Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37016

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade da resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxía solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o cumprimento do disposto no artigo 10 das bases da convocatoria de subvencións, realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020) (código de procedemento IN421O).

Mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares.

En virtude do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de resolución de concesión de subvencións poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas.

De acordo con todo o anterior, dentro do prazo fixado na norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 16 de setembro de 2020 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2020), na páxina www.inega.gal ou (http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2020/ficha_renovables2020_0004.html).

Segundo. Contra a Resolución do 16 de setembro de 2020, que non esgota a vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan efectos do silencio administrativo, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia