Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42139

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).

As persoas produtoras de flor cortada e planta ornamental viron imposibilitada a comercialización da súa produción, no período comprendido entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.

O citado Real decreto non declarou as flores e plantas ornamentais bens de primeira necesidade, polo que a súa comercialización reduciuse practicamente na súa totalidade. O 70 % da produción total anual comercialízase nestes meses, debido á demanda de festas e eventos como Semana Santa, o día da Nai ou o día do Libro, festas todas elas canceladas polo mesmo motivo.

Ao mesmo tempo, tanto a flor cortada como a planta ornamental teñen unha vida útil moi curta, que fai imposible o seu almacenamento para posterior venda, polo que a maioría dos produtores víronse obrigados a destruír a súa produción.

Publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 883/2020, do 6 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e a planta ornamental. No artigo 5 establécese que corresponde a cada comunidade autónoma a convocatoria destas axudas.

Estas axudas acóllense ao Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuro en préstamos destinadas a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Convocar para o exercicio orzamentario 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D, axudas para o sector da flor cortada e da planta ornamental), de acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 883/2020, do 6 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e a planta ornamental (BOE núm. 265).

Artigo 2. Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 5 de novembro de 2020.

Artigo 3. Beneficiarios e requisitos para a obtención da axuda

1. Poderán solicitar a axuda as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que se trate de titulares de explotacións de flor cortada ou planta ornamental e

b) Que acrediten a destrución de produción entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020, ambos inclusive.

2. Así mesmo, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e non atoparse suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, conforme o Marco nacional temporal.

3. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

4. Non ser unha empresa en crise no momento do pagamento nin en 31 de decembro de 2019 segundo a definición recollida no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Artigo 4. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 5. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Fotografías xeolocalizadas da plantación.

b) Plano Sixpac indicando onde exactamente se realizaron as operacións de retirada, non colleita ou biodegradación.

c) Documentación que acredite a destrución e as datas en que se produciu. A documentación acreditativa da destrución da produción no período comprendido entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020 poderá consistir en actas notariais, certificados ou informes de técnicos competentes ou entidades de certificación acreditadas, ou outros, sempre que quede garantida de forma fidedigna esta destrución.

d) Balance e contas de resultados da empresa. As pemes deben achegar os do último exercicio, as non pemes, os dos dous últimos exercicios.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Concesión de subvencións e axudas.

f) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

g) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

h) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social

i) Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 7. Criterios de prioridade

En virtude do principio de concorrencia competitiva, terán prioridade os solicitantes que teñan a condición de explotacións de titularidade compartida de acordo coa Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

Artigo 8. Contía da axuda

1. A contía da axuda concederase con base na superficie de produción que fose destruída. Esta contía variará en función da especie segundo o previsto nos anexos II e III.

2. A contía máxima da subvención establécese en 20.000 euros por beneficiario.

3. En virtude do principio de concorrencia competitiva, terán prioridade os solicitantes que teñan a condición de explotacións de titularidade compartida de acordo coa Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

4. En virtude do establecido no punto anterior, en primeiro lugar concederase a subvención que corresponda aos beneficiarios que teñan o carácter de prioritarios, ata a contía máxima de subvención de 20.000 euros.

No caso de que estes importes superen o orzamento dispoñible, procederase ao seu rateo lineal ata axustarse ao devandito orzamento.

5. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, procederase ao pagamento dos importes de subvencións aos beneficiarios sen carácter de prioritarios, ata a citada contía máxima de subvención de 20.000 euros.

De igual maneira, en caso de superarse o orzamento dispoñible tendo en conta o pagamento xa concedido sobre a base do punto anterior deste artigo, procederase ao rateo dos importes que percibirán os beneficiarios non prioritarios ata axustarse ao devandito orzamento.

6. Finalmente, se hai sobrantes de orzamento tras as anteriores operacións, repartirase o remanente mediante rateo entre aqueles beneficiarios cuxas actuacións subvencionables superen a contía de 20.000 euros, sempre sen superar o máximo de 100.000 euros por beneficiario, de maneira proporcional ao importe total admisible da solicitude, priorizando novamente as solicitudes presentadas por beneficiarios para os cales se concedeu prioridade.

7. Estas subvencións serán compatibles con outras de idéntica finalidade, se é o caso, concedidas ao beneficiario, sempre que a suma total non exceda o valor da produción destruída nin, sumando as axudas para o mesmo perceptor conforme ao Marco nacional temporal para esta ou outras finalidades, a contía de 100.000 euros.

8. Así mesmo, estas subvencións serán compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, concedidas, se é o caso, ao beneficiario, con base no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, se se axustan ao citado límite máximo establecido para o efecto pola mencionada Decisión da Comisión Europea SA.56851 (2020/N), do 2 de abril de 2020.

Artigo 9. Xustificación e pagamento das axudas

Tendo en conta a natureza e fins das axudas reguladas na presente orde, non se precisa de prazo de xustificación da subvención por parte do beneficiario, xa que todos os datos necesarios son achegados polo solicitante na súa solicitude de axuda.

A xustificación da subvención operará de maneira automática coa comprobación da destrución da produción no período comprendido entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020.

Artigo 10. Tramitación e resolución das axudas

1. O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Unha vez que o Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario verifique o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado, aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior á de xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de seis meses contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 10.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 14. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado, efectuarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, 14.04.713C 470.0 (CP 2020 00098), cun importe para o ano 2020 de corenta mil euros (40.000 €).

2. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación financiará as subvencións previstas nesta orde con cargo á aplicación orzamentaria 21.05.412 C.451, en función das dispoñibilidades orzamentarias, cunha contía máxima de 10.400.000 euros.

A distribución territorial dos créditos consignados para o efecto nos orzamentos xerais do Estado, a cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, realizarase de acordo co previsto no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria. A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural fixará a distribución territorial das subvencións de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional primeira. Réxime xurídico

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

– A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– O Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– O Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantía de préstamo e bonificacións de tipo de xuro en préstamos destinados a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19, aprobado o 2 de abril de 2020 mediante a Decisión SA.56851 (2020/ N), publicada no DOUE do 30 de abril de 2020.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Contía da axuda por superficie de flor cortada destruída

Especie

Subvención (€/m2)

Statice (Limonium)

12

Lilium Longi, LA e OT de 1 plantación

12

Lilium Longi, LA e OT de 2 plantación

24

Freesia

7

Aster

10

Gypsophila

10

Solidaster

10

Anthurium

15

Cattleya

15

Dianthus

18

Gerbera

25

Iris

40

Solidago

18

Verde corte

20

Resto cultivos únicos

20

Caravel

18

Minicaravel

15

Próteas

45

Rosa

30

Strelitzia

15

Rotación 2 cultivos

35

Rotación 3 cultivos

38

Rotación 4 cultivos

42

Outras flores

22

ANEXO III

Contía da axuda por superficie de planta ornamental destruída

Especie

Especie detalle

Subvención (€/m2)

Dipladenia arbustiva pequena

35

Arbustas grande e rubideiras

30

Dianthus con royalties

22

Hibiscus

20

Hortensia

23

Hortensia con royalties

30

Roseira

15

Roseira con royalties

35

Outras plantas anuais/bianuais, arbustos de exterior

Dianthus do Florista

13

Dianthus Carnelia

Gazania

Petunia

Dimorfoteca

Primula

Calibrachoa

Flor do Papel

Gaura

Lobelia

Portulaca

Xerbera

Gitanilla

Lewisia

Athirinum

Pelargonium

Fuschia

Vinca

Verbena

Arctotis

Argyrantemum

Cineraria

Dahlia

Alyssum

Begonia

Dragon

Begonia Eliator

Begonia Sempreflorens

Bellis

Lobularia

Aquilegia

Calendula

Calceolaria

Cóleo

Outras plantas anuais

Plantas de exterior

Jazmin Polianthus

18

Jazmin Multipartitum

Cassia

Plumbago

Lantana

Calla

Canna

Astromelia

Bignonia

Euphorbia

Daphne

Correa

Freesia

Lithodora Solanum Jasminoide

Outras plantas asimilables

Outras plantas de exterior

Agapanthus

25

Bulbinia

Dianella

Farfugium

Hedychium

Strelitzia

Tulbalghia

Muehlenbeckia

Passiflora

Quisqualis

Stephanotis

Anyzoganthus

Boronia

Eucalipthus

Canna

Cordyline

Pphornium

Eremophyla

Gardenia

Trachelospermum

Chondropetalum

Cyperus

Carex

Stipa

Cupressus Sempervirens

Flor da Cera (Wax Flower)

Nerium

Acca Sellowiana

Althernantera

Alyogyne

Boronia

Caesalpinea

Callistemon

Carissa Macrocarpa

Cassia

Convolvulus

Diosma

Echium

Galvezia

Halimium

Jacobinia

Leptospermum

Limoniastrum

Metrosideros Thomasii

Ozothamnus

Plumbago

Polygala Myrtifolia

Pimelea

Rhaphiolepia

Russelia

Sarcopetarium

Teucrium

Vitex

Westringea

Citrus en testo e froiteiras ornamentais

Mirtus

Papirus

Psida Fallax

Duranta

Adenanthus

Euonimus

Carissa

Cestrum

Armeria

Mirsine

Ceratonia

Eriostemon

Peroskia

Philidendron

Festuca

Opercurica

Dodonea

Hebe

Nolina

Plumeria

Ceanothus

Dasylirium

Clivia

Coprosma

Raphis

Vivurnum

Juniperos

Outras plantas asimilables

Outras plantas de exterior gran formato (contedor maior de 10 litros)

Agapanthus

35

Bulbinia

Dianella

Farfugium

Hedychium

Strelitzia

Tulbalghia

Muehlenbeckia

Passiflora

Quisqualis

Stephanotis

Anyzoganthus

Boronia

Eucalipthus

Canna

Cordyline

Pphornium

Eremophyla

Gardenia

Trachelospermum

Chondropetalum

Cyperus

Carex

Stipa

Cupressus Sempervirens

Flor da Cera (Wax Flower)

Nerium

Acca Sellowiana

Althernantera

Alyogyne

Boronia

Caesalpinea

Callistemon

Carissa Macrocarpa

Cassia

Convolvulus

Diosma

Echium

Galvezia

Halimium

Jacobinia

Leptospermum

Limoniastrum

Metrosideros Thomasii

Ozothamnus

Plumbago

Polygala Myrtifolia

Pimelea

Rhaphiolepia

Russelia

Sarcopetarium

Teucrium

Vitex

Westringea

Mirtus

Papirus

Psida Fallax

Duranta

Adenanthus

Euonimus

Carissa

Cestrum

Armeria

Mirsine

Ceratonia

Eriostemon

Peroskia

Philidendron

Festuca

Opercurica

Dodonea

Hebe

Nolina

Plumeria

Ceanothus

Dasylirium

Clivia

Coprosma

Raphis

Vivurnum

Juniperos

Outras plantas asimilables

Planta verde interior

Epipremnum

35

Dracaena

Codeanum

Statifilium

Anthurium

Areca

Kentia

Cica

Yucca

Schefflera

Ficus

Nephrolepis

Asplenium

Strelitzia

Sansevieria

Pachira

Alocasia

Syngonium

Mussa

Beucarnea

Thuja

Ravanela

Araucaria

Outras plantas asimilables

Cactus echeverias crasas

Aloe

80

Cordyline

Crassulas

Delosperma

Euphorbia

Kalanchoe

Opuntia

Portulacea

Outras plantas asimilables

Olea europea testo ornamental

40

Actinidia

39

Acidófilas

Camelia

40

Azalea

Rhododendron

Pieris

Gramíneas (liña garden) todas especies ornamentais

35

Magnolia híbridos enxertados

75

Outras plantas ornamentais

34