Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8068

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421O).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 3930, onde di:

«Artigo 4. Contía da axuda

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os requisitos específicos recollidos no artigo 5 destas bases reguladoras. A contía máxima por proxecto será de 25.000 €. Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 1.500 €.

Cada entidade colaboradora poderá solicitar un máximo de 250.000 € en proxectos con reserva de fondos.».

Debe dicir:

«Artigo 4. Contía da axuda

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os requisitos específicos recollidos no artigo 5 destas bases reguladoras. A contía máxima por proxecto será de 25.000 €. Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 1.500 €.

En ningún caso serán subvencionables as ampliacións das instalacións fotovoltaicas asociadas á subministración eléctrica das vivendas que xa foron obxecto de axuda de Inega en anos anteriores.

Cada entidade colaboradora poderá solicitar un máximo de 250.000 € en proxectos con reserva de fondos.».