Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14892

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 3 de marzo de 2020 pola que se determinan os servizos mínimos, no ámbito da asistencia sanitaria, durante as folgas convocadas para o día 8 de marzo de 2020.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Diversas organizacións sindicais convocaron unha folga xeral que afectará todas as actividades desempeñadas polas/os traballadoras/es de empresas privadas e polas/os empregadas/os do sector público e que se desenvolverá o 8 de marzo de 2020 entre as 00.00 e as 23.59 horas, mesmo abranguendo –nalgún suposto– a quenda de traballo que comece antes das 00.00 horas do 8 de marzo e a quenda que se prolongue despois das 23.59 horas do propio día 8. Polo tanto, a determinación dos servizos esenciais contidos nesta orde realízase atendendo ás ditas circunstancias.

Con base no que antecede,

DISPOÑO:

Artigo 1

As convocatorias de folga referidas deberanse entender condicionadas ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen na presente orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E ao propio tempo responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Os servizos esenciais establecidos nesta orde prestarán a asistencia urxente ou inaprazable da respectiva unidade, sen exceder o número de presenzas habituais correspondentes a un domingo.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente e o transporte sanitario, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. O persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para a consecución do seu fin, a central de coordinación funciona basicamente con dous chanzos básicos de atención ás demandas de atención sanitaria:

1º. O chanzo do persoal operador, composto por:

1. Persoal de operación telefónica (teleoperadores/as). Constitúe o primeiro elo da cadea de atención ás emerxencias na Comunidade Autónoma de Galicia, a primeira toma de contacto coa persoa alertante coa función principal de realizar un interrogatorio básico no cal se toman datos de filiación do/da enfermo/a, ademais de facer unha clasificación fundamental do nivel de gravidade do paciente. Unha minorización do número de persoal xestor telefónico-teleoperador supón unha perda da porcentaxe atendida de chamadas, o que implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que acontecen en todo o territorio galego, coas consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia na poboación.

2. Persoal radiooperador (locutores/as). É o colectivo encargado de activar e seguir os recursos necesarios (ambulancias, helicópteros, médicos/as, enfermeiros/as, forzas e corpos de seguridade do Estado, etcétera) para dar unha resposta inmediata ás emerxencias e garantir unha atención en tempo dos pacientes e do seu traslado ata o centro sanitario. Unha diminución no número de postos de persoal xestor-locutor supón un atraso na activación do recurso asistencial, coa consecuente demora na atención ao enfermo, o que supón un aumento da mortalidade e unha diminución da supervivencia nas patoloxías tempo-dependentes, como no ictus, no infarto agudo de miocardio, nas paradas cardiorrespiratorias, etc.

O cálculo para o dimensionamento deste persoal está axustado para asegurar a correcta atención á demanda recibida en cada franxa horaria na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias 061-Galicia, para que non se produzan demoras ou perdas na atención das chamadas, nin atrasos no envío dos recursos e/ou deficiencias no seguimento dos servizos. En consecuencia, o criterio reitor debe ser o 100 % da actividade urxente, pois unha diminución ou mingua deste persoal non podería garantir a atención da totalidade das urxencias e emerxencias sanitarias xurdidas na Comunidade Autónoma.

2º. O chanzo sanitario, onde se toman as decisións que implican a resolución dos casos que se expoñen, ben mediante a mobilización dos recursos de atención e transporte, ben mediante o consello sanitario.

Nesta segunda fase, na central de coordinación traballa un conxunto de profesionais sanitarios constituído por persoal médico coordinador e de enfermaría. Dependendo da natureza do feito que se expón, a súa gravidade e urxencia, cada chamada é resolta por persoal dun ou doutro perfil.

Os/as enfermeiros/as de consulta, á parte das tarefas de asesoría sanitaria –o seu labor principal–, atenden os problemas que necesitan unha resolución urxente por persoal desta profesión (curas, atención ás ostomías, sondas urinarias, etcétera). Ademais, desde finais do ano 2017 teñen incluído o manexo dos accidentes de múltiples vítimas.

Por outra banda, o traballo do persoal sanitario, médico e enfermeiro, consiste fundamentalmente en realizar un interrogatorio sanitario dirixido a precisar a información inicial e unha toma de decisións posterior para resolver os problemas detectados. Este é un labor de conxunto que se realiza dimensionando os efectivos de maneira adaptada aos ciclos de demanda horarios. A falla dalgún dos axentes implica unha mingua na capacidade da Sala de Coordinación para resolver a demanda entrante. Cómpre valorar que, nunha actividade desta natureza, a demora en atender un servizo repercute en toda a demanda, tanto na que entra nese momento como posteriormente: non realizar a tempo a clasificación dun proceso menos grave –porque a capacidade de atención estea saturada– pode deixar sen atender os intentos de chamadas por procesos moi graves que inmediatamente entran a continuación.

En resumo, a dimensión da Sala de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 está estipulada en función do número de chamadas histórico do servizo, por días e tramos horarios, garantindo a atención do 100 % das chamadas. O índice de chamadas perdidas non supera o 2 %e por protocolo procédese a chamar a todos aqueles números que non conseguiron contactar, dado o carácter de urxencia do servizo prestado.

Unha minoración do persoal médico e enfermeiro implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que acontecen no territorio galego, coas consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia na poboación.

Polas características do servizo dispensado, a poboación non pode quedar desasistida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas que non poden ser suplidas por outro persoal e cómpre ter en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende dun número de chamadas que non son programables, senón que se dimensionan de maneira periódica para dar cobertura ás necesidades estimadas dentro dun rango.

II. No ámbito da transfusión de sangue, os servizos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma.

Na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos ás persoas doadoras e, consecuentemente, ás posibles receptoras. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e na lexislación de aplicación.

III. Nos centros e institucións sanitarias:

a) Persoal sanitario do ámbito da atención hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención dos/das usuarios/as que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

As unidades de reanimación de coidados intensivos precisan manter a súa cobertura habitual, pois teñen que dar resposta aos quirófanos e ás posibles urxencias que, pola súa gravidade e ante unha posible falta adecuada de resposta, porían en perigo a vida dos/das pacientes.

3. Cobertura da actividade cirúrxica dos/das pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

Nestes casos, a morbilidade e o prognóstico dos/das pacientes poderían agravarse de forma significativa se se modificase a planificación realizada. A historia natural de moitas enfermidades graves e oncolóxicas pódese evitar dando a resposta más áxil posible.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das doentes hospitalizados/as e as altas clínicas.

Os/as pacientes ingresados/as precisan do control adecuado que permita asegurar o seguimento da súa evolución e a supervisión do tratamento, evitando estadías innecesarias que puidesen modificar ou complicar a dita evolución. A hospitalización é necesaria nos casos en que a situación clínica do/da paciente o determina e a súa prolongación innecesaria pode ter implicacións clínicas prexudiciais.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes segundo criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das doentes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático, incluídos/as os/as doentes desprazados/as.

Dada a grande variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de realización ineludible o do/da facultativo/a responsable da asistencia do/da enfermo/a. Con isto garántese a necesaria asistencia sanitaria que debe prestarse aos/ás doentes para tentar evitar complicacións e manter o seguimento necesario das súas patoloxías.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables.

Ao igual que no caso anterior, á vista da gran variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de dispensación ineludible o do persoal facultativo responsable da asistencia do/da enfermo/a. Os atrasos na realización destas probas poden comprometer a situación clínica do/da doente.

7. Garantirase a prescrición de sangue, medicamentos e produtos sanitarios.

Dada a variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de dispensación ineludible o do/da facultativo/a responsable da asistencia da persoa enferma. As demoras na dispensación dos hemoderivados e os medicamentos poden comprometer a situación clínica do/da paciente.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios/as de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

No caso da hospitalización a domicilio, requírese garantir a prestación asistencial, ao igual que na hospitalización convencional. No que atinxe aos coidados paliativos, dado o limitado prognóstico vital e a complexidade da situación clínica dos/as pacientes, tense que garantir o nivel de coidados necesario.

b) Persoal sanitario do ámbito da atención primaria:

Cobertura do 100 % da actividade urxente nos puntos de atención continuada.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, tendo en conta que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e dado que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata. Polo tanto, ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

c) Persoal de xestión e servizos:

c.1) Persoal da atención hospitalaria:

1. Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Na liña indicada para os outros colectivos, os dispositivos de urxencias constitúen un servizo vital de atención ininterrompida as 24 horas e todos os días do ano, polo que é imprescindible para a prestación do servizo a existencia de persoal de apoio ao persoal sanitario.

2. Área de hospitalización:

Neste ámbito é necesaria una prestación continuada do persoal non sanitario adscrito, que como máximo será equivalente aos efectivos que de maneira habitual prestan servizo nos festivos e domingos.

3. Servizos de mantemento:

Nestas áreas de traballo, das cales depende o funcionamento de todas as instalacións e equipamentos dos centros, é necesaria una prestación continuada equivalente aos efectivos que de maneira habitual prestan servizos no domingo.

4. Servizo de lavandaría e lenzaría:

Nestas áreas de actividade é preciso garantir a dispoñibilidade de roupa de doentes e lenzaría para camas e padiolas, así como a dotación de roupa para o persoal que debe traballar en áreas críticas, urxencias e quirófanos, e tamén para resolver as cuestións puntuais que se precisen para una prestación adecuada dos servizos.

5. Limpeza:

Neste ámbito é preciso garantir, por mor da hixiene necesaria para prestar os servizos sanitarios, que as instalacións estean en perfectas condicións de limpeza e hixiene, no que atinxe a zonas de hospitalización de doentes, vestiarios de persoal, áreas críticas, servizos de urxencias e quirófanos, así como nas zonas comúns de uso xeral, pois as eventuais diminucións dos parámetros de limpeza nalgunha delas pode incidir directamente tamén nas outras.

6. Hostalaría:

Nestas áreas de traballo é preciso garantir a dispoñibilidade de alimentos dos/das doentes e do persoal de garda. Considérase que os servizos necesarios para a súa atención son os efectivos que de maneira habitual e como máximo prestan servizo nos festivos e domingos, naqueles centros que dispoñen de persoal neses días, con fin de garantir un mínimo funcionamento da cadea de elaboración, empratado, distribución e recollida de comidas e utensilios.

7. Servizos administrativos:

O número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos/ás pacientes.

A situación é variable debido á diferente organización e infraestrutura de cada centro, polo que ante una situación de folga e coas incidencias que dela poden derivar é preciso manter unha mínima dotación para prestar atención e información ás persoas usuarias.

c.2) Persoal da atención primaria (puntos de atención continuada):

Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Os dispositivos de urxencias extrahospitalarias constitúen un servizo vital de atención ininterrompida durante as 24 horas e todos os días do ano, polo que é imprescindible para prestar o servizo a existencia de persoal de apoio ao persoal sanitario dos ditos dispositivos.

d) Persoal das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) e outras áreas de traballo ou servizos:

Nas restantes áreas de actividade en que sexa necesaria unha prestación continuada dos servizos para o seu correcto funcionamento, e que nese senso xa dispoñen de persoal os domingos, os servizos mínimos necesarios son os que como máximo e de xeito habitual prestan servizo nos tales días, en prol de garantir o adecuado funcionamento das institucións sanitarias nas áreas afectadas.

f) Persoal de empresas privadas que realizan labores de servizos contratados co Servizo Galego de Saúde: aplicaranse os criterios establecidos nos puntos anteriores para a correspondente área de actividade. No caso de que algunha empresa actúe nunha área de traballo que non se corresponda coas dos puntos anteriores, establecerase un número de efectivos equivalente ao dos domingos ou festivos, agás que quede debidamente garantida a asistencia cun número inferior.

IV. Nos servizos relativos ás tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), prestados no ámbito da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde por persoal de empresas privadas mediante contratación externa:

– Nos servizos de atención aos/ás usuarios/as, soporte á aplicación e administración de sistemas e redes: como máximo o 25 % dos efectivos de cada quenda, garantindo polo menos 1 por quenda.

– No resto de servizos de criticidade alta: un número imprescindible para a atención das incidencias urxentes, catalogadas como prioridade 1 (máxima).

V. No ámbito do transporte sanitario:

Unha cobertura do 100 % das unidades respecto da atención urxente prestada a través do 061 e do transporte interhospitalario urxente.

Os vehículos que resulten precisos para o mantemento dos servizos mínimos, consonte o anterior criterio, contarán coa dotación mínima de persoal establecida na normativa vixente.

Artigo 2

As empresas privadas que prestan servizos no ámbito da sanidade de Galicia deberán fixar o persoal necesario para garantir a prestación de recoñecida e inaprazable necesidade, de acordo cos criterios determinados nesta orde.

Artigo 3

A determinación do persoal necesario con base nos criterios anteriores faraa a dirección da correspondente institución e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse acecuadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola dirección respectiva e notificada aos profesionais designados.

O persoal designado para a cobertura dos servizos mínimos que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.

No anexo desta orde recóllese o número de presenzas mínimas acordado para cubrir as xornadas de folga no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia.

Artigo 4

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 5

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 6

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos/das usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base, así mesmo, nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

8

8

Área Cirúrxica

35

35

35

Área Clínica/Hospitalización

20

20

20

SS.CC.

10

10

10

Persoal de enfermaría

Urxencias

21

20

19

Área Cirúrxica

10

10

10

Área Clínica/Hospitalización

150

145

125

SS.CC.

10

10

10

Matrón/a

5

5

4

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

180

138

98

Técnico/a especialista

19

19

9

Celador/a

52

48

27

Persoal administrativo

5

6

3

Traballador/a social

-

-

-

Mantemento

7

7

7

Telefonista

1

1

1

Pasador/a de ferro

3

-

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

5

5

-

Pinche

60

60

2

Condutor/a

1

1

-

Lavandeiro/a

1

-

-

Persoal de informática

1

1

-

Hospital Virxe da Xunqueira de Cee:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

5

5

5

Área Clínica/Hospitalización

2

2

2

SS.CC.

1

1

1

Persoal de enfermaría

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

5

5

4

Paritorio

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

10

9

6

Técnico/a especialista

2

2

2

Persoal administrativo

2

2

1

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

30

29

18

Pediatra

-

-

-

Persoal de enfermaría

27

21

17

Persoal non sanitario (servizos administrativos)

-

-

-

Celadores/as/PSX de PAC

16

16

16

Área Sanitaria de Ferrol

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

5

Área Cirúrxica

17

17

17

Área Clínica/Hospitalización

12

12

12

SS.CC.

7

7

7

Persoal de enfermaría

Urxencias

11

11

10

Área Cirúrxica

3

3

3

Área Clínica/Hospitalización

45

35

32

SS.CC.

3

3

3

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

64

44

35

Técnico/a especialista

7

7

5

Celador/a

24

18

12

Persoal administrativo

2

2

2

Mantemento

4

4

4

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

-

Pinche

18

18

1

Limpador/a

1

-

-

Condutor/a

-

-

-

Lavandaría

Lavandeiro/a

-

-

-

Pasador/a de ferro

-

-

-

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

-

-

-

Médico/a de familia PAC

15

15

11

Pediatra

-

-

-

Odontólogo/a

-

-

-

Farmacéutico/a

-

-

Persoal de enfermaría

-

-

-

Persoal de enfermaría (PAC)

13

13

11

Outro persoal sanitario

-

-

-

Persoal non sanitario

-

-

-

Celador/a PAC

9

9

9

Limpeza atención primaria

-

-

-

– Empresas contratadas. Área Sanitaria de Ferrol:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Limpeza centros de saúde (contratada)

9

-

-

Transporte sanitario (contratado)

-

-

-

Vixilancia e seguridade (contratada) atención primaria

1

1

-

Vixilancia e seguridade (contratada) centros hospitalarios

2

2

2

Mantemento Hospital Naval (contratado)

1

1

1

Mantemento informático (contratado)

-

-

-

Dietética (contratada)

1

1

-

Help-Desk a usuarios/as de sistemas da información (contratado)

-

-

-

Arquivo (contratado)

-

-

-

Transporte dietas alimenticias (contratado)

1

1

-

Transporte de mostras clínicas (contratado)

-

-

-

Transporte de material e correspondencia (contratado)

-

-

-

Comedor PAC

9

9

-

Transporte profesionais de PAC

9

9

-

Limpeza de centros hospitalarios (contratada)

24

19

2

DDD

1

-

-

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

6

Área Cirúrxica

7

7

7

Área Clínica/Hospitalización

47

47

47

SS.CC.

14

14

11

Persoal de enfermaría

Urxencias

18

18

15

Área Cirúrxica

18

18

14

Área Clínica/Hospitalización

128

120

92

SS.CC.

24

24

10

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

192

120

79

Técnico/a especialista

32

32

13

Celador/a

54

48

28

Persoal administrativo

3

3

2

Mantemento

Mecánico/a

1

1

1

Electricista

1

1

1

Calefactor/a

1

1

1

Fontaneiro/a

1

1

-

Persoal informático

1

1

1

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

2

-

Pinche

40

35

-

Condutor/a

-

-

-

Lavandeira/o

2

-

-

Limpeza (contratada)

67

34

7

Mantemento (contratada)

4

4

4

Arquivo (contratado)

-

-

-

Almacén (contratado)

-

-

-

Seguridade (contratada)

5

7

5

Transporte sanitario (contratado)

-

-

-

Hospital da Barbanza:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

3

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

2

3

2

SS.CC.

2

2

2

Persoal de enfermaría

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

3

3

3

Área Clínica/Hospitalización

8

6

4

SS.CC.

-

-

-

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

11

11

7

Técnico/a especialista

3

3

2

Celador/a

3

1

1

Persoal de informática

1

1

1

Persoal administrativo

2

2

1

Seguridade (contratada)

1

1

1

Limpeza (contratada)

5

3

1

Cociña (contratada)

4

2

-

Mantemento e electromedicina (contratados)

1

1

1

Transporte sanitario (contratado)

-

-

-

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

34

34

23

Pediatra

-

-

-

Persoal de enfermaría

29

29

20

Persoal de servizos xerais

8

8

8

Auxiliar administrativo/a

-

-

-

Celador/a

14

14

12

Limpeza (contratada)

12

-

-

Seguridade (contratada)

-

-

-

Transporte sanitario (contratado)

-

-

-

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Lucus Augusti:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

12

8

Área Cirúrxica

18

18

18

Área Clínica/Hospitalización

12

12

12

SS.CC.

9

9

9

Matrón/a

3

3

3

Persoal de enfermaría

Urxencias

11

11

10

Área Cirúrxica

7

7

7

Área Clínica/Hospitalización

73

55

53

SS.CC.

9

4

4

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

92

72

49

Técnico/a especialista

17

15

8

Celador/a

33

31

17

Persoal administrativo

2

4

2

Mantemento

4

4

4

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche cociña

31

27

-

Pinche lenzaría

3

3

-

Condutor/a

-

-

-

Persoal de informática

2

2

2

Seguridade (contratada)

5

5

3

Limpeza (contratada)

12

7

2

Transporte sanitario (contratado)

6

6

3

Transporte interno (contratado)

2

2

1

Informática (contratada)

-

-

-

Diétetica (contratada)

2

1

-

Arquivo (contratado)

1

1

1

Plataforma loxística (contratada)

-

-

-

Hospital Comarcal de Monforte:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

SS.CC.

5

5

5

Matrón/a

1

1

1

Persoal de enfermaría

Urxencias

4

4

5

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

10

10

5

SS.CC./REA

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

8

8

8

Técnico/a especialista

5

5

2

Celador/a

7

5

3

Persoal administrativo

1

1

1

Mantemento

2

2

2

Telefonista

-

-

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche

5

5

-

Condutor/a

-

-

-

Persoal de informática

-

-

-

Informática (contratada)

-

-

-

Seguridade (contratada)

1

1

1

Pasador/a de ferro

2

-

-

Lavandaría

2

-

-

Limpeza (contratada)

2

1

1

Transporte sanitario (contratado)

2

2

2

Arquivo (contratado)

-

-

-

Mantemento electromédico (contratado)

1

1

1

Hospital da Mariña:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

11

11

11

Área Clínica/Hospitalización

3

3

3

SS.CC.

2

2

2

Persoal de enfermaría

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

17

17

14

SS.CC.

-

-

-

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

19

18

12

Técnico/a especialista

4

4

2

Celador/a

8

8

4

Persoal administrativo

1

1

1

Mantemento

2

2

2

Telefonista

1

1

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche

4

4

-

Condutor/a

-

-

-

Lavandaría

-

-

-

Seguridade (contratada)

1

1

1

Limpeza (contratada)

7

2

1

Transporte sanitario (contratado)

4

4

2

Mantemento electromédico (contratado)

-

-

-

– Servizos sanitarios de atención primaria de Lugo:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo (médico/a, pediatra, odontólogo/a)

32

33

26

Persoal de enfermaría

31

31

26

Persoal de servizos xerais

9

9

9

Auxiliar administrativo

-

-

-

Celador/a

10

10

10

Oficios

-

-

-

Limpeza (contratada)

14

-

-

Transporte analíticas e farmacia (contratado)

-

-

-

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario de Ourense:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

16

16

16

Área Clínica/Hospitalización

9

9

8

SS.CC.

13

13

13

Matrón/a

2

2

2

Fisioterapeuta

-

-

-

Persoal de enfermaría

Urxencias

10

10

8

Área Cirúrxica

33

23

22

Área Clínica/Hospitalización

64

44

21

SS.CC.

23

18

16

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

130

92

73

Técnico/a especialista

17

13

7

Celador/a

50

42

25

Persoal administrativo

Admisión e apoio asistencial

3

5

2

Persoal administrativo

Persoal, Secretaría e Atención ao Paciente

-

-

-

Telefonista

2

2

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

3

3

-

Pinche

39

32

-

Condutor/a

-

-

-

Lenzaría, limpeza, servizos

3

-

-

Información e recepción

3

3

-

Informática

-

-

-

Limpeza (contratada)

29

18

3

Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

6

6

6

SS.CC.

3

3

3

Persoal de enfermaría

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

3

3

3

Área Clínica/Hospitalización

7

7

6

SS.CC.

2

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

12

10

6

Técnico/a especialista

2

2

2

Celador/a

7

7

3

Persoal administrativo

1

1

1

Mantemento

2

2

1

Telefonista

1

1

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche

4

4

-

Lavandaría

Lavandeira/o

-

-

-

Hospital de Verín:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

1

1

1

SS.CC.

3

3

3

Persoal de enfermaría

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

4

4

4

SS.CC.

-

-

-

Matrón/a

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

7

7

5

Técnico/a especialista

2

2

2

Celador/a

3

3

2

Persoal administrativo

1

1

1

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

25

25

24

Pediatra de atención primaria

-

-

-

Persoal de enfermaría

22

19

17

Outro persoal sanitario

-

-

-

Persoal de xestión e servizos: citación

-

-

-

Persoal de xestión e servizos: servizos administrativos e mantemento

-

-

-

Celador/a de PAC

15

15

14

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario de Pontevedra:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

4

Área Cirúrxica

12

12

12

Área Clínica/Hospitalización

11

11

11

SS.CC.

4

4

3

Persoal de enfermaría

Urxencias

9

9

8

Área Cirúrxica

19

9

6

Área Clínica/Hospitalización

49

46

44

SS.CC.

3

3

2

Matrón/a

2

2

2

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

85

65

51

Técnico/a especialista

10

7

7

Celador/a

43

39

20

Persoal de informática

-

-

-

Persoal administrativo

3

3

3

Mantemento

4

2

2

Telefonista

2

2

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

-

Pinche

14

14

-

Condutor/a

-

-

-

Lavandeiro/a

-

-

-

Mantemento Hospital Provincial (empresa externa)

1

1

1

Limpeza (empresa externa)

27

11

3

Cafetaría Hospital Montecelo (empresa externa)

5

4

-

Seguridade (empresa externa)

3

3

2

Cociña Hospital Provincial (empresa externa)

11

10

-

Loxística (empresa externa)

-

-

-

Cafetaría Hospital Provincial (empresa externa)

3

3

-

Repartición de material (plataforma loxística) (empresa externa)

-

-

-

Hospital do Salnés:

Servizos mínimos

Maña

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

4

4

3

Área Clínica/Hospitalización

2

2

2

SS.CC.

1

1

-

Persoal de enfermaría

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

3

3

3

Área Clínica/Hospitalización

10

8

8

SS.CC.

-

-

-

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

15

13

11

Técnico/a especialista

4

4

2

Celador/a

5

5

3

Persoal administrativo

2

2

1

Mantemento (empresa externa)

1

1

-

Limpeza (empresa externa)

6

3

1

Atención telefónica (empresa externa)

1

1

-

Seguridade (empresa externa)

1

1

1

Cociña (empresa externa)

4

4

-

Cafetaría (empresa externa)

1

1

-

Repartición de material (plataforma loxística) (empresa externa)

-

-

-

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico de familia

17

17

12

Pediatra

-

-

-

Persoal de enfermaría

17

14

11

Persoal non sanitario

9

9

9

Limpeza (empresa externa)

-

-

-

Área Sanitaria de Vigo

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

12

9

Área Cirúrxica

34

34

34

Área Clínica/Hospitalización

22

22

22

SS.CC.

16

15

13

Matrón/a

5

5

5

Fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional

-

-

-

Persoal de enfermaría

Urxencias

21

22

15

Área Cirúrxica

22

22

21

Área Clínica/Hospitalización

104

90

85

SS.CC.

8

4

2

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

147

126

87

Técnico/a especialista

27

22

13

Celador/a

78

71

51

Persoal administrativo

5

7

3

Mantemento

4

3

3

Telefonista

2

2

2

Condutor/a

-

-

-

Informática

2

2

2

Transporte sanitario (contratado)

6

5

4

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico/a de familia

-

-

-

Pediatra

-

-

-

Médico/a de familia PAC

24

24

20

Persoal de enfermaría

Enfermeiro/a

-

-

-

Enfermeiro/a PAC

24

22

19

Persoal de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

-

-

-

Auxiliar administrativo/a

-

-

-

Celador/a

-

-

-

PSX-celador/a PAC

11

11

11

Telefonista

1

1

1

Condutor/a

3

3

2

– Servizos contratados ou con concesión administrativa:

a) Mantemento:

Categoría

Centro

Servizo

Quenda

Servizos mínimos

Electrónico/a

H.A.C. e H.N. Peña

Mto. Electromedicina

Mañá

-

Electrónico/a

H.A.C. e H.N. Peña

Mto. Electromedicina

Tarde

-

Electrónico/a

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Electromedicina

Noite

-

Electrónico/a

H. Meixoeiro

Mto. Electromedicina

Mañá

-

Fontaneiro/a

Calefactor/a

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Central Abast. e Tto. Auga (CATA)

Mañá

1

Electricista

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Mañá

2

Electricista

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Tarde

2

Electricista

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Noite

1

Calefactor/a

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Mañá

1

Calefactor/a

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Tarde

1

Calefactor/a

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Noite

1

Mecánico/a cond. de instalacións

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Mañá

2

Mecánico/a cond. de instalacións

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Tarde

2

Mecánico/a cond. de instalacións

H.A.C., H.N. Peña e H. Meixoeiro

Mto. Xeral

Noite

2

b) Restauración e limpeza:

Agrupación profesional

Centro

Servizo

Quenda

Servizos mínimos

Camareiras/os

H.A. Cunqueiro

Restauración

Mañá

12

Pinches

H.A. Cunqueiro

Restauración

Mañá

7

Dietistas

H.A. Cunqueiro

Restauración

Mañá

2

Pinches

H.A. Cunqueiro

Almacén

Mañá

1

Pinches

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Mañá

4

Cociñeira/o

H.A. Cunqueiro

Restauración

Mañá

1

Pinches

H.A. Cunqueiro

Restauración

Mañá

1

Camareiras/os

H.A. Cunqueiro

Restauración

Tarde

12

Pinches

H.A. Cunqueiro

Restauración

Tarde

7

Dietistas

H.A. Cunqueiro

Restauración

Tarde

2

Pinches

H.A. Cunqueiro

Almacén

Tarde

1

Cociñeira/o

H.A. Cunqueiro

Restauración

Tarde

1

Pinches

H.A. Cunqueiro

Restauración

Tarde

1

Camareiras/os

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

4

Pinches

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

5

Dietistas

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

1

Camareiras/os

H. Meixoeiro

Restauración

Tarde

4

Pinches

H. Meixoeiro

Restauración

Tarde

5

Dietistas

H. Meixoeiro

Restauración

Tarde

1

Pinches

H. Meixoeiro

R. Food Bank

Mañá

1

Camareiras/os

H. Nicolás Peña

Restauración

Mañá

1

Pinches

H. Nicolás Peña

Reforzo reparto

Mañá

-

Camareiras/os

H. Nicolás Peña

Restauración

Tarde

1

Pinches

H. Nicolás Peña

Reforzo reparto

Tarde

-

Limpadores/as

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Mañá

45

Limpadores/as

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Tarde

18

Limpadores/as

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Noite

4

Peóns/oas de recollida

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Mañá

2

Peóns/oas de recollida

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Tarde

2

Xefes/as de equipo

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Mañá

2

Xefes/as de equipo

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Tarde

1

Xefes/as de equipo

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Noite

-

Encargados/as

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Mañá

-

Encargados/as

H.A. Cunqueiro

Limpeza

Tarde

-

Limpadores/as

H. Nicolás Peña

Limpeza

Mañá

3

Limpadores/as

H. Nicolás Peña

Limpeza

Tarde

1

Limpadores/as

H. Nicolás Peña

Limpeza

Noite

1

Limpadores/as

H. Meixoeiro

Limpeza

Mañá

9

Limpadores/as

H. Meixoeiro

Limpeza

Tarde

5

Limpadores/as

H. Meixoeiro

Limpeza

Noite

2

Peóns/oas de recollida

H. Meixoeiro

Limpeza

Mañá

1

Peóns/oas de recollida

H. Meixoeiro

Limpeza

Tarde

1

Xefes/as de equipo

H. Meixoeiro

Limpeza

Mañá

-

Xefes/as de equipo

H. Meixoeiro

Limpeza

Tarde

-

Encargados/as

H. Meixoeiro

Limpeza

Mañá

1

Encargados/as

H. Meixoeiro

Limpeza

Tarde

1

c) Outros:

Categoría

Centro

Servizo

Quenda

Servizos mínimos

Vixilantes de seguridade

H.A.C.

Seguridade

Mañá

3

Vixilantes de seguridade

H.A.C.

Seguridade

Tarde

3

Vixilantes de seguridade

H.A.C.

Seguridade

Noite

3

Vixilantes de seguridade

H. Meixoeiro

Seguridade

Mañá

2

Vixilantes de seguridade

H. Meixoeiro

Seguridade

Tarde

2

Vixilantes de seguridade

H. Meixoeiro

Seguridade

Noite

2

Vixilantes de seguridade

H. N. Peña

Seguridade

Mañá

1

Vixilantes de seguridade

H. N. Peña

Seguridade

Tarde

1

Vixilantes de seguridade

H. N. Peña

Seguridade

Noite

1

Condutores/as

Xerencia

Tte. Esterilización

Mañá

1

Condutores/as

Xerencia

Tte. Esterilización

Tarde

1

Condutores/as

Xerencia

Tte. Esterilización

Noite

1

Condutores/as

Xerencia

Tte. Externo

Mañá

-

Condutores/as

Xerencia

Tte. Externo

Tarde

-

Condutores/as

Xerencia

Tte. Externo

Noite

-

Condutores/as

Xerencia

Tte. de persoal

Mañá

-

Peón de lavandaría e lenzaría

H.A.C.

Lavandaría/lenzaría

Mañá

5

Peón de lavandaría e lenzaría

H.A.C.

Lavandaría/lenzaría

Tarde

2

Peón de lavandaría e lenzaría

H. N. Peña

Lavandaría/lenzaría

Mañá

-

Lavandeiro/a

pasador/a de ferro

H. Meixoeiro

Lavandaría

Mañá

1

Peón/oa de lavandaría e lenzaría

H. Meixoeiro

Lavandaría

Tarde

1

d) Persoal da contrata de limpeza no ámbito da atención primaria:

Posto

Centro de traballo

Efectivos totais

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Mañá

Tarde

Limpador/a

C.S. López Mora

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. r/ Cuba

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Doblada

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Rosalía de Castro

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Teis

-

-

-

-

Limpador/a

UND. Cancro de Mama

-

-

-

-

Limpador/a

E.D. Taboada Leal-Especl.

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Pintor Colmeiro

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Moaña

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Lavadores

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Coia

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Casco Vello

-

-

-

-

Limpador/a

Edf. García Barbón

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Mondariz

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Cangas

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Aldán

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Redondela

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Sárdoma

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Tui

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Val Miñor

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. A Cañiza

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Ponteareas

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Chapela

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Baiona

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Nicolás Peña

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Coruxo

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Bembrive

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Matamá

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Navia

-

-

-

-

Limpador/a

E.D. Taboada Leal-Primar.

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. A Guarda (Casa do Mar)

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. e PAC A Guarda

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Oia

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Panxón

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. O Porriño

1

1

1

1

Limpador/a

C.S. Tomiño

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. O Rosal

-

-

-

-

Limpador/a

C.S. Mos

-

-

-

-

Limpador/a

Almacén de Chapela

-

-

-

-

Condutores/as

Transporte de mostras

-

-

-

-

Condutores/as

Transporte de farmacia/material

-

-

-

-

Mozo/a axud./condutor/a

-

-

-

-

Condutor/a

Servizo de lavandaría

-

-

-

-

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.:

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Localización

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

-

-

-

1

Técnico/a de mantemento

-

-

-

1

Vigo

Diagnóstico por Imaxe Unidade Móbil

Enfermeiro/a

2

2

-

-

Técnico/a especialista

2

2

-

-

Medicina Nuclear-PET

Facultativo/a

-

-

-

1

Enfermeiro/a

-

-

-

1

Oncoloxía Radioterápica

Facultativo/a

-

-

-

1

Técnico/a especialista

-

-

-

1

Radiofísica

Facultativo/a

-

-

-

1

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Hematólogo/a

1

1

1

Médico/a de hemodoazón

-

-

-

Persoal sanitario non facultativo

Control de calidade

-

-

-

HLA

1

1

-

Criobioloxía

-

-

-

Procesamento

1

1

1

Fraccionamento

2

2

2

Hemodoazón

-

-

-

Persoal non sanitario

Administración

-

-

-

Promoción

-

-

-

Hemodoazón

-

-

-

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico/a coordinador/a

6+1 (¹)

6+1 (¹)

3

Médico/a asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico/a asistencial base helicóptero

2 (²)

2 (²)

-

Persoal sanitario non facultativo

Enfermeiro/a de consulta sanitaria

1

1

1

Enfermeiro/a base ambulancia

16

16

16

Enfermeiro/a base helicóptero

2 (2)

2 (2)

-

Persoal non sanitario

Tecnoloxía

-

-

-

Recursos Humanos

-

-

-

Secretaría

-

-

-

Servizo de persoal operador (contratado)

Teleoperador/a-locutores/as

7+2 (3)

9

4+2+2 (4)

Locutor/a

3+1+1 (5)

5

2+1+1 (6)

(1) Aos 6 traballadores/as na quenda de mañá hai que sumarlle 1 en horario de 10.00 a 16.00 horas. Aos 6 traballadores/as na quenda de tarde hai que sumarlle 1 en horario de 16.00 a 23.00 horas.

(2) Están operativos de orto a ocaso.

(3) Aos 7 traballadores/as en quenda de mañá hai que sumarlle 2 en horario de 10.00 a 15.00 horas.

(4) Aos 4 traballadores/as en quenda de noite hai que sumarlle 2 en horario de 00.00 a 2.00 horas e 2 máis en horario de 22.00 a 00.00 horas

(5) Aos 3 traballadores/as en quenda de mañá hai que sumarlle 1 en horario de 9.00 a 15.00 horas e 1 máis en horario de 10.00 a 15.00 horas.

(6) Aos 2 traballadores/as en quenda de noite hai que sumarlle 1 en horario de 23.00 a 00.00 horas e 1 máis en horario de 22.00 a 23.00 horas.