Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29715

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía por segunda vez a dotación orzamentaria da Resolución do 13 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI427A).

Mediante a Resolución do 13 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio, ampliouse a dotación orzamentaria da Resolución do 13 de decembro de 2019. Nesa ampliación orzamentaria o crédito dispoñible para atender as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade quedou establecido en 1.422.128,45 euros, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación

Crédito inicial

Ampliación

Crédito total

05.11.313B.481.2

1.300.000,00

122.128,45 €

1.422.128,45 €

Con data do 17 de xuño de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 118, a Resolución do 10 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 13 de decembro de 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento SI427A). Segundo se reflicte no anexo II listaxe de espera desa resolución figuran as solicitudes que quedan na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer de producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Ao existir remanente doutra convocatoria financiada con cargo ao mesmo programa, co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas, estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada, a través dos supostos previstos nas epígrafes a) e b) do artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 2.4 da Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

De conformidade cos ditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

En consecuencia co exposto, de acordo co previsto no Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de Autonomía de Galicia, no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade a aprobación das bases, da convocatoria e as resolucións en materia de axudas e subvencións, así como a administración dos créditos para gastos do seu respectivo ámbito de competencia

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista no artigo 2.1 da Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI427A), ampliada pola Resolución do 13 de maio de ampliación orzamentaria.

2. O incremento da dotación será de 24.260,26 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.481.2, no código de proxecto 2015.00142 coa denominación recursos integrais para mulleres en situación de especial vulnerabilidade consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

3. O crédito total dispoñible para atender as axudas previstas na citada Resolución do 13 de decembro de 2019 queda así establecido en 1.446.388,71 euros:

Aplicación

Crédito inicial

Crédito ampliado

Ampliación

Crédito total

05.11.313B.481.2

1.300.000,00

1.422.128,45

24.260,26

1.446.388,71

4. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 7.1 da Resolución do 13 de decembro de 2019 nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020

A secretaria xeral da Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020; DOG núm. 111, do 9 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa