Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15373

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

As capacidades actuais ofrecidas polas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) permítennos difundir e preservar a nosa cultura dun xeito dixital. Ademais, grazas á rede, o patrimonio cultural de cada rexión pode transformarse en patrimonio da humanidade accesible para todos, en calquera momento e desde calquera lugar.

A universalización do patrimonio cultural de Galicia implica levar a cabo accións que contribúan á súa recolección, preservación e valorización, así como a garantir o seu acceso a través de calquera soporte e en calquera momento e lugar, e a implicar á sociedade na súa protección e difusión. Nesta liña, a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, promove unha máis fácil e eficiente xestión do noso patrimonio cultural, achegándoo á cidadanía; e, do mesmo xeito, a Axenda Dixital de Galicia 2020 inclúe tamén entre os seus obxectivos avanzar cara á universalización dixital do patrimonio cultural de Galicia. Avanzar cara á universalización dixital do patrimonio cultural de Galicia exixe a promoción dun modelo integral que permita a súa difusión e accesibilidade, que garanta a sustentabilidade no longo prazo e que posibilite a interacción da cidadanía e xeración de valor.

Neste contexto, a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en coordinación coa Dirección Xeral de Políticas Culturais, está a promover a construción da Memoria Dixital de Galicia como un proxecto colectivo de preservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. O proxecto de Memoria Dixital de Galicia pon en marcha a recolección dos fondos culturais do Arquivo Dixital de Galicia e da Biblioteca Dixital de Galicia desde Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para a súa difusión desde este punto común de acceso. A Memoria Dixital de Galicia implica un achegamento ao patrimonio cultural e ao eido da dinamización da cultura, aproveitando a potencialidade das TIC e os novos usos e costumes dunha sociedade dixital.

Un dos eixos fundamentais do proxecto da Memoria Dixital de Galicia será achegar unha liña de financiamento que permita ás institucións da memoria levar adiante proxectos de dixitalización para transformar os seus fondos patrimoniais en recursos dixitais accesibles. Será imprescindible que os obxectos dixitais resultado deses proxectos sexan conforme as normas e estándares nacionais e internacionais que se definan nas presentes bases reguladoras.

A difusión deses recursos dixitais realizarase a través de Galiciana, sistema de difusión e recolección do Patrimonio Dixital de Galicia, que cumpre coas últimas directrices e estándares nacionais e internacionais logrando así a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día.

Porén, mediante a presente resolución establécense as bases reguladoras e convócanse as subvencións que axudarán á dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

Con base no anterior, en virtude do disposto nos artigos 7.1 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Aprobar as bases reguladoras da concesión de subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia e efectuar a súa convocatoria para o período 2020-2021 (código de procedemento administrativo PR606A).

Sección 1ª. Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. O obxecto das presentes bases é regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. As subvencións tramitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

2. O ámbito de aplicación das subvencións tramitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras enmárcase na liña de actuación 57, Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, do obxectivo específico 02.03.01, Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saúde, recollido na prioridade de investimento 02.03, Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica, do obxectivo temático 02, Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a esas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, actuación 2.3.1.7, axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo-Dixitalización do patrimonio cultural.

Artigo 2. Definicións

Para efectos da presente resolución establécense as seguintes definicións:

a) «Custo elixible do proxecto»: importe xustificado dos investimentos do proxecto, executados e subvencionables segundo os criterios establecidos no artigo 8 das presentes bases reguladoras.

b) «Galiciana»: proxecto impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e incluído nas iniciativas da Memoria Dixital de Galicia, ten como obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes para Galicia, senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices e estándares nacionais e internacionais. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día. Está constituido por diferentes elementos que colaboran neste obxectivo.

c) «Galiciana-Arquivo Dixital de Galicia»: plataforma utilizada na actualidade por trinta e catro arquivos de diversa titularidade, tanto pública como privada para a difusión do patrimonio documental galego que custodian. Dispón dun portal en que se dá acceso, non só aos documentos dos que se proporciona unha imaxe dixital, senón á totalidade dos fondos xestionados por cada unha destas institucións.

d) «Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia»: portal de acceso a obxectos dixitalizados de bibliotecas dependentes da Dirección Xeral de Políticas Culturais pero tamén doutras institucións da memoria cuxos fondos se considera de interese para o patrimonio bibliográfico de Galicia. No momento de publicación desta convocatoria poden consultarse fondos dixitalizados de 18 institucións que inclúen materiais como prensa histórica, incunables, mapas ou postais.

e) «Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia»: sistema de difusión e recolección do patrimonio cultural dixitalizado galego. Baséase nunha infraestrutura de recolección de datos abertos (protocolo OAI-PMH) o que lle permite colleitar os metadatos proporcionados por todas as institucións da memoria que dispoñan dun repositorio OAI-PMH.

f) «Metadatos»: conxunto de informacións relacionadas cos obxectos dixitais. Representan o obxecto dixital con fins de descrición, xestión e intercambio. Divídense en diferentes grupos segundo a finalidade que sustentan (procura e recuperación da información, xestión de obxectos dixitais, estruturación física e lóxica destes). O seu obxectivo é garantir a interoperabilidade, visibilidade, autenticidade e preservación dos obxectos dixitais.

g) «Patrimonio cultural de Galicia»: o patrimonio cultural de Galicia está constituído polos bens mobles, inmobles ou manifestacións inmateriais que, polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico, documental ou bibliográfico, deban ser considerados como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a través do tempo.

h) «Repositorio»: arquivo centralizado onde se almacena e mantén información dixital.

i) «Patrimonio documental de Galicia»: o patrimonio documental galego está constituído polo conxunto de documentos de titularidade pública. Así mesmo, está constituído polos de titularidade privada, custodiados ou non en arquivos de Galicia e de fóra dela, que, pola súa orixe, antigüidade ou valor, sexan de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia. Forman parte do patrimonio documental os documentos xerados, conservados ou reunidos, no exercicio da súa función: a) pola Administración xeral e as entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia en calquera época; b) por entidades e asociacións de carácter político, sindical ou relixioso e por entidades, fundacións e asociacións culturais e educativas de carácter privado anteriores a 1965; c) por outras entidades particulares ou persoas físicas anteriores a 1901; d) outros con especial valor cultural para a Comunidade Autónoma.

j) «Patrimonio bibliográfico de Galicia»: o patrimonio bibliográfico galego está constituído polos fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural. Así mesmo, inclúense no patrimonio bibliográfico galego as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, xa sexan impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas ou magnéticas, de carácter unitario ou seriado, en calquera tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa creación ou reprodución, en que concorra algunha das seguintes circunstancias: a) que respecto destas obras conste a inexistencia de, cando menos, tres exemplares idénticos en bibliotecas ou servizos públicos; b) que sexan anteriores a 1901; c) que teñan características singulares que lles outorguen carácter único (ex libris, expurgacións, etc.).

k) «Repositorio OAI-PMH»: repositorio adaptado ao protocolo OAI-PMH (The Open Archives Initiative-Protocol for Metadata Harvesting), que ten como misión desenvolver e promover estándares de interoperabilidade para facilitar a difusión eficiente de contidos en internet.

Artigo 3. Finalidade das subvencións

A finalidade das subvencións tramitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras, dentro do marco da Axenda Dixital de Galicia 2020, é potenciar a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia e a súa recolección, preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. Esta iniciativa prevé incrementar o patrimonio cultural de Galicia accesible a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia fomentando un maior achegamento dos cidadáns e a dinamización da cultura galega aproveitando a potencialidade das TIC e os usos e costumes dunha sociedade dixital.

As subvencións reguladas por estas bases reguladoras teñen por obxecto o financiamento de proxectos de dixitalización accesibles en liña e coas adecuadas medidas de preservación de bens que formen parte do patrimonio cultural de Galicia, conforme o establecido na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A convocatoria para o período 2020-2021 limitarase a proxectos de dixitalización de bens vinculados ao patrimonio bibliográfico e documental de Galicia. Os proxectos subvencionables formarán parte de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia situada en Galicia.

Artigo 4. Réxime de concesión, concorrencia e compatibilidade con outras axudas

1. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva, e axustarase ao disposto nas presentes bases reguladoras, sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE Euratom) nº 2018/1046, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pagamento dun fondo EIE pode ser calculado para cada fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme o documento en que se establezan as condicións da axuda.

3. O incumprimento do disposto no punto anterior considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

4. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía do gasto subvencionable.

Artigo 5. Tipos de proxectos obxecto de subvención, orzamento e prazo de execución

1. Os proxectos susceptibles de obter subvencións vinculadas ás convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras contribuirán á dixitalización do patrimonio cultural de Galicia e a súa preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

2. Na presente convocatoria só se admitirán proxectos de dixitalización de bens que formen parte do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia segundo determina a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, nos seus artigos 109 e 110.

3. Os bens patrimoniais obxecto de dixitalización deberán estar en dominio público ou, se for o caso, as entidades solicitantes das axudas terán que posuír os dereitos de explotación necesarios sobre eles, de acordo coa Lei 21/2014, do 4 de novembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril. Neste último suposto as entidades deberán certificar esa posesión mediante o anexo III desta resolución, e faranse responsables en caso de reclamacións.

4. Quedan excluídos os documentos que conteñan datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero; os que afecten a seguridade do Estado, o secreto mercantil e calquera outros en que concorran excepcións ou límites a súa difusión previstos na Constitución e nas leis.

5. Os proxectos subvencionables consistirán na creación de obxectos dixitais a partir dos documentos patrimoniais orixinais, así como a asignación de metadatos que codifiquen as súas descricións e que permitan a súa carga en repositorios OAI-PMH:

a) Se a institución de que dependan os proxectos subvencionables conta cun repositorio OAI-PMH, poderá realizar a carga dos metadatos obtidos no seu propio repositorio. Neste caso proporcionarán a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia a URL do repositorio para que se poida proceder á súa recolección.

b) No caso de que as institucións da memoria que concorran a estas axudas non conten cun repositorio OAI-PMH propio, os ficheiros de metadatos resultantes dos seus proxectos de dixitalización serán importados nos repositorios do Arquivo Dixital de Galicia ou da Biblioteca Dixital de Galicia. Estes repositorios OAI-PMH xestionados pola Dirección Xeral de Políticas Culturais serán os provedores de datos destes proxectos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

Os metadatos que codifiquen a descrición dos bens patrimoniais orixinais obxecto do proxecto subvencionable terán que seguir algún dos perfís propostos pola Subdirección Xeral de Arquivos e Museos ou pola Subdirección Xeral de Bibliotecas. No formulario de solicitude que se achega como anexo I desta resolución deberase consignar que perfil de metadatos empregarán as entidades solicitantes.

6. Todo o proceso de creación dos recursos dixitais deberá seguir o establecido nos «Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia», que poden consultarse na páxina web https://amtega.xunta.gal. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Políticas Culturais proporcionarán a información necesaria ás organizacións interesadas sobre estes requirimentos.

7. O orzamento total de investimentos subvencionables nos proxectos será o que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.

8. O prazo de execución dos investimentos subvencionables será o que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.

Artigo 6. Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións, sen prexuízo da obriga de reuniren os requisitos establecidos nas presentes bases reguladoras, as entidades e organizacións, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que dispoñan de activos do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, en concreto:

a) Os órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As entidades locais de Galicia (incluídas as agrupacións e asociacións de concellos, consorcios e mancomunidades) e entidades delas dependentes.

c) As universidades públicas galegas e o Consello Galego de Universidades.

d) As entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

e) As reais academias e as academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as organizacións en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada recollida no formulario normalizado para a presentación das solicitudes que figura no anexo I desta resolución, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

3. Os requisitos específicos para obter a condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións son:

a) O material bibliográfico e documental que sirva de base aos recursos dixitais deberá estar en dominio público. Poderanse dixitalizar bens que non estean en dominio público a condición de que as entidades solicitantes das axudas estean en posesión dos dereitos de explotación necesarios que permitan desenvolver as actuacións descritas no punto primeiro desta resolución. Esta circunstancia acreditarase segundo o anexo III desta resolución.

b) As persoas solicitantes deben presentar unha relación das obras para dixitalizar como requisito imprescindible para ser avaliados pola Comisión de Valoración. Esta relación cubrirase seguindo o anexo II desta resolución. Se nesta listaxe se presentan obras que xa se atopan dixitalizadas, a entidade solicitante terá que xustificar no punto correspondente dese anexo o interese e a necesidade desa redixitalización.

Artigo 7. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nas presentes bases reguladoras, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases reguladoras e de cada convocatoria, poidan ser aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. As persoas beneficiarias deberán comunicarlle á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

3. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro da subvención concedida de acordo co disposto no artigo 140 do Regulamento (CE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

4. As persoas beneficiarias declararán, no momento da presentación da solicitude, contar coa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se concede a axuda. Para os efectos do diposto no artigo 125.3.d) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación que efectuase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

5. As persoas beneficiarias deberán someterse ás actuacións de comprobación que efectuase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, así como a calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Ademais, e posto que a convocatoria está dotada con fondos comunitarios, toda persoa beneficiaria se someterá ás verificacións que levará a cabo a autoridade de xestión sobre a base do disposto nos números 4 e 5 do artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1303/2013, polo que se fixan as disposicións comúns relativas ao Feder, FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20.12.2013), así como ás comprobacións pertinentes dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Asemade, segundo o artigo 4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a subministrar á Amtega, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aqueles das obrigas previstas no título I desta lei. Esta obriga extenderase aos adxudicatarios de contratos do sector público nos termos previstos no respectivo contrato.

6. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a persoa beneficiaria deberá recoñecer, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como entidade xestora, da Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto que incluira a imaxe institucional da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Xunta de Galicia e mostrará o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao Fondo, que dá apoio á operación, o lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web (https://amtega.xunta.gal).

Durante a realización dunha operación, o beneficiario informará o público do apoio obtido dos fondos Feder:

a) Facendo unha breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

b) Colocando, para as operacións non previstas nos puntos 4 e 5, polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo a entrada dun edificio.

7. As persoas beneficiarias deberán proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. A comunicación da aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

9. Con carácter específico, as persoas beneficiarias deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención antes da data límite establecida para a execución dos investimentos subvencionables que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.

b) Xustificar ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ou ante quen esta determine, o cumprimento dos requirimentos e condicións, así como a realización do proxecto e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) As entidades beneficiarias que xestionen un repositorio OAI-PMH deberán cargar os recursos xerados coa axuda desta subvención no seu propio repositorio e permitir a súa recolección por parte de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. A URL base do devandito repositorio proporcionarase na memoria que se presente para solicitar as axudas que se convocan nesta resolución.

d) Axustarse á normativa técnica especificada nos «Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia», que poden consultarse na páxina web https://amtega.xunta.gal

Artigo 8. Gastos subvencionables

1. As subvencións destinaranse a financiar investimentos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados, de acordo co estipulado nas presentes bases reguladoras e na convocatoria, e que se executen no período fixado en cada convocatoria. Consideranse gastos subvencionables aqueles en que incorra a entidade solicitante, como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requirimentos e criterios indicados nas presentes bases reguladoras.

2. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro do ano da respectiva convocatoria e o momento da conclusión do prazo de realización da actividade, que será o que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de execución do proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 65.6 do Regulamento 1303/2013, os proxectos non poderán estar materialmente finalizados no momento da presentación das solicitudes.

3. Considéranse investimentos potencialmente subvencionables, na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados a custos de investimentos e funcionamento do proxecto:

a) Contratación de persoal específico para a realización do proxecto de dixitalización do patrimonio cultural obxecto de subvención. En ningún caso se admitirá como gasto subvencionable a remuneración do persoal fixo da entidade. Considéranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego da persoa beneficiaria. Tan só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades que a entidade non levaría a cabo se non realizase a actividade en cuestión.

En todo caso, considerarase gasto realizado o que fose efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de execución. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou as cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de presentación da documentación xustificativa establecida na convocatoria.

b) Contratación de servizos externos para a realización do proxecto de dixitalización do patrimonio cultural obxecto de subvención.

4. Non se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda, por exixencia do artigo 31.8 da Lei xeral de subvencións.

Ademais, non poderán sufragarse os seguintes tipos de gastos:

a) Os gastos protocolarios e de representación.

b) Os gastos derivados de actividades de difusión, publicidade ou propaganda.

c) A celebración de exposicións, congresos, xornadas, reunións e actos de similar natureza.

d) O mantemento de software.

e) A restauración de publicacións ou documentos para a súa dixitalización.

f) A creación de repositorios OAI-PMH.

g) Adquisición de equipamento, software e outros elementos asociados para a realización do proxecto obxecto de subvención.

h) Os custos das viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

5. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.

O IVE non será subvencionable excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación estatal.

6. En ningún caso o custo dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. En aplicación do disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía prevista para o contrato menor, no suposto de prestación de servizos por empresas, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, que deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 9. Financiamento e intensidade máxima da subvención

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se determinen nas correspondentes convocatorias.

2. A intensidade das subvencións fixarase, para cada caso, nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.

Artigo 10. Subcontratación

1. A subcontratación de actividades realizarase de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Artigo 11. Comunicacións, tramitación e notificación electrónica

1. As comunicacións de todas as actuacións que se realicen no procedemento de concesión das subvencións reguladas tramitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras, na súa xustificación e seguimento e nos eventuais procedementos de reintegro que se poidan iniciar realizaranse a través de medios electrónicos.

2. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal), dispoñible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE/NIF da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia ou incidencia técnica imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (formulario normalizado que figura no anexo I desta resolución).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será o que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.

3. As solicitudes serán presentadas directamente polas persoas interesadas ou pola persoa que acredite a súa representación. O órgano instrutor poderá requirir en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que posúan. A falta de representación suficiente da persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación, determinará que o documento en cuestión se dea por non presentado, cos efectos que diso deriven para a continuación do procedemento.

4. Só se admitirá a presentación dunha única solicitude por cada persoa interesada e convocatoria. No caso de que foran presentadas varias solicitudes polo mesmo interesado no prazo de presentación de solicitudes, tan só se terá en conta a última solicitude presentada.

5. Se a solicitude non reúne os requirimentos establecidos nesta convocatoria, requirirase a persoa interesada para que no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días emende as faltas detectadas ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixese, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido nos artigos 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación complementaria:

a) Documento que acredite fidedignamente as facultades de representación do asinante da solicitude. O asinante da solicitude de subvención deberá posuír representación suficiente da organización solicitante para o inicio deste procedemento. Se o solicitante actuase como mandataria, deberá xustificar, mediante poder notarial, a dita calidade e representación.

b) Relación de documentos para dixitalizar, segundo o anexo II desta resolución.

c) Declaración responsable de estar en posesión dos dereitos de difusión, segundo o anexo III de esta resolución.

d) Opcionalmente, documentación complementaria á memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude, que incluirá gráficos, ilustracións ou calquera outra información adicional que a persoa interesada queira achegar para completar a súa solicitude. A valoración do proxecto realizarase atendendo a información recollida na memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude. Polo tanto, esta documentación complementaria opcional tan só ten fins aclaratorios da memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude.

e) As entidades privadas sen fins de lucro, reais academias e as academias de Galicia deberán achegar, ademais, no caso de que non teñan traballadores ao seu cargo, unha certificación administrativa da Seguridade Social de inexistencia de inscrición como empresario no Sistema da Seguridade Social.

O certificado de non inscrición como empresario no Sistema da Seguridade Social deberá ir acompañado dunha declaración responsable do interesado de que non ten traballadores ao seu cargo.

f) No caso de institucións privadas sen fins de lucro, deberán achegar, ademais, copia dixitalizada da escritura de inscrición no rexistro público correspondente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Amtega poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

3. A documentación complementaria poderá presentarse utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, e utilizando os formatos, protocolos e tamaño máximo admitidos na sede electrónica. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. A comprobación da existencia de datos non axustados á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá comportar, en función da súa importancia, a inadmisión da solicitude da subvención, sen prexuízo das restantes responsabilidades que puidesen derivarse.

5. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderase requirir a persoa solicitante que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

6. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

7. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a persoa solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

9. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo a Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Órganos competentes

1. O órgano competente para convocar e resolver as subvencións ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras será a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. A Área de Modernización das Administracións Públicas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e do seguimento das subvencións.

3. A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económica-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa, do seguimento da súa execución e, de ser o caso, da aplicación do réxime sancionador.

Artigo 18. Instrución do procedemento

1. O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Unha vez revisada a documentación presentada e as emendas feitas, aquelas solicitudes que reúnan todos os requisitos serán remitidas á Comisión encargada da súa valoración.

3. As solicitudes que non cumpran as exixencias contidas nas presentes bases reguladoras, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución que corresponda, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 19. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados no artigo 20, así como de elaborar un informe en que se recolla a dita valoración, que trasladará ao órgano instrutor para que, con base neste informe, dite a proposta da concesión ou denegación das subvencións ás persoas interesadas.

2. Atendendo a importancia dos proxectos dentro do ámbito cultural e a estreita colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Políticas Culturais no desenvolvemento de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, a composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: persoal funcionario da Dirección Xeral de Políticas Culturais que ocupe posto de xefe de servizo ou superior.

b) Secretario: persoal funcionario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia .

c) Vogais: dous técnicos nomeados pola Dirección Xeral de Políticas Culturais de entre os seus membros, e dous técnicos nomeados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de entre os seus membros.

3. Os suplentes serán designados pola persoa que exerza a presidencia da Comisión de Valoración.

4. A Comisión poderá estar asistida por expertos externos que estarán suxeitos ao mesmo réxime de confidencialidade e ás mesmas causas de abstención que os traballadores públicos.

5. Así mesmo, a Comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica para os efectos de colaborar na revisión e valoración dos documentos presentados xunto coa solicitude.

Artigo 20. Criterios de valoración

1. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser cultural, técnica e economicamente viables e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán os seguintes:

A. Valor patrimonial: ata un máximo de 50 puntos.

Tendo en conta o concepto de patrimonio bibliográfico e documental previamente exposto, para determinar o valor patrimonial teranse en conta os seguintes criterios:

A.1. O seu valor permanente como representación da cultura galega, ben sexa polo emprego do idioma galego, como por ser xerado por institucións galegas de dentro ou fóra do país ou por ser creado por galegos indubidablemente recoñecidos. Ata 20 puntos.

A.2. A antigüidade dos materiais incluídos no proxecto de dixitalización. Ata 10 puntos.

A.3. A súa singularidade ou rareza. Nesta valoración teranse en conta que os materiais propostos sexan portadores de valores excepcionais. Ata 10 puntos.

A.4. O estado de conservación ou risco de perda de información polo tipo de soporte empregado. Neste caso terase en conta que a dixitalización permita a salvagarda do contido. Ata 10 puntos.

B. Pola coherencia e integridade do proxecto e o seu valor social: ata un máximo de 30 puntos.

B.1. Coherencia e integridade: valorarase que os documentos propostos constitúan a totalidade dos documentos producidos por un autor ou unha institución ou teñan características comúns, como que sexan pertinentes para o estudo dun tema. Ata 10 puntos.

B.2. Interese para os usuarios: que o proxecto integre documentos cun volume de demanda xeral destacable ou con demanda importante de grupos específicos (investigadores, alumnos, etc.), sobre todo aplicable a contidos educativos, formativos ou de investigación vencellados á cultura de Galicia. Valorarase tanto que a institución solicitante achegue datos que permitan xustificar que o proxecto de dixitalización é de interese para os usuarios, como recomendacións de expertos nos diferentes ámbitos de estudo da cultura galega que xustifiquen o interese xeral para a dixitalización dos materiais propostos no seu proxecto. Ata 10 puntos.

B.3. Carencia de materiais que poden ser consultados on line.Tamén se valorará que o proxecto de dixitalización presentado poida cubrir unha carencia na internet dalgún ámbito vinculado co estudo da cultura galega. Ata 10 puntos.

C. Custo do proxecto: ata un máximo de 20 puntos.

– Valorarase o prezo unitario das imaxes dixitalizadas e metadatos asociados, tendo en consideración as peculiaridades de cada tipo de documento (textual, fotográfico, cartográfico...).

En función da proposición económica as solicitudes puntuaranse entre 0 e 20 puntos de acordo cos criterios que a seguir se indican:

O prezo unitario deberá ser menor ou igual ao prezo máximo indicado na táboa seguinte. Un prezo unitario superior ao indicado na táboa resultará excluído.

A puntuación calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

missing image file

Onde:

% BS: porcentaxe de baixa da solicitude valorada

% BM: porcentaxe maior de baixa para o tipo de documento a que se refire a solicitude.

No caso en que o proxecto recolla diversos tipos de documentos, a puntuación final resultará da ponderación da puntuación en función das imaxes por tipo de documento:

missing image file

Onde:

ni é o número de documentos do tipo i.

Puntuacióni é a puntuación obtida individualmente por este tipo de documento aplicando a fórmula recollida máis arriba. 

nT é o número total de documentos, necesariamente nT = ∑i ni

A seguinte táboa indica os tipos de documentos, as características e prezo máximo por imaxe dixitalizada.

Tipo de documento

Prezo máximo por unidade (s/IVE)

Publicacións seriadas (1)

0,62 €/páxina

Manuscritos

0,58 €/páxina

Mapas

0,58 €/páxina

Material gráfico (2)

0,58 €/páxina

Monografías e folletos

0,58 €/páxina

Música (3)

0,58 €/páxina

Casetes

10 €/unidade

Discos de pizarra

43 €/unidade

CD, DVDs, ...

15 €/hora

Cartuchos, cintas magnéticas, ...

60 €/unidade

Outros soportes de audio (fíos de arame, cilindros de cera, discos perforados, rolos de pianola, ...)

75 €/unidade

(1) Sobre as imaxes dixitalizadas realizarase obrigatoriamente procesos de OCR.

(2) Fotografías, gravados, carteis, debuxos, ...

(3) Partituras, partituras anotadas, manuscritos de música.

2. Os solicitantes deberán achegar toda a información que consideren pertinente para a aplicación dos criterios de valoración do seu proxecto exclusivamente a través do punto «Memoria descritiva do proxecto», incluído no anexo I desta resolución. A Comisión de Valoración realizará o seu informe con base nos datos achegados nese punto. Para valoración dos criterios B.2 e B.3, tamén se admitirá a presentación telemática de informes que acrediten por parte de expertos independentes o interese dos materiais propostos para a súa dixitalización e/ou a carencia na internet deses documentos para dixitalizar.

Artigo 21. Avaliación e selección

1. A avaliación dos proxectos farase en función dos criterios recollidos no artigo 20.

2. Para que unha solicitude poida obter á subvención establécese unha nota de corte e deberá ter unha valoración con base nos anteriores criterios igual ou superior a 30 puntos.

3. Nos casos de solicitudes con igualdade de puntuación, terase en conta, para os efectos de resolver o empate, a puntuación obtida criterio a criterio, seguindo a orde en que figuran no artigo 20, empezando polo primeiro ata que se produza o desempate.

4. Unha vez valorados os proxectos, e tendo en conta o límite máximo da axuda por persoa beneficiaria previsto na correspondente convocatoria, a Comisión de Valoración propoñerá outorgar a axuda solicitada a todos os proxectos preseleccionados por orde de puntuación, ata esgotar o crédito dispoñible.

5. Sen prexuízo do recollido nos puntos anteriores, á vista da documentación dispoñible ou como resultado da valoración obtida en función dos criterios recollidos no artigo 20, a Comisión de Valoración poderá considerar que un proxecto presentado non cumpre as exixencias contidas nas presentes bases reguladoras por non adecuarse aos obxectivos da convocatoria ou non ser considerado viable técnica, económica ou financeiramente.

6. A Comisión de Valoración realizará un informe co resultado da valoración que conterá unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de persoa beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, a contía da subvención e, se for o caso, as condicións técnico-económicas particulares asociadas; relación de solicitudes que non acadaron a puntuación mínima requirida, e relación de solicitudes que quedan excluídas do proceso, indicando o motivo da exclusión.

Artigo 22. Audiencia

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor elevará o informe emitido pola Comisión de Valoración e formulará proposta de resolución provisional, debidamente motivada,que deberá de conter:

a) Relación de solicitudes para as cales se propón a concesión de subvencións, que especificará para cada unha delas a puntuación acadada, a contía da subvención e, se for o caso, as condicións técnico-económicas particulares asociadas.

b) Relación de solicitudes que non acadaron a puntuación mínima requirida e, polo tanto, non acadan subvención.

c) Relación de solicitudes que quedan excluídos do proceso, indicando o motivo da exclusión.

2. A proposta de resolución será notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a Comisión de Valoración examinará as alegacións aducidas, se for o caso, polas persoas interesadas, verificará a aceptación por pare das persoas beneficiarias propostas e trasladará ao órgano instrutor, se procede, un novo informe que substituiría o emitido anteriormente.

2. O órgano instrutor, á vista do informe, ditará a correspondente proposta de resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a persoa solicitante, o proxecto que se subvenciona, así como a contía da subvención concedida e, se procede, o pagamento anticipado, ou, de ser o caso, a causa de denegación, e elevaralla ao órgano competente para resolver.

3. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas que corresponden á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, a súa aceptación a ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será o fixado en cada convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

5. Na resolución de concesión da subvención farase constar, cando menos:

a) Compromisos asumidos polas persoas beneficiarias.

b) Créditos orzamentarios a que se imputa o gasto, contía da subvención, fondo europeo, obxectivo temático, prioridade do investimento e obxectivo específico do Feder das que se trata.

c) Prazos e modos de pagamento da subvención.

d) Prazo e forma de xustificación por parte da persoa beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

e) Condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

Artigo 24. Réxime de recursos

As resolucións de concesión da subvención porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano competente para resolver, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis (6) meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 25. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización da actividade.

3. A modificación poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiros. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

4. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

5. Á solicitude de modificación, que se realizará de conformidade co previsto nas presentes bases reguladoras, xuntarase unha memoria en que se expoñerán os motivos dos cambios, se xustificará a imposibilidade de cumprir as condicións impostas na resolución de concesión, se indicará o orzamento modificado e relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

6. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano que ditou a resolución de concesión, logo da instrución do correspondente expediente.

7. O prazo máximo para resolver será de tres (3) meses, sen que se poida pasar a data de finalización do prazo vixente de execución do proxecto obxecto da subvención. En caso de non resolver antes da data de finalización do proxecto, a resolución que se dite só poderá ser denegatoria.

8. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, os beneficiarios deberán de comunicar por escrito a aceptación da axuda no prazo de dez (10) días hábiles desde a notificación ou publicación desta. Esta aceptación farase segundo o anexo IV desta resolución. En caso de non recibirse a aceptación dentro do prazo marcado presumirase a súa renuncia.

2. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos previstos no artigo 21.1 da citada lei.

Artigo 27. Xustificación da subvención

1. A xustificación da subvención realizarase por parte do beneficiario, de acordo co establecido no capítulo IV, artigo 27 e sucesivos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título III, capítulo II do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei, e co establecido na normativa aplicable do Fondo Europeo e Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea.

2. A modalidade de xustificación adoptada para a acreditación da realización do proxecto, o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos na resolución de concesión será a de conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto, de acordo co previsto no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A xustificación ten como finalidade acreditar que coa realización da actividade obtivéronse os resultados requiridos nos obxectivos da convocatoria.

4. A xustificación levarase a cabo conforme as instrucións establecidas no «Manual para o cumprimento da xustificación das subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia e a súa preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia», incluído como anexo VII desta resolución.

5. Toda a documentación necesaria para a xustificación do cumprimento da finalidade da subvención referida nos puntos anteriores será presentada a través dos medios sinalados nos artigos 14 e 15, no prazo máximo que se fixe na convocatoria.

6. Os proxectos deberán xustificarse, para efectos da súa comprobación, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A entidade beneficiaria está obrigada a xustificar que levou a cabo o cento por cento do gasto orzado do proxecto presentado na súa solicitude ou do que resultase da súa reformulación, o que implica a xustificación tanto da porcentaxe recibida como subvención como da achega propia no caso de terse considerado como criterio de valoración.

8. A entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro do indicador de produtividade asociado a esta convocatoria de axudas. Este indicador é o seguinte: E051, denominación: número de usuarios da aplicación/servizo público dixital, de alfabetización dixital, de e-aprendizaxe ou de e-inclusión. Deberá referir o número potencial de usuarios da institución que se beneficiarán da axuda por ter á súa disposición os fondos dixitalizados en Galiciana.

9. Conforme o artigo 74 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de que non se xustificase a execución do total do proxecto subvencionado, a persoa beneficiaria deberá reintegrar a parte do custo orzado que non resultase efectivo.

10. Tal e como se establece no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentala ante o órgano administrativo competente, este requirirá a persoa beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

11. A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia é o órgano competente para efectuar a revisión da documentación acreditativa da aplicación da axuda concedida, sen prexuízo do control para realizar pola Intervención da Comunidade Autónoma.

Artigo 28. Seguimento das actuacións

1. As persoas beneficiarias trasladarán trimestralmente ao órgano encargado do seguimento un informe onde se recollan as tarefas realizadas no período e o grao de execución do proxecto. O informe de seguimento trimestral elaborarase conforme o anexo VI da resolución, que deberá ser remitido debidamente cuberto e asinado polo representante legal da entidade.

2. Sen prexuízo das actuacións de comprobación do cumprimento da finalidade das subvencións, as persoas beneficiarias someteranse ao seguimento e control técnico do órgano encargado do seguimento, ou ao persoal técnico que este designe, durante o período de execución do proxecto, que poderá solicitar documentación complementaria para dispoñer dun pleno coñecemento das circunstancias en que se desenvolve o proxecto.

3. As persoas beneficiarias designarán un responsable económico e un responsable técnico do proxecto que farán de interlocutores co órgano encargado do seguimento para calquera aspecto relacionado coa execución do proxecto. Calquera alteración nese cargo representativo deberá ser notificada ao órgano encargado do seguimento.

Artigo 29. Actuacións de comprobación e control

1. As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de xestión e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e as verificacións do artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1303/2013 polo que se fixan as disposicións comúns relativas ao Feder, FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20 de decembro).

2. O órgano competente para conceder a subvención comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gastos será de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos das operacións, tal e como se define no artigo 140 do Regulamento (CE) nº 1303/2013 polo que se fixan as disposicións comúns relativas ao Feder ao FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20 de decembro). A Amtega informará da data de inicio para o cómputo do prazo a que se refire esta obriga.

3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Artigo 30. Garantías e pagamento das subvencións

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada segundo se recolle no artigo 29 das presentes bases reguladoras.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. O pagamento da subvención farase efectivo, mediante transferencia bancaria á conta indicada pola persoa beneficiaria, cando este acredite o cumprimento da finalidade para a cal foi concedida e logo de xustificación da execución das actuacións correspondentes.

4. Mediante resolución motivada poderán realizarse pagamentos anticipados, de conformidade co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei, que suporán a entrega de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención.

Deste xeito as persoas beneficiarias recibirán un pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida de acordo co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. O pagamento do importe restante (20 %) realizarase unha vez xustificado o cumprimento da finalidade da subvención.

O importe do anticipo non poderá exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

De conformidade co establecido no artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, quedan exoneradas da constitución de garantía:

a) A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos autónomos.

b) As entidades vinculadas ou dependentes directa ou indirectamente da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As administracións públicas, os seus organismos vinculados ou dependentes e as sociedades mercantís estatais e as fundacións do sector público estatal, así como análogas entidades doutras comunidades autónomas e das entidades locais.

d) As entidades que por lei estean exentas da presentación de caucións, fianzas ou depósitos ante as administracións públicas ou os seus organismos e entidades vinculadas ou dependentes.

e) Os centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola consellería competente en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.

f) As entidades non lucrativas, así como as federacións, confederacións ou agrupacións destas, que desenvolvan proxectos ou programas de acción social ou cooperación internacional.

g) As persoas beneficiarias das subvenciones concedidas das que os pagamentos non superen os 18.000 euros. No caso de pagamentos anticipados e/ou pagamentos á conta o importe anterior enténdese referido á cantidade acumulada dos pagamentos realizados.

O resto de organizacións non recollidas no punto anterior, deberán presentar a garantía que se realizará ante o órgano concedente no prazo de quince (15) días a partir da notificación da resolución de concesión, de conformidade co establecido no artigo 65.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. Previamente ao pagamento deberá acreditarse que as persoas beneficiarias están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia nin é debedor por resolución de procedencia de reintegro.

6. Para tales efectos, a persoa solicitante, no caso de que non teña condición de Administración pública, deberá achegar as ditas certificacións de estar ao día nas citadas obrigas no caso de que se opoña á consulta por parte do órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 12 das presentes bases. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase a persoa solicitante ou beneficiaria para que regularice a situación e presente por si mesma o correspondente certificado.

Artigo 31. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O órgano concedente, dentro das súas competencias de comprobación do grao de cumprimento, avaliará que a entidade beneficiaria destinou a totalidade da axuda concedida a financiar gastos subvencionables. Así mesmo, avaliará que coa realización da actividade obtivéronse os resultados requiridos nos obxectivos da convocatoria.

2. Se o órgano concedente, atendendo a memoria presentada na solicitude, determinase que só en parte, e non na súa totalidade, se destinou a axuda concedida a financiar gastos subvencionables ou que só en parte, e non na súa totalidade, se obtiveron os resultados requiridos nos obxectivos da convocatoria, valorará en termos porcentuais que parte se realizou e que parte non, e aplicarase esa relación á cantidade e resultados totais que debía xustificar a persoa beneficiaria, para efectos de reintegrar a porcentaxe correspondente á parte non cumprida.

3. O incumprimento dos requisitos establecidos nas presentes bases reguladoras e demais normas aplicables, así como das condicións que, de ser o caso, se establecesen na correspondente resolución de concesión, dará lugar, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as subvencións percibidas e os xuros de demora correspondentes, conforme o disposto no título II, capítulo I da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do seu regulamento.

4. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

5. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

6. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves de acordo cos artigos 54, 55 e 56 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A potestade sancionadora por incumprimento establécese no artigo 66 desta lei.

7. Sen prexuízo da obriga de satisfacer a penalización nos termos previstos, as persoas beneficiarias deberán cumprir as obrigas cuxo incumprimento ou atraso se penalice salvo que por razóns motivadas así se exoneren diso explicitamente. Esas penalizacións detraeranse do importe pendente de pagamento ao adxudicatario. No caso de que non existan cantidades pendentes de pagamento, as penalizacións faranse efectivas mediante o reintegro da subvención segundo o disposto nas presentes bases reguladoras.

Artigo 32. Criterios de graduación dos posibles incumprimentos

1. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento pola persoa beneficiaria se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e este acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos, a cantidade para reintegrar será unha porcentaxe da subvención percibida igual á do tempo de incumprimento da actividade ou requisito exixido (mantemento do emprego, prestación do servizo, mantemento do ben, etc.), que será determinada pola aplicación dos seguintes criterios:

a) O incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a subvención, da realización do investimento subvencionable ou da obriga de xustificación dará lugar ao reintegro parcial da subvención na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

b) A realización de modificacións non autorizadas no investimento subvencionable, coa excepción prevista no artigo 25 das presentes bases reguladoras, suporá a devolución da subvención correspondente ás cantidades desviadas.

c) Se sendo de aplicación o disposto no punto 6 do artigo 8 das presentes bases reguladoras, non se achegase a documentación indicada neste punto para xustificar o gasto, o órgano encargado do seguimento da subvención, de acordo co previsto no artigo 42 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá solicitar unha taxación pericial do ben ou servizo, e serán por conta do beneficiario os gastos que se ocasionen. En tal caso, a subvención calcularase tomando como referencia o menor dos dous valores: o declarado polo beneficiario ou o resultante da taxación.

d) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas e os investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

e) Non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 7, suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

f) Non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención suporá a perda dun 5 % da subvención concedida. Esta porcentaxe do 5 % aplicarase unha vez descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

No caso de condicións que constitúan obrigas que a entidade beneficiaria debe acreditar en fase de xustificación, tales como obrigas de publicidade ou comunicación doutras axudas, estas deberán xustificarse, en todo caso, para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a graduación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo ás ditas obrigas.

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención, da realización do investimento subvencionable ou da obriga de xustificación dará lugar ao reintegro da totalidade da subvención concedida.

Artigo 33. Remisión normativa

1. Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro das presentes bases reguladoras están previstas pola UE, rexeranse, entre outras, polas seguintes normas:

a) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Fondo Social Europeo, Fondo de Cohesión, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

b) Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

c) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2. Así mesmo, rexeranse pola normativa aplicable ás axudas e subvencións na Comunidade Autónoma, en particular a seguinte:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

f) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Sección 2ª. Convocatoria para os exercicios 2020 e 2021

Artigo 34. Obxecto

Mediante a presente resolución convócanse para os exercicios 2020 e 2021 as axudas a proxectos para a dixitalización do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, conforme o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.

Artigo 35. Financiamento

1. As subvencións que se concedan imputaranse ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.781.0

Anualidade 2020

168.000,00 €

Anualidade 2021

42.000,00 €

Total orzamento

210.000,00 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.745.0

Anualidade 2020

144.000,00 €

Anualidade 2021

36.000,00 €

Total orzamento

180.000,00 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.760.0

Anualidade 2020

144.000,00 €

Anualidade 2021

36.000,00 €

Total orzamento

180.000,00 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.744.0

Anualidade 2020

144.000,00 €

Anualidade 2021

36.000,00 €

Total orzamento

180.000,00 €

O crédito máximo recollido nas aplicacións orzamentarias poderá ser redistribuído entre estas en función do carácter das distintas entidades beneficiarias e tendo en conta a proposta de concesión da Comisión de Valoración.

Segundo o artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a alteración da distribución entre os distintos créditos orzamentarios non precisará dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

2. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, se ben cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 20 das bases reguladoras.

3. De producirse a ampliación de crédito, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

Artigo 36. Contía da axuda

1. A intensidade da axuda será do 100 % do custo elixible do proxecto.

2. Os proxectos terán un orzamento total de investimentos subvencionables non inferior a 10.000 euros nin superior a 90.000 euros.

3. En todo caso, a contía máxima da subvención que se concede por persoa beneficiaria será de 90.000 euros.

Artigo 37. Presentación das solicitudes

1. Para poder ser beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude expresando claramente o título do proxecto, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 15 das bases reguladoras.

2. As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por unha persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que publique a presente convocatoria no DOG.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A publicación dos formularios de solicitude no DOG faise unicamente para os efectos informativos.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras e da convocatoria.

6. Na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e na sede electrónica da Xunta de Galicia disporase de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes.

7. No caso de que a solicitude non reúna os requirimentos establecidos nesta convocatoria, requirirase a persoa interesada para que no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días emende as faltas detectadas ou achegue os documentos preceptivos, se non o fixese, teráselle por desistido na súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos nos artigos 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Toda solicitude presentada fóra do prazo establecido será rexeitada e non será valorada. Igualmente, non se valorará ningunha documentación que non fose achegada coa solicitude a non ser que sexa requirida expresamente.

9. Os feitos relacionados coa ocultación de datos, así como a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de rexeitamento da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 38. Resolución e notificación

1. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva establecido nas bases reguladoras.

2. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala ás persoas interesadas será de cinco (5) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Transcorrido o prazo sen ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender como rexeitada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 39. Xustificación da execución

1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo nun período máximo de nove (9) meses que comezará o día seguinte o da publicación da resolución de concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia (DOG), sen prexuízo do disposto no artigo seguinte. En todo caso, a execución total dos investimentos subvencionables levarase a cabo antes do 31 de outubro de 2021.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse nos tres (3) meses seguintes ao da terminación do prazo de realización da actividade e, en todo caso, antes do 15 de novembro de 2021.

3. A execución de investimentos por un solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que o solicitante non resulte beneficiario.

Artigo 40. Pagamento anticipado e garantía

1. As persoas beneficiarias recibirán un pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida de acordo co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. Con relación a este anticipo e con data límite do 15 de novembro de 2020, as persoas beneficiarias deberán presentar o anexo V (xustificación do plan e comezo do proxecto) desta resolución. O pagamento do importe restante (20 %) realizarase unha vez xustificado o cumprimento da finalidade da subvención.

O importe do anticipo non poderá exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. De conformidade co establecido no artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, quedan exoneradas da constitución de garantía:

a) A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos autónomos.

b) As entidades vinculadas ou dependentes directa ou indirectamente da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As administracións públicas, os seus organismos vinculados ou dependentes e as sociedades mercantís estatais e as fundacións do sector público estatal, así como análogas entidades doutras comunidades autónomas e das entidades locais.

d) As entidades que por lei estean exentas da presentación de caucións, fianzas ou depósitos ante as administracións públicas ou os seus organismos e entidades vinculadas ou dependentes.

e) Os centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola consellería competente en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.

f) As entidades non lucrativas, así como as federacións, confederacións ou agrupacións destas, que desenvolvan proxectos ou programas de acción social ou cooperación internacional.

g) As persoas beneficiarias das subvenciones concedidas das que os pagamentos non superen os 18.000 euros. No caso de pagamentos anticipados e/ou pagamentos á conta o importe anterior enténdese referido á cantidade acumulada dos pagamentos realizados.

3. O resto de organizacións non recollidas no punto anterior deberán presentar a garantía que se realizará ante o órgano concedente no prazo de quince (15) días a partir da notificación da resolución de concesión, de conformidade co establecido no artigo 65.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 41. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código de procedemento PR606A, poderase obter información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través das seguintes canles:

a) A páxina web: http://amtega.xunta.gal

b) O teléfono: 981 55 79 38.

c) O enderezo electrónico: modernizacion-aapp.amtega@xunta.gal

Ademais, poderase obter información a través da guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12, se chama desde fóra de Galicia).

Artigo 42. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

En todo caso, remitiranse á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea e á dirección competente da xestión de fondos comunitarios no Ministerio de Facenda co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Artigo 43. Publicidade

1. No prazo máximo de tres (3) meses contados desde a data de resolución das concesións, publicarase no DOG a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Disposición adicional. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento regulado na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

MANUAL PARA O CUMPRIMENTO DA XUSTIFICACIÓN

PR606A - SUBVENCIÓNS PARA A DIXITALIZACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO E A SÚA PRESERVACIÓN
E DIFUSIÓN NO RECOLECTOR DE GALICIANA-PATRIMONIO DIXITAL DE GALICIA PARA O PERÍODO 2020-2021

Estas instrucións só afectarán os beneficiarios das axudas e deberán seguirse para a correcta xustificación da subvención. Trátase dunha guía básica que contén as regras ás que deberán aterse as entidades beneficiarias para xustificar os gastos incorridos con motivo da realización da actividade subvencionada.

A. Órgano competente para a comprobación da xustificación.

Corresponde á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a revisión da documentación acreditativa da aplicación da axuda concedida.

B. Prazo de xustificación.

De acordo co establecido na normativa vixente en materia de axudas e subvencións públicas, as entidades adxudicatarias están obrigadas a xustificar a aplicación dos fondos percibidos ante o órgano concedente. Os prazos de execución do proxecto subvencionable e de xustificación quedan recollidos no artigo 39 da resolución.

Asemade, o artigo 40 da resolución establece o prazo para presentar a documentación xustificativa do plan e comezo do proxecto con relación ao anticipo concedido.

C. Forma de presentación da documentación.

Toda a documentación necesaria para a xustificación do cumprimento da finalidade da subvención referida no punto seguinte será presentada a través dos medios sinalados nos artigos 14 e 15. Deberá presentarse unha xustificación individualizada por cada proxecto subvencionado.

D. Documentación que se ten que presentar para a xustificación da axuda.

A acreditación da aplicación da axuda para os fins para os que foi concedida realizarase mediante a presentación da seguinte documentación:

1. Memoria das actividades desenvolvidas, elaborada conforme ao anexo VIII da resolución, que deberá ser remitida debidamente cumprimentada e asinada polo representante legal da entidade. A memoria deberá acreditar o cumprimento e desenvolvemento do proxecto que serviu de base para a concesión da subvención. Indicaranse as actividades realizadas e os resultados obtidos así como as incidencias habidas na súa realización.

Calquera modificación producida no desenvolvemento do proxecto deberá motivarse na memoria de actividades. Se a modificación é de carácter substancial, esta debeu ser solicitada por escrito polo menos un mes antes da finalización do período de execución do proxecto e autorizada pola persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Achegarase á memoria a petición pola que se solicitou o cambio e a resolución pola que foi autorizada.

Na memoria, entre outros extremos, farase constar o número de imaxes xeradas ou transformadas e o número de ficheiros de metadatos asociados que describan os ítems orixinais. Se a institución solicitante é xestora dun repositorio OAI-PMH propio terá que facer constar a dirección da Internet do proxecto e a URL base do repositorio OAI- PMH na que se cargaron as imaxes. Farase constar, no caso de que o proxecto sexa reformulado, o número de imaxes xeradas, que deberá ser proporcional ao inicialmente declarado na memoria de solicitude.

2. Memoria económica, elaborada conforme ao anexo IX da resolución, que deberá ser remitido debidamente cumprimentado e asinado polo representante legal da entidade.

Trátase dunha relación clasificada de todos os gastos realizados para levar a cabo a actividade subvencionada, así como dos ingresos ou outras subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

Os gastos que motive a execución do proxecto subvencionado poderán realizarse a partir do día seguinte ao de publicación da resolución de concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia (DOG) e ata o momento da conclusión do prazo de realización da actividade, que será o que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.

A confección da Memoria económica deberá incluír os seguintes datos:

a) Epígrafe de datos xerais do proxecto: deberá especificar o custo total do proxecto presentado no seu día na solicitude da axuda.

b) Epígrafe de gastos atribuídos á axuda concedida: deberá especificar os gastos subvencionables, que como mínimo supoñerán o importe da axuda concedida. Deberá terse en conta que son gastos subvencionables:

a. A contratación de persoal específico para a realización do proxecto de dixitalización de patrimonio cultural obxecto de subvención. En ningún caso se admitirá como gasto subvencionable a remuneración do persoal fixo que teña a entidade.

b. A contratación de servizos externos para a dixitalización de patrimonio cultural obxecto de subvención.

En aplicación do artigo 31.3 da Lei xeral de subvencións, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 15.000 euros, no suposto de prestación de servizos por empresas, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Así mesmo, debe terse en conta que o IVE só é subvencionable no caso de que este non sexa deducible, o cal deberá acreditarse mediante documentación xustificativa do réxime de IVE aplicable á entidade beneficiaria. No caso de entidades suxeitas á regra de prorrata establecida no artigo 102 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, considerarase gasto subvencionable a parte do IVE soportado que non sexa deducible, debendo achegar no momento da xustificación unha declaración resumo do exercicio onde conste a prorrata definitiva.

Por outra banda, consideraranse gastos non subvencionables (artigo 8.4):

a) A contratación de persoal específico para a realización do proxecto de dixitalización de patrimonio cultural obxecto de subvención. En ningún caso se admitira como gasto subvencionable a remuneración do persoal fixo que teña a entidade.

b) Os gastos protocolarios e de representación.

c) Os gastos derivados de actividades de difusión, publicidade ou propaganda.

d) A celebración de exposicións, congresos, xornadas, reunións e actos de similar natureza.

e) O mantemento de software.

f) A restauración de publicacións ou documentos para a súa dixitalización.

g) A creación de repositorios OAI-PMH.

h) Adquisición de equipamento, software e outros elementos asociados para a realización do proxecto obxecto de subvención.

i) Os custos das viaxes, indemnizacións ou axudas de custo que non teñen natureza de gastos de persoal.

c) Relación de xustificantes ou relación clasificada de gastos: unha relación numerada clasificada da totalidade dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento de gasto ou factura, concepto, importe, IVE, data de emisión e data de pagamento. Esta relación debe recoller o total dos gastos do proxecto e en ningún caso relacionar soamente os gastos do importe da axuda da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia. O total de ingresos (importe da axuda concedida e achegas alleas a esta axuda) deberá coincidir co total de gastos.

d) Epígrafe doutros ingresos ou subvencións: detallaranse outros ingresos ou axudas con que contase a entidade para realizar o proxecto, indicando o importe e a procedencia. A non obtención doutras axudas ou patrocinios estimados en ningún caso eximirá da obrigación de dispoñer da porcentaxe mínima de achega.

Os desvíos que se produciron con respecto ao orzamento inicialmente aceptado ou ao posteriormente reformulado, deberán quedar xustificados e explicados na memoria de actividades. Se os desvíos son de carácter substancial estes deberon ser autorizados dentro do período de execución do proxecto polo que haberá que achegar a petición dirixida á persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se solicitou o desvío e a resolución pola que se autorizou (véxase artigo 25 das bases reguladoras).

3. Achegaranse orixinais (en formato electrónico ou copia auténtica) de todas as facturas e documentos de gasto relacionados na memoria económica, ordenados segundo a relación efectuada, así como a acreditación do seu pagamento.

4. Copia das imaxes e metadatos.

a) Deberase entregar á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia un disco ríxido USB que conteña unha copia de preservación, en formato TIFF, e unha copia de difusión, en formato JPEG ou PDF, das obras dixitalizadas con axuda da subvención, xunto con rexistros METS que identifiquen a súa descrición. Todas as entregas deberán axustarse ao especificado no documento «Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia», que poden consultarse na páxina web da Memoria Dixital de Galicia.

De acordo con estes requisitos, os rexistros METS deberán encapsular as descricións bibliográficas e/ou documentais en MARC XML ou EAD, segundo corresponda pola tipoloxía documental dos ítems orixinais, os metadatos administrativos, os metadatos referidos á propiedade intelectual, estruturadas segundo METSRights, as rutas de acceso ás imaxes de difusión do mesmo disco ríxido e os metadatos referentes á preservación segundo o Dicionario de Datos de PREMIS (PREMIS Data Dictionary for Preservation Metadata, version 2.1).

b) As institucións solicitantes que son xestoras dun repositorio OAI-PMH poderán cargar os metadatos resultantes dos traballos subvencionados no seu propio repositorio. Neste caso deberán facilitar, ademais, a URL do repositorio para permitir a recolección dos contidos subvencionados por Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. Esta condición non exime de entregar o disco duro con tódalas copias establecidas no punto anterior. A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Secretaría Xeral de Cultura resérvanse o dereito de integrar os recursos dixitais xerados na Biblioteca Dixital de Galicia ou no Arquivo Dixital de Galicia, segundo corresponda, daqueles proxectos que conten con repositorio OAI-PMH propio.

c) Os proxectos das institucións solicitantes que non conten cun repositorio OAI-PMH propio pasarán a incrementar as coleccións do Arquivo Dixital de Galicia ou da Biblioteca Dixital de Galicia, segundo corresponda.

5. Recolección dos metadatos por Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

Os beneficiarios que conten cun repositorio OAI-PMH deberán cargar os obxectos dixitais resultantes do proxecto subvencionado no seu propio repositorio e, unha vez feito isto, remitir á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Secretaría Xeral de Cultura a URL que permita a recolección en Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia dos devanditos contidos.

No caso dos beneficiarios que non xestionen un repositorio OAO-PMH a carga dos ficheiros de metadatos farase nos repositorios do Arquivo ou da Biblioteca Dixital de Galicia, segundo correspondan. Estes dous repositorios, xestionados pola Secretaría Xeral de Cultura, serán os provedores de datos dos proxectos subvencionados destas institucións a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

6. Acreditación da publicidade realizada en relación cos fondos Feder.

As entidades beneficiarias deberán presentar evidencias da publicidade realizada conforme ao anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 de disposicións comúns de Feder, FSE, Fondo de Cohesión, Feader e FEMP.

E. Condicións específicas sobre os documentos xustificativos dos gastos.

Os xustificantes de gasto (facturas) e os xustificantes de pago que se envíen á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Xustificante de gasto/factura: as persoas ou entidades beneficiarias han de presentar as correspondentes facturas xustificativas de gastos, que terán como data límite de emisión o fin do prazo de execución do proxecto, e conterán os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. En concreto, comprobarase que as facturas ou recibos reúnen os seguintes requisitos:

a) Número e, no seu caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, no seu caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizou a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir a factura como do destinatario das operacións.

f) Descrición das operacións, consignándose todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, tal e como esta defínese polos artigos 78 e 79 da Lei do imposto sobre o valor engadido, correspondente a aquelas e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das devanditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, no seu caso, aplicados ás operacións, segundo corresponda.

h) A cota tributaria que, no seu caso, se repercuta, que deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuaron as operacións que se documentan ou en que, de ser o caso, se recibiu o pagamento anticipado, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura. Non se admitirán como xustificantes de gastos os albaráns, as notas de entrega nin as facturas pro forma.

2. Xustificante de pagamento: de acordo co artigo 31.2 da Lei xeral de subvencións, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. Para a xustificación do emprego das subvencións concedidas o beneficiario deberá acreditar a efectividade do pagamento correspondente a facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, atendendo á súa forma, coa documentación que se indica a continuación:

a) Se a forma de pagamento é unha transferencia bancaria, esta xustificarase mediante copia do resgardo do cargo desta, debendo figurar no concepto da transferencia o número de factura ou, na falta desta, o concepto aboado, así como do extracto bancario do mes en que figure o apuntamento.

b) Se a forma de pagamento é o cheque, o documento xustificativo consistirá en:

i. Un xustificante de recepción, asinado e selado polo provedor, no que debe especificarse:

– A factura ou documentación xustificativa do gasto a que corresponde o pagamento e a súa data.

– O número e a data do cheque.

– Debaixo da sinatura debe aparecer o nome e o número do NIF da persoa que asina.

ii. Copia de extracto bancario do mes en que se efectuou o cargo en conta, correspondente á operación xustificada.

3. Para a xustificación de gasto subvencionable correspondente a custos de persoal, será necesario achegar os seguintes documentos:

– Nóminas e, de ser o caso, os recibos asinados polo traballador, en que conste o traballo desenvolvido para a entidade subvencionada, o período de tempo en que se realizou a actividade e a cantidade recibida.

– Comprobante de pagamento da retribución.

– Cotas Seguridade Social: documentos correspondentes ao ingreso de cotas á Seguridade Social (TC1 e TC2), pero sempre contando (e sinalando nos documentos, no seu caso) exclusivamente o correspondente ao traballador que desempeñou o traballo obxecto de subvención.

– IRPF: acreditación do ingreso en Facenda das cantidades retidas aos traballadores mediante o modelo 111 e o 190.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file