Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6499

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2020 pola que se acorda a apertura de prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos.

Coa finalidade de dar continuidade na prestación dos servizos de Portos de Galicia, de conformidade cos artigos 12.3.c) e 27.5 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e considerando o previsto no artigo 59 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e as disposicións do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, que regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, logo de negociación coa representación legal dos traballadores de Portos de Galicia e da emisión de informe favorable pola Dirección Xeral da Función Pública, resólvese abrir prazo de presentación de solicitudes para a elaboración dunha lista de contratación temporal de persoal laboral do grupo IIII na categoría profesional de celador/a-gardapeiraos de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Normas xerais. Réxime xurídico da contratación

1. En cumprimento do establecido no artigo 59 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, que regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Portos de Galicia acorda a apertura dun prazo de presentación de solicitudes para a elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos.

De acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 37/2006, as modalidades de incorporación contractual das persoas que queden incluídas na lista de contratación serán as previstas no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e preferentemente o contrato de interinidade.

A formalización de contratos laborais de duración determinada cos aspirantes incluídos na lista producirase segundo as necesidades de Portos de Galicia, e enténdese sen prexuízo da necesidade de contar cos informes favorables previos dos centros directivos competentes en materia de función pública e de orzamentos.

Mentres non se formalice o contrato correspondente, os aspirantes non terán dereito ningún fronte a esta entidade pública.

2. As actividades que se desenvolverán teñen autonomía e substantivade propia dentro da actividade propia da entidade e serán as propias da categoría de celador gardapeiraos, entre elas, as de:

a) Control, inspección e coordinación dos servizos portuarios e dos de sinalización marítima, prestados directamente por Portos de Galicia.

b) Control, inspección do uso de servizos, dominio público e das instalacións portuarias, dando conta destes usos e dos datos precisos da actividade xeral e específica da zona portuaria.

c) Control, inspección formulación de denuncias por infracción en materia de uso e servizos dos portos, control do uso de servizos e das instalacións portuarias, dando conta dos usos e datos precisos para a liquidación de taxas tributarias.

d) Control, inspección e coordinación das operacións e actividades que requiran a súa autorización e concesión.

e) Vixilancia do cumprimento das cláusulas e condicións impostas no acto de outorgamento de concesións e autorizacións.

f) Control e inspección das obras, instalacións e equipos situados na zona portuaria no ámbito das súas competencias.

g) Control no ámbito portuario do cumprimento dos regulamentos de mercadorías perigosas e de seguridade e saúde, así como dos sistemas de seguridade e contra incendios, sen prexuízo das competencias que correspondan a ouros órganos da Administración.

h) Control do acceso das persoas aos inmobles, obras, instalacións portuarias e zona de acceso restrinxido ou acoutadas da zona de servizo portuario.

i) Previr, evitar e denunciar as infraccións que poidan cometerse sobre o disposto no Regulamento de servizo e policía dos portos, manter a orde debida, velar porque non sufran dano as obras, materiais ou mercadorías existentes no porto, cumprindo e facendo cumprir as ordes de servizo que lles sexan transmitidas polos seus superiores, así como controlar os servizos prestados.

3. O sistema para a elaboración da lista será o de baremación de méritos conforme os criterios que se recollen no anexo II das presentes bases.

4. No non previsto nas presentas bases será de aplicación o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, que regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segunda. Vixencia da lista

A vixencia desta lista de contratación será de catro anos.

En calquera momento en que polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos se considere que non se vai poder dar cobertura a eles cos candidatos que figuren na lista, acordarase a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Terceira. Ámbito xeográfico da lista

Establécense tres ámbitos xeográficos, coincidentes, respectivamente, coas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Cada aspirante poderá optar indistintamente a inscribirse nos ámbitos que teña por conveniente empregando o modelo de instancia que se recolle no anexo I.

Cuarta. Requisitos das persoas aspirantes

1. Requisitos xerais.

1.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado a que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa aplicable a libre circulación de traballadores.

c) Tamén poderán presentar solicitudes, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e, nas mesmas condicións, os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte un anos ou maiores da dita idade dependentes.

d) No caso de tratarse de estranxeiros non incluídos nos puntos anteriores, poderán presentar solicitudes de atoparse en España en situación de legalidade e ser titulares dun documento que habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

1.2. Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade, e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

1.3. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

1.4. Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para desempeño de funcións no sector público.

No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ao emprego público.

2. Requisitos específicos.

2.1. Estar en posesión do título de bacharelato, FP II ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase posuír a credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que teñen obtido o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao abeiro das disposicións de dereito comunitario.

2.2. Coñecemento do idioma galego acreditado mediante o título Celga 4, curso de perfeccionamento de lingua galega ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007. No caso de que un candidato non poida acreditalo deberá superar unha proba de lingua galega.

2.3. Permiso de conducir vehículos: B1, toda vez que é necesario para o desenvolvmento das funcións do posto de traballo dado que este exixe desprazamentos en vehículo entre distintos portos.

Quinta. Publicidade da convocatoria

Publicarase no Diario Oficial de Galicia para que, no prazo de vinte (20) días hábiles contado desde a publicación no dito diario oficial, se poida presentar solicitudes no modelo normalizado que se incorpora como anexo I, xunto coa documentación que sexa pertinente.

Sexta. Presentación de solicitudes

1. Forma, lugar e prazo de presentación.

1.1. As solicitudes serán dirixidas á comisión permanente e deberán presentarse nun sobre pechado debidamente cubertas, conforme o modelo de instancia que se recolle no anexo I, no Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia, sito no edificio Área Central, praza de Europa, 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou remitirse por correo certificado ao mesmo domicilio, ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). Neste caso deberá remitirse ao correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, unha copia da solicitude rexistrada.

1.2. A documentación presentarase en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. A documentación presentada en idioma distinto do galego ou do castelán deberá ir acompañada de tradución oficial.

1.3. O prazo máximo de remisión de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio indicativo das bases.

1.4. Os datos persoais que figuren nas instancias considerarase como os únicos válidos para efectos de notificacións e realización de chamamentos, sendo de responsabilidade do aspirante calquera erro na súa consignación.

1.5. A modificación de datos persoais poderá facerse en calquera momento empregando o modelo de solicitude que estará á disposición das persoas interesadas na páxina web www.portosdegalicia.es.

1.6. Todas as comunicacións relativas ao presente procedemento faranse no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.es.

1.7. Para calquera consulta ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico nos números de teléfono 981 54 53 29 e 981 95 76 53, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

2. Documentación que se debe presentar.

2.1. Os documentos que deberán presentar as persoas interesadas na inscrición na lista de contratación temporal serán os seguintes:

a) Solicitude de inscrición na lista conforme o modelo que se incorpora ás presentes bases no anexo I.

b) Impreso de pagamento da taxa. Segundo o disposto no anexo I da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, coas actualizacións que se recollen na Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, o importe da taxa por inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma é, para o ano 2020, de 18,04 euros.

De acordo co establecido no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacción reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento das taxas para a inscrición nesta lista de contratación:

Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento; esta circunstancia acreditarase coa copia compulsada do certificado de discapacidade ou da resolución pola que se declara a incapacidade permanente.

Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros da categoría xeral terán unha bonificación do 50 por cento. Este estremo acreditarase coa copia compulsada do título de familia numerosa.

Bonificación do 50 por cento: persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, 6 meses antes da convocatoria. Será requisito para o goce da bonificación que non estean percibindo prestación ou subsidio por desemprego. A acreditación desta situación farase coa certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que o/a aspirante figura como demandante de emprego dende, polo menos, 6 meses de antelación á publicación da convocatoria, e que na data da solicitude non percibe prestación ou subsidio por desemprego.

Para facer efectivo o pagamento da taxa deberá de empregarse o modelo de auto liquidación formalizado pola Xunta de Galicia. O modelo figura como anexo nestas bases. O dito impreso facilitarase aos interesados no Rexistro Xeral de Portos de Galicia, no Rexistro Xeral da Consellería de Facenda, nas súas delegacións provinciais e en calquera oficina xestora da Xunta de Galicia, debendo cumprimentarse cos seguintes códigos:

Consellería: Mar

12

Delegacións: servizos centrais

13

Servizo: Portos de Galicia

10

Taxa:

300301

A presentación do xustificante do ingreso das taxas en que non figure o selo da entidade bancaria con indicación de data determinará a exclusión do solicitante.

Así mesmo, o pagamento da taxa poderá facerse efectivo por vía telemática a través da páxina ovt.atriga.gal na ligazón correspondente a autoliquidación e pagamento de taxas e prezos. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa que será o que se achegue xunto coa instancia.

O importe do aboado en concepto de dereitos de inscrición devolverase unicamente, logo dos trámites correspondentes, aos solicitantes que fosen excluídos e que o soliciten nun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos, debendo consignarse o nome e apelidos, NIF, número de conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

c) Copia cotexada do documento de identificación: DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente.

Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española acreditarán que concorren as circunstancias previstas nas letras b), c) e d) do número 4.1.1 de requisitos xerais dos aspirantes.

d) Currículo.

e) Informe sobre o estado da saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

Achegarase informe médico orixinal, ou copia compulsada deste, expedido por médico de atención primaria do servizo público de saúde de referencia do solicitante en que se acredite que este non padece enfermidade, nin está afectado por limitación física ou psíquica incompatible coas funcións propias do posto de traballo de celador-gardapeiraos.

f) Copia compulsada da titulación exixida ou documento equivalente.

g) Copia compulsada do documento que acredite estar en posesión do Celga 4, do título de perfeccionamento en lingua galega ou estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística.

h) Copia compulsada do permiso ou licenza de condución tipo B ou equivalente. No caso de que esta licenza ou permiso esté suxeita ao sistema de «permiso por puntos» ou equivalente, declaración baixo a súa responsabilidade de que, o candidato ao cal se lle vaia esgotando o crédito de puntos ou perda tal licenza ou permiso de condución, se compromete a realizar cantos cursos de recuperación do seu crédito ou de reciclaxe sexan necesarios, ou simplemente convenientes, para o efecto de manter en vigor o permiso ou licenza de condución ou de obtención dun novo en caso de perda deste, mentres permaneza en servizo activo mediante a súa contratación.

i) Copia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos alegados para os efectos da súa valoración.

Para estes efectos, no caso de contar con experiencia profesional ou formación previa esta acreditarase con:

1) Con carácter xeral a experiencia laboral acreditarase mediante informe de vida laboral, contratos de traballo onde se indique a categoría e posto desenvolvido, ou acto de toma de posesión de cargos públicos ou de funcionario público, certificado de servizos prestados, ou calquera outra documentación que a xuízo da entidade resulte suficiente para estes efectos.

2) No caso de que o aspirante adquirise formación a través de bolsas, credencial da concesión e documento acreditativo expedido polo organismo correspondente das funcións realizadas.

3) Para acreditar outras titulacións, certificacións oficiais de idiomas, ou máster de posgrao, deberase achegar título académico ou certificación que xustifique a súa posesión.

4) Para acreditar a realización dos cursos valorables segundo o baremo do anexo II, deberanse achegar os títulos ou certificados de asistencia e superación en que se indique o programa formativo e o número de horas de duración. No suposto de non indicar as horas non será valorado o curso.

2.2. Todos os méritos que as persoas presenten para a súa valoración enténdense referidos ao día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e deberán acreditarse nos prazos e de conformidade co procedemento que se estableza. Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido neste procedemento.

Sétima. Elaboración da lista

1. A lista será elaborada por una comisión permanente nomeada pola Presidencia de Portos de Galicia.

Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, os membros da comisión permanente procederán a examinar as solicitudes presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas,

2. Concluídos os anteriores traballos, a comisión permanente fará pública na páxina web www.portosdegalicia.es e no taboleiro de anuncios da entidade pública a lista provisional dos/as solicitantes admitidos coa puntuación provisional, e dos/das solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

3. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web www.portosdegalicia.es e no taboleiro de anuncios da entidade pública para presentar reclamacións ante a comisión permanente con sede nos servizos centrais de Portos de Galicia, edificio Área Central, praza Europa, portal 5A, Santiago de Compostela.

Aqueles solicitantes provisionalmente excluídos que non presenten a documentación necesaria para subsanar a causa de exclusión quedarán definitivamente excluídos.

4. A partir da publicación da lista provisional, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude estará á disposición das persoas interesadas na páxina web www.portosdegalicia.es; as solicitudes de suspensión poderán presentarse a través do correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com, ou presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Estas solicitudes producirán efectos transcorridos 10 días contados desde a data de presentación.

5. Examinadas e resoltas se for o caso as reclamacións interpostas, a comisión permanente elevará á Presidencia de Portos de Galicia a lista definitiva de admitidos e excluídos para a súa aprobación e posterior publicación na páxina web www.portosdegalicia.es e no taboleiro de anuncios da entidade pública.

A dita lista definitiva incluirá a seguinte información:

Solicitantes admitidos/as na lista, coa indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido nestas bases.

Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

6. A lista entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7. De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:

1) Debido á infrarrepresentación do sexo feminino na entidade pública Portos de Galicia nesta categoría profesional, a solicitante de sexo feminino terá preferencia sobre a de sexo masculino.

2) Puntuación pola orde das epígrafes do baremo.

3) Solicitante de maior idade.

4) Orde alfabética do primeiro apelido e, de ser igual, polo segundo apelido, a partir da letra establecida na Resolución da Consellería de Facenda do 17 de xaneiro de 2018 (DOG número 19, do 26 de xaneiro) polo que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

5) Sorteo entre os implicados.

8. Contra a resolución de aprobación da lista definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou recurso potestativo de reposición perante esta presidencia no prazo dun mes a partir da mesma data.

Oitava. Xestión da lista

1. Ademais da elaboración da lista, corresponde á comisión permanente realizar as súas actualizacións, resolver as cuestións derivadas da interpretación e seguimento da lista, adoptar os acordos que exixa a súa correcta xestión, e resolver as solicitudes e reclamacións presentadas en relación co seu funcionamento e xestión.

2. A determinación das necesidades de cobertura temporal dun posto será competencia dos órganos de Dirección de Portos de Galicia, o que se entende sen prexuízo da necesidade de contar cos informes favorables previos dos centros directivos competentes en materia de función pública e de orzamentos.

3. A forma de efectuar os chamamentos, a súa suspensión, a situación das listas, as renuncias e as penalizacións, axustaranse ao disposto nos artigos 14, 15 e 17 do Decreto 37/2006.

Novena. Modificación de datos

As persoas integrantes da lista de contratación deberán achegar obrigatoriamente un número de teléfono móbil.

A modificación de datos persoais e do telefono móbil poderá facerse en calquera momento empregando o modelo de solicitude que estará á disposición das persoas interesadas na páxina web www.portosdegalicia.es; as solicitudes de modificación poderán presentarse a través do correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com, ou presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Estas solicitudes producirán efectos transcorridos 10 días contados dende a data de presentación.

Décima. Actualización de méritos

A actualización de méritos referidos á experiencia e á formación avaliables de conformidade co baremo que se recolle no anexo II destas bases poderá presentarse no mes de xaneiro de cada ano empregando o modelo de solicitude que estará á disposición das persoas interesadas na páxina web www.portosdegalicia.es. A solicitude de actualización deberá de acompañarse da documentación requirida que se indica nestas bases e no baremo, e poderá presentarse a través do correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com, ou presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No mes de febreiro de cada ano publicarase unha lista provisional, dispoñendo os interesados dun prazo de 10 días hábiles desde a publicación para reclamaren no caso de non estaren conformes con ela.

Décimo primeira. Comisión permanente

1. Será nomeada pola Presidencia de Portos de Galicia, e a súa composición e requisitos axustaranse ao disposto no artigo 60 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, ao artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualade en relación coa composición paritaria dos órganos de selección e ao artigo 11 do I Convenio colectivo único para o persoal laboral da entidade pública Portos de Galicia.

2. Os membros da comisión de selección absteranse de intervir, notificándollo ao presidente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A concorrencia de calquera das ditas causas deberá serlle comunicada ao órgano competente para o seu nomeamento.

A Presidencia do órgano deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte del, ás persoas que actúen como persoal asesor se os houbese, e ao persoal auxiliar que incorporen aos seus traballos unha declaración expresa de non atoparse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os integrantes da comisión cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

3. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, a comisión terá como sede a oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio Área Central, praza de Europa, 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

4. A partir da sesión de constitución, a actuación válida da comisión requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus integrantes, con presenza en todo caso da presidencia e da secretaría deste.

5. O procedemento de actuación da comisión de selección axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

6. Por cada sesión da comisión de selección redactarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da secretaría e o visto e prace da presidencia.

7. A comisión poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, que deberán limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas, e que terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderá á persoa competente para o nomeamento dos membros da comisión do presente proceso.

8. Se durante a realización das probas a comisión tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal laboral da categoría a que opta, poderá solicitar o correspondente ditame do órgano competente.

9. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes á comisión permanente dirixiranse á entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio Área Central, praza de Europa, 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

10. Os membros da comisión permanente que actúen neste procedemento terán a categoría primeira das recollidas na Resolución do 17 de xullo de 2001 sobre indemnizacións por razón de servizo para o persoal da entidade pública Portos de Galicia e posteriores modificacións.

Décimo segunda. Nomeamento da comisión permanente

A comisión permanente estará formada por:

– Presidente/a:

Titular: Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

Suplente: Lorena Solana Barjacoba.

– Secretario/a:

Titular: María de la Cruz Sóñora Ces.

Suplente: Concepción Domínguez Rodríguez.

– Vogais:

Titulares:

Antonio López Fernández.

Jesús Javier Fernández Barro.

Manuel Bautista Lorenzo.

Suplentes:

Manuel Bautis Cheda.

Victoriano Lago Martínez

Rafael Pazos Rodríguez.

Décimo terceira. Tratamento de datos persoais

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos, e Regulamento 679/2016/UE, infórmase:

1. Os datos de carácter persoal obtidos con motivo deste procedemento administrativo van ser incorporados e tratados nun ficheiro de datos debidamente autorizado para o exercicio das funcións que como Administración pública legalmente lle corresponden á entidade pública empresarial Portos de Galicia, entidade responsable do ficheiro de persoal.

2. O tratamento dos datos e a cesión destes farase de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e co Regulamento europeo xeral de protección de datos 2016/679/UE, do 27 de abril, para os fins relacionados coa xestión da relación de emprego e contrato de traballo/prestación de servizos que como empregado público formalizará con esta entidade pública.

O tratamento dos datos no marco deste procedemento selectivo e na posterior relación laboral axustarase a principios de proporcionalidade, transparencia, minimización de datos, utilización de razóns legais no que resulte estritamente necesario para a xestión da dita relación de empregado publico.

O control do uso de vehículos e outras ferramentas de traballo posta á disposición do empregado público será o menos invasivo e no que resulte estritamente necesario.

3. Máis especificamente o tratamento de datos como aspirante e, se for o caso, como empregado público desta entidade pública, a título indicativo, está destinado ás seguintes finalidades:

3.1. Xestión de persoal e xestión de nóminas; xestión, selección, promoción e/ou formación; prestacións sociais; seguros; xestión de nóminas e outros tipos de retribucións; xestión de persoal (altas, baixas, plans de pensións, comisións de servizo, haberes, trienios, permisos e licenzas; vacacións, control de asistencia, formación, anticipos, axudas sociais, así como outros aspectos do ámbito laboral e/ou funcionarial).

3.2. Prevención de riscos laborais; xestión da prevención de riscos laborais, con tratamento de información relativa ao posto de traballo e situacións de risco, así como formación na materia.

3.3. Servizo médico ou vixilancia da saúde; a xestión e control de servizos de vixilancia da saúde; neste caso, os datos persoais serán tratados, única e exclusivamente, por persoal sanitario e/ou sometidos ao deber de segredo ou sixilo profesional propio da/s entidade/s contratada/s para estes efectos; non tendo Portos de Galicia acceso a esta información de carácter persoal, conforme establece a lexislación en materia de prevención de riscos laborais. Deste xeito, os resultados das probas médicas a que sexa sometido o traballador, só lle serán comunicados de forma confidencial. Portos de Galicia, única e exclusivamente, será informada acerca da aptitude para o desempeño do posto de traballo.

3.4. Formación. Xestión das solicitudes, inscricións ou matriculación en cursos, seminarios, xornadas ou conferencias de carácter formativo, con carácter voluntario ou obrigatorio, presencial ou a distancia, control de asistencia e entrega ou expedición de títulos, diplomas ou certificados.

4. Que o responsable do ficheiro é Portos de Galicia, situado na praza de Europa, 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), e a entidade instrumental da Xunta que realiza as nóminas e os documentos TC1 e TC2 e IRPF, é o Cixtec, axencia pública da Xunta de Galicia.

5. Que o control e tratamento do ficheiro levarase a cabo pola dirección e que se conservará con confidencialidade e coas medidas de seguridade exixidas regulamentariamente.

6. O acceso aos ficheiros por terceiros realizarase para a prestación de servizos de tratamento e técnicos ao responsable destes.

7. Os datos obxecto de tratamento non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo nos supostos necesarios para o estrito e exclusivo cumprimento ou satisfacción das finalidades antes mencionadas, así como nos legalmente previstos.

Desta maneira, os datos persoais serán cedidos, sen consentimento do seu titular, de acordo co artigo 11.1 da LOPD nos casos seguintes:

– A información de carácter fiscal e laboral será comunicada aos organismos da seguridade social, administración tributaria, servizos públicos de emprego estatal, autoridade laboral, órganos de representación dos empregados públicos, así como nos supostos previstos e fixados pola normativa aplicable.

– Se for o caso, serán cedidos os datos persoais ás compañías aseguradoras coas cales, se é o caso, se contratou, entre outros, un seguro de vida, accidentes e/ou servizos para a saúde, ou de cobertura de responsabilidade civil profesional, en que vostede sexa beneficiario.

8. O exercicio ante o responsable do ficheiro dos seus dereitos para solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado, a solicitar a súa rectificación ou supresión, a solicitar a limitación no seu tratamento, a opoñerse ao tratamento, a portabilidade dos datos e a acudir á Axencia Española de Protección de Datos en defensa dos seus dereitos realizarase nos termos establecidos legalmente considerando as peculiaridades que se derivan do carácter público dos ficheiros deste organismo, podendo exercelo perante o enderezo de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, portal 5A, 6º B, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

9. A conservación destes datos realizarase polo tempo legalmente establecido para a atención de reclamacións e recursos, cumprimento de obrigacións fiscais e laborais que lle incumben legalmente a esta entidade pública como empregador; atención por exixencias legais de actuacións de auditorías e de control legal, fiscal, laboral de órganos de control interno e externo (exemplo Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Consello de Contas de Galicia, Tribunal de Contas do Estado).

10. Se precisa unha información máis detallada sobre os seus dereitos, orientación legal e xurídica acerca de como exercer estes dereitos, formular reclamacións e ante que instancias, pode poñerse en contacto con manuel.bautis.cheda@portosdegalicia.com ou manuel.bautis.cheda@xunta.gal.

11. E por teléfono nos números 981 54 53 30, 981 95 70 25 e 981 54 53 29.

En todo caso, se lles facilitan indicacións de autoridades de protección de datos as que poden acudir: Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es, Supervisor Europeo de Protección de Datos: https://edps.europa.eu/. Pode obter máis información na ligazón: http://www.portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/informacion-regulamento-europeo-xeral-de-proteccion-de-datos.

12. Que xunto coa sinatura da solicitude de participación neste procedemento selectivo deberá prestar o seu consentimento para a recollida e tratamento dos seus datos de carácter persoal no procedemento selectivo e, se for o caso, para a xestión da relación laboral co candidato seleccionado.

Décimo cuarta. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou recurso potestativo de reposición perante esta presidencia no prazo dun mes a partir da mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO I

Solicitude de inclusión na lista de contratación correspondente á categoría profesional celador/a-gardapeiraos

Datos persoais:

Primeiro apelido ............................................ Segundo apelido ............................................

Nome ............................................................ DNI .................................................................

Enderezo ...............................................................................................................................

Localidade .................................................... Provincia ........................................................

Código postal ............................................... Teléfono móbil .................................................

Outros números de teléfono ..................................................................................................

E-mail ....................................................................................................................................

Nacionalidade ....................................... Nº de afiliación á Seguridade Social ...........................

Ubicación xeográfica:

� Lugo � A Coruña � Pontevedra

A persona solicitante declara responsablemente:

1. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

2. O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida desempeñar as funcións correspondentes ao posto de traballo da praza a que opta e non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

3. Que cumpre cada un dos requisitos exixidos para participar no proceso, sendo os datos relativos á titulación requirida os seguintes:

Formación

Nome título

Centro

Ano de obtención

4. Que, en relación coa formación complementaria consistente en títulos de másteres ou posgraos, impartidos por centros oficiais de titularidade pública ou privada homologados e relacionados co mundo empresarial, ten os seguintes:

Formación complementaria: ofimática, idiomas e cursos relacionados coas actividades propias do posto impartidos por organismos oficiais e outras titulacións de igual ou superior categoría á requirida

Nome título

Ano

Centro de formación

Duración (número de horas)

5. Que, en relación coa experiencia laboral, a realizada en postos con tarefas relacionadas coas funcións do posto que se cubrirá é a seguinte:

Experiencia: en postos con tarefas relacionadas coas funcións do posto que se cubrirá

Empresa

Posto

Tarefas desempeñadas

Duración (meses)

·

·

·

·

·

·

·

·

·

·

·

·

·

·

·

6. Que presta o seu consentimento para a recollida e tratamento dos seus datos de carácter persoal no procedemento selectivo e, se for o caso, para a xestión da relación laboral co candidato seleccionado.

Lugar e data

Sinatura

ANEXO II

Baremo de avaliación de méritos

Total 20 puntos

Experiencia profesional

Puntuación

Máximo 10 puntos

1. No desempeño de postos de traballo na EPE Portos de Galicia na categoría de celador/a-gardapeiraos.

0,10 puntos por cada mes completo traballado.

5 puntos

2. No desempeño de postos de traballo na Administración pública na categoría de celador/a-gardapeiraos.

0,10 puntos por cada mes completo traballado.

2 puntos

3. No desempeño de postos de traballo na Administración pública relacionados con servizos de vixilancia, servizos portuarios e actividades portuarias en xeral.

0,10 puntos por cada mes completo traballado.

1 punto

4. No desempeño de postos de traballo no sector privado relacionados con servizos de vixilancia, servizos portuarios e actividades portuarias en xeral.

0,10 puntos por cada mes completo traballado.

1 punto

5. En traballos en que quede acreditada a utilización de programas e aplicacións informáticas.

0,10 puntos por cada mes completo traballado.

1 punto

Formación

Puntuación

Máximo 10 puntos

6. Cursos relacionados coas actividades propias do posto.

Acreditarase por medio de certificación ou título expedidos por centros e organismos oficiais.

0,20 puntos por cada 20 horas de actividade de formación acreditada. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades non puntuándose o resto das horas inferiores a 20. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 20 horas.

5 puntos

7. Coñecementos de ofimática, MS Office.

Acreditarase por medio de certificación ou título expedidos por centros e organismos oficiais.

0,20 puntos por cada 20 horas de actividade de formación acreditada. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades non puntuándose o resto das horas inferiores a 20. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 20 horas.

3 puntos

8. Coñecemento de idiomas distintos ao galego e castelán.

Acreditarase por medio de certificación ou título de entidades e organismos do sector público, ou entidades debidamente acreditadas para a expedición de titulación no Marco Común Europeo, de referencia para as linguas. Aprendizaxe, Ensinanza, Avaliación.

0,25 por cada titulación homologada oficialmente desde o nivel A1.

1 punto

9. Outras titulacións de igual ou superior categoría á requirida.

Outra/s titulación/s de igual nivel: 0,50 puntos por cada unha.

Outra/s titulación/s de nivel superior –grao, licenciatura, diplomatura–: 0,50 puntos por cada unha.

1 punto

ANEXO III

Documento taxas

missing image file