Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48764

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade á axuda concedida ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 17 da orde de convocatoria esta resolución publicarase no DOG, no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (https://rbgalicia.xunta.gal) e na páxina web oficial da Secretaría Xeral de Cultura (https://www.cultura.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

RESOLVO:

Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2019 ao Concello de Vigo polo proxecto da súa biblioteca pública municipal Neira Vilas, Mapa literario de Vigo, ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019 (procedemento CT237A). A dita axuda foi aprobada con cargo á aplicación orzamentaria 2019 11 20 432A 760.3, proxecto 2015 00352, cun crédito orzamentario para o ano 2019 de tres mil euros (3.000 €).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarle directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo