Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52187

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de quince bolsas de formación práctica en diversas áreas para os anos 2020 e 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981A).

BDNS (Identif.): 484300.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 5 das bases reguladoras.

Segundo. Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de quince (15) bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axenxia Turismo de Galicia para os anos 2020 e 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de quince bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia para os anos 2020 e 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981A).

Cuarto. Importe

A Axencia Turismo de Galicia financiará estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.A2.761A.480.0 e 11.A2.761A.484.0 destinadas ao pagamento das retribucións e das cotas da Seguridade Social, respectivamente, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020 e 2021. A contía máxima será 76.800 € e 4.234,48 €, respectivamente. Estas cantidades distribuiranse, previsiblemente, do seguinte xeito:

Anualidade 2020:

11.A2.761A.480.0: 74.500,00 €.

11.A2.761A.484.0: 4.131,20 €.

Anualidade 2021:

11.A2.761A.480.0: 2.300,00 €.

11.A2.761A.484.0: 103,28 €.

A dotación económica das bolsas será como se indica no seguinte cadro:

Área de destino

Nº de bolsas

Dotación euros por bolseiro

Oficina de Turismo da Coruña

2

4.500,00 €

Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos)

1

4.500,00 €

Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)

2

4.500,00 €

Oficina de Turismo do Aeroporto de Santiago de Compostela

1

4.500,00 €

Oficina de Turismo de Lugo

2

4.500,00 €

Oficina de Turismo de Ourense

2

4.500,00 €

Oficina de Turismo de Pontevedra

2

4.500,00 €

Oficina de Turismo de Vigo

2

4.500,00 €

Área de Estudos e Investigación

1

13.800,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Sexto. Aboamento das axudas

O pagamento das bolsas realizarase por períodos mensuais vencidos.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia