A Consellería de Política Social convocou para o ano 2020, a través da Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.
De conformidade coa disposición adicional cuarta, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Así mesmo, o artigo 12 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.
Con data do 15 de xullo de 2020 ditouse a primeira resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019. A resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o 31 de xullo de 2020 (DOG núm. 153), incluíndo a lista de reserva.
No artigo 18.3 da orde establécese que no caso de se produciren renuncias a estas axudas por parte das persoas beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar, se o considera oportuno, novas propostas de resolución de concesión da axuda ás persoas solicitantes incluídas na lista de reserva prevista no número anterior, con atención rigorosa á orde establecida nela.
A contía global da convocatoria recollida no artigo 3 da orde é de 400.000,00 €.
Debido ás renuncias á subvención de 18 entidades e grupos informais de mozos e mozas incrementouse a aplicación orzamentaria na cantidade de 72.665,01 €. Como consecuencia disto, ditouse unha nova resolución de concesión o 26 de agosto de 2020.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 26 de agosto de 2020, ditada no procedemento BS306B, de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020 e se procede á súa convocatoria.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 26 de agosto de 2020 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO
Resolución do 26 de agosto de 2020, ditada no procedemento BS306B, de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020 e se procede á súa convocatoria.
Con data do 15 de xullo de 2020 ditouse a primeira resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019. A resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o 31 de xullo de 2020 (DOG núm. 153), incluíndo a lista de reserva.
No artigo 18.3 das bases reguladoras establécese que «no caso de se produciren renuncias a estas axudas por parte das persoas beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar, se o considera oportuno, novas propostas de resolución de concesión da axuda ás persoas solicitantes incluídas na lista de reserva prevista no número anterior, con atención rigorosa á orde establecida nela».
A contía global da convocatoria recollida no artigo 3 das bases é de 400.000,00 €.
Debido ás renuncias á subvención de 18 entidades e grupos informais de mozos e mozas incrementouse a aplicación orzamentaria na cantidade de 72.665,01 €.
Polo anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar as seguintes renuncias da lista de persoas beneficiarias:
Orde prelación |
Exp. |
Solicitante |
Representante do grupo informal |
NIF |
Puntos |
Importe concedido |
8 |
2020/075 |
San Xulián |
Rubén Ricardo Pereira Castrillón |
***2718** |
72,5 |
3.653,00 € |
12 |
2020/073 |
Colectivo Empodera Rural |
Lidia Arcas Pérez |
***4409** |
70 |
3.770,13 € |
14 |
2020/086 |
Pesquedellas |
Catuxa Gómez Teijo |
***4533** |
70 |
3.470,00 € |
19 |
2020/055 |
Asociación Xuvenil Os Gaiteiros |
G32270423 |
67,5 |
4.965,00 € |
|
21 |
2020/030 |
Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down |
G36697324 |
67,5 |
5.000,00 € |
|
23 |
2020/081 |
Impulso de las mujeres en el emprendimiento rural |
Laura Iglesias Salvador |
***8448** |
65 |
4.900,00 € |
25 |
2020/094 |
Magma |
Alma da Luz Fernández |
***6505** |
65 |
3.058,68 € |
30 |
2020/034 |
As xoias do Alén |
Daniel Atán Romar |
***9714** |
62,5 |
700,00 € |
31 |
2020/115 |
Jóvenes Tui-Vigo |
Luis José Boullosa Martínez |
***6734** |
62,5 |
5.000,00 € |
32 |
2020/009 |
Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela |
R1500053B |
62,5 |
5.000,00 € |
|
39 |
2020/013 |
Organización Juvenil Española |
G28556728 |
60 |
4.996,00 € |
|
40 |
2020/045 |
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) |
G15068091 |
60 |
3.544,50 € |
|
53 |
2020/016 |
Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPAS |
G15031537 |
57,5 |
5.000,00 € |
|
55 |
2020/063 |
Asociación Centro xuvenil Abeiro |
G15456700 |
57,5 |
2.400,00 € |
|
63 |
2020/113 |
LZU Producciones |
Gabriel Varela Vales |
***0869** |
55 |
4.992,70 € |
71 |
2020/042 |
ASPNAIS Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad de Lugo |
G27018365 |
55 |
2.215,00 € |
|
73 |
2020/137 |
Mocidade cabaqueira |
José Alonso Martínez |
***7415** |
55 |
5.000,00 € |
76 |
2020/118 |
Esfeir@s |
Marc Romero Estonllo |
***8442** |
55 |
5.000,00 € |
Segundo. Conceder ás seguintes persoas da lista de reserva a subvención convocada pola Orde do 20 de decembro de 2019 con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.481.0:
Orde prelación |
Exp. |
Solicitante |
NIF |
Puntos |
Importe concedido |
1 |
2020/064 |
Asociación Érguete Baixo Miño |
G36124279 |
52,5 |
5.000,00 € |
2 |
2020/014 |
Down Pontevedra «Xuntos» |
G36164887 |
52,5 |
4.930,00 € |
3 |
2020/092 |
Asociación CIOR Galicia |
G27497619 |
52,5 |
5.000,00 € |
4 |
2020/007 |
Agrupación folklórica Santiaguiños de Boimorto |
G15223936 |
50 |
5.000,00 € |
5 |
2020/003 |
Sagrado Corazón |
G27118934 |
50 |
5.000,00 € |
6 |
2020/005 |
Asociación Apader |
G15051741 |
50 |
3.015,00 € |
7 |
2020/019 |
Censea |
G70529920 |
50 |
5.000,00 € |
8 |
2020/077 |
Asdegal (Acción solidaria de Galicia) |
G27727593 |
50 |
5.000,00 € |
9 |
2020/020 |
Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo de Cuntis |
G36405769 |
50 |
5.000,00 € |
10 |
2020/044 |
Asociación Periodística, Estudios y Comunicación |
G70448345 |
50 |
5.000,00 € |
Terceiro. De conformidade co artigo 19.3 das bases reguladoras, as entidades ou grupos beneficiarios disporán dun prazo de dez (10) días, desde a publicación da resolución de concesión, para realizar algún dos seguintes trámites mediante a presentación do anexo V:
a) Renunciar á subvención concedida se por calquera circunstancia non puidese realizar o proxecto subvencionado, tendo en conta o establecido no artigo 5.4.
b) Solicitar o anticipo previsto no artigo 21.2. Para iso deberá presentar, ademais:
1º. O anexo X debidamente cuberto. No caso dos grupos informais, todas as persoas que o compoñen deberán ser titulares da conta bancaria e asinar este anexo.
2º. As certificacións de estar ao día nas obrigas coa AEAT, a TXSS e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que se opuxesen expresamente á súa consulta automática no trámite de solicitude.
Transcorrido o prazo de dez (10) días, non se admitirán máis solicitudes de anticipo.
Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2020. A conselleira de Política Social, P.D. (Orde do 20.12.2019), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.