Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construcción de reforma da intersección do punto quilométrico (p.q.) 6+000 da AC-840 en Oza-Cesuras, de clave AC/18/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento de reforma da intersección do punto quilométrico (p.q.) 6+000 da AC-840 en Oza-Cesuras, de clave AC/18/137.06. O ámbito de actuación sitúase na estrada AC-840, pertencente á Rede Primaria Básica de Estadas de Galicia, na contorna do p.q. 6+000 da dita estrada, no concello de Oza-Cesuras, na provincia da Coruña.

Esta intersección dispón na actualidade de visibilidade insuficiente, situación que unida á velocidade no treito e a importante intensidade de tráfico na zona, crea un escenario de grave perigo para o condutor á hora de realizar as distintas manobras de incorporación e de cambio de sentido. O proxecto ten por obxecto, polo tanto, a reordenación da intersección situada no p.q. 6+000 da estrada AC-840 (Betanzos-A Golada), mellorando as incorporacións desde o camiño de Carraceda á AC-840 e viceversa, para o que se proxectan carrís de aceleración e deceleración e dous carrís centrais de espera, permitindo deste xeito, todos os xiros á esquerda. Así, a solución proxectada ten como finalidade mitigar ou eliminar os actuais riscos e, como consecuencia, incrementar a seguridade viaria dos condutores.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Oza-Cesuras (Lois, 33. Oza. 15380 Oza Cesuras).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago Compostela, 3 de xaneiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Reforma da intersección do punto quilométrico (p.q.) 6+000 da AC-840 en Oza-Cesuras de clave AC/18/137.06

Concello de Oza-Cesuras

Nº de orde

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Titular

DNI

Superficie catastral

Afeccións

Situación básica do solo

Expropiación

Aproveitamento

1

141

3

15064A003001410000DA

Carro Valiño, María (hdros. de)

***6928**

2.401,00

21,15

Agrario

Rural

2

1214

3

15064A003012140000DL

Carro Otero, J.M. (hdros. de)

***6914**

1.326,00

45,00

Agrario

Rural

Carro Valiño, María (hdros. de)

3

152

3

15064A003001520000DF

Boado S. Martín Avelino

Sen datos

1.630,00

46,40

Agrario

Rural

4

153

3

15064A003001530000DM

Caamaño Pais, Domingo

***6612**

2.212,00

101,75

Agrario

Rural

5

155

3

15064A003001550000DK

Descoñecido

Descoñecido

1.398,00

83,95

Agrario

Rural

6

001

6

15064A006000010000DU

Descoñecido

Descoñecido

1.890,00

174,30

Agrario

Rural

7

002

6

15064A006000020000DH

Castro Fraga, Mª Lucía

***9641**

2.239,00

146,20

Agrario

Rural

8

003

6

15064A006000030000DW

Rodríguez García, María

***7406**

8.433,00

950,60

Agrario

Rural

García Otero, Julio

***7014**

García Otero, Francisco

***7015**

Sánchez López, María

***7038**

9

011

6

15064A006000110000DQ

Investigación artigo 47 Lei 33/2003

Sen datos

2.558,00

37,30

Agrario

Rural

10

012

6

15064A006000120000DP

Seoane Fafián, Manuela (hdros.)

***7520**

2.347,00

27,50

Agrario

Rural

11

016

6

15064A006000160000DM

Rilo Valiño, Manuel

***9865**

4.741,00

25,35

Agrario

Rural