Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32744

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas (código de procedemento MR242B).

BDNS (Identif.): 519877.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a continuación:

a) Que presentasen ou presenten en 2020 a solicitude única prevista na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido pola norma.

b) Que sexan beneficiarias do pagamento das liñas de axuda por ovella e cabra que regula o artigo 2.1.c), 6ª, 7ª ou 8ª da Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

c) Que sexan persoas titulares dunha explotación inscrita no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) cos requisitos que se indican nalgún dos guións seguintes:

– Explotacións de ovino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de carne», «reprodución para a produción de leite» ou «reprodución para produción mixta» con máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censual obrigatoria establecida no artigo 11.4 do Real decreto 685/2013, do 16 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.

– Explotacións de caprino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de carne», «reprodución para a produción de leite» ou «reprodución para produción mixta» con máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censual obrigatoria establecida no artigo 11.4 do Real decreto 685/2013, do 16 de setembro.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer o desenvolvemento da normativa básica que regula o Real decreto 508/2020, do 5 de maio, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Regúlase nas seguintes normas:

a) Real decreto 508/2020, do 5 de maio, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.

b) Orde do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.

Cuarto. Contía e financiamento

1. A contía máxima da axuda que percibirán as persoas solicitantes non poderá superar os 12 euros por ovella ou cabra elixible.

2. Estas axudas serán financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación con cargo á aplicación orzamentaria 21.05.412C.450 dos orzamentos xerais do Estado, habilitada para o efecto na anualidade 2020, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, consonte o previsto no artigo 10 do Real decreto 508/2020, do 5 de maio, cunha dotación máxima de 62.952 euros, que se esgotará no exercicio orzamentario 2020.

3. O Fogga efectuará a xestión do pagamento na mesma conta que indicaron as persoas solicitantes na solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. A aplicación orzamentaria do Fogga con cargo á cal se efectuarán os pagamentos será a 14.80.713F.470.1 (proxecto 2020 00002).

Quinto. Solicitude e prazo

1. A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020 da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido para a presentación da dita solicitude.

2. As persoas solicitantes deberán efectuar unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1408/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola), neste ano e nos dous anteriores, segundo o modelo que figura no anexo desta orde no prazo máximo de 10 días hábiles desde a entrada en vigor desta orde.

3. A remisión ao Fogga da declaración responsable poderá efectuala a persoa interesada na concesión da axuda ou ben as entidades colaboradoras que teñan asinado un convenio de colaboración co Fogga para a tramitación da solicitude única das axudas da política agrícola común (PAC) e outras solicitudes relacionadas con esta. Neste caso a persoa solicitante deberá autorizar a entidade colaboradora mediante a súa indicación na epígrafe correspondente da declaración responsable que figura no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución do 9.6.2020)
Marta Forés Lojo
Secretaria do Fondo Galego de Garantía Agraria