Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 17 de abril de 2020 Páx. 18445

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 1 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B).

Con data 13 de febreiro de 2020, publícase no Diario Oficial de Galicia, núm. 30, a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B).

Para a correcta tramitación das axudas, é preciso modificar a redacción dalgúns artigos, así como incorporar un novo anexo.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B)

Un. Modifícase o artigo 3.1 da Orde do 26 de decembro de 2019, que queda redactado como segue:

Artigo 3. Beneficiarios

1. «Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto da axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores».

Dous. Modifícase o artigo 4, que queda redactado como segue:

Artigo 4. Intensidade da axuda

«A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado na oferta máis económica das presentadas, excepto que se xustifique expresamente nunha memoria que a proposta recae nalgunha das outras, e tendo en conta o anexo II en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de instrumento de ordenación e xestión forestal (IOXF, en diante)».

Tres. Engádese ao número 2 do artigo 5 a frase:

«Serán obxecto de axuda igualmente aqueles IOXF nos que o plan especial finalizou con anterioridade ao 2019.»

Catro. Modifícase o número 2 do artigo 8, que queda redactado como segue:

2. Se unha vez efectuada a solicitude, e antes da aprobación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicalo inmediatamente, por escrito, ao servizo provincial responsable dos recursos forestais, co obxecto de adecuar a memoria e a documentación técnica presentada á nova realidade física do terreo».

Cinco. Modifícase o número 2 do artigo 11, que queda redactado como segue:

2. Os investimentos non poderán iniciarse antes de solicitar a axuda no prazo de presentación de solicitudes.

Seis. No artigo 18, modifícase o número 1, elimínase a letra c) e modifícase a letra d) do número 3 e engádese un novo número 4, quedando redactado como segue:

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 17.1 e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data de solicitude de subvención e como límite a data de solicitude de cobramento. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da solicitude e a data de solicitude de cobramento, sempre que se presentase en prazo.

3. Xunto coa solicitude de cobramento (anexo XI) acompañarase a seguinte documentación:

...

d) Xustificantes de gasto (facturas) e xustificantes de pagamento, no caso de non ter cesión do dereito de cobramento da axuda con un terceiro. As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo VIII».

4. No caso de PO, DCX e DSX, tramitarase o pagamento da axuda cando o informe técnico realizado polo persoal da dirección xeral competente en materia de montes sexa favorable e estea completa toda a documentación establecida no artigo 18.3 e se cumpran todos os requisitos da orde. No caso das AMS, tramitarase o pagamento no momento en que estea completa toda a documentación establecida no artigo 18.3 e se cumpran todos os requisitos da orde.

Sete. A disposición adicional segunda queda redactada do seguinte modo:

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e calquera outra coa mesma finalidade.

As subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras contidas nesta orde son incompatibles con calquera outro tipo de axuda concedida por entidades públicas ou privadas que financien actuacións non recollidas no instrumento de ordenación subvencionado, ou nas súas modificacións aprobadas, para cada superficie de ordenación. Esta limitación estará vixente durante un prazo de 5 anos contados a partir da aprobación do instrumento. No caso de proxectos de ordenación, ampliarase ata a finalización do plan especial.

Oito. O primeiro parágrafo do anexo III queda redactado do seguinte modo:

Na memoria técnica que se ten que presentar incluiranse dúas capas en formato SHAPE que deben conter 4 arquivos (.shp, .shx, .dbf y .prf), que se presentarán comprimidos en formato .ZIP e deberán estar no sistema de coordenadas ETRS 1989 UTM ZONA 29 N (cod. EPSG:25829), como obriga a disposición transitoria segunda do Real decreto 1071/2007.

Nove. Modifícase a táboa B do anexo III, que queda como segue:

– Proxectos de ordenación (PO)

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDXF

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación Xorfor de forma automática.

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores ou MVMC. Obtense do Rexistro de Montes.

IDPREDIO

Numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3,..., 99).

SArb

Numérico

10

4/6*

Dentro da superficie ordenación ou xestión, é o terreo poboado con especies forestais arbóreas con manifestación forestal dominante con FCC >= 10 %. Dato en hectáreas. En XORFOR correspóndese cos datos da táboa D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’111’→Monte arborizado. Bosque ata [TipoEst]=’127’→Monte arborizado ralo. Alineacións estreitas.

SInv

Numérico

1

0

Dentro da superficie arborada é a parte ocupada por estratos de inventario que previsiblemente vaian ser obxecto de aproveitamento final, na súa totalidade ou parcialmente (claras excluídas), durante o plan especial. En XORFOR serán os estratos cuxos valores dasométricos teñan o valor «SI» no campo [CortaFinal]. [SInv]=’0’→[CortaFinal]=’NON’ e [SInv]=’1’→[CortaFinal]=’SI’

* Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

– Documento simple ou compartido de xestión (DSX-DCX):

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descripción

IDXF

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación Xorfor de forma automática.

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores ou MVMC. Obtense do Rexistro de Montes.

REFCAT

Texto

14

0

Campo identificativo de cada unha das referencias catastrais.

SArb

Numérico

10

4/6*

Dentro da superficie ordenación ou xestión, é o terreo poboado con especies forestais arbóreas con manifestación forestal dominante con FCC >= 10 %. Dato en hectáreas. En XORFOR correspóndese cos datos da táboa D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’1’→Arborizado.

* Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

Dez. Engádese o anexo XI.

missing image file
missing image file

Artigo 2. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finalizará corenta e cinco días hábiles despois da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, comezando a contar o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2020

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural