Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42681

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

EXTRACTO da Orde do 26 de outubro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as subvencións para o ano 2020 (código de procedemento PR471B).

BDNS (Identif.): 530039.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan, a título de arrendatario, a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno, que sexan titulares dun contrato de alugamento, e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións para contribuír a sufragar os gastos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período en que permaneceron pechados en aplicación da Orde do 15 de agosto de 2020 da Consellería de Sanidade e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 26 de outubro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as subvencións para o ano 2020 (código de procedemento PR471B).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de dous millóns douscentos mil euros (2.200.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo