Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 17 de abril de 2020 Páx. 18452

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 1 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B).

BDNS (Identif.):495309.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Orde do 1 de abril de 2020 que modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020, cuxo texto completo se pode consultar na base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modifícase o parágrafo un do punto primeiro do extracto da Orde do 26 de decembro de 2019, que queda redactado como segue:

1.Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto da axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.

Segundo. Modifícase o parágrafo dous do punto segundo do extracto, a que se lle engade o seguinte texto.

Serán obxecto de axuda igualmente aqueles IOXF nos que o plan especial finalizou con anterioridade ao 2019.

Terceiro. Modifícase o parágrafo dous do punto cuarto do extracto, que queda redactado como segue:

2. A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado na oferta máis económica das presentadas, excepto que se xustifique expresamente nunha memoria que a proposta recae nalgunha das outras, e tendo en conta o anexo II en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de instrumento de ordenación e xestión forestal.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finalizará corenta e cinco días hábiles despois da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, comezando a contar ao día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2020

José Luís Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal