Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48766

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 31 de outubro de 2019 das axudas convocadas na Orde do 19 de xullo de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se convocan para o ano 2019 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) (código de procedemento BS403F).

Mediante a Orde do 19 de xullo de 2019 (DOG núm. 148, do 6 de agosto) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e a convocatoria para o ano 2019.

De conformidade co artigo 13 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 14 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 31 de outubro de 2019, ditada no procedemento BS403F, de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 31 de outubro de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 31 de outubro de 2019, ditada no procedemento BS403F,
de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas
e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas
de iniciativa social, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Orde de 19 de xullo de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se convocan para o ano 2019 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.781.1.

Esta axuda pública está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento de infraestruturas de educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1: mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b: axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052: infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional; a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 19 de xullo de 2019.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 18 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento, a entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 19 da Orde do 19 de xullo de 2019.

Segundo. Denegar ás entidades relacionadas no anexo II as axudas solicitadas polas causas que se detallan.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 13 da Orde do 19.7.2019; DOG núm. 148, do 6 de agosto); María Amparo González Méndez, directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Núm. expte.

Localidade

Entidade

NIF

Escola infantil

Puntuación

Axuda

BS403F-2019/1

Pontevedra

Cáritas Diocesanas Tui-Vigo

R3600368I

EI Cáritas Diocesanas

85

24.250,00 €

BS403F-2019/3

A Coruña

APA XI Raiola

G15041601

Xardín Infancia Raiola

65

15.000,00 €

BS403F-2019/4

Pontevedra

Asociación Educativa Dalila

G36349363

1_Tiro Marín

2_Reibón

3_Fragata

4_Ponteporto1

5_Ponteporto2

50

22.360,32 €

BS403F-2019/5

Pontevedra

Asociación Educativa Ángel de la Guarda

G36771459

Ángel de la Guarda

60

21.358,07 €

BS403F-2019/6

Pontevedra

Asociación Educativa San Nicolás

G36822567

San Nicolás

90

24.044,75 €

BS403F-2019/7

Pontevedra

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Santa Isabel

35

5.041,71 €

BS403F-2019/8

Pontevedra

Panxoliñas, Soc. Coop. Galega

F27777630

EI Panxoliñas

80

15.000,00 €

BS403F-2019/9

Pontevedra

Cª Hijas de la Caridad San Vicente Paúl

R2400083H

Sonrisas y Lágrimas

85

9.155,10 €

BS403F-2019/10

Pontevedra

Congregación Misioneras Mª Medidora

R3600121B

Guardería Laboral San José

50

14.596,65 €

BS403F-2019/12

Pontevedra

Asociación Iniciativa Social Abrente

G94062015

Abrente

90

21.518,88 €

BS403F-2019/13

A Coruña

Colegio Jorge Juan Perlío, Soc. Coop.

F15130958

Colegio Jorge Juan Perlío

50

6.330,99 €

BS403F-2019/14

Pontevedra

Asociación Guardería Laboral Pipo

G36213718

Guardería Laboral Pipo

75

15.000,00 €

BS403F-2019/15

Pontevedra

Fundación María Seoane Colmeiro

G36261899

EI María Inmaculada

80

24.745,55 €

BS403F-2019/16

Pontevedra

APA Colexio Atalaya Cantabria

G36873990

Escola Infantil Atalaya Cantabria

60

11.406,75 €

BS403F-2019/17

A Coruña

Asociación Educativa Aloha

G15867153

Aloha

75

20.148,87 €

BS403F-2019/18

A Coruña

Escola Infantil Chip Chop, S.C.G.

F70082987

Escola Infantil Chip Chop, S.C.G.

60

6.205,33 €

BS403F-2019/20

Pontevedra

Asoc. Educativa Elfos

G36348431

Escola Infantil Elfos

75

15.604,39 €

BS403F-2019/21

Pontevedra

Asociación Educativa Santiago Apóstol

G94062486

Santiago Apóstol

90

23.747,65 €

BS403F-2019/23

Pontevedra

Asoc. Educativa Eduardo Pondal

G94070497

EI Eduardo Pondal

60

9.818,25 €

BS403F-2019/25

Pontevedra

Escola Infantil San Fermín-PP Somascos

R3600127I

EI San Fermín

30

7.762,58 €

BS403F-2019/26

A Coruña

Asociación Educativa Conxo

G70569710

EI Cativos Conxo

75

15.000,00 €

BS403F-2019/27

Pontevedra

Asociación Educativa Monte Saíñas

G36595247

EI Saíñas

90

22.327,43 €

BS403F-2019/28

A Coruña

Asociación Educativa O Parque

G70489422

O Parque

35

15.000,00 €

BS403F-2019/30

Lugo

Asociación Psicopedagóxica Bugs Bunny

G27251545

EI Bugs Bunny

75

24.011,66 €

ANEXO II

Solicitudes denegadas/inadmitidas

Núm. expte.

Provincia

Entidade

NIF

Escola infantil

Causa

BS403F-2019/2

Pontevedra

Asociación Educativa Pasiño a Pasiño

G36783553

Pasiño a Pasiño

Investimento realizable inferior ao mínimo elixible (art. 4.2)

BS403F-2019/11

A Coruña

Colexio Ludy, S.C.G.

F15696917

Ludy

Investimento realizable inferior ao mínimo elixible (art. 4.2)

BS403F-2019/19

A Coruña

Os Meniños, Sociedade Coop. Galega

F15803497

Os Meniños

Investimento realizable inferior ao mínimo elixible (art. 4.2)

BS403F-2019/22

A Coruña

ABC, Sociedade Cooperativa Galega

F15471956

ABC, Soc. Coop.

Investimento realizable non elixible (art. 4.6)

BS403F-2019/24

A Coruña

Escola Infantil La Salle

R1500082A

La Salle

Investimento realizable non elixible (art. 4.6)

BS403F-2019/29

A Coruña

Asociación Educativa Cativos

G70458393

Cativos Restollal/San Rosendo

Investimento realizable inferior ao mínimo elixible (art. 4.2)