Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46255

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de setembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Mediante a Orde do 28 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 13 de xuño), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria convocaron conxuntamente as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, para o ano 2019.

No artigo 3 da convocatoria disponse que a duración das axudas da modalidade B será dun máximo de 2 anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terá que ser a partir do 15 de novembro de 2019 ata a data que corresponda segundo a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas.

O artigo 13 establece que a data límite para a sinatura dos contratos do modalidade B será antes do 1 de decembro de 2019.

Tendo en conta o anterior, e dado que os contratos da modalidade B teñen como data de finalización prevista antes do 1 de decembro de 2021, non é axeitado financiar a liña de investigación propia para o ano 2022, polo que o importe previsto para ese ano acumúlase á anualidade de 2021.

Esta modificación só afecta a modalidade B da convocatoria e non afecta a concorrencia competitiva.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo único. Modificación da Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019

A Orde do 28 de maio de 2019 modifícase nos termos sinalados nos números seguintes:

Un. No artigo 14 modifícase a táboa do punto 3, modalidade B, nos seguintes termos:

– Modalidade B.

Período de xustificación

Documentación

Data límite de presentación

Desde a data de comezo dos contratos ata o mes de abril de 2020, este incluído

A documentación indicada nas alíneas a), b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2020

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato.

Xustificación da liña de investigación propia: desde o comezo do contrato ata o mes de novembro de 2020, este incluído

A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo e unha memoria do traballo realizado.

30 de novembro de 2020

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes ao establecemento da liña de investigación propia.

De maio de 2020 a outubro de 2020, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2020

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos.

De novembro de 2020 a abril de 2021, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2021

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao segundo ano de contrato.

Xustificación da liña de investigación propia: de decembro de 2020 ata o mes de novembro de 2021, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo e unha memoria do traballo realizado.

30 de novembro de 2021

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes ao establecemento da liña de investigación propia.

De maio de 2021 a outubro de 2021 ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2021

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos.

De novembro de 2021 ata a finalización dos contratos

A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo e ademais a documentación que se indica no punto 6 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

30 de xuño de 2022

Dous. No artigo 20 modifícase a táboa orzamentaria da modalidade B, nos seguintes termos:

Modalidade B:

Entidade beneficiaria

Nº axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

Total

Universidades do SUG

20

10.40.561B.444.0

750.444,44

780.000,00

29.555,56

1.560.000,00

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

200.000,00

300.000,00

0,00

500.000,00

Outras entidades

1

09.A3.561A.480.0

37.522,22

39.000,00

1.477,78

78.000,00

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

10.000,00

15.000,00

0,00

25.000,00

Total modalidade B

997.966,66

1.134.000,00

31.033,34

2.163.000,00

Tres. Modifícase o artigo 1 do anexo II, que queda redactado como segue:

«Artigo 1. Obxecto da axuda

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral, co obxecto de dar continuidade á formación do persoal investigador que obtivo unha praza na modalidade A da convocatoria de 2016 do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral, 2016, que acabou o contrato e que acadou unha avaliación positiva, e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales, por circunstancias especiais, se lles concedese o aprazamento da avaliación, que completasen o programa e que acaden unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración».

Catro. Modifícanse as alíneas b) e c) do artigo 3 do anexo II, que quedan redactadas como segue:

«b) Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros en 2020 e 15.000 euros en 2021.

c) Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade
e Formación Profesional

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego
e Industria e presidente da Axencia
Galega de Innovación