Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40106

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT404B).

A Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), no artigo 3 determina que a Agadic ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. O artigo 5.1 da Lei 4/2008 establece que unha das funcións da Agadic é a de promover a distribución dos produtos culturais do noso país, fomentando a creación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados, e o artigo 5.2 establece que Agadic poderá, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a Xunta de Galicia, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, centraliza os programas de apoio destinados a empresas e industrias culturais privadas do sector audiovisual.

Un dos obxectivos da Axencia é consolidar o tecido industrial cultural galego e convertelo nun tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentado a creación, a demanda e a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, aumentando o peso relativo do sector no sistema produtivo galego. Ao mesmo tempo quere promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura e lingua galegas como elementos singulares a novos mercados. Así, e tal como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía como manifestación artística e expresión creativa, sendo un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto coa súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da cal sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, se acha presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

4. A mellora da cualificación profesional nas empresas audiovisuais e o fomento da participación dos postos directivos das producións en foros de formación e de negocio de ámbito internacional.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumprir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008:

«En consonancia cos seus obxectivos e fins, a Agadic exercerá as seguintes funcións:

a) Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

b) Fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura dos cidadáns e das cidadás.

c) Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servizos culturais galegos».

Por todo isto, na súa virtude e no uso das atribucións que me foron concedidas, resolvo aprobar a convocatoria pública de subvencións para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, para o exercicio 2020, de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a promoción e difusión do cine a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT404B).

Segunda. Procedemento de concesión e principios de xestión

1. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes da Administración da Xunta de Galicia e de calquera outra Administración ou ente público ou privado e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do custo do evento.

3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e dos seus organismos dependentes.

4. Nos anexos desta resolución figuran as declaracións das axudas de minimis, así como doutras axudas percibidas polo solicitante que deberán cubrir as persoas solicitantes.

5. A xestión destas subvencións realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. As subvencións serán concedidas, de acordo co establecido no artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, por procedemento abreviado, dado que non é necesario realizar a comparación de prelación das solicitudes presentadas, ata o esgotamento do crédito orzamentario.

7. Estas bases, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos nas dependencias desta axencia e na súa páxina web http://www.agadic.gal, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Terceira. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na resolución pola que se aproban as bases para a promoción de difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, e se convocan para o ano 2020; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e supletoriamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa de xeral aplicación.

Cuarta. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no ámbito audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables na cláusula seguinte.

Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas físicas (autónomas) ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 96.1.1. Só se poderá presentar unha única solicitude por obra para cada un dos festivais de cinema que se describen na base seguinte.

2. Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinta. Requisitos, contías e límites

1. Será subvencionable a participación de obras audiovisuais galegas en festivais e mostras de cinema de carácter nacional e internacional de recoñecido prestixio e ampla capacidade de difusión que cumpran os seguintes requisitos:

– O festival ou mostra de cinema debe ter lugar entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de novembro de 2020.

– O festival ou mostra de cinema corresponderase con algún dos relacionados na cláusula quinta e con algunha das seccións que se especifican.

2. Unha mesma produción poderá optar á axuda correspondente á participación nun máximo de dous certames.

3. Contías.

a) As contías máximas que se adxudicarán segundo os festivais ou mostras de cinema e sección de referencia son as seguintes:

Festivais recoñecidos e clasificados pola FIAPP (Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos)

Internationale Filmfestpiele Berlin (Berlinale)

Alemaña

Sección oficial a competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Festival de Cannes (inclúe Semaine de la Critique e Quinzaine des Realisateurs)

Francia

Sección oficial a competición (e fóra de Competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Shanghai International Film Festival

China

Sección oficial competición

2.500

Moscow International Film Festival

Rusia

Sección oficial competición

2.500

Karlovy Vary International Film Festival

República Checa

Sección oficial competición

3.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Festival del Film Locarno

Suíza

Concorso Internazionale

3.500

Outras seccións (longas)

2.500

Outras seccións (curtas)

1.500

Festival des Films du Monde (Montreal)

Canadá

Sección oficial competición

2.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

La Biennale di Venezia/Mostra Internationale d’Arte Cinematografica (inclúe Settimana della Critica e Giornate degli Autori)

Italia

Sección oficial a competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Festival Internacional de Cine de

San Sebastián

España

Sección oficial

5.000

Nuev@s Director@s

3.500

Zabaltegi-Tabakalera

2.500

Zabaltegi-Tabakalera (curtas, medias)

1.000

Perlas, Made in Spain

1.500

Tokyo International Film Festival

Xapón

Sección oficial competición

2.500

Busan International Film Festival

Corea do Sur

World Cinema

2.500

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Arxentina

Sección oficial competición

2.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Toronto International Film Festival (TIFF)

Canadá

Calquera sección (longas)

3.500

Calquera sección (curtas)

2.000

Cinema Jove. Festival Internacional de Cine de Valencia

España

Sección oficial competición (longas)

500

Viennale-Vienna International Film Festival

Austria

Calquera sección (longas)

2.500

Calquera sección (curtas)

1.500

Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya

España

Sección oficial competición

2.500

Outras seccións competitivas (longas)

1.000

Outras seccións competitivas (curtas)

500

Festival Internacional de Cine de Gijón

España

Sección oficial competición (longas)

500

International Short Film Festival Oberhausen

Alemaña

Calquera sección

1.500

Zinebi-Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao

España

Sección oficial competición

500

Outros festivais e mostras de cine

International Film Festival Rotterdam

Países Baixos

Tiger Awards Competition (Long Features Films)

2.500

Tiger Awards Comptetition for Short Films

1.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

Visions du Réel Nion-Festival International du Cinema

Suíza

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

International Documentary Film Festival Amsterdam (IDFA)

Países Baixos

Sección oficial competición

2.500

Outras seccións (longas)

1.500

Outras seccións (curtas)

1.000

London Film Festival

Reino Unido

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI)

Arxentina

Competencia internacional

2.500

Competencia Vanguardia y Género (longas)

2.500

Competencia Vanguardia y Género (curtas)

1.500

Outras seccións (longas)

1.500

Sundance Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección (longas)

2.500

Calquera sección (curtas)

1.500

Tribeca Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección competitiva (longas)

2.500

Calquera sección competitiva (curtas)

1.500

New York Film Festival

Estados Unidos

Main Slate

2.500

Projections

1.500

Festival international du film d’animation d’Annecy

Francia

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

Festival International du Court Métrage à Clermont-Ferrand

Francia

Calquera sección

1.500

Ficunam Festival Internacional de Cine UNAM

México

Calquera sección (longas)

1.500

Festival Internacional de Cine de Guadalajara

México

Calquera sección (longas)

1.500

Festival de Málaga Cine Español

España

Sección oficial (concurso e fóra de concurso)

2.000

Outras seccións (longas)

1.000

Curtametraxes

500

Festival Cinéma Espagnol Nantes

Francia

Calquera sección (longas)

1.000

FID Festival International de Cinéma Marseille

Francia

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse

Francia

Calquera sección (longas)

1.000

Sevilla Festival de Cine Europeo

España

Sección oficial competición

2.000

Outras sección (longas)

1.500

Outras sección (curtas)

500

Seminci-Semana Internacional de Cine de Valladolid

España

Sección oficial competición

2.000

Outras seccións competitivas (longas)

1.000

Outras sección competitivas (curtas)

500

Hot Docs (Toronto)

Canadá

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.500

Sexta. Procedemento, orzamento e imputación de créditos

1. Estas subvencións terán carácter anual e admitiranse aqueles gastos que sexan realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2020 e a data máxima de xustificación establecida nesta convocatoria.

2. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 40.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 2020.11.A1.432B.470.0, código de proxecto 2015-00003.

3. Non poderán outorgarse subvencións por contía superior á que se determine na convocatoria sen que se realice unha nova convocatoria, salvo que se produza o incremento dos créditos derivado dos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Sétima. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario formalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Oitava. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes para os eventos xa celebrados será dun mes desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Para os celebrados con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra, e en calquera caso non poderá exceder o 15 de novembro de 2020.

Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estiver debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos. Indícase ademais, que, de non o facer, se considerará que desiste da súa petición, logo da resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Novena. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritas no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación técnica:

a) Copia da comunicación de selección no festival ou mostra emitida pola organización en que conste a sección ou a categoría.

b) Orzamento de gastos da presenza da produción no festival ou mostra (anexo II).

c) Copia da produción obxecto da solicitude en CD-ROM ou en memoria USB ou no soporte que mellor se adapte á súa tipoloxía.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

Se, de forma excepcional, non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Décima. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas coa Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo primeira. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Décimo segunda. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo terceira. Instrución do procedemento

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola dirección da Axencia, elevándoos á presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

2. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a non admisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos tipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. Co fin de facilitar unha mellor verificación das solicitudes, poderáselles pedir datos, información complementaria ou aclaratoria necesaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou aos profesionais ou expertos consultados para as xestións das solicitudes. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir ás persoas solicitantes que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas aos fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

Décimo cuarta. Resolución da convocatoria

1. Unha vez instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente e da documentación requirida, ditará as propostas de resolución das solicitudes recibidas con indicación do importe económico proposto, e irá elevando á Presidencia da Agadic cada unha delas.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG número 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios e da contía da axuda.

Se transcorre o prazo máximo para resolver sen terse ditado resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Décimo quinta. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpren a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Deberá comunicarse por escrito ao beneficiario o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de «axuda de minimis» exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Décimo sexta. Gastos subvencionables

1. Serán gastos subvencionables aqueles gastos inherentes á participación de películas galegas nalgún dos eventos da base que consistan en:

a) Gastos en campañas de publicidade e promoción da participación no festival.

b) Gastos de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa…) realizado en exclusiva para o evento.

c) Gastos de contratación de empresas de relacións públicas, organización de accións promocionais ou axentes de prensa para realizar exclusivamente o labor durante o evento.

d) Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.

e) Gastos de desprazamento, aloxamento e axudas de custo do equipo da película, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos (establecementos, empresas de transportes ou axencia de viaxes), para un máximo de cinco persoas.

f) Gastos de tiraxe e/ou subtitulación das copias exixidas para participar en cada evento conforme o seu regulamento.

g) Gastos varios (ata un 10 % do importe da subvención).

2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que sexan realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e a fin da data de xustificación establecida nesta convocatoria.

3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Décimo sétima. Pagamento e xustificación

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre que se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos á conta.

O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

2. O prazo de xustificación será de quince días desde a data de notificación da concesión no caso das subvencións concedidas para eventos anteriores á convocatoria, e de quince días desde a presentación da película no festival ou mostra para as subvencións que se concedan para eventos posteriores á convocatoria. En todo caso, o prazo máximo de xustificación rematará o día 30 de novembro de 2020, este incluído.

Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante a Agadic ou a través da Carpeta cidadá, requiriranse as persoas beneficiarias para que a presenten no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

3. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto a persoa beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. A Agadic procederá á comprobación e conseguinte verificación destes datos ou ben, no caso de que os interesados se opoñan ou non autoricen a consulta, deberán indicalo e achegar os documentos.

4. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos. As actuacións subvencionadas deberanse axustar fielmente ao proxecto presentado.

5. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos en que se incorra nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Deberase indicar expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

c) Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

d) Copia en formato electrónico dos contidos das actuacións realizadas obxecto de axuda (insercións, folletos, catálogos, fotografías, proxectos, acordos e demais documentación).

6. De ser o caso, tradución dos documentos xustificativos escritos en lingua estranxeira a calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto cunha declaración responsable de que son un verdadeiro reflexo da realidade.

7. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria de todas as subvencións efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e privados, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo III).

Décimo oitava. Obrigas das persoas beneficiarias

A persoa beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas:

a) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos (anexo III).

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

d) Facer constar os logotipos de Xacobeo 2021 e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, excepto no suposto de que a actividade se iniciase antes da presentación da solicitude.

e) A persoa beneficiaria deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

f) Xustificará os gastos de conformidade co disposto no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.

g) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

h) Cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Outras obrigas establecidas na normativa de subvencións.

Décimo novena. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos –ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras–, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa perda do dereito á obtención da axuda nos termos establecidos na súa normativa reguladora, e poderá, en tal caso, a Agadic proceder á reclamación e conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

2. Procederá a nulidade e revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

Vixésima. Reintegro

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésimo primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file