Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35678

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II), anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

BDNS (Identif): 522699.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

Tipo actuación

Beneficiarias

Actuacións 1 e 2

Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.

Persoas físicas.

Comunidades de propietarios.

Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.

Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

Actuacións 3 e 4

Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.

Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.

Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

Segundo. Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) -IN421Q-Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión da Actuación 1 e na Actuación 2 e -IN421R-Procedemento de presentación de solicitudes.

2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

1. As subvencións previstas nesta convocatoria financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega, coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa.

O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 5.000.000,00 euros.

Importe 2020 (€)

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Total (€)

1.500.000,00

1.500.000,00

1.500.000,00

500.000,00

5.000.000,00

O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A2.733A.703.1, 09.A2.733A.714.1, 09.A2.733A.730, 09.A2.733A.741, 09.A2.733A.762.1, 09.A2.733A.772.1 e 09.A2.733A.782.1.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de proxecto será o seguinte:

Tipo de actuación

Orzamento total

Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas

Actuación 1.1: Vehículos eléctricos

1.760.000,00

Actuación 1.2: Vehículos GLP ou gas natural

440.000,00

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos

2.000.000,00

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamo de bicicletas eléctricas

200.000,00

Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo

600.000,00

Total

5.000.000,00

O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se, pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes, non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. Esta redistribución, de producirse, respectará en todo caso as porcentaxes establecidas no artigo 12.9 do Real decreto 569/2020 ata que finalice a vixencia da convocatoria. Finalizada esta, poderá redistribuírse o orzamento nos termos recollidos no artigo 12.12 e 12.13 das bases reguladoras.

3. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, aínda que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria.

De producirse a ampliación de crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal).

4. A concesión das axudas estará supeditada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do plan MOVES II.

5. A contía das axudas para cada unha das actuacións vén establecida no anexo III do Real decreto 569/2020, do 16 de xuño, polo que se regula o Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) publicado no BOE núm. 169, do 17 de xuño de 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes de adhesión -IN421Q- e de solicitudes de axuda -IN421R-

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando finalice a vixencia do programa MOVES II en Galicia, o cal sucederá transcorrido un ano desde a publicación no DOG da presente convocatoria. Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 1 de outubro de 2020 e rematará un ano despois da publicación no DOG da presente convocatoria.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia