os compoñentes da biodiversidade do parque natural.

ii. Fomentarase a utilización dos compoñentes naturais do espazo dun modo e a un ritmo que non ocasione a diminución a longo prazo da biodiversidade, de modo que se aseguren as posibilidades de satisfacer as necesidades e as aspiracións das xeracións actuais e futuras.

iii. Velarase polo mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos ecosistemas.

iv. Velarase pola preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe, evitando ou, de ser o caso, minimizando a degradación destes por elementos ou construcións que supoñan un elevado impacto visual, derivado da súa localización, materiais empregados ou das relacións de texturas e cores utilizados.

v. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e restauración dos hábitats naturais e seminaturais, facendo especial fincapé naqueles considerados como prioritarios ou de interese comunitario, e aqueles con reducida representatividade, ou elevada fraxilidade, no ámbito do parque natural.

vi. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e recuperación das especies silvestres de flora e fauna, facendo especial fincapé naquelas consideradas como protexidas por normativas internacionais, comunitarias, nacionais ou galegas.

vii. Concederase prioridade ás especies de interese para a conservación, ás especies endémicas ou que posúan unha área de distribución limitada, así como ás especies de fauna migratoria.

viii. Darase preferencia á conservación da diversidade xenética das poboacións silvestres de flora e fauna, así como ao mantemento ou, de ser o caso, á recuperación de razas, variedades e cultivares tradicionais que formen parte dos agrosistemas tradicionais.

ix. Evitarase a introdución e controlarase ou mitigarase a difusión e expansión de especies, subespecies ou razas xeográficas distintas ás autóctonas, na medida en que poidan competir con estas, alterar a súa pureza xenética ou provocar desequilibrios ecolóxicos sobre os hábitats naturais e seminaturais, así como sobre as poboacións das especies de flora e fauna.

x. As actividades e actuacións que se desenvolvan no parque natural buscarán o mantemento das reservas naturais de carbono existentes no parque natural, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, así como unha maior eficiencia no gasto dos recursos renovables e no control integral dos residuos e produtos contaminantes.

xi. Evitarase a realización de calquera tipo de actividade que poida supoñer un risco de contaminación das augas continentais, tanto superficiais como subterráneas.

xii. Manteranse as actividades e usos que sexan compatibles coa conservación da biodiversidade e o uso sustentable dos recursos naturais.

xiii. Mellorarase a calidade de vida dos habitantes da zona de influencia do parque natural mediante a adopción de medidas de dinamización e desenvolvemento económico, dirixidas especialmente ás actividades relacionadas co uso público, o turismo e o aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

xiv. Elaborarase un programa de seguimento da realidade económica, sociolóxica e natural do parque natural co fin de poder avaliar adecuadamente a repercusión de programas e proxectos sobre as características naturais do espazo.

xv. Farase promoción do coñecemento dos valores naturais e culturais do parque natural a través da coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.

4.1.2.1.2.2. Obxectivos específicos do parque natural.

i. Conservación da biodiversidade, das paisaxes, dos hábitats, das especies de fauna e flora (con especial atención aos hábitats prioritarios e ás especies de interese para a conservación) e da xea.

ii. Desenvolver as actuacións precisas para asegurar a conservación e divulgación dos bens e valores históricos, culturais ou arqueolóxicos relacionados co parque natural, e restauralos cando sexa posible.

iii. Restaurar os sistemas naturais vexetais degradados e aquelas áreas sometidas a procesos erosivos de orixe antrópica.

iv. Protexer e recuperar, sempre que sexa posible, o réxime de funcionamento natural de ríos, arroios, lagoas e acuíferos, establecer os caudais ecolóxicos que aseguren o mantemento da ictiofauna e os recursos naturais das augas superficiais, e evitar ou corrixir calquera actuación que poida ser causa de degradación da calidade da auga.

v. Compaxinar o aproveitamento forestal e os tratamentos silvícolas coa regulación e conservación dos valores naturais do parque natural.

vi. Garantir o cumprimento dos obxectivos de conservación establecidos nas distintas figuras de áreas protexidas que inciden no ámbito territorial do parque natural (Rede Natura 2000).

vii. Establecer un sistema de uso público que facilite o coñecemento e gozo do parque natural e promova unha visita de calidade e compatible coa conservación dos recursos naturais e culturais, adaptándoa á capacidade de acollida do parque.

viii. Impulsar e programar actividades de información, interpretación e educación ambiental e o recoñecemento do patrimonio natural e cultural, que logren o respecto imprescindible para conseguir os obxectivos de conservación.

ix. Asegurar a prestación de servizos públicos de puntos de información, centros de visitantes e rede de itinerarios, de acordo coa demanda existente e a súa evolución previsible.

x. Contribuír ao desenvolvemento sustentable social, económico e cultural na área de influencia do parque natural.

xi. Reforzar as relacións entre a administración do parque e o resto das administracións con competencias no territorio, potenciando a coordinación, colaboración e intercambio de información.

xii. Favorecer a elaboración de traballos científicos ou de investigación que permitan mellorar o coñecemento sobre os compoñentes naturais e culturais do parque natural.

xiii. Conservar e ordenar os usos das infraestruturas existentes no territorio do parque natural.

xiv. Manter e mellorar o funcionamento do parque natural.

4.1.2.1.2.3. Normativa xeral.

i. As autorizacións outorgadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural formularanse de acordo co artigo 6 da DC 92/43/CEE (trasposto ao ordenamento xurídico español na Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015) e en coherencia cos obxectivos e directrices recollidos no presente plan.

ii. Cando, de acordo coa lexislación sectorial vixente, as actividades descritas como de uso permitido ou autorizable no presente plan se deba someter a autorización de calquera organismo da Administración, enténdese que, aínda que estas entidades son as competentes para a expedición da autorización, esta deberá supeditarse ás condicións establecidas para cada tipo de actividade no ámbito do presente plan. Deberán comunicar ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural a solicitude e, se así o especificase a normativa do presente plan, solicitar o informe preceptivo do devandito organismo.

iii. Ademais das normas xerais contidas na declaración do parque natural, das establecidas no PORN e das que se especifican no presente documento, os visitantes e a poboación local deberán atender, durante a súa visita ao parque natural, todas aquelas recomendacións publicitadas por medio de carteis, folletos e outros recursos de información do parque.

iv. Calquera actividade, plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do parque ou sen ser necesario para esta, poida afectar de forma apreciable o citado espazo, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do parque, así como os criterios establecidos na Lei 21/2013 de avaliación ambiental e na Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

v. Se, a pesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o espazo e a falla de solucións alternativas, debese realizarse un plan ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural tomará cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global da Rede Natura 2000 quede protexida, e informará a Comisión das medidas compensatorias adoptadas. No caso de que o lugar considerado albergue un hábitat natural e/ou especies prioritarios, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio, ou ben outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde, en conformidade co establecido na Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade (modificada pola Lei 33/2015).

vi. A Dirección Xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de patrimonio natural é o órgano encargado da planificación, xestión e conservación do parque. De acordo co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda (DOG nº 79, do 25.4.2019), correspóndelle ao xefe do Servizo de Parques Naturais (artigo 11) o exercicio de funcións relativas á dirección e xestión executiva ordinaria do Parque Natural do Invernadeiro, o seguimento das actuacións da xunta consultiva do devandito espazo protexido e a elaboración de instrucións para a formulación das propostas dos orzamentos e dos programas de xestión do espazo natural, así como para a execución e desenvolvemento do plan reitor de uso e xestión.

vii. E segundo o Decreto 540/2005, do 13 de outubro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadeiro (DOG nº 208, do 28.10.2005), é función de dita xunta colaborar coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na xestión e administración do citado espazo natural, prestándolle a asistencia necesaria para o mellor cumprimento das súas funcións.

viii. Con carácter xeral e por resultar incompatibles cos fins do espazo protexido, son usos prohibidos en todo o parque natural, con excepción da zona de uso compatible, as novas obras, instalacións ou actividades coincidentes coas relacionadas na lexislación vixente en materia de avaliación de impacto ambiental (Directiva 2001/42/CE, Directiva 2011/92/UE, Directiva 2014/52/UE, Lei 21/2013 de avaliación ambiental), considerando do mesmo modo as ampliacións das preexistentes.

ix. Todas aquelas actuacións que produzan unha alteración física ou unha perda dos valores naturais, culturais, científicos ou educativos da área de aplicación do presente plan someteranse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental de acordo cos criterios e especificacións recollidos no presente plan.

4.1.2.1.2.4. Usos permitidos.

i. Con carácter xeral, considéranse usos ou actividades permitidos aqueles de carácter tradicional que sexan compatibles coa protección do parque natural e todos aqueles non incluídos nos grupos de actividades prohibidas ou suxeitas a autorización nin recollidos na normativa específica contida neste plan.

ii. É unha actividade permitida o obxecto do presente plan reitor de uso e xestión, polo que, segundo a disposición adicional sétima da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, non será necesario someter o plan, programa ou proxecto a avaliación ambiental.

4.1.2.1.2.5. Usos autorizables.

i. Todas aquelas actividades directamente relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública ou con outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde, ou ben que poidan ser obxectivamente consideradas como accións positivas de primordial importancia para o ambiente, sempre que cumpran co disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE.

ii. Considéranse usos autorizables aqueles usos que, baixo determinadas condicións e tras a obtención das correspondentes autorizacións dos organismos ou administracións competentes, así como a autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, poden ser executados ao seren considerados compatibles cos obxectivos de conservación do espazo e dos compoñentes clave da biodiversidade, ao non comportar unha deterioración significativa, a curto ou medio prazo, dos seus valores. Deberase obter autorización previa para executar as seguintes actividades:

• A instalación de sinalizacións alleas ao parque natural.

• A realización de actividades e probas de carácter deportivo a pé a través das vías de «libre tránsito», coa condición de que non cause afección algunha sobre os compoñentes da biodiversidade e sexa compatible coa conservación dos ecosistemas.

• A realización de actividades de investigación no medio natural.

iii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural avaliará o grao de significación da actividade e poderá autorizala tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión. De ser o caso, propoñerá medidas preventivas e compensatorias, co fin de asegurar que a mencionada actividade non alcance os límites establecidos no punto 6.3 da DC 92/43/CEE.

iv. Dentro da categoría de uso autorizable inclúense tamén os programas, plans e proxectos que, sen ter unha relación directa coa xestión do parque natural ou sen ser necesario para esta, poidan afectar de forma significativa o citado lugar, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos. Estas actividades, de acordo co artigo 6.3 da DC 92/43/CEE, someteranse a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os seus obxectivos. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no punto 6.4 da mencionada directiva, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural só se declarará de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública.

v. Se, a pesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falta de solucións alternativas, debese realizarse un plan ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica, as administracións públicas competentes en materia do patrimonio natural, de acordo co artigo 6.4 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global da Rede Natura 2000 quede protexida.

4.1.2.1.2.6. Usos prohibidos.

i. Considérase uso prohibido aquel contrario aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 e do parque natural e que, por conseguinte, supón unha afección significativa sobre a integridade do parque natural ou sobre o estado de conservación da compoñentes clave para a biodiversidade (hábitats e especies protexidas) e a xea.

ii. Toda actuación considerada como prohibida na normativa referente á biodiversidade (Lei 9/2001, de conservación da natureza), así como no referente á declaración do Parque Natural do Invernadeiro (Decreto 155/1997, de declaración do Parque Natural do Invernadeiro), os seus instrumentos de ordenación (Decreto166/1999, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Invernadeiro) e os referentes aos espazos naturais (Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia), ou dos compoñentes da biodiversidade recoñecidos dentro do ámbito do parque natural.

iii. Considérase uso prohibido en todo o parque natural a realización de queimas controladas sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iv. O voo de aeronaves (avionetas, globos aerostáticos, ás delta, parapente ou calquera outro artefacto voador), incluíndo as manobras de engalaxe e aterraxe, cando se realice a menos de 1.000 metros de altitude. Quedan excluídos da anterior especificación o voo comercial e as misións eventuais de auxilio, vixilancia, salvamento, extinción de incendios ou outras cuestións de interese xeral e necesarias para a xestión do parque.

4.1.2.2. Exclusión de actividades.

O Parque Natural do Invernadeiro posúe uns valores naturais que deben ser respectados, de maneira que se manteñan os valores que motivaron a designación deste territorio como parque natural, así como do resto de figuras de áreas protexidas con que conta o seu ámbito territorial: espazo protexido da Rede Natura 2000 e espazo natural protexido da Rede galega de espazos protexidos. Por tanto, para que se poida preservar o labor previo, sustentable e respectuoso, considérase que os terreos incluídos no parque natural quedan excluídos de albergar as seguintes actividades:

i. O territorio delimitado polo Parque Natural do Invernadeiro considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades e aproveitamentos mineiros. Non se permitirán novas actividades extractivas, salvo o aproveitamento de enerxía xeotérmica para o seu uso nas instalacións do parque natural. Estas explotacións producen un impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do parque natural, dos seus hábitats de interese comunitario e das especies de interese para a conservación e, por outra banda, contan con mínimas posibilidades de restauración a curto ou medio prazo.

ii. O territorio delimitado polo Parque Natural do Invernadeiro considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas instalacións industriais de enerxía eólica. Quedan excluídas desta consideración as instalacións para uso doméstico ou as necesarias para a xestión das instalacións do parque natural.

iii. O territorio delimitado polo Parque Natural do Invernadeiro considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar instalacións de enerxía hidroeléctrica, con excepción dos proxectos de modernización, modificación, reparación ou substitución dos aproveitamentos hidráulicos existentes.

iv. O territorio delimitado polo Parque Natural do Invernadeiro considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar aproveitamentos industriais de enerxía fotovoltaica, con excepción dos proxectos de modificación das xa existentes. Quedan excluídas desta consideración as instalacións para uso doméstico ou as necesarias para a xestión das instalacións do parque natural.

v. O territorio delimitado polo parque natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar actividades industriais, incompatibles cos obxectivos de conservación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014) e da Rede galega de espazos protexidos (Lei 9/2001 de conservación da natureza).

4.1.2.3. Fomento das actividades económicas.

Coa finalidade de conseguir os obxectivos expostos no punto anterior, na área de influencia socioeconómica do Parque Natural do Invernadeiro poderán promoverse certas actividades socioeconómicas na área de influencia socioeconómica, de acordo coa lexislación vixente.

No territorio delimitado pola área de influencia socioeconómica do Parque Natural do Invernadeiro considerarase como área preferente para o desenvolvemento daquelas actividades socioeconómicas de carácter tradicional, coherentes e respectuosas cos obxectivos de conservación:

a. Actividades de uso público.

b. Actividades vinculadas co uso racional e sustentable dos recursos naturais.

– Agricultura.

– Gandaría.

– Silvicultura.

– Pesca-acuicultura.

– Pequenas industrias, non contaminantes, de transformación dos produtos naturais.

– Pequenas actividades, non contaminantes, directamente relacionadas coas actividades dos núcleos rurais tradicionais.

c. Actividades de carácter turístico.

d. Mellora dos asentamentos rurais e tradicionais e mellora da calidade de vida dos habitantes.

4.1.2.4. Promoción e difusión do parque natural.

i. Fomentarase a promoción e difusión dos valores e actividades do parque natural no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como noutras áreas limítrofes. Así mesmo, procurarase a dita difusión e comunicación aos propios visitantes do parque natural.

ii. Promoverase o intercambio de experiencias e coñecementos, así como a colaboración con proxectos de conservación en relación con outros espazos que formen parte da Rede Natura 2000, así como doutras redes de áreas protexidas ou de seguimento dos compoñentes do medio ambiente e da biodiversidade.

iii. Colaborarase con programas e institucións implicados no seguimento a medio e longo prazo de ecosistemas e dos seus compoñentes, na conservación da biodiversidade ou a mitigación e adaptación fronte ao cambio climático.

4.2. Medidas e normativa por compoñentes e actividades.

As medidas e normativa nos espazos protexidos da Rede Natura 2000 articúlanse a partir dos obxectivos, directrices e normas xerais que na actualidade veñen establecidos nas seguintes disposicións legais:

– Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, de conservación das aves silvestres.

– Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

– Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

– Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

– Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

– Lei 40/2010, do 29 de decembro, de almacenamento xeolóxico de dióxido de carbono.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 23/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de solo de Galicia.

– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

– Así mesmo, tamén foron implementadas as disposicións normativas recollidas no instrumento de planificación existente para o ámbito territorial do parque natural (Decreto 166/1999).

No Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Natural do Invernadeiro as medidas de xestión de carácter sectorial estrutúranse en tres niveis: medio físico, compoñentes da biodiversidade e actividades, usos e aproveitamentos.

4.2.1. Medidas de xestión sectoriais: medio físico.

4.2.1.1. Atmosfera.

a) Obxectivos.

i. Procurar manter a calidade do aire, limitando no Parque Natural do Invernadeiro a emisión de substancias contaminantes en concentracións tales que modifiquen a calidade do aire por riba dos niveis autorizados.

ii. Vixiar o cumprimento da normativa de carácter comunitario, estatal e autonómica relativa ás emisións atmosféricas de po, cheiros e ruído, producidos polas distintas actividades que se desenvolven no ámbito do parque natural.

b) Directrices.

i. Promoveranse as medidas correctoras para minimizar ou, de ser o caso, eliminar as fontes de emisión de cheiros desagradables, contaminantes ou ruídos molestos.

ii. Promoveranse as medidas necesarias para minimizar os efectos da contaminación lumínica.

iii. Tomaranse as medidas necesarias para limitar a contaminación lumínica. Nas novas instalacións ou infraestruturas evitarase a emisión de luz directa cara ao ceo e evitaranse excesos nos niveis de iluminación.

c) Normativa xeral.

i. Son usos prohibidos no ámbito do espazo natural:

a. A emisión de niveis de ruído inxustificados, contrarios ás disposicións vixentes e aos obxectivos do presente plan, que perturben de modo significativo a tranquilidade das poboacións e das especies animais de interese para a conservación no ámbito do espazo natural.

ii. Os proxectos de novas instalacións ou infraestruturas deberán incorporar un estudo sobre as posibles afeccións da iluminación na fauna silvestre, especialmente na orde Chiroptera e outras especies nocturnas, e adaptarse ás propostas existentes para minimizar a contaminación lumínica.

4.2.1.2. Xea.

a) Obxectivos.

i. Conservar os recursos da xea e promover o seu aproveitamento sustentable.

ii. Establecer medidas preventivas para impedir a progresiva perda de solo.

iii. Os usos e aproveitamentos do solo velarán por manter ou aumentar a capacidade de secuestro de carbono, dada a súa importancia na mitigación dos efectos derivados do cambio climático global.

b) Directrices.

i. Velarase por manter as características químicas, biolóxicas, estruturais e de textura dos solos, das cales depende en boa medida a súa vexetación, e para evitar a aparición de fenómenos erosivos por causas antrópicas.

ii. Tenderanse a conservar aquelas superficies con pendente superior ao 50 % sobre as cales se desenvolvan hábitats naturais ou, de ser o caso, plantacións forestais.

iii. A utilización do solo con fins forestais deberá realizarse de forma sustentable, para asegurar o mantemento do seu potencial biolóxico e da súa capacidade produtiva.

iv. Non se permitirán actividades extractivas ao descuberto, xa que estas explotacións producen un impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do parque natural e, por outra banda, con mínimas posibilidades de restauración.

v. Velarase polo adecuado mantemento e protección das covas e palas existentes no parque natural.

vi. Realizarase un inventario e diagnóstico dos recursos xeolóxicos e xeomorfolóxicos, adoptando as medidas que resulten precisas para a súa protección e conservación.

vii. Nas autorizacións e nos procedementos de avaliación ambiental teranse en consideración as singularidades xeolóxicas e xeomorfolóxicas do territorio, tanto en función do seu valor intrínseco (xeodiversidade), como ao constituír unha parte esencial de diversos tipos de hábitats de interese comunitario e prioritario (biodiversidade), promovendo a súa conservación ou, de ser o caso, establecendo medidas compensatorias co fin de reducir o impacto sobre estes.

c) Normativa xeral.

i. Son usos autorizables por parte do organismo competente en materia de patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación dos hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

a. A recolección de pequenas cantidades de rochas, minerais ou fósiles para a súa colección, fins científicos ou educativos.

b. As actuacións que poidan supor a modificación do estado actual do solo ou o inicio de estados erosivos, tales como movementos de terra por medios mecánicos ou manuais, apertura de catas, prospeccións, sondaxes, etc.

ii. Son usos prohibidos no ámbito do espazo natural:

a. A vertedura, almacenamento, depósito, enterramento, transformación ou incineración de lixo, entullo ou calquera tipo de residuos, así como de substancias tóxicas e perigosas, excluíndo o tratamento dos materiais xerados no desenvolvemento das actividades de xestión e procesamento de residuos nas instalacións actualmente en funcionamento e que teñan a correspondente autorización, así como o depósito temporal previo á eliminación ou degradación dos restos dos aproveitamentos forestais, agrícolas ou gandeiros sobre o solo, nas condicións de seguridade que determine a normativa sectorial ou as respectivas autorizacións de aproveitamento.

b. A acumulación, depósito ou almacenamento de residuos radioactivos, tóxicos, perigosos ou calquera outro tipo de substancia altamente contaminante fóra das áreas que poidan ser autorizadas para ese efecto.

4.2.1.3. Augas continentais.

a) Obxectivos.

i. Establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais e as augas subterráneas que:

ii. Preveña toda deterioración adicional e protexa e mellore o estado dos ecosistemas acuáticos, e con respecto ás súas necesidades de auga, dos ecosistemas terrestres e zonas húmidas directamente dependentes dos ecosistemas acuáticos.

iii. Promova un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles.

iv. Teña por obxecto unha maior protección e mellora do medio acuático.

v. Garanta a redución progresiva da contaminación da auga subterránea e evite novas contaminacións e contribúa a paliar os efectos das inundacións e secas.

vi. Contribúa a evitar de forma considerable a contaminación das augas subterráneas.

b) Directrices.

i. Preservarase a calidade da auga, tanto superficial como subterránea, e aseguraranse os caudais mínimos ecolóxicos.

ii. O organismo autonómico competente en materia de conservación da natureza velará pola conservación dos hábitats das marxes, leitos e ribeiras dos cursos de auga, así definidos pola lexislación de augas. A este respecto minimizaranse os impactos que puidese producir a realización de obras que supoñan a modificación da estrutura ou vexetación característica destes elementos.

iii. Restauraranse aquelas zonas que sufrisen alteracións importantes por actuacións ou usos inadecuados.

iv. Procurarase conseguir, no menor prazo posible, o adecuado tratamento de depuración para as verteduras, no caso de existir, e velarase en todo momento por manter a calidade e o estado ecolóxico das augas.

v. Estableceranse mecanismos de coordinación cos organismos de bacía para asegurar a eficacia das medidas de protección e actuación.

vi. No tratamento das augas residuais tenderanse a cumprir os obxectivos de calidade máis estritos, desde o punto de vista ambiental, de entre as normativas técnicas existentes.

vii. Para os efectos de conservación e planificación das pequenas canles e das zonas húmidas, consideraranse como límites territoriais os establecidos pola normativa vixente en relación coa zona de policía estipulada nas marxes ou, de ser o caso, á porción das marxes que alberga representacións de hábitats do anexo I característicos de medios hidrófilos e higrófilos.

c) Normativa xeral.

i. Son actuacións permitidas e que poderán ser levadas a cabo polo organismo competente en patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación dos hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

a. As novas captacións de augas, así como a realización de sondaxes, sen prexuízo das competencias do organismo de bacía ou doutros organismos competentes nos diferentes ámbitos sectoriais.

b. Toda actuación, construción ou instalación, susceptible de provocar contaminación das augas do espazo natural, que deberá posuír os sistemas de depuración conforme a normativa sectorial vixente.

ii. Son usos prohibidos no ámbito do espazo natural:

a. A realización de calquera tipo de vertedura, así como a utilización de calquera tipo de substancia química que poida afectar de modo significativo a calidade das augas nacentes ou circulantes ou ao ciclo hidrolóxico do espazo natural, cando se realicen fóra dos lugares habilitados para tal efecto ou sexan contrarias ás condicións establecidas na lexislación vixente ou no presente plan.

b. A alteración dos cursos, leitos e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas, salvo por necesidades de xestión do propio parque natural, de uso público ou de restauración e mellora de hábitats, realizadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

c. O desecamento ou sangrado de charcas e lagoas, ou calquera outro tipo de zona húmida continental, salvo por necesidades de xestión do propio parque natural, de uso público o de restauración e mellora de hábitats, realizadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

d. As acumulacións de materiais en ladeiras ou leitos que poidan supoñer un obstáculo ao libre paso das augas, ou ben poidan ser orixe de procesos erosivos intensos ou que entrañen unha modificación das condicións hidráulicas e hidrolóxicas naturais.

e. O lavado de calquera tipo de obxecto en ríos, regatos ou zonas húmidas, botar obxectos nas ditas zonas, así como a incorporación directa ás augas de deterxentes, xabóns, lixivias ou outros tipos de substancias que poidan afectar de forma significativa o estado ecolóxico dos ecosistemas acuáticos.

4.2.1.4. Paisaxe.

a) Obxectivos.

i. O recoñecemento, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe co fin de preservar todos os elementos que a configuran nun marco do desenvolvemento sustentable, entendendo que a paisaxe exerce unha función principal de interese xeral nos campos ambientais, culturais, sociais e económicos.

ii. Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes existentes no parque natural, así como os costumes tradicionais existentes e os compoñentes naturais e elementos construtivos destes.

iii. Fortalecer a conservación daqueles elementos de carácter natural ou seminatural que constitúen corredores ecolóxicos que resultan esenciais para a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies silvestres.

iv. Nas actuacións susceptibles de alterar ou modificar a paisaxe natural do parque natural teranse especialmente en conta as súas repercusións sobre a calidade paisaxística e adoptaranse cantas medidas sexan necesarias co obxecto de minimizar as consecuencias. En tal sentido, os proxectos que teñan por obxecto este tipo de actuacións e especial incidencia sobre a paisaxe supervisaranse co obxecto de garantir o cumprimento do expresado neste artigo.

b) Directrices.

i. Establecerase un programa de recuperación daquelas áreas que conteñan elementos da paisaxe degradados, dando prioridade ás áreas de maior accesibilidade visual.

ii. Restaurarase a calidade paisaxística alí onde fose deteriorada por accións humanas, como movementos de terra, actividades extractivas, apertura de pistas e camiños ou de calquera outro tipo.

iii. Procurarase evitar a introdución no medio natural de calquera elemento artificial que limite o campo visual ou rompa a harmonía da paisaxe. Con todo, poderanse establecer as infraestruturas que sexan imprescindibles, de acordo coas prescricións do presente plan, procurando minimizar o seu impacto sobre o medio.

iv. Velarase polo mantemento do territorio do parque natural libre de lixos, residuos e verteduras, apoiando a aplicación da normativa vixente na materia.

v. O impacto paisaxístico deberá ser especialmente tido en conta nos proxectos de infraestruturas lineais e nas actuacións realizadas en áreas de alta visibilidade.

vi. Teranse en conta criterios paisaxísticos na planificación das repoboacións forestais e a ordenación das masas arborizadas preexistentes.

vii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá determinar aquelas singularidades da paisaxe, tanto elementos naturais como culturais, que deban ser preservados, delimitando o seu ámbito de protección, tendo en conta a súa bacía visual.

viii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá limitar as repoboacións forestais e os tratamentos silvícolas que supoñan unha deterioración paisaxística do parque natural e propoñerá, de ser o caso, as medidas correctoras necesarias.

ix. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural promoverá que a introdución de calquera elemento estrutural de carácter artificial non altere de maneira significativa a paisaxe natural ou desfigure as súas formas e perspectiva e modifique o seu valor estético.

c) Normativa xeral.

i. Son usos prohibidos no ámbito do espazo natural:

a. A realización de inscricións, sinais, signos ou debuxos na pedra, árbores ou en calquera outro elemento do medio natural, así como sobre paneis informativos, elementos de valor histórico-cultural ou en calquera tipo de ben moble ou inmoble, en xeral, e a deterioración ou destrución da infraestrutura propia do espazo natural, salvo aqueles debidamente autorizados que sexan necesarios para mellorar e completar as redes de camiños e sendeiros.

b. Tirar lixo, así como o abandono de ferrallas ou o abandono ao aire libre de maquinaria, vehículos ou calquera tipo de material alleo ao medio natural.

4.2.2. Medidas de xestión sectoriais: compoñentes da biodiversidade.

4.2.2.1. Hábitats.

a) Obxectivos.

i. Manter nun estado de conservación favorable os hábitats prioritarios e de interese comunitario establecidos no anexo I da DC 92/43/CEE.

ii. Regular o uso sustentable e fomentar a protección dos hábitats naturais e seminaturais e, de maneira especial, daqueles que posúen unha área de distribución reducida no parque natural, así como no conxunto da Rede Natura 2000.

iii. Manter a integridade e conservar a funcionalidade de charcas e pozas que proporcionan o medio acuático para o desenvolvemento dun elevado conxunto de especies de diversos grupos taxonómicos (flora, invertebrados, anfibios, aves, etc.).

b) Directrices.

i. Os criterios de xestión de hábitats e especies rexeranse, en ausencia de especificacións concretas, polo establecido no artigo 6 da DC 92/43/CEE.

ii. Estableceranse medidas específicas de xestión para os hábitats de maior fraxilidade ecolóxica ou para aqueles que posúen unha escasa representación territorial no ámbito do parque natural ou do conxunto da Rede Natura 2000 en Galicia.

iii. Darase prioridade, alí onde se presenten os hábitats incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE, á conservación e rexeneración natural destes fronte a calquera outro tipo de actuación.

iv. Darase prioridade á conservación dos hábitats que alberguen áreas prioritarias de especies de flora ou fauna silvestre de interese para a conservación.

v. Darase prioridade á protección e conservación dos hábitats de especies de especial interese polo seu carácter endémico, a súa situación de ameaza ou por atoparse no límite da súa área de distribución.

vi. Desenvolverase un conxunto de indicadores que permitan analizar e avaliar o estado de conservación dos hábitats para tomar, se é o caso, as medidas de protección, conservación e restauración que se consideren necesarias.

vii. Para os efectos da xestión do parque natural, e cando non exista unha delimitación territorial concreta dos corredores fluviais e das zonas húmidas, considérase como área mínima os límites do dominio público máis a zona de servidume e policía, definidas na normativa básica sobre augas continentais, ou ben a área delimitada pola existencia de hábitats e especies características dos ecosistemas acuáticos e das zonas húmidas.

viii. Promover un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles no parque natural.

c) Normativa xeral.

i. O organismo competente en patrimonio natural promoverá:

a. As medidas de conservación e recuperación dos hábitats dos corredores fluviais (Nat-2000 3260 e Nat-2000 91E0*), especialmente encamiñadas a reducir ou frear a fragmentación destes mediante o aumento da conectividade e da permeabilidade.

b. A conservación e uso sustentable dos hábitats cavernícolas e das poboacións residentes neles sobre calquera outra actividade que se poida desenvolver nos ecosistemas subterráneos.

c. A conservación e, de ser o caso, restauración dos compoñentes biolóxicos, xeolóxicos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, paleontolóxicos e arqueolóxicos dos ecosistemas subterráneos.

d. As medidas de conservación e recuperación dos hábitats herbáceos e arbustivos (Nat-2000 4030, 4090, 6160, 6220* y 6230*), así como dos rochosos e subterráneos (Nat-2000 8130, 8220, 8230 y 8310), especialmente encamiñadas a aumentar a conectividade e a permeabilidade cos hábitats adxacentes.

e. A conservación dos hábitats boscosos naturais e das especies de interese para a conservación presentes neles, de acordo cos obxectivos de conservación do parque natural e do presente plan.

f. A substitución das formacións arborizadas de piñeiro por tipos de hábitats de interese comunitario acordes coas características bioxeográficas e a dinámica natural da paisaxe do parque natural.

g. O fomento dos procesos ecolóxicos de rexeneración natural dos bosques baseados na súa relación coa fauna silvestre que actúa como vector de polinización e de dispersión das sementes (invertebrados, aves, mamíferos).

h. Conservar a variedade de hábitats boscosos presente, prestando especial atención a aqueles exemplos de reducida distribución e cuxa presenza está ligada a factores de pequena escala.

i. Aumentar a conectividade e permeabilidade dos hábitats boscosos entre masas arborizadas, así como cos hábitats lindeiros mediante a redución da súa fragmentación.

j. Conservación, restauración e, de ser o caso, mellora dos agrosistemas tradicionais polos valores de biodiversidade e sustentación albergados neles.

k. Mantemento dos sistemas tradicionais de deslindamento (sebes, muros, etc.) que resultan esenciais para a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies de interese para a conservación.

l. Medidas de conservación e recuperación da superficie, a estrutura e funcionalidade dos hábitats de interese comunitario albergados polos agrosistemas tradicionais, encamiñadas especialmente a aumentar a conectividade, a permeabilidade e as condicións ecotónicas cos hábitats lindeiros.

m. Mantemento dos hábitats dos prados de sega (Nat-2000 6520) mediante a realización como mínimo dunha sega ao ano.

n. Vixilancia da non introdución de especies invasoras nos hábitats.

o. Eliminación e control de especies exóticas se a súa introdución ten lugar no espazo natural.

ii. Son actuacións permitidas e que poderán ser levadas a cabo polo organismo competente en materia de patrimonio natural:

a. Os usos e aproveitamentos dos queirogais secos (Nat-2000 4030), desenvolvidos ao abeiro da normativa de usos forestais presentes neste plan.

b. Os tratamentos silvícolas e cortas puntuais naquelas zonas dos corredores fluviais e bosques húmidos (Nat-2000 91E0*) onde discorren rutas de sendeirismo, para garantir a seguridade das persoas e mantemento da infraestrutura, coa condición de que non supoñan unha descontinuidade do bosque húmido ou un incremento da fragmentación xa existente, non provoquen unha diminución significativa da superficie cuberta polas copas sobre a canle fluvial e aseguren o mantemento da súa estrutura horizontal e dos hábitats Nat-2000 3260, 4030, 6430.

c. Cortas puntuais dos tipos de bosques do anexo I da DC 92/43/CEE vinculadas estritamente a garantir a seguridade das persoas ou infraestruturas, e baixo a autorización por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, e que non leven unha alteración significativa da estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos ecosistemas naturais boscosos nin das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, e se realicen en conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

iii. Son usos prohibidos no ámbito do espazo natural:

a. A realización de calquera tipo de vertedura, así como a utilización de calquera tipo de substancia química que poida afectar de modo significativo a calidade das augas nacentes ou circulantes do parque natural, cando se realicen fóra dos lugares habilitados para ese efecto ou sexan contrarias ás condicións establecidas na lexislación vixente ou no presente plan.

b. A alteración dos cursos, canles e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas, salvo por necesidades de xestión do propio parque natural, de uso público o de restauración e melloras de hábitats, realizadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

c. As acumulacións de material nas pendentes, barrancos ou canles que poidan supoñer un obstáculo ao libre paso das augas, ou ben poidan ser orixe de procesos erosivos intensos ou que entrañen unha modificación das condicións hidráulicas e hidrolóxicas naturais.

d. A destrución, subsolaxe, sangrado, rozas mecánicas que poidan supoñer unha afección significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición dos corredores fluviais (Nat-2000 91E0* e Nat-2000 3260).

e. A circulación e o uso de vehículos ou maquinaria sobre os hábitats de corredores fluviais do anexo I da DC 92/43/CEE ou áreas prioritarias de especies de interese para a conservación, fóra das pistas e vías autorizadas polo organismo competente en materia de patrimonio natural.

f. O depósito de materiais sobrantes de cortas ou outros aproveitamentos agrícolas ou forestais sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

g. A introdución de espécimes alóctonos de carácter invasor que poidan provocar unha alteración significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, incluíndo especialmente a repoboación ou plantación de espécimes alóctonos.

h. A liberación indiscriminada no medio natural de organismos modificados de modo xenético, cando poidan afectar o acervo xenético das especies de interese comunitario, ou ben poidan exercer fronte a estas unha maior competencia polo aproveitamento dos recursos naturais.

i. As rozas ou labores mecánicos, así como o uso do lume nos hábitats arbustivos, que causen unha modificación da estrutura, funcionamento e composición, e que en consecuencia afecten de modo significativo o seu estado de conservación, así como as poboacións das especies de interese para a conservación presentes nos hábitats arbustivos.

j. As rozas ou labores mecánicos, así como as subsolaxes en liña de máxima pendente, que poidan provocar un incremento significativo da erosión do solo.

k. O uso non adecuado de vehículos e/ou maquinaria que provoque compactidade, erosión e perda da estrutura do solo, dos hábitats e dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación,

l. As cortas a feito sobre formacións arborizadas naturais e, especialmente, sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da DC 92/43/CEE ou que alberguen áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

m. Os cerramentos e valados que non estean conformados por especies vexetais autóctonas nin por muros de pedra que manteñan os tipos tradicionais da zona, así como aqueles que impiden a circulación da fauna silvestre, ou que supoñan un incremento da fragmentación ou a impermeabilidade dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou un incremento no nivel de illamento das especies de interese para a conservación.

n. A recolección non autorizada de vexetais e fungos con fins comerciais.

4.2.2.2. Especies de interese para a conservación.

a) Obxectivos.

i. Manter ou, de ser o caso, restaurar o estado de conservación das especies de flora e fauna e, en especial, das especies de interese para a conservación.

ii. Regular o uso sustentable e fomentar a conservación das especies de flora e fauna silvestre e garantir que os aproveitamentos que se realicen sobre especies de interese para a conservación non comporten unha afección significativa sobre o seu estado de conservación.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos ou alóctonos no parque natural e, explicitamente, daqueles de carácter invasor.

b) Directrices.

i. Velarase pola conservación das especies de fauna e flora silvestre do parque natural.

ii. Evitarase a desaparición de calquera especie autóctona e asegurarase a persistencia dos seus hábitats.

iii. Aplicaranse, se fose preciso, medidas de conservación e xestión das especies endémicas, ameazadas ou relictas presentes no parque natural.

iv. Para as especies catalogadas elaboraranse e executaranse os correspondentes plans de recuperación ou xestión de acordo coas categorías establecidas na Lei 9/2001, de conservación da natureza.

v. Velarase pola pureza das poboacións e evitarase introducir subespecies ou razas xeográficas distintas ás propias do parque natural.

vi. Evitarase a introdución e propagación de especies alóctonas.

vii. A conservación das especies de flora e fauna silvestre presentes no parque natural orientarase cara a aqueles elementos considerados como «protexidos» ou «catalogados» pola normativa comunitaria, estatal e autonómica, xunto cos elementos endémicos e raros a nivel bioxeográfico presentes no territorio.

c) Normativa xeral.

i. As actuacións, non vinculadas coas necesidades de conservación e xestión dos compoñentes da biodiversidade ou non incluídas nos supostos de actividades permitidas ou autorizadas establecidas no presente plan, que poidan afectar de forma apreciable, individualmente ou en combinación con outras actuacións, ás áreas prioritarias das especies de interese para a conservación deberán contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. A mencionada autorización será outorgada tras unha adecuada avaliación das súas repercusións de acordo co establecido no artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

ii. Con carácter xeral, queda prohibido:

a. Dar morte, danar, molestar ou inquietar intencionadamente os animais silvestres, sexa cal sexa o método empregado ou a fase do seu ciclo biolóxico.

• Esta prohibición inclúe a súa retención e captura en vivo, a destrución, dano, recolección e retención dos seus niños, das súas crías ou dos seus ovos, estes últimos aínda estando baleiros, así como a posesión, transporte, tráfico e comercio de exemplares vivos ou mortos ou dos seus restos, incluíndo o comercio exterior.

• Para os animais non comprendidos nalgunha das categorías definidas na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), no Catálogo nacional de especies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas, estas prohibicións non se aplicarán nos supostos con regulación específica.

• Prohíbese a cría para reintrodución ou repoboación no medio natural de especies silvestres sen a autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural ou cando se realice fóra dos lugares e das condicións establecidas na dita autorización.

b. A destrución ou deterioración significativa das formacións vexetais conformadas por especies silvestres que caracterizan os tipos de hábitats de interese comunitario.

c. Para as especies silvestres de flora e fauna consideradas como de interese para a conservación, especies que figuran como protexidas nos anexos das directivas hábitats (DC 92/43/CEE) e aves (DC 2009/147/CE) e nos convenios internacionais ratificados por España, así como as especies consideradas como en perigo de extinción ou vulnerables no Catálogo nacional de especies ameazadas (CNEA) ou no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA):

• Tratándose de plantas, fungos ou algas, a de recollelas, cortalas, mutilalas, arrincalas ou destruílas intencionadamente na natureza.

• Tratándose de animais, incluídas as súas larvas, crías ou ovos, a de calquera actuación feita co propósito de darlles morte, capturalos, perseguilos ou molestalos, así como a destrución ou deterioración dos seus niños, tobos e áreas de reprodución, invernada ou repouso.

• En ambos os dous casos, a de posuír, naturalizar, transportar, vender, comerciar ou intercambiar, ofertar con fins de venda ou intercambio, importar ou exportar exemplares vivos ou mortos, así como os seus propágulos ou restos, salvo nos casos que regulamentariamente se determinen.

• Estas prohibicións aplicaranse a todas as fases do ciclo biolóxico destas especies, subespecies ou poboacións.

d. As prohibicións establecidas neste apartado poderán quedar sen efecto, logo da autorización de organismo autonómico competente en materia patrimonio natural, se non houbese outra solución satisfactoria e sen que iso supoña prexudicar o mantemento nun estado de conservación favorable das poboacións de que se trate, na súa área de distribución natural, cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

• Se da súa aplicación se derivasen efectos prexudiciais para a saúde e seguridade das persoas.

• Para previr prexuízos importantes aos cultivos, ao gando, aos bosques, á pesca e á calidade das augas.

• Cando sexa necesario por razóns de investigación, educación, repoboación ou reintrodución ou cando se precise para a cría en catividade orientada aos devanditos fins.

• No caso das aves, para previr accidentes en relación coa seguridade aérea.

• Para protexer a flora e a fauna silvestres e os hábitats naturais.

• Para permitir, en condicións estritamente controladas e mediante métodos selectivos, a captura, retención ou calquera outra explotación prudente de determinadas especies en pequenas cantidades e coas limitacións precisas para garantir a súa conservación, así como o cumprimento da lexislación vixente.

e. A introdución de especies, subespecies ou razas xeográficas alóctonas de carácter invasor que poidan ser susceptibles de competir coas especies silvestres autóctonas, alterar a súa pureza xenética, afectar de forma apreciable o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou causar desequilibrios sobre os ecosistemas do espazo natural, sen contar coa autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural ou cando esta se realice fóra dos lugares e das condicións establecidas para a súa explotación.

f. A liberación no medio natural de organismos modificados de modo xenético baixo condicións que poidan alterar a pureza e diversidade xenética das poboacións naturais das especies autóctonas ou poñer en risco calquera outro valor natural do espazo natural. En todo caso, establecerase un control específico para os organismos transxénicos.

iii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá desenvolver actuacións de control sobre aquelas poboacións de especies que poidan afectar negativamente o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das especies de interese para a conservación.

iv. A reintrodución de especies actualmente non presentes no espazo natural deberá contar co correspondente plan técnico, que constará como mínimo dunha exposición de obxectivos, unha avaliación ambiental da incidencia da reintrodución e un plan de seguimento e control desa especie, e deberá ser aprobado polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. Non se aprobará ningunha reintrodución cando se considere que poida afectar negativamente o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das especies de interese para a conservación.

v. Establécese a continuación, a partir das directrices establecidas pola Unión Europea, o Goberno de España e a Xunta de Galicia, a formulación das normativas de ordenación e xestión específicas para cada un dos grupos de especies de interese para a conservación presentes no parque natural. En cada un deles faise unha breve descrición do grupo de especies, así como a relación dos hábitats a que se vinculan os taxons do grupo e as categorías de protección en que se atopan estes, establecendo a continuación os obxectivos de conservación específicos para o grupo de especies.

4.2.2.2.1. Directrices e propostas específicas para os distintos grupos.

4.2.2.2.1.1. Flora.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Asegurar a conservación da diversidade de especies vexetais que alberga o parque natural, especialmente no que á presenza de endemismos se refire.

ii. Fomentar o mantemento dun estado de conservación favorable dos hábitats naturais e seminaturais que albergan especies de flora de interese para a conservación.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. O control, mitigación e, de ser o caso, erradicación de especies invasoras, dando prioridade ás que afecten a dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de flora de interese para a conservación.

ii. A posta en marcha de bancos de xermoplasma que aseguren a conservación exsitu, de forma que se posúa na medida do posible unha mostra adecuada da variabilidade xenética poboacional da flora de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. O desenvolvemento de actividades de uso público de acordo coas disposicións establecidas no presente plan, respectando os hábitats das especies para a conservación, así como as áreas prioritarias das súas poboacións.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. A redución, fragmentación, degradación ou destrución dos hábitats das áreas prioritarias das especies de flora de interese para a conservación.

ii. A recolección, corta, mutilación, arranque, destrución ou calquera outra acción directa na natureza sobre os individuos completos ou parte deles, así como a recollida das súas sementes, pole ou esporas, das especies de flora de interese para a conservación.

iii. O sobrepastoreo, a artificialidade dos terreos ou calquera outra acción que cause unha diminución significativa na dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de flora de interese para a conservación.

iv. A herborización incontrolada e sen autorización de especies de flora de interese para a conservación.

v. Calquera modificación (rozas e outros labores mecánicos, uso do lume, etc.) da estrutura, composición ou funcionamento dos hábitats arbustivos e herbáceos, naturais e seminaturais, que afecte de modo significativo a dinámica e distribución das poboacións das especies de interese para a conservación presentes.

vi. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de flora de interese para a conservación.

4.2.2.2.1.2. Invertebrados.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Fomento da conservación da diversidade de especies de invertebrados terrestres e acuáticos que alberga o parque natural.

ii. Mantemento ou, de ser o caso, restauración do estado de conservación dos hábitats que albergan poboacións de especies de invertebrados de interese para a conservación.

iii. Reducir o grao de fragmentación dos hábitats das especies de invertebrados de interese para a conservación, mediante o aumento da conectividade e a permeabilidade dos medios terrestres e húmidos.

iv. Promover o control, mitigación e, de ser o caso, erradicación de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade a aqueles que poidan afectar de modo significativo o estado de conservación das poboacións das especies de invertebrados de interese para a conservación.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. O mantemento da diversidade de ambientes e medios dos distintos tipos de ecosistemas, evitando a homoxeneización do territorio con biocenoses artificiais de reducida estrutura e cunha baixa riqueza de especies autóctonas.

ii. A erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade a aquelas que afecten de modo significativo a dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de invertebrados de interese para a conservación.

iii. O mantemento e conservación de árbores vellas nos bosques xa que constitúen un importante refuxio para certas especies de invertebrados de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. O desenvolvemento de actividades de uso público de acordo coas disposicións establecidas no presente plan, respectando os hábitats das especies para a conservación, así como as áreas prioritarias das súas poboacións.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. O desenvolvemento de actividades que afecten a configuración, estrutura e composición taxonómica dos hábitats naturais e seminaturais, e especialmente dos hábitats de interese comunitario das especies de invertebrados de interese para a conservación.

ii. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de invertebrados de interese para a conservación co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente, incluíndo ás súas larvas e ovos, nos seus tobos ou áreas de muda, repouso e alimentación.

iii. A captura incontrolada de exemplares de invertebrados para ser empregados como reclamos.

iv. A recollida incontrolada para a colección e sen autorización de especies de invertebrados de interese para a conservación.

v. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pragas.

4.2.2.2.1.3. Peixes.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da diversidade de especies de peixes que alberga o territorio.

ii. Fomento do estado de conservación dos hábitats que albergan especies de peixes de interese para a conservación.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade a aqueles que poidan afectar o estado de conservación das poboacións das peixes de interese para a conservación.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. A erradicación e control de especies invasoras piscívoras, dando prioridade a aquelas que afecten de modo significativo a dinámica, distribución e hábitats das poboacións das especies de peixes de interese para a conservación.

ii. O control da contaminación, eliminación de obstáculos e barreiras nas canles fluviais, restauración do bosque ripario, así como calquera outra actuación sobre os corredores fluviais que permita restaurar ou manter a dinámica, a distribución e os hábitats das poboacións fluviais de peixes de interese para a conservación.

iii. A construción de ascensores e pasos nas grandes presas fluviais para permitir os pasos migratorios das especies de peixes de interese para a conservación.

c) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As verteduras directas de calquera clase sobre as augas fluviais.

ii. Calquera actuación que provoque a fragmentación dos corredores fluviais, afectando a conectividade e permeabilidade destes.

iii. As canalizacións e dragaxes que provoquen unha diminución significativa no estado ecolóxico e químico das augas fluviais.

iv. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pragas.

4.2.2.2.1.4. Herpetofauna.

a) Obxectivos de conservación.

i. Conservación da elevada diversidade de especies de herpetofauna que alberga o espazo natural protexido.

ii. Fomento do estado de conservación dos hábitats que albergan poboacións de anfibios e réptiles protexidos.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade a aquelas que poidan afectar o estado de conservación das poboacións das especies de herpetofauna de interese para a conservación.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. A erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade a aquelas que afecten de modo significativo a dinámica, distribución e os hábitats das poboacións das especies de herpetofauna de interese para a conservación.

ii. O control da contaminación, reparación de pequenas presas e canles laterais tradicionais, eliminación de obstáculos e barreiras nas canles fluviais, restauración do bosque ripario, así como calquera outra actuación sobre os corredores fluviais, zonas húmidas e medios lacustres que permita restaurar ou manter a dinámica, distribución e hábitats das poboacións fluviais e lacustres de anfibios e réptiles de interese para a conservación.

iii. O mantemento nun estado ecolóxico favorable dos zonas húmidas, especialmente de charcas, charcos temporais e pequenas reservas artificiais.

iv. A conservación e restauración de charcas, charcos temporais e pequenas reservas artificiais de auga que poidan ser colonizados polas especies de herpetofauna de interese para a conservación, asegurando a existencia dun mosaico de medios acuáticos e higrófilos, así como distintos contactos coas biocenoses non húmidas.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas tradicionais de baixa intensidade e compatibles co mantemento da dinámica natural e da área de distribución das poboacións das especies de aves de interese para a conservación e dos hábitats destas.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Calquera uso ou actuación que cause unha afección significativa sobre a superficie, estrutura, composición ou función dos hábitats que albergan especies de anfibios e réptiles de interese para a conservación.

ii. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de herpetofauna de interese para a conservación co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente, incluíndo ás súas larvas e ovos, nos seus tobos ou áreas de reprodución, invernada, muda, repouso e alimentación.

iii. Os cambios de uso que afecten de modo significativo a estrutura, composición taxonómica e funcionalidade dos hábitats de interese comunitario dos bosques e agrosistemas tradicionais que constitúen áreas prioritarias para diversas especies de herpetofauna de interese para a conservación.

iv. O desenvolvemento de actividades intensivas de silvicultura que causen unha deterioración ou diminución significativa da dinámica e distribución naturais das poboacións de especies de herpetofauna de interese para a conservación, así como dos sue hábitats.

v. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de anfibios e réptiles de interese para a conservación.

vi. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pragas.

4.2.2.2.1.5. Aves.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da diversidade de aves que viven normalmente en estado silvestre no parque natural.

ii. Garantir a protección das especies de aves de interese para a conservación.

iii. Establecer medidas de conservación con respecto ás especies migratorias de aves con chegada regular, tendo en conta as necesidades de protección na zona xeográfica terrestre no relativo ás súas áreas de reprodución, de muda e de invernada e ás zonas de descanso nas súas áreas de migración, prestando especial importancia ás zonas húmidas.

iv. Evitar a contaminación ou a deterioración dos hábitats, así como as perturbacións que afecten as aves.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. O desenvolvemento de actuacións que permitan restaurar ou manter a composición, estrutura e función, e en definitiva o estado de conservación dos hábitats naturais e seminaturais, e en especial dos considerados de interese comunitario, das poboacións de aves de interese para a conservación.

ii. Erradicación e control de especies invasoras, dando prioridade a aquelas que afecten negativamente a estrutura, composición taxonómica e funcionalidade dos hábitats das poboacións das especies de aves de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas tradicionais de baixa intensidade e compatibles co mantemento da dinámica natural e da área de distribución das poboacións das especies de aves de interese para a conservación e dos seus hábitats.

ii. Os peches e valados conformados por especies vexetais autóctonas, ou por muros de pedra que manteñan os tipos tradicionais da zona, que constitúen importantes zonas de refuxio de aves de interese para a conservación, e que permiten a conectividade e a permeabilidade das poboacións de aves.

iii. O establecemento de medidas alternativas ao emprego de biocidas para o control de pragas, coa condición de que non causen unha afección sobre a dinámica, a distribución e os hábitats das especies de aves de interese para a conservación.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de aves de interese para a conservación co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente.

ii. A destrución ou redución das áreas de cría, reprodución, invernada, repouso ou alimentación.

iii. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás aves, incluíndo as súas crías e ovos, nos seus niños ou áreas de cría, reprodución, invernada, repouso e alimentación.

iv. O establecemento de liñas eléctricas, telefónicas ou calquera outro tipo de infraestrutura que non cumpran as condicións establecidas no presente plan.

v. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pragas.

4.2.2.2.1.6. Mamíferos.

a) Obxectivos específicos de conservación.

i. Conservación da elevada diversidade de especies de mamíferos que alberga o parque natural.

ii. Fomento do estado de conservación dos hábitats que albergan especies de mamíferos de interese para a conservación, promovendo a redución da súa fragmentación mediante o aumento da súa conectividade e permeabilidade.

iii. Evitar a introdución e expansión de espécimes exóticos de carácter invasor, dando prioridade a aqueles que poidan afectar o estado de conservación das poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

b) O organismo competente en materia de patrimonio natural promoverá actuacións que son susceptibles de xerar un estado de conservación favorable das especies de interese para a conservación, ou a súa recuperación.

i. As actuacións de conservación e recuperación dos hábitats boscosos encamiñadas especialmente a aumentar a conectividade e a permeabilidade entre masas arborizadas, matogueiras e os hábitats adxacentes, que sirvan de corredores para as especies de mamíferos de interese para a conservación.

ii. Vixiar a non introdución de especies invasoras, dando prioridade a aquelas que afecten de modo significativo a estrutura, composición taxonómica e funcionalidade dos hábitats das poboacións das especies de mamíferos de interese para a conservación.

c) Son usos permitidos os que non supoñen unha afección significativa sobre o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. As actividades agrícolas tradicionais de baixa intensidade e compatibles co mantemento da distribución e dinámica das poboacións das especies de mamíferos de interese para a conservación e dos seus hábitats.

ii. Os peches e valados conformados por especies vexetais autóctonas, ou por muros de pedra que manteñan os tipos tradicionais da zona, que permiten a conectividade e a permeabilidade das poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

d) Son usos prohibidos os que afectan de forma significativa o estado de conservación das especies de interese para a conservación.

i. Os cambios de uso do territorio que provocan a degradación ou eliminación dos agrosistemas tradicionais.

ii. Calquera actuación sen autorización sobre as especies de mamíferos de interese para a conservación, incluíndo as súas crías, co propósito de darlles morte, capturalas, perseguilas ou molestalas intencionadamente.

iii. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

iv. Calquera actividade que cause a destrución ou deterioración significativa das toupeiras, áreas de cría, reprodución, invernada, repouso ou alimentación dos mamíferos de interese para a conservación.

v. O emprego sen autorización de biocidas para o control de pragas.

4.2.3. Medidas de xestión sectoriais: recursos, usos e actividades.

4.2.3.1. Usos agropecuarios e forestais.

a) Obxectivos.

i. A xestión agrícola e gandeira do parque natural ten un carácter residual e está vinculada na actualidade á existencia dun viveiro e dunha horta na Ribeira Pequena, ao pequeno cultivo de mouteiras de gramíneas de variedades autóctonas orientadas á alimentación da fauna silvestre, e así fomentar a presenza de rapaces, aos prados de sega e á presenza de 5 cabalos na zona de uso compatible, que contribúen ao mantemento e control da vexetación.

ii. A xestión forestal, segundo o Plan de xestión forestal existente para o Parque Natural do Invernadeiro, está orientada á protección e transformación dos piñeirais nunha masa mixta. De maneira máis concreta os obxectivos son: a protección biolóxica de flora e fauna, a protección do réxime hidrolóxico, o mantemento e/ou recuperación da cobertura vexetal no seu máximo climácico; e de maneira secundaria a produción de madeira de Pinus sylvestris.

iii. No desenvolvemento das actividades forestais deberán primar os aproveitamentos e usos sustentables, de modo que se minimicen ou se eviten as afeccións sobre os compoñentes máis importantes do parque: tipos de paisaxe, hábitats protexidos, núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

iv. As masas forestais deberán conservar o principio de funcionalidade e de persistencia da masa, e serán consideradas como elementos clave na loita contra os efectos do cambio climático, tanto no seu papel de mitigación, ao seren consideradas reservas a longo prazo de carbono, como de substitución, ao fornecer produtos renovables e alternativos aos combustibles fósiles.

b) Directrices.

i. Promoveranse as políticas forestais que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos núcleos de poboación e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

ii. A xestión forestal do parque natural estará orientada a asegurar a conservación ou, de ser o caso, a restauración dos ecosistemas terrestres, tendo en conta a distribución espacial, a composición biótica, a estrutura e funcionamento dos distintos tipos de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE) presentes no ámbito territorial do parque natural que aparecen identificados no presente plan.

iii. A xestión forestal no parque natural realizarase segundo o Plan de xestión forestal do Parque Natural Montes do Invernadeiro, en consonancia cos obxectivos de conservación contidos no Decreto 166/1999, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais, na súa dobre vertente de protección biolóxica (flora e fauna) e física.

iv. Promoverase a transformación dos piñeirais monoespecíficos de Pinus sylvestris en masas mixtas, favorecendo a rexeneración de Quercus robur, Quercus pyrenaica e especies acompañantes propias do parque natural como Ilex aquifolium, Sorbus aucuparia, etc.

v. Promoverase a protección das masas naturais de frondosas autóctonas.

vi. Condicionásese o tipo e a intensidade das actuacións silvícolas naquelas zonas do monte de maior pendente para evitar ou minimizar o risco de erosión.

vii. A produción de madeira de Pinus sylvestris, considerado un obxectivo secundario, supeditarase ao cumprimento da misión de especie de transición na evolución de matogueira a bosques.

viii. Os aproveitamentos deberán realizarse con técnicas respectuosas en todo momento coa integridade do ambiente, garantindo o mantemento da masa, os solos e os biotopos e ecotonos que esta albergue, así como o restablecemento das condicións preexistentes ou, de ser o caso, a súa substitución por formacións de carácter natural.

ix. A construción en vías de saca, así como das infraestruturas de defensa contra incendios, deberá evitar impactos paisaxísticos negativos. Estas vías deberán contar con pasos de auga nos desaugadoiros naturais do terreo, tanto permanentes como estacionais, e os seus entroncamentos con camiños ou vías deberán ser realizados tras a consulta ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, co fin de determinar a forma idónea da súa construción. O depósito dos materiais sobrantes na construción e reparación de pistas será controlado con rigorosidade.

x. Evitarase que a circulación e o uso de maquinaria forestal causen compactidade, erosión e perda das estruturas dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

xi. Os traballos de control de pragas deberán ter en conta as seguintes consideracións:

a. Permitirase o control biolóxico ou natural determinado pola comunidade internacional e coñecido como Entomology Management.

b. O uso de biocidas será efectuado ao abeiro do disposto na lexislación sectorial vixente no presente plan.

c. Con carácter preferente, en labores de prevención e loita potenciarase o emprego de plantas cebo, loita biolóxica con uso de trampas de feromonas e, principalmente, a estabilización de insectívoros mediante caixas de nidificación, así como a protección dos dormideiros de quirópteros.

xii. Na extinción de incendios empregaranse, preferentemente, as accións que xeren menor impacto no medio e a restauración de áreas afectadas terá carácter prioritario.

xiii. Favorecerase, como medida preventiva contra incendios, a creación de faixas auxiliares sobre as marxes de pistas e camiños, ao redor dos hábitats prioritarios e no perímetro dos montes lindeiros con alto risco incendiario o, logo informe do organismo competente en materia de patrimonio natural e sempre que non afecten a superficie dos hábitats prioritarios nin as especies de interese para a conservación.

c) Normativa xeral.

i. Como norma xeral, considéranse usos permitidos e que poderán ser levados a cabo polo organismo competente en materia de patrimonio natural aquelas actividades existentes no parque natural que non supoñan unha afección significativa no estado de conservación dos ecosistemas, dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, conforme o disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), e que cumpran as disposicións do presente plan, incluíndo entre elas:

a. O mantemento das infraestruturas do monte mediante o emprego de técnicas e métodos que aseguren unha mínima afección sobre os valores do parque natural.

b. A recollida de sementes, froitos e material vexetal nas zonas permitidas na normativa zonal, para a rexeneración de hábitats no parque natural.

c. As cortas puntuais dos tipos de bosques do anexo I da DC 92/43/CEE vinculadas estritamente a garantir a seguridade das persoas ou infraestruturas.

d. As repoboacións forestais, os tratamentos silvícolas e os aproveitamentos con criterios para masas protectoras con tendencia á restauración do bosque autóctono, do bosque mixto e, se non hai máis remedio, á persistencia das masas arbóreas existentes, recollidos no Plan de xestión forestal.

e. O cultivo de pequenas mouteiras de gramíneas de variedades autóctonas orientadas á alimentación da fauna silvestre, e así fomentar a presenza de rapaces, e á presenza de 5 cabalos que contribúen ao mantemento e control da vexetación na zona de uso compatible.

ii. As actividades relativas aos aproveitamentos de masas forestais non incluídas no Plan de xestión forestal existente para o Parque Natural do Invernadeiro deberán ser sometidas ao informe preceptivo por parte do organismo autonómico competente en patrimonio natural.

iii. Serán sometidos a avaliación de impacto ambiental:

a. As primeiras repoboacións forestais de máis de 50 hectáreas, cando entrañen riscos de graves transformacións ecolóxicas de carácter negativo.

b. As novas plantacións que poidan xerar unha afección significativa sobre a integridade do parque natural, os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iv. Considéranse usos prohibidos no ámbito do parque natural.

a. As cortas indiscriminadas e a feito sobre formacións arbóreas naturais e especialmente sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da DC 92/43/CEE.

b. Todo tipo de aproveitamento forestal na zona de reserva.

c. A subsolaxe, sangrado, rozas mecanizadas que poidan supoñer unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

d. O depósito de materiais sobrantes de cortas ou outros aproveitamentos forestais sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

e. As novas plantacións de especies forestais alóctonas.

f. A plantación das especies consideradas como invasoras no Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

g. A liberación no medio natural de organismos modificados de modo xenético.

h. A introdución, plantación ou sementeira de especies exóticas.

i. O uso de calquera tipo de biocidas sobre hábitats incluídos na DC 92/43/CEE, as áreas prioritarias de especies de interese para a conservación e os hábitats das especies de interese para a conservación.

j. A fumigación con equipamentos aéreos en tratamentos continuos e masivos.

4.2.3.2. Urbanismo e ordenación territorial.

a) Obxectivos.

i. Garantir que os proxectos de actividades e obras inclúan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, de ser o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos os elementos serán valorados á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

b) Directrices.

i. O presente plan, xunto coas disposicións do PORN do Parque Natural do Invernadeiro, prevalece sobre o ordenamento urbanístico e a ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán estas de oficio.

ii. As áreas delimitadas como zona de reserva, zona de uso limitado e zona de uso compatible deberán ser asignadas na correspondente formulación urbanística aos usos e aproveitamentos propios de solos non urbanizables de especial protección.

iii. Na recuperación, mantemento ou, de ser o caso, na construción de novas edificacións, deberase garantir a integración paisaxística das edificacións e o mantemento do estilo tradicional do parque natural, prestando especial atención á tipoloxía e volumes, así como aos materiais de cubertas e fachadas.

iv. Fomentarase a rehabilitación de edificios fronte á construción doutros novos.

v. Fomentarase o uso de enerxías renovables para o servizo das instalacións existentes.

vi. Toda actuación que se deba realizar en edificacións xa existentes adaptarase ás normas urbanísticas correspondentes.

c) Normativa xeral.

i. Considéranse actuacións prohibidas:

a. A construción de calquera tipo de edificación na zona de reserva e na zona de uso limitado.

ii. Considéranse actuacións permitidas e que poderán ser levados a cabo polo organismo competente en materia de patrimonio natural:

a. As obras de conservación, restauración, rehabilitación, mellora e reconstrución das edificacións tradicionais ou de especial interese cultural existentes, sempre que non impliquen variación das características esenciais do edificio nin alteración do lugar, do seu volume ou da súa tipoloxía orixinaria, existentes, para a súa posta en valor ou para a xestión do propio parque natural.

4.2.3.3. Infraestruturas e obras.

a) Obxectivos.

i. Procurar minimizar o impacto sobre o medio natural no desenvolvemento de infraestruturas (viarias, transporte de enerxía e datos, estacións radioeléctricas, etc.) cando estas se realicen no exterior das construcións existentes.

ii. Protexer o medio natural e cultural do parque natural, realizando as medidas de restauración necesarias para minimizar o impacto paisaxístico das infraestruturas e obras existentes que así o requiran.

iii. Garantir que os proxectos de actividades e obras inclúan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, de ser o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos estes elementos serán valorados de forma prioritaria á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

iv. Procurar, en coordinación coa Administración estatal e autonómica, a conservación e ordenación dos recursos naturais existentes no dominio público.

b) Directrices.

i. Os proxectos definirán e incorporarán de forma precisa as medidas de control da erosión e a restauración e integración paisaxística da obra. Estas medidas referiranse non só aos elementos principais da obra, senón tamén aos accesos provisionais e definitivos, conducións, plataformas de traballo, vertedoiros e a cantas superficies visen alterada a súa cuberta vexetal, ou modificadas as súas condicións de equilibrio.

ii. No deseño e execución das obras deberán minimizarse os efectos erosivos e a alteración hidrolóxica sobre os hábitats naturais e seminaturais, e especialmente sobre os hábitats prioritarios.

iii. Evitarase a localización de instalacións ou infraestruturas nos cumes de maior altitude do parque natural, así como naqueles picos que posúan unha gran singularidade cultural, paisaxística ou ambiental.

iv. Como criterio para a apertura de novos desmontes, gabias ou vías tomarase aquel que supoña, en primeiro lugar, un menor impacto ambiental sobre os elementos da paisaxe, os hábitats e as especies protexidas.

v. Os materiais sobrantes das obras de mantemento, restauración, modificación ou desmantelamento deberán ser retirados e xestionados de acordo coa lexislación vixente.

vi. No deseño e mantemento de infraestruturas, teranse en conta as necesidades de paso da fauna silvestre, habilitando as medidas necesarias que permitan e favorezan este fluxo.

vii. En caso de ser necesaria a introdución de material vexetal (plantas, brotes, sementes) para a restauración de noiros e áreas alteradas, empregaranse só especies autóctonas, elixindo aquelas propias dos hábitats circundantes á zona de obra.

viii. Co fin de evitar as afeccións sobre hábitats de interese comunitario ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación da fauna e flora silvestre na planificación das novas vías, así como nos labores de mantemento das existentes, establécense as seguintes directrices:

a. Na execución de obras procuraranse aplicar técnicas de enxeñaría branda ou bioenxeñaría.

b. Nos puntos de evacuación da auga instalaranse dispositivos co fin de reducir a súa capacidade erosiva. No deseño e mantemento destes puntos empregaranse técnicas brandas ou de bioenxeñaría.

c. A saburra empregada na construción deber ser do mesmo material xeolóxico que o existente no trazado. Non se empregarán en ningún caso, como saburra, residuos industriais.

ix. Nas obras de restauración ou de rexeneración ambiental seguiranse, ademais, os seguintes criterios:

a. Evitarase o uso de materiais alleos ao medio (formigón, aceiro inoxidable, materiais plásticos), no acabado e exteriores.

b. Na construción, mantemento ou modificación de paseos evitarase a modificación dos hábitats de interese comunitario e dos hábitats das especies de interese para a conservación e, especialmente, daqueles considerados como prioritarios.

c. O mantemento ou modificación das construcións existentes deberá exporse cara á restauración das condicións ecolóxicas, substituíndo no posible os muros verticais, diques ou noiros de pedra.

d. Na vexetación de noiros e áreas alteradas utilizaranse só especies autóctonas propias da zona do parque natural onde se realiza a obra.

c) Normativa xeral.

i. Son actuacións permitidas e que poderán ser levadas a cabo polo organismo competente en patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación dos hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

a. A mellora da devasa perimetral, na zona de reserva, cando sexa necesario, coa condición de que non supoña ningún cambio no trazado, dimensión ou capa de rodaxe orixinal, salvo necesidades derivadas da defensa contra incendios forestais.

b. A mellora das pistas e das devasas existentes na zona de uso limitado, sempre que non supoñan modificacións no trazado, dimensión ou capa de rodaxe, salvo necesidades derivadas da defensa contra incendios forestais.

c. O desmantelamento da estación de desova situada na Ribeira Grande, en desuso e mal estado na actualidade, para eliminación de obstáculos e recuperación do hábitat fluvial.

d. A retirada de forma paulatina dos cercados de fauna, empezando por aqueles que albergan especies non autóctonas, supeditado á existencia dun Plan de eliminación dos cercados. Mentres que a solta de animais procedentes dos cercados quedará supeditada á existencia dun plan de reintrodución.

e. A apertura de novas sendas exclusivamente para uso a pé como rutas de sendeirismo e de interpretación da natureza na zona de uso compatible.

f. As instalacións non industriais de produción de enerxía renovable na zona de uso compatible.

ii. Son usos autorizables por parte do organismo competente en materia de patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

a. As instalacións temporais ou permanentes, de carácter científico ou para a xestión do ambiente cando resulten imprescindibles e causen o menor impacto.

iii. Co fin de limitar os efectos prexudiciais para a saúde humana, derivados da exposición a curto e longo prazo de substancias e preparados perigosos, prohíbese o emprego de madeira tratada con creosota ou outros derivados de hexacloroetano (Directiva 90/2001/CE, Orde PRE/2666/2002, do 25 de outubro, pola que se modifica o anexo I do Real decreto 1406/1989, do 10 de novembro, BOE nº 261, do 31.10.2002), na construción de áreas de uso público (pasarelas, instalacións recreativas e de lecer ao aire libre), así como en calquera tipo de construción en que exista risco de contacto frecuente coa pel.

iv. Nos labores de mantemento das infraestruturas lineais existentes no espazo natural empregaranse as técnicas e métodos que aseguren unha mínima afección sobre os recursos naturais e, de forma especial, sobre as augas, os solos, os tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou sobre os núcleos de poboación de especies de interese para a conservación, a través dos cales discorre o trazado.

v. O cumprimento dos labores de conservación, seguimento e xestión no parque natural necesita o establecemento dun conxunto básico de dotacións e infraestruturas cuxa execución e xestión cumprirá os seguintes criterios:

a. Considérase actividade permitida as obras de mantemento e conservación promovidas ou executadas polo parque natural en vivendas e edificacións existentes no ámbito do parque natural.

b. As novas infraestruturas e instalacións vinculadas coa xestión do uso público do parque proxectásense e execútanse minimizando calquera tipo de alteración sobre os compoñentes do patrimonio natural e cultural.

c. As novas infraestruturas e instalacións vinculadas directamente coas necesidades de xestión de hábitats e núcleos de poboación de especies protexidas proxectaranse e executaranse minimizando calquera tipo de alteración sobre os compoñentes do patrimonio natural e cultural.

d. A apertura de vías temporais vinculadas con labores de xestión, conservación ou restauración dos compoñentes da biodiversidade, ou das infraestruturas existentes, estarán suxeitas a autorización polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. En ningún caso estas vías poderán xerar unha afección significativa sobre os hábitats de interese comunitario ou os compoñentes da biodiversidade; pola contra aplicarase as regulacións expostas para as vías de carácter permanente.

vi. O organismo competente en materia de patrimonio natural poderá regular e, de ser o caso, prohibir o tránsito de persoas ou vehículos polas vías temporais ou permanentes existentes no parque atendendo a razóns de seguridade, ou para asegurar a conservación dos compoñentes do patrimonio natural ou cultural.

4.2.3.4. Uso público e actividades deportivas.

a) Obxectivos.

i. Compatibilizar o uso público e as actividades recreativas e deportivas cos obxectivos de conservación do parque natural e co desenvolvemento do medio rural.

ii. Impulsar o uso público como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia do parque natural.

iii. Ordenar e facilitar o gozo do visitante baseado nos valores do parque natural, de modo compatible coa súa conservación. Darase prioridade e fomentaranse as actividades de paseo e contemplación. Neste sentido prestarase especial atención aos valores culturais, estéticos, educativos e científicos e daráselles prioridade sobre os de carácter unicamente turístico, deportivo ou recreativo.

iv. Achegar a poboación cara a un ámbito natural, co fin de aumentar o seu coñecemento sobre este medio, así como lograr unha maior sensibilización, sobre todo no caso das poboacións urbanas cara á necesidade da súa conservación.

b) Directrices.

i. Promoverase a posta en marcha dun sistema mediante o cal se facilite o acceso dos visitantes ao parque natural, de modo que os interesados poidan inscribirse ben de forma presencial ou a través de vía telemática.

ii. Adecuar a intensidade de uso do espazo á súa capacidade de acollida.

iii. Promover coa Administración estatal, autonómica e provincial, así como co municipio integrado na zona de influencia socioeconómica, o uso público, turístico e recreativo de carácter sustentable no parque natural.

iv. Impulsarase o uso público, como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia socioeconómica do parque natural.

v. Realizarase un adecuado seguimento e avaliación das actividades de uso público e recreativo dentro do parque natural, que atenderá, especialmente, aos efectos sobre o medio natural e á calidade da visita, aplicando, cando sexa adecuado, as oportunas medidas correctoras.

vi. Fomentaranse aquelas actividades que permitan un mellor coñecemento e divulgación dos valores naturais e culturais do espazo, sempre que non supoñan impacto significativo sobre estes.

vii. Facilitarase o desenvolvemento de visitas educativas e culturais organizadas e previamente concertadas, en especial de centros escolares.

viii. Dispoñerase dos medios persoais e materiais necesarios para facilitarlles aos visitantes o coñecemento e a interpretación dos valores naturais e culturais do espazo obxecto de ordenación.

ix. Realizarase un seguimento dos usos educativos e culturais dentro do espazo protexido, en especial da súa incidencia sobre as actitudes dos visitantes.

x. Favoreceranse os intercambios de material e experiencias de carácter educativo con outros centros e institucións dedicados á educación ambiental, principalmente con aqueles situados dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

xi. Establecerase unha regulación das actividades recreativas e de uso público que sexa coherente coa capacidade de carga máxima do parque natural. Neste sentido, promoverase o establecemento de programas de seguimento desta actividade para realizar unha monitoraxe dos seus efectos e da posibilidade de modificar co tempo a devandita capacidade de carga máxima.

xii. O parque natural deberá dispoñer dunha oferta integrada de servizos de atención aos visitantes, deseñada e xestionada acorde cos obxectivos de conservación do espazo natural e que teña en conta a accesibilidade universal, con independencia das súas características individuais, como idade ou discapacidade, adaptándose á normativa vixente. Para tal efecto, non só se procurará a creación de espazos para a lactación materna e a hixiene dos bebés, tanto nos aseos de homes como de mulleres, senón tamén que os aseos para homes e mulleres se distribúan nunha proporción tal que o tempo de espera sexa similar.

xiii. Promoveranse as accións de voluntariado directamente relacionadas cos obxectivos operativos e de xestión do parque natural.

c) Normativa xeral.

i. Na normativa sectorial e zonal prevense distintas regulacións para as actividades deportivas e de uso público. Para aquelas non incluídas nestes apartados o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural deberá realizar unha análise das actividades deportivas e de uso público non previstas no presente plan, co obxecto de avaliar a súa compatibilidade e a súa repercusión ambiental. En ningún caso se poderán autorizar as que resulten incompatibles. Considerarase actividade extraordinaria calquera actividade de uso público ou deportivo non especificamente regulada no presente PRUX e para cuxa execución se requirirá autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ii. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural autorizará soamente aquelas actividades, recreativas e culturais, que se desenvolvan de forma que a intensidade, áreas e períodos de presenza de visitantes non altere o estado de conservación dos hábitats naturais e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, de conformidade cos estudos de capacidade de carga dispoñibles para o parque natural.

iii. Non se poderá autorizar ningunha actividade extraordinaria se é contraria as normas, obxectivos ou funcionamento do parque natural, ou sexa incongruente cos establecidos no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

iv. Tampouco se poderán autorizar aquelas actividades extraordinarias que poidan ser susceptibles de provocar unha afección sobre os valores da xea, da biodiversidade ou do patrimonio natural, ou sexan susceptibles de xerar danos ás persoas ou ás propiedades ou que teñan unha incidencia negativa sobre as actividades que se realizan habitualmente no parque natural.

v. En todo caso, considéranse incompatibles as probas e as competicións en que se empregue a propulsión a motor.

vi. Posibilitarase o acceso a aquelas persoas que, de maneira temporal, queiran visitar o parque natural, e estarán suxeitas ás seguintes normas:

a. Soamente de poderá acceder logo de solicitude e unha vez comprobada a dispoñibilidade de prazas por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

b. Nas visitas dun día, o horario de visita será facilitado previamente aos visitantes, tomando como referencia o período comprendido desde dúas horas despois do amencer ata unha hora antes do anoitecer. Excepcionalmente, poderanse programar actividades organizadas polo parque natural fóra do período establecido.

c. Tras a experiencia acumulada na xestión do uso público do parque e atendendo a criterios de capacidade de carga (tanto a nivel espacial como temporal que garante un uso racional e sustentable do parque natural, sen causar desequilibrio ecolóxico nin producir unha afección significativa sobre os compoñentes de la biodiversidade), unifícase o número máximo diario de visitantes en 108 persoas, incluíndo visitas diarias e Aula da Natureza. Poderanse alcanzar 200 visitantes, cando se trate de actividades organizadas para a realización de eventos do parque natural.

d. As áreas e itinerarios que poderán ser empregados por este tipo de visitantes serán os sinalados para o efecto, e na súa gran parte serán itinerarios a pé, sen que poidan ser alterados por iniciativa do visitante. Ademais, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá establecer itinerarios para o emprego de bicicletas ou cabalarías.

e. As actividades que se poderán desenvolver concretaranse nas áreas autorizadas e sinaladas para o efecto.

f. Os visitantes absteranse de recoller ou subtraer calquera tipo de material biótico ou abiótico ou calquera obxecto, na súa integridade ou en partes, así como modificar calquera elemento que se atope no parque natural.

vii. A Aula da Natureza ten unha finalidade basicamente didáctica e estará suxeita ás seguintes normas:

a. Serán levadas a cabo en grupos, acompañados dos monitores correspondentes. Os grupos serán de escolares e centros educativos preferentemente da Comunidade Autónoma de Galicia e acordarán co organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural un programa de actividades para realizar.

b. O número máximo de participantes nestes grupos serán de 54 persoas, acompañados dun máximo de 4 monitores ou profesores.

c. O tempo máximo de estandía na Aula da Natureza por grupo será de ata catro días como máximo, ampliables excepcionalmente ata un total de 7 días.

d. Os grupos deberán realizar unha solicitude previa ante o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural para poder desenvolver as actividades de educación ambiental no parque natural. Estas solicitudes serán seleccionadas e atendidas por rigorosa orde.

e. O órgano competente en materia de patrimonio natural elaborará un programa de actividades da Aula da Natureza nos aspectos relativos ao coñecemento do medio natural, aos seus elementos, á súa dinámica, á ecoloxía ou a outros factores de interese. Así mesmo, implementará as medidas necesarias para previr e, de ser o caso, atender posibles casos de agresións sexuais ou de acoso que poidan producirse nas distintas actividades que desenvolva o parque, especialmente nas realizadas polas aulas da natureza.

f. O órgano competente en materia de patrimonio natural poñerá á disposición dos grupos da Aula da Natureza monitores convenientemente capacitados en actividades docentes no medio natural, así como os medios materiais adecuados para realizar as actividades.

g. Será imprescindible para a autorización do uso das instalacións e acceso ao parque natural que os grupos de usuarios respecten as actividades que os monitores do órgano competente en materia de ambiente teñan previsto realizar.

h. Os grupos respectarán as instalacións materiais que se poñan á súa disposición. Así mesmo, comprometeranse a cumprir escrupulosamente as normas xerais de funcionamento e conservación do parque natural. Da mesma maneira, terán especial coidado en non alterar ou molestar as outras tarefas, programas ou actividades propias do funcionamento, xestión ou administración do parque natural.

i. Para as actividades da Aula da Natureza dedicaranse as edificacións, cos seus dormitorios, comedor, servizos e instalacións anexas, que para tal fin foron acondicionadas, e o resto do territorio habilitado para educación ambiental do parque natural, o soporte básico para poder realizalas.

j. Como complemento ás actividades da Aula da Natureza poderase habilitar unha zona próxima a esta para acampada e vivaqueo. En todo caso, será para uso exclusivo dos grupos de escolares e nas condicións que estableza o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

viii. As vías existentes no espazo natural clasifícanse en relación co uso público da seguinte maneira:

a. Libre tránsito: vías en que, logo de autorización de entrada no parque, se permite o uso de vehículos (mesmo autobuses), cabalos ou tránsito peonil, de acordo coa normativa e disposicións sectoriais en materia de circulación e seguridade viaria.

b. Tránsito restrinxido: aquelas vías que, debido á súa natureza ou en relación coas necesidades de racionalizar o tránsito de vehículos, cabalos ou persoas, se someten a unha regulación específica, incluíndo entre eles os seguintes: as vías sobre as cales o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural estableza unha regulación (temporal ou permanente) por necesidades de conservación dos recursos naturais a través da súa correspondente resolución, as vías de uso estritamente peonil (carreiros e sendas peonís) en que se prohibe o uso de vehículos e de cabalarías e as vías restrinxidas ao uso público delimitados pola normativa sectorial.

c. Das limitacións establecidas neste punto quedan exceptuados os vehículos de vixilancia, emerxencias e todos aqueles que conten coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ix. A circulación de vehículos nas vías existentes no parque natural limítase a unha velocidade máxima de 30 km/h.

x. Considéranse actividades prohibidas de acordo coa normativa do presente plan:

a. A navegación con calquera tipo de embarcación, salvo para a vixilancia e defensa do parque natural.

b. O exercicio da caza e da pesca, salvo para o mantemento e control das poboacións.

c. A acampada e o vivaqueo fóra das zonas habilitadas.

d. A presenza de animais de compañía soltos, así como o seu abandono.

e. O emprego de megáfonos, así como doutros aparellos de son que perturben a tranquilidade e a calma da fauna e do propio espazo natural.

f. A circulación e aparcadoiro sobre hábitats de interese comunitario ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación.

xi. Considéranse actividades permitidas por parte do organismo competente en materia de patrimonio natural:

a. As actividades de voluntariado directamente relacionados cos obxectivos operativos e de xestión do parque natural.

b. A circulación e aparcadoiro de vehículos no desenvolvemento de actividades de uso público (turístico, recreativo, deportivo, lecer, etc.) exclusivamente nas vías e áreas habilitadas para ese efecto.

xii. Son usos autorizables por parte do organismo competente en materia de patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

a. Aquelas actividades, recreativas e culturais, que se desenvolvan de forma que a intensidade, áreas e períodos de presenza de visitantes non altere o estado de conservación dos hábitats naturais e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, de conformidade aos estudos de capacidade de carga dispoñibles para o parque natural.

b. O uso con fins comerciais da imaxe, marca ou sinais de identidade gráfica do Parque Natural do Invernadeiro.

4.2.3.5. Recursos culturais.

a) Obxectivos.

i. Preservar o patrimonio cultural tanto material como inmaterial existente no parque natural, favorecendo a súa investigación e posta en valor.

ii. Difundir e divulgar os valores educativos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico do parque natural, para o enriquecemento cultural da sociedade no seu conxunto.

b) Directrices.

i. Velarase polo correcto estado de conservación dos bens integrantes do patrimonio cultural.

ii. Regularase e controlarase o acceso dos investigadores aos elementos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico e etnobiolóxico, co fin de proceder ao seu estudo.

iii. Posibilitarase o acceso do público, na medida en que iso non afecte negativamente a súa conservación, aos elementos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico, e integraranse, cando sexa posible, na rede de áreas recreativas.

iv. Elaborarase a infraestrutura informativa e educativa precisas (sinalizacións, paneis explicativos, folletos, etc.) para a necesaria posta en coñecemento do público dos valores do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico do parque natural. Procurarase que todos estes elementos de sinalización, información e divulgación respecten a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada das mulleres e dos homes, así como o emprego dunha linguaxe inclusiva.

v. Promoverase o fomento das accións de revalorización, conservación e rehabilitación do patrimonio cultural do parque natural, en harmonía coa preservación dos recursos naturais.

c) Normativa xeral.

i. Os indicadores de acceso que conduzan aos compoñentes do patrimonio cultural e etnográfico e ao mobiliario informativo que se coloque neles deberán ser coherentes co patrón formal e compositivo da sinalización do espazo protexido.

ii. Son actuacións permitidas e que poderán ser levadas a cabo polo organismo competente en patrimonio natural:

a. As restauracións e recuperacións do patrimonio cultural realizaradas de acordo cos obxectivos de conservación da paisaxe, a biodiversidade e a xeodiversidade.

4.2.3.6. Actividades científicas e de vixilancia.

a) Obxectivos.

i. Fomentar o coñecemento sobre a dinámica ou evolución dos compoñentes e dos procesos naturais no parque natural.

ii. Regular as actividades científicas e de monitoraxe do patrimonio natural e da biodiversidade no parque natural co fin de evitar a afección aos seus compoñentes.

b) Directrices.

i. Favorecerase a realización de traballos de investigación concibidos co obxecto de profundar no coñecemento do medio natural, flora, fauna, ecoloxía, dinámica e outros aspectos da natureza.

ii. Todos os traballos científicos ou de investigación que se realizarán no ámbito do parque natural utilizarán as técnicas e métodos que causen os menos impactos posibles para o medio natural.

iii. Limitarase a recolección de espécimes e mostras biolóxicas ou de rochas, minerais e fósiles aos casos estritamente necesarios e estableceranse as condicións de captura ou recollida en que se indiquen as cantidades, lugares, épocas e modo de realizalas.

iv. Crearase un depósito bibliográfico con copias dos estudos e traballos realizados no parque natural.

c) Normativa xeral.

i. As actividades de investigación que se desenvolvan no parque natural deberán contar coas autorizacións dos distintos órganos da administración que puidesen ser competentes, así como da autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, logo de presentación dunha memoria detallada en que se incluirán cando menos os seguintes puntos:

• Obxectivos perseguidos.

• Duración dos traballos.

• Materiais que se van a empregar.

• Metodoloxía.

• Actividades de campo que se van a realizar.

• Número, persoalidade e currículo dos investigadores.

• Responsable do programa ou plan.

• Aval dunha entidade ou personalidade de recoñecido prestixio científico. En caso de non posuíla, farase responsable o propio investigador ou o equipo que presenta a memoria.

ii. Non se autorizará ningunha actividade de investigación que poida ser susceptible de provocar a destrución ou alteración dos compoñentes da biodiversidade e da xeodiversidade.

iii. No caso de que as actividades de investigación se realicen sobre hábitats prioritarios ou sobre núcleos de poboación de especies de interese para a conservación, ou dos seus hábitats, asegurarase que estas non sexan susceptibles de xerar unha afección significativa sobre o seu estado de conservación.

iv. Os labores de investigación estarán suxeitas ás seguintes normas:

a. O número máximo de persoas que poden acceder simultaneamente ao espazo natural para a realización do seu proxecto ou plan de investigación será de dez persoas, e o tempo máximo de estandía continuada, de 15 días.

b. Para realizar estas actividades de investigación poderanse utilizar as instalacións que se indiquen na autorización, sempre que fosen solicitadas.

c. O investigador ou grupo de investigadores quedarán obrigados a facilitar ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural un exemplar do traballo, que quedará nas propias instalacións do espazo natural para estudo, consulta e contribución ao seu coñecemento.

d. En ningún caso as actividades de investigación poderán alterar ou entorpecer os labores de xestión e administración do parque natural, nin as outras actividades de uso público del.

e. Os investigadores quedan obrigados a respectar as normas xerais de funcionamento do Parque Natural do Invernadeiro.

f. Todas as actividades a que fai referencia esta disposición serán autorizadas con carácter gratuíto.

g. Facúltase o órgano administrativo superior responsable da xestión do espazo natural para ditar as normas complementarias que se precisen.

4.3. Normativa zonal.

O terceiro nivel vén marcado pola normativa zonal, de modo que para cada unha das unidades de zonificación recollidas no presente plan, delimitadas a partir do Decreto 166/1999, en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, se propón un réxime de ordenación e xestión específico, que responde en consecuencia ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais do parque natural.

4.3.1. Zona de reserva (zona I).

a) Definición.

i. Son aquelas áreas do parque natural que requiren un alto grao de protección por albergar os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

ii. Os territorios do parque natural incluídos na zona de reserva posúen un valor de conservación moi alto, constituídos por unha porción significativa de hábitats prioritarios ou, de ser o caso, de hábitats de interese comunitario, considerados moi raros, fráxiles ou de gran singularidade no conxunto do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Integran igualmente áreas prioritarias de conservación de especies de interese comunitario (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou das especies catalogadas como en perigo de extinción ou vulnerables a través dos seus correspondentes plans de recuperación ou conservación.

iii. Esta zona correspóndese co terzo norte do parque natural, comprende o val da Corga de Aguacenza, o Val do Figueiro e os vales de Casarello e Puxo Negro, que albergan as máis valiosas formacións de bosque autóctono do parque natural e que se corresponden coas cabeceiras de bacía de Ribeira Grande.

iv. Caracterízase por un relevo abrupto e inaccesible, con gran profusión de afloramentos de rocha en forma de cortados e barrancos de paredes verticais en pedra. As súas ladeiras están poboadas por queirogais que ven rota a súa uniformidade nos fondos dos vales onde permanecen bosques caducifolios de relativa extensión, caracterizados por carballos, bidueiros, abeleiras e acivros.

v. Debido ao seu valor ecolóxico, calquera uso ou calquera actividade que non se consideren dunha forma específica na normativa zonal serán considerados como prohibidos.

vi. A zona I (zona de reserva) ocupa unha superficie de 1.275,20 ha, o que representa o 22,38 % da superficie do parque natural.

b) Obxectivos.

i. Asegurar a conservación ou, de ser o caso, restauración dos hábitats e poboacións de especies silvestres de fauna e flora para lograr os obxectivos de conservación da Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000, evitando ou anulando a interferencia humana negativa sobre a dinámica do ecosistema.

c) Directrices.

i. Garantir a conservación dos compoñentes da xeodiversidade e da biodiversidade sobre os que se sustenta a declaración do parque natural, e das distintas figuras de protección que este engloba.

ii. Garantir a dinámica natural dos ecosistemas e dos hábitats naturais, eliminando ou minimizando as perturbacións de carácter antrópico que poidan afectar negativamente a súa composición biolóxica, estrutura ou funcionamento ecolóxico.

iii. Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes e de hábitats naturais e seminaturais.

iv. Manter nun estado de conservación favorable as especies endémicas, raras, ameazadas e catalogadas de flora e fauna, favorecendo a súa diversidade taxonómica e xenética.

d) Normas particulares.

i. Considéranse usos prohibidos:

a. Todo tipo de aproveitamento forestal.

b. A construción de calquera tipo de edificación.

ii. Considéranse usos permitidos:

a. A mellora da devasa perimetral, cando sexa necesario, coa condición de que non supoña ningún cambio no trazado, dimensión ou capa de rodaxe orixinal, salvo necesidades derivadas da defensa contra incendios forestais.

b. O acceso a pé queda permitido unicamente ao persoal propio do parque natural, ou en casos de evidente necesidade para a súa defensa.

iii. Considéranse usos autorizables por parte do organismo competente en patrimonio natural:

a. A recolección de material abiótico ou biótico, só para actividades de investigación.

b. A realización de actividades de investigación.

4.3.2. Zona de uso limitado (zona II).

a) Definición.

i. A zona de uso limitado está constituída por aquelas áreas que requiren dunha maior protección por presentar unha ou varias das seguintes características:

– Albergan valores naturais de excepcional rareza.

– Albergan valores naturais de especial interese pola súa escaseza e/ou diversidade.

– Albergan valores naturais de especial fraxilidade.

ii. Estas áreas inclúen na súa meirande parte hábitats prioritarios ou de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), pero tamén áreas prioritarias para a conservación de especies de interese comunitario (anexo II da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

iii. En termos xerais, corresponde coas áreas cuxa orientación da xestión responde prioritariamente á necesidade de manter e restaurar o bosque autóctono.

iv. Sitúase na banda central do parque.

v. O seu relevo caracterízase por pendentes de moi fortes a fortes; os fondos de val están poboados na actualidade polo bosque caducifolio, confundido co bosque ripícola, de maneira lineal ao longo dos cursos de auga, de escasa superficie e substituídos polos queirogais nas ladeiras baixas a altas.

vi. A zona II (zona de uso limitado) ocupa unha superficie de 1.480,89 ha, o que representa o 25,98 % da superficie do parque natural.

b) Obxectivos.

i. Manter ou, de ser o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado de conservación favorable.

c) Directrices.

i. Fomentar a conservación e restauración dos compoñentes das paisaxes culturais vinculadas con valores históricos e cos sistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

ii. Velar para que os aproveitamentos que se realicen sobre os recursos naturais empreguen técnicas que minimicen os impactos e sexan de carácter sustentable.

iii. Permítese a retirada de material vexetal, que quedará á disposición do organismo competente en materia de patrimonio natural para plans de restauración forestal, preferentemente no ámbito do parque ou no territorio contiguo do Macizo Central Orensán.

iv. O emprego de vehículos de motor a través das pistas existentes polos investigadores autorizados.

v. As actividades de xestión e conservación que se desenvolven sobre os ecosistemas e superficies vexetadas presentes nesta zona están orientadas a:

a. A xestión das masas de Pinus sp. co obxectivo de favorecer a súa transformación a masa mixta.

b. Realización de reforestacións baixo cuberta de piñeiral previamente aclarado para recuperar o bosque autóctono.

d) Normas particulares

i. Considéranse usos prohibidos:

a. A construción de calquera tipo de edificación.

ii. Considéranse usos permitidos:

a. Os labores de restauración, os tratamentos silvícolas e os aproveitamentos con criterios para masas protectoras tendentes á restauración do bosque autóctono, do bosque mixto e, se non hai máis remedio, á persistencia das masas arbóreas existentes, recollidos no Plan de xestión forestal.

b. O acceso a pé ao persoal propio do parque natural e os investigadores ou en casos de evidente necesidade para a súa defensa.

c. A circulación de vehículos de motor polas pistas existentes na actualidade, unicamente para o persoal propio do parque natural ou naqueles casos en que sexan de necesidade para salvagarda dos valores naturais do parque.

d. Excepcionalmente, poderán acceder a outras áreas aqueles outros vehículos diferentes en caso de forzada necesidade, por exemplo a extinción de incendios forestais.

e. A reintrodución de especies de fauna e a mellora dos seus hábitats cando se trate de especies moi minguadas nas súas poboacións ou que, desaparecendo, se teña constancia da súa existencia nestes territorios na antigüidade.

f. A retirada de material vexetal, que quedará á disposición do organismo competente en materia de patrimonio natural para plans de restauración forestal, preferentemente no ámbito do parque ou no territorio contiguo do Macizo Central Ourensán.

g. A mellora das pistas e das devasas existentes, sempre que non supoñan modificacións no trazado, dimensión ou capa de rodaxe, salvo necesidades derivadas da defensa contra incendios forestais.

h. A retirada de forma paulatina dos cercados de fauna, empezando por aqueles que albergan especies non autóctonas, supeditado á existencia dun plan de eliminación de los cercados. Mentres, a solta de animais procedentes dos cercados quedará supeditada á existencia dun plan de reintrodución.

iii. Considéranse usos autorizables por parte do organismo competente en patrimonio natural:

a. O acceso a pé restrinxido e controlado polos carreiros e pistas existentes para investigadores e para actividades de educación ambiental.

4.3.3. Zona de uso compatible (zona III).

a) Definición.

i. A zona de uso compatible está formada áreas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou hábitats de especies de interese para a conservación (especies dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, especies de aves migratorias e aves do anexo I da DC 2009/147/CE, especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas) que:

– Forman parte dunha matriz que inclúe elementos da paisaxe agraria tradicional e cultivos forestais.

– Sitúanse en espazos moi demandados polo uso público.

ii. Debido á existencia de valores naturais de importancia que tamén é necesario conservar, o uso público desenvolverase de maneira controlada.

iii. Esta zona esténdese desde o límite sur do parque natural ata a zona de protección especial. Caracterízase por ter a fisiografía máis accesible do parque e por ter a maior porcentaxe de superficie arborizada, fundamentalmente de coníferas.

iv. A zona III (zona de uso compatible) ocupa unha superficie de 2.942,63 ha, o que representa o 51,64 % da superficie do parque natural.

b) Obxectivos.

i. Manter ou, de ser o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado de conservación favorable.

ii. Mantemento dos usos agropecuarios (sementeiras, prados de sega e cabalos) que levan a cabo no parque natural, evitando que afecten a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

iii. Ordenación e regulación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

c) Directrices.

i. Fomentar a conservación e restauración dos compoñentes das paisaxes culturais vinculadas con valores históricos e cos sistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

ii. Propiciar un uso público racional e sustentable do parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e gozo do ambiente, tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

iii. As actividades de xestión e conservación que se desenvolven sobre os ecosistemas e superficies vexetadas presentes nesta zona están orientadas a:

a. A xestión das masas de Pinus sp. co obxectivo de favorecer a súa transformación a masa mixta.

b. Realización de reforestacións baixo cuberta de piñeiral previamente aclarado para recuperar o bosque autóctono.

d) Normas particulares.

i. Considéranse usos permitidos:

a. As repoboacións forestais, os tratamentos silvícolas e os aproveitamentos con criterios para masas protectoras tendentes á restauración do bosque autóctono, do bosque mixto e, se non hai máis remedio, á persistencia das masas arbóreas existentes, incluídos no Plan de xestión forestal.

b. O cultivo de pequenas monteiras de gramíneas de variedades autóctonas orientadas á alimentación da fauna silvestre, e así fomentar a presenza de rapaces, e a presenza de 5 cabalos que contribúen ao mantemento e control da vexetación.

c. A recollida de sementes, froitos e material vexetal para a rexeneración de hábitats no parque natural.

d. O acceso de vehículos motorizados (incluíndo autobuses) ata as casas existentes na Ribeira Pequena e ata a Aula da Natureza na Ribeira Grande.

e. A circulación a pé e en bicicletas por parte dos visitantes do parque unicamente polas pistas e camiños habilitados.

f. O desmantelamento da estación de desova situada na Ribeira Grande, en desuso e mal estado na actualidade, para eliminación de obstáculos e recuperación do hábitat fluvial.

g. A retirada de forma paulatina dos cercados de fauna, empezando por aqueles que albergan especies non autóctonas, supeditado á existencia dun plan de eliminación de los cercados. Mentres, a solta de animais procedentes dos cercados quedará supeditada á existencia dun plan de reintrodución.

h. A apertura de novas sendas exclusivamente para uso a pé como rutas de sendeirismo e de interpretación da natureza.

i. As instalacións non industriais de produción de enerxía renovable.

ii. Considéranse usos autorizables:

a. A realización de actividades e probas de carácter deportivo a pé a través das vías de «libre tránsito», sempre e cando non supoñan unha afección significativa sobre a integridade do parque natural ou sobre o estado de conservación dos compoñentes clave para a biodiversidade (hábitats e especies protexidas) e a xea.

5. Plan de xestión de emerxencias.

5.1. Obxecto.

Os plans de emerxencia pretenden coa súa implantación optimizar a utilidade dos recursos técnicos e humanos dispoñibles, co obxectivo de controlar de forma rápida a evolución da emerxencia e minimizar as consecuencias.

Os conceptos de accidente e emerxencia están moi relacionados entre si, e poden definirse como sucesos inesperados ou non desexados que interrompen o desenvolvemento normal dunha actividade. Nalgúns casos comportarán consecuencias económicas e noutros produciranse lesións a persoas.

As medidas contra accidentes-emerxencias son a prevención, a protección e a reparación. A prevención, como medidas dirixidas a que non se produza a situación non desexada; a protección, como conxunto de medidas que tenten neutralizar a emerxencia producida; e a reparación, como conxunto de medidas dirixidas a reparar o dano provocado polo accidente ocorrido.

5.2. Introdución.

5.2.1. Plans de protección civil en Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias en materia de protección civil, elabora o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga). Este é un instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo como emerxencia para estes efectos aquela emerxencia non ordinaria, é dicir, aquela que supera a capacidade de resposta dos dispositivos habituais de atención a emerxencias, e que non necesita, por tanto, das medidas adicionais e extraordinarias que supoñen a activación do plan.

Dentro do territorio galego atópanse desenvolvidos os plans especiais:

– Mercadorías perigosas: enquisa TMP 2013 (transporte de mercadorías perigosas).

– Inundacións.

– Incendios forestais.

– Sismigal (Sísmico en Galicia).

Estes plans supoñen a planificación das respostas fronte ás diferentes situacións de emerxencia, a intervención para anular as causas, corrixir e minimizar os efectos das catástrofes e as calamidades públicas, restablecer os servizos esenciais, preparar as persoas que pertencen a grupos de intervención, informar e formar as persoas e colectivos implicados.

O Peifoga é o plan de protección civil e emerxencias por incendios forestais de Galicia e prevé a redacción de plans de actuación municipal, con obxecto de establecer a organización e o procedemento de actuación dos recursos e servizos.

5.2.2. Zonas de alto risco de incendios (ZAR).

O Parque Natural do Invernadeiro queda incluído no Peifoga dentro das áreas xeográficas de alto risco de incendio forestal. Pertence ao distrito forestal XIV Verín-Viana.

Estas áreas xeográficas presentan un alto nivel de risco para as persoas, infraestruturas e bens inmobles ou ben son zonas que polo seu valor ecolóxico merecen unha atención especial, cun índice de perigo local alto.

missing image file

Figura 4. Plan especial de protección civil ante emerxencias de incendios (Peifoga).

5.3. Medio físico.

As características do territorio, ámbito xeográfico e rede de infraestruturas quedan descritas ao longo do desenvolvemento do presente PRUX.

5.4. Identificación dos riscos.

Segundo o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), defínense os riscos como os posibles fenómenos ou sucesos de orixe natural, xerados pola actividade humana ou a interacción de ambos que poden dar lugar a danos para as persoas, bens e/ou o ambiente.

Xenericamente pódense definir tres tipos principais de riscos:

5.4.1. Riscos naturais.

Inclúense aqueles riscos debidos a factores xeográficos e climáticos. En ocasións son riscos predicibles en función da situación atmosférica e xeográfica das zonas. Adoitan manterse nun nivel constante ao longo do tempo. En xeral, obrigan a unha planificación sobre as consecuencias.

Dentro do ámbito de estudo pódense establecer os seguintes:

– Nevaradas: producen o illamento de poboación e danos en bens.

– Xeadas: producen accidentes de tráfico e afectan o tránsito normal de persoas. Poden afectar tamén os servizos.

– Inundacións: producen illamentos de poboación, grandes perdas de bens e de materiais e chégase en ocasións á perda de vidas humanas.

– Temporais (ventos, furacáns, tornados): provocan illamentos de poboación debido aos danos que se producen no medio.

– Choivas intensas (persistentes, continuas): poden describirse do mesmo xeito que o grupo anterior.

– Sismos: de efectos practicamente instantáneos. A planificación realizarase sobre as consecuencias do evento e non sobre a súa prevención.

– Derrubamentos, aludes e corrementos de terreos ou terras (incluídos os Karst).

5.4.2. Riscos tecnolóxicos.

Débense á existencia de actividades de carácter tecnolóxico e de estruturas fixas ou móbiles, deseñadas e construídas polo home. Os seus efectos son facilmente predicibles, pero non se pode definir a priori en que momento se van producir. O factor de prevención é moi importante, o risco pódese reducir de modo drástico.

5.4.3. Riscos antrópicos.

Son aqueles provocados ou derivados das accións ou actividades humanas que se foron desenvolvendo ao longo do tempo. Están directamente relacionados coa actividade e comportamento do home.

– Asociados ao tráfico e transporte público: fan referencia a accidentes de vehículos.

– Incendios forestais.

– Actividades deportivas.

– Asociados ao risco doméstico: electricidade, auga, etc.

Estes riscos quedan definidos especificamente en maior medida no desenvolvemento do presente PRUX.

5.5. Medidas de protección.

Considéranse como medidas de protección as accións encamiñadas a impedir ou diminuír os danos a persoas e bens materiais, naturais ou culturais que poidan producirse, ou que se producen, en calquera tipo de emerxencia.

As medidas de protección refírense a:

5.5.1. Medidas de protección á poboación.

Considéranse, como mínimo, as seguintes:

– Avisos á poboación afectada.

– Confinamento en lugares seguros.

– Evacuación e asistencia social.

– Seguridade cidadá.

– Control de accesos.

5.5.2. Medidas de socorro.

Considerando as situacións que representan unha ameaza para a vida e saúde das persoas:

– Procura, rescate e salvamento.

– Primeiros auxilios.

– Transporte sanitario.

– Clasificación, control e evacuación de afectados con fins de asistencia sanitaria e social.

– Asistencia sanitaria.

– Albergue de emerxencia.

– Abastecemento (referido aos equipamentos e subministracións necesarios para atender a poboación afectada).

5.5.3. Medidas de protección aos bens.

Considérase:

– A súa protección propiamente dita.

– Evitar riscos asociados.

5.5.4. Medidas reparadoras referidas á rehabilitación dos servizos públicos esenciais.

Cando a súa carencia constitúa unha situación de emerxencia ou perturbe o desenvolvemento das operacións:

– Para garantir estas actuacións, pode ser necesario, ademais, realizar outras medidas tales como:

• Regulación do tráfico.

• Condución dos medios á zona de intervención.

• Apoio loxístico aos intervenientes.

• Establecemento de redes de transmisións.

• Abastecemento.

5.6. Plan de xestión de emerxencias do Parque Natural do Invernadeiro.

5.6.1. Clasificación de emerxencias.

As emerxencias clasificásense, no momento e época do ano en que se producen, segundo o tipo de risco, da gravidade ou consecuencias que poidan ter e da dispoñibilidade de recursos humanos.

As emerxencias por incendios forestais recóllense no punto específico 5.6.2., conforme o establecido no Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), polo que se regula a organización, os procedementos de actuación e a utilización e a coordinación e mobilización dos medios e dos recursos, nas situacións de emerxencia por incendios forestais.

5.6.1.1. Segundo o tipo de risco.

Segundo as situacións de risco que poden derivar nunha emerxencia, clasifícanse as emerxencias en:

– Emerxencia por nevaradas.

– Emerxencia por tormentas ou riadas.

– Emerxencia por desprendementos.

– Emerxencia médica ou perda de persoas.

– Emerxencia por accidente de tráfico interno.

5.6.1.2. Segundo a gravidade.

5.6.1.2.1. Fase de alerta.

Defínese fase de alerta como aquelas situacións de risco por fenómenos naturais en que se prevé o aumento do risco para a actividade no parque natural.

Son situacións en que non se iniciou ningún tipo de emerxencia, pero nas cales o persoal do parque natural e o corpo de axentes forestais e ambientais do parque se ven obrigados a aumentar a vixilancia e aplicar nalgúns casos medidas preventivas.

Serán situacións deste tipo:

– A previsión de risco de fortes nevaradas.

– A previsión de tormentas intensas e inundacións.

5.6.1.2.2. Nivel 1: incidente ou conato de emerxencia.

Definimos incidente como aquelas situacións de risco que poden ser controladas de forma rápida e eficaz polo persoal e os medios propios do parque natural e o corpo de axentes forestais destinados ao parque.

Serán situacións que afecten unha persoa, grupo de persoas ou que se dean en zonas puntuais, onde non se prevexa a posible evolución a situacións máis graves e non sexa necesaria a intervención de servizos de salvamento externos ao parque natural.

Segundo os tipos de risco do punto anterior, son situacións deste tipo:

– Pequenos accidentes ou enfermidades sufridas por algún visitante ou traballador que non requiran tratamento médico especializado.

– Tormentas con previsións de curta duración onde sexa necesario refuxiar temporalmente os visitantes.

– Caída de árbores e outros obstáculos que afecten a actividade normal do parque.

5.6.1.2.3. Nivel 2: emerxencia parcial.

Definimos emerxencia parcial como aquelas situacións de risco en que é necesaria a intervención do corpo de bombeiros. Afectarán só unha persoa, un grupo de persoas ou daranse puntualmente nunha determinada zona, e non será necesaria a protección ou evacuación xeral de todo o persoal do parque e zona periférica de protección.

Estas situacións son as máis frecuentes, sobre todo en períodos de máxima afluencia. Para a súa resolución establecerase un mando conxunto entre os grupos de rescate e/ou extinción de bombeiros e axentes forestais e ambientais, estes últimos con funcións asesoras e de colaboración, baixo a dirección dos servizos especializados. Requirirase a axuda necesaria do resto de persoal do parque. En caso de rescate por vía terrestre, será imprescindible manter as vías libres de calquera obstáculo para facilitar o acceso aos servizos especializados.

Segundo a tipoloxía de risco descrita, son exemplos de emerxencia parcial:

– Accidentes de montaña e sucesos de orixe natural que, pola súa gravidade ou difícil acceso, requiren a intervención de bombeiros ou protección civil.

– Accidentes por fortes nevaradas.

– Desprendementos de rocha que afecten o paso por pistas e camiños e zonas de maior afluencia, que supoñan perigo para o visitante e persoal do parque ou producisen accidentados ou vítimas.

– Accidentes en deportes de risco e en zonas de difícil acceso.

– Emerxencias e urxencias médicas.

– Perda de persoas.

– Accidentes derivados do tráfico interior do parque e zona periférica de protección.

5.6.1.2.4. Nivel 3: emerxencia xeral.

Defínense como emerxencia xeral aquelas situacións de risco que, pola súa gravidade e dimensión, requiren a intervención coordinada de bombeiros, axentes forestais e ambientais e todo o persoal do parque, e sexa necesario confinar e/ou evacuar os visitantes nalgunha zona ou na totalidade do parque.

Afectan extensións grandes de territorio e en épocas de máxima afluencia poden derivar en situacións catastróficas. Para a súa resolución será necesaria a intervención conxunta e coordinada de servizos especializados, asesorados por axentes forestais e ambientais do territorio e a colaboración de todo o persoal do parque e outros externos locais en caso necesario.

Se a emerxencia afecta de forma xeral todos os municipios ou comarcas, actuarase segundo os plans territoriais, plans de actuación municipal e/ou plans especiais que sexan de aplicación.

Segundo a tipoloxía do risco descrita, son exemplos de emerxencia xeral:

– Grandes nevaradas.

– Grandes inundacións.

Tipo de emerxencia

Alerta

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nevaradas

1. Previsión de risco de nivel 3.

 

1. Persoa atrapada por nevaradas.

1. Illamento de gran número de persoas.

2. Gran número de vítimas.

Tormentas/riadas

1. Previsión de tormentas intensas e posibles inundacións

1. Tormentas de curta duración.

2. Previsión de enchentes xerais en cursos de auga.

1. Caída de lóstregos a persoas.

2. Accidentes por enchentes localizadas en ríos ou barrancos.

1. Enchente de barrancos e ríos.

Desprendementos

 

1. Caída de árbores, rochas ou obstrución de vías que afecten a actividade.

1. Desprendementos que supoñan perigo para o visitante e persoal.

2. Visitantes illados ou atrapados por desprendemento.

3. Vítimas por desprendemento de rochas.

1. Illamento de gran número de persoas.

E. médica/perda de persoas

 

1. Dores de cabeza.

2. Insolacións.

3. Bochas.

4. Picaduras de insecto.

5. Queimaduras.

6. Cortes pouco importantes.

7. Outros.

1. Accidentes de montaña.

2. Hipotermia.

3. Conxelación.

4. Hemorraxia.

5. Traumatismo.

6. Fracturas e escordaduras, torceduras

7. Diarreas.

8. Vómitos.

9. Picaduras de víbora.

10. Perda de persoas.

11. Ataque ao corazón.

12. Shock.

 

Accidente tráfico

 

1. Vehículos en gabias.

2. Vehículos atrancados na neve.

1. Accidentes de tráfico.

 

Táboa 18. Cadro de clasificación de emerxencias

5.6.2. Emerxencias por incendios forestais.

As emerxencias por incendios forestais serán xestionadas de acordo cos procedementos operativos establecidos no Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) para as situacións 0 e 1, así como no Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga) para a situación 2.

O índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) determina, para cada día, o risco de ocorrencia dun lume forestal, é de acceso público, pode ser consultado na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.gal e divúlgase cunha periodicidade diaria cando o nivel do índice de risco é alto, moi alto ou extremo. Deste xeito poderase empregar o IRDI co fin de determinar en que épocas do ano convén incrementar a vixilancia no parque natural ou adoptar medidas preventivas extraordinarias.

5.6.2.1. Detección de incendios forestais e verificación do lume.

O paso previo á activación do Peifoga por unha emerxencia por incendios forestais é a detección e o aviso da existencia dun lume forestal. Os pasos para seguir tras a detección dun lume forestal, independentemente de quen o detecte, son os establecidos na epígrafe 8.8.1. do Pladiga, e os destinatarios finais do aviso son o Centro de Coordinación de Distrito (CCD) ou o Centro de Coordinación Provincial (CCP).

No caso de que sexa o persoal do parque natural quen detecte un lume forestal, comunicaráselle inmediatamente a alarma ao respectivo CCD ou CCP, e realizarase unha primeira avaliación da importancia do lume.

Tras ter coñecemento dun lume seguirase o procedemento establecido na epígrafe 8.8.2. do Pladiga. Deste xeito o CCD asignará medios e persoal ao lume, que se aproximarán de acordo co procedemento establecido na epígrafe 8.8.3. do Pladiga.

5.6.2.2. Extinción.

Unha vez que se confirme que se trata dunha emerxencia por lume forestal e en función da avaliación que realice o/a director/a técnico/a de Extinción, determinarase a situación operativa que corresponde en función do índice de gravidade potencial do lume, e as posibles situacións de activación do Peifoga son as que se expoñen a continuación.

– Situación 0: o plan atópase activado en situación 0 a partir do momento en que se detecta un incendio forestal. É a situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar só bens de natureza forestal e poidan ser controlados cos medios e recursos do propio plan local ou da Comunidade Autónoma, incluídos os medios do Estado, coa condición de que estes últimos actúen dentro da súa zona de actuación preferente. A situación 0 corresponderase con carácter xeral a incendios con IGP0.

– Situación 1: situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente bens forestais e, se é o caso, levemente a poboación e os bens de natureza non forestal e que poidan ser controlados cos medios e recursos do plan da Comunidade Autónoma, ou para cuxa extinción poida ser necesario que, por solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma e tras a valoración da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior ou da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segundo corresponda, sexan incorporados medios extraordinarios. O plan activarase en situación 1 para incendios IGP0 cando sexa necesaria a incorporación de medios extraordinarios, ou ben para incendios IGP1, declarados así porque o dano esperado é considerable, pola extensión do incendio ou polas características da masa afectada, pero nos cales non é necesario poñer en práctica medidas de protección dirixidas á poboación allea ao dispositivo de extinción.

– Situación 2: situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente a poboación e os bens de natureza non forestal, e que exixen a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. Pode ser necesario que, por solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma, sexan incorporados medios extraordinarios ou que poden comportar situacións que deriven cara ao interese nacional. O plan activarase en situación 2 para incendios IGP1 ou superiores cando a cualificación veña motivada pola afección á poboación e aos bens de natureza non forestal (vías principais de comunicación e redes principais de subministración) e sexa necesario adoptar medidas de protección dirixidas á poboación, tales como evacuación e/ou albergue. A cualificación da situación operativa do plan será establecida polo/a director/a do plan a través do centro de coordinación central do SPDCIF para as situacións 0 e 1 e, polo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia que estea afectada polo lume, para a situación 2, por proposta do Centro de Coordinación Central do SPDCIF. Esta cualificación poderá variar de acordo coa evolución do incendio. Así mesmo, a situación operativa 1 será comunicada ao organismo competente en materia de protección civil a través do CAE112.

– Situación 3: situación de emerxencia correspondente e consecutiva á declaración de emerxencia de interese nacional por parte do Ministerio do Interior. Efectuarase por propia iniciativa ou por instancia do conselleiro competente en materia de protección civil ou do delegado do Goberno en Galicia.

Se o persoal do parque natural dispón de formación en extinción de incendios forestais, de equipamentos de protección individual e de ferramentas de extinción, poderase realizar un primeiro ataque, co fin de intentar controlar o lume.

5.6.3. Inventario de medios humanos e materiais no interior do parque natural.

5.6.3.1. Persoal.

O persoal do Parque Natural do Invernadeiro será o establecido na relación de postos de traballo da consellería competente en materia de patrimonio natural.

5.6.3.2. Medios materiais.

Considéranse medios materiais do Parque Natural do Invernadeiro para ter en conta en caso de emerxencia todos aqueles vehículos e ferramentas dispoñibles no territorio do parque. Isto supón os medios á disposición de axentes, gardas, peóns e vixiante.

O parque natural dispón de:

– 5 vehículos 4x4.

– 1 tractor con diversos apeiros (coitela polidozer, rozadora traseira e arados).

5.6.3.3. Materiais de primeiros auxilios.

O Parque Natural do Invernadeiro dispón de caixas de primeiros auxilios con material para curas, desinfectantes e antisépticos, analxésicos, antiácidos, antiinflamatorios e pomadas para queimaduras e golpes.

Dispoñen de caixas de primeiros auxilios todas as instalacións do parque, así como todos os vehículos.

5.6.4. Infraestruturas.

5.6.4.1. Vías principais de acceso ao parque.

Para identificar as posibilidades de acceso ao parque, definimos como vías principais de acceso aquelas estradas nacionais, comarcais e locais que dan acceso ao parque desde os núcleos de poboación máis próximos onde se concentran os medios externos ao parque.

A principal vía de comunicación do parque é a autovía A-52 ou a estrada N-525 ata Verín. Unha vez alí tómase a estrada comarcal en dirección a Laza (OU-114), desviándose ata Campobecerros (concello de Castrelo do Val). Desde este lugar accédese por unha pista forestal asfaltada ao parque natural, que se atopa a uns 8 km ao norte.

5.6.4.2. Vías de evacuación.

Defínense como vía principal de evacuación todas aquelas pistas forestais primarias con anchura suficiente para permitir a circulación cruzada de dous vehículos 4x4 ou 2 BRL (bomba rural lixeira) a través das cales se accede ás estradas locais e comarcais descritas no punto anterior.

A principal vía de evacuación é a pista forestal que percorre a zona sur do parque e que une a entrada de acceso ao parque coa Ribeira Pequena e coa Ribeira Grande.

5.6.4.3. Puntos de reunión.

Defínense como puntos de reunión aqueles onde se unen os itinerarios turísticos coas vías principais de evacuación definidas no punto anterior, que son de fácil acceso aos vehículos de rescate e que a partir deles permiten o traslado rápido cara ao exterior do parque natural. Son puntos de reunión sempre que calquera factor natural non supoña un risco para o visitante.

Considéranse puntos de reunión os que dispoñen dalgunha destas características:

– Proximidade a unha pista transitable.

– Ocupada por persoal do parque.

– Con emisora ou posibilidade de comunicación.

Punto

Persoal

Teléfono/emisora

Acceso de vehículos

Centro de recepción do parque

Gardas forestais

Non

Vía transitable

Aula da natureza

Non

Non

Vía transitable

Táboa 19. Puntos de reunión.

5.6.5. Telecomunicacións.

O Parque Natural do Invernadeiro integrouse dentro da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de seguridade e emerxencias de Galicia (Resgal), baseada na tecnoloxía Tetra, que garante a interconexión segura e fiable e altos niveis de dispoñibilidade das comunicacións, mesmo en situacións extremas ou de saturación (doutras redes).

Resgal permite integrar, por primeira vez, nun mesmo sistema todos os colectivos que participan na resolución de emerxencias (Axega/112, UPA, 061 e o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), o que facilita unha intervención máis efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplificar as tarefas de coordinación entre eles. Ademais, posibilita a xeolocalización vía GPS en tempo real da posición de todos os dispositivos de emerxencia.

O teléfono 112, único no ámbito europeo e con resposta inmediata as 24 horas do día, centraliza as chamadas de urxencia, co obxecto de que a cidadanía poidan solicitar os servizos públicos de urxencias sanitarias, de extinción de incendios, salvamento, seguridade cidadá e de protección civil cando estean ante unha situación de emerxencia. A persoa que chame a este teléfono deberá informar do seu nome, enderezo, municipio, teléfono e tipo de sinistro. Segundo o artigo 18 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, correspóndelle á Axencia Galega de Emerxencias (Axega) xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 de Galicia e prestar materialmente a asistencia requirida polos cidadáns e polas cidadás a través del, ou dar o traslado, segundo se estableza regulamentariamente, daquelas que lle corresponde atender a outros organismos competentes na materia.

O 085, teléfono da Central de Defensa Contra Incendios, permite dar conta da aparición de calquera incendio forestal que, independentemente das súas dimensións, debe ser inmediatamente coñecido e atacado con todos os medios posibles.

O 061 é o teléfono do Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias a que pode chamar calquera persoa da Comunidade Autónoma Galega que se atope ante un problema médico urxente. Desde unha única Central de Coordinación situada en Santiago de Compostela centralízase a atención a todas as chamadas procedentes de calquera cidadán que se atope na comunidade; é aquí onde se reciben as chamadas, se analiza a información obtida e, se a urxencia o require, é de aquí de onde parten as ordes para a mobilización dos recursos móbiles con que conta na actualidade a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

5.6.6. Outras medidas preventivas e medios de protección.

Para facilitar os traballos de prevención e extinción de incendios detállase a relación de infraestruturas e medios, tanto internos como externos, dispoñibles no parque para este fin.

– Existen 6 puntos de auga operativos no parque, adecuados para a carga de motobombas.

– O encoro das Portas, límite sur do parque, permite a carga de auga para helicópteros e avións anfibios.

– BRIF (brigada de reforzos contra incendios) de Laza, situada a 14 km en liña recta do parque.

– Base de helicópteros de Vilamaior do Val, concello de Verín, a 20 km en liña recta do parque.

– Sede do distrito forestal XIV, situado en Verín, a 31 km en liña recta do parque.

– Teléfono da Central da Defensa Contra Incendios: 085.

– Teléfono da Garda Civil de Verín: 988 41 00 05.

– Emerxencias 112.

5.6.6.1. Medidas de protección do visitante.

O Parque Natural do Invernadeiro adopta as seguintes medidas de protección do visitante:

– Sinalización de itinerarios e paneis informativos.

– Instalación de valos de protección.

– Construción de pontes e pasarelas sobre ríos.

Ademais, aqueles visitantes que accedan ao parque natural e se dispoñan a percorrer algunha das pistas de sendeirismo sinalizadas para tal fin deberán adoptar as súas propias medidas preventivas:

– Dispoñer de roupa e protección contra o frío, choiva, neve e sol.

– Levar un teléfono móbil co cal poder poñerse en contacto co persoal do parque ou Servizo de Emerxencia en caso de accidente ou incidencia.

– Consultar as previsións meteorolóxicas.

5.6.6.2. Extintores.

As instalacións do parque natural están adaptadas ás actuais normativas de riscos laborais e, por tanto, aquelas que realizan algunha actividade con risco a desencadear unha ignición dispoñen de extintores.

Os extintores dispoñeranse a unha altura sobre o nivel do solo de 1,70 metros, tal como dispón o Regulamento de instalacións de protección contra incendios, Real decreto 1942/1993, do 5 de novembro.

Igualmente, todos os vehículos do parque dispoñen de extintores.

5.7. Accións para realizar en caso de incidente e emerxencia.

Os diferentes incidentes e emerxencias requirirán a intervención de persoas e medios para garantir en todo momento:

Alerta: ao recibir calquera aviso de previsión do risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (nevaradas, choivas intensas ou inundacións e risco alto de incendio), transmitirase a alerta ao persoal do parque, axentes forestais e ambientais, visitantes e colectivos autorizados a realizar actividades no interior do parque, e adoptaranse as medidas preventivas que se crean necesarias.

Aviso-detección: calquera persoa que detecte un incidente ou emerxencia debe poder transmitir, por emisora, teléfono ou persoalmente, a alerta a un lugar permanentemente ocupado (central, teléfono móbil). Esta, da forma máis rápida posible, poñerá en acción o resto do persoal do parque, e comunicarállelo aos servizos exteriores do parque natural, no caso de ser necesario.

Alarma: informarase da actuación máis conveniente e da aplicación doutras medidas de protección; e como paralizarase o tráfico para permitir o acceso aos servizos especializados, se fose necesario.

Confinar: realizarase o confinamento ante unha situación perigosa que se atenúa rapidamente.

Evacuar: a evacuación é unha medida definitiva que se xustifica unicamente se o perigo a que se expoñen os visitantes é suficientemente grande. A orde de evacuación daraa o mando de bombeiros. Constaría das seguintes etapas:

– Aviso de evacuación.

– Preparación: as persoas concentraranse nos puntos de reunión indicados e prepararanse os medios de transporte.

– Traslado: realizarase o traslado cos medios previstos.

Intervención: para o control dos incidentes. Esta realízase cos medios do parque natural e debe ser rápida e precisa para obter a máxima eficacia.

Axudas externas: recepción e información aos servizos de axuda exterior ao parque natural, asesoramento e colaboración.

5.8. Equipos de parque natural.

A creación dos equipos do Parque Natural do Invernadeiro comporta unha xerarquización e asignación das funcións que deberá realizar o persoal en caso de incidente e emerxencia.

Estes equipos estarán organizados para actuar segundo os esquemas operativos en caso de incidente e emerxencia.

De forma xeral todos eles:

– Coñecerán a existencia do plan de emerxencia.

– Coñecerán as situacións de risco posibles, no ámbito do parque e zona periférica de protección.

– Coñecerán os medios materiais de que dispón o parque natural e a súa localización.

– Serán capaces de identificar unha situación de risco e transmitir a alarma segundo as secuencias de actuación do plan de emerxencia.

– Serán capaces de realizar unha primeira actuación nos casos de incidente.

5.8.1. Centro de Recepción de Alarmas (CRA).

É o centro onde se reciben as alarmas de ámbito do parque natural e punto neurálxico de todo incidente interno, xa que todas as actuacións se coordinan desde aquí.

Dado que é o lugar onde se coordinan os incidentes, debe cumprir os requisitos mínimos e necesarios, propios para a realización do seu fin. Estes requisitos engloban os medios (comunicacións normais e as asignadas en caso de incidente, inventario de recursos, directorios, planos, etc.). Normalmente o Centro de Recepción de Alarmas considérase o lugar de traballo ocupado pola Central Telefónica.

A persoa responsable da central do Centro de Recepción do Parque Natural do Invernadeiro será quen transmitirá todas as ordes facilitadas polo responsable de emerxencias, con quen sempre permanecerá en contacto; no caso de non haber ninguén na central chamarase directamente ao 112.

Cando se reciba o aviso de incidente ou emerxencia, realizarase o seguinte:

– Avisará sen demora o responsable de emerxencias.

– Activará os equipos de primeira intervención do parque en que se dea o incidente.

– Transmitirá ao interior todos os avisos aos diferentes equipos de intervención establecidos ou que o responsable de emerxencias determine.

– Transmitirá ao exterior as solicitudes de axuda do responsable de emerxencias.

– Atenderá e establecerá as comunicacións co exterior, organismos oficiais, etc.

– Transmitirá todas as instrucións e ordes en todos os sentidos, tanto a equipos de intervención do parque como ao resto do persoal e visitantes.

– Anotará o desenvolvemento e cronoloxía das accións tomadas durante o incidente ou emerxencia.

– Encargarase da actualización do directorio de teléfonos.

5.8.2. Responsable de emerxencias (RE).

É a máxima autoridade do parque natural en caso de incidentes e en caso de emerxencia ata que cheguen as axudas externas ao parque natural. O responsable de emerxencias debe ser capaz de avaliar a situación e decidir en cada caso a actuación máis conveniente.

Dado que os axentes forestais e ambientais teñen o perfil máis adecuado e dadas as súas funcións noutros plans de emerxencia de nivel superior (de avaliación da emerxencia, asesoramento técnico e intervención), ademais do coñecemento do territorio, o responsable de emerxencias e os seus substitutos deben formar parte do corpo de axentes forestais e ambientais, destinados no parque natural. No caso de que nalgunha quenda non haxa ningún axente forestal e ambiental, o persoal do parque de maior rango asumirá o labor de responsable de emerxencias.

As súas funcións serán:

– En caso de incidente, ao recibir a alarma directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas, trasladarase ao lugar do incidente ou enviará o equipo de intervención do parque máis próximo, manténdose en contacto.

– En caso de calquera incidente informará o Centro de Recepción de Alarmas da evolución ata que quede resolto.

– Avaliará a gravidade do incidente e decidirá a actuación máis conveniente, dando as ordes de actuación a cada equipo do parque natural.

– En caso que considere que o incidente pasa a niveis de maior gravidade, notificará a emerxencia ao Centro de Recepción de Alarmas e avisará a través deste ao Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– Unha vez resolto o incidente dará a orde de final de incidente.

– Unha vez valorada a emerxencia como parcial ou xeral e dado o aviso, trasladarase ao acceso onde se produciu a emerxencia para recibir as axudas externas ao parque natural.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, dará a orde aos equipos de alarma e evacuación de manter libres as vías de acceso para os medios externos.

– Unha vez chegadas as axudas externas, unirase ao mando de bombeiros, informarao, asesorarao e conducirao ao lugar da emerxencia.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, xunto co mando dos servizos de rescate, decidirá a reorganización dos equipos do parque.

– En caso de emerxencia xeral, debe prever xuntamente co mando dos servizos de rescate os posibles confinamentos ou evacuacións e os medios do parque que serán necesarios.

– Investigará as causas do incidente e redactará un informe.

5.8.3. Equipos de primeira intervención do parque (EPIP).

Os equipos de primeira intervención do parque estarán formados polos axentes forestais e ambientais e o persoal do Centro de Recepción de Visitantes.

Será o equipo encargado de resolver de forma rápida e eficaz as situacións de nivel 1 de gravidade; por tanto, deben ser capaces de localizar correctamente o lugar do incidente, manter a calma e utilizar as ferramentas e equipos de intervención.

As súas funcións serán:

– Observar, asesorar e guiar os visitantes, como medida preventiva contra calquera situación de risco.

– Dar o aviso ao Centro de Recepción de Alarmas de calquera situación de incidente ou emerxencia que se detecte, informando quen fala, que sucede e onde sucede.

– Resolverán de forma rápida e eficaz calquera dos incidentes de nivel 1 de gravidade ou pedirán axuda a través do RE e/ou CRA aos equipos de primeira intervención do parque ou de primeiros auxilios máis próximos.

– Despois que a emerxencia sexa valorada polo responsable de emerxencias como de emerxencia parcial ou xeral, serán os encargados de realizar unha primeira actuación ata a chegada das axudas especializadas externas ao parque.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, poñeranse á disposición das axudas externas especializadas segundo as directrices do mando de bombeiros e responsable de emerxencias do parque.

– Actuarán como reforzo de vixilancia das zonas de emerxencia xa controladas.

5.8.4. Equipos de primeiros auxilios (EPA).

Os equipos de primeiros auxilios formaranos o persoal de mantemento do Parque Natural do Invernadeiro, dispoñen como mínimo dunha caixa de primeiros auxilios con material básico e teñen formación en primeiros auxilios. Ante calquera accidentado as funcións deste equipo serán:

– Asegurarse que o accidentado ou enfermo e o membro do equipo de primeiros auxilios estean en lugar seguro.

– En caso de calquera incidente, comunicarán ao Centro de Recepción de Alarmas a situación, informando de quen fala, que sucede e onde sucede.

– Realizarán as curas necesarias á persoa ou persoas accidentadas ou enfermas nos casos de nivel 1 de gravidade.

– Se a situación necesita de asistencia médica especializada, informarán directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas o responsable de emerxencias do parque. Manteranse xunto co accidentado ou enfermo e actuarán segundo a formación adquirida, ata a chegada dos servizos especializados externos ao parque.

– En caso de emerxencia parcial ou xeral, colaborarán nas tarefas que lles asigne o mando dos servizos especializados e o responsable de emerxencias do parque.

– En caso de emerxencia xeral de longa duración, ocuparanse ou colaborarán no aprovisionamento dos equipos de intervención do parque e de salvamento especializados.

– Encargaranse da revisión e reposición do material das caixas de primeiros auxilios.

5.8.5. Equipos de alarma e evacuación (EAE).

Os equipos de alarma e evacuación estarán formados polo persoal de mantemento do Parque Natural do Invernadeiro. Ante calquera situación que requira un confinamento ou evacuación as súas funcións serán:

– Ao recibir o aviso do responsable de emerxencias ou do Centro de Recepción de Alarmas, dirixirán os visitantes en perigo cara aos puntos de reunión establecidos polo mando de bombeiros e o RE, esperarán nova orde e efectuarán o reconto de persoas asegurándose de que non falte ninguén.

– En caso de emerxencia parcial e xeral, ao recibir a orde do responsable de intervención, paralizarán o tráfico interno e manterán libres as vías por onde deban acceder os medios de rescate externos ao parque.

– Ao recibir a orde de evacuación, realizarana sempre baixo as directrices conxuntas do mando de bombeiros e do responsable de emerxencias, mobilizando os vehículos necesarios.

– Aseguraranse de que se evacuou totalmente a zona.

5.9. Esquemas operacionais en caso de incidente ou emerxencia.

5.9.1. En caso de alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos.

Ao recibir calquera previsión de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (nevaradas, choivas intensas ou inundacións):

– O Centro de Recepción de Alarmas, por teléfono, emisora ou persoalmente, transmitirá a alerta ao persoal do parque, axentes forestais e ambientais, visitantes e colectivos autorizados con actividade no interior do parque.

– O parque natural propoñerá as medidas preventivas ás administracións locais con competencia nos accesos.

5.9.2. En caso de incidente.

– Darase o aviso ao Centro de Recepción de Alarmas, por teléfono, emisora ou persoalmente.

– En caso de non ser posible, avisarase o Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– O Centro de Recepción de Alarmas ou o Centro de Emerxencias 112 avisará o responsable de emerxencias.

– O Centro de Recepción de Alarmas ou o responsable de emerxencias mobilizará aos equipos de primeira intervención do parque natural e os equipos de primeiros auxilios necesarios, segundo as características do incidente.

– A persoa que descubra o incidente despois do aviso tentará solucionalo.

– En caso de non ser capaz, situará a persoa ou persoas en lugar seguro e esperará e informará o CRA e/ou RE.

– Chegados o RE e/ou os EPIP ou EPA ao lugar do incidente, tentarán solucionalo.

– En caso de non poderse solucionar cos medios e coñecementos dos equipos do parque natural, o RE analizará a situación e se o cre conveniente dará orde de paso a emerxencia parcial ou xeral.

5.9.3. En caso de emerxencia parcial.

– O RE informará o CRA do paso ou inicio de emerxencia parcial.

– O Centro de Recepción de Alarmas avisará os servizos especializados a través do teléfono de emerxencia 112 e mobilizará os equipos de alarma e evacuación do parque.

– Os equipos de alarma e evacuación encargaranse de manter as vías libres, para facilitar o acceso aos medios de salvamento exteriores ao parque.

– O RE recepcionará as axudas externas, informaraos da evolución, conduciraos ao lugar da emerxencia e poñerase á súa disposición.

– O RE conxuntamente co mando de bombeiros, reorganizará os equipos de primeira intervención do parque e equipos de primeiros auxilios, para a colaboración na actuación dos servizos especializados.

– En caso de accidentados, o corpo de bombeiros encargarase do traslado ao centro sanitario.

En período nocturno:

– A persoa que descubra a emerxencia avisará directamente o Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– O Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112 dará o aviso ao Control Central de Bombeiros e este avisará, en caso necesario, o Control Central de Axentes Forestais e Medioambientais, que localizará o RE.

– En caso necesario, o RE recibirá e asesorará aos equipos de salvamento especializados.

– O corpo de bombeiros realizará a intervención e encargarase do traslado ao centro sanitario, se hai accidentados.

5.9.4. En caso de emerxencia xeral do parque.

– O RE informará o Centro de Recepción de Alarmas do paso ou inicio de emerxencia xeral.

– O Centro de Recepción de Alarmas avisará os servizos especiais a través do teléfono de emerxencia 112 e mobilizará os equipos de alarma e evacuación.

– Os equipos de alarma e evacuación encargaranse de manter as vías libres, co obxecto de permitir o acceso aos medios exteriores de salvamento.

– O RE recepcionará as axudas externas, informaralles da evolución, conduciraos ao lugar da emerxencia e poñerase á súa disposición.

– O RE conxuntamente co mando dos servizos especializados, reorganizará os equipos de primeira intervención do parque e equipos de primeiros auxilios e equipos de alarma e evacuación, para a colaboración na intervención, confinamento e evacuación.

– En caso de accidentados, o corpo de bombeiros encargarase do traslado ao centro sanitario.

– Executarase a evacuación segundo as directrices do mando de bombeiros e o RE do parque natural.

En período nocturno:

– A persoa que descubra a emerxencia dará o aviso directamente ao Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

– O Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112 dará o aviso ao Control Central de Bombeiros e este avisará, en caso necesario, o Control Central de Axentes Forestais e Ambientais, que localizará o RE.

– Se é necesario, o RE recibirá e asesorará os equipos de salvamento especializados.

– O corpo de bombeiros realizará a intervención e/ou evacuación e encargarase do traslado ao centro sanitario, en caso de accidentados.

ÉPOCA

Nevaradas

Tormenta-riada

Desprendementos

Médica-perda de persoas

Accidente de tráfico

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel

1

Nivel

2

Nivel 3

Inverno

Día

(*)

(*)

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

(*)

E.O. 1

E.O. 2

(*)

Noite

E.O. N.

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(*)

(NON)

(NON)

(NON)

Verán

Día

(NON)

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

E.O. 3

E.O. 1

E.O. 2

(*)

E.O. 1

E.O. 2

(*)

Noite

(NON)

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(*)

(NON)

(NON)

(NON)

(E.O.1) ESQUEMA OPERACIONAL 1 – Plan de emerxencias.

(E.O.2) ESQUEMA OPERACIONAL 2 – Plan de emerxencias con aviso a servizos externos especializados.

(E.O.3) ESQUEMA OPERACIONAL 3 – Plan de emerxencias con aviso a servizos externos especializados e evacuación.

(E.O.N.) ESQUEMA OPERACIONAL FÓRA DOS HORARIOS DO CRA – Aviso a servizos externos especializados.

(NON) Non se prevé ningunha emerxencia.

(*) Os incidentes ou emerxencias non adoitan ter este nivel.

Táboa 20. Esquemas operacionais.

Figura 5. Esquema xeral de actuación para calquera persoa.

Figura 6. Esquema operacional 1 – Incidente.

Figura 7. Esquema operacional 2 – Diúrno (xornada laboral).

Figura 8. Esquema operacional 2 – Diúrno (xornada laboral).

Figura 9. Esquema operacional fóra dos horarios do CRA.

5.10. Protocolos de actuación no Parque Natural do Invernadeiro.

A continuación definiranse de forma máis concreta os protocolos que se deberán seguir polos medios e sistemas de actuación con que conta o Parque Natural do Invernadeiro.

5.10.1. Servizo de Conservación da Natureza de Ourense

Actuará como Centro de Recepción de Alarmas.

Servizo de Conservación da Natureza de Ourense

Teléfonos: 988 386 376 - 988 386 029

Correo electrónico: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.es

5.10.1.1. Alerta.

Ao recibir a previsión de risco de nevaradas, alto risco de incendio e risco de inundación, transmitirán a alerta:

– Ao persoal de mantemento, pola frecuencia do parque.

– Aos guías que estean a realizar itinerarios, pola frecuencia do parque.

– Aos axentes forestais e ambientais, pola frecuencia do parque.

– Á Aula da Natureza, por teléfono ou pola frecuencia do parque.

– Aos visitantes, mediante paneis informativos de risco.

5.10.1.2. Aviso-detección.

En caso de detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– Aos axentes forestais e ambientais nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque.

– Á Central de Emerxencias 112 nos casos de nivel 2 e 3, por teléfono. En caso de emerxencia e urxencia médica, utilizarán os índices de avaliación de vítimas e os factores potencialmente agravantes que utilizan os bombeiros.

– Ao Concello, no caso de riadas e desprendementos de nivel 2 e 3 que afecten estradas e camiños locais. Información municipal: Vilariño de Conso 988 34 03 02.

5.10.1.3. Alarma.

En todos os casos de nivel 1, 2 e 3 activarán aos EPIP e/ou EPA na zona que indique o responsable de emerxencias.

Nos casos de nivel 2 e 3 activará os EAE que o responsable de emerxencias indique.

5.10.2. Persoal de mantemento.

Actuará como EPA e EAE do parque.

5.10.2.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco alto de fortes nevaradas e inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a orde de peche do parque a todos os visitantes nos puntos de acceso e a aqueles que estean ao seu alcance no interior do parque.

– Pecharán as instalacións do Centro de Visitantes e trasladaranse ao exterior do parque.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco alto de incendio forestal e tormentas fortes:

– Informarán do risco aos visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque.

5.10.2.2. Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– O Centro de Recepción do Parque Natural do Invernadeiro (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o Centro de Recepción.

5.10.2.3. Alarma.

En calquera caso, informarán os visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

En casos de nivel 2 e 3 que indique o responsable de emerxencias, paralizarán o tráfico das vías necesarias para o acceso dos servizos de rescate.

5.10.2.4. Intervención.

En caso de incendio de nivel 1, manterán a visitante lonxe do incendio e tentarán sufocalo cos medios dispoñibles ata a chegada dos EPIP.

En caso de incidente médico actuarán como EPA segundo as consignas establecidas e, en caso de emerxencia e urxencia médica, atenderán o accidentado segundo os seus coñecementos ata a chegada da asistencia médica externa ao parque e colaborarán se é necesario.

5.10.2.5. Confinamiento-evacuación.

En caso de tormentas de curta duración, darán refuxio aos visitantes.

En caso de incendio, tormentas, riadas e desprendementos de niveis 2 e 3 realizarán o confinamento dos visitantes afectados pola situación de emerxencia, nos puntos que establezan o mando de bombeiros e responsable de emerxencias do parque.

5.10.3. Centro de Recepción do parque natural.

Actuarán coma EPIP do parque.

Centro de Recepción do Parque Natural do Invernadeiro

Localización: Ribeira Pequena, s/n, 32547 Vilariño de Conso (Ourense).

Coordenadas xeográficas: 42°07’06.4” N 7°20’40.4” W

5.10.3.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco forte de nevaradas e inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a alerta a todos os visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque.

5.10.3.2. Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia darán aviso:

–Ao Centro de Recepción do Parque Natural do Invernadeiro (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o Centro de Recepción.

5.10.3.3. Alarma.

En calquera caso, informarán os visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

5.10.3.4. Intervención.

En caso de conato de incendio e incendio forestal de nivel 1, 2 e 3, recollerán o máximo de información do Centro de Recepción de Alarmas, collerán os equipos de que dispoñen e dirixiranse ao incendio, actuando como EPIP segundo as consignas establecidas.

En caso de caída de árbores e outros obstáculos, actuarán como EPIP segundo as consignas establecidas.

En caso de perda de persoas, colaborarán na procura, se o mando de bombeiros e o responsable de emerxencias do parque o consideran necesario.

En todos os demais casos de nivel 2 e 3 (nevaradas, desprendementos, riadas, accidentes, atropelos e accidentes de tráfico), segundo as ordes do responsable de emerxencias, desprazaranse ao lugar da emerxencia e poñeranse á disposición dos servizos de salvamento especializados.

5.10.4. Axentes forestais e ambientais.

Actuarán como responsable de emerxencias e EPIP do parque.

5.10.4.1. Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco de fortes nevaradas e inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a alerta a todos os visitantes ao seu alcance no interior do parque.

– Sinalizarán o peche de accesos.

5.10.4.2. Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia darán aviso:

– Ao Centro de Recepción do Parque Natural do Invernadeiro (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

– Por teléfono a emerxencias de bombeiros, se se ten cobertura e está pechado o Centro de Recepción.

5.10.4.3. Alarma.

O responsable de emerxencias valorará a situación e decidirá o esquema operacional que se deberá seguir.

O responsable de emerxencias, nos casos de incidente, dará as ordes de intervención dos EPIP e EPA directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas.

Nos casos de emerxencia parcial e xeral, o responsable de emerxencias recibirá o mando de bombeiros, informarao e asesorarao.

En calquera caso, informarán os visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

5.10.4.4. Intervención.

En caso de incendio de nivel 1, actuarán como EPIP segundo as consignas establecidas.

En caso de saída de vehículos á gabia ou vehículos atrancados na neve, os axentes forestais e ambientais actuarán como EPIP para retornar o vehículo á vía.

En caso de emerxencia parcial e xeral por incendio forestal, actuarán como EPIP ata a chegada de bombeiros, momento en que se poñerán á súa disposición.

En todos os demais casos de nivel 2 e 3 (nevaradas, desprendementos, riadas, atropelos e accidentes de tráfico), desprazaranse ao lugar da emerxencia, co obxecto de poñer orde e evitar accidentes ata a chegada dos servizos especializados, momento en que os informarán, asesorarán e poñeranse á súa disposición.

5.10.4.5. Confinamento-evacuación.

Nos casos de emerxencia de nivel 2 e 3 (nevaradas, desprendementos, riadas), o responsable de emerxencias do parque, conxuntamente co mando de bombeiros, establecerán os puntos de confinamento definitivos ou provisionais para a posterior evacuación.

5.11. Implantación.

Despois da confección técnica do Plan de emerxencias do Parque Natural do Invernadeiro, a organización e actividade deste debe ser capaz de realizar as tarefas previstas no plan.

Non só formarán parte do incidente ou emerxencia o persoal do parque natural e o corpo de axentes forestais e ambientais, senón que os visitantes que accidentalmente se atopen ante un incidente ou emerxencia deben dispoñer da información necesaria para poder integrarse no Plan de emerxencias.

A implantación ten como a obxecto a planificación da información, formación e adestramento, de forma que todas as persoas saiban que facer, como e cando actuar en caso de incidente ou emerxencia.

No desenvolvemento do programa realízanse:

– A selección das persoas que compoñen os equipos.

– A redacción de consignas de actuación nos incidentes e emerxencias.

– A planificación da información, formación e adestramento do persoal.

– A planificación e programación de simulacros.

– A análise e investigación de sinistros.

5.11.1. Selección de equipos do parque natural.

Todo o persoal e axentes forestais e ambientais que opera no Parque Natural do Invernadeiro forman parte dos equipos do parque natural.

Ao existiren no Plan de emerxencias unhas funcións ou misións moi concretas para realizar, débese enmarcar o persoal, segundo os seus coñecementos ou aptitudes, nos correspondentes equipos do parque natural.

Para realizar a distribución de persoas-equipos, utilizarase a seguinte ficha:

FICHA DE SELECCIÓN DE EQUIPOS

RESPONSABLE DE INCIDENTES

TELÉFONO

Titular ………………………………………………………..

…………………

Suplente …………………………………………………….

…………………

EQUIPO DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN DO PARQUE 

Responsables

 

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

EQUIPO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

Responsables

 

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

EQUIPO DE ALARMA E EVACUACIÓN

 

Responsables

 

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

………………………………………………………………………..

…………………

Táboa 21. Ficha de selección de equipos.

5.11.2. Redacción de consignas.

O desenvolvemento do Plan de emerxencias require o coñecemento por parte de todas as persoas que operan no Parque Natural do Invernadeiro das operacións ou consignas que habrá que realizar se se produce un incidente ou emerxencia.

As consignas xerais asignadas ao persoal que opera no parque estarán relacionadas coa súa misión no equipo do parque en que fosen asignados. Estas consignas poden ser modificadas, reducidas ou ampliadas segundo se crea conveniente.

Achégase unha proposta de consignas para entregar aos compoñentes dos equipos e persoas que intervirán no incidente ou emerxencia.

Táboa 22. Consignas para o visitante.

Táboa 23. Consignas do Centro de Recepción de Alarmas.

Táboa 24. Consignas para o responsable de emerxencias.

Táboa 25. Consignas para equipos de primeira intervención do parque.

Táboa 26. Consignas para equipos de primeiros auxilios.

Táboa 27. Consignas para equipos de alarma e evacuación.

5.11.3. Información, formación e adestramento.

Como se dixo anteriormente, o Plan de emerxencias deseñado deben coñecelo todas as persoas que intervirán no control dos incidentes e emerxencias, é dicir, persoal do parque, axentes forestais e ambientais do parque natural, colectivos que operan no territorio e visitantes.

Segundo as funcións que se van realizar, nalgúns casos será suficiente a información e noutros será necesaria a formación ou adestramento.

Igualmente, terase en conta nesta formación e adestramento, a implementación das medidas necesarias para previr e, de ser o caso, atender posibles casos de agresións sexuais ou de acoso que poidan producirse nas distintas actividades que desenvolva o parque.

5.11.3.1. Información.

En cada unha das instalacións do Parque Natural do Invernadeiro e zona periférica de protección e en todos os trípticos informativos do parque se expoñerán seccións informativas, indicando os puntos de reunión e vías de evacuación e incluiranse recomendacións:

– Que facer ao detectar un incidente ou emerxencia.

– Que facer en caso de alarma por emerxencia.

Consellos sobre o que facer e non facer en caso de evacuación. Esta información estará dirixida ao visitante.

5.11.3.2. Formación e adestramento.

Reunirase por grupos todo o persoal do parque natural, axentes forestais e ambientais e colectivos que operan no territorio para explicar o Plan de emerxencias.

Posteriormente, reuniranse os equipos do parque natural e entregaráselles a cada un as consignas de actuación en caso de incidente ou emerxencia.

Para o persoal dos equipos de primeira intervención do parque e de primeiros auxilios, programaranse cursos de formación e adestramento adecuados ante un incidente ou emerxencia e manexarán ben os equipos que deban utilizar.

A programación da formación e o adestramento debe incluír o programa inicial dos cursos e o mantemento anual dos coñecementos a través da concertación cos centros homologados. Proponse que a formación se basee en:

A. Formación básica.

Todo o persoal do parque natural e axentes forestais e ambientais deben formarse en:

– Definición de alerta, incidente e emerxencia.

– Descrición de toda a cadea de actuacións en caso de incidente e emerxencia.

– Formas de dar o aviso.

– Mensaxes tipo.

– Exercicios prácticos.

B. Formación para o responsable de emerxencias.

Preténdese que teñan formación en:

– Primeiros auxilios, entendendo como tal o dominio das pautas de actuación ante un accidente, de forma que, sen coñecementos específicos en medicina, saiban que facer e non facer ante unha situación de emerxencia e urxencia médica.

– Coñecemento dos episodios meteorolóxicos que poden comportar máis perigo de incendio e coñecemento do comportamento do lume na alta montaña.

– Coñecementos na utilización de ferramentas e equipos de extinción de incendios.

C. Formación dos equipos de primeira intervención do parque.

Preténdense que teñan formación en:

– Utilización de ferramentas e equipos de extinción de incendios.

D. Formación en equipos de primeiros auxilios.

Formar parte do equipo de primeiros auxilios e recibir a formación adecuada debe ser sempre de forma voluntaria por parte do traballador. Preténdese que teñan formación en:

– Primeiros auxilios, entendendo como tal o dominio das pautas de actuación ante un accidente, de forma que, sen coñecementos específicos en medicina, saiban que facer e non facer ante unha situación de emerxencia e urxencia médica.

5.11.3.3. Simulacros.

A efectividade do Plan de emerxencias conséguese mediante a realización de prácticas periódicas que manteñan o adestramento do persoal nas misións que se vaian realizar. Isto conséguese con simulacros e prácticas.

Os simulacros deben programarse, e planificarase todo o seu desenvolvemento tal como se fose unha emerxencia real.

A planificación realizarase a partir dun suposto de inicio de incidente ou emerxencia e secuenciando temporalmente as diferentes accións que se vaian realizar, como e quen as efectuará, así como un equipo de control que recolla as incidencias e tempos utilizados en cada acción para efectuar posteriormente un informe de resultados e conclusións do simulacro.

A programación do simulacro realizarase segundo a ficha adxunta:

Táboa 28. Ficha de simulacros.

5.11.3.4. Investigación de sinistros.

Terase previsto o poder efectuar a investigación dos incidentes e emerxencias que se poden materializar, co fin de analizar as causas da súa orixe e consecuencias que se produciron, para poder emendar as deficiencias existentes no Plan de emerxencias mediante a implantación das medidas correctoras oportunas.

Achégase un modelo de investigación de sinistros:

Táboa 29. Ficha de investigación de sinistros.

5.11.4. Directorio.

DIRECTORIO

TELÉFONO

Emerxencias

112

Seprona

62

Bombeiros

85

Garda Civil de Verín

988 410 005

Parque Natural

Oficina de Ourense (Xunta)

Centro de Recepción

 

988 386 376 - 988 386 029

988 386 376 - 988 386 029

Información Municipal

Vilariño de Conso

 

988 340 302

Urxencias Médicas

Centro de Saúde de Verín. Servizo de Urxencias

Hospital Público de Verín

 

988 413 460

988 413 636

Táboa 30. Directorio.

5.12. Mantemento do plan.

5.12.1. Obxecto.

– Mantemento adecuado das zonas perigosas susceptibles de provocar unha emerxencia.

– Mantemento periódico dos medios de protección e evacuación.

– Mantemento periódico da formación.

– Revisións periódicas do Plan de emerxencias.

5.12.2. Creación do Consello de Autoprotección.

Función: a súa misión consistirá en coordinar e asesorar sobre a implantación e seguimento do Plan de emerxencias.

Composición:

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Parques Naturais.

– Unha persoa representante da Unidade de Medio Natural do equipo de xestión do parque.

– Unha persoa representante do corpo de axentes forestais e ambientais.

– Unha persoa representante do corpo de bombeiros.

– Outras persoas representantes que se crean oportunas.

Periodicidade: recoméndase que o Consello de Autoprotección se reúna mínimo unha vez ao ano.

A composición do Consello de Autoprotección procurará unha composición equilibrada de mulleres e homes.

5.12.3. Mantemento do plan.

O Consello de Autoprotección establecerá un programa de mantemento periódico dos medios, da formación de equipos e elaborará unha guía dos simulacros.

Aconséllase:

– O mantemento mínimo anual das caixas de primeiros auxilios, emisoras e materiais de intervención.

– O mantemento da formación dos equipos, mínimo cada 2 anos.

– A realización de simulacros periódicos, poderanse espazar cada vez máis ata a un mínimo de 1 simulacro ao ano.

– A revisión do Plan de emerxencias e todo o que del derivase, mínimo cada 3 anos.

A continuación móstranse uns exemplos de fichas para o mantemento de material e vehículos:

REVISIÓN DA CAIXA DE

PRIMEIROS AUXILIOS

DATA: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

CONTIDO

BEN

REPOSICIÓN

OBSERVACIÓNS

Gasas estériles

 

 

 

Algodón hidrófilo

 

 

 

Vendas

 

 

 

Esparadrapo

 

 

 

Apósitos adhesivos

 

 

 

Tesoiras

 

 

 

Pinzas

 

 

 

Luvas dun só uso

 

 

 

Alcohol

 

 

 

Auga oxixenada

 

 

 

Tópico

 

 

 

Aspirina

 

 

 

Gelocatil

 

 

 

Termalgin

 

 

 

Almax = Bemolan

 

 

 

Voltaren

 

 

 

Voltaren xel

 

 

 

Algiasdin = Neobrufen

 

 

 

Silvederma

 

 

 

Táboa 31. Fichas para o mantemento da botica de primeiros auxilios.

REVISIÓN DE MATERIAL

DATA: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

CONTIDO

BEN

REPOSICIÓN

OBSERVACIÓNS

Motoserras

 

 

 

Rozadoras

 

 

 

Compresores

 

 

 

Motobombas

 

 

 

Xeradores eléctricos

 

 

 

Mangueiras

 

 

 

Mangotes de aspiración

 

 

 

Alcachofa de aspiración

 

 

 

Mochilas de auga

 

 

 

Lanzas incendios

 

 

 

Máscaras antifume

 

 

 

Filtros

 

 

 

Cordas de cánabo

 

 

 

Extintores

 

 

 

Bombas apagalumes

 

 

 

Outros…….

 

 

 

Táboa 32. Fichas para o mantemento de material.

REVISIÓN DE VEHÍCULOS

DATA: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

CONTIDO

Matrícula

Data de revisión

Reparacións

Vehículo 4x4

 

 

 

Vehículo 4x4

 

 

 

Vehículo 4x4

 

 

 

Vehículo 4x4

 

 

 

Vehículo 4x4

 

 

 

Tractor

 

 

 

Táboa 33. Fichas para o mantemento de vehículos.

6. Programa de actuacións.

Considerando os obxectivos establecidos para o Parque Natural do Invernadeiro e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos, o presente plan desenvolverase a través dunha serie de programas básicos de actuación sobre aquelas materias nas que é competente o presente documento. Estes programas básicos de actuación agrúpanse por unidades temáticas relativas ao seu contido básico nas seguintes epígrafes:

– Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

– Programa de investigación, seguimento e avaliación.

– Programa de uso público.

– Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

6.1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Tendo en conta os obxectivos de conservación establecidos na lexislación propia do parque natural (Decreto 155/1997, Decreto 166/1999), así como das derivadas da normativa europea (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), estatal (Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), Lei 21/2013, RDL 1/2001, RDL 1/2006 e autonómica (Lei 9/2001, Lei 7/2008, Decreto 72/2004, Decreto 19/2011, Decreto 37/2014, Decreto 119/2016), durante o período de vixencia do presente PRUX establecerase a posta en funcionamento e articulación dun programa de conservación da biodiversidade e da paisaxe, no cal se garantan os devanditos obxectivos de conservación do patrimonio natural e da biodiversidade, e no cal serán desenvolvidas as seguintes actividades:

i. Desenvolvemento, polo menos, para os principais valores (hábitats e especies) de documentos de avaliación sobre o nivel de coñecemento do estado de conservación e dos factores de ameaza.

ii. Deseño e desenvolvemento de medidas de conservación dos hábitats de interese comunitario, con especial atención aos hábitats prioritarios. Neste sentido, prestarase unha especial atención ás formacións herbosas (Nat-2000 6220* e 6230*).

iii. Deseño e desenvolvemento de medidas correctoras de zonas húmidas e leitos fluviais, con especial atención aos bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Nat-2000 91E0*) en desfavorable estado de conservación. Para iso levanse a cabo:

• A avaliación do estado da vexetación de ribeira, detectando aquelas zonas onde se atope degradada ou non exista.

• A repoboación das zonas carentes de vexetación mediante técnicas brandas de bioenxeñaría.

iv. Deseño e desenvolvemento dun plan de eliminación progresiva dos cercados con presenza de especies non autóctonas, como é o caso do gamo (Dama dama) e dos cercados con presenza de rebezo (Rupicapra rupicapra), de cervo (Cervus elaphus) e cabra montesa (Capra pyrenaica).

v. Revisar o Plan de xestión forestal do Parque Natural Montes do Invernadeiro seguindo cos criterios establecidos na normativa.

vi. Deseño e desenvolvemento dun plan de actuación para a recuperación e conservación do patrimonio industrial e etnográfico, como importante recurso sociocultural.

vii. Levar a cabo a edición dunha guía cultural cos contido da memoria técnica de «Catalogación e investigación do patrimonio cultural do Parque Natural Serra do Invernadeiro», primando a parte gráfica e sintetizando as descricións e outros contidos.

6.2. Programa de investigación, seguimento e avaliación.

Unha das funcións básicas do parque natural é a promoción da investigación no seu territorio, a través do desenvolvemento, en coordinación con centros e organismos de investigación, dos correspondentes proxectos e plans, así como do seguimento e avaliación dos compoñentes clave que motivaron a súa declaración. Desta forma, o presente PRUX inclúe no seu programa de investigación e seguimento as seguintes medidas:

i. Elaboración dun documento base en que se recollan as directrices xerais para a regulación da actividade investigadora e a estratexia de apoio a esta no parque natural.

ii. Desenvolvemento de traballos de investigación que melloren o coñecemento dos ecosistemas, hábitats e especies do parque natural, e das dinámicas que os caracterizan, así como as ameazas e problemas de conservación que lles afectan.

iii. Deseño de estratexias de xestión dos ecosistemas, hábitats e especies do parque natural necesarios para levalos e mantelos nun estado de conservación favorable.

iv. Crear canles de acceso ás fontes documentais de utilidade para a xestión do parque natural.

v. Comunicar os resultados das investigacións levadas a cabo no parque natural a través da creación de contidos específicos para a súa web, e a organización de xornadas públicas de divulgación.

vi. Con respecto ao seguimento e avaliación das compoñentes clave que motivaron a declaración do parque natural, estableceranse as seguintes liñas de monitoraxe:

• Poñer en práctica os protocolos de monitoraxe do cambio climático, para cumprir cos compromisos do programa LTER (Long Term Ecological Research).

• Determinación dunha serie de indicadores que permitan realizar un seguimento adecuado dos espazos da Rede Natura 2000, de acordo co establecido no artigo 17 da DC 92/43/CEE e no artigo 47 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015).

• Seguimento do estado forestal e fitosanitario das formacións forestais.

• Deseño e posta en práctica de procedementos de inventario e seguimento da flora e fauna de interese para a conservación, así como dos tipos de hábitats naturais, integrándoos nun sistema de información xeográfica (SIX).

• Integración das actuacións de seguimento previstas nos plans de conservación e recuperación, elaborados pola Dirección Xeral do Patrimonio Natural, das especies presentes no parque natural.

6.3. Programa de uso público.

Exponse o desenvolvemento dun programa de uso público que asegure o gozo do parque natural por parte dos visitantes dunha maneira que garanta a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade albergados nel.

6.3.1. Relacionadas coa información e divulgación:

i. Acometer accións para unha maior difusión dos valores naturais e culturais do parque natural en todos os medios posibles, así como para fomentar a presenza do parque na sociedade. Respecto diso, impulsarase a utilización das novas tecnoloxías e redes sociais.

ii. Impulsar a edición e distribución de folletos e outros materiais divulgativos sobre o parque natural, tomando as medidas necesarias para que estean dispoñibles nos distintos puntos de información da contorna e dos pobos e cidades próximos ao parque.

iii. Actualizar de maneira periódica os contidos da web oficial do parque natural.

iv. Informar da normativa vixente no parque natural e das opcións de visita no Centro de Recepción de Visitantes, e preferentemente utilizando a sinalización.

6.3.2. Relacionadas coa educación ambiental:

i. Impulsar o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental que inclúan distintos colectivos, entre eles os escolares. Ademais de incluír actividades específicas no Centro de Visitantes, na Aula da Natureza e noutras infraestruturas estas actuacións deberán incluír mecanismos de apoio ao labor do profesorado, con especial atención nos pobos da contorna do parque, co obxectivo de integrar os valores naturais e culturais do parque natural e a importancia da súa conservación.

6.3.3. Relacionadas coa sinalización:

i. Realizar a sinalización informativa do parque natural en lugares de interese para o visitante, como son accesos, miradoiros, pistas, áreas de uso público, itinerarios a pé e todo aquel elemento do patrimonio etnográfico e industrial que sexa necesario poñer en valor, así como a relativa á normativa existente, utilizando o criterio da mínima intrusión nas paisaxes e tendo en conta as cuestións relativas á seguridade dos visitantes. Respecto diso, sinalizarase o acceso, o inicio e o percorrido das rutas e do resto de instalacións de uso público, así como os límites do parque natural. En caso de existir comprobarase o seu estado de conservación; se está danado ou deteriorado procederase á súa reposición.

ii. De maneira coordinada coas administracións competentes en materia de estradas, sinalizaranse os accesos ao parque natural desde as principais poboacións e estradas próximas ao parque.

6.3.4. En materia de seguridade:

i. Implementar o Plan de xestión de emerxencias do Parque Natural do Invernadeiro.

ii. Identificar os perigos e riscos relacionados coa práctica das actividades de uso público e facilitar a información oportuna sobre os posibles riscos nas devanditas actividades.

6.4. Programa de conservación e mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

Establecerase tamén un programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural, que abranguerá a posta en marcha de diversas actuacións:

i. Conservación e mellora da rede viaria.

ii. Mantemento e limpeza de devasa e puntos de auga.

iii. Mantemento de vehículos e maquinaria do parque natural.

iv. Mantemento do Centro de Recepción de Visitantes, Aula da Natureza e demais construcións.

7. Estimación económica.

Considerando os obxectivos establecidos no presente plan, e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos e os orzamentos establecidos para a conservación do parque, elabórase o Programa económico-financeiro do Parque Natural do Invernadeiro para un período de vixencia de seis anos.

 

Ano 1

Ano 2

Ano 3

Ano 4

Ano 5

Ano 6

1- Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural

 

 

 

 

 

 

Conservación da biodiversidade, patrimonio cultural e paisaxe.

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

Revisión do Plan de xestión forestal.

23.000

 

 

 

 

 

2- Programa de investigación, seguimento e avaliación.

 

 

 

 

 

 

Estudos de fauna, flora, hábitats e outros estudos. Seguimento e avaliación.

10.000

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

3- Programa de uso público

 

 

 

 

 

 

Relacionados coa información, divulgación e sinalización.

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

Relacionados coa educación ambiental.

10.000

15.000

15.000

15.000

15.000

15.000

Implemetación do Plan de xestión de emerxencias

10.870

4- Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos

 

 

 

 

 

 

Conservación e mellora da rede viaria.

20.000

20.000

20.000

20.000

20.000

20.000

Mantemento e limpeza de devasa e puntos de auga.

48.000

48.000

 

48.000

48.000

 

Mantemento de edificios e instalacións.

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

TOTAIS ANUAIS

193.870

167.000

119.000

167.000

167.000

119.000

Táboa 34. Programa económico-financeiro.

8. Sistema de seguimento e avaliación.

O seguimento e avaliación do PRUX é fundamental para constatar se as accións expostas e a normativa establecida están a ofrecer os resultados agardados e medir o seu grao de eficacia. Esta información será de gran utilidade tanto de cara ao formulación do seguinte PRUX como para poder realizar unha xestión adaptable que permita dar resposta a imprevistos non recollidos no presente documento, así como, con base no seguimento e avaliación periódica, reconducir, deter e/ou buscar alternativas para aquelas accións que non estean a ofrecer os resultados agardados.

8.1. Seguimento.

Estableceranse protocolos de seguimento que permitan obter información dos diferentes aspectos e accións que teñen lugar no parque, cos seguintes obxectivos:

a. Rexistrar os cambios que se producen nos usos e nos hábitats naturais do parque, establecendo as súas causas.

b. Previr e alerta temperá ante cambios puntuais ou situacións de risco para os valores naturais do parque ou para as persoas.

c. Mellorar o coñecemento sobre os hábitats e especies presentes no parque.

d. Previr e minimizar conflitos sociais derivados da aplicación do PRUX.

e. Determinar o grao de cumprimento dos obxectivos do PRUX.

f. Determinar os efectos producidos polos usos e as accións recollidas no PRUX e outras que puidesen desenvolverse sobre o medio natural e detección de efectos non desexados.

g. Mellorar a implementación do PRUX mediante unha xestión adaptativa do parque.

O seguimento será de dous tipos:

a. Un seguimento diario do funcionamento, condicións e procesos naturais do parque.

b. Un seguimento específico das accións que se desenvolven no parque.

Prestarase especial atención aos seguintes aspectos:

a. Augas: cantidade e calidade.

b. Solos: signos de erosión, arrastres e outros tipos de perda ou degradación dos solos.

c. Hábitats: estado de conservación, cambios na súa extensión, afeccións.

d. Flora: dinámica das comunidades, estado de conservación, rexeneración espontánea ou artificial, afeccións.

e. Fauna: dinámicas de poboación das especies ameazadas, afeccións.

f. Sistemas agropecuarios: cambios de uso, manexo.

g. Efecto do uso público sobre os hábitats e especies.

h. Percepción social e implicación de habitantes e visitantes na xestión do parque.

8.2. Indicadores.

Para realizar un seguimento eficaz é preciso desenvolver unha listaxe de indicadores que sirvan para medir o grao de consecución das accións que se realizan no parque e a eficacia das medidas propostas e metodoloxías empregadas. En relación co anterior, procurarase recoller os datos desagregados por sexos, incorporando indicadores por razóns de xénero, para así poder establecer medidas específicas que promovan a integración efectiva da perspectiva de xénero neste ámbito.

O Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia propón diversas fontes de indicadores básicos de biodiversidade e indicadores de sustentabilidade no punto 7.3.3. punto 3 do anexo VII. Tamén en Atauri et al. (2005) se atopan fontes e listas de indicadores básicos que poden servir de referencia para elaborar unha listaxe propia e adaptada á realidade e as actividades que se desenvolvan no parque.

A continuación, preséntase unha listaxe de indicadores de referencia específicos para o seguimento dalgúns dos puntos incluídos no presente documento:

8.2.1. Indicadores para os hábitats.

– Avaliación cada seis anos da extensión e estado de conservación dos seguintes hábitats prioritarios presentes no parque:

a) 6220* Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea.

b) 6230* Formacións herbosas con Nardus.

c) 91E0 *Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

– Avaliación cada seis anos da extensión e estado de conservación, en termos de diversidade da flora e grao de naturalidade, dos seguintes hábitats:

a) 9380 Bosques de Ilex aquifolium.

b) 9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica.

c) 4030 Queirogais secos europeos.

d) 4090 Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos.

8.2.2. Indicadores para a flora.

– Censo e área de ocupación cada 6 anos das seguintes especies de flora catalogadas: Eryngium duriaei subsp. juresianum, Serratula legionensis, Silene marizii, Narcissus asturiensis, Narcissus pseudonarcissus subp. nobilis e Veronica micrantha.

8.2.3. Indicadores para os invertebrados.

– Censo e área de ocupación cada seis anos das seguintes especies catalogadas: Geomalacus maculosus e Lucanus cervus.

8.2.4. Indicadores para os peixes.

– Censo e área de ocupación cada seis anos das seguintes especies catalogadas: Chondrostoma duriense e Chondrostoma arcasii.

8.2.5. Indicadores para os vertebrados.

– Censo e área de ocupación cada seis anos das especies catalogadas no parque.

– Número de colonias de morcegos cada seis anos.

– Número de exemplares adultos por colonia cada seis anos.

8.2.6. Indicadores para as especies exóticas invasoras.

– Número de especies invasoras rexistradas cada ano na superficie dese hábitats.

– Extensión das especies invasoras en conxunto en cada hábitat.

– Número de exemplares e/ou superficie de cada especie de especies exóticas invasoras eliminados.

8.2.7. Indicadores do uso público.

– Número de persoas visitantes/ano, desagregado por sexo.

A recollida de datos desagregados por sexo permitirá coñecer que porcentaxe de homes e de mulleres participaron nas actividades de uso público, se son homes ou mulleres os que máis visitan o parque e que grao de satisfacción ten cada colectivo respecto da súa experiencia e dos servizos que atopou no parque. Todo isto permitirá dispor de datos e estatísticas que reporten información de grande utilidade para establecer a necesidade de realizar futuras actuacións dentro do parque como, por exemplo, novas dotacións de aseos públicos, noutras zonas do parque o establecemento de programas e visitas guiadas adecuadas ás necesidade e os gustos dos diferentes colectivos, etc.

– Número de vehículos/ano.

9. Organización administrativa.

9.1. Xestión xeral e Xunta Consultiva.

A xestión do Parque Natural do Invernadeiro é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a quen lle corresponderá a xestión do espazo natural protexido e, en particular, a elaboración de orzamentos e programas de execución e a execución e desenvolvemento do presente plan.

Para colaborar na xestión do parque natural e canalizar a participación dos intereses sociais e económicos afectados constitúese a Xunta Consultiva, creada segundo o Decreto 540/2005, do 13 de outubro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadeiro (DOG nº 208, do 28 de outubro), modificado polo Decreto 265/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica a composición das xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia (DOG nº 17, do 24 de xaneiro de 2008), integrada polos membros que se recollen nas ditas disposicións.

Por outra banda, de acordo co artigo 43 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG nº 171, do 4 de setembro), corresponde a esta xunta consultiva a xestión do Parque Natural do Invernadeiro a través da súa función asesora e consultiva mediante:

• A aprobación e modificación do seu regulamento de réxime interior.

• A emisión daqueles informes que lle sexan solicitados.

• A proposta de actuacións e iniciativas tendentes á consecución dos fins do espazo natural protexido, incluíndo os de difusión e información dos seus valores, así como os programas de formación e educación ambiental.

• A colaboración na promoción e proxección exterior do espazo natural protexido e os seus valores.

• En xeral, a promoción e realización de cantas xestións considere oportunas en beneficio do espazo natural protexido.

Así mesmo, esta xunta consultiva deberá ser oída para a adopción das seguintes decisións:

• A aprobación, modificación e revisión da normativa relativa ao espazo natural protexido e dos seus instrumentos de planificación.

• A aprobación do orzamento de xestión do espazo natural protexido.

9.2. Procedemento administrativo.

As autorizacións para outorgar no parque natural serán emitidas pola Xefatura Territorial de Ourense ou, de ser o caso, o órgano competente en materia de patrimonio natural, logo de informe preceptivo por parte do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense ou, de ser o caso, do propio órgano competente en materia de patrimonio natural. Estas autorizacións deberán obterse con anterioridade ás exixidas pola lexislación sectorial pertinente e a súa obtención non exime do cumprimento da normativa sectorial de aplicación, nin de cantas outras autorizacións permisos ou licenzas sexan requiridos por esta.

10. Avaliación ambiental do Plan reitor de uso e xestión.

O presente Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro, ten relación directa coa xestión e é necesario para a súa xestión, tal e como establecen os artigos 33 e 34 da Lei 9/2001 de conservación da natureza.

Por iso e segundo a disposición adicional sétima da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, non será necesario someter o plan, programa ou proxecto a avaliación ambiental.

11. Efectos e alcance do plan.

O presente PRUX será obrigatorio e executivo en todo o que afecte a conservación, protección ou mellora da flora, a fauna, a xea, os ecosistemas, a paisaxe, os hábitats e os recursos naturais.

O presente PRUX prevalecerá sobre calquera outro instrumento de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán esta de oficio, territorial ou física, e as súas disposicións constituirán un límite para estes, cuxas determinacións non poderán alterar ou modificar aquelas e aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre os instrumentos de ordenación preexistentes.

ANEXO II

Cartografía

Plano 1. Localización.

Plano 2. Figuras de protección.

Plano 3. Unidades xeolóxicas.

Plano 4. Recursos uso público.

Plano 5. Rede viaria.

Plano 6. Infraestruturas de defensa e prevención contra incendios.

Plano 7. Cercados.

Plano 8. Unidades ambientais.

Plano 9. Zonificación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file