Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49393

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 30 de outubro de 2019 do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A Consellería de Política Social convocou no ano 2019, a través da Orde do 26 de abril de 2019 (DOG núm. 81, do 29 abril), as bases do procedemento de concesión de subvencións para o Programa de mobilidade transnacional xuvenil, para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión de subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

As subvencións á mobilidade establecidas na dita orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

b) BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: subvencións para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos.

De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro total ou parcial, a declaración de perda de dereito da subvención ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento de obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 13 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións dos procedementos, coa relación de persoas beneficiarias, excluídas e en lista de reserva. Esta publicación producirá efectos de notificación. Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, de xeito adicional, efectuaranse notificacións complementarias por medios electrónicos cando as persoas interesadas estean obrigadas a comunicarse por esta vía.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 6 da orde é de 1.945.311,00 €, a distribución dos créditos era a seguinte:

a) BS324A: 653.819,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.480.0 para as subvencións de mobilidade individuais de mozos e mozas.

b) BS324B: 941.492,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.481.0 para a concesión de proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: 350.000,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.460.0 para proxectos presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo.

Con data do 22 de xullo de 2019 ditouse resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega (BS324A), que foi notificada por Resolución do 23 de xullo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de xullo (DOG número 144). Tras a reasignación de créditos sobrantes, ao abeiro do artigo 6.3, o remanente existente e logo de renuncias de persoas beneficiarias, con data do 13 de agosto de 2019 ditouse unha segunda resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega (BS324A), que foi notificada por Resolución do 14 de agosto de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de agosto de 2019 (DOG número 160).

De acordo co artigo 20.5 da orde de convocatoria, establécese que desde o 1 de setembro, malia a existencia de listas de espera, non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar as mobilidades obxecto desta orde no prazo máximo previsto.

Logo da Resolución do 22 de xullo e da do 13 de agosto de 2019, producíronse renuncias, cambios de país e perdas de dereito por non presentar a documentación exixida e, consonte o artigo 22.2 da orde, ditarase resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 30 de outubro de 2019, ditada no procedemento BS324A de subvencións individuales para a xuventude galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentadas por mozos e mozas individualmente, inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil e que figuren como beneficiarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de outubro de 2019 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 30 de outubro de 2019 ditada no procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil

De conformidade co artigo 6 da orde de convocatoria, a contía total do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019 é de 1.945.311,00 €, para o cal existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 no proxecto 2015/00551. Este programa está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 %.

A distribución de crédito para o procedemento BS324A, con cargo á aplicación 13.05.313A.480.0 para as subvencións de mobilidade individuais de mozos e mozas é de 653.819,00 €.

Con data do 22 de xullo de 2019 ditouse resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega, que foi notificada por Resolución do 23 de xullo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de xullo de 2019 (DOG número 144). Tras a reasignación de créditos sobrantes, ao abeiro do artigo 6.3, o remanente existente e logo de renuncias de persoas beneficiarias, con data do 13 de agosto de 2019 ditouse unha segunda resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega, que foi notificada por Resolución do 14 de agosto de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de agosto de 2019 (DOG número 160).

De acordo co artigo 20.5 da orde de convocatoria, establécese que desde o 1 de setembro, malia a existencia de listas de espera, non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar as mobilidades obxecto desta orden no prazo máximo previsto.

Logo da Resolución do 22 de xullo e do 13 de agosto de 2019, producíronse renuncias, cambios de país e perdas de dereito por non presentar a documentación exixida, consonte o artigo 22.2 da orde ditarase resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, de conformidade co disposto na Orde do 26 de abril de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias da lista de persoas beneficiarias:

Nº orde

Resol.

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

5

22/07

2019/A/177

Belén

Merelas Meijide

***3889**

R. Unido

5,6

3.494,00 €

2

14

22/07

2019/A/067

Sara

Fandiño Piñeiro

***8771**

R. Unido

5,2

5.166,00 €

3

25

22/07

2019/A/093

José Ángel

Mateo Pérez

***1440**

P. Baixos

4,8

4.116,00 €

3

30

22/07

2019/A/222

Alba

Pinto Alonso

***0667**

R. Unido

4,8

5.166,00 €

3

41

22/07

2019/A/038

Pedro David

Kordova Kordova

***8683**

R. Unido

4,4

5.166,00 €

3

55

22/07

2019/A/063

Sara María

Fernández Núñez

***5912**

Polonia

4,3

4.110,00 €

3

87

22/07

2019/A/082

Juan José

Losada Vila

***5297**

R. Unido

4

5.016,00 €

3

90

22/07

2019/A/165

Manuel

Pereiro Balado

***5964**

R. Unido

4

5.166,00 €

3

100

22/07

2019/A/230

Iria

Fernández Novo

***5860**

P. Baixos

4

4.116,00 €

3

113

22/07

2019/A/192

Daniel

Rivas Arévalo

***1754**

Portugal

3,8

3.456,00 €

3

126

22/07

2019/A/186

Aitana

Rodríguez Castro

***2471**

R. Unido

3,8

5.166,00 €

3

3

13/08

2019/A/247

Juan Ramón

Baldó Vázquez

***6064**

R. Unido

2,6

5.166,00 €

3

4

13/08

2019/A/003

Inmaculada

Recarey Tomé

***1750**

R. Unido

2,4

5.166,00 €

3

5

13/08

2019/A/070

Carlota

Arana Díaz

***5014**

Irlanda

2,4

4.542,00 €

3

8

13/08

2019/A/223

María

Regueira Muñiz

***8781**

Dinamarca

2,4

4.613,12 €

2

24

9

13/08

2019/A/187

Diego

Trincado Sandá

***0622**

R. Unido

2,4

5.016,00 €

3

10

13/08

2019/A/178

Diana Marcela

Castillo Bañol

***7195**

R. Unido

2,4

5.166,00 €

3

11

13/08

2019/A/213

Pablo

Suárez Pérez

***4269**

Portugal

2,3

2.204,00 €

2

14

13/08

2019/A/046

Pablo Lucas

Cevallos García

***3993**

R. Unido

2,2

3.494,00 €

2

16

13/08

2019/A/106

María

Parra Díaz

***8804**

Irlanda

2

2.928,00 €

2

17

13/08

2019/A/206

Jonatan

Santos Seoane

***6052**

Portugal

2

2.354,00 €

2

18

13/08

2019/A/224

Daniel

Neira Yanes

***5260**

R. Unido

2

5.166,00 €

3

19

13/08

2019/A/001

Lucía

Bello Calvo

***7234**

Francia

2

4.404,00 €

3

Segundo. Declarar a perda de dereito por non ter presentado no prazo e na forma os anexos III e/ou IV:

Nº orde

Resol.

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

81

22/07

2019/A/254

Ana

García Vidal

***1404**

Italia

4

4.200,00 €

3

2

13/08

2019/A/191

Félix

Barrio Rodríguez

***7876**

Irlanda

2,6

3.078,00 €

2

7

13/08

2019/A/197

Marta

Sucasas Álvarez

***4816**

P. Baixos

2,4

4.116,00 €

3

12

13/08

2019/A/005

Eugenia

Taboada Blanco

***1553**

Portugal

2,3

2.354,00 €

2

13

13/08

2019/A/075

Álvaro Beltrán

González Fernández

***4099**

Portugal

2,2

3.456,00 €

3

15

13/08

2019/A/132

Pedro

Silva Castromil

***6863**

R. Unido

2,2

3.494,00 €

2

Terceiro. A modificación da solicitude de cambio de país de prácticas:

Nº orde

Resol.

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

País cambio

Punt.

Orzamento

Orz. cambio

Nº meses

7

22/07

2019/A/017

Diana

Buceta Fernández

***6183**

Italia

Portugal

5,4

4.200,00 €

3.456,00 €

3

24

22/07

2019/A/240

Natalia

Umpiérrez Suárez

***7933**

Italia

Portugal

4,9

4.200,00 €

3.456,00 €

3

33

22/07

2019/A/125

María

Carballo González

***0935**

P. Baixos

Azores

4,7

4.116,00 €

4.093,90 €

2 meses e 11 días

1

13/08

2019/A/184

Raúl

Iglesias Pérez

***6348**

R. Unido

Portugal

2,6

5.166,00 €

3.456,00 €

3

Cuarto. A renuncia da lista de agarda:

Nº orde

Resol.

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

78

22/07

2019/A/240

Nuria

Villaronga Guillán

***0013**

Bélxica

0,6

2.550,00 €

2

Quinto. A finalidade da subvención é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

Estas subvencións están cofinanciadas nun 91,89 % pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

Eixe 5: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non están empregadas nin participan en actividades de educación e formación, en particular, no contexto da garantía xuvenil.

Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como as que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, no contexto da garantía xuvenil.

Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Medida 8.2.2.8: programa de subvencións para proxectos de mobilidade dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementado así as súas posibilidades de inserción laboral.

Sexto. A concesión desta subvención supón que a persoa beneficiaria acepta ser incluída na lista pública de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), poñeranse á disposición das persoas beneficiarias a través da aplicación informática Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade, resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

O método aplicado para determinar o importe da subvención é de baremo estándar de custos unitarios por participante, en función do país de destino e da duración das prácticas.

As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 45 da Orde do 26 de abril de 2019.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 44 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 24 da Orde do 26 de abril de 2019.

Sétimo. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-adminsitrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. Orde de 26 de abril de 2019 (DOG núm. 81, do 29 de abril). A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil.